Xenaro Martínez expón en Ordes

Ordes, 11/6/2016 -  Onte venres inaugurouse, no Museo do Traxe de Ordes, unha mostra do fotógrafo Xenaro Martínez Castro comisariada polo seu fillo, tamén fotógrafo, Pedro Martínez

Nova reunión da Mesa para a Erradicación da Violencia de Xénero de Silleda

Silleda, 11/6/2016 - A Mesa para a Erradicación da Violencia de Xénero do Concello de Silleda, creada a principios de 2009, celebrou one un novo encontro con varios puntos na orde do día. 

XII Feira do Comercio Val da Maía toda a fin de semana en Bertamiráns

Ames, 11/6/2016 - Este venres pola tarde, ás 18:00 horas, abríronse as portas da XII Feira do Comercio Val da Maía. Este ano uns 30 comercios, empresas e profesionais ofrecen os seus produtos e servizos con grandes descontos. Como novidade hai un espazo dedicado ao motor no que se expoñen vehículos de segunda man que están á venda. Ademais, cóntase cun programa de actividades alternativas.

Avances en matemática aplicada á industria nun encontro internacional na USC

Santiago, 11/6/2016 - A Universidade de Santiago será a vindeira semana a sede dun encontro internacional no que destacadas figuras do eido dos negocios, a ciencia e a academia se reunirán para promover o uso das matemáticas innovadoras na industria. Trátase de que a industria formule retos a problemas ou expectativas ás que os matemáticos lles poden dar resposta.

Chega este sábado a Compostela a iniciativa Street Tenis

Santiago, 11/6/2016 - A iniciativa ‘Street tenis, ninguén sen tenis’, promovida polas fundacións Juan Carlos Ferrero e Deporte Joven-CSD coa colaboración da Fundación USC Deportiva, chegará a Santiago, por primeira vez en Galicia, este sábado 11. Trátase dunha actividade gratuíta dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos que terá lugar ao aire libre na Praza da Quintana de 17.00 a 20.00 horas.

Frades celebrará hoxe o Día do Deporte no polideportivo de Ponte Carreira

Frades, 11/6/2016 - O Concello de Frades celebrará o Día do Deporte mañá sábado 11 de xuño, de 16:00 a 20:00 horas, no polideportivo de Ponte Carreira. Un acto que comezará ás 16:00 horas cuns xogos tradicionais para todas as idades, que ás 18:00 horas darán paso á clausura das escolas deportivas municipais.

A asociación A.D. CERNE presenta a IV edición da media maratón Os 21 do Camiño

Melide, 11/6/2016 - O rexedor palense, Pablo Taboada e a alcaldesa de Melide, Dalia García, presentaron xunto co Presidente da Asociación A.D. Cerne e membros da directiva a IV edición da Media – Maratón os 21 do Camiño que terá lugar o próximo día 25. 

A fase rexional do Campionato Galego de Patinaxe Artística hoxe no Milladoiro

Ames, 11/6/2016 - Hoxe 17 rapazas e rapaces de Ames competirán na categoría rexional do Campionato Galego de Patinaxe Artística. O evento desenvolverase no Pavillón do Milladoiro entre as 10:00 e as 14:00 e a partir das 17:00 horas. Esta ase conta coa participación de 79 patinadores e patinadoras de categorías dende a benxamín até a absoluta.

Ames adxudica o servizo de cafetería da Casa da Cultura do Milladoiro

Ames, 10/6/2016 - A Xunta de Goberno Local acaba de adxudicar o servizo de cafetería da Casa da Cultura do Milladoiro a José Luis Vázquez Cabanelas. A duración inicial do contrato será de dous anos a contar dende o momento da súa sinatura, podendo prorrogarse anualmente de maneira expresa ata un máximo de dúas prorrogas, polo que a duración máxima será de catro anos (período inicial e prorrogas).

Lindeiros.es: A ANPA Ágora, do IES Milladoiro, pide ao concello visión de futuro sobre as prazas educativas

Ames, 10/6/2016 O 3 de xullo de 2015, fai case un ano, a recentemente creada asociación de nais e pais do IES do Milladoiro, anpa Ágora, e o novo Alcalde, José Miñones, mantiveron unha xuntanza na que a asociación anpa ágora presentou un documento de necesidades educativas para o IES do Milladoiro.

