Axenda e tempo do sábado 25 de xullo - Música, festivais, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Romaría dos libros en Mazarelos

Santiago - Festigal 

Santiago - Festas do Apóstolo

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Estalote

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

Santiago - Fonseca Elipsis de Rafael Navarro (ata o 29 de agosto)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)


O Tempo

Xunta de Galicia - Axudas para a rehabilitación de edificios de vivendas

A Xunta de Galicia destinará este ano 1,5 millóns de euros a axudas para a rehabilitación de edificios de vivendas dentro do programa de rehabilitación edificatoria do plan de alugueiro e rehabilitación 2013-2016, tal como establece a Orde que o Diario Oficial de Galicia (http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150721/AnuncioCA02-140715-0013_gl.html)publicou esta semana e pola que e regulan estas axudas e se convocan para 2015.

Os interesados disporán ata o 21 de agosto para presentar as solicitudes.

As subvencións reguladas por esta Orde están destinadas a cubrir parte dos gastos da realización de actuacións de rehabilitación, consistentes na execución de obras e traballos de mantemento e intervención nas instalacións fixas e equipamento propio, nos elementos e espazos comúns, en edificios de tipoloxía residencial colectiva que cumpran os requisitos establecidos no plan de alugueiro e rehabilitación:

a) Estar finalizados antes de 1981.
b) Polo lo menos o 70% da súa superficie construída sobre rasante teña uso residencial.
c) Polo menos o 70% das vivendas constitúan o domicilio habitual das persoas propietarias ou arrendatarias.

Poderán aceptarse excepcións no caso de edificios que presenten graves danos estruturais ou doutro tipo, ou que se destinen na súa totalidade ao alugueiro, durante polo menos 10 anos a contar dende a recepción da axuda.

Beneficiarios e contía
Poderán beneficiarse destas axudas as comunidades de propietarios e as agrupacións de comunidades de propietarios, así como as persoasfísicas que sexan propietarias únicas dun edificio de carácterpredominantemente residencial.

A contía máxima das subvencións a conceder por edificio non poderá superar o importe de 11.000 euros por cada vivenda e a mesmo importe por cada 100 metros cadrados de superficie útil de local. Dita cantidade será de 12.100 euros cando se trate de edificios declarados bens de interese cultural, catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente. Ao mesmo tempo, a axuda máxima non poderá ser superior ao 35 por cento do importe total da actuación, excepto no caso de actuacións de mellora da accesibilidade, no que poderá chegar ao 50 por cento.

Actuacións subvencionables
As actuación subvencionables e o seu importe máximo é o seguinte:

ACTUACIÓNS DE CONSERVACIÓN
Con carácter xeral
2.000 €
Se acometen simultaneamente actuacións para a mellora da calidade e sustentabilidade
+ 1.000 €
Se tamén se realizan obras de accesibilidade
+ 1.000 €
Máximo no apartado de actuacións de conservación
4.000 €

MELLORA DA CALIDADE E SUSTENTABILIDADE
Con carácter xeral
2.000 €
Se como consecuencia destas actuacións se reducise polo menos nun 50% a demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración do edificio, a subvención incrementase.
5.000 €
Máximo no apartado de mellora da calidade e sustentabilidade
5.000 €

MELLORA DA ACCESIBILIDADE
4.000 €

As contías sinaladas poderán incrementarse nun 10% cando se trate de edificios declarados Bens de Interese Cultural, catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente.

Plan RehaVIta
A convocatoria de axudas do programa de rehabilitación edificatoria que regula a Orde publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia está incluída entre as actuacións do Plan rehaVIta, Plan Galego de Rehabilitación, Aluguer e Mellora de Acceso a Vivenda 2015-2020, aprobado polo Consello da Xunta en febreiro de 2015 e que destinará máis do 46 por cento dos fondos previstos a actuacións de rehabilitación de vivendas e edificios de vivendas.

Unha das primeiras medidas de aplicación do Plan rehaVIta no eido da rehabilitación foi a sinatura de convenios co Ministerio de Fomento e os concellos realizada o 14 de marzo e na convocatoria de novas axudas para ARI.

No primeiro caso asináronse convenios cos concellos que tiñan actuacións pendentes nas súas áreas de rehabilitación, convenios que permitirán financiar con cargo a fondos do plan 2013-2016 un total de 508 actuacións pendentes, por un importe de máis de 5,8 millóns de euros. Pola súa parte, a convotoria de novas axudas para ARI suporá o reparto de 9,5 millóns de euros entre 2015 e 2016, o que permitiría a rehabilitación de mais 1.200 vivendas, así como actuacións de urbanización e reurbanización por parte dos concellos.

Ademais, o pasado seis de abril o Diario Oficial de Galicia publicaba a orde pola que se establecen axudas para a obtención do informe de avaliación dos edificios, documento que será necesario para acceder ás axudas de rehabilitación e obrigatorio para todas as vivendas de máis de 50 anos.

Esta orde prevé axudas por importe dun millón de euros, o que supón que preto de 50.000 vivendas poderán obter dito informe con axuda da Xunta de Galicia.

Por outra parte, o Consello da Xunta aprobou a finais de abril o pago de axudas do programa Renove do Plan de Vivenda 2009-2012 por importe de máis de 6,7 millóns de euros, que xa foron aboados aos beneficiarios.


Asemade, o IGVS traballa na convocatoria de axudas de rehabilitación no medio rural e en conxuntos históricos, financiadas exclusivamente con fondos autonómicos.

Obradoiro CAB - Marcos Castiñeiras obtuvo un 20% de descuento por traer a dos amigos

Marcos Castiñeiras, presidente de la peña All Sar, trajo a dos amigos a abonarse al Rio Natura Monbus Obradoiro y consiguió un 20% de descuento en su abono. “Vinieron a un par de partidos la temproada pasada y les comenté la idea de hacerse socio, que iban a disfrutar y que se hicieran de la peña”. Aunque también afirma que espera que no sean los únicos amigos que se apunten. “Siempre intentaremos seguir trayendo amigos, porque yo creo que para hacerte socio del Obradoiro tienes que ir a algún partido primero. No solo engancha el baloncesto en la pista, sino el ambiente y la grada”.

