Axenda e tempo do sábado 22 de novembro - Teatro, música, cine, talleres, ciencia, exposicións

Santiago - Pub Ultramarinos - Vozes contra a violencia

Santiago - Sala Vidal Bolaño - Bocaberta presenta Express

Brión - Teatro do Morcego - Misterio Cómico

Vedra - Actividades da semana da ciencia

Santiago - Capitol - Elefantes

Santiago - Área Central - contacontos en lingua de signos

Santiago - Museo das Peregrinacións - talleres para nenos 

Ames - conmemoración de Santa Incia

Santiago - Cineuropa


Exposicións

Santiago - Araguaney - Pintojos II (ata o 7 de decembro)

Oroso - Fotografías de Loli Fernández (Lindeiros) (ata o 30 de novembro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Barriga Verde, de feira en feira (ata o 11 de xaneiro)

Santiago - Fundación Granell - A Illa de Granellandia (ata o 23 de novembro)

Santiago - Bus Station Space - Imaxinar que soño (ata o 4 de nadal)

Santiago - Fonseca - “Diversa. Arqueoloxía dende o Incipit alén Europa” (ata o 29 de novembro)

Santiago - Zona C - Ukelele Project (ata o 5 de nadal)

Santiago - Auditorio de Galicia - Xulio Maside (ata xaneiro 2015)

O Tempo

Santiago - Paulo Branco recibe en Compostela o premio Cineuropa

Entrégallo hoxe sábado ás 20.30h no Teatro Principal a concelleira de Cultura

· No acto, poderemos ver o seu filme ‘The Casanova Variations’, dirixido po Michael Sturminger e protagonizado por John Malkovich

O acontecemento do día na xornada do sábado 22 é a entrega do Premio Cineuropa ao prolífico e activo produtor portugués Paulo Branco de mans da concelleira de Cultura, María Antón. Tras a cerimonia, celebrada no Teatro Principal ás 20:30 h, proxectarase The Casanova variations, unha das súas últimas producións. A película de Michael Sturminger combina ópera e teatro de vodevil, con John Malkovich interpretando ao mítico sedutor.

Pero tamén hai máis estreas, varias e ansiadas estreas. A primeira delas, Deux jours, une nuit, o último dos irmáns Dardenne, é cine comprometido e directo. Necesario. A película, protagonizada por Marion Cotillard, exhibirase no Teatro Principal ás 17:15 h. A continuación, no mesmo Principal pero ás 19:00 h, o actor e cineasta Mathieu Amalric introduciranos en O cuarto azul, un apaixonado e apaixoante relato de intriga baseado nunha das máis célebres novelas de Georges Simenon, e que triunfou no Un Certain Regard, do último Cannes. Ás 23:30 no mesmo Principal pasarase por segunda vez Cold in July, do estadounidense Jim Mickle.

As estreas do día continuarán no Salón Teatro, coa exhibición, ás 22:30 h, da etíope Difret, un drama social que narra a situación das mozas etíopes. Trátase dunha película sinxela pero de grande honestidade galardoada á mellor película na pasada edición do festival de Sundance. Por último, ás 00:15, tocaralle a quenda no mesmo teatro, a The last days on Mars, unha mestura de ciencia ficción e terror. Digna ópera prima do director Ruari Robinson.

Pola tarde poderase asistir de forma gratuíta aos pases de Kundskabens træ (Tree of knowledge) e Århus by night, que se exhibirán en sesión continua, ás 17:30 h a primeira, e ás 20:00 h, a segunda. Ambas as dúas contarán coa presenza do seu director, o cineasta danés e Premio Cineuropa, Nils Malmros, que pasará a semana en Compostela disposto a dialogar cos espectadores.

No CGAC compartirán carteleira as seccións Panorama audiovisual galego, Disidencias e Cinefilias. A sesión comezará coas Videocreaciones da galega Olalla Castro (17:00 h); continuará coa proxección, ás 18:30 h, do premiado documental sobre a paramiloidosis A história de um erro; e finalizará coa exhibición da montaxe do director de True Romance (20:15 h), realizada en 1993 polo recentemente desaparecido Tony Scott.

Por último, Afundación dedicará a súa programación íntegra ao ciclo dedicado ao Novo Hollywood, comezando co pase matinal de The day of the locust (12:00 h), e continuando xa pola tarde con Melvin and Howard (16:00 h), Black Sunday (17:45) e Southern Comfort, La presa (ás 20:15 h).

XXVIII edición de Cineuropa
TEATRO PRINCIPAL
17:15 DEUX JOURS, UNE NUIT (DOS DÍAS, UNA NOCHE) Jean-Pierre Dardenne, Luc Dardenne
19:00 LA CHAMBRE BLEUE (LA HABITACIÓN AZUL) Mathieu Amalric
20:30 PREMIO CINEUROPA: PAULO BRANCO
THE CASANOVA VARIATIONS Michael Sturminger
23:30 COLD IN JULY (FRÍO EN JULIO) Jim Mickle
SALÓN TEATRO
17:30 KUNDSKABENS TRÆ (TREE OF KNOWLEDGE) Nils Malmros
DEBATE CO SEU DIRECTOR, NILS MALMROS
20:00 ÅRHUS BY NIGHT Nils Malmros
DEBATE CO SEU DIRECTOR, NILS MALMROS
22:30 DIFRET Zeresenay Mehari
00:15 THE LAST DAYS ON MARS (LOS ÚLTIMOS DÍAS EN MARTE)
Ruairi Robinson
CGAC
17:00 VIDEOCREACIÓNS Olalla Castro
18:30 A HISTÓRIA DE UM ERRO Joana Barros
20:15 TRUE ROMANCE. DIRECTOR’S CUT (AMOR A QUEMARROPA. MONTAJE DEL DIRECTOR) Tony Scott
CENTRO CULTURAL AFUNDACIÓN
12:00 THE DAY OF THE LOCUST (COMO PLAGA DE LANGOSTA) John Schlesinger
16:00 MELVIN AND HOWARD Jonathan Demme
17:45 BLACK SUNDAY (DOMINGO NEGRO) John Frankenheimer
20:15 SOUTHERN COMFORT (LA PRESA) Walter Hill

Santiago - Elefantes no Compostela Rock

Elefantes presenta o seu novo traballo ‘El Rinoceronte’ este sábado dentro do Compostela Rock

Tras coñecer o pasado mes de outubro a boa noticia do seu regreso aos escenarios despois de oito anos, Elefantes presentará o seu álbum, ‘El rinoceronte’, en Galicia. Será hoxe sábado 22 ás 21.30h na Sala Capitol e dentro do ciclo Compostela Rock. As entradas para este concerto poden mercarse na billeteira do Teatro Principal, aberta de 15.30 a 22.00h, en Ticketea ou en A Reixa Tenda a un prezo de 14 euros anticipada e 18 euros o propio día do concerto. O disco ten unha rica densidade que desliga a Elefantes do Pop máis lixeiro de outrora. O regreso da banda de pop formada en Barcelona, é sen dúbida un dos regresos máis soados no último ano. Esta volta ten as expectativas ben altas cunha xira onde colgaron o cartel de entradas esgotadas en varias das súas actuacións.

