Axenda e tempo do sábado 9 de maio - Música, libros, cine, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Área Central - Sábados creativos

Santiago - Orquestra Xuvenil e Sinfónica do Conservatorio

Oroso - Festa da Troita

Santiago - Recital Lírico de amigos da Opera

Santiago - Minor Empires

Santiago - NOS - creación colectiva

Santiago - Feira do libro novo

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Santiago - USC - Artistas na rúa (ata o 29 de maio)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)

Santiago - USC - Igrexa da Universidade  En (re)torno a Paisaxe (ata o 31 de maio)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Lindeiros - Xa está na rúa o número 24, maio 2015


O número de maio é moi espacial para Lindeiros por varias cousas. É o número co que cumprimos dous anos e non podemos mais que dar as grazas por estes 24 meses nos que os lectores nos acompañaron. Coincide este número cunhas eleccións municipais que sen duda cambiarán o mapa político da bisbarra e dos concellos de que falamos, ainda que ata o 24 pola noite non saberemos os resultados. Finalmente é un número no que comezamos unha serie de rutas pola comarca que esperemos que vos gusten, non son roteiros de camiñar ainda que se pode facer, non son longas distanzas ainda que pode un estar todo o día vendo cousas, son espazos que quedan a carón dos camiños e que moitas veces quedan asombrados por outros máis coñecidos.

Este mes tamén incluense distintas entrevistas políticas, imposible incluir a todos os da comarca pero si están algúns candidatos que serven de exemplo do que hai.
Coma sempre dar as grazas o colaboradores que, sen nada a cambio, fan do xornal algo que permanece no tempo e un pode repasar artigos de fai tres meses que seguen estando vixentes.
Pinchando na imaxe podedes velo por completo e descargar o PDF.

Asociación A Xuntanza - Comunicado de valoración da Festa da Primavera

A Comisión de Festas do Barrio de San Pedro e a asociación veciñal A Xuntanza fan unha valoración moi positiva da Feira da Primavera, tanto polo éxito de asistencia a pesar das circunstancias meteorolóxicas, como pola incrible colaboración de veciñas/as e voluntarias/os que salvaron as dificultades coas que nos atopamos. 

Quixeramos darlleas grazas ás veciñas, comerciantes, voluntarias e en xeral a todas as persoas que colaboraron coa organización da Feira, ademais dos asistentes que viñeron compartir e disfrutar con nós a festa. Entre todas demostramos que cando as circunstancias son adversas é cando máis medramos: grazas á veciñanza que estivo con nós; aos visitantes que armados con paraugas de cores viñeron visitarnos, ás voluntarias que aportaron horas de traballo, puntos de luz e cantaron coplas que reinvindican os nosos dereitos. Grazas tamén aos artesáns que, con vento e chuvia, resistiron aínda cando as súas carpas querían saír voando, e tamén á colaboración veciñal que amadriñou e apadriñou os puntos de luz. Máis unha vez: grazas por facer que o Barrio de San Pedro sexa un #barrioconluzpropia!

Un ano máis queremos salientar tamén o éxito dos Ecovasos que implantamos froito do noso compromiso co medio ambiente e coa mellora do Barrio. 

Puntos de luz e xeradores

Como xa dixemos queremos dedicarlle o noso especial agradecemento aos veciños e veciñas que cederon os seus puntos de luz para que determinadas actividades puideran ter lugar, logo da negativa do Concello a proporcionárnolos. 

Un Goberno que días máis tarde da Feira anuncia que proporcionará xeradores, ante o cal nos xurden moitas dúbidas: 
Afecta a todas as entidades da cidade e o alugueiro dos xeradores non solucionará nada. Como se vai facer en San Xoán con tantas cacharelas?
A licitación do alumeado está en marcha, así que nos pregos -feitos en tempos recentes- púidose ter pensado neste asunto.
Os xeradores eléctricos son ruidosos, pouco ecolóxicos e non deberían estar manexados por persoas carentes de coñecemento técnico. Tampouco é cousa certa cando o Concello vai dispoñibilizalos.
Non queremos ilegalidades nin favores. Só queremos unha solución legal, segura e apta para todo tipo de entidades da cidade.
Nun momento no que o Concello ten problemas para dinamizar a cidade porque seica non ten cartos, debería apoiar con máis forza as iniciativas cidadás que teñen custes mínimos para as arcas públicas. Sen ir máis lonxe, a Feira do Libro destes días.
Que programación se ofreceu á veciñanza e visitantes na ponte do 1º de maio? feira da primavera e feira do libro (as dúas alumeadas con luz propia).

Moi ao noso pesar, a día de hoxe, a Comisión de Festas do Barrio de San Pedro e a asociación veciñal "A Xuntanza" non podemos comprometernos a levar acabo a tradicional Cacharela de San Xoán nin as Festas do Barrio. 

Con este panorama, tanto a Comisión de Festas como A Xuntanza, estamos avaliando a situación e a posibilidade de levar a cabo ás próximas festas, que polo de agora presentanse como pouco probables.

Área Central - Actividades de hoxe sábado

Los niños tienen hoy sábado una nueva alternativa de ocio en Area Central: “Sábados creativos”, que en esta ocasión realizará un cuentacuentos, a partir de las 18.00 horas en la esquina verde del centro comercial.

Los “Sábados creativos” son sesiones lúdico-educativas que se celebran en Area Central tres sábados al mes de la mano de la Asociación Planeta Shalom.

Además de participar en diferentes talleres, en las sesiones de “Sábados creativos” los niños asistentes también pueden disfrutar de una zona de lectura y de pintura. En las dos horas que dura la actividad, todos los miembros de la familia pueden estar entretenidos realizando las diferentes acciones que proponen los “Sábados creativos”.

Los niños asistentes pasan una tarde agradable mientras realizan diferentes manualidades. La temática varía cada semana, siendo una preocupación de las responsables de Planeta Shalom la de ofrecer cada día una actividad original para sorprender tanto a los niños como a sus padres.

Area Central: salida de la XI Andaina de los 50 km

Por otra parte, hoy sábado Area Central será el punto de partida y reunión de los más de 150 inscritos en la XI Andaina de los 50 Km. de Santiago de Compostela, organizada por el Club Deportivo Fontiñas con la colaboración del Concello de Santiago. La prueba dará comienzo a las 9.00 horas y los participantes disponen de doce horas para completar el recorrido de los 50 Km.