Aparte, Castiñeiras no solo es abonado, ya que también se hizo Amigo de la Fundación Heracles. “Me hice Amigo de la Fundación Heracles, pero no por los descuentos. Creo que cuando son cosas así, los socios, accionistas y aficionados que podemos colaborar, tenemos que hacerlo. Entiendo que por la situación económica por la que estamos pasando hay gente que no pueda, pero los que podemos tenemos que arrimar el hombro. Aunque yo en mi caso no es por el tema de los descuentos, sino por ayudar a los equipos base y al futuro. No podemos exigirle al club que haga un proyecto serio a largo plazo sin colaborar”.

No solo por traer amigos existen descuentos; también por renovar existe un 10% o en caso de ser accionista con más títulos de los mínimos, un 30%. Los abonados de temporadas pasadas tendrán también un 5% de descuento. Siguen también vigentes los Precios Reducidos para menores de 18 años, estudiantes menores de 25, parados de larga duración (más de seis meses), federados del baloncesto o mayores de 65.

Toda la información y gestiones se pueden realizar tanto en las oficinas del club en el Multiusos Fontes do Sar (Rúa Diego Bernal s/n) en horario de 10h a 14h y de 17h a 20h, como enlas páginas web de la Fundación Heracles (www.fundacionheracles.org) y del club (www.obradoirocab.com).

Brión - Restablecemento do servizo de abastecemento de auga

O Concello de Brión informa do restablecemento do servizo de abastecemento de auga ás 10:30 horas de hoxe venres, despois dunha avaría que deixou sen servizo a vivendas das parroquias de Brión e Os Ánxeles, así como a unha parte da parroquia de Bastavales durante a noite de onte. O servizo quedou restablecido ás 10:30 horas de hoxe e, segundo vai pasando o tempo, a auga vai recuperando a súa presión habitual.

Así mesmo, esta mañá o Concello de Brión sacou un Bando Municipal no que estable unha serie de restricións no uso da auga do servizo municipal de abastecemento. Deste xeito, queda prohibido o uso da auga procedente da rede municipal de auga potable para:

-          a rega de parques e xardíns (agás que se empregue rego por goteo, auga recuperada ou de pozo)
-          o baldeo de vías, rúas ou beirarrúas ou de elementos instalados nelas (agás que se faga con auga recuperada ou procedente de pozo).
-          o enchido de piscinas e o seu funcionamento sen circuíto pechado.
-          o uso da auga con fins ornamentais en fontes e instalacións que non dispoñan de sistemas de recuperación ou circuíto pechado.
-          o uso da auga para aparatos de refrixeración que non dispoñan de sistemas de recuperación ou circuíto pechado.


O alcalde, José Luís García, recorda a todos os veciños e veciñas de Brión a necesidade de facer un uso responsable da auga e aforrar no seu consumo, aínda que o subministro está garantido unha vez reparada a avaría. Porén, insta á Xunta a poñer en marcha canto antes o comprometido abastecemento do Tambre para Ames e Brión. “Na última visita falouse de que entraría en servizo este mesmo verán”, lembra José Luís García, “e a súa posta en marcha acabaría con calquera problema de desabastecemento no futuro”. 

Ordes - XXIV Feira de Cans de caza de Mesón do Vento

A primeira fin de semana de agosto Mesón do Vento será lugar de encontro para todas as persoas afeccionados e profesionais á caza. A XXIV Feira de Cans de Caza, a máis importante de todo o noroeste peninsular, terá o seu emplazamento no recinto feiral. 

O programa dará comezo o sábado 1 de agoso co I Campionato Concello de Ordes de Rastro de Xabaril. O prazo de inscrición para poder participar permanecerá aberto ata as 20 horas do vindeiro 31 de xullo no teléfono 689 550728. Os primeiros clasificados recibirán trofeos, lotes de pienso e otros agasallos. O sorteo dos participantes está posto para as 8 horas no mesmo recinto feiral e a cuota de inscrición, de 30 €, inclúe o xantar.

Xa o domingo, 2 de agosto, a partir das 8.30 horas abriranse as portas desta gran feira. Nela exporanse máis de 2.500 exemplares de setters, grifóns, teclees, bassets, beagles, podencos, jack terriers, dogos, gascóns, brunos de juras ou sabuesos entre outros. Os mellores exemplares recibirán distincións e premios variados. Tamén haberá carpas, postos de armerías, ademais de fábricas e distribuidores de piensos e de todo tipo de materiais e de elementos cinexéticos. Como novidade este ano tamén haberá unha feira onde poder mercar produtos de artesanía propios da comarca de Ordes.

Deputación Pontevedra - Sobre as declaracións do alcalde de A Estrada


Ante as declaracións do alcalde de A Estrada, José López, que pon en dúbida a anunciada vontade do novo goberno da Deputación de Pontevedra de unha repartición equitativa na distribución de recursos aos Concellos da provincia, o Goberno que preside Carmela Silva quere reiterar, como vén anunciando dende a súa toma de posesión, que haberá un tratamento xusto, sen excepcións, os 62 concellos da provincia.

A presidenta da Deputación insiste en que “o alcalde sabe perfectamente que iso non era así coa Deputación gobernada por Louzán e iso demóstrase vendo os discriminatorios investimentos que se fixeron, que se daban tendo en conta a afiliación política dos alcaldes”

Carmela Silva asegura que esas prácticas remataron. “Este novo goberno vai ter un comportamento radicalmente distinto. Vaise pasar da arbitrariedade á transparencia, ao rigor e á obxectividade. O propio alcalde de A Estrada vén a dar a razón aos principios que defende o actual gobernó. É  certo, como di, que os concellos intermedios teñen necesidades diferentes aos grandes e aos de menos de 20.000 habitantes. Exactamente por iso xa o martes faremos unha reunión cos de menos de 20.000 e faranse outras cos intermedios e cos de máis de 50.000”


A Presidenta empráza o alcalde de A Estrada a coñecer os plans da nova Deputación antes de facer declaracións e considera un grande erro que queira posicionarse de forma partidaria. “Empezamos mal se pretende facer oposición ao novo goberno. Iso compételle en todo caso aos deputados provinciais do Partido Popular. Sen ánimo de dar consellos: é mellor ter serenidade antes de facer afirmacións que mostran o temor a que o actual goberno faga o que facía Louzán, tratar mellor o que era alcalde do seu mesmo partido. Iso non volverá acontecer. Viñemos para rematar con ese modelo clientelar

Santiago - Festas do Apóstolo sábado 25

O sábado 25 de xullo, celebramos o Día grande das Festas do Apóstolo 2015 e como tal a xornada estará centrada pola mañá nos actos institucionais coa procesión, a partir das 10.00 h, do Padroado do Apóstolo Santiago e Ofrenda Nacional ao Apóstolo na S.A.M.I. Catedral. Pero tamén haberá cita coa troula xa que a partir das 12.30h haberá pasarrúas coa Charanga de Cabezudos pola cidade histórica. Xa pola tarde, ás 18.00 h haberá unha exhibición de taekwondo con campións do mundo deste deporte na Praza do Obradoiro, ás 22.00 h teremos concerto de Sumrrá & Friends na Praza da Quintana e a partir das 22.30h, orquestra na Alameda.

