Axenda e tempo do sábado 6 de febreiro - Entroido, música, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Área Central - baile de Entroido

Ames - baile infantil de Entroido

Boqueixon - Xornadas gastronómicos da Filloa

Santiago - Borriquita - Alejandro Vargas Trio

Vedra - Concurso de Disfraces

Santiago - Área Central - obradoiros de máscaras



Exposicións

Santiago - Gaias - José Suárez - Uns ollos vivos que pensan (ata o 27 de marzo) 

Ames - Casas da Cultura de Milladoiro e Bertamirans - Illa de Ons (ata o 31 de xaneiro)

Santiago - Museo do Poibo galego - "Unha porta do Rial. Ehlaba Carballo e Riobó Prada" (ata o 6 de marzo)

Santiago - Auditorio de Galicia - Salto de páxina (ata febreiro 2016)

Santiago - Casa do Cabildo - Postais antigas de santiago (ata mediados de febreiro) 


O Tempo

Área Central - Día grande de Entroido no Centro Comercial

Area Central celebra en la jornada de hoy sábado el día grande del Carnaval, por la mañana, con la visita de la comparsa “Fauna Barriopinta” y, por la tarde, el concurso infantil de disfraces y degustaciones de postres típicos de estas fechas.

Mañana, sábado de Carnaval, los pasillos de Area Central recibirán la visita, a partir de las 11.30 horas, de la comparsa Fauna Barriopinta, integrada por niños del barrio y que cuenta con la colaboración del Centro Sociocultural de Fontiñas, Colectivo Barriopía e Micos do Barrio. 

Por la tarde, a partir de las 18.00 horas, el escenario principal acogerá el tradicional concurso infantil de disfraces amenizado con música y bailes muy alegres. El concurso establece tres categorías: individual, pareja y grupos. Las inscripciones se pueden realizar ya a través del correo electrónico marketing@areacentral.es o bien mañana, el mismo día del concurso, de 16.30 a 17.30 horas en la propia zona de celebración del concurso. Habrá premios para los mejores trajes.

Al finalizar el concurso, se habilitará una zona de degustación en donde los participantes del concurso y el resto de los visitantes de Area Central podrán degustar algunos de los productos típicos de estas fechas, como orejas y filloas, en colaboración con el establecimiento Pick&Pollo, ubicado en la esquina azul de la planta baja de Area Central.

Para finalizar la programación específica del Carnaval, el lunes 8, la experta en pedagogía musical Esther Sobral impartirá el taller “Entroido con Sol”, en el que los niños aprenderán a disfrutar del Carnaval con canciones, juegos y variades actividades musicales. Esta actividad se desarrollará en la esquina amarilla de Area Central, de 18.00 a 20.00 horas.

Ames - Festa de Entroido Infantil hoxe en Bertamiráns

Este ano, como novidade, a programación municipal de Entroido inclúe unha festa deseñada especialmente para os máis pequenos e pequenas de Ames. Unha carpa instalada na praza da Maía, en Bertamiráns, agarda á rapazada, convidada a participar este sábado, 6 de febreiro, nunha festa na que haberá obradoiros, concertos, xogos e se repartirán orellas entre todos os que acudan disfrazados.

A festa arrinca ás 17:00 horas, e media hora despois, dará comezo o obradoiro de cociña de Entroido, organizado polo Concello de Ames. O que van preparar os nenos e nenas manterase en segredo ata o momento mesmo de poñerse o mandil e comezar a cociñar. Outro obradoiro, este de maquillaxe, axudará aos rapaces e rapazas a completar os seus disfraces ou a converterse, por unha tarde, no seu animal preferido, nun superheroe ou superheroína, ou nunha personaxe dun filme á que admiren. Dúas monitoras maquillarán aos rapaces e rapazas de 18:00 a 20:00 horas.

A música correrá a cargo do coro da Escola Municipal de Música Ames (EMMA) e do espectáculo Uxía Lambona e a Banda Molona. Este último é a creación máis recente da compañía Troula no eido da música infantil e unha das súas actuacións estrelas. Os seus artistas achegan aos nenos e nenas a música tradicional galega dun xeito orixinal, mesturando letras que todos e todas coñecemos con ritmos máis actuais como o hip-hop ou o rock. Rapeando A saia da Carolina, cantando O gato nun saco con pinceladas de rock clásico e acompañando todas estas melodías con coreografías, a compañía ofrece un concerto dinámico e participativo para entreter e divertir tanto aos adultos como aos pequenos.

Ao longo da tarde os xogos e exhibicións da compañía de Novo Circo daranlle cor e dinamismo á festa. Ademais do reparto gratuíto de orellas, instalaranse varios postos con doces de Entroido. A festa rematará, despois de tres horas de troula, ás 20:00 horas.

Boqueixón - Seguen as actividades de Entroido

Entroido na escola infantil Raiña Lupa

Onte foi o día elexido para que os cativos da Escola Infantil Raíña Lupa celebrasen un desfile de Entroido moi orixinal. Durante varios meses, o equipo de profesionais que forman a escola, deseñou e elaborou todo o preciso para poder recrear un campo cheo de vida cos pequenos “espantallos” no entorno da escola, situada en Lestedo, en donde a tradición do Entroido está moi arraigada.

Recibiron a visita do alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, que resaltou o marabilloso traballo realizado polas mestras e o persoal de apoio e encomiou as súas creacións.


Esta fin de semana seguimos coas actividades de Entroido

Primeiras Xornadas Gastronómicas da Filloa que se desarrollarán en once establecimientos hosteleros de Boqueixón los días 6,7, 9 e 13 de febrero.

- El Domingo tendrá lugar en Sergude (Boqueixón) su carnaval. A partir de las 19:00h. tendrán lugar los atranques de los Generales del Ulla.

