PSOE NOIA


O Viceportavoz do Grupo Socialista, Lage Tuñas denuncia “un intento de frear a inversión do Estado en Noia” por parte dos partidos da oposición, só buscando réditos electorais por parte do PP e coa colaboración inexplicable do BNG.

O PSdeG TRABALLARÁ CON INTENSIDADE PARA QUE O ESTADO INVIRTA EN NOIA PARA REXENERAR E LIMPAR A RÍA A PESARES DOS OBSTÁCULOS DO PP E DO BNG

LAGE TUÑAS: “O POBO DE NOIA LEVA ESPERANDO 30 ANOS POR ESTE PROXECTO E AGORA AO PP E AO BNG PARÉCELLE QUE NON HAI QUE TER PRÉSA, E PROPÓÑEN VOLVER A EMPEZAR UN PROXECTO NO QUE LEVAMOS TRABALLANDO DENDE FAI CASI TRES ANOS. PARÉCEME UNHA TOMADURA DE PELO AOS VECIÑOS DE NOIA”.

-O Viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage fixo hoxe unha valoración dos pasos dados polos grupos da oposición e afirmou que “é difícil de entender que agora o PP e o BNG veñan falando de mesas de traballo cando o proxecto de limpeza da ría comezou a tramitarse no ano 2007, licitándose no BOE o 4 de decembro dese mesmo ano”.

-”O Goberno de España dispón unha partida inicial de 3 millóns de euros para comezar a limpeza da ría de Noia coa demolición da escollera e a volta ao estado natural do estuario, e o PP coa colaboración do BNG opóñense agora dous anos despois de que comezara a tramitación do proxecto, o que é unha auténtica irresponsabilidade”.

-Lage Tuñas recorda que “o proxecto foi tramitado e contou co seu primeiro informe favorable da “Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental del Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino” no ano 2009. No mesmo ano, concretamente o 22 de Setembro de 2009 o propio Ministerio decide someter o proxecto ao procedimento de evaluación de impacto ambiental”:

“A Xunta emitiu tres informes ao proxecto ( O Ente Público Augas de Galicia, a Dirección Xeral de Recursos Mariños e a Secretaria Xeral de Calidade Ambiental) que en ningún caso se pronuncian contra a demolición da escollera de Noia. Por qué agora en 2010 o PP coa colaboración do BNG intentan frear un proxecto que levamos tres anos impulsando para afrontar unha vella demanda dos noieses e noiesas?”´

-”O PP di que a demolición da escollera pode ser negativa, e eu pregúntome para quen é negativa, para as noiesas e noieses non, para máis de 1500 persoas que traballan no marisqueo tampouco. É unha barbaridade o que está intentando facer o Partido Popular coa colaboración inexplicable do BNG.”

Noia, 19 de marzo de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage fixo hoxe unha valoración dos pasos dados polos grupos da oposición en relación ao proxecto da limpeza da ría de Noia e afirmou que “é difícil de entender que agora o PP e o BNG veñan falando de crear mesas de traballo cando o proxecto de limpeza da ría comezou a tramitarse no ano 2007, licitándose no BOE o 4 de decembro dese mesmo ano, e nos últimos 2 anos permaneceron mudos, e agora opóñense cando se quere comezar a súa execución”.

Lage Tuñas dixo hoxe que “dende o PSdeG vamos a traballar co alcalde García Guerrero á cabeza para que o Estado invirta en Noia para rexenerar e limpar a ría a pesares dos obstáculos que intentan poñer tanto PP como BNG. O pobo de Noia non se merece unha oposición tan irresponsable”.

O deputado do PSdeG afirma que ”existe unha gran indignación entre os comerciantes, os empresarios, a confraría, e unha inmensa maioría dos veciños de Noia polo intento do PP e do BNG de impedir que se poida invertir 3 millóns de euros na limpeza e rexeneración da ría. É unha pena que o PP e BNG busquen retrasar o proxecto amparándose en mesas de traballo que non se lle ocurriu propoñer durante estos tres anos. Están opoñéndose aos desexos da inmensa maioría dos cidadáns de Noia”.

O dirixente socialista recordaba hoxe que a actuación de Portos de Galicia quedou retratada no famoso informe de dez liñas e fóra de prazo, onde alegan que non se pode demoler a escollera porque é o único acceso ao porto de Noia e que por iso se opoñen”

LAGE TUÑAS: “o pobo de Noia leva esperando 30 anos por este proxecto e agora ao PP e ao BNG parécelles que non hai que ter présa, e propóñen volver a empezar un proxecto no que levamos traballando dende fai casi tres anos. Paréceme unha tomadura de pelo aos veciños de Noia e unha gran irresponsabilidade”.

”O Goberno de España dispón unha partida inicial de 3 millóns de euros para comezar a limpeza da ría de Noia coa demolición da escollera e a volta ao estado natural do estuario, e o PP coa colaboración do BNG opóñense agora dous anos despois de que comezara a tramitación do proxecto, o que é unha auténtica irresponsabilidade”.