A Cámara de Santiago reclama ás forzas políticas pactos que garantan a estabilidade

nota de prensa
Santiago de Compostela, 10/6/2016 - Ante as vindeiras eleccións xerais do 26 de xuño e despois de que as principais forzas políticas non alcanzaran un acordo para formar goberno tralos comicios do pasado 20 de decembro, a Cámara de Comercio de Santiago, en liña co comunicado do comité executivo da Cámara de España, solicita un debate inmediato e efectivo entre os diferentes partidos políticos.

AGEe insta á Comisión Europea para que se pronuncie sobre a mina de San Finx, en Lousame

Lousame, 10/6/2016 - Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), ven de rexistrar dúas preguntas por escrito á Comisión Europea para que se pronuncie sobre a situación na que se atopa o proxecto mineiro de San Finx, no concello coruñés de Lousame, situado na comarca de Noia.

O churrasco con patacas fritas desbanca á pizza

Ames, 9/6/2016 - Este ano houbo novidades e os rapaces e rapazas que comen na rede municipal de comedores escolares decantáronse polo churrasco con patacas fritas e polo xeado de xeo.

O PXOM de Ordes rexistra máis de 600 alegacións

Ordes, 10/6/2016 - Un total de 639 alegacións foron as que se presentaron ao Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ordes, cuxa aprobación inicial se acordou no pleno do pasado mes de marzo.

Frades solicita a Deputación o arranxo das beirarrúas entre o colexio e Ponte Carreira

Frades, 10/6/2016 -  O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, reuníuse co presidente da Deputación Provincial da Coruña, Valentín González Formoso, para solicitarlle a súa colaboración no arranxo das beirarrúas que unen Ponte Carreira co colexio, na estrada CP-3082 Ordes-Ponte Carreira.

As familias con escasos recursos disporán dun bono para ás piscinas exteriores de Lalín

Lalín, 10/6/2016 - As familias con escasos recursos do concello de Lalín poderán acceder de balde durante o próximo verán ás piscinas exteriores, tal e como estaba previsto en virtude dos cambios aprobados na nova ordenanza fiscal, no apartado de actividades deportivas.

Teño un museo, a campaña para captar socios do Museo do Pobo Galego

Santiago, 10/6/2016 - Son os Rothschild, os Guggenheim ou os Thyssen as únicas persoas que poden posuír un Museo? Pois parece que non. Os socios e socias do Museo do Pobo Galego tamén posúen unha entidade museística. E nolo queren facer saber a través da campaña Teño un museo.

Novos obradoiros do Museo de Historia Natural para familias e nenos e nenas

Santiago, 10/6/2016 - O Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago ten organizadas novas propostas de obradoiros para as fins de semana destes meses de xuño e xullo.

A piscina municipal do Muíño, en Ordes, adianta a súa apertura ao 18 de xuño

Ordes 9 xuño 2016. O vindeiro 18 de xuño a piscina municipal exterior do Muíño abrirá as súas portas e pechará o 11 de setembro. Desta maneira adiantarase o inicio de tempada con respecto a anos anteriores. 

Innovación e ‘coaching’ educativo na Universidade de Verán da USC

 Santiago, 10/6/2016 - A Facultade de Ciencias da Educación de Santiago acollerá os días 19 e 20 de xullo as ‘III Xornadas de verán de ‘coaching’ educativo: A innovación desde a ecola’, un foro incluído na programación da Universidade de Verán 2016 que está dirixido pola profesora Beatriz García Antelo e Nelly Rey Rey, de Identia Coaching e Formación.

Vista Alegre acolle esta fin de semana o XI Torneo Fútbol 8 S.D. Club Órdenes

 Ordes, 10/06/2016 -  Esta fin de semana, 11 e 12 de xuño, terá lugar o XI Torneo Fútbol 8 S.D. Club Órdenes no campo municipal de Vista Alegre.