Salón del libro con motivo del Día de las Letras Gallegas

Por último, el Consorcio Editorial Gallego ofrece estos días la oportunidad de elegir entre una gran variedad de obras literarias en el Salón del libro, organizado con motivo de la proximidad al Día de las Letras Gallegas. Paralelamente, habrá cuentacuentos y talleres de manualidades. hoy sábado, a partir de las 19.00 horas, se celebrará uno basado en el libro O zoo de Xoquiño, en la esquina roja de Area Central

Goza do Ulla - Os 19 municipios das provincias de A Coruña, Lugo y Pontevedra lanzan a iniciativa que xa vai pola quinta edición

Os 16 concellos bañados polo río Ulla presentan un ano máis o programa ‘Goza do Ulla’, unha iniciativa turística que xa vai pola súa quinta edición e que pretende dar a coñecer e promocionar o rico e valioso patrimonio natural dos territorios á beira do Ulla. A presentación oficial tivo lugar onte no Concello de Monterroso, onde comenzará o programa de roteiros o domingo 31 de maio e rematará em Vila de Cruces o último fin de semana de outubro. Haberá unha ruta ou incluso dous cada fin de semana en cada un dos 19 concellos da iniciativa: Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Agolada, Santiso, Arzúa, Vila de Cruces, Touro, Silleda, Boqueixón, Vedra, A Estrada, Teo, Padrón, Pontecesures, Valga, Dodro, Catoira e Rianxo.

Ignacio Codesido, alcalde de Touro, un dos concellos impulsores deste proxecto, destaca que “desde Antas do Ulla, no seu nacemento, ata Rianxo coa súa chegada ao mar, pasando polos diferentes concellos, o Ulla amosa unha grandísima variedade de patrimonio natural, cultural e artística”. Os 19 concellos implicados nesta iniciativa de promoción do seu territorio teñen a intención a medio prazo de diseñar e poñer en marcha unha ruta de gran percorrido que poderia denominarse Gran Roteiro Fluvial do Ulla para poñer en valor toda a riqueza cultural, ecolóxica e etnográfica deste río, o segundo en relevancia de Galicia e que percorre tres províncias (Lugo, A Coruña e Pontevedra). Na presentación oficial que tivo lugar onte en Monterroso tamén foi presentado o libro de Henrique Neira ‘Lendario río Ulla. Viaxe desde a Ulloa ata á ría de Arousa’, e que fai referencia ao percorrido de ‘Goza do Ulla’.

O domingo 31 de maio comeza a primeira ruta no Concello Monterroso. As seguintes rutas serán: Antas do Ulla (17 de xuño); Boqueixón (20 de xuño); Agolada (18 de xullo); Arzúa (1 de agosto); Vedra (2 de agosto), Rianxo (29 de agosto); Touro (5 de setembro); Pontecesures (6 de setembro); Silleda (12 de setembro); Catoira (13 de setembro); A Estrada (20 de setembro); Palas de Rei (26 de setembro); Teo (27 de setembro); Padrón (3 de outubro); Santiso (10 de outubro); Dodro (17 de outubro); Valga (24 de outubro) e Vila de Cruces (25 de outubro).

A iniciativa xurdiu fai xa cinco anos e o ano pasado desenvolveuse con grande éxito. Con traballo dos 19 concellos e sen apenas custo promóvese un proxecto que pon en valor o noso territorio, vinculando municipios, bisbarras e provincias por riba dos intereses localistas ou partidistas.

Santiago - Música clásica, rock e teatro na xornada do sábado

Na programación cultural do sábado temos catro citas coa música e o teatro. Comeza a xornada ás 20.00h con música: no Auditorio de Galicia teremos as Orquestras Xuvenil e Sinfónica do Conservatorio Profesional de Música da cidade dentro do ciclo Novas Orquestras mentres que no Teatro Principal, a asociación de Amigos da Ópera ofrece o seu Recital Lírico con motivo do Día Mundial da Ópera.

Ás 20.30h, no Salón Teatro, e dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués, poderemos ver a creación colectiva con implicación social ‘Nós’, e na Zona C Minor Empires ofrece por vez primeira na nosa cidade, o seu potente directo, dentro do ciclo Compostela Rock, acompañados de Visceral Eyes.  

Para todos os eventos, como é habitual, poden retirarse as entradas na billeteira do Teatro Principal (aberta de 18.00 a 21.00h) e o propio día do evento tamén na billeteira do recinto onde se celebra o mesmo.

ORQUESTRAS XUVENIL E SINFÓNICA DO CONSERVATORIO
Auditorio de Galicia, 20.00h
A Orquestra Xuvenil de Corda do CMUS Santiago naceu no ano 2007 co nome de Orquestra de Corda de Grao Elemental e estaba formada de xeito voluntario por alumnado de 3º e 4º de grao elemental, para cubrir un oco importante na formación dos alumnos de corda e tentando fomentar a práctica instrumental en grupo. A Orquestra Sinfónica do CMUS de Santiago converteuse en sinfónica no ano 2009, integrando todas as especialidades instrumentais do noso centro que teñen cabida nun plantel sinfónico.

Este concerto está enmarcado dentro do ciclo Novas Orquestras e a entrada é de balde previa retirada no Teatro Principal ou no propio Auditorio o día do concerto

RECITAL LÍRICO DA ASOCIACIÓN DE AMIGOS DA ÓPERA
Teatro Principal, 20.00h
Ana Nebot, soprano, Marina Rodríguez Cusí, mezzosoprano e Ludmila Orlová, piano, ofrecerán un recital dentro das actividades de Maio Lírico da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago. Interpretarán obras de Monteverdi, Haendel, Mozart, Bellini, Rossini, Offenbach, Massinet, Bizet e Delibes.

As entradas teñen un prezo de 5 euros e existe unha entrada ‘ópera en familia’ coa cal pola cal con dous adultos poden entrar de balde 2 menores de 12 anos.

