Axenda sábado 3 novembro - Teatro, exposicións, copas e tapas


SANTIAGO
Sábado 3
20.30 h
No Salón Teatro, a Companhia de Teatro Braga representa Auto da Barca do Inferno.

EXPOSICIÓNS
Santiago - fotografía de Tono Arias no Centro Sociocultural de Conxo ata o 11 de novembro  +INFO

Ames Novo - Ames Novo propón conxelación de tasas e fraccionamento do pago do IBI

A falta de iniciativa política do PP de Ames fai que as familias paguen máis cara a crise
Ames Novo denuncia a falta de solidariedade do goberno do PP coa cidadanía 

Silleda - xa son 8 os establecementos que ofrecen descontos por medio do Clube de Maiores

Oito establecementos sumáronse xa ao Clube do Centro Social dos Maiores de Silleda ofertando descontos
Os maiores de 65 e pensionistas que teñan o carné do clube obterán rebaixas nas compras en ópticas, ortopedias ou nas consultas sobre nutrición

Ames - Agader concede máis de 35000 euros o concello para o peche do Pazo da Peregrina

O Concello de Ames recibe da Agader máis de 33.955 euros para acometer a mellora do peche do Pazo da Peregrina
Estes traballos permitirán aumentar a protección desta obra arquitectónica situada en Bertamiráns.

Brión - O Valedor do Pobo arquiva de novo as queixas do PP de Brión sobre as preguntas no pleno

O VALEDOR DO POBO VOLVE ARQUIVAR UNHA VEZ MÁIS AS QUEIXAS DO PP SOBRE AS PREGUNTAS EN PLENO
O alcalde recorda que sempre responde ás preguntas da oposición

Silleda - 5 alumnas do programa Aurora conseguiron contrato laboral nas últimas semanas

Cinco alumnas do programa Aurora conseguiron un contrato laboral nas últimas semanas
Varias das alumnas do programa plantéxanse tamén a creación dunha cooperativa de servizos no ambito da atención xerontolóxica

Ames - boa acollida o Roteiro dos petiscos en Bertamiráns

O Concello de Ames destaca a boa acollida e participación de hostaleiros e comerciantes na Festa do comercio e no Roteiro dos petiscos de Bertamiráns

Santiago - apoio do Consello de Relacións Veciñáis a colocación da pista de xeo na Alameda

Apoio unánime do Consello de Relacións Veciñais ao traslado da pista de xeo á Alameda
O Consello de Relacións Veciñais, deu o seu apoio unánime ao traslado da pista de xeo da praza da Quintana á Alameda compostelá.

Ordes - o concello celebrou un ano máis a homenaxe o Soldado Lois

O Concello de Ordes celebra unha misa e ofrenda floral en memoria á figura de Manuel Lois García, o ‘Soldado Lois’ 
O acto principal tivo lugar no cemiterio do Piñeiro e estivo presidido por Manuel Regos e polo Coronel de Infantería de Mariña e Xefe do Tercio Norte Ignacio Yáñez González

Axenda venres 2 novembro - Santiago, Oroso, Brión, Ordes

SANTIAGO
Venres 2
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, sobre asuntos da súa área. 

Ames - aprobada a liquidación orzamentaria do 2011

O Concello de Ames aproba a liquidación orzamentariacorrespondente a 2011

Silleda - se contratan cámaras de vixiancia para o polígono Área33

O Concello de Silleda aproba as bases do proceso de contratación para dotar de cámaras de vixiancia ao polígono Área 33

Ordes - novo curso de manipulador de alimentos e de carretilleiro

O Concello de Ordes celebra un novo curso de manipulador de alimentos e convoca outro de carrertilleiro

Ames - ata o 30 de novembro se poden solicitar axudas para libros de texto e material escolar

Ábrese ata o 30 de novembro o prazo para solicitar axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Ordes - a Cruz Vermella prepara unha noite de Samaín

A ‘Noite do Samaín’ organizada pola Cruz Vermella de Ordes terá lugar o vindeiro sábado na Casa da Cultura