Lage Tuñas recorda que “o proxecto foi tramitado e contou co seu primeiro informe favorable da “Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental del Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino” no ano 2009. No mesmo ano, concretamente o 22 de Setembro de 2009 o propio Ministerio decide someter o proxecto ao procedimento de evaluación de impacto ambiental”:

“A Xunta emitiu tres informes ao proxecto ( O Ente Público Augas de Galicia, a Dirección Xeral de Recursos Mariños e a Secretaria Xeral de Calidade Ambiental) que en ningún caso se pronuncian contra a demolición da escollera de Noia. Por qué agora en 2010 o PP coa colaboración do BNG intentan frear un proxecto que levamos tres anos impulsando para afrontar unha vella demanda dos noieses e noiesas?”´

”O PP di que a demolición da escollera pode ser negativa, e eu pregúntome para quen é negativa, para as noiesas e noieses non, para máis de 1500 persoas que traballan no marisqueo tampouco. É unha barbaridade o que está intentando facer o Partido Popular coa colaboración inexplicable do BNG.”

O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia facía xa na pasada semana un chamamento aos grupos do PP e do BNG de Noia para que apoien o proxecto do Estado para a limpeza da ría de Noia, coa conseguinte demolición da escollera e o dragado dunha parte importante de superficie ao carón do muelle do Marqués. “Vexo que persisten na súa oposición ao proxecto co obxecto de impedir que Noia poida ter unha importante inversión.”

O Viceportavoz do Grupo Socialista, Lage Tuñas denunciaba hoxe así “un intento de frear a inversión do Estado en Noia” por parte dos partidos da oposición, só buscando réditos electorais por parte do PP e coa colaboración inexplicable do BNG.

O deputado socialista recordaba hoxe que levan traballando coordenadamente co goberno de España dende fai máis de dous anos para sacar adiante un proxecto clave para o futuro de Noia.

O deputado do PSdeG entende que ”é o momento de que a oposición apoie ao goberno e non tiren pedras contra os intereses de Noia. Que escoiten ás asociacións empresariais, ao pequeno comercio, aos veciños de Noia”.

Dende o PSdeG-PSOE defenden a inversión do Estado e o papel xogado polos socialistas galegos para que Noia recupere o tempo perdido con inversións destas características que “son positivas e ademais supoñen o primeiro paso para recuperar o esplendor de Noia como referencia entre as vilas medias de Galicia”.

AYUNTAMIENTO DE OROSO


UNHA DUCIA DE ARTESÁNS DE TODA GALICIA CONFIRMAN A SÚA ASISTENCIA Á PRIMEIRA EDICIÓN DA FEIRA DOS OFICIOS E DA ARTESANÍA DE OROSO

O prazo de inscrición seguirá aberto ata finais de abril a todos os artesáns que o desexen, sempre que fagan demostracións en vivo do seu oficio diante dos milleiros de asistentes á XIV Festa da Troita 

19 de marzo de 2010.- Unha ducia de artesáns de toda Galicia xa confirmou a súa asistencia á primeira edición da Feira dos Oficios e da Artesanía, que terá lugar en Sigüeiro no marco da XIV Festa da Troita os vindeiros días 7, 8 e 9 de maio. Unha iniciativa organizada polo Concello de Oroso na que poden participar todos os artistas e artesáns, tando de Galicia como de fóra dela, que o desexen, sempre que estén dispostos a amosar o seu oficio en directo á xente e se anoten antes do 30 de abril.

A día de hoxe, o Concello de Oroso xa ten confirmada a presencia dunha ducia de expositores, co cal iguala xa o número de stands rexistrado no mercado temático de 2009. “A gran novidade da Feira dos Oficios e da Artesanía é que todos os artesáns terán que elaborar algunhas das súas pezas en vivo diante dos milleiros de persoas que nos visitan cada ano para participar na Festa da Troita”, explica Antonio Leira, coordinador da Festa da Troita.

Artesáns confirmados


Así, xa confirmaron a súa presencia en Sigüeiro entre o 7 e o 9 de maio expertos artesáns na arte da orfebrería, da canteiría, da encadernación, da xoiería, da restauración de mobles, da tapicería e da talla de madeira. Tamén asistirán un ferreiro, un pintor, un xaponés que elabora navallas de Taramundi, un artesán do vidro e outro do coiro. “O pintor xa nos propuxo facer un obradoiro interactivo durante eses días”, puntualiza Antonio Leira, “onde non só estará él facendo as súas obras e vendendo os seus cadros, senón onde poida participar tamén a xente”.

De feito, o coordinador da Festa da Troita agarda que “algún artesán máis se preste a facer este tipo de obradoiros interactivos xa que o noso obxectivo é axudar a recuperar estes oficios, achegalos aos milleiros de persoas que visitan Sigüeiro neses días de festa e ofrecerlles a estes artistas un excepcional escaparate para vender os seus produtos”.

Os postos da Feira dos Oficios e da Artesanía instalaranse no entorno da praza Isaac Díaz Pardo, con acceso directo á Alameda de Góis, espazo que centralizará as actividades da XIV Festa da Troita. O seu horario de apertura ao público será de 11:00 a 22:00 horas, estando os postos vixiados por parte da organización entre as 22:00 e as 9:00 horas. Todos os artesáns que desexen participar poden anotarse no centro cultural Fernando Casas e Novoa. A folla de solicitude poden descargala da web municipal (www.concellodeoroso.com). Máis información nos teléfonos 981 69 09 03 ou 981 69 14 78.

PSOE


O Viceportavoz do Grupo Socialista, Lage Tuñas denuncia “a ausencia de Goberno durante o primeiro ano de mandato do Presidente Feijóo. Nin hai conselleiros/as nin hai ideas para afrontar a situación socioeconómica que atravesa Galicia. É un ano perdido”.