En otro correo se envían las fotos de la Presentación de la XXXIII Fiesta de la Filloa de Lestedo (Boqueixón).

Luns de Entroido

E seguindo cos festexos propios desta época, o luns celebrarán na EIM de Boqueixón unha festa de disfraces na cal non faltará o xa tradicional concurso de filloas que xa vai pola súa XII edición, no cal participan todas as familias da escola, un desfile de disfraces individuais e en grupo e unha degustación de filloas e postres típicos de Entroido. Haberá moitas sorpresas para todos.

Presentación da XXXIII Festa da Filloa

Onte presentouse no Hostal dos Reis Católicos a XXXIII Festa da Filloa que se celebrará o vindeiro 14 de febreiro en Lestedo.

Vedra - Finde semana de Entroido

Fin de semana de entroido en Vedra





USC - Preto de 2.000 termos criminolóxicos en galego nun novo vocabulario

Alma do canón, antehélice, asañamento, pegada, marcas de luvas ou iatroxenia son termos que deben usar os profesionais da criminoloxía que empreguen o galego como lingua de traballo. Todos eles, ata case 2.000, aparecen recollidos nun novo traballo terminográfico do Servizo de Normalización Lingüística da USC, editado nesta ocasión en colaboración co Instituto universitario de Criminoloxía, que leva máis de trinta anos impartindo docencia na USCe que aspira a impartir o grao, título oficial xa implantado en varias universidades españolas.

OVocabulario de Criminoloxíarecolle termos en galego e as súas equivalencias en español e inglés cos conceptos básicos dos diversos ámbitos das ciencias criminolóxicas aglutinadas ao redor dos seus obxectos de estudo como son o crime, a conduta desviada e o delicuente e a vítima.

Coordinado polos profesores da facultade de Dereito e do Instituto de Criminoloxía GumersinoGuinarte e Fernando Vázquez-Portomeñe e por Xusto Rodríguez Río, do SNL da USC, este é o sétimo volume da Colección Vocabularios Temáticos. A publicación pode descargarse de balde en formato .PDF ou mercarse a súa versión en papel.

Touro - Os 'xenerais da Ulla' lucen os seus traxes a cabalo na Feira do Entroido

A capital de Touro, Fonte Díaz, viviu hoxe a súa ‘Feira do Entroido’, unha cita xa obligada no entroido da comarca del Ulla. E os ‘xenerais da Ulla’ foron os auténticos protagonistas. O sol que brilou durante toda a mañán fixo que os traxes dos xenerais relucisen con máis forza. Una ducena de xinetes cos seus chamativos traxes napoleónicos e os seus típicos sombreiros adornados de coloridas plumas citáronse a partir das 12.00 horas frente á Casa do Concello en Touro. Numeroso público, veciños e visitantes, concentráronse nos arredores para coñecer aos protagonistas deste orixinal entroido rural. Tamén participaron con disfraces os nenos e nenas do Colexio Público Fonte Díaz e os nenos e nenas do PAI.

Os ‘xenerais’, procedentes das parroquias de Bama e Fao, iniciaron unha marcha polas rúas de Fonte Díaz, cheas de xente que chegou á capital de Touro para facer as súas compras e disfrutar da ‘Feira do día 5’ nunha mañán de sol en pleno inverno. Ao longo do recorrido lanzaron varios ‘vivas’. Un dos xinetes gritou: “Viva San Juan de Touro, y vivan todas sus gentes, también los que aquí llegaron de sitios tan diferentes”. E o público respondeu: “¡Viva!”. E outro tamén gritou: “Oigan señores digan todos a una sola voz: viva todos los que hacen posible los Carnavales de Touro y de toda la comarca del Ulla”. E de novo o público respondeu cun “¡viva!”.


No desfile que saíu e rematou no colexio tamén participaron nenas e nenos cos seus disfraces. E tamén estaban presentes maiores con todo tipo de adornos festivos para celebrar o entroido. Todos os días 5 de cada mes se celebrase en Fonte Díaz unna feria con postos que ofrecen todo tipo de productos aos visitantes. A feira de febreiro está adicada ao entroido. Tamén é típico degustar o pulpo que ofrecen os postos instalados nas rúas principales de Fonte Díaz. Ao desfile de hoxe en Fonte Díaz seguiralle a batalla dialéctica que vivirán os ‘xenerais da Ulla’ na parroquia de Fao. Será o martes de entroido, día 9 de febreiro.

Teo - Malestar pola prohibición de Tráfico dunha parte do itinerario do entroido en Cacheiras

O Concello de Teo amosa a súa incomprensión pola decisión da Dirección Xeral de Tráfico de prohibir algunhas partes do itinerario previsto no entroido de Cacheiras desta fin de semana. Este problema xa xurdeu a semana pasada coa organización do entroido de Reis. Diante desta situación dende o Concello, a través da alcaldía, estableceu unha comunicación coa Coordinadora de Tráfico da provincia da Coruña. Sen embargo o marxe de maniobra municipal é escaso por non ser competencia municipal e porque a única resposta que se da dende Tráfico é a que xustifica as prohibicións en temas de seguridade. 

Sen cuestionar a importancia da seguridade nun evento destas características, resulta curioso que se leven celebrando anos coa cobertura e coordinación da propia Garda Civil de Tráfico. O da seguridade é un argumento válido e dende logo o Concello así o entende pero parece máis lóxico tentar pór todos os medios para que esta demostración cultural se poida celebrar con garantías e no só pór impedimentos. 

Dende o Concello tense amosado coas organizacións do entroido de Reis e Cacheiras, afectadas por esta negativa, colaboración e apoio. Sen embargo a decisión última desta autorización non é municipal. 