Ames - os alumnos dos obradoiros de galego reciben os seus diplomas

Os 27 alumnos/as do obradoiro de galego reciben os diplomas de fin de curso

Frades - curso de obtención do graduado en ESO

33 VECIÑOS DE FRADES E MESÍA PARTICIPARON NUN CURSO PARA A OBTENCIÓN DO GRADUADO EN ESO

Esquerda Unida Santiago - moción pola despatoloxización da transexualidade


MOCIÓN
DESPATOLOXIZACIÓN DA TRANSEXUALIDADE
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela ten entre as súas prioridades colaborar na
loita por acadar o respeto e recoñecemento á liberdade sexual e afectiva de cada persoa.

Axenda xoves 1 - Santiago, Brión, Oroso


EXPOSICIÓNS
Santiago - fotografía de Tono Arias no Centro Sociocultural de Conxo ata o 11 de novembro  +INFO

Ordes - o BNG propón a redución de tasas ata nun 100% para as familias con menos ingresos

O BNG INICIA A CAMPAÑA “POR UNS IMPOSTOS MUNICIPAIS XUSTOS, A CRISE NON PODE PAGALA O POBO”, COA RECOLLIDA DE SINATURAS PARA MODIFICAR AS ORDENANZAS FISCAIS 

Ordes - a biblioteca decórase para o Samaín

A biblioteca de Ordes exhibe unha nova e terrorífica decoración con motivo da celebración do Samaín

Ames - segue aberto o prazo para o pagamento voluntario do IBI

Segue aberto ata o 30 de novembro o prazovoluntario para o pagamento do imposto sobrebens inmobles

Silleda - convenio con Vila de Cruces para mantemento de viaís

Silleda e Vila de Cruces crean un equipo intermunicipal para a realización de Servizos de Mantemento, arranxo e limpeza de viais

Asociación de Hostelería - contniua o Santiago (e) tapas

MÁIS DE 5.500 PETISCOS CONSUMÍRONSE NOS PRIMEIROS DÍAS DO SANTIAGO(É)TAPAS

Ordes - o concello realiza hoxe a ofrenda floral o Soldado Lois

Ordes celebrará a tradicional misa e ofrenda floral en honor ó ‘Soldado Lois’ hoxe xoves día de Todos os Santos

Ames - limpeza e acondicionamento do paseo fluvial de Bertamiráns

A brigada de xestión dos espazos naturais do Concello de Ames comeza os traballos de acondicionamento e limpeza no paseo fluvial de Bertamiráns

Axenda mércores 31 - Santiago, Brión, Oroso, Ordes,



SANTIAGO
Mércores 31
9.30 h
Pleno extraordinario 
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: aprobación inicial e establecemento de ordenanzas fiscais para o ano 2013.

Brión - o goberno municipal volve a pedir a apertura do tramo que comunica coa estrada de Noia

O CONCELLO DE BRIÓN INSISTE NA NECESIDADE DE QUE A XUNTA ABRA AO TRÁFICO DO TRAMO REMATADO ENTRE 
A ESTRADA DE NOIA E A AG-56 DA VARIANTE DA AC-300

Silleda - o goberno aproba actuacións por máis de 300000 euros

O goberno municipal de Silleda aproba distintas actuacións por valor de 312.000 €
-Entre as inversión destaca a mellora do parque infantil da Bandeira, a do parque da Igrexa de Silleda, a dotación dun elevador para a Casa da Cultura ou a mellora viaria en varios puntos do rural

BNG Ordes - propostas de obras a incluir no POS

O BNG PROPÓN INCLUIR NO POS OBRAS DE MELLORA DE ESTRADAS DE BUSCÁS, PEREIRA E VILAMAIOR.
Esta proposta foi levada polo BNG ao último Pleno e adquiriuse o compromiso por parte da Corporación de convocar unha Comisión de Urbanismo para incluir estas propostas no Plan de Obras e Servizos, que deberá ser aprobado polo Pleno antes do 30 de novembro.