O PSdeG DENUNCIA QUE O GOBERNO DE FEIJÓO “SIGUE MANTENDO AS FUNDACIÓNS COMARCAIS A PESAR DE QUE O MODELO DE COMARCALIZACIÓN FRACASOU”.

LAGE TUÑAS: “O Conselleiro da Presidencia aínda non explicou que teñen pensado facer coas Fundacións Comarcais. Levan un ano gobernando Galicia pero seguimos sin noticias do que teñen pensado facer cun modelo de comarcalización que fracasou pero que creou novas estructuras como son as Fundacións Comarcais”.

-O Viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage dixo hoxe que “o máis preocupante do Goberno do Presidente Feijóo é a ausencia de proxecto para o País, e unha boa mostra é que non teñen definido aínda que van facer coas famosas Fundacións Comarcais aínda vixentes.”.

-”O modelo de comarcalización que implantara o PP durante os Gobernos de Fraga Iribarne na Xunta de Galicia fracasou xa que non trouxou consecuencias positivas para o territorio nin supuxo maior proximidade da administracción autonómica aos cidadáns”, advertía hoxe Lage Tuñas.

-”Creo tería sido razonable que o Presidente da Xunta e o seu conselleiro da Presidencia tiveran explicado cal é o seu modelo territorial-administrativo e que teñen pensado facer coas fundacións comarcais, que supoñen un coste económico para as arcas públicas e máis en tempos de crise no que se lle pide aos cidadáns que se apreten o cinturón”.

-Lage Tuñas recorda que “Galicia precisa dun proxecto de país onde quede claro como se articula o territorio tamén no plano político-administrativo e suponse que o goberno galego tería que ternos explicado neste primeiro ano de goberno cales son os seus obxectivos e que teñen pensado facer cun proceso de comarcalización que colleitou un estrepitoso fracaso”:

Santiago, 19 de marzo de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage denunciou hoxe que “o Goberno do Presidente Feijóo sigue mantendo as fundacións comarcais a pesar de que o modelo de comarcalización de Galicia foi un fiasco absoluto”.
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia pedirá a semana que vén unha comparecencia do Conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, co obxecto de coñecer os plans do executivo autonómico con respecto ás Fundacións Comarcais e á Lei de Desenvolvemento Comarcal vixente en Galicia.

O Viceportavoz do Grupo Socialista entende que “Feijóo ten que explicar que ten pensado facer con entes como as fundacións que supoñen un claro coste para as arcas públicas e que non eficientes xa que o modelo de comarcalización fracasou”.

LAGE TUÑAS DIXO QUE: “O Conselleiro da Presidencia aínda non explicou que teñen pensado facer coas Fundacións Comarcais. Levan un ano gobernando Galicia pero seguimos sin noticias do que teñen pensado facer cun modelo de comarcalización que fracasou pero que creou novas estructuras como son as Fundacións Comarcais”.

O Viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage dixo hoxe que “o máis preocupante do Goberno do Presidente Feijóo é a ausencia de proxecto para o País, e unha boa mostra é que non teñen definido aínda que van facer coas famosas Fundacións Comarcais aínda vixentes.”.

”O modelo de comarcalización que implantara o PP durante os Gobernos de Fraga Iribarne na Xunta de Galicia fracasou xa que non trouxou consecuencias positivas para o territorio nin supuxo maior proximidade da administracción autonómica aos cidadáns”, advertía hoxe Lage Tuñas.

”Creo tería sido razonable que o Presidente da Xunta e o seu conselleiro da Presidencia tiveran explicado cal é o seu modelo territorial-administrativo e que teñen pensado facer coas fundacións comarcais, que supoñen un coste económico para as arcas públicas e máis en tempos de crise no que se lle pide aos cidadáns que se apreten o cinturón”.

Lage Tuñas recorda que “Galicia precisa dun proxecto de país onde quede claro como se articula o territorio tamén no plano político-administrativo e suponse que o goberno galego tería que ternos explicado neste primeiro ano de goberno cales son os seus obxectivos e que teñen pensado facer cun proceso de comarcalización que colleitou un estrepitoso fracaso”

AYUNTAMIENTO DE TEO


O CONCELLO XA CONTA CO PROXECTO TÉCNICO PARA A AMPLIACIÓN DO CONSULTORIO DE PONTEVEA



·        O investimento chega ós 60.000 euros que serán financiados con fondos propios e priorizarase a rapidez na execución dos traballos

·        As obras poderán comezar a partir de finais de marzo, cando é previsible que se realice un traslado temporal das tarxetas de Pontevea ao centro de Cacheiras en horario de tarde


18 de marzo de 2010. O alcalde de Teo, Martiño Noriega, mantivo unha reunión este mediodía coa Comisión de afectados do consultorio de Pontevea e cos voceiros municipais de PP, PSOE e InTeo. Nesta xuntanza entre outros datos o rexedor falou da reunión que mantivo onte con Javier Ventosa, xerente de atención primaria de Santiago.

Tal e como lle trasladou o alcalde ó xerente o Concello xa conta co proxecto técnico para a ampliación do consultorio de Pontevea, recibida onte dende o departamento de urbanismo. A obra suporá a ampliación das instalacións o que vai permitir habilitar outra consulta  e un mostrador. O custo da obra suporá ó redor de 60.000 euros que o goberno municipal se comprometeu a asumir con fondos propios.