Exhibición de taekwondo
O Clube Han´s Horang-i, organiza, en colaboración coa Xunta de Galicia e a concellaría de Deportes de Compostela, unha exhibición de taekwondo a partir das 18.00 h na praza da Quintana. Nela poderemos ver ao equipo Nacional de Seul, campións do mundo de exhibición, que nos amosará a especial tradición deste deporte no seu país. Fan un espectáculo moi rechamante con máis de 5 metros de altura demostrando distintos rompementos típicos desta arte marcial e combinados con multitude de acrobacias. 

Sumrrá&Friends
O concerto central do 25 de xullo é o que darán Sumrrá & Friends na Praza da Quintana a partir das 22.00 h e con entrada libre, como todas as actividades das festas. Formado polos músicos Manuel Gutiérrez (piano), Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo) e L.A.R. Legido (batería), o trío de jazz SUMRRÁ está considerado como "o trío máis innovador da escena española" (Candido Querol).

Trátase dunha formación cunha das traxectorias máis sólidas e constantes da escena jazzística española, cON gran proxección internacional, como certifican as súas xiras por Bolivia, Francia, Bulgaria, Portugal ou Sudáfrica e o seu paso por numerosos festivais como Jazz Plus Festival (Sofía), Festival San Juan Evangelista (Madrid), Johannesburg Joy of Jazz (Southafrica), Festival de Jazz ImaxinaSons (Vigo), Ciclo de Jazz 1906 (Valencia, Barcelona, Bilbao, Oviedo), Festival de Jazz de la Paz (Bolivia), Festival de Jazz de Santa Cruz (Bolivia), Festival de Jazz de Alcudia (Mallorca)…

Dende os seus inicios na cidade de Compostela, Sumrrá engaiolou a crítica e público cun jazz inclasificable, melódico e moi aberto, destacando a orixinalidade das súas composicións, a calidade dos seus integrantes e a frescura dos seus directos. Sumrrá non entende de modas, de etiquetas, nin de estilos. Pasaron 14 anos dende esta feliz reunión, que no jazz é moito tempo, e o trío continúa reinventándose e alimentándose dos proxectos paralelos dos seus compoñentes.

Ames - presentación do plan municipal de protección ante emerxencias por incendios

Onte o salón de Plenos da Cas do Concello acolleu a presentación do plan municipal de protección ante emerxencias por incendios forestais. A través deste plan, que se activa durante a época estival, artéllanse e organízanse os medios persoais e materias dos que dispón o Concello de Ames, para paliar as consecuencias no caso de que un incendio forestal se converta nun perigo para as persoas e os bens municipais. As medidas e ferramentas aplicadas pola Administración local pódense dividir en dúas; preventivas e de colaboración na disposición de medios enfocados á defensa das persoas e dos bens como consecuencia dos incendios forestais. 

O alcalde de Ames, José Miñones, foi o encargado de realizar a presentación deste plan. Neste acto tamén estiveron a concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Catuxa García, o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, a concelleira de Sanidade e Servizos Sociais, Luísa Feijóo, varios técnicos municipais dos departamentos de Obras, Medio Ambiente e Desenvolvemento Local, así como o oficial da Policía Local e os membros que forma a brigada de prevención e extinción de incendios forestais do Concello de Ames, que está formada por cinco peóns e un xefe de brigada. 

O rexedor municipal explicou que “neste documento de traballo recóllense os medios de persoal e material para poñer a disposición do distrito forestal en caso de declararse un lume no monte amesán. A través deste plan trátase de ordenar e artellar os medios dos que dispón o Concello de Ames no caso de que exista a necesidade de actuar na extinción dun incendio forestal”. Por último engadiu que “de cara aos vindeiros anos trataremos de reforzar o traballo de prevención”.

En canto á disposición de medios enfocados á defensa das persoas e dos bens como consecuencia dos incendios, o Concello de Ames acordou a contratación dos servizos dun tractor forestal e tractorista con cisterna e lanzadeira anti-incendios con dispoñibilidade para os días de alto perigo de incendios forestais. Este tractor forma parte dos equipamentos que pode mobilizar o Concello en situacións de especial risco, formado por medios achegados por concesionarias de servizos públicos e outras empresas. Entre estes, destaca un camión cisterna, unha pala de rodas, outra de cadeas, bombas de achique e maquinaria.

Operativo municipal de prevención e defensa

O operativo municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais está dirixido polo alcalde de Ames, José Miñones, e está composto por diferentes grupos operativos e persoal municipal. Deste xeito, consta dun grupo de intervención e outro de seguridade, no que se inclúen membros da Policía Local, a Garda Civil, Policía Autonómica ou da brigada de medio ambiente. O operativo tamén conta cun grupo de transmisións e con outro sanitario e de acción social, no que se inclúen traballadores sociais, médicos de atención primaria, farmacéuticos, veterinarios e persoal da Cruz Vermella. 

O obxectivo é unir esforzos e colaborar con medios propios e concertados na extinción de incendios. O Concello de Ames pon a disposición do distrito forestal todos os medios posibles para atallar estas situacións de risco. Con todo, o goberno municipal fai un chamamento á colaboración da cidadanía para que colabore con este plan. Concretamente solicita que quen se decate da existencia dun incendio o comunique ao teléfono 085 ou 112 e que se poña en coñecemento das forzas e corpos de seguridade calquera movemento sospeitoso.