Oroso - a Xunta se compromete o arranxo dos problemas do CEIP de Sigüeiro

A XUNTA COMPROMETE O ARRANXO DOS PROBLEMAS ELÉCTRICOS E DE HUMIDADES NO CEIP DE SIGÜEIRO
O xefe territorial de Educación visitou as instalacións acompañado polo alcalde e o concelleiro de Educación de Oroso, a directora do CEIP e membros do Consello Escolar

Santiago - Mofa e Befa estrean "Románticos" no Principal

Mofa e Befa estrean a súa nova produción, ‘Románticos’, no Teatro Principal
Será dentro do ciclo Teatro&Danza desde hoxe, 31 de outubro , ata o 4 de novembro
As entradas, a 10 euros (6€ no anfiteatro), poden mercarse na billeteira do Teatro Principal que está aberta de martes a sábado+días do evento de 18.00 a 21.00h

Ames - comeza unha nova edición do seminarioa de viticultura

Comeza unha nova edición do seminario de viticultura con 24 alumnos/as
Este seminario impartirase todos os luns entre as 19:00 h. e as 21:00 h. na aula de usos múltiples da Casa da Cultura do Milladoiro. O temario do seminario que organiza a Oficina de Voluntariado de Ames abrangue todos os aspectos referidos ao cultivo e á saúde do viñedo.

Ordes - os alumnos do curso de graduado para adultos recibiron o seu diploma

Máis do 90% dos alumnos de Ordes que fixeron o Curso de Graduado para Adultos reciben o seu diploma acreditativo 
Silvia Marín, destacou “o afán de superación persoal que supón obter este título” e “a importancia de continuar formándose no eido profesional”

Santiago - peche das Xornadas de Música Contemporanea

A Real Filharmonía de Galicia pecha a programación das Xornadas de Música Contemporánea
Será este mércores 31, a partir das 21.00h. no Auditorio de Galicia
Dirixida por Ernest Martínez Izquierdo e co clarinetista Karl Kriikku, interpretan un programa de Ives, Matalon e Saariaho

Silleda - Este mércores comeza no Centro Social dos Maiores o ciclo de alfabetización dixital


Este mércores comeza no Centro Social dos Maiores o ciclo de alfabetización dixital
Tamén impartirse o ciclo de arte terapéutica, incluido tamén no programa Silleda Activa, co que se realizarán creacións para decorar o centro de cara á festa de Samaín do vindeiro sábado día 3

Ames - 30 veciños visitaron a Cidade da Cultura

Un total de 30 amienses visitaron a Cidade da Cultura
A veciñanza amiense puido coñecer o complexo arquitectónico e as exposicións que están abertas ao público neste momento: Gallaecia Pétrea e a mostra que expón os Códices de cinco dioceses galegas xunto co orixinal do Códice Calixtino.

Esquerda Unida Santiago - valoración do pleno de outubro


VALORACIÓN DO PLENO DO 25 DE OUTUBRO DE 2012
Proseguindo co traballo municipal do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, o
seu secretario de comunicación, Vicente Vázquez, acudiu ó Pleno para valorar o que alí se faga
ou diga.

Axenda martes 30 - Santiago, Brión, Ordes, Oroso, Transfusión de Sangue, Exposicións,


SANTIAGO
Martes 30
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marisa del Río, sobre asuntos de carácter local. 

Ordes - noite de Samain no concello

A ‘Noite do Samaín’ organizada pola Cruz Vermella de Ordes terá lugar o vindeiro sábado na Casa da Cultura
Poderán participar rapaces e rapazas de 6 a 12 anos de xeito totalmente gratuito. Haberá circuitos, probas e terroríficas sorpresas 

Ames - aberto o prazo de inscrición para a XIII Carreira Pedestre

O prazo de inscrición para a décimo terceira edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames xa está aberto e rematará o xoves 1 de novembro

Silleda . obradoiros de Samain

A Casa da Xuventude de Silleda acolle obradoiros relacionados co Samaín
Hoxe martes e o mércores, de 17.00 a 19.30 horas os cativos e cativas realizarán traballos creativos que servirán tamén para decorar este centro municipal