Javiar Ventosa explicoulle ao alcalde que a finais de marzo as tarxetas de Pontevea se trasladarán temporalmente ao centro de Cacheiras que abrirá unha quenda de tarde. Tendo en conta esta situación as obras en Pontevea poderán comezar nas próximas semanas, cando os doentes deixen de recibir asistencia no centro. Dende o Concello priorizarase a rapidez na execución dos traballos.

Esta situación foille trasladada polo rexedor á Comisión de afectados e aos voceiros na Casa do Concello.

Dende o Concello enténdese como un feito irrenunciable que a ampliación do centro de Pontevea ten que supoñer a implantación do novo modelo sanitario no sur do Concello, con cita previa, historia clínica informatizada e receita electrónica. Deste xeito os usuarios deste consultorio recibirán unha atención sanitaria da mesma calidade que a do resto da veciñanza de Teo nos centros de Calo, Tilos e Cacheiras. 

PSOE SILLEDA


OS SOCIALISTAS RECLAMARONLLE POR ESCRITO A REY QUE ENSINE A DOCUMENTACIÓN RELATIVA O PROCESO DO BSCH  SE QUERE DEMOSTRAR QUE NON É ELA A QUE MINTE

PARA OS SOCIALISTAS QUE REY OS ACUSE DE MENTIR SOBRE ESTO DEMOSTRA O SEU TOTAL DESCOÑECEMENTO E AS SÚAS CAPACIDADES INNATAS PARA DESTROZAR CALQUERA NEGOCIACIÓN.


18 de Marzo de  2010.- Os socialistas voltan a repetir que o BSCH paralizara o procedimento xudicial mentras estaba en negociacións co governo socialista e que ese acordo se houbera alcanzado “se polo medio non houbera unha moción de censura”,  e  a partir de ahí,  e ante  unha falla de negociación do concello coa entidade, esta voltou a solicitar o reinicio do procedemento, o que derivará nunha sentencia que o concello terá que abonar.

Para os socialistas as declaración verquidas nos medios de comunicación de Rey pon en evidencia que desconocía o proceso coa entidade bancaria, que non houbo comunicación previa  coa entidade,  e que tal e como decían os socialistas se reiniciou de novo o procedemento xudicial o decir que se celebrará o xuicio no mes de maio. Agora polo menos, grazas a advertencias dos socialistas vanse poñer a negociar.

Os socialistas insisten en que rey debería facer públicas as últimas resoluciones xudiciales que deixan claro que ser reiniciou o proceso por falla de negociacións co governo.

Os socialistas congratulanse de que gracias a súa labor de oposición o governo reaccione ante temas tan importantes, e recordan outros casos como a recollida dos plásticos agrícolas, ou a TDT “seguiremos traballando para mellorar este concello marcandolle o paso o governo”

------------------------------------------------------------------------------------------


O PSDEG PSOE LAMENTA QUE REY PRESENTE UN ORZAMENTO PARA A SÚA APROBACION NO PLENO CUN INFORME TÉCNICO NEGATIVO, E INCLUSO INCLUE REPAROS AS BASES DE EJECUCIÓN

OS SOCIALISTAS ANALIZARAN POLO MIÚDO UN ORZAMENTO QUE PARECE SER DESEÑADO PARA LEVAR O ABISMO ECONÓMICO O CONCELLO


18 de Marzo de 2.010.- O psdg psoe lamenta que Rey por unha simple cuestión “de tentar mellorar a súa imaxen”  pretenda aprobar un orzamento que sumirá o concello nunha situación inminente de impagos e que nin siquera é refrendado polo servicio de intervención municipal.

Intervención advirte no seu informe que con este presuposto “parece previsible” que non se den pagado os gastos corrientes, facendo mención expresa as facturas da  luz, do lixo ou de Sogama entre outros. Di tamén que o orzamento inclumple a lei (art 193 RD2/2004) xa que non presenta o superavit exixido para solventar a débeda municipal, ou que non se inclúen  as sentencias en firme como Urbaser tal e como advertiran os socialistas.

Nos ingresos aumenta un 5% el IBI de urbana,  un 10% el de características especiales, e incrementanse os ingresos do IAE, pero o más sorprendente e que a pesar de que no ano 2009 se ingresaron somentes 60.000 € en licencias de obra  este ano preveen ingresar 258.000 €. Según rey esos cartos  virán da licencia  do parque eólico do San Sebastián “un proceso xudicial iniciado polos socialistas e que a día de hoxe non está resolto” polo que intervención  di claramente “que non é prudente incluíla” e aínda así o fan.

Outro dato que tamén sorprende no informe de intervención e que se inclúen 300.000 € de ingresos polo lixo por que “esperan” recaudar dous exercicios neste ano.

O informe de intervención presenta ademáis un reparo a base 26, xa que no orzamento do ano 2007  os dereitos pendentes de cobro que tiveran mais de 4 anos de antigüedade había que imputalos como de imposible cobro e agora din que sólo é necesario imputar el 50 % de esas cantidades  .Intervención di claramente  que esta modificación non ”é prudente” xa que vai a dar unha imaxen de deuda irreal o considerar que  nunha debeda de máis de catro anos o seu cobro e prácticamente imposible

Intervención  cambia o seu criterio  con respecto os anos de governo socialista nos que os seus informe sempre decían que había que SEGUIR traballando  con políticas de contención para aseverar ahora que o concello deberá “realizar unha política de contención” como se xa non existira.