Elefantes é un grupo español de música Rock que se mantivo en activo de 1994 a 2006 e novamente a partir de 2013. Caracterizásense por unha cantidade considerable de presentacións en vivo, e actos benéficos. Elefantes plantou a súa semente en 1994 con Shuarma e Jordi. Só faltaba atopar guitarrista, baixista e un nome. Tentaban en balde completar a formación. Ensaiaban sós e gravaban maquetas caseiras. Neses días a Shuarma ocorréuselle o nome do grupo: "ELEFANTES" "Por que?" "Penso en por que estamos a facer todo isto. Penso na necesidade vital de facer cancións. Noutras culturas asóciase ao elefante con todo o relacionado coa alma, un animal sacro, así que Elefantes será iso. Un grupo con alma".

Logo veu Gelo. Un baixista co cal puideron empezar a traballar como trío. Antes de que Gelo se fose, prestouse a gravar o que sería a primeira maqueta de estudo de Elefantes. Gravaron nun día 6 cancións: "No hay", "Para nada", "Las flores del mal", "Intro", "Duérmete" e "La muerte". Hugo coñeceu a Julio e a personalidade de Julio supliu nun principio as primeiras dificultades e case sen ter consciencia diso, por fin Elefantes era un grupo de verdade.

O primeiro concerto tivo lugar o 13 de outubro de 1995, na sala Aspid de Barcelona. Eran tantas as ganas de tocar en directo que non importaba o diñeiro, nin o lugar nin as condicións técnicas nin físicas. Tanto foi así que nesa época púidose a ver a Elefantes tocando nos sitios máis insospeitados como bares de copas, festas privadas, cárceres ou clubs de alterne. "Concertos acústicos ou non. Media hora ou dous pases de hora e media. Versións de todo tipo, improvisacións suicidas, tocar, tocar, tocar". Despois dunha segunda maqueta con temas como "Pretendes", "¿Dónde estoy?", "El Payaso", "Ves luz" ou "Tu vida", co diñeiro aforrado das actuacións o grupo decidiu financiarse un EP.

Grazas á maxia de Cece Giannotti o disco puido mesturarse en Boston conseguindo un son que superaba as expectativas do grupo. As críticas definiron Elefantes como un grupo de Pop-Rock moi elegante e oxixenado, con boas composicións, textos intelixentes e imaxe moi glamourosa. A produción de Giannotti foi fundamental para un grupo con moi pouca experiencia en estudo, pero con moitas ganas de explorar as posibilidades que ofrece unha gravación. O paso do tempo ofrece unha visión deste disco como un bo reflexo do carácter do grupo nesa época. "Elefantes" é un primeiro paso cara a algo máis.

Plataforma Preferentes - Mobilizacións contra a Lei Mordaza

A Coordinadora Galega de Plataformas de Afectados por Preferentes fai un chamamento á participación nas mobilizacións do 23 de novembro da Alianza Social Galega contra a LEI MORDAZA

A Coordinadora Galega de Afectados por Preferentes e Subordinadas fai un chamamento á participación do todos os afectados e afectadas organizados nas Plataformas locais nas manifestacións convocadas pola Alianza Social Galega (ASOGA), que se van celebrar o vindeiro domingo 23 de novembro, a partir das 11:30 h., en rexeitamento da reforma da Lei de Seguridade Cidadá que pretende o Goberno do Partido Popular (Lei Mordaza).

Queremos destacar que:

· Con estas reformas normativas tipificaríanse como delito accións e mobilizacións como as que levamos a cabo as plataformas de afectad@s durante estes últimos tres anos.

· A contía das 47 multas e sanción que foron impostas a vari@s compañeir@s durante as mobilizacións, sempre pacíficas, serían aínda máis inxustas e desproporcionadas.

· O aumento das infraccións (a listaxe pasa de 30 a 57 e créanse 36 novos tipos) e a contía das sancións, que serán inmediatamente executivas e se fixarán sen ter en conta o patrimonio das persoas afectadas, elevaranse a 1000 € as leves, 30.000 € as graves e 600.000 € as moi graves.

Todo isto podería levar a que as multas impostas por mobilizarse na xusta reivindicación da recuperación dos nosos aforros estafados superara, en moitos casos, a contía destes: toda unha estratexia de represión, amedrentamento e criminalización destinada a converter os conflitos sociais en problemas de orde pública, ao servizo dos estafadores (que de momento, seguen impunes) e dos gobernos que os amparan.

Representantes das plataformas de afectados polas participacións preferentes de Baixo Miño, Redondela, Pontevedra, Marín, Salnés, Lugo e Compostela concentráronse o pasado xoves día 20 ante a sede dos xulgados do Contencioso Administrativo de Pontevedra para reclamar a retirada das multas a 23 membros deste colectivo. O importe total destas sancións elévase ata os 23.000 euros, dos que 17.000 xa tiveron que ser aboados para poder acudir a xuízo, unha vez esgotada a vía administrativa.

Consideramos que o obxectivo desta reforma é reprimir e criminalizar movementos sociais como o noso (algo que xa se encargaron de facer incluso sen esta reforma as administracións e gobernos do Partido Popular).

No caso de aprobarse a “Lei Mordaza”, as consecuencias para colectivos como o de afectad@s pola estafa masiva das Preferentes e Subordinadas, que denunciaron publicamente as actuacións inxustas dos gobernos do PP nesta problemática aínda non totalmente resolta, serían moito máis graves que as que veñen sufrindo.

