Axenda e tempo do sábado 28 de febreiro - Música, Entroido, exposicións

Ordes - Feira de oportunidades

Santiago - Área Central - exhibición de danza e sábados creativos

Teo - CSC A Ramallosa - Chevere - ultranoite no país dos ananos

Teo - Entroido solidario en Oza

Santiago - Zona C - Trajano

Teo - Entroido en Bamonde

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Santiago - Fundación Granell - A inquietante beleza (ata o 5 de abril)

Santiago - Fundación Araguaney - Juan Antonio Agra (acuarelas) (ata o 8 de marzo) 

Santiago - Fundación Granell - Miradas que falan (ata o 15 de marzo)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)

Santiago - Museo do Pobo Galego - O universo de Roberto González del Blanco (ata o 8 de marzo)


O Tempo

Área Central - exhibición de danza e sábados creativos

Más de sesenta alumnos de la escuela de baile BSDanza se darán cita hoy sábado en el escenario principal de Area Central para realizar una exhibición de sus coreografías, al mismo tiempo que participan en el proyecto de activismo ciudadano “1 billón de pie. Levántate y baila!”.

Este movimiento de concienciación ciudadana a nivel mundial pretende promover y favorecer la atención a la diversidad de manera inclusiva, profundizando en la educación, en el valor de la igualdad y la convivencia. El objetivo es movilizar al mundo hacia una nueva conciencia para lograr un mundo libre de violencia por medio de la expresión corporal. 

La exhibición dará comienzo a las 19.30 horas en el escenario principal de Area Central; si bien, los ensayos se podrán ver ya a partir de las 16.00 horas. En esta actuación, participarán alumnos de la academia BSDanza de edades comprendidas entre los 4 y 20 años. 

“Sábados creativos”, a las 18.00 horas

Por otro lado, los niños tienen hoy sábado una nueva alternativa de ocio en Area Central: “Sábados creativos” ofrecerá diferentes talleres de cocina, a partir de las 18.00 horas en la esquina amarilla del centro comercial. Además los niños asistentes también pueden disfrutar de una zona de lectura y de pintura. 

I Feria de Minerales, del 6 al 8 de marzo

Por otra parte, los días 6, 7 y 8 de marzo, Area Central acogerá la primera edición de la Feria de Minerales, una nueva iniciativa puesta en marcha en el centro comercial en el que habrá más de veinte expositores procedentes de diferentes puntos de Galicia y Portugal. 

En esta nueva actividad que acoge Area Central, los visitantes podrán admirar y adquirir, además de minerales y fósiles de colección, bisutería y artículos de decoración para el hogar fabricados con minerales y fósiles. Entre el material presente, cabe destacar el procedente de Portugal, ámbar del Báltico y minerales y fósiles de Marruecos. Esta feria está dirigida a coleccionistas y público especializado, además de al público en general. (Más información: coordinador del evento: Alejandro Rodríguez: 666 860 814)

Teo - Entroido en Bamonde e festa solidaria en Oza

Hoxe sábado 28 de febreiro péchase o entroido dos xenerais da Ulla por este ano na parroquia de Bamonde. Despois da celebración en Oza, Reis, Cacheiras, Santa María de Teo e Vilariñonas últimas semanas é o momento de que a veciñanza de Bamonde saia á rúa para despedir esta festa tradicional. 

Neste caso haberá un coro de nenos e adultos que sairán con carrozas ás que de seguro se unirán vecinos e amigos que asisten á celebración. A cabalo irán catro persoas, dous correos e dous xenerais que se enfrontarán no atranque no campo da festa ó redor das 20:00 horas. 

A hora prevista de saída da comitiva de entroido é as 13:30 horas. Dende o campo da festa sairán cara Coto, A Veiga, Tribaldes, Lamas e o Bar Taibo para volver ao campo da festa. Alí a comisión convida a filloas na cantina. 

Festa solidaria

Por outra banda tamén hoxe sábado 28 pola noite a Charanga TNT celebra unha festa de entroido solidario na Casa Común de Oza. Os beneficios irán destinados ao Banco Veciñal de Alimentos de Teo. As persoas que queiran asistir poden mercar a entrada por un euro ou achegar un quilo de alimentos non perecedeiros que se entregarán ao Banco. Os produtos máis demandados son leite e conservas. 

Neste celebración que comeza ás 23:00 horas haberá concurso de disfraces e actuacións da Charanga TNT e os DJ de Discomofly.

Oroso - Satisfacción polo comezo das obras de acceso a AP-9

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, considera que “hoxe é un dos mellores días á fronte da Alcaldía orosán pois é a culminación de máis de dez anos de xestións a todos os niveis, con ata catro ministros de Fomento de distintos partidos políticos, pero todo pagou a pena porque ao final este luns comezarán xa as obras do enlace sur da autoestrada”. Mirás Franqueira agradece especialmente a dispoñibilidade ofrecida por AUDASA, “que sempre nos tivo permanentemente informados sobre a marcha das negociacións”, e lamenta “o atraso de máis de dous anos que tiveron estas obras. Pero benvido sexa se ao final dispoñemos do enlace sur da AP-9 antes de que remate o ano”.

O alcalde orosán asegura que estes traballos “son unha verdadeira necesidade para Oroso, pois non só permitirán sacar gran parte do tráfico pesado do centro de Sigüeiro, senón que tamén suporán unha alternativa á N-550 e contribuirán a reducir os atascos na ponte de Sigüeiro”. Ademais de mellorar a mobilidade dos veciños e veciñas de Oroso, Mirás considera que “a posta en servizo deste enlace sur da AP-9 será un importante apoio para as empresas que están actualmente nos polígonos de Sigüeiro e de Oroso Pequeno, que terán a entrada á autoestrada á porta do polígono. Ademais, incrementará o atractivo de Oroso para outras empresas que estean buscando onde instalarse, pois en Oroso disporán das mellores conexións posibles”.

Frades - Reclamacións de arranxos a Fenosa e Fomento

O pleno municipal de Frades celebrou unha sesión plenaria extraordinaria para nomear a José Manuel Ramos Tejo como xuíz de paz do municipio. Ramos Tejo repite así no cargo por outros catro anos, logo de que non se presentase ningunha outra candidatura.
Aproveitando a ocasión, o Grupo de Goberno levou a pleno unha serie de iniciativas para reclamar melloras para Frades a distintas institucións públicas e empresas. Unhas propostas que foron apoiadas por unanimidade, salvo a reclamación de algo máis de 27.000 euros á empresa Construcións Tarrío por uns traballos de abastecemento non realizados na parroquia de Abellá. Tanto PSOE como BNG apoiaron que o Concello reclame eses cartos, pero optaron pola abstención ao non coñecer en detalle todo o proceso.