‘NÓS’, CREACIÓN COLECTIVA
Salón Teatro, 20.30h
Creación colectiva inspirada en A maquina de fazer espanhóis de Valter Hugo Mãe. Nos silencios gardamos a memoria de NÓS mesmos. Cos xestos resgamos os NÓS que nos prenden no tempo e no espazo, enchendo os días de memorias vividas ou aínda por vivir… A Pele (espazo de contacto social e cultural) e a Asociación de Xordos do Porto, con desexo compartido de cimentar pontes de comunicación entre as comunidades xorda e oínte, vén establecendo un diálogo ao través do teatro, en canto a linguaxe universal… Nós é o cuarto proxecto teatral materializado dende 2008 a partir desta frutífera,. comprometida e inspiradora colaboración.

As entradas teñen un prezo de 10 euros e poden retirarse co Bono de Teatro Galego e Portugués, co cal saen a 7 euros.

MINOR EMPIRES NO COMPOSTELA ROCK
Zona C, 20.30h
Minor Empires, banda formada coma proxecto paralelo por membros de Toundra e Nothink veñen de novo a Galicia, por primeira vez a Santiago de Compostela, para presentar novo traballo e o disco editado en abril de 2014 e co que están percorrendo a península de arriba abaixo cun potente directo e un son moi coidado e traballado. A banda que abrirá este concerto serán os pontevedreses Visceral Eyes, nomeados pola web de "Desconcierto cultural" coma unha das 15 bandas a seguir neste 2015.

As entradas teñen un prezo de 8 euros anticipada e 10 euros o día do concerto. Ademais de no Principal e na Zona C, poden mercarse en A Reixa Tenda e Notikumi.


Teo - Rolda de prensa de Teo, Oroso e Brión sobre o transporte metropolitano

O alcalde de Brión, José Luís García, de Oroso, Manuel Mirás e o alcalde accidental de Teo, Rafael Sisto, convocan aos medios de comunicación a unha rolda de prensa o próximo luns 11 de maio ás 11:00 horas na Casa Común dos Tilos (Teo). Nesta comparecencia os rexedores valorarán o único punto da orde do día da reunión da Comisión de Seguemento do Convenio do Transporte Metropolitano de Santiago prevista para o martes 12 de maio. 

A Xunta convoca unha xuntanza cun único asunto, adhesións de novos concellos á Área de Transporte Metropolitano de Santiago. Este punto xa se debateu con anterioridade e os representantes de Brión e Teo amosaron a súa disconformidade cunha medida que entenden que desvirtúa as características do convenio actual e busca enmascarar a ineficacia da Xunta de Galicia en materia de mobilidade disfrazándoa cun incremento económico polas novas incorporacións que dende logo non redundará nunha mellora dos servizos actuais nos concellos orixe da Área Metropolitana de Santiago.

Frades - Homenaxe os concelleiros que deixan a corporación

O Concello de Frades celebrou onte xoves a súa derradeira sesión plenaria da lexislatura para aprobar a acta da sesión anterior. Unha vez cumprido o trámite, o Concello aproveitou para render homenaxe aos concelleiros que deixan a corporación, ao non presentarse ás eleccións do 24 de maio: Miguel Prado Patiño (deputado autonómico e alcalde de Frades durante 25 anos), Antonio Iglesias Botana e Agustín Rey Vázquez, polo Partido Popular; Xesús Miguel Iglesias Vilariño, polo PSOE; e Manuel Míguez Villaverde, polo BNG. Todos levaron unha reproducción do inmoble da casa do concello de Frades.

UXO - Presentación da candidatura


Emoción, confianza e ilusión é o que transmitiron as máis de 2.000 persoas (estimacions da xerencia de Lp45) que acudiron na noite de onte á presentación oficial da candidatura de UXO para os comicios locais do 24 de maio, na discoteca LP45. Un acto no que o partido que leva gobernando en Ordes dende as últimas dúas lexislaturas presentou o seu equipo. Un nutrido grupo no que equilibradamente se mestura a experiencia e a veteranía na xestión municipal de moitos deles coa xuventude e a vontade de entrega á cidadanía doutros.

Sin dúbida trátase da presentación ofical deste tipo máis concurrida dos últimos anos, o que se interpretou por parte de moitas e moitos como unha manifestación de apoio á continuidade do proxecto emprendido por Manuel Regos dende hai oito anos.

A actual tenente de alcalde, Silvia Marín, foi encarga de abrir a noite cunhas emotivas palabras nas que non faltaron as alusións á importancia que teñen as políticas sociais e de igualdade de oportunidades. Pola súa banda, un emcionado Manuel Regos mostrou o seu agradecemento pola presenza de tantos e tantas veciñas e manifestou unha vez máis o seu compromiso cos empresarios, pequenas e medianas empresas, comerciantes e profesionais do sector agrogandeiro. Solicitou para o seu equipo a mesma confianza que él mesmo lle ten, e na que se repiten nomes na case totalidade dos primeiros postos da listaxe. 

Con todo houbo tempo para facer un repaso dos proxectos máis emblemáticos realizados nos últimos anos, e tamén para criticar á Xunta do PP polo seu revanchismo político, “ao negarlle a Ordes o que necesita e lle pertence para poder levar a cabo moitos dos seus proxectos”.
Tras unha hora aproximada de acto, no que se sucederon as interrupcións pola espontaneidade dos aplausos, todas e todos os membros da candidatura se dirixiron á Alameda de Ordes para proceder coa pegada de carteis electorais. Un momento no que novamente Manuel Regos estivo arroupado non só polos membros do seu equipo, senón por gran parte do público que minutos antes asistirá ao seu acto de presentación e que non se deixou doblegar pola chuvia que azotou pola noite na vila ordense
A lista de UXO para os comicios do vindeiro 24 de maio está integrada polos seguintes candidatos:

1. Manuel Regos Boquete
2. Silvia Marín Pereiro
3. José Ramón Vázquez Raña
4. Roberto Jesús González Santos
5. Lucía Iglesias Mirás
6. José Luís Gómez Candal
7. José Antonio González Lamas
8. Manuel Iglesias Vieites
9. Verónica Candal Noya.
10. María Salomé Barallobre Martelo
11. Leoncio Gómez Liñares
12. Jorge Ferreiro Regueira
13. Yolanda Rodríguez Docampo
14. Sandra del Río Pan
15. Lucía Pérez Martínez
16. Pedro Ferreiro Martín
17. Victoria Varela Landeira
Suplentes:
1. Francisco Viqueira Castro
2. María José Bello Gil
3. María Nieves Candal Raposo
4. Antonio Cao Gómez
5. Gonzalo Candal Sanjurjo
6. José Antonio Gómez Muíño
7. Anaís Liste Rodríguez
8. Damián Calvo Prado
9. Juan Carlos Mosquera García
10. Yaiza Gómez Liñares