Santiago - Redrum Teatro presenta ‘Roedores’ este domingo no Auditorio Abanca

Dirixida por Álex Sampayo está protagonizada por Guillermo Carbajo e Sheyla Fariña

· As entradas, a 6 euros, poden mercarse na web e teléfono de Abanca ou no despacho de billetes do Principal así como no de Abanca antes do comezo do espectáculo

 O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou esta mañá a estrea absoluta de ‘Roedores’ de Redrum Teatro acompañado dos seus protagonistas: Guillermo Carbajo e Sheyla Fariña. A estrea será este domingo no Auditorio Abanca ás 18.30h dentro do ciclo Infantil&Familiar e luns e martes repetirán a obra pero x apola mañá e dirixido aos escolares dentro do Programa Didáctico. 

As entradas para o espectáculo teñen un prezo de 6 euros podendo adquirirse unha entrada familiar de catro pases a 18 euros, o prezo de tres entradas soltas. Están á venta na web e teléfono de Abanca (902 434 443 e entradas.abanca.com) e no despacho de billetes do Teatro Principal que abre de 15.30 a 22.00h. Ademais, o domingo poden mercarse no propio auditorio Abanca desde as 17.00h.

"Roedores" é un espectáculo familiar no que se fomenta a igualdade. A través das aventuras de Peludiño e Munda os cativos achegaranse a conceptos como o de igualdade de xénero, de oportunidades, social, de dereitos... E entenderán o valor da amizade, do traballo en equipo e da aceptación dun mesmo e dos demais 

Peludiño é un hámster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade. Munda é unha rata soñadora que pasa as noites rebuscando no lixo para levar comida aos seus irmáns. Estes dous roedores terán que deixar atrás os seus prexuizos e traballar en equipo para vencer o temido Gato. Xuntos aprenderán que son máis parecidos do que eles pensaban e que as diferenzas os fan especiais. Ao fin e ao cabo... "Todos somos Roedores"

Vedra - Actividades na fin de semana na Semana da Ciencia

A semana da Ciencia de vedra este ano está dedicada o slogan "somos auga"

SÁBADO 22 DE NOVEMBRO

* Ás 17.00 h: Obradoiros “pasados por auga” para cativos e cativas no Centro Sociocultural de Vedra.

DOMINGO 23 DE NOVEMBRO

FEIRA DA CIENCIA: SOMOS AUGA no Pavillón Municipal de Vedra

* Ás 17h: Exposición dos traballos participantes na feira ante o xurado

* Ás 18 h: Actuación do MAGO XACOBE no Centro Sociocultural de Vedra

* Ás 19 h: Entrega de premios e agasallos aos participantes e clausura

Na feira estarán presentes as seguintes exposición:

- “A auga na cultura galega” (IES Francisco Asorey e Asoc Ensinantes de O Salnés)

- “As Pontes do Río Ulla” da Asociación Raiceiros.

Brión - Teatro do Morcego representa “Misterio Cómico” hoxe sábado en Brión

O salón de actos do centro social polivalente de Brión acollerá hoxe sábado 22 de novembro a actuación da compañía Teatro do Morcego, que representará unha nova versión dun dos seus espectáculos máis emblemáticos: “Misterio cómico”. A actuación terá lugar ás 20:30 horas e a entrada é totalmente libre e de balde ata encher aforo.

“Misterio cómico” é unha nova versión do segundo espectáculo que montou Teatro do Morcego, que este ano se atopa celebrando o seu 25 aniversario. Un espectáculo do que ten realizado máis de trescentas representacións e que representou a consolidación da compañía, ademais de proporcionarlles importantes galardóns como dous premios Compostela ao mellor actor (Celso Parada) e ao mellor director (Julio Cardoso).

Os brioneses terán ocasión de ver unha versión máis curta desta obra, baseada nun texto do italiano Darío Fo e que contrapón a verdadeira historia dun pobo fronte á cultura oficial, manipuladora e hipócrita. Unha base que Teatro do Morcego utiliza para falar de temas do noso tempo.

Santiago - Rematan as obras na Colexiata de SAR

Rematan as obras na Colexiata do Sar, centradas no retellado parcial da cuberta do claustro, co fin de atallar os problemas de humidades e filtracións que afectaban ao templo

A intervención, promovida polo Consorcio, ascendeu a 54.651,66 euros 

A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago iniciou a principios de setembro o retellado parcial da cuberta do claustro da Colexiata do Sar. As obras, destinadas a resolver os problemas de humidades e filtracións que afectaban ao templo, centráronse nos corpos norte, sur e oeste da cuberta do claustro. O orzamento global desta intervención, levada a cabo pola empresa Construcciones Orega, S.L., ascendeu a 54.651,66 euros.

A fundación deste edificio data da primeira metade do século XII, aínda que foi reconstruído no segundo decenio do XVIII tras sufrir un importante desplome. No ano 1895 foi declarado Monumento Nacional e na actualidade é o único exemplo do Románico que se conserva na cidade xunto coa Catedral.

Actuacións no corpo norte da cuberta do claustro

Tal como explica a arquitecta do Consorcio de Santiago responsable deste proxecto, Lourdes Pérez, “a cuberta norte do interior do claustro, que está composta por unha estrutura de madeira, presentaba problemas de impermeabilización, o que provocaba filtracións cara a parte inferior da cuberta que afectaban gravemente á estrutura”. Así, impermeabilizáronse os encontros desta cuberta cos muros perimetrais mediante o emprego de pranchas de chumbo.

Por outro lado, os contrafortes de pedra adxacentes a esta cuberta estaban afectados por sucidade e falta de rexuntado, polo que se procedeu á súa limpeza e a repasar o rexuntado das pedras.

Actuacións nos corpos sur e oeste da cuberta do claustro
“En relación ás cubertas dos corpos sur e oeste do claustro, as tellas dos faldróns orientados ás fachadas exteriores presentaban descomposición, roturas e pouca adherencia, de xeito que tiveron que retellarse por completo” -sinala a arquitecta-.

Estas fachadas tiñan problemas interiores de humidades provocados pola falta dun sistema de recollida de auga da chuvia, polo que se aproveitou esta actuación para colocar un sistema de recollida de pluviais mediante canlóns e baixantes de cobre. Por outro lado, renovouse o acabado de pintura destas fachadas, previa reparación do revoco existente.

Silleda - Estudo sobre o órgano de Abades

O órgano do santuario de Abades, único en Galicia, protagonista dun estudo que se publicará na revista Adra, do Museo do Pobo Galego 

· Data de finais do século XVIII e consérvase, practicamente intacto, dentro dos muros do Santuario de Nosa Señora dos Desamparados de Abades.