Reclamacións Fenosa
Así mesmo, o Concello de Frades solicitaralle a Unión Fenosa que remate as obras de instalación dunha liña de media tensión nas proximidades de Ponte Carreira para que poida proceder a perfilar as cunetas e reparar o firme das pistas danadas. O alcalde, Roberto Rey, presentou un informe da arquitecta municipal que especifica que “o estado de limpeza da obra é moi mala” e apunta cousas como que “as cunetas están sen perfilar, impídese o paso á auga...”.

Rey Martínez explicou que as obras están paralizadas por mor duns problemas que está a sofrer a empresa adxudicataria, polo que “é necesario instar a Fenosa a resolver a situación. As obras teñen que ser rematadas canto antes, ben pola concesionaria, ben por Fenosa, pero os veciños non teñen por que estar aturando tantas molestias”. Unha proposta aprobada por unanimidade.

Reclamación Fomento
O pleno municipal de Frades tamén aprobou por unanimidade esixirlle ao Ministerio de Fomento a reparación da N-634 ao seu paso por Ponte Carreira, así como das vías de servizo, xa que o seu pésimo estado de conservación supón un perigo para a seguridade viaria. O alcalde presentou un informe técnico que especifica que “o firme da N-6fendas34 está moi deteriorado, con grietas que poden causar accidentes. Se continúa este deterioro, a estrada será intransitable”.

Así mesmo, Rey Martínez denunciou o pésimo estado de conservación das vías de servizo: “na que vai a Lanzá hai grandes fochas que a fan intransitable e na de Santiago hai zonas onde é moi complicado o paso dos vehículos”. De feito, o informe técnico conclúe que o estado actual destas vías “case non permite o tránsito de vehículos”.

Finalmente, o pleno tamén aprobou por unanimidade instar ao Ministerio do Interior a concederlle o asilo político ao activista saharauí Hassana Ailia. Unha petición que chega tras unha solicitude da Delegación Saharaui para Galicia.

BNG Ordes - Apoio da corporación as mocións sobre emprego feminino e a radio municipal

O Pleno da Corporación Municipal de Ordes, apoiou unanimemente duas iniciativas iniciativas presentadas polo Grupo Municipal do BNG 

1ª MOCION EN DEMANDA DUN PLAN DE EMPREGO FEMININO

O Pleno da Corporación Municipal de Ordes, aprobou por unanimidade a proposta formulada polo grupo municipal do BNG de Ordes, pra demandar da Xunta de Galiza a posta en marcha dun PLAN DE EMPREGO FEMENINO

Ramiro Recouso defendeu a moción do BNG que pedía un Plan de Emprego Feminino para mellorar o acceso e a permanencia das mulleres no mercado de traballo e para eliminar a fenda salarial existente entre homes e mulleres. O edil do BNG demandou que “a igual traballo, igual salario” e aclarou que a igualdade salarial non debe ser só para as mesmas categorías laborais, senón que debe imperar tamén cando o valor traballo é o mesmo. O Concelleiro do BNG aludiu ao Informe da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico, titulado: “Igualdade de xénero na educación, o emprego e o emprendimento 2012”, que destaca que a pesar do importante número de mulleres que se incorporaron ao mercado laboral, “teñen mais dificultades para acceder ao primeiro emprego, máis probabilidades de traballar a tempo parcial e gañar menos que os homes”.

Cos recortes a situación laboral das mulleres empeorou

En canto á presenza de mulleres en cargos directivos en empresas ou da Administración, os números falan por si mesmos, dixo: hai 254.200 mulleres fronte a 612.1000 homes en cargos de máxima responsabilidade. Recouso afirmou que esta situación é aínda máis desfavorábel para as mulleres autónomas ou emprendedoras que sofren unha fenda salarial entre o 30 e o 40%. E as mulleres que teñen fillos que cobran un 14% menos”.

Para Recouso, “o mercado laboral segue a ser cousa de homes e a igualdade continúa a ser unha meta lonxana. Por iso é importante non opacar este tema”. O voceiro do BNG alertou sobre as políticas de recortes levadas a cabo por este Goberno que están a empiorar aínda máis a situación das mulleres no mundo laboral. Neste sentido, salientou o retroceso que se está a producir no ámbito da igualdade debido ao impacto das políticas de recortes.



2º MOCION PRA GARANTIR O PLURALISMO EN RADIO ORDES

O BNG tamén presentou unha moción urxindo a convocatoria do Consello da Emisora Municipal, co obxecto de aprobar un protocolo de actuación para Radio Ordes, que teña como obxectivo velar polo respecto ao pluralismo existente no Concello, garantindo unha información obxectiva, imparcial e veraz.



O edíl nacionalista lembra que “O Consello da Emisora Local non se reuniu en toda a lexislatura e denuncia o uso partidista da radio local por parte de Regos, que veta a presenza dos membros do grupos da oposición, especialmente do BNG, na mesma. Impedindo a difusión da iniciativas presentadas polos grupos políticos que conforman a oposición.”

Teo - Comparecencia do concelleiro de urbanismo Rafa Sixto

O concelleiro de Urbanismo de Teo, Rafael Sisto, compareceu no pleno ordinario de febreiro a petición da edil socialista Uxía Lemus para falar dunha sentenza do Tribunal Supremo en relación ao PXOM. Na súa intervención destacou que se o obxecto era “determinar a responsabilidade deste concellerio e do grupo de goberno nas decisións de tramitación do PXOM que se vén afectadas por esta sentenza hai un erro no plantexamento xa que o fallo do Tribunal Supremo fala da tramitación autonómica do plan, que evidentemente non é responsabilidade deste concelleiro”. 

Sisto tamén aproveitou para lembrarlle á concelleira do Grupo Socialista que “no momento no que a Xunta declarou a innecesariedade de someter o Plan Xeral de Teo á avaliación ambiental as consellerías competentes nesta materia estaban gobernadas por políticos socialistas”. 

