PP BRION – EL ALCALDE COMIENZA EL MANDATO CON MENTIRAS SOBRE LA PISCINA

EL PP DE BRIÓN LAMENTA QUE EL ALCALDE COMIENCE EL MANDATO CON MENTIRAS SOBRE LA PISCINA MUNICIPAL.

García culpó a Intervención de retrasar la apertura, pero el informe técnico se hizo todavía dos días más tarde, y sin disconformidad alguna.

El PP de Brión lamenta que el Alcalde, el socialista José Luis García, comience el mandato con retrasos en sus promesas, ocultando la correcta información y mintiendo.

Estas semanas atrás, el Ayuntamiento colocó carteles municipales informando que la piscina cubierta abriría el 15 de junio, incluso anunciando una serie de actividades y el horario. Pero según los populares, esa fecha no podía cumplirse nunca, y García lo sabía, ya que previamente a la apertura, se debe aprobar la Ordenanza Reguladora de la tasa por la utilización de la piscina, así como el Reglamento de Régimen Interno.

Pero además, para aprobarse estos documentos en las correspondientes Comisiones de Cuentas y Servicios, previamente hay que constituir dichas Comisiones. Después, dar cuenta de ello al Pleno Municipal para su aprobación, exponerlo al público durante 30 días hábiles por si hubiese alegaciones, y finalmente publicarlo en el Boletín Oficial de la Provincia.

Es decir, que cuando el Ayuntamiento colocó estos postes informativos, bien sabía que era imposible que la piscina abriese en esa fecha.

Tampoco los horarios eran ciertos, dado que según publicaban, el horario de apertura de lunes a viernes sería de 7:30h a 23:00h, cuando lo cierto es que durante el verano, la piscina estará cerrada esos días desde las 12 hasta las 18:30h. De igual manera, según estos carteles municipales, el horario de apertura los sábados sería de 9 a 22:00, cuando lo cierto, es que en verano la piscina estará cerrada desde las 14:00 hasta las 17:00h.

Según los populares, el cierre de la piscina durante esas horas al mediodía, será un problema para muchas personas que únicamente podrían acudir en esos momentos, y ello provocará que pueda haber una masificación en las horas restantes. Por otro lado, si piscinas cercanas a Brión, como la de Bertamiráns ofrecen un horario continuo sin cierre al mediodía, esto provoca que los vecinos brioneses, sigan acudiendo a aquellas instalaciones por necesidad.

Por ese motivo, en el pleno extraordinario de la semana pasada, el Partido Popular votó en contra de la Ordenanza Reguladora de la Tasa, pidiendo que no se cerrase la piscina durante tantas horas al mediodía, beneficiando así a numerosos vecinos. De igual modo, hicieron hincapié en que a cualquier usuario que no sea abonado, se le permitirá utilizar las instalaciones el tiempo que quieran, y no tan solo hora y media como propone el Alcalde.

“Si moitos veciños acuden á piscina de Bertamiráns, debemos ofrecerlles as mesmas condicións e horarios, para atraelos á nova piscina de Brión. Pero si non lle damos mellores instalacións e os horarios son peores, ou baixamos os prezos ou do contrario, non serán usuarios nosos”.

Desde el PP se lamentan que nadie del Ayuntamiento, informase a los vecinos de que todos estos datos eran incorrectos, y que la piscina municipal no podría de ninguna manera abrirse el día 15.

Por ello numerosas personas llegado el día de apertura que había informado el consistorio, se encontraron inesperadamente con las puertas totalmente cerradas, lo cual ocasionó diversos enfados. Es entonces cuando el Alcalde de Brión, publicaba en los medios de comunicación al día siguiente (16/Jun), que

“la piscina cubierta municipal de Brión verá retrasada su apertura de puertas. Así lo confirmaban ayer desde el Ayuntamiento, argumentando que "un problema burocrático" es el motivo de dicha demora. Fuentes municipales indicaron que el servicio de Intervención se mostró "disconforme cos prezos públicos contemplados no acordo de adxudicación da xestión da piscina, outorgado a Aquafit Gestión SL o pasado 12 de maio, e considera que é preciso que eses mesmos prezos sexan aprobados por separado en sesión plenaria".

Desde el Partido Popular, se lamentan que García comience de esta manera el mandato, ocultando las verdaderas razones del porqué no abrió la piscina, y peor todavía, culpabilizando a la interventora municipal de poner reparos, cuando eso es totalmente falso.

Tal y como apuntan los populares, desde el Ayuntamiento se envió la nota de prensa a los medios antes de su publicación del día 16 (como muy pronto el día 15), y ni el informe técnico-económico ni el propio informe de intervención estaban hechos. Estos dos informes se hicieron por la interventora municipal el día 17, es decir, dos días después de que García culpabilizase a intervención.

Pero lo que es peor, en ninguno de ellos existe disconformidad alguna con los precios públicos.

Por si eso no fuera poco, el propio día que el Alcalde publicaba en la prensa que la interventora se mostraba disconforme, García mediante una providencia de la alcaldía, pedía al servicio de intervención que emitiera un informe sobre el procedimiento de aprobación. Es decir, publica la disconformidad de intervención, a sabiendas que ese mismo día, todavía le estaba pidiendo que informara sobre el asunto.