Silleda - Xornada de portas abertas en Carboeiro

O mosteiro de Carboeiro celebra hoxe unha nova xornada de portas abertas. Así, e tal e como recolle a ordenanza reguladora sobre estas instalación, mañá día 25 de xullo, Día de Galicia, non se cobrará a taxa de entrada ás dependencias monacais.

Os outros dous días de entrada libre son o 18 de maio, Día Internacional dos Museos, e o 10 de agosto día de San Lourenzo, patrón de Carboeiro.

Por outra banda esta tarde onte quedou aberta ao público na sala de exposicións do mosteiro a exposición “Ensueño”, con pinturas de Xosé Germán Fernández González.

Nado en Grobas, no termo municipal de Piñor (Ourense) en 1956, Xosé Germán Fernández é un apaixoado da pintura, de formación autodidacta. Comezou a pintar no entorno onde o Nobel galego Camilo José Cela se inspirou para escribir a obra “Mazurca para dos muertos”, en Moire, Mesóns do Reino.

É precisamente na casa natal do Beato Juan Jacobo, Parente do citado escritor, onde o autor ten unha mostra permanente cos seus traballos.

Germán é membro da asociación cultural Santa María de Carballeda e é ademais colaborador asiduo con outros coletivos culturais da comarca ourensana, participando en exposicións tanto individuais como colectivas.

A mostra Ensueño poderá verse en Carboeiro ata finais do vindeiro mes de agosto.

Axenda e tempo do venres 24 de xullo - música, festa, exposición

Santiago - Numax 

Santiago - Atardecer no Gaias - Lulavai

Santiago - Festigal 

Santiago - Festas do Apóstolo

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Estalote

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

Santiago - Fonseca Elipsis de Rafael Navarro (ata o 29 de agosto)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)


O Tempo

Teo - Posición do concello respecto as declaracións de Paula Prado sobre as brigadas de incendios

Diante das declaracións de Paula Prado sobre as políticas do Concello de Teo en materia de prevención de incendios o alcalde de Teo, Rafael Sisto, lamenta “que o Partido Popular aposte pola precarización do servizo de extinción de incendios propoñendo asumir a trampa para os concellos das brigadas antiincendios”. 

En Teo funciona un servizo municipal de emerxencias “soportado única e exclusivamente con fondos propios municipais, sete persoas que forman parte do cadro de persoal, e curiosamente foron os únicos que estiveron no lugar do incendio de Mouromorto pola noite” explica o rexedor. Nos últimos anos a Xunta de Galicia “artellou un sistema de subvencións para brigadas que conseguiu seguir avanzando no desmantelamento do sistema de extinción e pasándolle a pelota aos Concellos que pasan a cofinanciar o sistema pero sen ter ningún control sobre os medios humanos que utiliza a Xunta segundo as súas necesidades”. 

Teo “aposta por un sistema de resposta máis rápido e eficaz e non por solicitar subvencións para brigadas que poden estar a quilómetros do Concello cando comece un lume en Teo” explica o rexedor. O Servizo Municipal de Emerxencias de Teo foi nos últimos anos o primeiro en chegar a accidentes ou incendios xa que segundo a planificación das emerxencias e da política de emerxencias da Xunta é máis operativo desplazar equipos dende Ordes ou A Estrada que colaborar no mantemento dos municipais. 

A responsabilidade do goberno teense nos últimos anos mídese con datos. O cadro de persoal do SME conta cun encargado e 6 oficiais e un investimento económico anual que se achega aos 150.000 euros. Conta con 2 camións motobomas, unha de 4.000 litros e outra urbana de 2.000. Ademais ten unha pick up de intervención rápida cun depósito de 400 litros. Grazas ao traballo deste equipo humano hai sinalización de hidrantes en todo o Concello que facilita o traballo propio e o das brigadas forestais de Medio Rural. 

Sobre o incendio de Mouromorto o rexedor destaca “o comedido das miñas declaracións ó día seguinte que contrastan coa imprudencia do PP local e da deputada Paula Prado”. E destaca que “o que aconteceu aquel día evidenciou a falla de previsión da Xunta para enfrontar varios incendios despois dun mes de xuño moi seco, no que os medios aéreos tardaron moito en chegar a pesar do perigo para as vivendas, unha xornada na que a UME viña cara Teo e tiveron que desprazala no camiño cara Ourense”. 

O alcalde de Teo convida ao Partido Popular a facer pública “a evolución desas brigadas antiincendios solicitadas polos Concellos nos últimos anos xa que igual se evidencia a nula efectividade desta ferramenta”. 

Respecto das competencias do Concello de Teo sobre a limpeza de fincas destacar que se está cumprindo con elas estrictamente e se están tramitando todas as queixas e reclamacións que se presentan por ese tema. 

Festigal - Concertos do 24 e 25

O Festigal 2015 ten todo preparado para as dúas xornadas de festa reivindicativa do 24 e do 25 de xullo no campus sur de Santiago de Compostela, coas actuacións de Ruxe Ruxe, Sokram, Familia Caamagno, Ibuprofeno Teatro, Superoito, Caxade, Carapaus, o Mago Antón Habelas Hainas e Maianas, ademais do cento de actividades previstas no marco do Día da Patria Galega.

A noite do 24 de xullo, o Festigal abre coas Maianas, o grupo gañador do concurso "Novos Valores" que introducirán temas de composición propia nos que mesturan a creación melódica e lírica. Acompañan as voces con instrumentos tradicionais de percusión como pandeiretas, pandeiras, pandeiros ou carrizos, ademais doutros instrumentos pobres como cunchas ou cuncas.

Habelas Hainas ten o seu punto de partida na música tradicional e de raíz, sentíndose parte dunha tradición longa e viva da que xorde a natural necesidade de expresárense, sempre dende unha ollada feminista e plural. Isto lévaas a explorar outras músicas, crear os seus propios temas e experimentar coa tradición. Esta permanente inquedanza reflítese na indagación e aproveitamento dos diferentes recursos dos instrumentos tradicionais, creando un son enérxico, fresco e orixinal.