A sentenza do Tribunal Supremo establece a nulidade do Plan Xeral en dous aspectos moi concretos, o polígono industrial SUD 9 e o vial de conexión entre a N-550 e a AC-841. O concelleiro de Urbanismo destacou que se trata de dous elementos que non teñen un impacto para o Concello neste momento xa que o vial “é unha imposición autonómica que de feito tivo unha importante contestación social” e o polígono “non ten viabilidade na medida en que non exista o vial”. Ademais neste momento en Teo estase tramitando o plan de sectorización do polígono da Ramallosa, un proxecto máis axustado á realidade económica actual. 

Sisto incidiu en que cando comezaron a gobernar, en xuño do 2007, a tramitación municipal do Plan estaba rematada e “o único que fixemos foi adaptar o documento aos requerimentos e instruccións da Xunta” . Destacou o edil que “cando a sentenza fala da responsabilidade municipal é para cuestionar a aprobación inicial do plan, que se fixo no 2007 polo equipo de Armando Blanco e Parajó, antes de que este grupo tivese a responsabilidade de goberno”. 

No relativo a como pode afectar esta sentenza ao futuro do PXOM, cuestión pola que preguntaron os outros grupos políticos, Rafael Sisto explicou que “a aprobación do PXOM de Teo sen esa avaliación ambiental estratéxica é igual á tramitación e aprobación doutros plans xerais no País polo que debe ser a Xunta a que determine o procedemento a seguir”. Asegurou que nos vindeiros meses se recabarán informes xurídicos e deberá abrirse unha interlocución coa Xunta para avaliar a situación

Ames - Pleno do mes de febreiro

O pleno de Ames correspondente ao mes de febreiro comezou cun minuto de silencio polo pasamento do compañeiro de corporación Alfonso Rey López. A continuación, a concelleira María González Gómez leu un poema de Rey López, que asumiu as competencias de Cultura, Educación e Patrimonio entre xuño de 2011 e abril de 2012. Todos os concelleiros da corporación mostraron o seu pesar polo falecemento de Alfonso Rey. 

Unha flor lembrou o edil Alfonso Rey morto recentemente
De seguido, a corporación municipal de Ames aprobou definitivamente o documento refundido do Plan Especial de Reforma Interior, de iniciativa particular, correspondente ao ámbito do solo urbano non consolidado APR PB5-01 “Conexión da avenida da Maía coa rúa da Rosaleda (II)” do PXOM. Este punto saíu adiante por maioría absoluta con 10 votos a favor dos concelleiros do grupo de goberno e dos concelleiros non adscritos María Dolores Fernández, María González, Manuel Ferreiro, Emilio Martínez e Ramón García Argibay. Os concelleiros do grupo municipal socialista e os concelleiros non adscritos Pilar Candocia, Susana Mayo e Anxo Doval abstivéronse.

O alcalde, Santiago Amor, indicou que “este plan recolle dúas parcelas; unha de 900 metros cadrados de equipamentos e outra de 427 metros cadrados para zonas verdes e de ocio”. Ademais, Amor explicou que “este ámbito está ao carón doutro sector urbanístico situado na rúa da Rosaleda”. 

O Plan Especial de Reforma Interior (PERI) correspondente ao ámbito do solo urbano non consolidado APR PB5-01 prevé a construción de tres bloques de vivendas de planta baixa, tres plantas altas, e baixo cuberta. Ademais, disporán de cuberta plana e soportais en dúas das fachadas de cada un dos bloques. Este plan tamén recolle manter a vivenda unifamiliar existente neste ámbito e prevese que no linde sur e nos seus arredores se execute unha zona verde pública.

O pasado 5 de decembro do 2013 aprobouse de xeito inicial en Xunta de Goberno Local o Plan Especial de Reforma Interior (PERI), de iniciativa particular, correspondente ao ámbito do solo urbano non consolidado APR PB5-01, “Conexión da avenida da Maía coa rúa da Rosaleda (II)” do PXOM. Esta aprobación estaba condicionada á presentación dun refundido que recollese determinados anexos e modificacións para que fose aprobado de xeito definitivo.

Plataforma electrónica `FACe-Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónica´
Outro dos temas que saíu adiante por maioría absoluta foi a aprobación da modificación base de execución do orzamento número 21. Este punto foi aprobado con 13 votos a favor dos concelleiros do grupo de goberno e dos concelleiros non adscritos María Dolores Fernández, María González, Manuel Ferreiro, Emilio Martínez, Ramón García Argibay, Pilar Candocia, Susana Mayo e Anxo Doval. Os edís do grupo municipal socialista abstivéronse.

A través deste acordo as facturas de ata 5.000 euros emitidas polos provedores, que entreguen algún tipo de ben ou presten servizos á Administración pública, poderán presentarse en papel no Rexistro Xeral do Concello e a través da rede na plataforma electrónica `FACe-Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónica´ da Secretaría de Estado de Administracións Públicas. As facturas cuxo importe sexa superior aos 5.000 euros hai que presentalas a través do Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas. O Concello adhírese ao servizo que ofrece a Deputación da Coruña para poder dispor da devandita plataforma.

Adquisición dun vehículo todoterreo para a Policía local
Por outra banda, o pleno deulle luz verde á aprobación inicial do expediente de modificación do orzamento “Crédito extraordinario 1/15”, que ascende a contía de 30.000 euros, para a adquisición dun vehículo todoterreo para a Policía local. Este punto saíu adiante con 11 votos a favor dos concelleiros do grupo de goberno e dos concelleiros do grupo municipal socialista. Os edís non adscritos María Dolores Fernández, María González, Manuel Ferreiro, Emilio Martínez, Ramón García Argibay, Pilar Candocia, Susana Mayo e Anxo Doval abstivéronse.

A continuación, o alcalde de Ames, Santiago Amor, deulle conta ao Pleno do falecemento do concelleiro Alfonso Rey López e da solicitude de expedición de credencial a favor de Ramón Senra Ríos. Neste punto os concelleiros non adscritos María Dolores Fernández, María González, Manuel Ferreiro, Emilio Martínez e Ramón García Argibay abandonaron o salón de plenos. 

Por último, no apartado de control do goberno tratouse unha moción presentada polos concelleiros non adscritos Pilar Candocia, Anxo Doval, Susana Mayo e Olalla Alvite sobre a inadmisión pola Real Federación Española de Fútbol (RFEF) de inscrición de xogadores menores estranxeiros. 