Para terminar de empeorarlo, en el pleno de la semana pasada, los populares mostraron su extrañeza al regidor, diciendo que no existía ninguna disconformidad con los precios por parte de la intervención, pese a las notas de prensa publicadas por García. Pero éste, sorprendentemente, no dio explicaciones al respecto, y ahora cambiaba de parecer, confirmando que no existe ninguna disconformidad.

Por ello desde el PP lamentan esta actitud del Alcalde, por informar a la vecindad de algo imposible; por no advertir a tiempo del retraso; y por no decir la verdad, culpabilizando a quien no tiene la culpa, y luego silenciando.

“Acabamos de empezar o mandato, e xa empezan as mentiras e manipulacións”.

MELIDE – CONCURSO DE CORTADORES DE XAMÓN

O vindeiro 3 de xullo terá lugar no Palacio de Congresos de Melide o II Concurso de Mestres Cortadores de Xamón.

 

  • Distribucións Carrizo e Restaurante Pulperia Casa Alongos II organizan o II Concurso de Mestres Cortadores de Xamón que terá lugar o próximo 3 de xullo no Palacio de Congresos de Melide.
  • Haberá actividades para todos os públicos que farán do concurso un acto dinamizador da gastronomía propia da vila de Melide.

Melide, 28 de xuño de 2011.- O vindeiro 3 de xullo de 2011 a partir das 11 da mañá celebrarase en Melide o II Concurso de Mestres Cortadores de Xamón no Palacio de Congresos da vila. Contarase coa participación de sete mestres cortadores, cunha cata de viños na que colaborarán catro adegas, dirixidas por Nacho Costoya. Tamén se organizarán actividades lúdicas para os máis cativos, entre as que destaca a rocódroma Mago Polo, unha exhibición de full-contact e loita libre todo isto acompañdo con sons da Orquesta de Saxos do Conservatorio de Redondela. Dentro dos actos programados para o evento inclúese tamén un mini curso de corte de xamón a cargo dun mestre cortador xunto coa a iniciación á cata de viños por conta da enóloga Paula Cardalleda. Xunto con isto, tamén se contará con cociña en directo a cargo da chef Cecilia Casares do propio Restaurante Pulpería Casa Alongos II. Con este tipo de eventos gastronómicos pretendese exaltar os produtos típicos da vila así como a gastronomía propia do país, combinando o desfrute do padal coa aprendizaxe e a profesionalización das actividades hostaleiras. As entidades colaboradoras como Imprenta Ayude, Casa Alongo II, Panadería Toques, Ferventía, Orquestra dos Saxos do Conservatorio de Redondela, Distribuciones Casa Alongos, Escuela Ayude, Asetem Centro Comercial Aberto e o Concello de Melide, coa colaboración especial da Concellaría de Turismo resaltan a importancia da celebración deste tipo de acontecementos na vila para a revitalización do turismo e a participación de todos os veciños e veciñas.

TEO – CARTEL MÚSICA NA NOITE

O DESEÑADOR SERXIO BANDÍN VOLVE A COLABORAR COA ORGANIZACIÓN DE MÚSICA NA NOITE CO DESEÑO DO CARTEL

· Como novidade este ano foron os internautas os encargados de decidir a imaxe definitiva do festival

· A organización traballa para que todo estea a punto o venres 1 e o sábado 2 de xullo no campo de San Domingo

28 de xuño de 2011. O deseñador gráfico Serxio Bandín volve a colaborar este ano coa organización do festival Música na noite poñéndolle cara, concretamente deseñando o cartel anunciador dos concertos. Pero este ano Serxio tívoo máis difícil ca noutras ocasións xa que o encargo foron varios deseños entre os que os internautas puideron elixir o gañador.

Segundo explican dende a Asociación Lúa Chea o artista preparou ata dez imaxes diferentes, nos que a música e os elementos clásicos vencellados a esta cita festiva como a lúa e as estrelas foron protagonistas. O sistema de elección realizouse contando coas novas canles de comunicación das redes sociais. A través dun grupo de facebook, con máis de 600 membros, votáronse os diferentes deseños durante unha semana.

O gañador foi unha imaxe que se afasta da imaxe nocturna e da propia lúa, tan característica en carteis de anos anteriores, e mestura a tradición e a modernidade, cunha guitarra-gaita como elemnto central. Todo esto sobre un fondo azul, que si lembra máis o cartel da pasada edición, tamén obra de Serxio Bandín. TEO CARTEL 2011 musicananoite

Este deseñador gráfico e maquetador leva colaborando coa asociación Lúa Chea dende a primeira etapa do festival. E a través das imaxes dos seus carteis pódese ver tamén a evolución do propio festival. Bandín leva traballando dende finais dos anos 80 nas artes gráficas como deseñador e maquetador e ten colaborado como ilustrador de libros para editoriais como Galaxia ou Taller de Insomnio.

Por outra banda durante estes días, a organización traballa para que todo estea a punto para o próximo venres. O campo de San Domingo en Calo –Teo- recibirá o venres 1 de xullo, na primeira xornada de Música na noite, as actuacións de Ataque Escampe, GalegoZ, Novedades Carmiña, e Medomedá. O sábado 2 de xullo estarán sobre o escenario a banda de gaitas da Sociedade Recreativa de Calo, que este ano celebra o seu cincuentenario, Os Estalotes, a Bellón Maceiras Quinteto, a Mercedes Peón e Ultraqäns.