Ames Novo - A candidata Pilar Candocia asina o pacto contra a pobreza

A candidata de Ames Novo, Pilar Candocia, asinou esta onte coa rede “Concello sao servizo das persoas” o pacto contra a pobreza e pola inclusión social. Entre os compromisos que recolle este pacto, Candocia asegurou que o seu goberno municipal investirá 110 euros por persoa que vive na pobeza ou está en risco de exclusión social en Ames. Segundo os últimos datos, no Concello de Ames perto dun 20 por cento da poboación está en risco de pobreza o exclusión, que segundo explicou Candocia son case 6.000 persoas.

“Primeiro a xente”, dixo Pilar Candocia, lembrando que ése é precisamente o lema co que Ames Novo se presenta a estas eleccións. A candidata lembrou que o seu compromiso dende o primeiro momento é “ser a alcaldesa de todos e todas e que ninguén pase necesidade no concello”. Por iso, este compromiso de gasto e xestión municipal é a primeira medida que Candocia fixo pública coincidindo hoxe co inicio da campaña.

Obradoiro CAB - El camino acaba en el Obradoiro 4

Nos acercamos a Santiago de Compostela y en el grupo se empieza a experimentar la emoción y nerviosismo, preludio de lo que vamos a vivir hoy.

Durante estos días, las conversaciones entre nosotros y con otros peregrinos, eran una constante. Somos un equipo heterogéneo, distintos perfiles, distintas personas unidas por la iniciativa solidaria del Rio Natura Monbus Obradoiro, y era prácticamente imposible no tener un tema de conversación que nos involucrara a todos.

Sin embargo, el día de ayer ha supuesto un punto de inflexión. El silencio ha sido nuestro compañero prácticamente desde el inicio en O Pedrouzo. El grupo se ha ido disolviendo poco a poco y cada uno ha encontrado para sí ese espacio, la “zona cero”, que todos tenemos y a la que tanto cuesta llegar en nuestro día a día. Cuentas pendientes, balance de decisiones pasadas y futuras, cambios de dirección, retos, frustraciones… En definitiva, puertas cerradas bajo llave por el sentido común que actúa como escudo de lo que somos o de lo que nos gustaría ser y que sólo la soledad y el silencio permiten que podamos darnos la mano con esos sentimientos.

Caminamos bajo la lluvia, cruzamos bosques que evocaban cuentos de hadas y llegamos a Lavacolla donde Terry, Susan, Paul y Betty se detuvieron a dejar la cruz con palos del camino. No hizo falta que le explicáramos el significado, como apasionados del Camino de Santiago, cumplen con todos los ritos y consiguen envolver al resto del equipo en las costumbres de los peregrinos. Con la esperanza de ver sueños cumplidos uno a uno fuimos dejando nuestra pequeña huella en el Camino. Solo rompía el silencio los pasos de los bastones y la banda sonora del Camino, con los pájaros como solistas y el sonido del agua de los pequeños riachuelos como artistas invitados.

Apenas 15 km de caminata que culminaron en O Monte do Gozo con increíble panorámica de la ciudad de Santiago de Compostela y donde probamos el primer bocado de la satisfacción de saber que si se quiere se puede y que no hay límites ni fronteras que no podamos superar.

Axenda e tempo - Teatro, mercadillos, festa da troita, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Área Central - Mercadillo solidario

Brión - escola de música Magariños - Noite en branco

Santiago - Falabaratos - love pain love

Teo - Alberto San Juan - Autoretrato del joven capitalista español

Oroso - Festa da Troita

Santiago - Teatro Principal - concerto de Mono

Santiago - Feira do libro novo

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Santiago - USC - Artistas na rúa (ata o 29 de maio)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)

Santiago - USC - Igrexa da Universidade  En (re)torno a Paisaxe (ata o 31 de maio)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Área Central - Mercadillo solidario tócame Roque

Area Central acoge hoy viernes el mercadillo juvenil “Trócame-Roque”, que alcanza este año su tercera edición. Cerca de 150 jóvenes del barrio de Fontiñas pondrán a la venta diferentes objetos de segunda mano o elaborados por ellos mismos, con el objetivo de recaudar fondos para sufragar una iniciativa solidaria del barrio.

“Trócame-Roque” se podrá visitar en la tarde de mañana viernes en la esquina roja de Area Central, en horario de 16.30 a 19.30 horas. Esta iniciativa está organizada por varias entidades sociales de la ciudad, como Cruz Roja, Fundación Secretariado Gitano, Cáritas, Asamblea de Cooperación por la Paz y la Asociación Arela, en colaboración con el Concello de Santiago y la Xunta de Galicia.

Además de los propios puestos atendidos por los jóvenes participantes, también habrá varias actividades lúdicas, como exhibiciones de breakdance, una actuación de flamenco, un coro y talleres infantiles.

El objetivo de esta propuesta, que este año celebra su tercera edición, es la de fomentar la participación y dinamización social del barrio de Fontiñas, implicar a todos los agentes sociales del barrio en una misma actividad y crear actividades en las que los jóvenes son los protagonistas concienciándolos de la realidad que les rodea.

Exposición “I Concurso de dibujo ecológico”
Por otro lado, la esquina amarilla de Area Central expone estos días más de mil dibujos de escolares de 1º a 6º de primaria de diferentes colegios de Santiago y comarca que participan en el “I Concurso de dibujo ecológico”. Mañana viernes, a las 19.30 horas, se celebrará la entrega de premios amenizada por la animación musical “La Guagua”.

