Santiago - Policía Local e Garda civil realizaron máis de 350 controis durante a última ponte

A Policía Local e a Garda Civil realizaron máis de 350 controis durante a ponte da Constitución
Durante a pasada ponte a Garda Civil de Tráfico de Santiago e a Policía Local efectuaron controis conxuntos e coordinados nas zonas limítrofes da cidade. En total, foron controlados 360 condutores, tramitáronse 15 denuncias administrativas e instruíuse un atestado. 

Así mesmo, o pasado sábado produciuse a detención dunha persoa por ameazas e tenencia ilícita de arma curta. O detido, visiblemente alterado, atopábase nun local da cidade ameazando ao porteiro. No lugar dos feitos presentáronse os axentes da Policía Local, que conseguiron reducir á persoa e quitarlle a arma, disposta para ser usada. O home foi detido, trasladado ao CHUS e posteriormente derivado ao psiquiátrico, onde segue ingresado. 

Ningún comentario: