Axenda e tempo do sábado 21 de novembro - Música, teatro, cine, exposicións

Santiago - Numax

Brión - Mofa e Befa 

Santiago - Sala Capitol - Dead Bronco

Ordes - Actos do día de Santa Cecilia

Santaigo - Área central - Xornada contra a violencia de xénero

Santiago - X Festival de maxia

Santiago - Cineuropa 

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Colexio de psicólogos - Elana ivonne Daprá (ata finais de novembro)

Santiago - Auditorio de Galicia - Salto de páxina (ata febreiro 2016)

Santiago - Fundación Araguaney - Destinos inciertos (ata o 29 de novembro)

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

O Tempo

Sala Capitol - Hoxe Dead Bronco

Dead Bronco nace en febrero de 2012 cuando Matt Horan (Florida,USA) descubre a un grupo de músicos tocando en la calle, y se une a ellos. 

Poco a poco empiezan a tocar por bares de conocidos, hasta que gradualmente fueron aumentando los conciertos. Esto les lleva a grabar su primer disco "IN HELL" Sus componentes tienen influencias totalmente diferentes; influencias punk, country, rockabilly, folk, swing… Esa mezcla da a su disco el sonido "Broncobilly".

Ordes - a Asociación Cultural Amigos da Música celebra hoxe Santa Cecilia

A Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes, en colaboración co Concello de Ordes, celebrará hoxe sábado, 21 de novembro, a festividade de Santa Cecilia. Un econtro no que non faltarán os  concertos, xantares, verbenas, xogos populares, sorteos etc.

     Para conmemorar a festividade da patroa da música nada mellor que un concerto ofrecido pola propia Banda de Música de Ordes. Será ás 13.30 horas no pavillón Campomaior e a él poderán asistir todas e todos aqueles que o desexen. Alí tamén terá lugar o gran xantar de confraternidade. Petiscos variados, empanada, polbo, carnes, sobremesas e café completan a carta para ese día.


     Será arredor das 17.30 horas cando novamente os músicos volvan a ofrecer un recital en aberto para toda a veciñanza. A parte máis animada virá coa verbena que correrá a cargo do grupo Alborada, a cal dará comezo a iso das 20.30 horas. Ademais tamén haberá servicio de bar e calefacción para facer máis agradable o encontro.  

Brión - Mofa e Befa presentan Bobas & Galegas

O dúo cómico Mofa e Befa representará a súa obra “Bobas & Galegas” mañá sábado 21 de novembro, ás 20:30 horas, no centro social polivalente de Brión. Unha actuación de entrada libre e gratuíta que está incluída no Outono Cultural, organizado polo Concello de Brión e colaboración coa Deputación da Coruña.


Os cómicos Evaristo Calvo e Víctor Mosquera trasladarán ao público brionés ao Século de Ouro cunha comedia escrita e dirixida por Quico Cadaval, quen se inspirou en textos de autores como Lope de Vega ou Calderón de la Barca. De feito, a representación realízase en verso, no medio dun ambiente onírico e fantástico no que a música chega a converterse nunha personaxe máis.

Santiago - Xornada en Cineuropa do sábado 21




A programación do Teatro Principal para este sábado inclúe varias estreas de cineastas tan ilustres en Cineuropa como Patricio Guzmán, Nanni Moretti ou Arturo Ripstein. Ás 18:00 h proxectarase El Botón de nácar, o novo do chileno Patricio Guzmán, mellor guión en Berlín, un poético documental de belísimas e espectaculares imaxes cun obxectivo político partindo dunha pregunta: por que se atopan dous botóns no fondo do océano? Pola súa banda, Nanni Moretti ofrécenos no seu Mia Madre unha contida reflexión sobre a dor e as despedidas dos seres queridos, da nai neste caso. John Turturro ofrece o contrapunto humorístico nunha película que deixa pegada. A cita con Mia Madre será ás 19:30 h. E ás 21:30 h estrearase La Calle de la amargura, a película máis recente do noso premiado Arturo Ripstein, un transgresor paseo polo bulevar dos soños rotos, un exercicio de cinema libre onde prostitutas, ananos loitadores e magos conviven co desamor e a morte.


 No Salón Teatro ás 16:00 h contaremos de novo coa presenza do polifacético Ramón Lluís Bande na proxección de Equí y n'otru tiempu e o seu coloquio posterior. A película documental propón un rexistro presente dos espazos onde foron asasinados varios membros da Agrupación Guerrilleira Asturiana durante o franquismo.

Esta xornada haberá nova oportunidade para asistir ás proxeccións da obra mestra The Assassin, de Hou Hsiao-Hsien (Teatro Principal ás 23:45 h) e A Royal Night Out, de Julian Jarrold, programada ás 17:45 h no Salón Teatro.  No mesmo Salón Teatro poderanse ver os últimos pases de La Academia de las Musas, de José Luis Guerín (ás 19:30 h), Das Zimmermädchen Lynn (A Camareira Lynn), de Ingo Haeb (ás 21:15 h), Sparrows, de Rúnar Rúnarsson (ás 22:45 h), e The Postman's White Nights, de Andrei Konchalovsky (ás 00:30h).

As seccións Docs Music, Roxos e Marcianos, Especial Dominik Graf e Retrospectiva: Artur Brauner, tamén estarán representadas por varios títulos proxectados no CGAC e a sede Afundación.