Para os socialistas este documento é a “cuadratura do círculo”,  un documento que vai levar o concello a deixar sen pagar servicios, obras e salarios sen esquecer que vaise incrementar de novo a débeda dos caixons por que se van a producir impagos, e no que no anexo de investimentos so se inclúe a aportación municipal as obras do  PPC (36.283,25 €), a obra de Cervaña que vai a pagar o 100% a xunta e o renting do coche da alcaldesa.










Os socialistas recordan que os servicios de intervención sempre recomendaron  continuar co orzamento prorrogado para seguir rebaixando a débeda municipal, por que co orzamnto do 2007 sempre ían a existir  mais ingresos que gastos e permite ter  a  posibilidade sempre de ir sobre seguro podendo aumentalo a mediados de ano con suplementos de crédito cando xa se teña claro cantos cartos vai a ingresar de verdade.

Os socialistas analizarán  agora polo miúdo o documento comparándolo cos orzamentos en vigor aínda que xa saben  que  vai ser unha mala comparación porque se o que fan e inflar os ingresos para poder ter mais gasto o que van é a destrozar o remanente de tesourería e se o que fixeron foi reducir gastos, moitas das facturas do concello  acabarán de novo nos caixóns. “sexa como sexa este documento é unha mala nova para os silledenses e unha volta atrás  nas políticas económicas”

No segundo punto da convocatoria, volve a aparecer un recoñecemento de deuda de 246.789,96 € correspondentes ás  facturas que non foron capaces de  abonar no ano 2009, que sumados os 282.000 € que aprobaron en xaneiro, suman unha debeda de 500.000 € xenerada por unha desastrosa xestión económica e os despropósito levados a cabo a nivel economico, o decir a todo que si, sen importar se había ou non cartos no orzamento, para  lavar a súa imaxen  “a diferencia do que facían os socialistas que no 2008 deixaron todo abonado, se nos houberan deixado rematar o ano de seguro todo estaría pagado”


BNG AMES


O BNG pide a contratación urxente dunha nova empresa para a limpeza no CEP de Ventin.
Dúas baixas laborais por problemas de hixiene.
Ames.18 de marzo de 2010. O BNG pide que o Goberno Municipal tome xa a decisión de contratar unha empresa ponte para realizar a limpeza do CEP de Ventin, mentres non se adxudica o concurso definitivo. Empresa nas que se pode subrrogar as actuais traballadoras.
O Concello ten suficientes motivos para rescindir o contrato a actual empresa de limpeza, por un incumprimento reiterado das condicións dos servizo. Entres estes motivos está o de que desde hai varios meses o Concello ten que custear os productos de limpeza, productos que lle corresponderian á empresa.
É inxustificable a prolongación  desta situación antihixiénica neste centro escolar, que en calquer momento pode ter consecuencias na saúde dos escolares e dos profesores. Xa neste momento hai dúas baixas laborais de profesores diagnosticadas por alerxias ao po e aos ácaros. ¿ Que ten que sucedes para que as autoridades tomen cartas no asunto?
A actuación das autoridades educativas e sanitarias  da Xunta de Galiza resulta neglixente, ao non ter tomado nengunha medida e manténdose ao marxe dunha situación que pon en perigo sanitario a unha comunidade ecsolar.
En palabras do Portavoz Municipal do BNG, Xosé M. Fernández “Chama a atención tamén  a actitude pasiva do Alcalde e concelleiro de Educación de Ames, Carlos Fernández, que deixa aprodecer conscientemente  a situación sen darlle solución algunha”  e  “constrasta esta situación coa resolución expeditiva adoptada na radio municipal coa contratación laboral de tres traballadores por parte do concello, ante posibilidade do cierre deste medio de comunicación”.  “ Acaso é máis importante para o Alcalde a Radio Municipal que a situación hixiénica do CEP de Ventin “.

PSOE TRAZO


O PSOE DE TRAZO PRESENTA UN ACTA NOTARIAL QUE PON EN EVIDENCIA AS MENTIRAS DE XOSÉ DAFONTE

O notario Jesús María Rodríguez Vázquez levantou en setembro un acta notarial da inexistencia dun graderío que o Concelo de Trazo recibiu e pagou en xullo de 2009

Domínguez apunta que “nós miramos pola seguridade dos veciños” e lembra que, independentemente da súa cuantía, a construción dun graderío é unha obra maior que require de proxecto técnico

19 de marzo de 2010.- O grupo municipal socialista de Trazo vén de presentar un acta notarial asinada por Jesús María Rodríguez Vázquez, notario do Ilustre Colexio de Galicia, o pasado 9 de setembro de 2009 no que dá fe de que as obras de construción do graderío do campo de fútbol da parroquia de Campo non estaban sequera iniciadas nesa data, cando dous meses antes o Concello de Trazo xa aboara unha factura de 26.048,08 euros á empresa constructora e recibira a obra como finalizada.

A acta notarial sinala textualmente que, personado o notario no campo de fútbol o día 9 de setembro de 2009, ás 17:30 horas, “el mismo se encuentra cerrado y desde el exterior puedo observar como no existe ningún graderío” (VER ARQUIVO ADXUNTO). Unha documentación que “reafirma a nosa denuncia de que o Concello de Trazo pagou por uns traballos que non estaban sequera empezados e que, polo tanto, o señor Dafonte incurríu nunha irregularidade impropia dun alcalde”.