Como xa vén sendo tradicional no campo da festa haberá unha ampla zona de acampada gratuíta, aparcadoiro para os coches, e variados menús gastronómicos onde non faltarán platos típicos coma os callos ou os bolos preñados. A entrada ós concertos é de balde.

AMES – OBRADOIROS DE INFORMÁTICA

Arredor de 100 persoas participaron nos obradoiros de informática do primeiro semestre de 2011

Xornadas para iniciarse na Internet, un curso de iniciación a Windows e Word, un obradoiro para descubrir o entroido na rede, un curso de iniciación as folla de calculo Microsoft Excel e un obradoiro de realización de presentacións co programa OpenOffice Impress son algunhas das actividades que a Aula de Informática do Milladoiro ofertou durante o primeiro semestre de 2011. Nestes obradoiros participaron arredor de 100 usuarios/as repartidos en grupos de mañá e tarde. Durante estes seis meses tamén se organizaron unhas xornadas de iniciación á Internet para os membros de JUPEMI, o Club de Pensionistas e Xubilados do Milladoiro e un obradoiro de informática para os usuarios/as da Escola Integral de Maiores. Entre o 1 de xullo e o 12 de agosto ofrecerase o servizo de Aula Aberta en horario de mañá, de 10:00 h. a 13:00 horas.

A Aula de Informática do Milladoiro está a disposición de todos os veciños/as que desexan ter acceso a un ordenador para consultar o correo electrónico, ler os xornais dixitais ou levar a cabo diferentes actividades do seu interese. O principal obxectivo deste servizo é inserir a veciñanza amiense na sociedade da información. A Aula de informática acolleu unha serie de obradoiros que se programan de forma trimestral, agás nos meses de verán que funciona exclusivamente como Aula aberta en horario de mañá de 10:00 a 13:00. Estes obradoiros e xornadas destínanse a sectores poboacionais establecidos por idade.

Normalmente, os obradoiros dispoñen de 40 horas en sesións de dúas horas de luns a venres, e outras de sete horas e media, de hora e media diaria ao longo da semana. As actividades de adultos fanse en horario de mañá pensando, por exemplo, naquelas persoas que poidan aproveitar o tempo dos fillos no colexio, e de tarde para os nenos e nenas, aproveitando a fin da xornada escolar.

As actividades e cursos que se realizaron este ano foron unhas xornadas de iniciación á internet en xaneiro e abril para persoas adultas, un curso de iniciación aos programas Windows e Word durante o mes de febreiro e o obradoiro 'Descobre o entroido na rede' en marzo, que estivo dirixido a rapaces entre os 7 e os 10 anos.

Durante o segundo trimestre do ano, ademais das xornadas de iniciación á internet, organizouse un curso de iniciación ás follas de calculo Microsoft Excel e un obradoiro de realización de presentacións co programa OpenOffice Impress, para nenos/as de entre 8 e 12 anos. Este último obradoiro realizouse durante o mes de xuño. Nestas xornadas os nenos/as aprenderon a usar o programa OpenOffice Impress para realizar presentacións. Como actividade de repaso elaboraron un conto no que puideron aplicar todos os coñecementos adquiridos ao longo das xornadas. O último día, ensináronlle aos seu pais/nais o traballo feito no curso.

Ao conxunto dos obradoiros asistiron arredor de 100 persoas, sendo as de maior éxito as xornadas de iniciación á internet de xaneiro e abril, o curso de iniciación aos programas Windows e Word e o curso de iniciación ás follas de calculo Microsoft Excel, que reuniron arredor de 80 persoas. Os cursos teñen unha duración de 40 horas e ofértanse dúas quendas, unha de mañá entre as 10:00 h. e as 12:00 h. e outra de tarde entre as 19:00 e as 21:00 horas. Ao remate entregouse un certificado de asistencia ás persoas que acudiron a clase de xeito regular.

Ademais, realizáronse unhas xornadas de iniciación á internet para os membros do Club de Xubilados e Pensionistas do Milladoiro (JUPEMI) e un obradoiro de alfabetización dixital para a Escola de maiores. Este último consistiu na realización dun obradoiro básico para que os maiores se achegaran ao mundo da informática no que poder descubrir a cantidade de información que podemos obter para actividades da vida diaria como ler xornais, pedir cita para o médico de cabeceira ou buscar receitas de cociña. Tamén realizaron algunhas actividades co procesador de textos Word.

Servizo de Aula Aberta

Por outra banda ofrécese o servizo de Aula Aberta, habitualmente entre as 16:00 e as 20:00 horas, do que poden facer uso dos ordenadores todas as persoas que estean empadroadas no concello. Durante os meses de verán este servizo cambia de horario. Deste xeito, entre o 1 de xullo e o 12 de agosto ofrecerase en horario de mañá, de 10:00 h. a 13:00 horas. Posteriormente, entre o 13 de agosto e o 14 de setembro a aula de informática do Milladoiro permanecerá pechada por vacacións do persoal.