PROGRAMACIÓN COMPLETA SÁBADO 21

TEATRO PRINCIPAL
18:00 EL BOTON DE NÁCAR Patricio Guzmán
19:30 MIA MADRE Nanni Moretti
21:30 LA CALLE DE LA AMARGURA Arturo Ripstein
23:45 THE ASSASSIN Hou Hsiao-Hsien

SALÓN TEATRO
16:00 EQUÍ Y N’OTRU TIEMPU Con presenza do seu director, Ramón Lluis Bande
17:45 A ROYAL NIGHT OUT Julian Jarrold
19:30 LA ACADEMIA DE LAS MUSAS José Luis Guerín
21:15 DAS ZIMMERMÄDCHEN LYNN (A CAMAREIRA LYNN) Ingo Haeb
22:45 SPARROWS Rúnar Rúnarsson
00:30 THE POSTMAN’S WHITE NIGHTS (O CARTEIRO DAS NOITES BRANCAS) Andrei Konchalovsky

CGAC
16:15 EINE LIEBE IN DEUTSCHLAND (UN AMOR EN ALEMAÑA) Andrzej Wajda
18:30 LA PASSANTE DU SANS-SOUCI (TESTEMUÑA DE MULLER) Jacques Rouffio
20:30 IN FACE OF THE CRIME (FRONTE AO CRIME) EPISODIO 3 Dominik Graf
IN FACE OF THE CRIME (FRONTE AO CRIME) EPISODIO 4 Dominik Graf
22:15 MOVIN’ ON UP, THE MUSIC AND MESSAGE OF CURTIS MAYFIELD AND THE IMPRESSIONS David Peck, Phillip Galloway e Tom Gulotta

SEDE AFUNDACIÓN
16:30 DANIEL Sidney Lumet

18:45 REDS (ROXOS) Warren Beatty

Área Central - Xornada contra a Violencia de Xénero

Area Central se vuelca esta semana con la conmemoración del Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujer, que se celebra cada 25 de noviembre y que sirve para sensibilizar a la población respecto de la situación de violencia en la que viven muchas mujeres.

Por ello, hoy sábado especialistas de diferentes ámbitos se darán cita en Area Central para abordar este problema social e invitar a la reflexión desde un punto de vista dinámico e interactivo. Las actividades programadas tratarán este asunto desde el punto de vista de la abogacía, la psicología y el arte, procurando siempre la participación de los asistentes. Esa jornada estará amenizada con varios espectáculos artísticos protagonizados por mujeres o cuya inspiración es esta lacra social.

La jornada se inaugurará a las 17.30 horas con la actuación de danza oriental de Nadia Bellydance, para dar paso, a continuación, a la puesta en común de una reflexión interactiva a cargo de varias especialistas en la materia. En el acto hablará la abogada y vocal de la Subcomisión de Violencia sobre la mujer del Consejo General de la Abogacía Español, Patricia López. La psicóloga social Guadalupe Rúa pondrá en marcha una terapia en común que abordará este problema social y por último, la artista visual Ana Costas realizará una obra inspirada en esta cuestión. También los niños asistentes elaborarán sus obras.

El Centro En Clave Método Suzuki también aportará su granito de arena en esta jornada y los alumnos tocarán sus violines y violas en un concierto por la igualdad de género. A continuación, la artista Mª Xosé Domínguez realizará un performance colaborativo sobre la mujer a partir de su obra “Instinto original”. Como cierre del acto, se guardará un minuto de silencio para las víctimas de la violencia de género.

Todas estas actividades se realizarán en la esquina verde de Area Central; mientras que también la sesión habitual del taller “Sábados creativos”, que tendrá lugar en la esquina amarilla hoy sábado, se centrará sobre la importancia de la igualdad, a partir de las 18.00 horas.

Esta propuesta propia de Area Central complementa la campaña “Compostela en negro” puesta en marcha por la Concellería de Igualdade en la que el Concello de Santiago ha solicitado la implicación de los establecimientos comerciales de la ciudad con la colocación de elementos negros en sus escaparates o en el interior de sus tiendas. Por ese motivo, establecimientos comerciales y los propios pasillos de Area Central contarán la próxima semana con varios elementos alusivos a esta campaña.


PROGRAMA “AREA CENTRAL CONTRA LA VIOLENCIA”, mañana sábado 21 de noviembre

17.30 h.: Inauguración – actuación de Nadia Bellydance – danza oriental.

17.45 h.: Reflexión dinámica, creativa y interactiva “IDENTIDAD VISIBLE”, a cargo de:
- Patricia López Arnoso: abogada y vocal de la Subcomisión de Violencia sobre la mujer del Consejo General de la Abogacía Española.
- Guadalupe Rúa, psicóloga social.
- Ana Costas, artista visual y postgrado en Arte Terapia.

19.15 h.: En Clave toca por la igualdad. Niños y niñas de Centro En Clave Método Suzuki tocarán sus violines y violas en concierto.
20.00 h.: Performance colaborativo sobre la mujer y contra la violencia de género, a partir de la obra “INSTINTO ORIGINAL”, de la artista María Xosé Domínguez. Minuto de silencio.