A través desta moción ínstase á Secretaría Xeral para o Deporte para que se interese diante da Federación Galega de Fútbol e da Federación Española de Fútbol e se libere a ficha deste xogador á maior brevidade. Tamén se insta á Secretaría Xeral de Política Lingüística para que os documentos presentados en idioma galego ante a Federación Galega de Fútbol teñan plena validez, e por último, ínstase á Secretaría Xeral para o Deporte para que lle demanden á FIFA que non vulnere os dereitos dos nenos nacidos no estranxeiro á práctica deportiva e modifique a norma para que poidan xogar federados. Esta moción saíu adiante por unanimidade de toda a corporación.

Axenda e tempo do venres 27 de febreiro - Teatro, feiras, exposicións

Ordes - Feira de oportunidades

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín

Santiago - teatro histórico - Falando Claro 


Teo - CSC A Ramallosa - Chevere - ultranoite no país dos ananos

Santiago - Kunsthalle - Excépticos en el pub - la estafa del metílico 

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - “Que aflore o soterrado: O Forte de San Cristóbal, baluarte da represión franquista” (ata o 2 de marzo)

Santiago - Fundación Granell - A inquietante beleza (ata o 5 de abril)

Santiago - Fundación Araguaney - Juan Antonio Agra (acuarelas) (ata o 8 de marzo) 

Santiago - Fundación Granell - Miradas que falan (ata o 15 de marzo)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)

Santiago - Museo do Pobo Galego - O universo de Roberto González del Blanco (ata o 8 de marzo)


O Tempo

BNG Compostela - Valoración auto xudicial Juan de la Fuente

O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, realizou unha valoración sobre o auto xudicial do caso das facturas falsas e da implicación do ex-concelleiro do PP Juan de Fuente. “Dende o BNG, consideramos que o tempo pon no seu sitio ao PP; no plano xudicial pon as actuacións denunciadas no banco de acusados e condenados e no plan social queda retratado como o peor Goberno da historia democrática deste Concello”, afirmou.

Unha vez máis, é a Xustiza quen lle dá a razón ao BNG “cando denunciaba un comportamento por parte do PP incompatíbel coa ética, rigor e respecto ás leis”. “Iso levou ao BNG a ser a única organización que pediu dende o minuto 1 o cese fulminante de Juan de la Fuente e que levou a forzar o PP a crear unha comisión de investigación”, explicou. Esta comisión de investigación concluíu que existían facturas “falsas e falsificadas”, falsas porque non se correspondían cos gastos reais e falsificadas porque se chegaba a cambiar o CIF da asociación e as sinaturas desas facturas; que existía “suplantación de identidade” porque alguén asinara en calidade de presidente da asociación veciñal cando non o era; e que había, cando menos, unha subvención concedida a unha asociación veciñal que tiña como contacto o correo electrónico corporativo de Juan de la Fuente e como enderezo a efectos de notificación o seu domicilio persoal.

“Iso pareceunos un escándalo e había elementos máis que suficientes para cesar de xeito fulminante a Juan de la Fuente, con independencia da marcha xudicial”, indicou. Mais o primeiro que fixo o PP foi “encubrilo, pese a ser plenamente consciente de todo o que acontecera, e o segundo foi defendelo expresando a súa confianza plena, ademais de mantelo no seu posto”, até que quedou inhabilitado pola sentenza de acordar pagar con fondos públicos a factura da defensa xurídica de Adrián Varela; e ademais cargou contra un traballador municipal por dar a coñecer irregularidades na tramitación das subvencións.

O BNG esíxelle ao alcalde “desculpas públicas ao traballador que foi maltratado neste proceso, calumniado, difamado e apartado das súas responsabilidades, ademais de restituílo nas funcións que desempeñaba con anterioridade”. Rubén Cela requiriu tamén do alcalde “desculpas á cidade de Santiago por este atropelo, estas mentiras e o bochorno polo que tivo que pasar” por verse inmersa nestes procesos xudiciais.

Ademais, lamentou que estas sentenzas non chegasen antes, “porque a Xustiza nos está dando a razón no que temos evidenciado en termos políticos pleno tras pleno”. Referiuse así ao caso da defensa de Adrián Varela, ao caso do secretario e do interventor, á praza da xefatura de servizo de licenzas urbanísticas “e non será a última vez que aconteza, aínda que con alta probabilidade non sairá antes das eleccións a sentenza contra ao Goberno local conformado con maioría de edís non electos”.

Así, Rubén Cela aproveitou para requirir que sexa o PP quen sufrague estes gastos xudiciais derivados de condutas impropias dos seus concelleiros que se van pagar con fondos públicos municipais.

Ordes - Éxito na apertura da I Feira de oportunidades do concello

No día de onte abriron as portas da que xa é a I Feira de Oportunidades de Ordes. Unha cita que no que vai de xornada recibiu o beneplácito tanto por parte do público asistente como dos comerciantes e empresarios que están a participar. Dende primeira hora moitos veciños e veciñas do municipio comezaron a pasear polos máis de 470 metros cadrados que albergan os 13 postos instalados no espazo polivalente do primeiro andar da praza de abastos, lugar escollido para esta primeira edición da feira. Entre eles non faltou o alcalde, Manuel Regos, acompañado de moitos dos membros do seu equipo de goberno. Xuntos aproveitaron non só para facer algunha compra senón para falar e intercambiar opinións cos comerciantes.

Moda, agasallos, artesanía, zapatería, bixutería, marroquinería, alimentación, deporte etc é o que ata o sábado se poderá adquirir ao mellor prezo nun horario que vai de 10 a 14 horas e de 16 a 21 horas. A visita tamén posibilita coñecer de primeira man as novas dependencias e instalacións multifuncionais realizadas tras as obras concluídas recentemente. Unha nova infraestrutura que está a contar co apoio e a aprobación dos asistentes á feira no que vai de xornada.

Outra das iniciativas que está a contar cun alto nivel de aceptación son os obradoiros de chocolate que dende esta tarde se levarán a cabo, e para os que aínda quedan prazas vacantes nos grupos infantís, xa que os de adultos están completos. Pablo Pena, panadeiro e reposteiro da zona, será o encargado de impartir este obradoiro, no que se elaborarán distintas receitas. Para iso cóntase tamén coa colaboración da firma de chocolates Valrhona.

USC - O mundo de Tintín enche a Biblioteca da Diversidade Cultural de campUSCulturae

O xornalista máis debuxado do mundo instalarase os vindeiros meses na Biblioteca Internacional da Diversidade Cultural, que o proxecto camUSCulturae mantén na Biblioteca Xeral da USC. A exposición ‘A volta a Hergé en 80 linguas’, que se inaugura este venres 27 ás 19.30 horas, incorpora libros en oitenta idiomas, desde os maioritarios até os menos coñecidos e difundidos, que permitirán ao visitante coñecer a fondo o mundo de Tintín da man da colección atesourada polo compostelán Pedro Rey Sanchiz, director da Oficina Web da USC.