“Encontro de Saberes e Sabores” este domingo en Toxosoutos (Lousame)

Lousame, 10/6/2016 - O Concello de Lousame e a Asociación Máisdetres están a ultimar os últimos detalles do “Encontro de saberes e sabores”, que este domingo 12 de xuño reunirá a máis de corenta postos de artesanía e almientos na contorna do mosteiro de San Xusto de Toxosoutos.

María do Ceo mañá sábado na Casa da Cultura de Lousame

 Lousame, 10/6/2016 - María do Ceo, cantante de fado e compositora portuguesa afincada en Galicia, presentará o seu novo disco, “De Portugal a Galicia”, este sábado 11 de xuño, ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Lousame.

O Mercado do Alimento Labrego de Teo celebra o cuarto aniversario

Teo, 10/6/2016 - O Mercado do Alimento Labrego de Teo celebra este sábado 11 de xuño o seu cuarto aniversario cunha programación especial.

Xosé A. Touriñán protagoniza ‘Monólogo do Imbécil’

Santiago de Compostela, 10/6/2016 - eme2 Teatro presenta a partir de hoxe en Compostela o ‘Monólogo do Imbécil’, protagonizado por Xosé A. Touriñán. Premio Max de Teatro 2003 ao mellor texto en lingua galega está escrito e dirixido por Jose Prieto.

Festas en Guindibó, Ordes, na honra a Santo Antonio

Ordes, 10/6/2016 - Mañá sábado, 11 de xuño, os veciños e veciñas de Guindibó, na parroquia ordense de Santa Cruz de Montaos, celebrarán a súa festa na honra a Santo Antonio.

Silleda presentará un contencioso administrativo contra a Dirección Xeral de Administración Local

Silleda, 9/6/2016 - Despois de ter que anular o pleno de elección de mesas electorais por dúbidas sobrevidas á Dirección Xeral da Administración Local sobre o estatus do posto de secretario de Silleda, e tras varias reunións tanto persoais como telefónicas co Director Xeral, e amparando os intereses do concello que se están vendo gravemente prexudicados, a entidade local non ve outra solución ca de presentar un contencioso administrativo fronte ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Arzúa emprende unha campaña de dinamización das feiras tradicionais

Arzúa, 9/6/2016 - O Concello de Arzúa vai poñer en marcha un plan de promoción e dinamización das feiras quincenais dos días oito e vinte e dous. O proxecto, que leva por nome ‘Vén ás feiras do 8 e 22’, dará comezo na segunda feira do mes de xuño coa realización de actividades de animación e coa defusión a través de diversos medios publicitarios co fin de reactivar estes mercados tradicionais e impulsar a economía local.

Cidadáns Ames pide que se arranxen 150 sinais de tráfico

Ames, 9/6/2016 - O voceiro de Cidadáns no Concello de Ames, Javier López, acaba de presentar un escrito dirixido ao Goberno municipal para que “proceda a arranxar o máis axiña posible todas e cada unha das case 150 deficiencias recollidas durante a campaña ‘Apadriña un sinal’ da Oficina de Atención ao Cidadán”.

A XII Feira do Comercio Val da Maía celébrase os días 10, 11 e 12 de xuño

Ames, 9/6/2016.- Durante esta fin de semana celebrarase unha nova edición da Feira do Comercio Val da Maía no que máis de 30 establecementos comerciais ofrecerán os seus produtos con grandes descontos. O venres 10 de xuño, ás 18:00 horas, abriranse as portas da que xa é a décimo segunda edición desta iniciativa comercial.

O IV Encontro Mocidade Investigadora celebrarase hoxe e mañá en Ciencias da Comunicación

Santiago, 9/6/2016 - Preto de 300 asistentes e semellante número de comunicacións orais e pósteres son as cifras máis significativas do IV Encontro Mocidade Investigadora que se celebrará hoxe xoves 9 e o venres 10 na Facultade de Ciencias da Comunicación.

O Foro Cívico Empresarial rexeita a estación defendida polas Administracións Públicas

Santiago de Compostella, 9/6/2016 - 2016 O Foro Cívico Empresarial reuniuse onte martes para debater as últimas cuestións relativas á futura estación intermodal de Santiago de Compostela.