Para poder empregar o servizo de Aula Aberta só hai que cubrir unha ficha cos datos persoais e entregar unha fotografía coa que facer o seu carné de usuario. A persoa encargada da aula dálles un número de usuario/a e explícalles as normas. Os usuarios/as poden daquela empregar os ordenadores da aula para o que precisen, como consultar o correo electrónico, ler o xornal, xogar ou procurar información. Ante calquera dúbida poden preguntar o que desexen á persoa responsable. Tamén poden acudir usuarios cos seus ordenadores portátiles persoais a resolver as dúbidas que teñan no manexo da informática.

AMES – REMATE DO CURSO DE CASTELAN PARA ESTRANXEIROS

Remata o curso de castelán para estranxeiros

O curso de castelán para estranxeiros, que se celebrou en Bertamiráns e no Milladoiro, chegou ao seu fin. Unhas 25 persoas estranxeiras que residen en Ames tiveron a oportunidade de aprender ou mellorar o seu dominio do castelán grazas a este acción formativa posta en marcha pola Oficina de Voluntariado de Ames, en colaboración co Servizo de Atención ao Migrante (SAMI). A través deste curso, que comezou no pasado mes de xaneiro, pretendeuse dar resposta ás necesidades específicas das persoas que veñen a vivir ou a traballar ao concello de Ames, xa que a poboación residente en Ames que procede doutros países representa o 6% da poboación total.

A Oficina de Voluntariado de Ames puxo en marcha no mes de xaneiro un curso de castelán para persoas estranxeiras, de xeito que estas puideran mellorar o seu dominio neste idioma para poder desenvolverse con total normalidade en accións do día a día como poden ser facer a compra, elaborar un currículum ou escribir unha carta. O curso impartiuse nos dous núcleos urbanos de Ames, na Casa da Cultura de Bertamiráns, no que comezaron catorce persoas pero reduciuse a asistencia a nove persoas porque moitos deles atoparon traballo. As clases impartíronse os martes e xoves de 12:00 h. a 13:30 horas.

No Milladoiro, o curso tivo lugar na Casa da Cultura en horario de tarde, os luns e os mércores de 16:30 h. a 18:00 horas. Entre 12 e 16 persoas acudiron a estas sesións, no que o 90% dous usuarios eran de orixe marroquí. A maioría dos usuarios/as levaban aos seus fillos con eles. Dous voluntarios encargáronse de realizan tarefas de apoio e de ensino.
Os usuario/as aprenderon a comunicarse a un nivel básico e cotián, non orientado a un exame ou proba de nivel se non ao desenvolvemento dunha capacidade comunicativa útil e elemental en galego e castelán, orientada á vida diaria. O nivel de dificultade variou en cada edición segundo o nivel inicial que tiñan os participantes, adaptándose ás necesidades destes. O curso deu comezo o 25 de xaneiro e desenvolveuse ata finais do mes de xuño. Este curso foi totalmente gratuíto e o material necesario para o seu desenvolvemento foi proporcionado polo Concello de Ames.
Diversidade étnica e cultural
Entre os dous grupos asistiron unhas 25 persoas de varias nacionalidades: Brasil, Marrocos, China ou Corea. Os alumnos/as aprenderon as funcións comunicativas básicas e cuestións teóricas como a gramática. Os alumnos que procedían do mesmo país axudáronse entre eles. Así foi máis doado explicarlle a algún dos asistentes cousas que non entendían.
O Concello de Ames traballa para fomentar a integración das persoas estranxeiras que residen no municipio. Ames é un dos concellos de Galicia cun maior crecemento demográfico, duplicando nos últimos 20 anos a súa poboación. Entre outros factores, a inmigración e o retorno de galegos e galegas converteuse nunha das maiores causas que avalaron ese incremento. Desta forma, é preciso levar a cabo unha serie de accións e políticas de comunicación neste eido para dar resposta a unhas esixencias deste sector de veciños e veciñas do municipio.
Con este novo marco de diversidade étnica, cultural e lingüística faise imprescindible promover medidas de integración que fomenten o principio de igualdade de oportunidades como é o caso deste curso que organizou a Oficina de Voluntariado de Ames, en colaboración co Servizo de Atención ao Migrante.

AMES – DATOS ECONÓMICOS DE DITINTAS CONCELLALÍAS

As concellerías de Comercio, Promoción económica, Traballo e Turismo e a de Servizos sociais, Familia e Dependencia e Maiores non poden afrontar gastos

O Concelleiro de Promoción Económica, Bernardo Moar e Mª Dolores Fernández, concelleira de Servizos Sociais, contan cun orzamento de 927,57 para distribuir entre as dúas concellerías no que queda de ano

Ames, 28 de xuño de 2011. Os concelleiros de Ames están estudando a situación económica das súas áreas e o orzamento dispoñible para cada unha delas para o que resta de ano. Servizos sociais, Promoción económica e Protección da Saúde constitúen unha bolsa compartida a efectos orzamentarios. Segundo un informe que están realizando os servizos de intervención do concello o saldo de servizos sociais presenta un déficit de -74.415,87 euros, Protección da Saúde ten -8,300,00 euros e Promoción Económica, que é a única que non está en números vermellos, conta con 83.643,44 euros; pero o desfase orzamentario que se calcula entre os tres servizos fai que o saldo final que teñen á súa disposición os tres sexa de 927,57 euros.