O entroido dos xenerais da Ulla tense declarado Festa de interese turístico pola Xunta de Galicia e nos últimos anos os Concellos que contan con este entroido tradicional teñen colaborado na difusión deste evento. Este esforzo resulta inútil e infructuoso se logo as organizacións se atopan con atrancos para poder realizalo con normalidade.

Ames - Dous irmáns do concello gañadores do Campionato Provincial de Xadrez na categoría Sub-8

No mes de xaneiro Santiago de Compostela exerceu de anfitrioa do Campionato Provincial de Xadrez, cuxos finalistas poderán así acceder aos Campionatos Galegos. Alejandro e Nerea Cereijo, irmáns residentes no Milladoiro e pertencentes ao Club de Xadrez do colexio Manuel Peleteiro, acadaron o primeiro e o segundo posto respectivamente na categoría Sub-8. Os axedrecistas José Carlos Gestido, Félix Portugal e Remigio Duro, do club de xadrez amesán Millarengo Cultura, posicionáronse nos postos 8, 16 e 19 nas categorías sub-18 e Absoluta.

Os e as axedrecistas déronse cita nas instalacións do Colexio Manuel Peleteiro, nun campionato que estableceu un novo récord de participación ao reunir a máis de 150 competidores e competiras que disputaron partidas de todas as categorías establecidas pola Federación de Xadrez, dende a sub-8 até a sub-18 e Absoluta.

Nin Nerea nin Carlos Cereijo partían como favoritos na categoría provincial, xa que ambos partían dos postos 4 e 5 no ránking inicial, non obstante ambos fixeron un gran traballo ao longo das sete roldas que se disputaron. A primeira, campiona feminina, gañou todas as partidas que xogou excepto a que a enfrontou co seu propio irmán na quinta rolda. O segundo, pola súa banda, triunfou en catro das seis partidas que xogou, facendo táboas na segunda ronda, e foi quen de vencer ao número 1 do ránking da categoría sub-8. Nesta categoría participaron 16 rapaces e 1 rapaza.

Na categoría sub-18 e absoluta participaron en total 23 xogadores, dos que tres pertencían ao club Millarengo Cultura: José Carlos Festido, Félix Portugal e Remigio Duro.

Melide - Bonificación do 95& do ICIO

O goberno municipal aprobouónte por unanimidade dos tres grupos políticos a modificación da ordenanza do ICIO para incluír a bonificación do 95% en favor de construccións de interese xeral para a vila tal é como establece a Lei de FacendasLocais. 

A alcaldesa de Melide, Dalia García, manifestou que este é o primeiro paso para dar continuidade a unha das demandas deste goberno que é a consecución dunnovo Centro de Saúde para Melide. Melide ten contemplada na ordenanza do ICIO bonificacións para incentivar o afincamento de empresas tanto en solo industrial como rural á que se lle suma a este respecto a bonificación para a construcción e ou rehabilitación de instalacións destinadas a un uso sanitario. 

Por outra banda, tamén se levou a pleno a aprobación dos periodos medios de pago e os informes de intervención relativos ao 4º trimestre de 2015, períodos cos que o Concello de Melidecumpre todos os ratios seguindo na boa senda da estabilidadefinanceira e orzamentaria.

Axenda e tempo do venres 5 de febreiro - Música, entroido, exposicións

Santiago - Numax 

Oroso - Concerto de Entroido do combo de rock da Aula de música

Ames - Concerto de Entroido da EMMA

Santiago - Pub Atlántico - Entroido

Santiago - Capitol - OBK 

Santiago - Área Central - obradoiros de máscaras



Exposicións

Santiago - Gaias - José Suárez - Uns ollos vivos que pensan (ata o 27 de marzo) 

Ames - Casas da Cultura de Milladoiro e Bertamirans - Illa de Ons (ata o 31 de xaneiro)

Santiago - Museo do Poibo galego - "Unha porta do Rial. Ehlaba Carballo e Riobó Prada" (ata o 6 de marzo)

Santiago - Auditorio de Galicia - Salto de páxina (ata febreiro 2016)

Santiago - Casa do Cabildo - Postais antigas de santiago (ata mediados de febreiro) 


O Tempo

Oroso - Concerto de entroido do Combo de Rock da Aula de Música

Os rapaces do Combo de Rock da Aula de Música de Oroso ofrecerán mañá vernes 5 de febreiro o seu primeiro concerto en solitario, logo de dúas primeiras actuacións ao longo do ano apaso. O concerto terá lugar no salón de actos do centro cultural de Sigüeiro a partir das 20:00 horas. A entrada é totalmente libre e de balde.

Os rapaces ofrecerán unha selección de temas de grandes bandas de rock como Green Day, Red Hot Chili Peppers, Los Ramones ou The Kinks, “amosando así a aproximación que dende a Aula de Música facemos aos estilos modernos, cubrindo así un amplo espectro das demandas musicais dos alumnos”, explica Juan Salgueiro, director da Aula de Música de Oroso. Así mesmo, dous dos profesores interpretarán a dúo un par de pezas para cubrir a ausencia do outro combo de rapaces, logo da lesión no brazo dun dos seus membros.

Área Central - Hoxe comeza o entroido no Centro Comercial

Este viernes arranca el carnaval en Area Central a partir de las 18.00 horas. Los más pequeños podrán elaborar sus propias caretas en el taller que dirigirá la Asociación Planeta Shalom que como cada semana nos acompañarán para entretener al público más menudo.

Continua abierto el plazo de inscripción para participar en el concurso infantil de disfraces, una cita que tendrá lugar el sábado 6, a partir de las 18.00 horas en el escenario principal de Area Central. Una indispensable para los niños de la ciudad y comarca con la que podrán pasar una tarde divertida llena de música y bailes. 

El concurso, abierto a personas menores de 16 años, establece tres categorías: individual, parejas y grupos. Todos aquellos que se quieran anotar aún están a tiempo de formalizar su inscripción a través del correo electrónico marketing@areacentral.es o bien el mismo día del concurso, en el propio escenario principal, de 16.30 a 17.30 horas. 