Caxade, acompañado da Banda de Música da Bandeira, porá o punto polp-pok de banda popular de música com arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da velha Europa. Música elegante, modesta e sinxela, surrealismo pós-modernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico. Este proxecto que se inicou na internet, con video-creacións como «Gente Pota», após do extraordinario acollemento do público e da crítica que tivo o seu disco de estrea «A Dança dos Moscas» e despois de máis de 70 concertos de presentación, Caxade é agora un referente da nova música galega.

Ruxe-Ruxe é unha banda lendaria no panorama do rock galego que soubo gañarse a pulso o respecto e o cariño do público. Pasou xa moito tempo dende aquel ano 1996 no que naceu esta formación que presentará no Festigal a súa décima achega discográfica: «Un Mundo Perfecto», con 14 novos temas nos que reflicten a súa personalidade nunha viaxe a un universo sonoro de cor e soños onde as súas reivindicativas letras nos falan da amizade, do amor, da vida ou mesmo as loitas persoais, sempre en clave optimista e desenfadada.

Sokram é unha das voces de peso en Dios Ke Te Crew e unha das personalidades máis prolíficas e irreverentes do famoso colectivo hip hop. Neste 2015 editou o seu primeiro Lp en solitario titulado “Chuvia Ácida”, con letras brillantes e a versatilidade e potencia vocal de Sokram que bailan á perfección cos ritmos e melodías secuenciadas e retorcidas pola alquimia das máquinas de Mou e cos camaleónicos sons das guitarras de Santino. Hip Hop, rap e electrónica que se contorsionan con Rock&Roll, con Funk e Blues, Hardcore e Psicodelia.

O Café Concerto do 25 de xullo, iniciarase coa maxia do Mago Antón, despois Isabel Risco e Marián Bañobre van dinamizar a festa co espectáculo "O Furancho", para seguir co folk de Carapaus co último disco "Déixao andar"; co rock de Familia Caamagno e con Superoito.

Ames - Os comerciantes de Bertamiráns poderán abrir este sábado

O Concello de Ames, a través da concellaría de Promoción Económica, informa de que este sábado, 25 de xullo de 2015, os establecementos comerciais de Bertamiráns cunha superficie útil para a exposición e a venda ao público de ata 300 metros cadrados, excluídos os pertencentes a empresas ou grupos de distribución que non teñan a consideración de pequena e mediana empresa, poderán exercer a súa actividade dentro do horario habitual do mercado de rúa, é dicir entre as 16:30 e as 20:30 horas.

Segundo establece a Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, modificada pola Lei 1/2013, no seu artigo 5.2 os establecementos comerciais deberán permanecer pechados os días 1 de xaneiro, 1 de maio, 17 de maio, 25 de xullo e 25 de decembro.

A pesar disto no artigo 8 desta mesma lei establécese que estas restricións non afectan aos establecementos de venda de pastelería; repostería; churrarías; pan; pratos preparados; prensa; flores e plantas; as denominadas tendas de conveniencia; aos establecementos de venda de combustibles e carburantes. Poden abrir en Bertamiráns e no Milladoiro sen restrición horaria.

Esta restrición tampouco afecta aos establecementos comerciais situados no contorno inmediato da celebración de feiras e mercados tradicionais, durante o mesmo horario no que teña lugar o devandito mercado, sempre e cando dispoñan dunha superficie útil para a exposición e a venda ao público de ata 300 metros cadrados, excluídos os pertencentes a empresas ou grupos de distribución que non teñan a consideración de pequena e mediana empresa.

Oroso - Homenaxe a Banda "Lira" de Senra

O campo da festa de Senra acollerá este domingo 25 de xullo unha homenaxe á Banda “Lira” de Senra, unha formación fundada en 1900 por Constante Rey e que se desfixo no ano 1970. Unha homenaxe aberta a toda a veciñanza, organizada pola Asociación de Veciños de Senra e a Coral Polifónica Santa Eulalia en colaboración co Concello de Oroso, a Deputación da Coruña, a Banda de Música de Ordes, a Banda de Arca e a asociación folclórica Buxos Verdes.

A homenaxe contará coa participación dunha ducia de integrantes da Lira de Senra e estará aberta á participación de toda a veciñanza, salvo o xantar de homenaxe para o que será preciso retirar un ticket-invitación. A homenaxe comezará ás 12:30 horas cunha misa na Igrexa de Senra que dará paso a unha actuacións musicais, a iso das 13:00 horas, no campo da festa de Senra a cargo da Asociación Folclórica Buxos Verdes, do dúo Alborada, Banda de Música de Ordes e Banda de Arca.

Ás 14:30 horas terá lugar o xantar de confraternidade, cuxos tíckets están á venda no Bar Zapateiro de Senra ou a través de calquera membro da Asociación de Veciños de Senra. O prezo é de 25 euros para adultos, 10 euros para nenos e nenas (de 5 a 12 anos) e gratuíto para menores de 5 anos.

Ás 16:30 horas terá lugar o acto de homenaxe aos integrantes da Lira de Senra, que dará paso a un concerto a cargo da Banda de Música de Ordes e da Banda de Arca. E a partir das 19:30 horas, foliada con actuacións variadas.

Lira de Senra
Segundo contan os veciños, a Lira de Senra foi fundada, entre outros, por Constante Rey Castromil sobre o ano 1900. Os comezos da banda foron complicados. Constante aprendera algo de música en Cardama, sendo os seus mestres tres irmáns desta parroquia coñecidos como “os irmáns da Casa de Anxelo”. Ademais de Constante tocaban José Barreiro Castro, máis coñecido como “José de Ramón”, Mosqueira do Regueiro, Xacinto de Ardrís, Chinto de Cardama e algún máis. A medida que avanzaban os anos, algúns deles regresaban do exército e traian consigo novas pezas e máis coñecementos musicais. A banda ía pouco a pouco aumentando en número pero non tiñan director, Constante ou José Ramón facían as veces de directores.

No 1915 aparecen numerosas partituras arregladas por José Barreiro Castro. Nos anos 20 e principios do 30 a banda empeza a ter contactos con numerosas casas de música doutros lugares de España. Ata o 1936 a banda viña realizando unha media de 35 actuacións por ano sendo a maioría polos arredores: Senra, Cardama, Gándara, Budiño, Marzoa e algunha outra en Santiago. Nos anos da guerra é cando máis bandas se desfán por causa do recrutamento da maioría dos membros. Aínda así a banda Lira de Senra realiza unhas 14 actuacións no 36 e 19 no ano 39.