Bernardo Moar, concelleiro de Comercio e Promoción Económica, Traballo e Turismo destaca que a súa concellería “non pode facer fronte a pagos pois hai 19 facturas pendentes con data ata o 3 de maio deste ano sen aboar, que non tiveron aprobación de pago e que non contan con orzamento”. Estas facturas suman un importe total de 18.623,02 euros.

En canto a turismo, comparte bolsa con Infraestruturas, Comunicación, Proxecto Amorodo, e Transportes e contan con 196, 69 euros para gastar entre todos no que resta de ano polo que “me atopo na mesma situación que na área de Comercio, Promoción Económica e Traballo, nunha situación que me deixa practicamente unha marxe de manobra nula” asegura Bernardo Moar.

En xeral, a situación económica no concello de Ames é “precaria” asegura o alcalde, Santiago Amor, e a solución pasa por un Plan económico e Financeiro no que se está traballando, e pola racionalización e austeridade no gasto”. Amor lamenta o engano do ex-alcalde no tocante ás cifras económicas e asegura que a omisión destes datos “constitúe unha falta de respecto á cidadanía e é proba dun gasto totalmente irresponsable”.

BRION – FESTIVAL DE BANDAS

A CARBALLEIRA DE SANTA MINIA ACOLLE ESTE SÁBADO O VII FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA DE BRIÓN

Participarán as bandas de música de Brión, Teo e Arca

27 de xuño de 2011. A carballeira de Santa Minia (Pedrouzos-Brión) acollerá este sábado 2 de xullo, a partir das 18:00 horas, a sétima edición do Festival de Bandas de Música de Brión. Un evento organizado pola Asociación Banda de Música Municipal de Brión en colaboración co Concello de Brión e a Deputación Provincial da Coruña.

Como cada ano, a asistencia ao evento será totalmente gratuita e participarán tres bandas de música. Nesta ocasión, o público poderá disfrutar coa música da banda de música Cultural de Teo, da banda de música de Arca e dos locais da banda de música municipal de Brión. En caso de choiva, o festival trasladaríase ata as instalacións do pavillón municipal de Pedrouzos á mesma hora.

FRADES – CONVENIO COAS COMISIONS DE FESTAS

O CONCELLO DE FRADES ASINA CONVENIOS DE COLABORACIÓN COAS COMISIÓNS DE FESTAS DAS DOCE PARROQUIAS DO MUNICIPIO POR 9.000 EUROS

27 de xuño de 2011.- O alcalde de Frades, Miguel Prado Patiño, vén de asinar os convenios de colaboración coas comisións de festas das doce parroquias do municipio. Unhas axudas municipais que teñen por obxecto a realización de actividades relacionadas coas festas patronais por parte das comisións de festas do municipio e que ascenden en conxunto a 9.000 euros.

A axuda do Concello de Frades a cada comisión de festas ascende a 770 euros: 550 euros para sufragar os gastos da festa e outros 200 euros para a limpeza do campo da festa. Pola súa banda, as comisións de festas comprometéronse a destinar os cartos recibidos ao fin descrito, a cumprir coa obriga de limpar o campo da festa dúas veces ao ano e a facer constar a colaboración do Concello de Frades na publicidade das festas.

OROSO – FESTA DOS MAIORES

UNS 700 VECIÑOS PARTICIPAN NA FESTA DOS MAIORES ORGANIZADA POLO CONCELLO DE OROSO

27 de xuño de 2011.- Preto de setecentos veciños e veciñas de Oroso, todos eles maiores de sesenta anos, participaron este sábado na tradicional Festa dos Maiores, celebrada no complexo deportivo Juanito Amigo (Sigüeiro). Un xantar que estivo presidido polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, á fronte de gran parte da nova corporación elixida nos comicios do pasado 22 de maio.

O Concello de Oroso puxo a disposición dos veciños un servizo de autobuses, que os recolleron polas distintas parroquias do municipio e os levaron de volta ás súas casas ao rematar a festa. Unha celebración que comezou ás 13:00 horas cunha misa no polideportivo Juanito Amigo Ferreiro, que contou coa participación da Coral de Senra.

Unha hora despois tivo lugar o xantar de confraternidade, que correu a cargo do restaurante “A Magdalena”. O xantar consistiu nun menú composto por empanada, polbo e carne ao caldeiro, todo elo regado con viño e refrescos. Logo da comida tivo lugar unha festa-baile, amenizada polo Trío Alba.

TEO – PRECAUCIÓN ANTE A POSIBILIDADE DE LUMES

O CONCELLO PIDE Á CIDADANÍA EXTREMAR AS PRECAUCIÓNS DIANTE DUN VERÁN QUE PODE SER COMPLICADO POLOS INCENDIOS

  • Lémbrase que a Consellería de Medio Rural ten suspendidos os permisos de queima ata novo aviso
  • O Servizo Municipal de Emerxencias realizou un traballo admirable durante esta pasada fin de semana con saídas a lumes en varios lugares do Concello

27 de xuño de 2011. Dende o Departamento de Medio Natural municipal, dirixido por Manuel Anxo Fernández, pídese á cidadanía que extremen as precaucións diante dun verán que pode ser moi complicado polos incendios. Como exemplo está o acontecido esta pasada fin de semana onde se rexistraron varios lumes, destacando a perigosidade dun deles que puxo en risco vivendas e queimou unha superficie cercana ás 30 hectáreas das parroquias de Oza e Cacheiras.