Ordes - Felix Vazquez acada o cuarto posto no campeonato de España cadete de taekwondo

O Concello de Ordes felicita a Félix Vázquez polo cuarto puesto no Campionato de España Cadete de Taekwondo

Frades . aberto o prazo de inscrición en 30 actividades de formación e ocio

O CONCELLO DE FRADES ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN EN TRINTA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN E DE OCIO PARA NENOS, MOZOS E ADULTOS
Os cursos comezarán en canto se xunte un grupo mínimo de participantes

Melide - o concello chega un acordo con traballador que sufriu un accidente laboral


O Concello de Melide consegue un acordo de indemnización cun traballador que sufriu un accidente laboral na administración local no mandato da alcaldesa nacionalista Socorro Cea.

Ordes - curso de atención sociosanitaria

ORDES ACOLLE UN CURSO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO DE 100 HORAS DE DURACIÓN NO QUE PARTICIPAN UNHA DUCIA DE VECIÑAS

Esquerda Unida Santiago - preguntas sobre a venda de vivenda pública


Don Xosé Xabier Ron Fernández, con DNI     X, e domicilio a efectos de
comunicación en Santiago (r/ Dublín, 8 baixo, dta. Sede Comarcal de Esquerda Unida),
en calidade de Coordinador Comarcal de Esquerda Unida, e, de acordo co establecido na
lexislación local e no Regulamento de Participación Cidadá solicita do órgano competente
do Concello de Santiago resposta por escrito á seguinte pregunta:
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela sempre defendeu, defende e defenderá
que todas as Administracións Públicas deben colaborar entre si para velar polos dereitos da
cidadanía.

Ames - Máis de 120 nenos e nenas de Ames cantaron e bailaron no Encontro dos Axóuxeres

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu onte pola tarde esta actividade, organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística. A iniciativa acadou un grande éxito de público e os rapaces pasaron un anaco moi entretido cantando e escoitando contos coa familia dos Axóuxeres, formada por Lúa, Antón, Iria, Xan, Pelouro, Moncho e R01.

Ames, 29 de outubro de 2012. O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu onte pola tarde o Encontro dos Axóuxeres. Esta actividade, organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística, tivo un grande éxito de público, xa que máis de 120 nenos e nenas de concello de Ames, entre bebés e rapaces de ata tres anos, cantaron e bailaron cos bonecos dos Axóuxeres. Ata o Pazo da Peregrina achegouse a concelleira de Cultura, María Eugenia Martín, que non quixo perderse esta actividade.

O Encontro celebrado en Bertamiráns, que durou unha hora na que se combinaron música e palabras, tivo como obxectivo promover a transmisión interxeracional da lingua galega e está encadrado no programa Axóuxeres 2012. Os nenos e nenas pasaron un anaco moi entretido cantando e escoitando contos coa familia dos Axóuxeres, formada por Lúa, Antón, Iria, Xan, Pelouro, Moncho e R01.

Os Axóuxeres é un programa organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, que nesta ocasión contou coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames, e co que se quere axudar os pais e nais a manter a cadea de transmisión da lingua galega, ofrecéndolles espazos de lecer para a familia na nosa lingua e ferramentas para aprender, cantar e xogar en galego cos fillos. Os Encontros dos Axóuxeres é un espectáculo para os cativos e para toda a familia. Axóuxeres é a primeira viaxe polas palabras para os máis pequenos da casa.

A nova edición dos Axóuxeres inclúe, ademais dos encontros teatrais, unha serie de televisión, 20 sesións de cinema interactivo para cativos de tres a seis anos e xogos e cancións para descargar ao ordenador, tableta ou teléfono móbil. Deste xeito, os nenos e nenas galegas poden gozar das peripecias dos Axóuxeres dende as súas casas, no espazo televisivo do mesmo nome que se emite no Xabarín Club dende o luns 22 de outubro. En cada episodio, a divertida familia de xoguete enredará cos nenos para que o pasen moi ben e, ao mesmo tempo, vaian aprendendo a falar. Os 39 capítulos de nove minutos poderanse ver na segunda canle da televisión pública de Galicia de luns a venres á mañá, ao mediodía e pola tarde.