BNG Ordes - Iniciativas presentada no concello

Moción do BNG para mudar o sistema de contratación do concello de Ordes a concursos publicos
O BNG de Ordes ven de presentar unha iniciativa para instar ao goberno municipal a levar a cabo concursos públicos como procedemento de contratación. Segundo os nacionalistas “O Concello de Ordes leva moitos anos abusando do sistema de contratación baseado no procedemento negociado sen publicidade por razón da contía, polo cal desde o goberno local se lle solicita orzamento a tres empresas escollidas a dedo.” Desde a agrupación nacionalista aseguran que “o concurso público é un procedemento igual de legal, moito mais transparente e que garante a igualdade de oportunidades a tódalas empresas.”

O voceiro nacionalista, Pablo Vidal Ríos, expón que “malia que o alcalde tivo varias ocasións para mudar o procedemento de contratación cara un concurso público, semella que prefire seguir empregando o sistema tradicional”.

o BNG preocupado polas obras do viveiro de empresas no centro comarcal
O BNG de Ordes está preocupado polas obras para a instalación dun viveiro de empresas no Centro Comarcal. Segundo o voceiro nacionalista, Pablo Vidal, “a día de hoxe non existe un proxecto que desenrole as actuacións a levar a cabo, buscando obter despachos e zonas de traballo de dimensións axeitadas, e tódalas dependencias precisas para o correcto funcionamento das instalacións, como poden ser salas de xuntas, aulas de formación, salas de exposicións ou salón de actos, etc.”. Segundo o edil nacionalista “débese evitar a improvisación e primar a planificación, para conseguir que o edificio sexa funcional e poida dar un servizo real ás empresas e emprendedores.”

Os nacionalistas tamén demandan “que se faga público o estudo de viabilidade do viveiro de empresas elaborado pola USC e polo que se pagaron 4.870,26 €”.

Moción sobre a mellora do parque municipal e a súa contorna
O BNG de Ordes presentou unha moción para buscar unha mellora do parque municipal e a súa contorna. Segundo a concelleira nacionalista, Paula Castenda, “Os parques e as zonas verdes e de lecer en Ordes, son un ben escaso e en moitos casos mal deseñados ou aproveitados, como pode ser o caso do parque municipal”.

Desde a agrupación nacionalista propoñen “unir os dous parques suprimindo a rúa que os separa, construir na superficie uns aseos accesibles e o establecemento dun único sentido de circulación na rúa do parque, o cal permitiría anchear a beirarúa que trasncorre a carón do mesmo para facela accesible”.

A concelleira nacionalista, Paula Castenda, apunta que “tamén propoñemos levar a cabo un concurso de ideas para reorganizar o parque e levar a cabo estas melloras, fomentando a participación cidadá no proceso”.

Psoe Teo - Sobre a pinza BNG PP

No Pleno do xoves, asistimos a todo un exercizo de irresponsabilidade e tacticismo político por parte do PP de Teo e o BNG de Teo. 

Durante o debate da Conta Xeral-2014, que recolle o estado final das contas do Concello no exercizo 2014, cando gobernaba en solitario Anova, con Martiño Noriega como alcalde, Uxía Lemus publicamente amosou o sentido do voto do seu grupo.

Por coherencia co sinalado e defendido durante todo este ano, os Socialistas de Teo absteríanse, porque as contas que se presentaban non tiñan recollida a liquidación do contrato con Viaqua, para a que hai que agardar a súa resolución en sede xudicial. 

A Conta Xeral, ademais, non ten relación ningunha coa labor do bipartito SondeTeo-Anova/PSdeG-PSOE de Teo, xa que se estaba a debater as contas da xestión do ano 2014, cando o bipartito comezou a gobernar en xuño do 2015.

Polo tanto, e mantendo a coherencia co efectuado en anos anteriores, os Socialistas de Teo amosando a súa crítica a determinados aspectos da xestión, abstíñase, para non obstaculizar a aprobación da Conta Xeral e a súa remisión aos organismos de control estatais e galegos.

Chegados o momento da votación, asistimos sorpresivamente a cada vez máis frecuente pinza PP-BNG. E dicimos sorpresivamente porque en ningún momento do debate manifestaran claramente o seu sentido do voto e porque a práctica no Concello nos últimos anos foi outra ben distinta. Destacamos sobre todo a posición do BNG que nos últimos anos tamén abstíñase, pero que este ano prefire ir da man do PP nos Plenos, aínda que sexa causando graves prexuízos para o Concello.

Por tacticismo político, con non de onte, o PP e o BNG votaban irresponsablemente en contra da legal rendición de contas do Concello, o que pode ter graves consecuencias económicas para un Concello suxeito a un plan de saneamento e a outro de axuste, o que implica un especial control do Ministerio de Economía.

Uxía Lemus, unha vez acabada a votación, solicitou que se convocase canto antes un Pleno extraordinario con esta cuestión, dada a relevancia do tema, e que o seu grupo cambiaría o seu voto por un apoio decidido á rendición de contas.

A portavoz socialista pediu desculpas á veciñanza teense ante o exercizo de irresponsabilidade de parte do Pleno, entendendo que a súa abstención foi un erro, baseado na experiencia dos últimos anos e nunha certa inxenuidade en pensar que por riba dos intereses partidarios, aos concelleiros da actual oposición en Teo lles movía o interese xeral do concello.