Será esta unha boa oportunidade para profundizar na obra de Hergée para contemplar por primeira vez obras editadas en linguas como o alsaciano, o tahitiano, o cantonés, o bengalí, o romanche, o crioulo reunionés ou o mongol; así como todas as linguas faladas en Bélxica, a patria de Hergé e de Tintín, nada menos que 15 diferentes códigos lingüísticos mantidos por unha comunidade cultural de non máis de 10 millóns de persoas. 

Xunto a esta colección bibliográfica tamén será posible admirar algúns obxectos relacionados co mundo tintiniano que forman parte da colección de Pedro Rey, embaixador de Hergé en Compostela e un dos máximos expertos en tintimanía que hai actualmente en España.

A exposición, cofinanciadapola CultureAgency da UE, completarase cun programa de actividades que terán igualmente a Tintín como protagonista. Charlas, encontros con tradutores , obradoiros e cineforums converterán a Biblioteca Internacional da Diversidade Cultural na capital para tintinófilos até finais de maio.

Brión - Inicio da tempada de sendeirismo

O Concello de Brión ven de poñer en marcha a súa Campaña de Sendeirismo 2015 convocando dous roteiros polo Monte Muralla (Lousame) e pola Costa Ártabra (A Coruña), que terán lugar os sábados 21 de marzo e 4 de abril, respectivamente. O Concello de Brión convoca inicialmente 50 prazas para cada unha destas actividades, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición na Casa da Cultura ou no teléfono 981 50 99 88.

Para comezar a temporada, a ruta escollida está moi pretiño de Brión, pois discorre polo veciño municipio de Lousame e que terá lugar o sábado 21 de marzo. A expedición partirá en autobús ás 9:30 horas da carballeira de Santa Minia. A ruta do Monte Muralla ten unha lonxitude de 23 quilómetros, se ben os dous últimos quilómetros de subida ao alto do monte Muralla (de 678 metros) serán opcionais. Trátase dun roteiro que discorre por montes de piñeiros, pequenos bosques de castiñeiros, acivros, salgueiros, ameneiros que nacen ao bordo dos regatos. E, segundo se vai subindo, pódese disfrutar de fermosas vistas da ría de Noia-Muros. 

A segunda ruta terá lugar o sábado 4 de abril e terá como destino a Costa Ártabra, na costa ferrolán. Un roteiro de 15 quilómetros, de dificultade baixa, que destaca tanto polo seu valor paisaxístico (con lugares como a lagoa da Frouxeira ou as vistas panorámicas dende o monte Campelo) como pola posibilidade de observar distintas especies de aves no seu medio natural. A expedición sairá da carballeira de Santa Minia ás 8:30 horas e está prevista a volta pasadas as 20:30 horas..

Ambos roteiros teñen en común a cota de inscrición (8 euros cada un, que inclúen o desprazamento en autobús ata o lugar da ruta), que inicialmente se convocan 50 prazas (que se outorgan por rigorosa orde de inscrición) e que as anotacións poden formalizarse na Casa da Cultura de Brión (981 50 99 08), pechándose ambas dous días antes da realización do roteiro. Ademais, é preciso levar o xantar tipo pícnic, pois as rutas prolónganse dende a mañá ata ben entrada a tarde. Tamén se recomenda asistir con calzado cómodo e roupa axeitada á climatoloxía da xornada.

Teo - O IES de Cacheiras realiza unha mostra sobre obras literarias levadas ao cinema

Normalmente nunha biblioteca o material de interese está nas baldas mais no IES de Cacheiras levaron este interese tamén ás propias mesas do local. A mestra de galego, Sabela Álvarez, é a responsable de biblioteca neste curso e vén de por en marcha unha exposición chamada “Da literatura ao cinema. Intertextualidade” que se pode ver precisamente nas mesas de estudo. 

Na mostra preséntanse obras da literatura catalá, galega, vasca e castelá que foron levadas ao cinema. Segundo explica Sabela “pensamos que amosar a relación entre libros e películas pode axudar a aprender a ver cine e tamén a entrar no mundo da lectura”. 

O traballo contou coa colaboración da profesora Ánxela Mariño, responsable do Club de lectura do IES de Cacheiras e dos/as alumnos/as Iago Fuentes, Iria Pérez, Ramón Salgado, Anxo Varela e Laura Martínez. 

Neste momento as dez mesas do IES xa amosan por cada título seleccionado a portada do libro e o cartel e a ficha técnica da película. A cantidade de material atopado fixo que as mesas da biblioteca, dez, quedaran escasas e parte das láminas colocáronas no pasillo de entrada do centro. Nalgún dos casos prepararon un lote de libro e filme para animar ao alumnado a descubrir a intertextualidade entre cine e literatura. 

No caso da literatura castelá a exposición abrangue obras dende o século XVI ao XX e divídese por xéneros literarios mentras que no caso das literaturas catalá, galega e vasca os exemplos son moito menores e sitúanse no século XX. 

A mostra inaugúrase nos próximos días coa proxección precisamente de dúas obras adaptadas ao cine “Engurras” e “Los santos inocentes”. A exposición estará todo o trimestre na biblioteca do IES de Cacheiras. 

Ames - Bertamiráns acolle a final da fase comarcal do IV Club de Debate

O Concello de Ames participa por cuarto ano consecutivo no Club de Debate e nesta edición volverá a ser sede da final da fase comarcal, despois de facelo no ano 2013. Participarán un total de 68 estudantes (de 4º de ESO e 1º de Bacharelato) e 6 profesores dos institutos de Ames, Santiago, Rois e Padrón. A actividade terá lugar hoxe venres entre as 9:00 e as 20:00 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns. Os dous equipos gañadores desta xornada pasarán á final galega que se celebrará no Pazo da Cultura de Carballo o domingo 26 de abril. 

O Club de Debate é unha iniciativa na que participan nove concellos galegos en colaboración cos centros de ensino secundario e está coordinado polos servizos de normalización lingüística municipais. Organízase como unha competición deportiva, con debates entre dous equipos, e o obxectivo é promover o pensamento crítico e analítico, fomentar a diversidade de opinións, a tolerancia e o traballo en equipo á vez que se impulsan os usos orais en lingua galega en contextos formais e informais. 