• O instrumento ten unha enorme valía desde o punto de vista histórico e musical, xa que configura unha unidade no plano estético e conceptual co resto do templo e é único no seu xénero en toda Galicia.

• O traballo chega da mán de Andrés Díaz e Belén Bermejo, do equipo que está a traballar na catalogación dos órganos de Galicia 

O santuario de Nosa Señora dos Desamparados de Abades, na parroquia silledense de Abades, agocha un importantísimo e descoñecido elemento do patrimonio histórico e musical galego. Trátase dun órgano realexo, construído en 1793, e que se integra armónicamente no conxunto da igrexa como un elemento máis do templo. 

Este instrumento, único en Galicia, vén de motivar un estudo que leva por título “O órgano do santuario de Nosa Señora dos Desamparados de Abades e algunhas notas sobre a súa historia até os nosos días, que se publicará en breves datas na revista ADRA, editada polo Museo do Pobo Galego.

O traballo foi realizado por Andrés Díaz Pazos, Doutor en ciencias físicas pola USC, profesor de música do CEIP Camiño de Santiago do Pino, e por Belén Bermejo López, doutora en Dereito especialista en protección do patrimonio histórico, e directora xerente da empresa de xestión cultural Sirgo Torcendo. Ámbolos dous son membros do equipo de catalogación dos órganos de Galicia constituído, por encargo da Xunta de Galicia, no ano 2008.

Os dous mantiveron un encontro no Concello co alcalde e responsable municipal de Cultura, Manuel Cuíña, ao que lle explicaron polo miudo as características que fan único este tesouro do patrimonio cultural. Está previsto tamén que a revista sexa presentada en Abades, no propio santuario onde se conserva, prácticamente intacto este valioso instrumento.

“Se o patrimonio organístico é en xeral un grande descoñecido, que foi caendo no esquecemento paralelamente ao paulatino desuso na liturxia, este órgano non é unha excepción. Porén é un exemplar único no seu xénero en toda Galicia por varias circunstancias: consérvase nun excelente estado, prácticamente no seu estado orixinal, con toda a súa tubería intacta e sen electrificar. O moble e o mecanismo de dar aire ao instrumento, os foles, consérvanse tamén intactos e coa súa decoración e policromía orixinais, acorde coa do resto de templo. Ademais é un dos poucos realexos que se conservan en Galicia, malia ter constancia de que existiron varios deles polos templos da nosa Comunidade. O realexo era un órgano algo máis cativo ca os instrumentos típicos, que se construían para as igrexas”, explican os autores. 

Así mesmo, un ingrediente que lle engade valor ao instrumento é que se coñece o o seu constructor: o frade franciscano Frei Felipe de la Peña. Este frade, residente no mosteiro de San Francisco de Santiago, era un consumado organeiro, descendente dunha saga de organeiros. A súa sona e bo facer fixeron que tivera ao seu cargo a construción doutros instrumentos por Galicia, como o órgano do Mosteiro de Celanova, e mesmo fora de Galicia, o caso do órgano da Colexiata de Pravia, en Asturias.

“Cumpre dicir tamén que foron poucos os órganos existentes no rural galego, excluíndo os órganos dos mosteiros, e menos aínda os que se conservan hoxe en día. O órgano de Abades é un exemplo de órgano rural construído para un templo no que, no seu día, non se escatimaron esforzos en canto a ornamentación e no que a música había de ter moita importancia, como se deduce do esforzo económico que se adicou a manter un organista asalariado e os pagos aos cantores para as celebracións litúrxicas máis importantes”, sinala.

Proxecto de recuperación e fomento do turismo
Tendo en conta o contexto no que se atopa, nunha zona destacada dende o punto de vista natural e patrimonial, o órgano do santuario de Abades consitúe sen dúbida un reforzo de cara á promoción dun turismo sostible de carácter cultural.

“Logo do éxito do roteiro do Baixo Deza, que comeza precisamente na parroquia de Abades, e do concerto do festival Espazos Sonoros, que se celebrou no santuario da man do Coro Ultreia o pasado mes de setembro, queda patente que, a gran valía deste instrumento viría a complementar o atractivo desta zona, onde se abren novas posibilidades á hora de organizar actos culturais ou mesmo didácticos”, engaden.

Durante o encontro tamén se falou da posibilidade de acometer a restauración desta xoia musical. “Trataremos de conseguir os fondos necesarios para a recuperación deste órgano que vén sumarse ao valioso patrimonio cultural que temos no municipio de Silleda”, engade Cuiña, que agradece a Andrés Díaz e a Belén Bermejo o traballo realizado e a súa implicación “á hora de dar a coñecer a valía deste novo tesouro”, engade. 

Enlaces de interese:

https://www.facebook.com/pages/Órganos-de-Galicia/349016321776754



Lindeiros - 150 anos da Igrexa parroquial de Riveira

Riveira non é un dos pobos da bisbarra de Compostela pero si é un dos pobos habituais no verán para ir a praia. En Lindeiros.es recibimos esta convocatoría que conmemora os 150 da súa igrexa parroquial así que ahí queda o convite.

Mañá domingo 23 de novembro celebrare o acto dos 150 anos da Consagración da Igrexia Parroquial de Riveira con este motivo celebraranse os seguintes actos

1.- Inauguración do Museo parroquial polo Sr. Arcebispo de Santiago Monseñor Xulián Barrio Barrio
Lugar : rectoral de Santa Uxía
Día : domingo 23 de novembro
Hora: 18.30 
O museo recolle en dúas salas paneis coa historia da parroquia desde a súa aparición na historia ata actualidade. Amáis exhibiranse diversas pezas de ourivería, vestimentas, libros e documentos da parroquia. 