Pasados estes anos a banda volvese a formar e empezan de novo os ensaios, que son realizados en diferentes lugares o longo da vida da banda ( na casa de Rey e na taberna na casa de Gaspar). Aparece no 1945 a figura do director, que sería Mariano Rodríguez, aínda que nos seguintes anos o posto de director sería ocupado por varias persoas. É nestes anos cando ven a mellor época da banda con máis de 30 compoñentes e Ángel Pereiro Cores de director. Nesta época facían máis de 70 actuacións no ano e ensaiaban dúas veces por semana. En 1970 a banda se desfai definitivamente. A marcha do director uns anos antes, unido a que algúns músicos marchan para a banda de Arca, provoca a desaparición desta gloriosa banda, que fixo historia no municipio.

Ames - Conmemoración do Día de Galicia

O Concello de Ames conmemorou este xoves, 23 de xullo, o Día de Galicia cun acto institucional no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Neste acto presentouse o novo dominio da páxina web municipal, que dende hoxe dispón do dominio .gal. Deste xeito, tamén se pode acceder ao sitio web do Concello de Ames a través do enderezo www.concellodeames.gal. Ademais, o acto estivo amenizado coa música do grupo amesán de pandereteiras As Maianas e dous rapaces do club de piragüismo Ribeiras do Tambre (Juan Alfredo Martínez e Lorena Viaño Del Río) leron un manifesto institucional acordado entre os grupos políticos da corporación municipal de Ames.

O acto conmemorativo do Día Nacional de Galicia foi un evento sinxelo e aberto a todos os veciños e veciñas de Ames no que participaron todos os grupos que forman parte da corporación municipal. Comezou arredor das 21:00 horas cunha actuación do grupo amesán de pandereteiras As Maianas.

A continuación, o alcalde de Ames, José Miñones, abriu o acto cunha intervención que lle deu paso á concelleira de Comunicación, Isabel Vaquero, que foi a encargada de facer a presentación do novo dominio da páxina web municipal, que dende hoxe dispón do dominio .gal. Deste xeito, tamén se pode acceder ao sitio web do Concello de Ames a través do enderezo www.concellodeames.gal.

A edil de Comunicación explicou que “co dominio .gal o Concello de Ames quere contribuír á construción permanente da identidade galega, baseada na súa lingua e cultura, que é o que representa a existencia deste dominio propio no mundo virtual e da Internet”. Trala intervención de Isabel Vaquero, volveron a actuar As Maíanas.

De seguido, un rapaz (Juan Alfredo Martínez Pereiro) e unha rapaza (Lorena Viaño Del Río), pertencente ambos os dous ao club de piragüismo Ribeiras do Tambre leron un manifesto institucional acordado entre os grupos políticos da corporación municipal de Ames. 

Recuperación da capela do Pazo da Peregrina

Ademais, cómpre salientar que se recuperou o uso da capela, que está situada no Pazo da Peregrina, para dedicala a arquivo histórico de Ames e do Val da Maía. O acto rematou cunha nova actuación do grupo amesán de pandereteiras As Maianas, que lle puxo o punto e final a este evento cantando o himno galego xunto a todos os veciños e veciñas que se achegaron ata o Pazo da Peregrina.

Santiago - Vídeo de Imelda May e programa de festas de hoxe 24 de xullo

Cheo absolutona Quintana para ver a Imelda May, en algún momento chegouse a pechar a praza por motivos de seguridade. Un concerto que abriron os Composteláns Rockin' Corsarios que caldearon o ambiente durante unha hora para dar paso a Imelda que tivo o público entregado desde o primeiro moento.
Esta é unha pequena mostra do concerto


E hoxe, 24 de xullo, ten como Prato forte un dos eventos máis esperados das Festas: o espectáculo nocturno e Fogos do Apóstolo. Serán na praza do Obradoiro a partir das 23.30 h deseñados, este ano, por Acciona Producciones e Diseño-Pirotecnia Ricasa. Pero hai outras moitas citas na xornada que comeza ás 12.00h co Encontro de Xigantes e Cabezudos na praza da Quintana e xa ás 12.30h na do Toural. A partir das 22.00h teremos concerto de Linda Martini na Praza da Quintana onde tamén estarán pero xa ás 24.00 h Kumpania Algazarra. Péchase o día ás 24.00h coa orquestra Miramar na Alameda.

Espectáculo Nocturno e Fogos do Apóstolo
Este ano, o fío condutor será a celebración da declaración de Santiago de Compostela como cidade Patrimonio da Humanidade, da que se cumpren 30 anos. A principal novidade desta edición é que o espectáculo ocupará diferentes espazos da praza do Obradoiro xerando unha sensación envolvente, xa que as proxeccións multimedia mostraranse sobre as fachadas da Catedral e do Pazo de Raxoi. Ademais, haberá diferentes xogos lumínicos e pirotécnicos noutros espazos da praza, coma o Hostal e o Reitorado. O espectáculo comporase de sete escenas a través das que se amosarán tradicións arraigadas na cultura galega, elementos icónicos do Camiño de Santiago, e percorreranse os lugares máis emblemáticos da cidade, que levaron a que, hai 30 anos, a UNESCO declarase o casco histórico de Santiago de Compostela como Patrimonio da Humanidade.

Será un espectáculo multimedia no que se empregarán técnicas audiovisuais punteiras coma o warping (proxección de imaxes sobre edificios aproveitando os seus relevos), efectos especiais, pirotecnia e música. Este ano, o elemento humano cobrará maior importancia e formarán parte da posta en escena un pernilongo que percorrerá a praza, unha banda de gaiteiros e outros músicos que interpretarán en directo a banda sonora do espectáculo.

Esta edición dos Fogos do Apóstolo terá carácter inmersivo, coa utilización, por primeira vez, de varios espazos da praza do Obradoiro dende os que se combinarán proxeccións, efectos lumínicos, xogos pirotécnicos e músicos reais que permitirán ao espectador gozar dun escenario de maior amplitude e vivir unha experiencia en 360º. Dáse así unha solución ao problema que supoñen as obras de recuperación da fachada de la Catedral, que obrigan a minimizar as proxeccións sobre a mesma pola dificultade que entraña a lectura de imaxes sobre a estada. Instalaranse 11 proxectores de vídeo de 22.000 lumens cada un, 36 proxectores móbiles de luz, 6 torres de son envolvente cunha potencial total de 100.000 W e case 5.000 artefactos pirotécnicos.