Por último, la esquina roja acoge también desde mañana viernes un stand de venta de libros del Consorcio Editorial Galego con motivo de la proximidad al Día de las Letras Gallegas. Como complemento, habrá un cuentacuentos y talleres de manualidades, a partir de las 19.00 horas en la esquina

Psoe Santiago - Reunión de Paco Reyes co reitor

Paco Reyes, candidato á Alcaldía socialista, trasladou esta mañá, no marco dunha reunión celebrada co reitor da USC, Juan Viaño Rey, a súa proposta de creación de dous museos para incluir no circuito local que, como dixo o cabeza de lista do PSdeG, poderían dar un valor engadido á cidade e á Universidade e non suporían un custe excesivo nuns momentos de crise como son os actuais. O primeiro é o Museo da Historia da Medicina Galega, que se podería ubicar nas dependencias non ocupadas do Complexo Psiquiátrico de Conxo –mediante un acordo co Sergas e a Consellería de Sanidade- e, polo tanto, tamén levaría consigo un foco de impulso a este barrio. Reyes destacou que este museo tería unha relación moi estreita coa USC, nomeadamente coa Facultade de Medicina, e a este respecto lembrou que dita Facultade xa dispón dun fondo “moi interesante” e unha cátedra de Historia da Medicina “que ten moito que achegar”.

En segundo lugar, o candidato socialista referiuse ao Museo de Historia do Xornalismo, que tamén tería unha conexión importante e directa coa Facultade de Xornalismo local.

Por outra banda, Reyes plantexou a Viaño a necesidade de “integrar a cidade na Universidade e a Universidade na cidade”, a través dun convenio amplo que, como explicou o candidato á Alcaldía polo PSdeG, poida resolver o mantemento de rúas e beirarrúas, especialmente no Campus Sur, ou a incorporación á cidadanía das instalacións deportivas universitarias mediante unha xestión conxunta das mesmas.

Outro asunto fundamental que falaron o candidato socialista e o reitor da USC foi o de posibilitar a implantación do Campus Universitario Aeronáutico na antiga Terminal de Lavacolla, nomeadamente de impartir os graos de piloto e de xestor aeronáuticos. Para Paco Reyes, a iniciativa que defende non suporía cambio ningún no Plan Director de Lavacolla, ao tempo que cumpriría os requisitos que marca Aena para utilizar a Terminal: que se desenvolva nas instalacións unha actividade aeronáutica e que se empregue un mínimo do 75% de ditas instalacións.

Así mesmo, Paco Reyes, como indicou, recibiu de Juan Viaño toda a información do que, como puntualizou, son os "principios de acordo de convenio" asinados polos reitores das tres universidades galegas con respecto á Facultade de Medicina de Santiago, "non un acordo histórico como fora cualificado polo alcalde". “Non teño ningunha dúbida de que o reitor defende a Facultade de Medicina, e que é a única que pode impartir o grao, pero temos que estar todos pendentes e vixiantes do que se vai asinar”, asegurou Paco Reyes.

O candidato insistiu en "manterse firme" no seu compromiso na defensa da USC e concretamente da Facultade de Medicina de Santiago, como xa vén facendo desde que foi nomeado voceiro do grupo municipal socialista.

USC - Exposición fotográfica "Artistas na rúa"

Alumnado de 3º curso do grao de Historia da Arte inaugurará este venres 8 na Casa das Asociacións (r/ Manuel Beiras, 3. Conxo) a exposición fotográfica ‘Artistas na rúa’ un proxecto que “dá voz e notoriedade aos artistas da rúa de Santiago de Compostela”. A exposición, cuxa inauguración está previsto que comece ás 19.00 horas, permanecerá aberta ao público ata o día 29 de maio.

‘Artistas na rúa’ está ligada a un traballo académico da materia de Museoloxía e Museografía impartida polo profesor Miguel Anxo Rodríguez González, quen supervisou todo o desenvolvemento. O público que se achegue á Casa das Asociacións atopará unha mostra fotográfica realizada polos propios estudantes para narrar o día a día de nove artistas da rúa. A súa intencionalidade é devolver a plena identidade a lugares que serven de tránsito a través da posta en valor do labor dos artistas que os frecuentan “porque, en realidade, as rúas non se conciben sen eles, pero tampouco eles sen as rúas”, sinalan os promotores da iniciativa.

As fotografías que conforman a mostra recollen imaxes da actividade cotiá dos artistas e achegan as súas historias persoais. Músicos de formación, autodidactas, artistas plásticos aos que este proxecto expositivo “trata de arrancalos do anonimato, devolvéndolle ao seu escenario a plena categoría de lugar cargado de arte, visto como un verdadeiro museo ou galería que ofrece grandes oportunidades ao espectador”.

Brión - A Escola de Música Magariños celebra hoxe a "Noite en branco", con 5 actuacións de balde en 5 espazos públicos

A escola municipal de música Magariños de Brión celebra hoxe venres 8 de maio a segunda edición da “Noite en branco da Magariños”, unha iniciativa que “pretende converterse nun acto de participación dos veciños e veciñas de Brión, á vez que creamos unha forma diferente de relacionarse cos distintos espazos culturais do municipio”, explica Carlos Pintor, director da ESMU Magariños. 

Un total de 150 músicos, cen da escola e outros cincuenta da Banda Municipal de Música de Brión, ofrecerán cinco concertos noutros tantos espazos artísticos de Brión entre as 22:00 e as 0:30 horas. “Cinco espazos e cinco concertos cunha programación con moita variedade de estilos, agrupacións e tamén con intérpretes solistas”, apunta Carlos Pintor. En todos os casos, a participación é totalmente libre e de balde, ata encher os respectivos aforos.

A Biblioteca Pública Municipal (22:30 horas), Aula 2 da Escola Municipal de Música Magariños (22:00 horas), Salón de Plenos do Concello de Brión (23:30 horas), a Sala de Exposicións Municipal (23:00 horas) e o Salón de Actos do Centro Social Polivalente (0:00 horas) serán os puntos de encontro. “Haberá actuacións de solistas, cámara, Banda de Música Magariños (banda da Escola), agrupación coral en representación de adultos da escola, ensambles de vento, etc. Ademáis o repertorio será variado contando con obras clásicas principalmente como ademáis de bandas sonoras ou música contemporánea”, adianta Carlos Pintor.