2.-Acto litúrxico solemne na Igrexia Parroquial: Celebración da Misa Solemne coa actuación da Coral do Círculo Mercantil de Ribeira 
Hora 19.30 

3.- Viño galego a todolos ferigreses
Hora 20.30 Salóns parroquias


Axenda e tempo do venres 21 de novembro -. Música, libros, cine, exposicións

Brión - Trampitán

Santiago - Sala Vidal Bolaño - Bocaberta presenta Express

Santiago - Cineuropa - estrea de A viaxe de leslie

Santiago - Librería Pedreira - presentación de Zapatillas Rojas de Xabier Quiroga

Santiago - Sonar Thras Tornados

Santiago - Cineuropa


Exposicións

Santiago - Araguaney - Pintojos II (ata o 7 de decembro)

Oroso - Fotografías de Loli Fernández (Lindeiros) (ata o 30 de novembro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Barriga Verde, de feira en feira (ata o 11 de xaneiro)

Santiago - Fundación Granell - A Illa de Granellandia (ata o 23 de novembro)

Santiago - Bus Station Space - Imaxinar que soño (ata o 4 de nadal)

Santiago - Fonseca - “Diversa. Arqueoloxía dende o Incipit alén Europa” (ata o 29 de novembro)

Santiago - Zona C - Ukelele Project (ata o 5 de nadal)

Santiago - Auditorio de Galicia - Xulio Maside (ata xaneiro 2015)

O Tempo

Brión - Anselmo Lamela inaugura “Trampitán”, unha achega ás súas orixes como pintor surrealista

A sala municipal de exposicións de Brión acollerá ás 20:30 horas, a inauguración da mostra “Trampitán”, do artista Anselmo Lamela. Unha exposición que será inaugurada polo alcalde de Brión, Xosé Luís García, e polo propio autor.

“Trampitán” recolle unha serie de pinturas surrealistas de Anselmo Lamela, “que poden resultar crípticos para a maioría pero, por outra parte, tamén creo que a subxectividade radical permite múltiples suxestións e interpretacións”. A mostra

Stop desahucios - Stop Desafiuzamentos califica de estafa o sistema de emerxencia social de Ames

“Logo dunha longa xuntanza sostida esta mañá cunha representación do goberno municipal amiense encabezada polo Alcalde foron poucas as solucións e moito o interese do Concello de provocar a expulsión a Compostela da afectada” 

Ao tempo que ás portas do Concello de Ames se mantiña unha mobilización de dúcias de persoas para denunciar a crítica situación da afectada C.M.G.D, unha representación de Stop Desafiuzamentos mantivo unha xuntanza cunha representación do Goberno Municipal encabezada polo Alcalde na que este non achegou ningunha solución á situación da veciña, máis alá de insistiren na interesada estratexia do Goberno Municipal de abonarlle a mísera cuantía de 250€ en concepto de fianza e provocar así a expulsión desta veciña do Concello e a derivación do expediente de emerxencia social a Compostela.

A afectada, cun menor ao cargo e un único ingreso de 400€ dende o pasado mes de febreiro, nunha grave situación de emerxencia social leva tempo nas mans dos Servizos Sociais amienses na procura dunha solución que non dá chegado. O nulo compromiso do Goberno Municipal en achegar medidas concrétase a día de hoxe no ofrecemento e concesión dunha axuda única que pode rondar os 250€ coa que intentar incentivar e provocar a mudanza desta veciña a Compostela, opción que ela leva tempo explorando ante a situación de miseria e nulas achegas económicas do Concello.

Mais esta situación non é illada: segundo a versión dos propios responsábeis políticos, o sistema de axudas municipal limítase na Ordenanza a tres. Unha axuda de alugueiro cunha duración de tres meses e unha axuda de alimentos e subministros durante seis, sen posibilidade de prórroga, que configuran un sistema de auxilio social que resulta unha auténtica estafa á opinión pública, establecido co único fin de encubrir a súa incompetencia, e que só permite adiar durante tres meses a situación de extrema pobreza das afectadas, tras os que se verán outra volta sen ningún recurso nin axuda municipal. Este é un problema estrutual do municipio que Stop Desafiuzamentos denunciará no seu momento.

De maneira pouco sorpresiva na práctica de xestión do Goberno do Partido Popular de Ames, á saída do encontro desta mañá, o Goberno Municipal publicou na súa web unha nova absolutamente descontextualizada, e que non recolle o contido da xuntanza mantida. Nunha situación de extrema emerxencia semellan ter algo que celebrar, e non celebran outra cousa que a expulsión da veciña do Concello amiense. Unha actitude cínica dun goberno que non está a por enriba da mesa ningun compromiso para axudar a esta nai e ao seu fillo menor a superar a súa situación de falta absoluta de ingresos. E por suposto que tampouco, para auxiliar a esta familia diante dun inminente desafiuzamento por impago de rendas: nin alternativas habitacionais, nin económicas, tan só a súa absoluta e lamentable alegría por estar conseguindo botar do municipio a esta familia, despois de terlle cortado esta semana o subministro de auga.

Stop Desafiuzamentos fai pública a súa valoración sobre o cinismo e o amarelismo co que o goberno está a tratar a situación desta afectada, e anuncia que desenvolverá todas as medidas mobilizadoras que sexan necesarias, até que C.M.G.D teña unha solución inmediata enriba da mesa e se modifique de maneira inmediata o indigno sistema de axudas municipais que ten como único obxectivo mercadear coa pobreza e procurar a fotografía oficial á conta da miseria da veciñanza.

Ames - O Concello reúnese coa veciña do Milladoiro con problemas de vivenda

A afectada, C.G.D., presentou esta mañá no rexistro municipal a documentación pendente e, seguramente, mañá mesmo cobrará a axuda concedida xa o 6 de novembr

O Concello de Ames recibiu con satisfacción a documentación que presentou esta mañá por rexistro a veciña do Milladoiro, C.G.D., para poder recibir unha axuda municipal por emerxencia social, auxilio que está aprobado desde o pasado 6 de novembro. Seguramente, unha vez tramitadas as formalidades, a muller afectada poderá cobrala mañá venres.

O alcalde, Santiago Amor, e a concelleira de Benestar, Eugenia Martín, recibiron esta mañá á muller, coa que compartiron as súas necesidades e preocupacións. Segundo ela refire, mantén a intención de trasladarse a vivir a Santiago, argumentando que na cidade lle será máis doado atopar traballo e malia que seu fillo vai ao instituto do Milladoiro. 

Eugenia Martín tamén se puxo en contacto coa súa homóloga no concello compostelán para informala do caso e procurar o amparo necesario a esta veciña en situación difícil. A concelleira amesá afirma que desde os servizos sociais do Concello “sempre se lle prestou toda a axuda posible”, e indica que este mesmo ano se aumentou a partida para emerxencias sociais, axudas das que se beneficiaron ata o momento 60 persoas.

Martín recoñece que os tempos son “duros con demasiadas familias e que todo é pouco, pero que a sensibilidade do Concello cara a esta realidade é constante, con políticas activas e sostibles”, como a creación do Centro da Información á Muller, en marcha desde o xullo de 2013 e máis de douscentos expedientes abertos desde entón.