A competición organízase en tres fases comarcais e unha final galega. A Bertamiráns asistirán un total de 8 equipos e a temática sobre a que terán que debater será: a industria cultural galega ten pouca conexión coa sociedade. Do Concello de Ames participan cinco grupos, catro deles do IES de Bertamiráns e un do IES do Milladoiro. En total están integrados por 50 mozos e 3 preparadores docentes. Ademais, asistirán 5 alumnos do IES Antonio Fraguas de Santiago, 4 rapaces do CPI dos Dices-Rois e 9 escolares do IES Macías o Namorado, de Padrón.

Desenvolvemento da fase comarcal

A presentación da fase final comarcal terá lugar mañá ás 9:00 horas e a ela asistirán unha representación do goberno municipal dos concellos participantes. A continuación, ás 9:30 horas, comezará o primeiro dos debates. Entre as 14:30 e as 16:30 horas haberá unha pausa para xantar e posteriormente retomarase a actividade. Será unha xornada de intensos coloquios aberta a todo o público que desexe achegarse á Casa da Cultura de Bertamiráns. 

As competicións poderán seguirse a través do Twitter: @MocidadeDebate e o Facebook: www.facebook.com/pages/Club-de-debate/340173912683525. De cara as 19:45 horas terá lugar a entrega de premios, que consistirá nunha achega de material cultural valorado en 300 e 500 euros. 

Composición do xurado

O presidente do xurado será Manuel Bermúdez Blanco (técnico de normalización lingüística da USC), mentres que no posto de vogais estarán Lorena Rey Noya (poeta e profesora de lingua e literatura galega no IES Xelmírez I); Rosabel Candal Bouzas (xornalista); Alba Nogueira (profesora de dereito da USC); e Federico Pérez Rei (actor e guionista). Tal como especifica o regulamento do Club de Debate para a súa elección tívose en conta a súa formación e experiencia académica en actividades relacionadas coa oratoria, a comunicación ou a lóxica.

Teo - Queixas pola colocación de beirarrúas de xeito incorrecto

O BNG de Teo, ante as queixas dos veciños e veciñas, reclámalle ao goberno municipal seriedade e responsabilidade na planificación e construción das novas beirarrúas.

Para Manuel Anxo Fernández Baz “unha cuestión que debería ser valorada positivamente provoca un importante rexeitamento entre a veciñanza polas deficiencias que presenta e pola problemática que xenera.”

E engade que “tanto en Texexe (nas imaxes), como na Pedreira, en Vilar de Calo ou en Cacheiras, as novas beirarrúas non aproveitan adecuadamente o espazo dispoñíbel, deixando tramos sen cubrir que só crean problemas, quedando un espazo inutilizado que podería ser adicado aos peóns, por exemplo.”

O BNG reitera a súa aposta pola humanización e pola seguridade viaria, na liña das moitas propostas que se fixeron no marco do POS e no Pleno a través de mocións, e denuncia o mal deseño e a mala execución das obras por parte do goberno municipal

Axenda e tempo do xoves 26 de febreiro - Música, libros, exposicións

Ordes - Feira de oportunidades

Santiago - Zona C - teatro contemporáneo

Santiago - Kunsthalle  - Maghúa


Santiago - Couceiro - presentacón "O meu pesadelo favorito" de María Solar

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - “Que aflore o soterrado: O Forte de San Cristóbal, baluarte da represión franquista” (ata o 2 de marzo)

Santiago - Fundación Granell - A inquietante beleza (ata o 5 de abril)

Santiago - Fundación Araguaney - Juan Antonio Agra (acuarelas) (ata o 8 de marzo) 

Santiago - Fundación Granell - Miradas que falan (ata o 15 de marzo)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)

Santiago - Museo do Pobo Galego - O universo de Roberto González del Blanco (ata o 8 de marzo)


O Tempo

Ordes - Hoxe se inaugura a I Feira de oportunidades

Hoxe terá lugar a inauguración da I Feira de Oportunidades de Ordes, e que durante os tres vindeiros días ofrecerá unha ampla variedade de novidades e produtos variados ao mellor prezo. Unha cita comercial que se desenvolverá ininterrompidamente ata o sábado no espazo polivalente situado no primeiro andar da recentemente remodelada praza de abastos. En total serán 13 firmas comerciais que ofrecerán o mellor do seu en moda, agasallos, artesanía, zapatería, bixutería, marroquinería, alimentación etc.
     Durante a feira e en horario de tarde tamén se levarán a cabo obradoiros temáticos de chocolate, dirixidos aos menores e adultos que previamente formalizaran a súa inscrición. Ademais de charlas e encontros Pablo Pena, responsable de impartir este obradoiro e coñecido polo seu traballo á fronte da panadería Milagros, elaborará distintas receitas con este delicioso produto. Para iso cóntase tamén coa colaboración da firma de chocolates Valrhona.

     A través desta cita veciños, veciñas e visitantes poderán coñecer de primeira man as novas dependencias de uso público, que ademais contan cunha excelente localización no centro da vila. O Concello de Ordes pretende darlle un uso continuo e variado tendo en conta as propostas e iniciativas populares e veciñais. Feiras, mercados temáticos,  eventos culturais ou de tipo culinario son algunhas das opcións posibles.

Ordes - Comezan as obras na rúa Canteira

A rúa Canteira, en pleno corazón urbano da vila de Ordes, estará en obras para mellorar o seu sistema da rede de augas pluviais. Trátase dunha obra moi demandada polos veciños e veciñas dados os inconvenientes provocados polos danos derivados “dunhas canalizacións que non eran as máis apropiadas para poder conducir a auga que se producía cando había fortes chuvias”, segundo palabras do edil de Urbanismo, Roberto González.

Tras a última intervención realizada hai xa algún tempo na contigua rúa Campomaior, agora chega a quenda do tramo que vai dende a glorieta do Campo da feira ata a confluencia coa rúa Ramón Ferreiro. En total calcúlanse arredor de 140 metros de nova tubaxe que, cun diámetro de 630 mm, tardarán en instalarse arredor de dez días. En termos económicos hai que falar dun investimento de preto de 28.000 euros.