Dende o Concello lémbrase a importancia da prevención e todas as precaucións posibles, sobre todo en xornadas de calor extremo, como as vividas estes días, e evitar calquera risco que poida derivar nun incendio. Neste senso destácase que a Consellería de Medio Rural ten suspendidos xa os permisos de queima ata novo aviso, precisamente polas condicións climatolóxicas adversas.

Esta pasada fin de semana rexistrouse en Teo un incendio que afectou ás parroquias de Cacheiras e Oza, que cercou varias vivendas con evidente risco para as persoas e os bens materiais. Na xornada do sábado o Servizo Municipal de Emerxencias acudiu a apagar lumes nas zonas de Vilar de Calo, nunha finca na zona da igrexa –Calo-, preto do campo da festa e outro lume no Raxó. Os lumes do sábado non foron incendios forestais xa que se deron en zonas de labradío, cercanas a vivendas. O persoal da Policía Local destaca que as características dos incendios parecen indicar a intencionalidade dos mesmos, ben sexa por descoido ou porque exista unha actividade incendiaria. Ante esta situación tamén se pide a colaboración cidadá na medida en que se detectan algún movemento extraño o mellor é alertar ás forzas de seguridade. Dende o Concello anímase tamén a que as persoas particulares sexan prudentes cando se acheguen a algún operativo para evitar situacións de perigo.

O Concello tamén quere destacar o admirable traballo do Servizo de Protección Civil municipal, que contou co apoio da Policía Local. Nestes días traballaron na extinción de incendios en Teo persoal dos servizos de emerxencias Brión e Boqueixón ademais dos medios aéreos e terrestres da Xunta de Galicia, todos eles cunha entrega destacable en condicións moi complicadas.

AMES – CONCERTO CLAUSURA ESCOLA DE MUSICA

Preto de 400 persoas asistiron ao concerto de clausura da escola de música

A Escola Municipal de Música de Ames rematou o curso cun concerto no que participaron todos os alumnos e alumnas cos seus respectivos instrumentos. A Casa da Cultura do Milladoiro foi o escenario elixido para amosar o aprendido nas clases de Música e Movemento, dirixidas aos máis cativos, e as de Instrumento, Linguaxe Musical e Combo instrumental impartidas aos alumnos maiores de sete anos. O auditorio rexistrou un cheo absoluto e todas as persoas asistentes quedaron moi satisfeitas co espectáculo ofrecido. O concerto tivo unha duración de algo máis de dúas horas.

O curso 2010-2011 da Escola Municipal de Música de Ames chegou ao seu fin. Pero antes todos os nenos e nenas que este ano asistiron ao IES de Ames a ao CEIP de Ventín, para recibir clases de música tiveron a oportunidade de demostrar as súas destezas e habilidades co instrumento que tocan. Como en edicións anteriores antes de chegar ao final do ano académico organizouse un concerto para clausurar as actividades impartidas pola EMMA.

O concerto de clausura da Escola Municipal de Música de Ames estivo presentado por dúas alumnas de piano e linguaxe musical, Carla Caamaño e Iria Rodríguez. Durante as actuacións os nenos e nenas da escola tocaron pezas amenas, e interpretaron tanto aos clásicos (Mozart ou Bethovenn), coma pezas máis modernas de Amaral ou de películas coñecidas coma "A Guerra das Galaxias". As pezas non tiveron moita duración co fin de facer máis ameno o festival.
O principal obxectivo que se persegue con este concerto é que todos e cada un dos alumnos e alumnas da escola poidan poñer en práctica as destrezas que adquiriron cos seus instrumentos durante este curso. Aos nenos e nenas faille unha especial ilusión tocar diante dos seus pais e nais, pero tamén para toda a cidadanía en xeral que desexe gozar do concerto.
A actuación contou con interpretacións de alumnos/as de piano, saxofón, batería e percusión, linguaxe musical, música e movemento, violín, frauta e guitarra. O concerto comezou cunha demostración dos alumnos/as de Música e Movemento, que interpretaron "A caracola Manola" e "O Gharatiño". Seguidamente, interpretaron unha homenaxe a Nirvana e logo foi a quenda da orquestra de guitarras que interpretou "La Bamba".
O concerto continuou coas actuacións dos nenos/as de combo instrumental, piano, violín, saxofón, canto e percusión. Os cativos e cativas de linguaxe musical tamén tiveron a oportunidade de participar neste concerto e interviñeron coas pezas "Amé Amé", os grupos de cuarto e terceiro, e con "Eva e Adán", os grupo de terceiro e segundo.
Este concerto clausurou o curso 2010-2011 e serviu para mostrarlles ás familias do alumnado e á cidadanía en xeral o traballo que se desenvolveu durante estes oito últimos meses na EMMA. Todos os nenos e nenas que este ano asistiron ao IES de Ames a ao CEIP de Ventín para recibir clases de música tiveron a oportunidade de demostrar as súas destrezas e habilidades co instrumento que tocan.