O Concello de Ames traballa acotío nos posibles casos de desafiuzamento, atendendo desde o departamento de Servizos Sociais todas os sucesos detectados e poñendo a disposición as axudas posibles ás que se poidan acoller as persoas que se atopan en situación de posible perda de vivenda.

Santiago - Xornada do venres 21 en Cineuropa

Presentamos nesta sección ‘A viaxe de Leslie’, ‘Nimbos’ e ‘Work in progress: o lugar dos avós’

A sección de Panorama Audiovisual Galego, protagonista da xornada do venres 21 en Cineuropa
O lugar dos avos

A única estrea internacional da xornada será Cold in July, de Jim Mickle, un dos mellores thrillers indies deste ano, que se proxectará ás 21:45 h no Salón Teatro 

Este venres, Cineuropa dedica unha ampla difusión ao actual e moi recomendable Panorama Audiovisual Galego. Ás 18:15 h, acudirá ao Teatro Principal o cineasta Marcos Nine para presentar e debater sobre A viaxe de Leslie, documental que indaga na misteriosa morte do actor Leslie Howard, que perdeu a vida o 1 de xuño de 1943, ao ser abatido o avión no que viaxaba por cazas alemáns.

No CGAC tamén se mostrarán estreas e preestreas galegas da man de Martin Pawley. Ás 17:00 h, presentarase o Proxecto Nimbos, unha escolma de curtametraxes realizadas por distintos cineastas inspirados no libro Nimbos do escritor galego Xosé María Díaz Castro. E a continuación, ás 17:45 h, proxectarase Work in progress: o lugar dos avós, de Víctor Hugo Seoane, retrato familiar do cineasta cuxa evolución puidemos seguir en anteriores edicións do festival e que está a punto de chegar á súa montaxe definitiva.

Proxecto NIMBOS
Tamén no CGAC, poderemos asistir á segunda xornada dedicada á sección Disidencias, que nos ofrece as estreas de 8 mm-ko Errepidea, de Kimino Kolektiv (16:00 h), O Corral e o vento, de Miguel Hilari (20:15 h) e Ouroboros, de Carlos Rivero e Alonso Valbuena (21:15 h). A única estrea internacional da xornada será Cold in July, de Jim Mickle, un dos mellores thrillers indies deste ano, que se proxectará ás 21:45 h no Salón Teatro. 

Continuando con cine internacional, é de salientar o comezo da retrospectiva dun dos Premios Cineuropa deste ano, o cineasta danés Nils Malmros, que se inagura coa proxección de Skønheden og udyret (Beauty and the beast) no Salon Teatro ás 18:15 h.

En canto ás "non-estreas", haberá novos pases de La Tratattiva, o atrevido á par que didáctico documental de Sabina Guzzanti (Teatro Principal ás 16:15 h); Blind, de Eskil Vogt (Teatro Principal ás 20:00); a imprescindible Leviathan, de Andrei Zvyagintsev (Teatro Principal ás 21:45); e Turist de Ruben Östlund (ás 20:00 h no Salón Teatro), mellor película e guión no Festival de Sevilla. Será tamén a última oportunidade de asistir en Cineuropa á proxección de La Princesa de Francia, de Matías Piñeiro (Teatro Principal ás 00:15 h).

Por último, non debemos esquecer os xa clásicos rescatados para esta edición de Cineuropa: Le Pornographe de Bertrand Bonello, que protagonizará o pase matinal do Centro Cultural Afundación ás 12:00; Abyss, de Peter Yates, coa que Cineuropa rende homenaxe ao prolífico Eli Wallach, falecido o pasado mes de xuño (Salón Teatro ás 16:00 h); Persoal Best de Robert Towne (Salón Teatro ás 23:45 h); e Blue Collar (Paul Schrader) Sorcerer (William Friedkin) e Inserts (John Byrum) que se proxectarán no Centro Cultural Afundación ás 16:00 h, 18:00 h e 20:00 h, respectivamente.

Colexio Psicologos - este sábado Vozes contra a Violencia

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia programa para este sábado 22 de novembro “Vozes Contra a Violencia”, unha iniciativa cultural, solidaria e reivindicativa, que alenta á sociedade a rexeitar calquera tipo de agresión machista. O encontro será en Santiago de Compostela, no pub Ultramarinos (Casas Reais, 34) a partir das 22.00 horas.

“Vozes contra a Violencia”, que neste 2015 chega á súa quinta edición, organízase para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que se celebrará o vindeiro día 25. Trátase dunha convocatoria aberta a todas as voces da poesía, da literatura e doutras artes creativas que queiran sumar as súas achegas.

Entre as persoas participantes que xa confirmaron a súa asistencia están Luz Fandiño, Teresa Moure, Dores Asorei, Iolanda Aldrei, Concha Rousia, 2naFronteira, Alejandro Nuricumbo, Alexandre Brea, Miguel Alonso, Cruz Martínez, Xurxo N. Martíns e José Gorís.

O COPG insiste na importancia de loitar contra as desigualdades de base para combater as agresións machistas dun xeito integral. Anima aos cidadáns e cidadás que desexen alzar a súa voz contra a violencia a que se unan ao encontro e trasladen esta mensaxe.

Co gallo do 25N, o Colexio lembra que leva máis dunha década ofrecendo tratamento confidencial e gratuíto e asesoramento ás vítimas da lacra dos malos tratos, tanto as mulleres, como os seus fillos e fillas. Ademais, o COPG desenvolve o programa “Abramos o Círculo”, para homes que exercen a violencia e desexan rehabilitarse.

Bocaberta - Nace a nova compañía teatral Bocaberta co estreno de Express

BocAberta estrea Express Arte (o seu primeiro espectáculo) o venres 21 de novembro ás 21:00 h. na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño sita no Campus Sur de Compostela.

Un espectáculo protagonizado por Roi Méndez e Carla Capeáns baixo a dirección de Beatriz Méndez.

Express Arte é una versión libre do texto de Jose Prieto “Os irmáns Gambini”.