En la categoría individual llevarán premio los cuatro mejores trajes; mientras que en la categoría “Parejas” y “Grupos” se premiará a un único disfraz. El concurso estará amenizado por música alegra y festiva y por bonitas coreografías en las que podrán participar los niños.

Degustación de postres típicos de Carnaval

Al finalizar el concurso de disfraces, se montará un espacio en la que los participantes del concurso y el resto de los visitantes de Area Central podrán degustar postres típicos de Carnaval, como orejas y filloas.

Numax - Programación do 5 ao 11 de febreiro



«Carol» e «Viaggio in Italia» encabezan a carteleira semanal de NUMAX

Unha esperada estrea e máis un gran filme de reposición protagonizan a proposta de NUMAX para esta semana. Para comezar, o venres 5 de febreiroestreamos Carol, de Todd Haynes, adaptación da novela homónima dePatricia Highsmith cuxo elenco está encabezado por dúas actrices en estado de graza: Cate Blanchett e Rooney Mara. A nova reformulación do discurso melodramático operada por Haynes lévanos á historia de amor entre dúas mulleres no Nova York dos anos 50. Nominado a seis Oscar da Academia neste 2016, Carol emerxe no aspecto visual polo uso do vidro como filtro natural de luz e unha escolla cromática que remite ao fotógrafo Saul Leiter, ao tempo que, no aspecto argumental, reflexiona verbo da capacidade transformadora do namoramento a partir de El discurso amoroso de Roland Barthes.

O propio 5 de febreiro, dentro da sección Repertorio, recuperamos Viaggio in Italia, un dos cumios artísticos de Roberto Rossellini que, para moitos téoricos, marca o paso do cinema clásico ao cinema moderno. Ingrid Bergman eGeorge Sanders interpretan unha parella británica que, ao longo dunha viaxe por Italia, ten que se enfrontar ao esgotamento da súa relación. Obra exemplar na representación dos conflitos de parella, Viaggio in Italia ten sido empregada como referente por directores contemporáneos como Nobuhiro Suwa, Abbas Kiarostami ou Richard Linklater. O crítico e cineasta Jacques Rivette escribiu na súa estrea: «Este filme abre unha fenda pola que todo o cinema debe pasar baixo pena de morte».

Continúan en carteleira

O cineasta catalán Pere Portabella centra boa parte da programación de NUMAX nas vindeiras datas. Esta semana continúan os pases de Informe general sobre unas cuestiones de interés para una proyección pública, longametraxe de 1977 na que distintos actores políticos da Transición se interrogan ante a cámara arredor dos pasos a dar para pasar dunha ditadura a un Estado de Dereito. As actividades arredor da figura de Portabella complétanse coa estrea, o venres 12 de febreiro, de Informe general II e a inauguración dAula «Os ollos verdes» o sábado 13.

Ademais, ao longo da semana teredes as últimas oportunidades para ver A xuventude, de Paolo Sorrentino. O filme gañador en 2015 do Premio do Cinema Europeo á mellor longametraxe terá o seu último pase en NUMAX oxoves 11 de febreiro.

Pere Portabella inaugura a Aula «Os ollos verdes» de NUMAX

O cineasta catalán Pere Portabella visita NUMAX para inaugurar a Aula «Os ollos verdes», unha actividade que permitirá ao público asistente coñecer de primeira man o proceso creativo dun autor fundamental do cinema estatal das últimas décadas. A Aula terá lugar no Cinema NUMAX o sábado 13 de febreiro ás 11:30 da mañá e ten unha duración estimada de dúas horas. A actividade complétase coa inclusión en carteleira de dous filmes clave na traxectoria do autor: Informe General I, a partir do 3 de febreiro, e Informe General II, a partir do día 12.

Carol
(Todd Haynes, 2015)

Viaggio in Italia
(Roberto Rossellini, 1954)

Programación

Venres 5 de febreiro

12:00 A xuventude
16:00 Informe general I (vo)
18:50 Viaggio in Italia Estrea
20:30 Carol Estrea
22:40 Carol


Sábado 6 de febreiro

12:00 Informe general I (vo)
16:00 A xuventude
18:15 Carol
20:30 Viaggio in Italia
22:15 Carol

Domingo 7 de febreiro

12:00 A xuventude
16:00 Informe general I (vo)
18:45 Viaggio in Italia
20:20 Carol
22:30 Carol

Martes 9 de febreiro

12:00 A xuventude
15:45 Carol
18:00 Informe general I (vo)
20:50 Viaggio in Italia
22:30 Carol


Mércores 10 de febreiro

12:00 A xuventude
16:00 Viaggio in Italia
17:40 Carol
19:50 Carol
22:00 Informe general I (vo)


Xoves 11 de febreiro

12:00 Informe general I (vo)
16:00 Carol
18:10 Viaggio in Italia
19:50 Carol
22:00 A xuventude Último pase
VO: Versión orixinal sen subtítulos | VOSG: Versión orixinal subtitulada en galego

Na Libraría NUMAX

Libremente (felos sempre serra)
Emilio Araúxo

Máscaras non aureáticas, que se dirixen á xente, dunha constancia perturbadora e tan estrañamente próxima (Philippe Beck). Os felos, que nos lembran que o mundo non dá voltas sen a loucura. Os felos lémbranme o baile nupcial dos paxaros (Helena Eriksson).
 
Nora Webster
Colm Tóibín
 
A nova novela do mestre da literatura irlandesa. Colm Tóibín, autor de Brooklyn e El testamento de María, crea un extraordinario fresco da Irlanda de finais dos anos sesenta e comezos dos setenta.