“Con esta nova fase o Concello continúa co plan de mellora no sistema de pluviais para a vila de Ordes. Hai que ter en conta que as canalizacións deste tipo procedentes da parte máis alta do núcleo urbano (área de Merelle, rúa Nova, Camposanto, Rosalía de Castro, Galicia, Casabella, República Arxentina, Lagartos etc) se desvían todas á zona de Alfonso Senra para despois redireccionalas, entre outras, pola rúa na que estamos a intervir nestes días”, explica Roberto González. Pola súa banda o Concello ten previsto seguir realizando obras similares noutros puntos do seu sistema de pluviais, seguindo así co seu plan integral de mellora.

PP Ordes - Deficiencias nos aparcamentos da vila

Os diferentes estacionamentos públicos da vila de Ordes, e especialmente os situados ao carón das rúas Compostela, Víctor González Faya e Nova, presentan un moi deficiente estado de conservación, mentres o Concello elude os compromisos adquiridos para arranxalos, segundo denuncia o Partido Popular.

Xa en xuño de 2014, o Partido Popular levou ao Pleno, onde se aprobou por unanimidade, unha moción para instar ao Goberno local a arranxar as áreas de estacionamento libres, ademais de habilitar novas prazas de aparcamento. Sen embargo, e malia ter aprobado a proposta por unanimidade, o alcalde de Ordes fai caso omiso dos compromisos adquiridos e non adoptou medida algunha desde entón para materializar o mandato contido na moción. Con esta actitude, “o alcalde rise dos veciños”, argumenta o portavoz municipal do Partido Popular, José Luis Martínez Sanjurjo.

Para poñer freo ao mal estado destes estacionamentos, o Partido Popular presentará un novo rogo no vindeiro Pleno municipal, no que esixirá ao alcalde que materialice os compromisos adquiridos e, neste caso, adopte as medidas necesarias para arranxar os estacionamentos ao aire libre habilitados na vila. A tal efecto, o PP insta ao Goberno local a que, de acordo cos titulares dos terreos, execute a mellora do firme e dos accesos, así como a roza lateral cando sexa preciso nestes espazos. 

Ao deficiente estado de conservación dos aparcadoiros súmase a redución do espazo dispoñible. Recorda o PP que as obras de ampliación dos baixos da Alameda de Ordes non só supuxeron un quebranto económico para as arcas municipais a cambio dun espazo de discutible utilidade, senón que tamén privou á vila dun amplo espazo que viña sendo utilizado, tradicionalmente, como zona de aparcamento no centro do núcleo urbano.

Compromiso X Galicia Boqueixón - Eduardo Neira único candidato nas primarias

Unha vez pechado o prazo para a presentación de candidaturas para encabezar a listaxe de Compromiso por Galicia no concello de Boqueixón, Eduardo Neira Pereira, máis coñecido como Dito Neira, é o único candidato presentado nas eleccións abertas á veciñanza que se celebrarán o próximo sábado 28 ás 21 horas no Restaurante Imprevisto (O Forte), e que é a fórmula que utiliza a organización galeguista para a escolla dos seus referentes nos concellos.

Dito Neira, reside en Ponte Ledesma, está casado e ten dúas fillas. A nivel profesional, é empresario autónomo dende o ano 1984, propietario da tenda Agricola Neira Varela e copropietario da empresa Neira Varela SL. A nivel político e social, foi cabeza de lista do galeguismo no Concello de Boqueixón nos anos 87 e 91 e foi Secretario e Presidente na Asociación de veciños Ponte Ledesma, Vicepresidente e Presidente do Club de Fútbol Boqueixón ou Vocal e Presidente ANPA Colexio Publico de Forte.

BNG Padrón - Recuperación de camiños en Pedreda

Xoán A. Santaló Rios, concelleiro do BNG na Corporación de Padrón, presenta a seguinte MOCIÓN para a recuperación dos camiños peonís do lugar de Pedreda.

Hai anos o lugar de Pedreda, na parroquia de Iria, contaba con dúas sendas peonís, unha que levaba ao medio do lugar de Pedreda e outra que conducía ao lugar de Roucón. Os veciños levan presentados numerosos escritos no concello, con rexistro de entrada de: 28-08-2006 (avalado pola sinatura de 79 veciños), 01-02-2007 e 21-11- 2008, nos que solicitan que o Concello proceda, cos medios legais á súa disposición, á recuperación de ambos sendeiros de uso veciñal, que foron ocupados por un veciño.

A día de hoxe os dous sendeiros seguen pechados, e os veciños de Pedreda teñen que dar unha longa volta para poder atravesar dun lado ao outro do lugar. 

Como testemuño da existencia da via peonil queda unha farola, que no seu día fóra solicitada e celebrada a súa consecución coma un éxito polos veciños, e que hoxe ilumina a fin dun camiño pechado. A farola do outro vial foi eliminada hai tempo. 

Polo anteriormente exposto o BNG, solicita do Pleno da Corporación Muncipal, a adopción do seguinte acordo:

ACORDO

1.- Que o Goberno do Concello se poña a trababallar para que se restableza, cando menos, un paso peonil para que se poida atravesar a aldea de leste a oeste sen ter que percorrer o longo camino a que se ven obrigados a día de hoxe os veciños e transeúntes.

Psoe Ames - O alcalde delegou as súas funcións en Agustín Hernández

Os socialistas de Ames veñen de presentar sendos escritos en relación ao interese que teñen tanto o alcalde de Ames, Santiago Amor, como o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, sobre a posibilidade de construir o parque comarcal de bombeiros na cidade compostelá e tamén, en relación á contrución dunha rotonda de dobre nivel no Milladoiro, co fin de solventar o tráfico que se achega ao polígono empresarial de O Milladoiro, anuncio que fixo o Sr. Hernández, tratándose dunha obra que concerne ao concello de Ames, e polo tanto ao alcalde amesá.
No mes de decembro o alcalde Santiago Amor presentou unha proposta coa que pretendía recuperar os terreos cedidos á Xunta de Galicia para edificar no Milladoiro o parque comarcal de bombeiros, “unha infraestrutura urxente e necesaria para o noso concello, xa que nestes momentos estamos desasistidos e temos que botar man de dotacións procedentes doutros concellos. Dito punto non saiu adiante porque o Grupo Socialista pediu que o tema quedara sobre a mesa mentres non houbera un pronunciamento oficial e por escrito da renuncia por parte da Xunta de Galicia a contruír o parque comarcal de bombeiros no Milladoiro”, explica o portavoz municipal dos socialistas de Ames, José Miñones.