BocAberta é unha compañía de recente creación nada en Compostela e cuxo eixo central é facer teatro por e para o público. Carla Capeáns, Roi Méndez e Beatriz Méndez, fundadores da compañía, aspiran a crear unha linguaxe teatral propia, próxima e recoñecible. Buscan divertir, emocionar e facer reflexionar ao espectador sen esquecer nunca que el é o porqué do teatro. 
De esa idea nace Express Arte, unha versión libre do texto de Jose Prieto “Os irmáns Gambini”, que se estrea o venres 21 de novembro ás 21.00 h. na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño sita no Campus Sur de Compostela. Á estrea séguenlle tres función durante a fin de semana: sábado 22 ás 21.00 h. e domingo 23 de novembro ás 18.00 h. e 20.30 h. Protagonizan o espectáculo Roi Méndez e Carla Capeáns baixo a dirección de Beatriz Méndez.

Express Arte é un espectáculo total: clásico, medieval, moderno e contemporáneo. Pero sobre todo e a pesares de todo… un espectáculo. Un percorrido express a través de todas as artes, unha viaxe cara a expresión. 

Marco e Paola Gambini son dous artistas con posturas encontradas no que á concepción da arte se refire pero con un obxectivo común: a procura da expresión. Ancorados esteticamente nos anos setenta, esta parella artística fará un percorrido a través da arquitectura, a escultura, a pintura, a música, a poesía, a danza, a cinematografía e a fotografía. 

Sobre a compañía

Os fundadores da compañía Carla Capeáns, Beatriz Méndez e Roi Méndez levan traballando xuntos ao redor de 5 anos, primeiro na Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela dirixida por Roberto Salgueiro e logo na compañía de teatro afeccionado NNC Teatro. Con esta última acadaron en tres ocasións o primeiro posto no Festival de Teatro Agustín Magán e o Raquero de Ouro no Festival Internacional José María de Pereda en Cantabria. 

Na actualidade, BocAberta é compañía residente na Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela onde imparte formación teatral no primeiro módulo de interpretación

Ames - Bertamiráns celebra o sábado o Concerto de Santa Icía con tres agrupacións musicais

E o venres, o grupo Odaiko achegará o seu espectáculo de percusión á Casa da Cultura do Milladoiro

Con motivo da festividade de Santa Icía, a patroa dos músicos, o Concello de Ames acollerá o sábado un concerto que reunirá a tres agrupacións musicais. A cita, organizada pola Asociación Cultural Antonio Santomil, dará comezo ás 19:00 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns. Nela participarán a Coral Polifónica Atalaia de Laxe, o Grupo de Música Tradicional Arnela de Carral e a Coral Polifónica de Bugallido. 

Esta última formación, nacida no seo da asociación anfitrioa, foi fundada por Antonio Santomil en 1972. Logo de varios anos de inactividade volveu aos escenarios baixo a batuta de Xosé Ramón Santomil. O seu repertorio está composto por música popular galega, música sacra e renacentista, habaneras e cancións espirituais negras. 

Por outra parte, a Coral Polifónica Atalaia de Laxe é unha formación composta por 33 persoas clasificadas en cinco voces mixtas: sopranos, contraltos, tenores, barítonos e baixos. A súa música comprende dende o barroco, -obras de Haendel, Mozart, Schubert…-, ata pezas do século XX: cancións populares galegas, panxoliñas e folclore de multitude de países. Xurdida en 2001, leva actuado en toda a xeografía galega e mesmo en festivais de música coral latinoamericana. 

En canto ao Grupo de Música Tradicional Arnela de Carral ofrecerá o espectáculo “Dende sempre un cantar”, un concerto con pezas tradicionais cantadas e interpretadas por este grupo de dezaseis membros que combina a voz con instrumentos como a pandeireta, acordeón, gaitas, clarinete e percusión. Nacido en 2009 na escola de música e canto tradicional da Asociación Cultural Aberta, leva realizadas máis de corenta actuacións por toda Galicia. Todos xuntos interpretarán foliadas, muiñeiras, valses ou pasodobres.

Espectáculo de percusión no Milladoiro 

Un día antes do Concerto de Santa Icía, a Casa da Cultura do Milladoiro acollerá a partir das 21:00 horas a actuación de Odaiko Percusion Group. Os músicos Juan Collazo, Antonio Ocampo, Félix Rodríguez e Francisco Troncoso presentan o seu número “Galician on Board”, unha viaxe no tempo dende a Galicia do século XIX ata os nosos días. O rural, o folclore, a emigración ou a industrialización están presentes neste espectáculo que combina un amplo abano de estilos musicais. Estes profesionais da percusión amosarán ao público que é posible mesturar a música galega coa cultura latina, flamenca, brasileira ou africana.

Santiago - Marcos Nine presenta ‘A viaxe de Leslie’ en Galicia dentro de Cineuropa

Será hoxe venres 21 ás 18.15h no Teatro Principal
· O documental conta a historia da morte de Leslie Howard, célebre actor, que ía no avión abatido por cazas alemáns o 1 de xuño de 1943 nas costas de Cedeira

O director de Cineuropa, José Luis Losa, presentou esta hoxe ‘A viaxe de Leslie’ acompañado do produtor executivo do filme, Pepe Coira, e a autora da idea orixinal, Daniela Arias-Andreu, que ademais son os guionistas do mesmo. O filme terá a súa estrea en Galicia hoxe venres 21 de novembro, dentro de Cineuropa. Será nun pase ás 18.15h no Teatro Principal ao que se poderá acceder con invitación que se pode retirar na billeteira do Principal de 15.30 a 22.00h.

A viaxe de Leslie estreouse con éxito o pasado 22 de outubro na Seminci de Valladolid. A presentación en Galicia será, como diciamos hoxe e tamén está previsto hoxe mesmo, 20 de novembro, outra presentación na Cineteca de Madrid (Matadero). Estas proxeccións marcan o inicio do percorrido da longametraxe, pola cal xa mostraron interese varios festivais nacionais e internacionais. Na presentación de Cineuropa estará presente o seu director, Marcos Nine, que participará ao remate da proxección nun coloquio co público. 

Nas costas de Cedeira hai unha placa que lembra o que ocorreu o 1 de xuño de 1943 naquelas augas. Ese día cazas alemáns abateron un avión comercial que cubría a liña Lisboa-Bristol. Morreron todos os ocupantes. Entre eles estaba o célebre actor Leslie Howard. Dende que se soubo a noticia empezaron as elucubracións sobre as razóns do ataque. Era Leslie Howard o obxectivo? E por que? A viaxe de Leslie apunta algunhas das hipóteses máis fundadas, entre as que está a axenda clandestina do actor, involucrado en labores ao servizo do goberno británico nunha época en que España e Portugal eran un niño de espías...