A Plataforma de Emigrantes Retornados convoca unha manifestación este venres en Compostela

Santiago - 9/6/2016 - A Plataforma de Emigrantes Retornados da comarca de Compostela participa na manifestación convocada para este venres 10 de xuño con saída ás 12:00 da praza do Obradoiro, que rematará cunha concentración diante do Parlamento galego.

O Grupo municipal de teatro de Ames estrea este venres “As suplicantes”

Ames, 9/6/2016 - - Este venres 10 de xuño, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro o Grupo municipal de teatro de Ames estrea a obra “As suplicantes”. Trátase dunha adaptación realizada pola súa directora, Mónica Caamaño, baseada na obra do dramaturgo grego Esquilo. O drama conta a historia dun grupo de mulleres que piden asilo á cidade de Argos ante as amezas de matrimonios forzosos que as perseguen. A entrada ao espectáculo é libre e gratuíto.

XII Campus de Verán do Santiago Futsal

Santiago, 9/6/2016 - Santiago Futsal pon en marcha o prazo de inscrición no Campus de Verán. Esta XII edición inclúe varias novidades, entre a que destacan o servizo de gardería e o intercambio de actividades co campus do Real Aeroclub de Santiago de Compostela.

Diverteo celebrarase por primeira vez para agosto

Teo, 9/6/2016 - O Concello de Teo convoca, por primeira vez para un mes de agosto, o seu programa de conciliación laboral e familiar DiverTeo. Desenvolverase en dúas quendas, do 1 ao 12 de agosto e do 16 ao 31 de agosto, nas instalacións do CEIP da Ramallosa. Os participantes que accedan a este servizo tiveron que ter un mes sen asistir a DiverTeo durante o curso 2015/2016.

Lalín acolle a segunda edición da Romaría Celtista

Lalín, 9/6/2016 - No 2.015 comeza a camiñar a Romaría Celtista en Compostela de man da Peña Celtista Merlegos Celestes, onde varios centos de celtistas se deron cita no Campo da Almáciga en Santiago de Compostela. Nesta segunda edición a Peña Celtista Siareiros Dezaos , toma o relevo de este evento que pretende ser unha Romaría itinerante organizada polas diferentes peñas do R.C Celta Vigo, nesta ocasión se vai a celebrar no interior do noso país, na vila de Lalín, donde se pretende facer unha xornada para o recordo, na que os celtistas gocen dun día lúdico e festivo.

Leila Nachawati presenta na Fundación Araguaney “Cuando la revolución termine”, centrada no conflicto sirio

A Fundación Araguaney-Ponte de Culturas (Hotel Eurostars Araguaney, rúa Alfredo Brañas, 5) acollerá hoxe xoves, día 9, a presentación do libro "Cando a revolución termine" (Edicións Turpial, 2016), a primeira novela da xornalista Leila Nachawati Rego.

O alcalde Manuel Cuíña visita a Mariano Vázquez, centenario de Silleda

 Silleda, 9/6/2016 - O alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, e a concelleira de Benestar e Igualdade, Pili Peón, visitaron onte a Mariano Vázquez, outro dos avós centenarios dos 9 cos que conta actualmente o municipio trasdezá, que cumpría 101 anos.

Este sábado chega a Compostela a iniciativa Street Tenis

 Santiago 9/6/2016 -  A iniciativa ‘Street tenis, ninguén sen tenis’, promovida polas fundacións Juan Carlos Ferrero e Deporte Joven-CSD coa colaboración da Fundación USC Deportiva, chegará a Santiago, por primeira vez en Galicia, este sábado 11.

Meniños da gardería da Ulloa, en Oroso, reciben Educación Viaria


 8 de xuño de 2016.- Un total de 22 nenos e nenas da escola infantil municipal “A Ulloa”, de idades comprendidas entre os 2 e os 3 anos, participaron na sesión final do Programa de Educación Viaria, posto en marcha polo Concello de Oroso.
Unha xornada final que foi impartida pola educadora familiar do Concello de Oroso, María José Mosquera.

400 participantes no XVI Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala Base 2016

 Frades 9/6/2016  Uns catrocentos nenos e nenas participaron na fase final do XVI Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala Base 2016, celebrado no pavillón polideportivo do Concello de Frades durante a pasada fin de semana.