Ames - Concerto de Entroido da EMMA

Hoxe venres, 5 de febreiro na Casa da Cultura do Milladoiro a partir das 19:30 horas, mestres, mestras e alumnado da Escola de Música Municipal de Ames convidan a veciños e veciñas a asistir ao seu concerto de Entroido. As bandas sonoras de grandes éxitos da sétima arte serán protagonistas da maior parte das pezas que se interpretarán ao longo da velada.

Os máis pequenos da Escola serán os primeiros en saír ao escenario. Nenos e nenas, de entre 4 e 7 anos, da aula de Música e Movemento prepararon para o público "Apertas que voan", creación do músico e compositor Paco Nogueiras. Os e as percusionistas da Escola adaptarán as cancións Tempo e Titanic, e o alumnado de Linguaxe Musical achegará ao público ao rap e á música popular indonesia co tema Ali de Bali.

Os alumnos e alumnas de canto prepararon dous popurrís de cancións que moitos dos presentes recoñecerán: soarán My heart will go on, da película "Titanic", o Piensa en mi que sona en "Tacones Lejanos", de Pedro Almodóvar. Do musical "Los Miserables" escoitaranse I dreamed a dreamed e On my own e películas para un público máis xuvenil, como "Crepúsculo" ou "Camp rock" tamén serán versionadas polos estudantes da EMMA.

E non só no canto poderanse escoitar éxitos da gran pantalla, xa que a orquestra de frautas, saxo e percusión interpretará coñecidos temas de Jurassic Park. As bandas sonoras compartirán escenario con música popular; as cordas das da orquestra de guitarras versionarán O son do ar, do grupo Luar na Lubre, e as do grupo de violíns e a orquestra de violóns a canción de folk inglés Lavender's blue. Estes últimos tocarán ademais as cancións Extradición e A Thousand Years. 

Lorde, Oasis e The Weekend son os tres grupos actuais dos que se apropiarán as voces da clase de combo de canto e de combo xuvenil. Para finalizar o concerto da Escola de Música os integrantes do combo de adultos despedirán a velada con senllos clásicos do rock español: Vamos a tocar un rock and roll a la plaza del pueblo, de Tequila, e Maneras de Vivir, do madrileño Rosendo.

Frades - Obradoiros de máscaras

O Concello de Frades organiza uns obradoiros de máscaras e maquillaxe para o luns de Entroido, 8 de febreiro, que terán lugar de 16:00 a 19:00 horas no edificio multiúsos. Unha actividade totalmente gratuíta que inclúe obradoiros, música e xogos dirixidos a nenos e nenas de ata 14 anos, se ben os menores de catro anos deberán estar acompañados por una adulto.

Todos os participantes recibirán unha merenda de entroido e, a maiores, todos os que veñan disfrazados levarán un agasallo. A participación é totalmente de balde, se ben é obrigatorio anotarse no Concello de Frades ou no teléfono 981 695 567 antes das 14:00 horas de mañá venres 5 de febreiro, data na que tamén se pecharán as inscricións para o Concurso de Disfraces do domingo 7 de febreiro.

BNG Teo - Veciños de Augas Mansas denuncian o “ultimátum” do concello

A problemática urbanística que afecta á urbanización Augas Mansas volve a un primeiro. Entre os moitos problemas que afectan á urbanización, que en parte está en situación irregular ao non estar definitivamente recepcionada polo Concello ao non cumprir a súa promesa o actual alcalde, están os que teñen a ver co subministro de auga e o saneamento.

Estes días veciños e veciñas de Augas Mansas están recibindo unha comunicación do alcalde de Teo na que, adoptando unha posición claramente autoritaria, lles da un “ultimátum” para formalizar o contrato de subministro, para o que é necesario que abonen 178,79 euros para que non lle corten a auga. 

O alcalde de Teo, diante desta problemática, opta por dirixir unha comunicación aos veciños e veciñas para que formalicen o contrato con Augas de Teo para poder seguir dispoñendo do servizo, e para iso teñen que abonar nun prazo de vinte días case 180 euros senon “o concello procederá ao corte dos subministros”.

Desde o BNG de Teo, de primeiras formulamos a pregunta de se esta comunicación é un primeiro paso para avanzar na recepción da urbanización, de ser así reclamamos que o alcalde faga a comunicación oportuna aos veciños e veciñas da urbanización. Pois non debería ser un mero trámite de recadación, senon un paso na axilización da regularización urbanística. Por outra banda, e tendo en conta o contido da carta que comunica o “ultimátum”, e o problema que teñen os veciños e veciñas no inmediato, denunciamos que non se dea un prazo razoábel para que os/as propietarios/as poidan formalizar o contrato, e nomeadamente tendo en conta que se trata dunha cantidade relativamente importante que pode xerar un problema a algunhas familias. Reclamamos pois que se incremente o prazo para formalizar o contrato e para facer o ingreso da alta e do contador, establecendo se é posíbel dous prazos para facer o ingreso que permita ás familias con menos recursos, ou con máis problemas económicos, planificar os pagos; e en segundo lugar, poñemos de manifesto que a cantidade que se reclama é importante, nomeadamente tendo en conta que estas vivendas xa teñen subministro municipal e tendo en conta cal é a orixe dos problemas da urbanización que en todo caso non son imputábeis aos propietarios/as. Neste sentido, algúns propietarios/as puxeron en coñecemento do BNG de Teo que tentaron darse de alta no servizo de augas pero a resposta que recibían era que non era posíbel pola situación na que se atopaba parte da urbanización, e denunciaron que desde o concello nunca se lles deu unha resposta a este problema.

Por todo isto, reclamamos que o alcalde de Teo cumpra os compromisos para legalizar a situación da urbanización de Augas Mansas, e que no inmediato actúe de maneira que garanta o subministro dun servizo público básico e que facilite os trámites e os prazos aos veciños e veciñas afectadas pola acción ou inacción de gobernos municipais que non cumpriron coas súas funcións.