Domínguez Siaba lembra “un cargo público ten que respectar sempre a legalidade en todos os seus actos” e asegura que “non hai xustificación que valga para que o Concello de Trazo cometese unha irregularidade semellante, pois a acta demostra que se abonou unha factura a unha empresa cando menos dous meses antes de que fixera o seu traballo”. Ademais, o grupo municipal socialista afirma que o alcalde de Trazo, Xosé Dafonte, é o máximo responsable de que esta obra non se fixera en tempo e forma.

Seguridade dos veciños


Sobre as descalificacións verquidas onte aos medios de comunicación polo alcalde tracense, Beatriz Domínguez asegura que “o que está a facer o grupo municipal socialista con esta denuncia é, precisamente, mirar polo benestar e seguridade dos veciños e veciñas de Trazo” e apunta que “fronte aos dimes e diretes do señor Dafonte, nós baseamos as nosas afirmacións en documentación e na lei”. Neste sentido, o grupo municipal socialista apunta que Xosé Dafonte confunde os conceptos de “contrato menor” e “obra menor”.

Así, é certo que a construción do graderío do campo de fútbol de Campo está considerado como “contrato menor” conforme ao establecido na disposición adicional segunda da Lei 30/07, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Pero a construción dunha instalación como o graderío dun campo de fútbol é unha “obra maior”, polo que require doutro tipo de tramitación.

Así o recolle a Sentenza do Tribunal Supremo de 28 de xullo de 1988, que especifica que toda obra maior require dun proxecto técnico como “medida de garantía para la adecuada realización de las obras e instalaciones, garantía que ha de descansar en el estudio propio del técnico que lo elabore y que, además, tal proyecto es consecuencia de la necesidad de que la Administración pueda contar con todos los datos precisos para valorar si la obra pretendida se ajusta o no a la normativa urbanística aplicable, pues de ello va a depender el acto de autoridad reglado en que la licencia consiste”.

Así o recolle tamén o artigo 195.3 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, que especifica que “as solicitudes de licenzas que se refiran á execución de obras o instalacións deberán acompañarse de proxecto técnico completo redactado por técnico competente, con exemplares para cada un dos organismos que teñan que informar da solicitude”. A única excepción que contempla a lei son as denominadas “instalacións menores”, que define como “aquelas obras e instalacións de técnica simple e escasa entidade constructiva e económica que non supoñan alteración do volume, do uso, das instalacións e servizos de uso común ou do número de vivendas e locais, nin afecten ao diseño exterior, a cimentación, a estrutura ou as condicións de habitabilidade ou seguridade dos edificios e instalacións de toda clase”.

Dacordo coa lei, as obras de construción do graderío do campo de fútbol da parroquia de Campo poden ser consideradas económicamente como contrato menor, pero incumplen o resto de condicións pois inclúe traballos de cimentación, de estrutura e afectan directamente ás condicións de seguridade das instalacións. Domínguez Siaba denuncia que “o señor Dafonte xa ten moita práctica en dividir as obras para que sexan consideradas contratos menores, pero un non pode construír unha instalación como un gradería dun campo de fútbol sen ter un proxecto base, por moito que se poida facer en distintas fases”.

Beatriz Domínguez recórdalle ao alcalde de Trazo que “cando denunciamos as irregularidades na recepción e abono das obras do graderío de Campo, tamén advertimos da nos preocupación pola seguridade dos nosos veciños pois, tal e como reiterou onte o señor Dafonte, teñen á súa disposición unhas gradas construídas sobre a nada, sen ningún proxecto de base nin ningún estudio de estructuras ou de seguridade. E iso pode supoñer un perigo potencial para as persoas que utilicen esas instalacións”.

PP ARZUA


El PP de Arzúa califica de “burla” a los vecinos que el alcalde haya cubierto la plaza de arquitecto técnico a dedo y saltándose la legalidad

·        La representante popular lamenta la política de ocultación y de excesos del Gobierno Municipal

·        Aldasoro recuerda que, a principios de septiembre, el PP denunciaba este intento de alcalde de colocar a dedo a esta persona, y que tanto la Xunta como la Secretaria del Ayuntamiento han advertido de que es un proceso irregular


Arzúa, 17 de marzo de 2010.- La Portavoz del Partido Popular de Arzúa, Leyre Aldasoro, denuncia la mala praxis y la falta de respeto por la transparencia y democracia de es alcalde al continuar con el proceso cubriendo la plaza de arquitecto técnico, sin que se haya notificado la resolución sobre la legalidad en la convocatoria de esta plaza, y a pesar de que está presentado un recurso de reposición por parte del  PP de Arzúa el 28 de octubre de 2009, lo que supone que el regidor se está riendo de todos los vecinos de Arzúa. Para la representante popular, “estamos ante un nuevo capítulo de excesos y ocultación de este Gobierno Municipal, fruto de su imposición e incapacidad”, por lo que le exigen “más transparencia” a la hora de convocar plazas en la administración municipal, “porque uno de los principios básicos que debe respetar todo representante público es garantizar la igualdad de oportunidades a la hora de acceder a los puestos de trabajo público, algo que no ocurre en este caso”, puntualizó Aldasoro.