AMES – CAMPAMENTO FERVENZA DA TOXA

Preto de 90 nenos/as acoden ao campamento da granxa colexio Fervenza da Toxa

Coas mochilas cheas de ilusión, así marcharon os 31 nenos e nenas de 3 a 4 anos que participan no campamento da granxa colexio Fervenza do Toxa, situado no concello de Silleda. Este é o grupo máis novo que acode a este actividade. A pesar da súa curta idade os nenos/as despedíronse de seus pais e nais cun sorriso nos beizos e con gañas de pasalo ben. Os cativos/as pasarán unha noite fóra do seu fogar. Marchan o luns 27 de xuño pola mañá e volven o martes 28 de xuño pola tarde. O martes 28 de xuño sae outro grupo de 56 nenos e nenas de 3º de infantil e 1º de primaria. Este grupo tamén acode á granxa colexio Fervenza da Toxa entre os días 28 e 30 de xuño. Neste campamento os nenos aprenderán a traballar en grupo coidando os animais da granxa e recollendo hortalizas e froitas na horta. Ademais participarán en diferentes obradoiros de repostería e divertiranse con xogos, bailes e contos.

O Concello de Ames pon en marcha un ano máis unha das actividades máis esperadas polos cativos/as, os campamentos de verán. Este ano ofertáronse un total de 416 prazas para que os rapaces e rapazas gocen duns días de campamentos. Estas actividades teñen como finalidade permitir que ás nais e pais poidan conciliar por uns días a vida familiar coa laboral, mentres os seus fillos se divirten. Estes campamentos de verán están dirixidos a todos os nenos e nenas de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, ESO e rapaces e rapazas de ata 18 anos, empadroados no Concello de Ames.

O luns 27 e o martes 28 parten dous dos grupos de campamentos. Un formado por 31 nenos/as de 3 a 4 anos e outro de 56 nenos/as de 3º de infantil e 1º de primaria (5 a 7 anos) con destino á granxa colexio Fervenza do Toxa. En total son 87 nenos e nenas os que inauguran a temporada de campamentos de verán.

Os primeiros, os máis pequenos, nenos e nenas de 3 a 4 anos subiron ao autobús con dirección á granxa colexio Fervenza do Toxa, coñecida paraxe da localidade de Silleda. Este campamento está moi preto da fervenza máis alta de Galicia, un lugar ideal para que se vaian adaptando a este tipo de actividades de xeito progresivo. O obxectivo fundamental deste campamento é que os nenos/as poidan pasar uns días inesquecibles facendo novos amigos, mentres aprenden a compartir e respectar a natureza. Os cativos pasarán unha noite fóra do seu fogar xa que este campamento desenvolverase durante os días 27 e 28 de xuño.

Os cativos do primeiro grupo, ao ser nenos/as tan pequenos, estarán acompañados dos monitores en todo momento (comida, cea, noite e por suposto durante todas as actividades). Ademais de todo o equipo docente da granxa colexio Fervenza do Toxa, os nenos/as contan coa asistencia de dous monitores/as contratados directamente polo Concello e que xa son coñecidos polos propios nenos/as xa que participan noutras actividades desenvolvidas dende a Administración local. Cómpre salientar que nas reunións mantidas cos pais e nais lembróuselle que os nenos/as poden confiar e pedirlle aos monitores axuda en todo o que precisen.

O martes 28 de xuño parte cara este mesmo destino, a granxa colexio Fervenza do Toxa, un grupo de 56 nenos/as e 3º de infantil e 1º de primaria. Este grupo estará no campamento ata o 30 de xuño. Neste último campamento a lista de agarda moveuse ata o posto 23 xa que houbo varias renuncias de rapaces que en principio ían a ir. Os 20 nenos/as restantes que figuraban na lista de agarda ofrecéuselle a posibilidade de ir a este mesmo campamento noutra quenda ou de acudir ao campamento dos Barreiros.

Os nenos/as que acoden á granxa colexio da Fervenza do Toxa realizarán actividades, xogos e obradoiros relacionados co medio ambiente. Ademais, poderán coñecer os animais da granxa (ovellas, vacas, porcos, burros, etc.). Por outra banda participarán en diferentes actividades de horta, recollendo hortalizas e froitas, e terán a oportunidade de dar un paseo en poni. Os nenos/as tamén terán tempo para experimentar na cociña facendo produtos artesanais como pan ou rosquillas, así como xogar, bailar e escoitar contos.

Servizo de información - sms

O Concello de Ames mantén permanentemente informadas ás familias dos rapaces e rapazas que acoden aos campamentos de verán a través de mensaxes de texto. Como se dun un servizo de noticias exprés se tratase, o Concello de Ames mantén periodicamente informadas ás familias dos rapaces e rapazas de canto acontece nos campamentos de verán nos que os seus fillos gozan duns días de vacacións. A través dun servizo de SMS, papás e mamás reciben noticias puntuais sobre as actividades e o estado dos seus cativos e cativas

AMES – PLANTA POTABILIZADORA

O goberno de Carlos Fernández nunca aportou a documentación que lle requiría a Xunta para realizar as expropiacións da planta potabilizadora de Ames-Brión

O PSOE falta á verdade cando culpa á Xunta do atraso da potabilizadora

Ames, 27 de xuño de 2011. O proxecto da planta potabilizadora de Ames Brión está paralizado porque no ano 2010 o anterior goberno socialista, rexido por Carlos Fernández, non puxo os terreos a disposición da Xunta de Galicia véndose obrigada a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a iniciar a obra pola fase de canalización.