USC - Curso de iniciación ao Tai Chi

A Fundación USC Deportiva organizará en marzo un novo curso de iniciación ao Tai Chi e o ChiKung. O alumnado poderá achegarse así á cultura e ás diferentes visións que certas disciplinas orientais teñen sobre o corpo e a mente, ademais de adquirir as ferramentas necesarias para acadar e manter un estado físico e mental saudable, ao tempo que coñecer algunhas técnicas de respiración, meditación e relaxación. O curso impartirao Carlos Fernández, profesor de tai chi, kung fu e mestre en diversas artes marciais, ademais de director do Centro Docente e Artístico Vitalia.

O curso desenvolverase os sábados 5 e 12 de marzo, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 15.30 a 17.30 horas na Residencia Universitaria Monte da Condesa. Todas as persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición na web da Fundación USC Deportiva. O custe do curso é de 45€ (50,70€ incluíndo a comida dun día ou 56,40€ a de dúas xornadas) para un máximo de 15 persoas, polo que a organización recomenda realizar a reserva de praza o antes posible xa que se respectará rigorosamente a orde de inscrición para a adxudicación de prazas.

Teo - Esta fin de semana continúa os Xenerais da Ulla

O entroido dos xenerais da Ulla continúa esta fin de semana en Teo, concretamente nas parroquias de Cacheiras e Santa María de Teo. O sábado 6 e domingo 7 o entroido máis numeroso do Concello voltará a percorrer as aldeas e lugares de Cacheiras mentras que en Teo, moito máis pequena, só sairán o sábado. 

No caso de Cacheiras a comitiva superará as 150 persoas entre persoas a cabalo e comparsas de bonitos e vellos. Este ano irán 14 persoas uniformadas entre correos e xenerais. O sábado a comitiva do entroido sairá dende as 11:00 horas do Sisto, e pasarán por Pedrouso, Vilar, Guldrís, Lamas, Montes, Solláns, As Laxes, Requián, a zona do instituto, a zona da Igrexa onde se fará un “alto”, Sebe, a Pedra, Catro Camiños, As Pozas e Cacheiras. O domingo o percorrido levaraos por Montouto, a Póvoa, Cobas, a Barcia, Penelas, Tras do Eixo, as Noenlles, Procelas, a Torre, a Devesa, o Raxó onde farán un “alto”, Feros e Cacheiras rematando no campo da festa. Un dos momentos centrais desta celebración é o atranque no que enfrontan dialécticamente os xenerais tocando temas de actualidade utilizando a sátira e a ironía. En Cacheiras o atranque celébrase só o domingo, sobre as 20:00 horas no campo da festa. As coordenadas para o GPS do campo da festa son: 42º 49´17.8"/8º 32´38.2". 

En Santa María de Teo sairán o sábado 6 dende mediados da mañá do campo da festa e pasarán polos lugares de Fontenlo, Noceda, Vilachaíño, Agromaior, Maios, Fontelo, Vilar, Campos e volta ao campo da festa. Rematarán co atranque e co sermón do “pai mala-lingua”, unha figura propia desta parroquia que fai un sermón de corte satírico e que se recita no momento dos atranques. As coordenadas de GPS do campo da festa son 42º 45´52.5"/ 8º 31´14.3"

Silleda - Bases para a concesión de axudas de actividades culturais e para as entidades deportivas

A Xunta de Goberno Local de Silleda vén de aprobar as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a promoción de actividades culturais e as que regularán as axudas a entidades deportivas.

En ámbolos dous casos as solicitudes de subvención deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, xunto con toda a documentación requirida nas bases, durante un prazo de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación das convocatorias no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra.

As bases das subvencións para a promoción de actividades culturais teñen por obxecto establecer os criterios e procedemento para a concesión de axudas, de acordo cos principios de obxectividade, igualdade, concorrencia e publicidade. Para estas axudas destinarase unha partida de 45.000 euros. 

Os criterios para outorgar estas axudas contarán con unha puntuación obxectiva, e estarán baseados en cuestións coma o fomento e difusión da cultura galega entre a poboación, (ata 5 puntos); carácter permanente das actividades a subvencionar, (ata 10 puntos); proxección cultural das actividades desenvolvidas durante o ano, (ata 5 puntos); interese xeral da actividade, (ata 10 puntos); número de beneficiarios directa ou indirectamente, (ata 10 puntos); ou fomento da cultura no colectivo infantil e xuvenil, (ata 15 puntos). Tamén se introduce como novidade o criterio de innovación ou orixinalidade das actividades obxecto de subvención, unha variable que poderá puntuar ata 5 puntos.

Directores especializados e maior obxectividade

Do mesmo xeito, ademais deste último criterio, as bases das axudas culturais do Concello de Silleda, tamén inclúen outros novos aspectos. Así, no caso de que unha vez aplicados os criterios anteriores non se esgote o total da partida orzamentaria, terán consideración especial aqueles colectivos ou asociacións que para desenvolver as súas actividades precisen de directores especializados. Poderán subvencionarse como máximo ata os seguintes importes: directores/as de bandas de música, 775 euros ao mes como máximo; directores/as de baile: 200 euros mes; directores/as de coro 175 euros mensuais. Dende o goberno municipal advírtese que coa variación nas puntuacións e os novos criterios introducidos nas bases conseguirase unha maior obxectividade no reparto de axudas.

Tamén terán consideración especial os colectivos con unha traxectoria temporal demostrable, aumentándose a subvención por cada tramo de 20 anos de actividade continuada en 100 euros, ata un máximo de 200 euros. 