Santiago - Ángel Martín e Ricardo Castella en Falabaratos

Ángel Martín e Ricardo Castella presentan en Falabaratos o seu espectáculo ‘Love Pain Love’. Será hoxe venres 8 de maio ás 20.30h no Teatro Principal. As entradas teñen un prezo de 17 euros (12 no anfiteatro) e ponde mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h), no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com

Ángel Martín e Ricardo Castella escribiron unha película para Hollywood acerca de que amar, ás veces, escoce. E estana axustando en teatros antes de chamar a Bandeiras, Pe e Bardem para que lles vaian pasando teléfonos e todo iso. Ángel Martín e Ricardo Castella regresan aos escenarios co seu segundo espectáculo tras o éxito de ‘Nunca es Tarde’, o seu primeiro espectáculo, unha serie de TV para teatro que viron máis de 150.000 espectadores ao longo de 3 anos de xira ininterrompida polos mellores teatros: Compaq Gran Vía, Lara (Madrid), Coliseum (Barcelona), Euskalduna (Bilbao, perdón por non polo o primeiro), Olympia, Flumen (Valencia), Alameda (Málaga)...

Este novo espectáculo supón un novo salto ao baleiro: de novo sen apenas nada sobre o escenario, con tan só 2 persoas e instrumentos, fan que o espectador imaxine unha película musical, cambios de localización e de escena incluídos, mentres ao mesmo tempo tocan e cantan a banda sonora completa. Con cancións orixinais e facendo livelooping: gravando en directo bucles e tocando en vivo sobre elas, sen ningunha música pregravada.

A Ryan acaban de deixalo. Por novena vez. Para romper esta mala rachilla (ejem) e recuperar a fe no amor ten un plan: namorar a unha moza e romperlle o corazón. Ou sexa, esta vez ser el o que deixe. Pero non pode ser unha moza rara. Porque el sempre se namora das raras. E entón coñece a Natalie, á que acaban de deixar tamén. Por novena vez. E que cre que todo se debe a unha maldición. Si, Natalie é un pouco rara.

‘Love Pain Love’ podería ser a próxima comedia romántica que nos chegase de Hollywood: dacabalo entre Nova York e un hotel a unhas horas de viaxe da Gran Mazá (en certo xeito é unha road movie tamén) fala do difícil que é namorarse cando xa che romperon o corazón.

‘Love Pain Love’ é un minimusical sobre o medo que todos compartimos: o medo a que nos fagan dano.

‘Love Pain Love’ é unha comedia acerca de que o amor é precioso e que che rompan o corazón xa nin vos conto.

Santiago Futsal - Santi Valladares será entrenador del Santiago Futsal hasta 2017

· El presidente del club Ramón Seara anunció la renovación del técnico esta mañana

· Santi Valladares se convertirá en el entrenador con mayor número de temporadas dirigiendo al primer equipo del club blanco

Santi Valladares ha renovado su contrato con el Santiago Futsal por dos temporadas. El técnico de Padrón se convierte, de esta manera, en el entrenador con más años 

Así lo ha anunciado esta mañana el presidente del club en rueda de prensa. Ramón García Seara se dirigió a los medios presentes para comunicar la renovación del actual entrenador del Santiago Futsal, noticia que el presidente definió como “excelente”. El presidente añadió “Estamos tremendamente satisfechos de que Santi siga creyendo en este proyecto, en el cual en ningún momento dejó de creer, y se convierta en el entrenador que más tiempo lleve a cargo de la primera plantilla del Santiago Futsal. Santiago Valladares es un hombre de equipo, un hombre del club y yo no concibo dirigir este club sin Santi como entrenador, probablemente porque empezamos al mismo tiempo, con situaciones muy difíciles de por medio y que finalmente hemos sorteado. Santi es una persona que sigue creyendo en este proyecto y va a intentar que este proyecto crezca un poquito más. Pese a todas las circunstancias vividas estos años, Santi siempre se ha entregado con sacrificio al club. Además, es una persona que encarna la filosofía y los valores del Santiago Futsal, una filosofía de sacrificio, trabajo y humildad.”

Por su parte, el técnico del Santiago Futsal mostró su felicidad por la renovación “Yo estoy feliz de estar aquí, me siento un privilegiado. En mi casa, dirigiendo un equipo de Primera División y con la confianza de esta directiva. Más no se puede pedir.”

Santi Valladares hizo referencia a su etapa dirigiendo al equipo en estas últimas temporadas, que han sido complicadas para el club “Llevamos 3 años convulsos, donde la plantilla había que formarla a última hora… Pero este año hemos salido todos como una auténtica piña, tanto jugadores como cuerpo técnico y directiva, de una situación complicada. Ahora tenemos tiempo, vamos a hacer las cosas lo mejor posible, adaptándonos siempre al tema económico y a partir de ahí, intentaremos formar un equipo competitivo para intentar dar un pasito más y poder estar un poco más arriba en la clasificación.”

En cuanto a la confección de la plantilla y objetivos para la próxima temporada, el técnico del conjunto blanco afirmó que “algún cambio tiene que haber si queremos dar un pasito más pero no puedo establecer objetivos ahora mismo.”

Oroso - XIX Festa da Troita

DESCARGA 

O PROGRAMA

O Concello de Oroso ultima os detalles da XIX Festa da Troita, que terá lugar do 8 ao 10 de maio. “Unha edición que inclúe máis música ca nunca, coas mellores orquestras de Galicia e con máis pasacalles grazas aos acordos de colaboración que asinamos coas distintas asociacións culturais de Oroso: Lembranzas do Tambre, Buxos Verdes, Néboas no Cumio e Amigos do Acordeón”, explica o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.

Mirás atribúe o éxito da festa a que “non deixamos de reinventarnos para atraer novos visitantes ao tempo que tratamos de sorprender aos seguidores máis fieis con algunhas novidades”. Así, o éxito acadado o ano pasado polo Mercado Medieval de Artesanía e Oficios levou aos organizadores a ir un paso máis aló e celebrar este ano a primeira Feira da Cervexa Artesá de Sigüeiro, que presentará máis de trinta variedades de cervexa e que incluirá un sorteo de lotes de cervexa artesá. A día de hoxe xa confirmaron a súa asistencia sete fabricantes de cervexa, que darán a coñecer as cervexas artesás que se están elaborando nestes momentos en Galicia. Así mesmo, haberá unha carpa na cal terá lugar un curso de elaboración de cervexa.