Agora o PSOE escúsase, a través do ex-alcalde Carlos Fernández, asegurando que a Xunta é a culpable do atraso da planta potabilizadora. O certo é que o anterior goberno amiense non aportou no seu momento a documentación necesaria para realizar a urxente ocupación do terreo. A Xunta requiriu, a través da Consellería de Presidencia, o 16 de xuño de 2010 do concello de Ames a documentación das expropiacións concedendo un prazo de 10 días para que a Administración local a presentase. Como esta documentación non foi presentada resolveuse a desistencia do procedemento administrativo e a conseguinte parálise de parte das obras.

Entre a documentación que se lle solicitaba ó concello o 16 de xuño de 2009, está a copia da autenticidade do proxecto técnico completo dilixenciado polo secretario da Corporación acreditativa da súa correspondencia co proxecto sobre o que versa o expediente administrativo, o informe técnico e xurídico emitido polo concello sobre a cualificación e adecuación urbanística do proxecto ou adecuación á normativa e ao planeamento vixente, o certificado do acordo plenario de data 26 de xuño do 2008, ou a certificación das notificacións individualizadas aos afectados polo expediente expropiador ou copia cotexada das mesmas.

En resposta á afirmación de Carlos Fernández de que a Xunta de Galicia non cumpriu porque non entregou o proxecto da obra para que o Concello puidese seguir co trámite de expropiación dos terreos afectados pola obra, o actual goberno amiense recórdalle que co anteproxecto, que si tiña o concello naquel momento, xa se poden realizar expropiacións. Para o actual goberno son lamentables as escusas de Carlos Fernández, así coma a actitude de “vítima” que amosa cando di que dende o PP se solicitaba o atraso da obra, pois o Partido Popular sempre mirou polo interese de todos e por mellorar os servizos de Ames, “trátase dunha escusa barata que ninguén cre” asegura Amor.

Santiago Amor reafirma ademais que o feito de suspender este ano o Millarock é unha decisión movida unicamente pola intención de intentar pouco a pouco “recuperar dun xeito sostible a economía do concello, que como o ex-alcalde ben sabe, está en números vermellos”, e para iso “temos que priorizar gastos e non actuar de forma irresponsable como faría el”.

AMES – REPARTO DAS TENENCIAS DA ALCALDIA

O goberno de Ames distribúe as tenencias de alcaldía e nomea os membros da Xunta de Goberno Local

Ramón García Argibay será o primeiro tenente de alcalde e o portavoz do grupo de goberno

Ames, 27 de xuño de 2011. O equipo do popular Santiago Amor, que chegou ó goberno no concello de Ames despois de gañar as eleccións por maioría absoluta o pasado 22 de maio, e acadando 11 concelleiros, xa ten definidas as tenencias de alcaldía e os membros que formarán parte da Xunta de Goberno Local.

O primeiro tenente de alcalde será o concelleiro delegado de Persoal, Reforma Administrativa Servizos e Urbanismo, Ramón García Argibay; quen tamén asume o cargo de portavoz do goberno. A segunda na tenencia de alcaldía será María Dolores Fernández Álvarez, seguida de Bernardo Moar, Eugenia Martín Vicente, Alfonso Rey López e Alfredo Taboada Albelo.

A Xunta de Goberno Local estará composta por Santiago Amor e seis concelleiros máis: Ramón García Argibay, María Dolores Fernández Álvarez, Bernardo Moar, Eugenia Martín Vicente, Alfonso Rey López e Alfredo Taboada Alvelo.

O alcalde, Santiago Amor, delega en María González a sinatura diaria de oficinas xerais

Santiago Amor delega na concelleira de Asociacionismo, Igualdade, Muller e Xuventude, María González Gómez a sinatura diaria de oficinas xerais a efectos de que a mesma non se vexa prexudicada polo exercicio das funcións propias da alcaldía. A intención de Santiago Amor é axilizar o día a día dos cidadáns e darlles un mellor servizo.

REPARTOS DE CONCELLERÍAS DO GOBERNO DE AMES:

Alfonso Rey López - Concelleiro delegado de Cultura, Educación e Patrimonio.

Manuel Ferreiro Santiago - Concelleiro delegado de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado.

Bernardo Moar Míguez - Concelleiro delegado de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo.

Mª González Gómez - Concelleira delegada de Asociacionismo, Igualdade, Muller e Xuventude.

Ramón García Argibay- Concelleiro delegado de Persoal, Reforma Administrativa, Servizos e Urbanismo.

Alfredo Taboada Alvelo - Concelleiro delegado de Vías, Obras, Parques e Xardíns.

Mª Carme Verde Leboráns - Concelleira delegada de Atención e Mediación Veciñal.

Emilio Martínez Carballeira - Concelleiro delegado de Acción Parroquial e Rural.

Mª Dolores Fernández Álvarez - Concelleira delegada de Servizos sociais, Familia, Dependencia e Maiores.

Mª Eugenia Martín Vicente - Concelleira delegada de Medio Ambiente, Desenvolvemento Sostible e Sanidade.