Tal y como recuerda la representante popular, el pasado lunes se celebró la valoración de méritos de los candidatos a la plaza, y como era previsible y  ya denunciado por el PP la persona que ocupa el número uno es el actual aparejador, al quien el alcalde está intentando “colocar a dedo” optando al puesto fijo saltándose la normativa que toda administración pública debe respetar, sin examen y dándole las facultades de funcionario. En este sentido, el PP recuerda que en los dos años de mayoría absoluta del BNG, el alcalde le ha subido el sueldo un 111%, que actualmente asciende a cerca de 42.000 euros, disponiendo además de coche del Ayuntamiento.

Para la portavoz del PP, “es muy grave la falta de respeto a la legalidad que demuestra el alcalde y lamentable que el regidor convierta el Ayuntamiento en su cortijo privado saltándose sin ponerse colorado las advertencias de la Xunta que ya advertían de las irregularidades que está cometiendo el regidor, de los recursos interpuestos por la oposición y de las advertencias del informe de la secretaría municipal cuando se presentaron las bases.

El Grupo Popular también recuerda que a principios de septiembre el PP denunciaba estas irregularidades y advertía que en un momento de crisis como el que atravesamos, era una plaza innecesaria para el desarrollo de la labor administrativa municipal, ya que supondrán un gran coste para las arcas municipales, lo que repercutirá indirectamente a todos los vecinos que pagan sus impuestos. Por último, Aldasoro quiere poner de manifiesto su preocupación porque, una vez más, el alcalde vuelve a reincidir en sus actitudes dictatoriales con un nuevo capítulo de imposición y falta de respeto a la legalidad vigente que no puede tolerarse en una administración pública. Además este tipo de hechos son los que anuncian una serie de actuaciones judiciales para defender el derecho a una provisión de plazas ajustadas a la normativa vigente.

PSOE SILLEDA



DOLORES GARCIA, SECRETARIA DE IGUALDADE DO PSDEG PSOE DE SILLEDA CALIFICA DE POSITIVA A FORMACIÓN RECIBIDA NO CURSO PARA CARGOS ELECTOS DENTRO DO II PLAN DE IGUALDADE DESEÑADO POLO GOBERNO SOCIALISTA

LAMENTA QUE O GOBERNO NON IMPULSARA A PARTICIPACIÓN, NIN SIQUERA ENTRE OS SEUS PROPIOS MEMBROS


17 de marzo de 2010.- Dolores García, ven de valorar como de formación positiva os cursos enmarcados dentro do II plan de igualdade deseñado polo goberno socialista “abrir os coñecementos de igualdade ós membros da corporación foi algo que como concelleira de igualdade e servicios sociais sabía que era  necesario e por iso se incluiron estes cursos”.

Pero Dolores García lamenta que logo da moción de censura fora o novo goberno quen os tivera  que poñer en práctica, xa que nin sequera impulsou a participación nos mesmos dos membros do goberno, xa que  o primeiro día soamente había catro membros do goberno e na segunda xornada “acabaron as clases dúas persoas, Rey e Concha”

Para Dolores García esto volve a evidenciar  que “este goberno non cree na igualdade” e con actitudes como as que están a desenvolver nestes últimos cinco meses “imos perder todo o avanzado nesta materia nos dous últimos anos”

Dolores García recorda ademais que cando se votou o II plan de igualdade do que forman parte estes cursos, “Roucho entón portavoz da oposición riuse no pleno dos cursos, dicindo que a ver a quen ser lle ocorrera esa idea, e a actual concelleira de servicios sociais ríase ó seu lado”. Por iso nunca quixeron tomarse estes cursos en serio, mas aló do que lle pode reportar “ por saír na foto”

Para a responsable socialista de igualdade o feito de que se fixera desaparecer a Concellería de Igualdade, foi o “inicio da desaparición e políticas para mulleres neste concello “. Remata a edil dicindo que sinte vergoña como muller, por estar representada por outra muller, que non cree nos seus propios valores como mulleres, que é capaz de “sentarse nunha mesa contra a violencia de xénero e asistir a un curso de igualdade logo de rexeitar a urxencia da moción  contra a violencia de xénero”

AYUNTAMIENTO DE TEO


O ALCALDE ACUDIRÁ COS VOCEIROS MUNICIPAIS Á REUNIÓN CO CONSELLEIRO AGUSTÍN HERNÁNDEZ


·        Mañá achegarase unha copia dos traballos de cumprimentación da orde do 27 de xaneiro á Consellería para que teñan información antes da reunión do martes

·        A reunión coa Xunta obriga a pospoñer o pleno do Plan Xeral previsto para a semana que vén

16 de marzo de 2010. O alcalde de Teo, Martiño Noriega, trasladoulle persoalmente este mediodía aos voceiros municipais a confirmación dunha reunión co Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras o próximo martes 23 ás 12.00 horas para abordar a situación da tramitación do PXOM. O rexedor, respondendo ó ofrecemento de Agustín Hernández, acudirá á xuntanza acompañado dos voceiros municipais do PSOE, InTeo, BNG e PP.

O Concello solicitara unha xuntanza institucional co Conselleiro dende o pasado 2 de febreiro polo que o alcalde amosa a súa satisfacción de que a reunión teña xa unha data fixada. A consellería trasladou a confirmación da xuntanza a través dunha carta dirixida ó alcalde e asinada polo propio conselleiro.