Pola súa banda, o Mercado Medieval de Artesanía e Oficios contará este ano cuns 25 postos, entre os que se inclúen casetas de artesanía e de alimentación artesanal. Outra novidade será a organización dunha ludoteca infantil, que se une ao carrusel de animais mitolóxicos que tanto éxito tivo o ano pasado. Tamén haberá distintos espectáculos ao público durante a fin de semana.

Arte na rúa
A outra gran novidade da XIX Festa da Troita é a recuperación das sesións de Arte na Rúa, como actividade paralela á exposición de arte da Asociación de Amizade e das Artes Galego Portuguesa que reunirá a unha decena de artistas locais e portugueses. “Ademais de amosar as súas creacións na sala de exposicións do centro cultural de Sigüeiro, todos os que se acheguen esta fin de semana por Sigüeiro poderán ver como é o proceso de creación destes destacados artistas, que estarán na praza Isaac Díaz Pardo amosando as súas técnicas e creacións”, explica Antonio Leira, coordinador da Festa da Troita.

A inauguración da exposición terá lugar mañá venres 8 de maio, ás 20.30 horas, no centro cultural de Sigüeiro. Os artistas, que participan cada un cunha selección de tres obras, son: Carmen Taboada Perianes (Santiago de Compostela), Víctor Costa (Coimbra), Conceiçâo Ruivo (Figueira da Foz), Constantino Cuesta Ibáñez (Biscaia residente en Sigüeiro), Cosme (Coimbra), Pedro Charters D´Azevedo (Lisboa), María Esther Roca Fandiño, Ofelia Ángeles de Bartolomé Battista (residente en Sigüeiro), Gustavo Martins (Castelo Branco), Manolo Losada (Sigüeiro) e Guadalupe García Ferreiro (Asturias, leva vivindo 22 anos en Oroso).

Degustación de troitas
Ademais, este ano porase en marcha un tren turístico que percorrerá Sigüeiro durante o sábado 9 de maio (de 11:30 a 13:00 horas e de 15:00 a 18:00 horas) e o domingo 10 de maio (de 11:00 a 20:00 horas).

Así mesmo, Leira Piñeiro tamén destaca que a degustación de troitas que terá lugar o domingo 10 de maio volverá a repetir o récord acadado na edición de 2014, pois conta coa participación de 38 bares e restaurantes que ofrecerán troitas con cada consumición. Antonio Leira destaca e agradece “a colaboración destes establecementos que participan na degustación de troitas e que fan un investimento importante para poder agasallar aos seus clientes”. Unha degustación de troitas que se celebrará de xeito paralelo á organizada polo Concello de Oroso na Alameda de Góis, que repartirá 400 quilos de troita ás 12:30 horas e que estará amenizada pola Charanga NBA.

Programa 
A XIX Festa da Troita manterá tamén os seus sinais de identidade como o Festival Oroso en Vivo, que traerá a Oroso ás mellores orquestras do momento: París de Noia e Fania (venres 8 de maio), Panorama e Esencia (sábado 9 de maio) e Combo Dominicano e Bahía Blanca (o domingo 10 de maio). Tamén se mantén no programa unha das grandes sorpresas das últimas edicións: a exhibición de baile, só que este ano cambia o hip hop e o break-dance polo country e o baile moderno. A cita é o sábado 9 de maio, ás 19:00 horas na praza de Isaac Díaz Pardo. Canda eles actuarán tamén Lembranzas do Tambre e Néboas no cumio. 

En canto á parte deportiva da festa, o sábado terá lugar o tradicional concurso de pesca, que mantén os cambios realizados en 2012, polo que se disputará baixo a modalidade de pesca sen morte e de acordo coas normas da Federación Galega de Pesca. Por último, o Concello de Oroso non se esquece da poboación infantil que, ademais de poder tomar parte o domingo no Campionato de Pesca Infantil no río Carboeiro, tamén poderá participar nuns xogos populares o domingo, de 17:30 a 19.30 horas, na praza Isaac Díaz Pardo.

O pregón deste ano será ofrecido por Fran Rey e Pedro Brandariz, o “gordo” e o “calvo” do Luar, o domingo 10 de maio ás 13:30 horas, coincidindo coa entrega de premios do campionato de pesca.

BNG Trazo - Presentación da candidatura

O BNG-Asembleas de Trazo presenta a súa candidatura mañá, venres 8 de maio, nun acto público ás 21:00h no Centro Social de Viaño Pequeno (antiga casa consistorial). No acto intervirá Ana Pontón, deputada no Parlamento Galego, ademais de Martín Leis, cabeza de lista e a número dous da candidatura, Lucía Noya. No transcurso do mesmo ademais de presentar aos membros da candidatura explicarán as principais propostas da candidatura para o Concello de Trazo.

Desde o BNG de Trazo teñen como ideas claves na súa proposta para o goberno do Concello construír un goberno para todos e todas no que a veciñanza participe máis alá dunha vez cada catro anos; un concello activo que promova os seus sectores produtivos; un concello no que vivir e gozar cun programa cultural e deportivo que o manteña vivo; ao servizo da xente para o cal crearán e recuperarán servizos necesarios e actividades para a veciñanza; e un concello que tome como puntos claves e vitais a sanidade e as infraestruturas.

Para iso, para levar a cabo un programa con eses eixes básicos, presenta unha candidatura renovada, que combina xuventude e experiencia e que ten ganas, ilusión e forza para transformar o concello.

A candidatura é a seguinte:

1. MARTÍN REI LEIS. 24 anos. Rematando enxeñería de Obras Públicas e ciclo de imaxe.

2. LUCÍA NOYA CASAS. 23 anos. Está na Asociación Cultural A Aldraba de Trazo, así como no grupo de Investigación (GEXAFD - Grupo de Estudos de Xénero da Actividade Física e Deportiva) da súa Facultade (INEF) e na Asociación de Estudantes de Educación Física de dita Facultade (AESEF).

3. XOSÉ MARÍA FERNANDEZ PIÑEIRO. Hostaleiro

4. CÉSAR BOQUETE VARELA. 37 anos. Carpinteiro autónomo. Mestre de percusión na Asociación Cultural Brisas do Quenllo

5. VANESA REY LEIS. 26 anos. Diplomada en enfermaría con mestrado en atención sanitaria, xestión e coidados. Actualmente parada.