Uxía Lemus sinala que “Non caeremos na súa irresponsabilidade, que sorprende vendo a posición do BNG en temas similares nos últimos anos, e que non sorprende tanto vendo o comportamento totalmente absurdo do PP nos últimos meses, con posicionamentos inxustificables en moitos dos temas plenarios, incluídas falsidades en temas de xestión económica.

Ante esta situación, o PSOE de Teo xa amosou onte a súa disposición a apoiar esta Conta Xeral, aínda que sexa cun cambio de voto, porque antes que concelleiros somos veciños dun Concello que podería ter graves problemas de xestión sen a aprobación da Conta Xeral. 

Se a pinza PP-BNG buscaba colocar ao grupo municipal socialista en evidencia, sinto comunicarlles que o único evidente da votación de onte é que ante temas de interese prioritario para o Concello como é o cumprimento da obriga legal da rendición de contas, prefiren votar buscando o rédito fácil partidario. 

Onte algúns destes concelleiros do non ríanse unha vez acabada a votación, o que amosa que ou ben descoñecen os efectos do seu non, ou que lles satisfai unha victoria efímera particular, pasando por riba dos intereses dos veciños”.

PP Santiago - O Partido Popular subliña o compromiso da Xunta co acceso da autoestrada á Cidade da Cultura

O Grupo Municipal do Partido Popular agradece o impulso da Xunta de Galicia ao proxecto do novo acceso a Santiago e á Cidade da Cultura desde a autoestrada AP-9. A publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) da aprobación do trazado pon de manifesto unha vez máis o compromiso do Goberno galego con esta actuación.

Tal e como subliñan os populares, dáse un paso máis para a materialización desta infraestrutura que conta nos orzamentos Xerais do Estado para o próximo ano cunha partida de 3 millóns de euros. Ademais, a Consellería de Infraestruturas remitirá nas vindeiras datas a redacción do proxecto construtivo ao Ministerio de Fomento, que suporá un novo avance para a súa realización.

O proxecto adaptouse ás consideracións emitidas tanto polo Goberno central como polo concello, ao axustar o deseño as obras en marcha de ampliación da AP-9 e tamén ao plan sectorial da rede viaria da Área de Santiago.

Touro - Mañá celébrase o primeiro aniversario da Casa da Cultura

O Concello de Touro celebrará cos seus veciños e veciñas o próximo domingo, 22 de novembro do 2015, o primeiro aniversario da inauguración da Casa da Cultura, un edificio ubicado na zona de servicios de Fonte Díaz, capital do Concello.

A celebración comenzará ás 17.30 horas con Concerto de Música da Banda Isabel II de Touro, na honra de Santa Cecilia. Xa ás 18.15 horas está prevista a presentación dos libros As pontes do río Ulla e Poemas e trobas de Manforote. Estarán presentes os seus autores: o xornalista Henrique Neira e o poeta Manuel Fortes Otero. A continuación procederase á entrega de premios do X Concurso de Fotografía Touro en Imaxes. E xa ás 19.00 comenzará o concerto didáctico de Campo de Estrelas. 

Na Casa de Cultura, dende ese mesmo día, poderanse visitar ás seguintes exposicións fotográficas: As pontes do río Ulla,Touro en Imaxes e os cadros de punto de cruz de Rosa María Pérez. A Casa da Cultura de Touro acolleu nos 12 meses que pasaron dende a súa inauguración unha intensa actividade cultural e social. Alí celebráronse concertos, representáronse obras de teatro e organizáronse actividades culturais de todo tipo.

Oroso - Mirás denuncia que as obras da AP-9 seguen paralizadas cando pasou xa un mes

Cando se cumpre o prazo extraordinario establecido pola ministra de Fomento para a posta en servizo da saída sur da AP-9 en Sigüeiro, as obras de ampliación da ponte sobre a N-550 seguen como estaban hai dous meses: totalmente paralizadas por problemas burocráticos no Ministerio de Fomento. “A inauguración estaba prevista para hai dous meses e agora, por moi rápido que se fagan as obras, o atraso vai ser doutros tres ou catro meses porque non se avanza o mesmo no inverno que durante o verán e o outono”, lamenta o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.

O alcalde orosán amosa a súa preocupación porque “estamos falando dunha obra que se aprobou en 2011, que non comezou ata catro anos despois pola burocracia do Ministerio de Fomento e que agora ten as obras paralizadas dende hai dous meses por un desbaraxuste técnico e xurídico que non fai máis que atrasar unha infraestrutura moi necesaria e causar importantes molestias tanto aos condutores que pasan pola zona como, especialmente, aos veciños e veciñas que viven a carón da N-550”. 

Mirás asegura que “a paralización destas obras é unha vergoña, especialmente cando era unha infraestrutura que empezou moi ben, que avanzou a moi bo ritmo e mesmo se falaba de que estaría rematada a finais de agosto. Agora imos incumprimento tras incumprimento e todo parece indicar que ata a primavera non vai estar operativa a saía sur da AP-9”. Isto é así porque as obras realizadas ata o de agora son inútiles sen a ponte sobre a N-550, que é por onde teñen que saír os vehículos procedentes de Santiago que queiran parar en Sigüeiro.

Durante este mes de prazo comprometido pola ministra de Fomento para a posta en servizo da saída sur da AP-9, tan só se avanzou na N-550, onde durante a primeira quincena se asfaltou o novo carril de baixada a Sigüeiro. Nesta última semana non se fixo avance ningún e as obras están paralizadas e sen ninguén traballando na zona.