Os encontros cos veciños de Silleda retomaranse tralas eleccións


Silleda 9/6/2016 A rolda de visitas ás parroquias, que o goberno trasdezá viña mantendo nas últimas semanas co fin de comentar os avances nos distintos proxectos que se están levando a cabo no concello, así como recoller as demandas veciñais dos distintos lugares, quedaron aprazadas desde este onte.

A Ponte Maceira vivirá o 17 a segunda Noite en Vela

No 2015 o concello de Negreira organizaba a primeira Noite en Vela na Ponte Maceira no mes de agosto.

O BNG da Estrada denuncia que unhas isletas provocan o caos entre os condutores

8/6/2016 - As novas isletas da N-640 para incorporarse á Avenida Benito Vigo desde a nova rúa aberta na Baiuca crean o caos e o desconcerto entre os veciños e veciñas da Estrada.

Brión organiza acampadas familiares, infantís e xuvenís na parroquia de Ons

8/6/2016 - O Concello de Brión vén de presentar unha novidosa oferta de ocio para os meses de verán: tres acampadas de fin de semana con actividades náuticas e de tempo libre na área de piragüismo da parroquia de Ons.

Negreira agradece a Deputación o esforzo económico

8/6/2016 - O Goberno Municipal do Concello de Negreira quere amosar públicamente o seu agradecemento á Deputación da Coruña polo esforzo económico que está a facer cara o noso Concello. Dito esforzo visualizase en achegas e subvencións que están facilitando a xestión local.

A USC aproba a Oferta Pública de Emprego de Persoal de Administración e Servizos para 2016

8/6/2016 - A Oferta Pública de Emprego do Persoal de Administración e Servizos da USC correspondente a 2016 contempla un total de 30 prazas, dez de funcionarios/as e as restantes como persoal laboral.

Santiago cumpre os requisitos legais na liquidación orzamentaria do 2015

8/6/2016 - A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, presentou o resultado da liquidación do exercicio orzamentario de 2015, que reflicte que o Concello cumpre con todos os indicadores económicos e parámetros legais que se avalían na liquidación.

Silleda promove o comercio local

8/6/2016 - Dende o Concello de Silleda preténdese a programación de actividades e iniciativas de promoción do comercio local. No marco destas actuacións, as Concellerías de Comercio e Normalización Lingüística únense para propoñer aos comerciantes do sector téxtil e calzado, unha iniciativa que se levará a cabo durante a campaña de rebaixas de verán do presente ano.

10 medallas para o MillaRaio nunha intensa fin de semana

8/6/2016 - Este pasado fin de semana o Club Atletismo MillaRaio desdobrábase para acudir ao Campionato Galego Individual Cadete de Ferrol, e ó primeiro Campionato de España Individual Infantil.

12 establecementos participan no IV concurso de petiscos Tap Teo

8/6/2016 - Doce establecementos hostaleiros participarán na cuarta edición do concurso de petiscos TapTeo, que se celebra desde este venres 10 ata o domingo 19 de xuño. O horario do servizo de tapas será de 13:00 a 15:00 horas e de 20:30 a 23:00 horas. Estableceuse un prezo de dous euros por petisco. 

Este venres volven as "Regueifas da ciencia"

8/6/2016 - Logo do éxito da primeira regueifa de Ciencia en abril sobre a cuestión dos transxénicos, este venres 10 volve outra sobre a conveniencia ou non de cambiar o noso fuso horario. Dous partidarios e dous detractores do cambio argumentarán as súas posturas nunha sesión que comezará ás 20.00 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación.

O alumnado de Ames vota polo menú de fin curso

8/6/2016 - Esta semana celébranse no Concello de Ames unhas eleccións moi curiosas. O alumnado amesá adiantouse ás eleccións xerais do próximo 26 de xuño e dispuxo de todo o necesario para celebrar os comicios: urnas, papeletas, listas e, por suposto, electores e electoras. A única diferenza con respecto a unhas eleccións convencionais é que neste caso os candidatos non fixeron campaña nin tampouco deron mitins. A concellaría de Educación dálles a posibilidade a todos os nenos e nenas que comen na Rede Municipal de Comedores Escolares de que elixan o menú de fin de curso.