Linda Martini e Kumpania Algazarra
Os concertos da noite do 24 na praza da Quintana serán con dúas bandas portuguesas: os Linda Martini a partir das 22.00 h e Kumpania Algazarra a partir das 24.00 h. Os Lidna Martini son unha banda de rock nacida no 2003 e que na actualidade está formada por A. Henriques (voz e guitarra), C. Guerreiro (baixo e voz), H. Morais (Vatería e voz) e P. Geraldes (guitarra e voz), que son catro dos cinco membros que fundaron a banda. Estiveron en festivais cona o Optimus Alive, Paredes de Coura, o Primavera Sound ou o Rock in Rio.

Despois deles chegará Kumpania Algazarra, unha banda nacida nas rúas de Sintra no 2004 pero que tamén son unha formación de escenario. Nestes 10 anos que ten de vida actuou nos mellores festivais de Portugal e viaxou a moitos países ofrecendo a súa música baseada na fusión e na coctelería musical e que nos remite a artistas como Muchachito Bombo Inferno, Mano negra, Goran Bregovic ou Tonino Carotone.

Plataforma Victimas Alvia - Declaracións do presidente Jesús Domínguez

Hoxe ten lugar, no Pazo do Faramello, a asamblea anual da Plataforma de Afectados polo accidente de Angrois. Mañá esta previsa unha concentración no Obradoiro as 11 da maña e unha homenaxe na Colexiata de Sar as sete da tarde.

Falamos co presidente Jesús Dominguez que nos explica  as súas reclamacións, pídelle ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que esté máis calado e trate mellor as víctimas e que lembre que o ano pasado mandou os antidisturbios. A Plataforma destaca o trato recibido polo concello de Santiago en comparación co ano pasado onde todo forn pegas.

Axenda e tempo do xoves 23 de xulo - festas, música, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Atardecer no Gaias - León Benavente

Santiago - Festas do Apóstolo

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Estalote

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

Santiago - Fonseca Elipsis de Rafael Navarro (ata o 29 de agosto)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)


O Tempo

Casa das Crechas - Lar Legido e amigos

Continúa o Via Sacra Fest organizado polos tres locais que dan a este espazo emblemático: Cervantes, Albaroque e Casa das Crechas. Mañá acollerá un concerto de LAR Legido e amigos que se van unindo ás súas harmonías. 
LAR Legido é un dos mellores bateristas do panorama jazzístico estatal e forma parte de varias formacións de éxito, como Sumrrá. Durante tres xoves de xullo traerá amigos do mundo do jazz que nos asombrarán co seu talento. 

Ames - Conmemoración do Día da Patria Galega

O Concello de Ames celebra este xoves, 23 de xullo, ás 21:00 horas, o Día de Galicia cun acto institucional no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Neste acto vaise a presentar o novo dominio da páxina web municipal, que dende mañá pasará a dispor do dominio .gal. Deste xeito, o enderezo do sitio web do Concello de Ames tamén será www.concellodeames.gal. Ademais, un neno e unha nena do club de piragüismo Ribeiras do Tambre lerán un manifesto institucional acordado entre todos os grupos políticos con representación na corporación municipal de Ames. Tamén haberá música a cargo do grupo amesán de pandereteiras As Maianas.

O acto institucional co gallo do Día Nacional de Galicia vaise desenvolver este xoves, 23 de xullo, ás 21:00 horas, nos exteriores do Pazo da Peregrina. Será un evento sinxelo e aberto a todos os veciños e veciñas de Ames no que participarán todos os grupos que forman parte da corporación municipal. Dende o goberno e dende os partidos da oposición animan a veciñanza amesá a que asistan a este evento municipal.

Está previsto que neste acto se presente o novo dominio da páxina web municipal, que dende mañá pasará a dispor do dominio .gal. Deste xeito, o enderezo do sitio web do Concello de Ames tamén será www.concellodeames.gal. Ademais, un neno e unha nena do club de piragüismo Ribeiras do Tambre lerán un manifesto institucional acordado entre todos os grupos políticos con representación na corporación municipal de Ames. Tamén haberá música a cargo do grupo amesán de pandereteiras As Maianas.

Santiago - Festas do Apostolo xoves 23

Artellando pon punto e final á súa programación mañá xoves pola tarde con Mamá Cabra, María Fumaça, danza, circo, obradoiros e xogos infantís na Romaría Cativa de Bonaval que se celebra de 16.00 a 21.00 h. Na xornada deste xoves teremos tamén Artellando nos Barrios e nos Recunchos pola mañá e á noitiña; concerto da Banda Municipal xunto a Cantigas e Agarimos nas Pratarías ás 20.00 h e pechamos o día con Imelda May e Rockin’ Corsarios ás 21.00 h na praza da Quintana. Todas as actividades teñen entrada libre.

Banda Municipal de Música con Cantigas e Agarimos
‘A Banda Municipal e Cantigas e Agarimos’ é o nome do segundo concerto que a Banda presenta dentro das Festas do Apóstolo tras o ‘Coros Antolóxicos de Zarzuela’ que ofreceu o pasado domingo xunto ao Coro Liceo de Vilagarcía. Nesta ocasión, e dirixidos por Juan Miguel Romero LLopis, ofrecen un programa con obras de B. Del Río, M. De Santiago, Mato Hermida, Bello Mallou, A. Alcalde, Carracedo e Rey Pose. Estarán acompañados polo coro, grupo de gaitas e de baile de Cantigas e Agarimos, dirixidos por Xaquín Xesteira, Ramón Maril e Pedro Brañas, respectivamente.

Cantigas e Agarimos fundouse no ano 1921 en Santiago de Compostela, o que a converte nunha das agrupacións máis antigas dedicada á recuperación, conservación e transmisión da cultura tradicional galega. Nos seus inicios na agrupación tiñan coro e grupo de teatro e a primeiros dos anos 70 comezou a funcionar o grupo de baile. A través das súas seccións actuais de coro, grupo instrumental, grupo de baile e pandeireteiras, e máis antigamente grupo teatral, acadaron numerosos premios e referencias varias dos historiadores da nosa cultura. Teñen percorrido innumerables festivais e certames de todo o mundo recibindo diversos premios e colaborando con algúns dos máis importantes grupos da música galega.