Mirás Franqueira volve a instar á ministra de Fomento a que “resolva os desbaraxustes que ten no seu Ministerio, que están atrasando unhas obras que xa levan varios anos de atraso atribuíble única e exclusivamente ao Ministerio de Fomento. Non é de recibo que os veciños de Oroso teñan que estar sufrindo estas molestias por unha burocracia inoperante”.

Lalín - Ningún neno sen xoguete

O Concello de Lalín anuncia a posta en marcha da iniciativa social “Ningún neno/a sen xoguete 2015”, coa que se pretende entregar un agasallo por Nadal aos menores de familias en risco de exclusión social do municipio e, ao mesmo tempo, fomentar a solidariedade, un dos principios fundamentais do sistema de servizos sociais, como valor inspirador entre as persoas e os grupos sociais, atendendo especialmente á ilusión dos máis novos.

Deste modo, promover a solidariedade entre a cidadanía lalinense e sensibilizala da importancia destas actuacións como factor de progreso é outro dos obxectivos. Así mesmo, búscase implicar neste cometido tamén a empresas, asociacións e todo tipo de colectivos para que non formen parte deste tecido social só as persoas a nivel individual. 

Os beneficiarios do proxecto son aquelas familias do municipio que se encontren en situación de desvantaxe social con menores de idades comprendidas entre os 0 e os 12 anos. Así, a primeira fase da campaña, xa executada, consistiu na elaboración por parte dos empregados de Benestar Social dunha listaxe de familias que opten a entrar en “Ningún neno/a sen xoguete 2015”. Ao longo do mes actual tamén se lle dará publicidade á iniciativa e se realizará o inventario dos agasallos restantes da campaña 2014. 

O prazo de recollida de novos agasallos comeza hoxe e manterase aberto ata próximo 31 de decembro. Poderanse aportar xoguetes, xogos educativos, material escolar, roupa etc. Os puntos de recollida establecéronse no Desván municipal (rúa Manuel Rivero, nº 5, Baixo), así como nos centros educativos e centros comerciais. Durante todo o mes de decembro irase procedendo á selección de agasallos segundo o seu estado de uso, reutilizándose a aqueles que estean en bo estado e e reciclándose aqueles que non. Por último, asignaránselle os agasallos a cada menor de cada unidade familiar seleccionada, procedendo á entrega dos mesmos o día 5 de xaneiro, coincidindo co día de Reis.

Santiago Futsal - O mellor equipo suma a segunda vitoria

Séntalle ben o negro ao Santiago Futsal, un Santiago Futsal que vestíu o 2º equipamento en apoio á campaña social ‘Compostela en negro’ en sinal de loito polas vítimas dos malos tratos de xénero. E co negro na súa camiseta amosou a súa mellor versión sobre a pista do Multiusos.

Fíxose co dominio do partido desde o asubío inicial, a pesar de que non chegarían as primeiras ocasións claras ata o ecuador da primeira parte. Iván Rumbo foi o encargado de abrir o marcador no minuto 9 ao recuperar o balón, nunha efectiva presión en pista contraria, e definir ao fondo da rede no 1x1 co porteiro.

Seguían crecendo os santiagueses sobre o parqué, e Santi faría 2-0 ao rematar un balón que Álex Diz deixou na área para o tiro do 19.

As ocasións locais sucedíanse e aínda que non chegou o terceiro con firma celeste, nunha xogada dentro da área visitante, sería Kiwi o que introduciría o balón na súa propia portería.

Tras a continuación, e despois duns minutos de incerteza celeste, nos que os ilicitanos se envorcaron ao ataque en con a intención de reducir o marcador, Catela rompeu a dinámica ao asinar o seu primeiro gol co Santiago Futsal e aumentar a vantaxe para os santiagueses.

Co 4-0 e en apenas 2 minutos, Catela e Álex Diz encargáronse de distanciar aínda máis aos seus e poñer o 6-0 no luminoso. 

Non faltaría o tanto da noite do ‘capi’ Diego Quintela para delirio da afección compostelá, que gozou dunha das mellores noites de fútbol sala nas últimas tempadas. 

De novo Catela definiría a portería baleira, cun Elxe FC que saíu con porteiro xogador, para facer o noveno. Antonio Diz sería o encargado de facer o décimo e definitivo tanto da noite dos locais.

Xa no último minuto do encontro, Carlos Anós anotaría o tanto ilicitano para pechar o marcador co 10-1.

Santiago Futsal suma a segunda vitoria da tempada, segunda en casa, nun partido no que brilou e que lle permite mirar cara aos postos de tranquilidade da clasificación.

Rolda de prensa

Santi Valladares compareceu ante os medios de comunicación tras a conclusión do encontro do que dixo “A primeira parte do equipo foi, entre comiñas, coa necesidade que tiñamos de puntuar, dun equipo veterano. Non tivemos présa, xogando ben en saída con pivote. Nos dez, doce primeiros minutos da primeira parte demostrou que soubo xogarlle bo e entraron eses dous, tres goles. Se é certo que na segunda titubeamos uns minutos da segunda parte, pero apareceu o cuarto gol de Catela que foi o que rompeu o partido. E a partir de aí acabouse o partido. Nós tiñamos que gañar na casa e conseguímolo.”