A comisión que se encargará de facer a proposta de subvencións estará presidida pola concelleira de Cultura e integrada por un funcionario/a ou traballador municipal e un técnico/a de Cultura ou animador socio cultural. A Xunta de Goberno Local será o órgano encargado da concesión das axudas.
Máis criterios para as subvencións deportivas

No caso das subvencións a entidades deportivas, a contía total que se destina ao reparto das axudas alcanza os 30.000 euros. En canto aos criterios de avaliación das solicitudes, teranse en conta, ó igual que o pasado ano, o fomento do deporte base e das escolas deportivas, (de 0 a 20 puntos); o mantemento das instalacións nas que practican a actividade os clubes ou entidades, (de 0 a 20 puntos); a colaboración coas actividades do concello, (de 0 a 15 puntos); o número de participantes, directos ou indirectos, das actividades, (de 0 a 15 puntos); o número de actividades realizadas durante o exercicio (de 0 a 10 puntos); o interese xeral das mesmas (de 0 a 10 puntos) e o número de deportistas federados ou afiliados, (de 1 a 20 federados, de 0 a 5 puntos, e máis de 20 federados, de 0 a 10 puntos). Neste último caso, bonificarase o feito de que os afiliados federados estean empadroados no Concello de Silleda. A comisión de valoración estará presidida pola concelleira de Deportes, que remitirá tamén a súa proposta a Intervención e despois á Xunta de Goberno Local para a resolución final. 

Nos dous casos as bases e os formularios para as solicitudes tamén estarán dispoñibles na web municipal, silleda.es.

Ordes -. O concello estará en "Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico"

O Concello de Ordes está a promocionar as súas excelencias culinarias e celebracións gastronómicas na 17ª edición de ‘Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico’, o cal se celebra no recinto feiral de Expourense ata o vindeiro domingo, 7 de febreiro. Encontros, aulas temáticas, conferencias, degustacións, encontro de bloggers, concursos etc é o que se inclúe nun programa pensado para a promoción e a exaltación gastronómica.

Lacóns, grelos, cacheiras, chourizos e demais produtos derivados do porco e imprescindibles para un bo cocido; queiques e doces; champiñóns ou queixo con marmelo son algunhas dos alimentos imprescindibles no receitario ordense e que se exhiben no posto da Deputación da Coruña. Entre as citas que se están a dar a coñecer neste encontro temático figuran a XVIII Feira do Lacón con Grelos, que terá lugar en Mesón do Vento os vindeiros 12 e 13 de marzo; XXVII Festa do Champiñon, que se celebrará en Ordes os días 23 e 24 de abril; XXV Feira de Cans de Caza, Mesón do Vento 30 e 31 de xullo, na que habitualmente se inclúe unha degustación de pratos realizados con carne de caza entre os visitantes. 

Exaltación local

José Manuel Mira e José Manuel Rodríguez, concelleiros de Festas e Comercio respectivamente, foron os encargados de representar ó Concello de Ordes nesta xornada e de manter contactos con representantes de sectores relacionados co turismo e coa promoción económica.

“Trátase dun marco incomparable para dar a coñecer o noso”, manifesta José Manuel Rodríguez. “Estamos falando dunha feira temática que cada ano congrega a milleiros de persoas vidos tanto dende Galicia como de fóra das nosas fronteiras”, asegura o edil. “É un público potencial para acudir a Ordes a calquera das citas que estamso a dar a coñecer e que van a celebrarse ao longo dos próximos meses. Iso sen contar cos contactos e encontros de traballo con profesionais do turismo e da gastronomía que non deixan pasar por alto este salón”, concreta José Manuel Mira.

PP Santiago - Proposta "2016: Ano da Irmandade Cultural"

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Agustín Hernández, ofreceu unha rolda de prensa para presentar ‘2016: Ano da Irmandade Cultural’, unha iniciativa que reivindica o papel de Santiago como cidade literaria. A proposición ten como obxectivo levar a cabo unha serie de actos conmemorativos a aquelas persoas e acontecementos que ao longo deste 2016 celebran o seu aniversario e que destacan pola súa contribución á cultura local, galega e universal. “Un programa no que debería ter especial relevancia o Banquete de Conxo, as Irmandades da Fala, Ramón María del Valle-Inclán, Camilo José Cela, o poeta Manuel María, o xornalista Raimundo García González ‘Borobó’ e o escritor e editor Heraclio Pérez Placer”, subliñou Agustín Hernández, quen indicou que é unha oportunidade para darlle un impulso á vida cultural en Santiago.

“O que pretende ‘2016: Ano da Irmandade Cultura’ é potenciar a actividade cultural da nosa cidade, cun programa articulado arredor de importantes efemérides, e que ofreza tamén un programa atractivo ao longo do ano”, sinalou o voceiro popular. Tendo en conta que os fitos sinalados se van sucedendo ao longo dos meses, Agustín Hernández insta ao Goberno local a que articule cantos antes un programa que conteña diferentes eventos e actividades para lembrar cada unha das citas con data relevada no calendario deste ano. Neste senso, referiuse a:

- As Irmandades da Fala. No mes de maio cúmprese o centenario da creación na nosa cidade desta agrupación que no primeiro terzo do século XX, axudou a conformar unha conciencia galeguista e unha dignificación do idioma de Galicia, contando coa participación de figuras clave da cultura de Galicia. 

- O Banquete de Conxo, celebrado hai 160 anos polo mes de marzo, que foi obxecto dun acordo plenario unánime no pasado mes de novembro para a promoción do seu significado, a rehabilitación e sinalización do espazo onde se celebrou á beira do Sar.

- O dramaturgo, poeta e novelista Ramón María del Valle-Inclán, nacido hai 150 anos polo mes de outubro e falecido hai 8 décadas en Santiago, onde pasou os seus últimos anos.

- O premio Nobel Camilo José Cela –medalla de Ouro da cidade- do que se cumpre en maio deste ano o centenario do seu nacemento.