6. ROBERTO BARRAL NOYA

7. CRISTINA CASTELAO DE LA FUENTE

8. IVÁN PORTOS BALSA

9. MARÍA BEATRIZ GONTA SOBRINO

10. MARISOL PEREZ OTERO

11. CARLOS BOQUETE SÁNCHEZ

Numax - Boletín do 8 o 14 de maio

Daria Esteva visita NUMAX este sábado para acompañar a estrea de 'Lejos de los árboles'

Este sábado 9 de maio ás 20:00 teremos connosco a Daria Esteva. Daria viaxa a NUMAX desde Barcelona para presentar a copia en DCP 2K da versión remontada por Pere Portabella en 2011 de Lejos de los árboles, dirixida entre 1966 e 1972 polo seu pai, Jacinto Esteva. A copia que estreamos en NUMAX proxéctase por primeira vez en DCP 2K, logo do seu percorrido por filmotecas e centros de arte desde 2011 en 35mm. e Blu-ray, nunha copia elaborada expresamente para a súa exhibición na nosa sala.

En 1990, Daria Esteva foi tamén a testemuña principal do filme que Joaquín Jordà lle dedicou á memoria do seu pai Jacinto Esteva, El encargo del cazador. A relación de amizade que Esteva e Jordà mantiveron levounos a colaborar na dirección a catro mans do filme Dante no es únicamente severo (1967), que é considerado o filme que inaugurou a que se daría en chamar Escola de Barcelona, da que precisamente Joaquín Jordà e Jacinto Esteva se afastarían para superala coa súa práctica fílmica. Daria recuperou o nome Únicamente Severo Films para a produtora coa que traballa actualmente, coa que se encargou da remontaxe do filme orixinal e da creación da copia en DCP, igual que nós recuperamos o nome do Numax presenta de Jordà para o noso proxecto, polo que nos fai especial ilusión esta visita ao Cinema NUMAX.

'Las altas presiones' de Ángel Santos ocupa con Nick Cave a carteleira da semana

Canda as últimas proxeccións de 20.000 anos na terra, o filme que mestura ficción e realidade en 24 horas da vida de Nick Cave, Ángel Santos presenta no Cinema NUMAXLas altas presiones a súa última longametraxe, estreada no Festival Internacional de Cinema de Busan (Corea do Sur), galardoada co Premio Nuevas Olas do Festival de CIne Europeo de Sevilla 2014 e mención especial do xurado mozo no REC Tarragona 2014.

O filme, rodado entre Galicia e Portugal, conta a volta de Miguel á que un día foi a súa cidade na procura de localizacións para un filme alleo. A cor verde do campo e a azul do mar emborranchadas polas ruínas industriais de Pontevedra. Festas, concertos, viaxes e flirteos a destempo nos que saber cantos trens deixará marchar antes de subir a un (de chegar a facelo) convértese en cuestión de vida ou morte. O que é igual, cando deixará de vivir dos filmes dos outros para dirixir a súa propia vida.

Venres 8 de maio

12:00    20.000 días na Terra
16:00    20.000 días na Terra
18:00    Lejos de los árboles
20:00    Las altas presiones
22:00    Las altas presiones
 

Sábado 9 de maio

12:00    20.000 días na Terra
16:00    20.000 días na Terra
18:00    Las altas presiones
20:00    Lejos de los árboles
(coa presenza de Daria Esteva)

22:00    Las altas presiones
 

Domingo 10 de maio

12:00    Lejos de los árboles
16:00    Las altas presiones
18:00    20.000 días na Terra
20:00    Las altas presiones
22:00    20.000 días na Terra



 

Martes 12 de maio

12:00    Las altas presiones
16:00    Las altas presiones
18:00    20.000 días na Terra
20:00    20.000 días na Terra
22:00    Lejos de los árboles
 

Mércores 13 de maio

12:00    20.000 días na Terra
16:00    20.000 días na Terra
18:00    Las altas presiones
20:00    Lejos de los árboles
22:00    Las altas presiones
 

Xoves 14 de maio

12:00    Las altas presiones
16:00    Lejos de los árboles
18:00    20.000 días na Terra
20:00    Las altas presiones
22:00    20.000 días na Terra

Obradoiro CAB - El camino acaba en el obradoiro 3

Cuesta creer que estemos tan cerca de terminar este recorrido. Parece que ha pasado una eternidad desde que el pasado lunes emprendíamos la aventura desde Sarria. Y es que, por momentos perdemos la noción del tiempo. Nuestro único reloj son las horas de salida y llegada de cada etapa y empezamos a notar la nostalgia que seguro tendremos al finalizar esta experiencia.

Pero es una sensación agradable despertarse y pensar que durante el día únicamente tendremos que preocuparnos de caminar e ir superando los obstáculos que el propio Camino nos proponga. Un aliciente a mayores son las nuevas incorporaciones que tenemos cada día. El buen ambiente del grupo propicia que desde el primer minuto, cada uno que se incorpora se convierta en uno más del equipo.

Hoy caminaban con nosotros Lupe Murillo, consejera del Rio Natura Monbus Obradoiro, y José Luis Mateo, director general del mismo. José Luis ya lleva dos etapas, y se encargó de ejercer de anfitrión presentándole a la gerente de Pescamar nuestros protagonistas. Lupe Murillo es además Presidenta del Pontevedra C.F. Su vinculación con el deporte gallego es total y no pierde la oportunidad de apoyar y participar en cualquier tipo de iniciativa solidaria que tenga el deporte como eje central. En ese sentido, mientras caminaba, Lupe nos comentaba la importancia de apoyar desde el mundo empresarial iniciativas como la de “El Camino acaba en Obradoiro”, de conjugar los valores intrínsecos a cualquier tipo de deporte con un fin solidario.

Si tenemos que elegir el momento más especial del día, diríamos sin duda alguna que el encuentro de Porter con una señora de 87 años que nos encontramos llegando a O Pedrouzo. Una persona entrañable que emocionó especialmente a Susan Porter, la mujer del ex jugador, por el cariño que nos transmitió a todos.

¡hoy O Pedrouzo-Monte do Gozo!