Ficha do partido

Santiago Futsal 10: Iker López, Hugo Sánchez, Isma, Iván Rumbo e Antonio Diz - cinco inicial- Dani Montes, Catela, Quique, Diego Quintela, Santi e Álex Diz

Elxe FC 1: Varilla, Carlos Anós, Vicen, Pitu, Kiwi -cinco inicial- Óscar Ruíz, Cristian, Juanjo e Ramón 

Árbitros: Redondo Arenales e Viedma Martín. Amoestaron con cartón amarelo a Dani M., Diego Quintela e Marcos Vara no Santiago Futsal; e a Juanjo e Vicen no Elxe FC.

Incidencias: Partido correspondente á 11ª xornada de Liga celebrado no Multiusos Fontes do Sar cunha asistencia aproximada de 1300 persoas.



Goles: 1-0 min.9, 2-0 min.14 Santi, 3-0 min.18 Kiwi pp, 4-0 min.24 Catela, 5-0 min.25 Catela, 6-0 min.26 Álex Diz, 7-0 min.27 Diego Quintela, 8-0 min.33 Catela, 9-0 min.33 Quique, 10-0 min.36 Antonio Diz, 10-1 min.38 Carlos Anós

Axenda e tempo do venres 20 de novembro - Música, teatro, charlas, exposicións

Santiago - Numax

Oroso - Teatro: Desencaixados 

Santiago - Sala Capitol - Cedric Burnside

Ames - talleres sobre a factura eléctrica 

Santiago - X Festival de maxia

Santiago - Fundación Granell - presentación de O ABECEDARIO

Ames - Xornada sobre igualdade 

Santiago - Cineuropa 

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Colexio de psicólogos - Elana ivonne Daprá (ata finais de novembro)

Santiago - Auditorio de Galicia - Salto de páxina (ata febreiro 2016)

Santiago - Fundación Araguaney - Destinos inciertos (ata o 29 de novembro)

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

O Tempo

Oroso - Teatro e música na fin de semana

A Concellería de Cultura do Concello de Oroso ten preparado para esta fin de semana unha intensa programación dentro do seu “Outono cultural”, que inclúen unha actuación teatral e un concerto folk que terán lugar este venres e sábado no centro cultural de Sigüeiro. En ambos casos, a entrada é libre e de balde.

Así, hoxe venres 20 de novembro a compañía O Aturuxo de Melpómene porá en escena “Desencaixados (Esperpéntica crise)”, un espectáculo traxicómico dirixido por Pablo Sánchez que reflexiona sobre a crise económica dende a deformación esperpéntica da realidade. Aínda que, como aseguran eles mesmos, “non estamos seguros de que é máis esperpéntico: a nosa montaxe ou a nosa realidade actual”. A representación será ás 21:00 horas no centro cultural de Sigüeiro.

Para o sábado 21 de novembro, ás 20:00 horas, o salón de actos do cento cultural de Sigüeiro acollerá un concerto de “Bágoas da Terra”, un grupo folk nacido en Viveiro no 1996. O seu repertorio está composto por temas tradicionais, arranxados polos seus compoñentes, aínda que tamén inclúen temas propios ao ritmo do tradicional cuarteto de gaitas, tamboril e bombo. Unha formación á que, ao longo dos anos, lle foron engadindo zanfona, acordeón, guitarra, cavaquinho, frautas, bouzouqui, etc. Así, ademais de cancións típicas como muiñeiras, xotas... os asistentes ao concerto poderán escoitar tamén rumbas e boleiros.

Santiago - Xornada de Cineuropa do venres 2o




O Teatro Principal acollerá ás 20:00 h ao recente gañador do SEFF (Festival de Cine Europeo de Sevilla), José Luis Guerín, e a estrea de La Academia de las musas, primeiro filme español galardoado co Giraldillo de Ouro. Guerín, Premio Cineuropa en 2007, retrata nesta película as contradicións e paixóns da alma humana mediante o debate entre un profesor e os seus alumnos sobre conceptos como o amor, a poesía, a arte ou o desexo. La Academia de las musas é unha obra lírica e poética, na que o seu director atrévese tamén a dar renda solta ao sentido do humor.

O primeiro pase de The Assassin, a esperada película do taiwanés Hou Hsiao-Hsien, mellor director en Cannes, terá lugar ás 22:15 h no Teatro Principal. Trátase dunha adaptación postmoderna do xénero wuxia, de rutilante elegancia e beleza formal. Posiblemente unha das mellores películas do ano. Imprescindible.

Ás 18:00 h no Teatro Principal, estrearase A Royal Night Out, de Julian Jarrold, que narra a excursión clandestina das princesas británicas Isabel e Margarita, a noite do 8 de maio de 1945, para celebrar o remate vitorioso da Segunda Guerra Mundial.

Sparrows, de Rúnar Rúnarsson, outra das estreas internacionais do día, proxectarase no Salón Teatro ás 20:00 h. Concha de Ouro no festival de San Sebastián, é un sensible retrato dun adolescente que debe convivir cun pai ao que apenas coñece e atopar a forma de ser feliz. Impresionante fotografía e impresionantes localizacións. Fermosa.