Santiago - Xornadas de Música Contemporánea

Ensemble s21 e Ton Risco&Jacobo de Miguel na xornada de Música Conbtemporánea
Ás 20.00h poderemos escoitar na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, a Ensemble s21 co programa ‘Europa Leste-Europa Oeste: Wladimir Rosinskij’
E xa ás 22.30h será a cita con Ton Risco e Jacobo de Miguel que presentan ‘Dúo’ no Centro Galego de Arte Contemporánea

Axenda luns 29 - Santiago, Ordes, Brión, Oroso, Transfusión de Sangue

SANTIAGO
Luns 29
10.00 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe a Asociación de Veciños Ruta Xacobea.

Ames - éxito de participación na III Andaina pola ruta de Riamontes

Un numeroso grupo de amienses participaron este domingo na III Andaina Concello de Ames pola ruta de Riamontes
O sol e o bo tempo acompañaron aos amienses que participaron este domingo na III Andaina Concello de Ames pola ruta de Riamontes, que estivo organizada pola concellaría de Medio Ambiente, a través da Aula da Natureza.

Oroso - José Lagares expón en Sigüeiro Foto_Gastro_Manía

O BRIGANTINO JOSÉ LAGARES OROSO EXPÓN A SÚA COLECCIÓN “FOTO_GASTRO_MANÍA” NO CENTRO CULTURAL DE SIGÜEIRO ATA O 15 DE NOVEMBRO

Santiago - Mofa e Befa estrean Románticos este mércores no Principal

Mofa e Befa estrean a súa nova produción, ‘Románticos’, no Teatro Principal
Será dentro do ciclo Teatro&Danza do 31 de outubro ao 4 de novembro
As entradas, a 10 euros (6€ no anfiteatro), poden mercarse na billeteira do Teatro Principal que está aberta de martes a sábado+días do evento de 18.00 a 21.00h

Axenda Domingo 28 - Santiago, tráfico, Brión,

SANTIAGO
Domingo 28
11.30 h
En Xoán XXIII, o alcalde compostelán, Ángel Currás, dá o pistoletazo de saída á Carreira Popular Pedestre de escolares. Ás 12.30 h, na praza do Obradoiro, participa na entrega de premios e ás 13.30 h, na Casa do Concello, recepción aos membros da organización e autoridades. 

BNG Ordes - o BNG denuncia que nunha escombreira atopouse documentación do concello

O BNG DENUNCIA A EXISTENCIA DUNHA ESCOMBREIRA CON DOCUMENTACIÓN DO CONCELLO DE ORDES 

Oroso - Mirás anuncia 2 pista de tenis e un mini campo de fútbol

MANUEL MIRÁS ANUNCIA A PRÓXIMA CONSTRUCIÓN DE DÚAS PISTAS DE TENIS NO PASEO CARBOEIRO E DUN MINICAMPO DE FÚTBOL EN SIGÜEIRO EN DOUS ANOS

Teo - preparando o San Martiño

A TRADICIÓN E O ENTORNO MÁIS PRÓXIMO CENTRAN AS ACTIVIDADES PREVIAS Á FEIRA DO SAN MARTIÑO
Ignacio Iglesias, Anxo Rei e Carme Hermida preparan unha programación moi completa que comeza ó sábado 3 de novembro

Silleda - presentación Silleda Solidaria

O Concello pon en marcha o programa Silleda Solidaria, unha rede de axuda para as familias necesitadas do municipio
Esta rede interconectará aos Servizos Sociais, que supervisan o proxecto, coas asociacións silledenses

Brión - inaguración da exposición "Matinando"


A SALA DE EXPOSICIÓNS DE BRIÓN ACOLLE ATA O 14 DE NOVEMBRO A EXPOSICIÓN “MATINANDO”, DE ONCE ARTISTAS DA ASOCIACIÓN GALEGA DE ARTE E CULTURA