O director do documental, Marcos Nine fala así da súa película: “Cando me ofreceron dirixir un proxecto titulado “A viaxe de Leslie” había unha premisa: estamos falando dun acontecemento histórico en torno a tráxica morte do actor Leslie Howard, que perdía a vida nun ataque aéreo, o cal nunca se soubo si foi intencionado ou si se tratou dun accidente. Con ese punto de partida e o argumento previamente escrito por Daniela Arias-Andreu e Pepe Coira o proxecto apuntaba xa a unha especie de “viaxe do heróe”, co seu ascenso e a súa caída, aínda que acompañado de certo aire detectivesco pensando en ir seguindo pistas e formulando hipóteses sobre o que puido ter acontecido con ese avión e os distintos porqués. “A viaxe de Leslie” pasou a ser un filme cun enorme compoñente lúdico no cal todos os que participamos nel nos dedicamos a xogar coa historia, a mesturar ficción e realidade, e, ó mesmo tempo, é tamén un convite a xogar a todo aquel que queira velo.”

BNG Ordes - Demanda de ampliación da piscina municipal Iván Raña

O BNG en Ordes, insta a Regos a realizar as obras de ampliación das instalacións da Piscina Climatizada, contempladas nos orzamentos 2014

O Portavoz Municipal, Ramiro Recouso, manifesta que “Hai moitos anos que os usuarios das instalacións da Piscina Iván Raña, demandan a ampliación da aula dedicada a actividades aeróbicas (aeróbic, cardiobox, zumba, ..). As reducidas dimensións da sala provocan que a alta demanda de participantes non poida ser atendida. Ademais a falta de extracción de aire fai que a condensación dificulte a práctica das actividades que alí se imparten”

O edil nacionalista sinala que “nos Orzamentos municipais do presente ano, figuran habilitadas tres partidas económicas para investir na Piscina Ivan Raña. Unha de 12.705€ para instalación de extracción de aire na sala de musculación, outra de 6.655€ para equipamento e outra de 30.000€ para a ampliación da sala de exercicios aeróbicos”.

Desde o BNG indicase que “As dúas primeira partidas executáronse no peche estival das instalacións, pero coa terceira, e mais importante, solo se fixeron unhas actuacións de “engana-bobos”, xa que so se limitaron a facer unha limpeza do xardín posterior e unhas pequenas escavacións simulando o inicio das obras”



O voceiro nacionalista “esixe seriedade no cumprimento orzamentos municipais, e respecto cos numerosos usuarios e usurarias das instalacións deportivas da piscina Iván Raña, aos que se lles leva prometido moitas veces a ampliación da sala de exercicios aeróbicos, e que sistematicamente son enganados por un alcalde insensíbel as súas demandas”

Fundación Araguaney - Los personajes inventados del pintor Rafael Romero Masiá se exponen en el hotel Eurostars Araguaney

“Me gusta que el espectador participe, dejando la interpretación de los cuadros a la imaginación de cada uno”

La exposición “Pintujos II” estará abierta hasta el 7 de diciembre

La Fundación Araguaney-Puente de Culturas inaugura esta tarde, a las 20:00 horas, la última muestra pictórica del artista compostelano Rafael Romero Masiá en su nuevo espacio expositivo situado en el hotel Eurostars Araguaney.

El pintor Rafael Romero Masiá (Santiago de Compostela, 1953) presenta “Pintujos II”, una colección de veinte obras de su última etapa, realizadas con una técnica mixta en tres soportes diferentes de papel encolado en tabla, tela y tabla. Sus pinturas evocan una figuración de tipo surrealista de personajes inventados y caprichosos envueltos en un ambiente onírico y a la vez cómico. El pintor utiliza una paleta de colores apagados que dan forma a sus personajes extraños y de rasgos deformados. “Soy un creador de imágenes, pero no de mensajes. El espectador debe interpretar las pinturas y hacerlas suyas. Me gusta que el espectador participe, dejando la interpretación de los cuadros a la imaginación de cada uno” –explica Romero Masiá–.

Como guía para el espectador, el decano de la Facultad de Geografía e Historia de la USC, Juan Manuel Monterroso, comenta en el desplegable de la muestra que los trabajos de Rafael no suelen dejar indiferente a nadie con creaciones laboriosas en las que conviven sin dificultad la “sensibilidad cromática, la dedicación técnica y la imaginación”. En concreto, Monterroso explica que en este último trabajo Masiá despliega su saber hacer en cuatro direcciones, “la necesidad de la definición plástica del espacio, una figuración que puebla y habita espacios indeterminados, y una profunda sensibilidad hacia la ironía y el guiño”.

La “realidad ensoñada” de Masiá

La amplia obra de Masiá abarca pinturas con óleos, acrílicos y técnicas mixtas de carácter abstracto con una figuración escondida entre colores y trazos seccionados. Su estilo ha evolucionado y pasado por diferentes expresiones estéticas desde el impresionismo, a un vínculo entre la realidad y la abstracción, pasando por una reinterpretación del surrealismo y la plasmación de un mundo de ensoñaciones. 

Tiene obras inspiradas en el romanticismo y el tono de misterio de Goya, en las caricaturas realistas de Daumier o en el arte contemporáneo de Antonio Clavé, con el fin de no caer en una aburrida monotonía. Incluso ha llegado a crear un estilo propio que los expertos denominan la “realidad ensoñada” de Masiá. La técnica del artista, depurada tras muchas horas de dedicación y trabajo, consiste en comenzar “manchando” el cuadro para crear unos toques abstractos y dándole forma a medida que avanza el proceso de creación. 

Masià se licenció en Bellas Artes en la Facultad de Santa Isabel de Hungría en Sevilla. Posteriormente realizó estudios de paisaje en Segovia con el profesor Sánchez Carralero. En Italia, en la Facultad de Bellas Artes “Pietro Vannucci” de Perugia, estudió grabado y pintura. 

Desde 1982 es profesor Numerario de Dibujo Artístico en la Escuela de Artes de Santiago. En su carrera, cuenta con numerosos premios, exposiciones, ilustraciones y diversas participaciones en ferias. Entre sus exposiciones figuran varias en la sala de exposiciones de la Fundación Araguaney-Puente de Culturas, que fueron motivo de favorables críticas. 

La exposición permanecerá abierta desde el jueves, día 20, hasta el 7 de diciembre en horario de lunes a sábado de 12:00 a 14:00 horas y de 18:30 a 21:00 horas y los domingos de 12:00 a 14:00 horas.