- O poeta homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2016, Manuel María Fernández Teixeiro, autor da obra “Poemas a Compostela”, editada polo Concello en 2003.

- O xornalista Raimundo García González, “Borobó”, director dos xornais composteláns “La Noche” e “El Correo Gallego”, que en xullo cumpriría 100 anos.

- Ou o escritor, xornalista e editor Heraclio Pérez Placer, que foi veciño desta cidade durante máis de dúas décadas e autor do libro “Narraciones compostelanas” publicado por última vez na primeira década do século pasado, de quen se cumpren en 2016 os 150 anos do seu nacemento.

“Son algunhas das figuras e feitos que merecen unha distinción e que poderían formar parte deste programa específico, ‘2016: Ano da Irmandade Cultural’, que sirva para poñer de relevo a súa vinculación coa nosa cidade e a súa contribución á cultura galega”, salientou Agustín Hernández. Na proposición do grupo popular tamén se inclúe a posibilidade de editar algunha obra -de gran interese no caso de Heraclio Pérez Placer- , recuperar espazos para a memoria –caso do Banquete de Conxo, tal e como se acordou o pasado ano pola Corporación-, organizar algunha exposición propia ou colaborar na difusión dalgunha que estea a ser organizada coa mesma finalidade –caso da prevista sobre Camilo José Cela para finais de ano na Cidade da Cultura de Galicia-.

Pacto X Ames - Demanda de explicacións sobre a reunión sobre a N-550



Dende PxA consideramos que non é de recibo é que o goberno presuma de transparencia facendo propaganda demagóxica deste tema, e teña que ser dende Pacto X Ames quen formulen estas cuestións de forma seria que detallamos a continuación.

Preguntas que deberán ser respondidas sen ningún tipo de escusa e con total claridade si o que se pretende e dar e transmitir credibilidade e seriedade .

Pacto x Ames acaba de entregar sendas cartas a Demarcación de Estradas do Estado en Galicia e ao Concello de Ames para que se deixen de demagoxia e aclaren as numerosas contradicións que se reflicten na nota oficial publicada na web. Na carta enviada se solicita información detallada das seguintes cuestións:

1. Ao respecto da futurible glorieta de entrada ao Milladoiro e que daría acceso ao polígono.Cal é o actual estado desta proposta, e dicir:

a. Si hai proxecto técnico e orzamento do mesmo.

b. De habelo, cal sería o trazado de acceso ao Polígono Industrial do Milladoiro.

c. Cal sería o importe da execución da obra.

d. Prazo estimado de comezo e de remate.

e. Estudio do impacto na circulación diaria na zona.

f. Si a proposta é a mesma que se presentou dende a asociación de empresarios do polígono xa fai máis de 2 anos.

2. Ao respecto da limitación do tráfico pesado no Milladoiro e desvío polo cruce das Galanasplantexamos as seguintes cuestións:

a. Existe proxecto de execución da obra?

b. De existir, cal é o orzamento e os prazos de execución? Xa que se mencionou por parte do Alcalde de Ames que “trátase dunha medida a curto prazo”.

c. Qué vehículos serían obrigados a desviarse nesa zona?

d. Con respecto ao convenio a firmar coa administración autonómica:

i. Quén firmaría o convenio?

ii. Está redactado?

iii. Prazos para a entrada en vigor deste convenio.

3. Ao respecto da anquilosada, bloqueada e antiga proposta da variante de Padrón-Sigüeiro, as cuestións a resolver son:

a. Cal é o estado actual dese anteproxecto inicial?

b. Cal é a dotación orzamentaria coa que conta na actualidade?

c. Cales son os prazos que se barallan en canto a execución?

d. Cal é o importe do orzamento total? 

e. É posible efectuar a actuación parcial que o Alcalde de Ames sinala na información solicitada cando textualmente dí“no momento en que se aborde este proxecto débese comezar polo tramo que afecta ao Milladoiro. Deste xeito, débese dar preferencia a este tramo de 5 quilómetros ...”

f. Cal sería o trazado destes 5 quilómetros que percorría a variante?

g. Estaría afectado este trazado de 5 quilómetros por expropiacións?

h. Cal sería o orzamento estimado da actuación nestes 5 quilómetros?

4. Ao respecto do túnel do Milladoiro, as preguntas que son imprescindibles que se respondan para ver si a proposta é ou non factible son:

a. En que se basean par afirmar que o custe do túnel do Milladoiro roldaría os 70 millóns?

b. Teñen algún estudo previo que indique o custe que mencionan de 70 millóns de euros?

c. De haber ese estudo, poderían facilitar copia ao concello para que poidamos consultalo?

d. En canto aos “problemas estruturais” que mencionan dos edificios da rúa Rosalía de Castro, poderían detallar cales son e en que consisten?

e. En base a qué estudo teñen información sobre eses “problemas estruturais” aos que se fai referencia dende a Demarcación de Estradas do Estado de Galicia?

Estas cuestións son imprescindibles porque hai en xogo moitas cuestións que afectarían a persoas físicas, como as expropiacións, e a unha poboación como é oMilladoiro que leva décadas ninguneada.

Por desgraza, xa empeza a ser habitual que o goberno de Ames non estea a altura do que os veciños demandan e para mostra o resultado decepcionante da reunión que o goberno tripartito mantivo cos responsable da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia.

Na reunión/paripé que mantiveron os representantes de ambas administracións, non se aportou nin un só dato, nin se aportou ningunha solución nova, simplemente se recuperan propostas demagóxicas e caducas que xa fixeran os antigos gobernos de Carlos Fernández co resultado que todos coñecemos e se limitan a dicir que o túnel do Milladoiro é caro.

Dende logo, si o goberno non é capaz de obter máis que, nin unha mala palabra pero ningunha boa acción, estamos na situación inicial de afirmar que foi unha reunión/paripe.