Contaremos esta tarde coa presenza doutros directores, como o escritor e cineasta asturiano, Ramón Lluís Bande, que acode a debater e presentar o reivindicativo documental El nome das árbores (ás 17:45 h no Salón Teatro); ou as galegas Sabela Igrexas Reviejo e Adriana Pérez Villanueva (Illa Bufarda), que nos ofrecerán a posibilidade de coñecer a orixe de Inditex a través de Fíos Fóra, documental cuxa proxección está programada para as 20:30 h no CGAC.

Hitchcock-Truffaut, de Kent Jones, pasarase de novo no Salón Teatro ás 00:45 h; e poderase asistir por última vez en Cineuropa ás proxeccións de Une Jeunesse Allemande, de Jean-Gabriel Périot (ás 21:45 h no Salón Teatro) e La loi du marché, de Stéphane Brizé (Salón Teatro ás 23:15 h).

Ás 00:15 no Teatro Principal dará comezo o maratón de Roxos e Marcianos, composto por curiosas películas de ciencia ficción e serie B nas que se identifican sublimiñalmente aos comunistas cos habitantes do planeta vermello. A programación da xornada completarase con estes e outros filmes proxectados en catro das cinco sedes desta edición: o Teatro Principal, Salón Teatro, CGAC e sede Afundación, até completar os 24 títulos.


PROGRAMACIÓN COMPLETA VENRES 20

TEATRO PRINCIPAL
16:00 MENTIRAS PIADOSAS Arturo Ripstein
18:00 A ROYAL NIGHT OUT Julian Jarrold
20:00 LA ACADEMIA DE LAS MUSAS Presentación e coloquio con José Luis Guerín
22:15 THE ASSASSIN Hou Hsiao-Hsien
00:15 MARATÓN “ ROXOS E MARCIANOS”
INVADERS FROM MARS (INVASORES DE MARTE) William Cameron Menzies
RED DAWN (AMENCER VERMELLO) John Milius
RED PLANET MARS (MARTE, O PLANETA VERMELLO) Harry Horner
THE BEAST FROM 20,000 FATHOMS (O MONSTRO DOS TEMPOS REMOTOS) Eugène Lourié
THE ANGRY RED PLANET (A FURIA DO PLANETA VERMELLO) Ib Melchior
IT! THE TERROR FROM BEYOND SPACE (TERROR DO ALÉN) Edward L. Cahn

SALÓN TEATRO
16:00 CAUDILLO Basilio Martín Patino
17:45 EL NOME DE LOS ÁRBOLES Con presenza do seu director, Ramón Lluis Bande
20:00 SPARROWS Rúnar Rúnarsson
21:45 UNE JEUNESSE ALLEMANDE Jean-Gabriel Périot
23:15 LA LOI DU MARCHÉ Stéphane Brizé
00:45 HITCHCOCK/TRUFFAUT Kent Jones

CGAC
16:30 THE WAY WE WERE (TAL COMO ERAMOS) Sydney Pollack
18:45 IN FACE OF THE CRIME (FRONTE AO CRIME) EPISODIO 1 Dominik Graf
IN FACE OF THE CRIME (FRONTE AO CRIME) EPISODIO 2 Dominik Graf
20:30 FÍOS FÓRA Sabela Iglesias Reviejo, Adriana Pérez Villanueva (Illa Bufarda)
22:30 RAY CHARLES, THE GENIUS OF SOUL Yvonne Smith

SEDE AFUNDACIÓN
16:30 EVERYBODY WINS (TODO O MUNDO GAÑA) Karel Reisz
18:15 THE CRUCIBLE (O CRISOL) Nicholas Hytner

20:15 ALL MY SONS (TODOS ERAN OS MEUS FILLOS) Irving Reis

Numax - Semana do 20 ao 26 de novembro

'Sicario' e 'Letters to Max', as dúas estreas desta semana no cinema NUMAX

Letters to Max (Eric Boudelaire, 2015)
Na zona de fronteira entre México e os Estados Unidos, unha axente do FBI é recrutada por un oficial das forzas de elite do goberno para botarlle unha man na guerra contra a droga formando parte dun equipo liderado por un enigmático consultor. No outro lado do mundo, Eric Baudelaire escríbelle unha carta a Maxim Gvinjia, que vive en Abxasia, "un país que existe, no sentido físico do termo, malia non ter existencia legal pois hai máis de vinte anos que ningún estado nación o recoñece". Nestas dúas coordenadas tan disímiles sitúanse as dúas estreas desta semana en NUMAX: Sicario, de Denis Villeneuve, que se poderá ver a partir do venres 20, e Letters to Max, de Eric Boudelaire, que se incorporará o mércores 25 á nosa sección Os ollos verdes.
Sicario (2015) Tráiler 1 Oficial Subtitulado - Emily Blunt, Benicio Del Toro

Tamén na nosa carteleira

Continúa na carteleira Rams, o filme de Grímur Hákonarson que estreamos a semana pasada. Terán os seus últimos pases a semana vindeira Dheepan, de Jacques Audiard, que gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes eVideofilia (y otros síndromes virales), de Juan Daniel F. Molero.

Presentamos 'La prueba del once',
antoloxía de poesía asturiana do século XXI

O venres 19 ás 20:00 presentamos a antoloxía La prueba del once (Ediciones Saltadera 2015) da man do seu editor, Antón GarcíaLa prueba del once reúne as voces de once poetas novos (homes e mulleres) nados entre 1980 e 1993, representantes da última poesía escrita en asturiano. Acompañarannos e recitarán poemas: Pablo X. SuárezLaura Marcos e Iván Cuevas, quen ademais contribuíu ao volume cunha bibliografía que mapea o estado actual das letras asturianas.