Imelda May e Rockin’ Corsarios
O rock and roll e o rockabilly xenuíno de Imelda May serán protagonistas nesta xornada de xoves. A partir das 21.00 h na praza da Quintana, abrirán a noite Rockin’Corsarios, e ás 22.00h Imelda May dará o que é o seu primeiro concerto en Galicia. Irlandesa, comezou a súa carreira musical aos 16 anos tocando con varias bandas locais antes de formar a súa propia no 2002 Publica o seu álbum debut, ‘No Turning back’, un ano despois. O pasado ano, 2014, publicou xa o seu terceiro traballo, ‘Tribal’ que é o que nos presentará en Compostela.

Recoñecida polo seu gran talento vocal non é o único xa que tamén toca diversos instrumentos coma o bodhrán, baixo, a guitarra e a pandeireta. O seu estilo musical é un renacemento do rockabilly e fíxolle recoller xa diversos premios coma o de ‘Mellor Artista Feminina de Irlanda’ no 2009.

Artellando
Os concertos de Mamá Cabra e María Fumaça, circo a cargo da Compañía Duelirium, danza con a Compañía Traspediante, obradoiros de percusión con Trópico de Grelos, obradoiros de manualidades con Babaluva, espazo de xogos populares e xogo libre e algunha que outra sorpresiña máis protagonizarán o xoves pola tarde a Romaría Cativa de Bonaval. O festival infantil, que comezará nos Arcos de Bonaval a partir das 16:00 horas e se prolongará até as 21:00 horas da noite será o prato forte da programación Artellando da xornada.

Coa Romaría Cativa e co resto de programación prevista para o día, Artellando poñerá este xoves o punto e final á súa programación, despois de seis días de espectáculos polos barrios da cidade e do rural de Santiago no que participaron máis de 130 artistas.

Ademais da Romaría Cativa pola tarde, Artellando tamén terá mañá en horario de mañá programación. Ás 12:30 horas, Larraitz Urruzola estará no Centro SocioCultural Brañas de Andrés con ‘Babamor’; e a esa mesma hora, pero no Local SocioCultural de Amio, terá lugar unha nova contada de Brais das Hortas.

Xa pola tardiña, ás 21:30 horas, nas escaleiras do Museo do Pobo Galego, a compañía Vueltos de Rosca presentarán ‘Totum revolutum’, un espectáculo de circo.

Lindeiros - Mañá Leilia en Padrón, incluimos entrevista a Monse e Felisa sobre a asociación A Arreixeira

Mañá venres, día 24 de xullo, Leilía levará os sons do seu último disco 'ConSentimento' á Praza de Macías en Padrón. Será ás 23:45 horas, no marco das Festas do Santiaguiño. Antes delas actuará a Asociación Cultural Arreixeira, coa que interpretarán algún tema conxunto. A entrada será de balde.

As compoñentes de Leilía recalan en Padrón dentro das Festas do Santiaguiño para engaiolar o público padronés co seu último traballo, 'ConSentimento', “un espectáculo no que grupo aúna respeto, coherencia e madurez”, indican as súas integrantes. Ademais, as Leilía agardan con agarimo este concerto, xa que “Padrón é una localidade que sempre nos acolleu moi ben”, apuntan.

O público que se achegue o venres 24, ás 23:45, ás Festas do Santiaguiño para ver as Leilía comprobarán que 'ConSentimento' “é unha homenaxe ás mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega”, explican as integrantes deste grupo de música tradicional. A actuación está organizada polo Concello de Padrón e conta coa colaboración da Deputación da Coruña. A entrada é de balde. 

Neste concerto poderanse escoitar melodías e sons rescatados do pasado, “que se retocan con instrumentos de hoxe e que se tecen con palabras actuais, para dar lugar a un espectáculo no que Leilía aúna respecto, coherencia e madurez”, insisten desde o grupo. 

Tal e como apuntan as cantareiras, “Padrón é una localidade na que nos atopamos moi agusto”, xa que dúas das súas compoñentes, Felisa Segade e Montse Rivera, son profesoras de canto e percusión tradicional e baile —respectivamente— na Asociación Cultural Arreixeira. A dita Asociación fai 25 anos en 2015 e actuará na mesma praza que Leilía, se ben antes que as cantareiras. Ademais, ambas as dúas agrupacións interpretarán algún tema en conxunto. 

Esta é unha entrevista realizada por Lindeiros a Monse e Felisa con motivo de eses 25 anos da asociación




Ordes - Centos de propietarios acudiron a xuntanza sobre a concentración de Santa Marina

Centos de veciños e veciñas acudiron ao centro social da parroquia de Parada para asistir á xuntanza informativa sobre o proceso de concentración parcelaria Parada II (Santa Marina). Técnicos e persoal da Consellería do Medio Rural e do Mar informaron sobre o dito proceso de concentración e contestaron ás preguntas formuladas. Á convocatoria tamén acudiu o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, que quixo coñecer e informarse sobre o estado deste procedemento, ademais de escoitar de viva voz as inquedanzas e aspectos que máis lle interesan ós propietarios e propietarias da fincas situadas nesta parte do municipio.

Entre outros aspectos anunciouse a entrega da documentación do acordo de concentración para os vindeiros días 28, 29 e 30 de xullo. O acto terá lugar na escola unitaria de Parada de 10 a 13 horas. Para isto será imprescindible a presenza dos titulares co seu DNI. No caso dos matrimonios con bens gananciais poderán acudir calquera dos dous, mentres que no caso de ter bens privativos será necesaria a autorización do titular. Aquelas e aqueles titulares que non poidan acudir nalgún deses días terán a posibilidade de autorizar a terceiras persoas, cumplimentando debidamente o modelo de autorización e presentando ademais a copia do DNI do titular. 

No caso de propietarios falecidos calquera herdeiro poderá recoller os documentos, presentando o certificado de defunción e acreditando co testamento ou documento equivalente a súa condición, ademais de ter que presentar tamén as autorizacións dos restantes herdeiros. 

Por último, para as sociedades propietarias as persoas receptoras da documentación deberán acreditar debidamente a súa representación.