“A nosa sorpresa vén en aumento cando saen ambos alcaldes, o de Ames e o de Santiago, afirmando que están a estudiar a posibilidade de trasladar a ubicación do parque comarcal de bombeiros a Santiago, cando nós seguimos tendo eses terreos cedidos á Xunta de Galicia, que a día de hoxe segue sen dicir nada ao respecto”, afirma Miñones. E engade: “descoñecemos o interese que pode ter o noso alcalde para ningunear desta maneira os intereses da cidadanía amesá, en favor dos intereses do Sr. Hernández. Por iso lle pedimos a Santiago Amor que nos explique que motivos lle levaron a retomar de novo este asunto?, e que nos confirme se está ou non en contra da construción do parque de bombeiros en Ames?. Cremos que os veciños e veciñas de Ames deben ser os primeiros en coñecer as resolucións que toma a alcadía respecto de temas que son do seu interese”.

O alcalde de Santiago goberna Ames?
E se os veciños e veciñas amesáns deben coñecer de primeira man asuntos que lles abranguen, non é menos certo que eses anuncios debería de facelos o máximo mandatario municipal, que non é outro que Santiago Amor, o seu alcalde. Aínda que os socialistas están a comprobar que, segundo declaracións do propio alcalde compostelá, Agustín Hernández, “é este último o que está levando o peso do concello amesá, xa que nestes días está a falar de obras que se van realizar no noso concello, como se fóra el o encargado de decidir sobre que equipamentos ou infraestruturas se van facer o van deixar de facerse”, afirman os socialistas.

“Non entendemos quen está a gobernar Ames. Hoxe sae Agustín Hernández anunciando un convenio co Ministerio de Fomento para a construción dunha rotonda de dobre nivel no Milladoiro que derivará o tráfico cara o polígono de O Milladoiro e cara Rosalía de Castro”, cuestiona o alcaldable Miñones.

Os socialistas cren que está rotonda non vai solucionar o problema de tráfico intenso da Rúa Rosalía de Castro pero “o que menos esperabamos era que este anuncio o fixera o alcalde de Santiago, por iso lle preguntamos ao goberno popular por que o alcalde compostelá é o encargado de anunciar unha obra que se vai realizar en Ames?”.

No seu escrito os socialistas tamén piden un informe completo dos estudos técnicos previos levados a cabo e que determinan que esta obra vai arranxar os problemas do tráfico rodado neste punto. Asemade, solicitan que, de existir este estudo, se lles indique quen o encargou e en que data. Por outra parte, o grupo municipal socialista reclama unha copia do proxecto, o orzamento que ten previsto e o tempo de execución.

Os socialistas de Ames lle recordan a Agustín Hernández que “xa no ano 2012, cando era conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestuturas, prometera a ampliación da depuradora de Sisalde e aínda estamos esperando, de feito se fala de que non estará rematada ata o ano 2037, isto o único que nos confirma é o cumpridora que é a súa palabra”, sentencian os socialistas.

Chevere - Balance dos 3 anos de residencia no concello de Teo

Tres novas producións escénicas, cinco Ultranoites, 85 funcións teatrais e 23 sesións formativas, cun total de máis de 10.000 espectadores, son o resultado dos tres primeiros anos de residencia da compañía teatral Chévere no concello de Teo.

Así o manifestou hoxe Xesús Ron, membro da compañía, nun acto convocado para presentar o programa 2015 de Chévere como compañía residente en Teo, que contou tamén coa presenza dos actores Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira, do alcalde de Teo, Martiño Noriega, e da concelleira de Cultura deste concello, Carme Hermida.

Dende que comezou o seu proxecto de residencia en Teo, Chévere levou actividades a 20 espazos distintos dentro do concello, e desenvolveu proxectos en colaboración co sector privado e con diferentes áreas do concello, como promoción económica, comercio, educación e igualdade.

Ron, que valorou a experiencia de xeito moi positivo, considerou que este modelo de residencia teatral resultou nunha “enorme proxección da compañía” non só dentro senón tamén fóra de Galicia, e citou como mostra o Premio Nacional de Teatro obtido recentemente por Chévere.

Neste sentido, Martiño Noriega considerou que a presenza de Chévere en Teo permitiu poñer a este concello “no mapa do conxunto do estado”, e resaltou o seu traballo “máis alá do seu perfil artístico” á hora de establecer relacións co tecido do concello.

Carme Hermida, pola súa parte, destacou tamén o traballo “interno” de Chévere á hora de entrar en contacto directo cos veciños, así como a proxección exterior que lle ofreceu ao concello.

Chévere, compañía residente en Teo

Despois de 25 anos traballando en Compostela, en 2012 Chévere iniciou en Teo un novo proxecto de residencia teatral único en Galicia. Trátase dun modelo experimental de relación público-privado, que ten como obxectivos fixar o funcionamento dunha compañía de teatro a un espazo estable implicándose nunha contorna local para rendibilizar o uso dos espazos públicos, mellorar a estabilidade laboral dos profesionais do teatro e capitalizar o prestixio e o know how dunha compañía como Chévere en beneficio da comunidade que a acolle.

Novas actividades para 2015

Patricia de Lorenzo, actriz e membro de Chévere, foi a encargada de presentar as actividades programadas pola compañía para o ano 2015 como parte do seu proxecto de residencia en Teo, que principian xa esta fin de semana con dúas funcións abertas ao público xeral da Ultranoite no País dos Ananos e unha terceira dedicada especialmente aos alumnos do IES Cacheiras.

Como principais novidades para esta tempada, de Lorenzo destacou a inclusión de actividades pensadas especialmente para o público máis novo, que se concretará na realización de varias funcións do espectáculo Alá no fondo hai sitio abondo, unha incursión no mundo da nanotecnoloxía que percorrerá os centros escolares de primaria do concello.

Ademais, durante os vindeiros meses porase en marcha un programa de compañías amigas, coas que Chévere mantén unha relación de intercambio e colaboración. Esta nova liña de traballo permitirá presentar en Teo a proposta da cooperativa madrileña Teatro del Barrio Autorretrato de un joven capitalista español, interpretada polo actor Alberto San Juan, así como un ensaio aberto de In memoriam, o novo proxecto da compañía galega El retrete de Dorian Gray.

O programa de actividades complétase coa representación de espectáculos como As Fillas Bravas e a Ultranoite no País dos Ananos, unha nova edición do Ultranoiteo e a proxección do documental A viaxe dos Chévere, obra do director Alfonso Zarauza.