Sicario
(Denis Villeneuve, 2015)


Na zona de fronteira entre México e os Estados Unids, Kate Macer (Emily Blunt), unha axente do FBI idealista, é recrutada por Matt Graver (Josh Brolin), un oficial das forzas de elite do goberno, para botarlle unha man na guerra contra a droga. Liderado por Alejandro (Benicio del Toro), un enigmático consultor de escuro pasado, o equipo inicia unha viaxe clandestina que obrigará a Kate a cuestionarse todo no que cre que quere saír con vida.

Letters to Max
(Eric Baudelaire, 2015)


"Abxasia ten moito de paradoxo: un país que existe, no sentido físico do termo (un territorio con fronteira, goberno, bandeira e língua), malia non ten existencia legal pois hai máis de vinte anos que ningún estado nación o recoñece. Así que Abxasia existe sen existir, atrapado nun espazo liminal, un espazo entre realidades. E así é que a miña carta a Max tiña algo dunha mensaxe nunha botella guindada ao mar, unha piscadela ao mundo do Ubu Roi de Alfred Jarry no que Maxim Gvinjia parece habitar. Pero a miña carta chegou a porto, e así foi como a ficción penetrou o real". Eric Baudelaire.

Programación

Venres 20 de novembro

12:00 Videofilia (vo)
16:00 Dheepan
18:00 Rams
19:45 Sicario [Estrea]
22:00 Rams
 

Sábado 21 de novembro

12:00 Rams
16:00 Videofilia (vo)
18:00 Dheepan
20:00 Rams
21:45 Sicario
 

Domingo 22 de novembro

12:00 Sicario
16:00 Dheepan
18:00 Videofilia (vo)
20:00 Rams
21:45 Sicario

Martes 24 de novembro

12:00 Rams
16:00 Dheepan
18:00 Rams
19:45 Videofilia (vo) [Último pase]
21:45 Sicario
 

Mércores 25 de novembro

12:00 Rams
16:00 Sicario
18:15 Dheepan
20:15 Letters to Max [Estrea]
22:15 Rams
 

Xoves 26 de novembro

12:00 Dheepan
16:00 Letters to Max
18:00 Sicario
20:15 Rams
22:00 Dheepan [Último pase]

USC - Acordo para a fusión de 19 departamentos

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela aprobou este xoves a primeira fase do proceso de redución da súa estrutura coa fusión de 19 dos 76 departamentos actuais, o que supón un adelgazamento aproximado do 15% do modelo actual. Nunha segunda etapa este número pode aumentar, xa que se abre un período que permite novas accións de redución da estrutura de departamentos. O proceso rematará no mes de decembro deste ano.

O proceso busca unha maior optimización dos recursos existentes para unha maior eficacia na xestión administrativa e segue unha serie de criterios acordados polo Claustro o pasado mes de xuño. Nese acordo elévase a 20 o número mínimo de docentes para configurar un departamento, se ben poden existir excepcionalidades que atenderían á agrupación coherente de áreas ou outras circunstancias académicas que poidan concorrer.

O acordo desta primeira fase afecta á fusión dos departamentos de Bioloxía celular e ecoloxía con Fisioloxía Vexetal; Xenética con Zooloxía e Antropoloxía Física; Didáctica das ciencias experimentais con Didáctica da literatura e das Ciencias Sociais e con Didáctica da Expresión Plástica e corporal; Socioloxía con Ciencia Política; Historia das institucións económicas con Economía Aplicada; Lingua española con Literatura española, Teoría da literatura e Lingüística xeral; Lóxica e Filosofía Moral co de Filosofía e Antropoloxía Social; Farmacia con Farmacoloxía e Tecnoloxía Farmacéutica; Anatomía e Produción Animal con Ciencias Clínicas Veterinarias. Tamén abre a posibilidade para a fusión de Álxebra con Análise Matemática e con Xeometría e Topoloxía; Dermatoloxía e Otorrinolaringoloxía con Cirurxía, con Obstetricia e Xinecoloxía e con Pediatría; Psicoloxía OrganizacionalXurídico-Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento con Dereito Mercantil e do Traballo.

Veciños de Padrón - Solicitude de gravación dos plenos

O partido político Veciños de Padrón presentou nos últimos días unha moción para o pleno do vindeiro xoves 26 de novembro, co obxectivo de que o Órgano Municipal aprobe a gravación dos actos plenarios e a súa publicación a través dos medios que ten dispoñibles o Concello. Esta medida, que viña recollida no programa electoral do partido, busca valerse das novas tecnoloxías e do seu baixo custe para facilitar o acceso aos debates e tomas de decisións á veciñanza. Para Veciños, esta medida é necesaria como acto reivindicativo de transparenciaposto que, a pesar de ser un acto público, o horaria de celebración das reunións impide que moitas persoas poidan achegarse e coñecer o que acontece.

Ademais disto, Veciños solicitou tamén autorizaciónpara poder gravar eles mesmos e posteriormente publicar na súa web e redes sociais o que aconteza no pleno do propio día 26, así como nos seguintes. Deste xeito buscan asegurar o carácter público e o acceso ao pleno de todos os veciños dende as súas casas, se aprobe ou non a súa proposta.