Ante esta situación o pleno da cumprimentación da orde do 27 de xaneiro da Consellería posponse xa que estaba previsto facelo a primeiros da semana próxima. De feito a comisión informativa dese pleno xa se realizou o pasado venres 12 de marzo e o horizonte temporal para convocar a sesión séguese mantendo neste mes de marzo.

Neste momento os traballos técnicos de cumprimentación da orde están realizados. Tendo en conta esto o grupo de goberno decidiu trasladarlle mañá á Xunta de Galicia esta documentación para que poidan ter a información necesaria antes da reunión do martes.

Por outra banda dentro da rolda de contactos que está realizando o alcalde con todos os membros da corporación sobre o tema do Plan Xeral, este mañá mantivo un encontro do voceiro socialista Jano Leis. Na xuntanza, na que existiu un ambiente cordial, o rexedor teense apelou á responsabilidade de todos os grupos nun tema de interés para cidadanía como o planeamento urbanístico. Tamén lle reiterou a limitación actual xa que ó non poder presentar un recurso diante da Xunta só queda a vía da cumprimentación técnica da orde. 

PSOE TRAZO


O PSOE DE TRAZO DENUNCIA QUE O CONCELLO RECIBIU A OBRA DO GRADERÍO DO CAMPO DE FÚTBOL DE CAMPO SEN ESTAR SEQUERA INICIADOS OS TRABALLOS

A voceira socialista, Beatriz Domínguez, cualifica de “moi grave” a actuación de Dafonte e esíxelle responsabilidades políticas ao respecto

O grupo socialista insta ao alcalde a dar explicacións públicas da súa actuación e da súa negativa a informar sobre este expediente

17 de marzo de 2010.- O grupo municipal socialista de Trazo denuncia que o Goberno presidido por Xosé Dafonte recibiu o pasado mes de xullo de 2009 as obras de construción do graderío do campo de fútbol da parroquia de Campo cando estes traballos nin sequera estaban iniciados. De feito, o Concello de Trazo mesmo chegou a aboar unha factura á empresa constructora por unhas obras que non foran realizadas.

A voceira municipal socialista, Beatriz Domínguez Siaba, considera que “esta situación é moi grave, pois a obriga dun alcalde é facer o seu traballo en tempo e forma, non incorrer en ningún tipo de irregularidade impropia do seu cargo como máximo representante dos veciños e veciñas de Trazo”. Segundo consta nas actas da Xunta de Goberno Local de 31 de xullo de 2009 (VER ARQUIVO ADXUNTO), Xosé Dafonte deu conta do abono dunha factura de 26.048,08 euros á empresa Gestal y López SL pola “execución dos traballos para a construción do graderío do campo de fútbol de Campo” (factura número 126/2009).

Unhas obras que foran adxudicadas un mes antes, tal e como consta na acta da Xunta de Goberno Local de 29 de xuño de 2009, na que se aprobou a execución deste proxecto mediante o procedemento de contrato menor. Nesa sesión, a Xunta de Goberno Local aprobou a execución da construción do graderío no campo de fútbol do Campo con cargo á partida 5-601 do orzamento vixente.

Negativa a dar información


Sen embargo, o grupo municipal socialista de Trazo puido comprobar sobre o terreo que non existía tal graderío no campo de fútbol da parroquia de Campo. Por iso, solicitou información no Concello sobre a execución destas obras, recibindo unha negativa sistemática por parte do Concello de Trazo a facilitar calquera tipo de documentación ou de información sobre esta actuación (incumplindo, deste xeito, os artigos 14, 15 e 16 do Regulamento de Ordenación e Funcionamento das corporacións municipais).

Finalmente, o pasado 16 de outubro o grupo municipal socialista solicitou ver o proxecto de execución do graderío do campo de fútbol de Campo. Unha solicitude á que Xosé Dafonte respostou o 17 de decembro indicando que “está solicitando documentación que non é esixible legalmente na licitación das devanditas obras”.


Domínguez Siaba pregúntase “onde se víu que se poida facer unha instalación como o graderío dun campo de fútbol sen un proxecto de execución ou, cando menos, un estudo de seguridade das persoas que se van sentar nel”. De feito, a realización dunha obra destas características esixe a presentación dun estudo dos elementos estructurais que compoñen o graderío, un cálculo do formigón a empregar, dos apoios que se precisan, da seguridade dos usuarios... elementos que teñen que estar recollidos necesariamente nun proxecto técnico.

Esixencia de explicacións


A voceira municipal socialista considera que “xa que o señor Dafonte non nos quixo dar ningunha información como representantes lexítimos que somos dos veciños de Trazo, agora esixímoslle públicamente que dé explicacións a todos os veciños sobre o seu comportamento”.

O grupo municipal socialista de Trazo xa puxo esta situación en coñecemento da Deputación Provincial da Coruña, entidade que subvencionou o 71% da obra (18.494,14 euros). Unha actuación para a que o Concello de Trazo pedira unha subvención de 48.250 euros, xa que presentara un orzamento por un importe de 68.294 euros. Neste caso, Beatriz Domínguez solicitou da institución provincial que “se realicen as averiguacións pertinentes para determinar se se puideron levar a cabo actuacións contrarias a dereito, pois as obras foron pagadas á empresa adxudicataria sen estar sequera iniciadas”.