Santiago Auserón; seguir estudando

Santiago, 18/06/2016 - Esta semana pasaba por Compostela Santiago Auserón, un músico que se reconverteu en si mesmo co paso dos anos.

O Consello Escolar de Teo rexeita as revalidas da LOMCE

Teo, 18/06/2016 - O Consello Escolar Municipal de Teo aprobou por unanimidade unha moción de rexeitamento ás reválidas que propón a LOMCE, e que recentemente afectaron ao alumnado de terceiro e sexto de Educación Primaria.

Ethel Vázquez presenta en Ordes o proxecto de alongamento e mellora da estrada de Mercurín (Ordes-Cerceda)

Ordes, 18/06/2016 - Ethel Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, visitou o Concello de Ordes, onde mantivo un encontro co alcalde José Luis Martínez Sanjurjo, e cunha ampla representación do seu equipo de Goberno.

Frades aproba un convenio con Medio Rural para a reconstrución de 3 pontes

Frades, 18/06/2016 - O pleno municipal de Frades aprobou por unanimidade a adhesión do municipio ao Plan Especial de Emerxencias 2016, polo que asinará un convenio coa Consellería de Medio Rural para a reposición de tres pontes caídas durante os fortes temporais do pasado mes de xaneiro.

A primeira fase da peonalización de San Pedro comezará en xullo

Santiago, 18/06/2016 - O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade anunciou hoxe a posta en marcha das primeiras medidas para reducir o tráfico no barrio de San Pedro, a partir do próximo mes de xullo.

O verán comezará ás 0.34 horas do 21 de xuño

Santiago, 18/06/2016 - Ás 0.34 horas do martes 21 comezará o verán no hemisferio boreal. A nova estación chega logo de cinco meses de climatoloxía inestable, xa que en Santiago só nesta primeira metade do ano, con 1.400 l/m2 recollidos, choveu máis que todo o ano pasado (1.312,7 l/m2). O verán prolongarase ata as 16.21 horas do 22 de setembro, tempo no que como explica o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo, están previsto diversos fenómenos astronómicos.

Ordes prepárase para a segunda edición do concurso de tapas 'De bo dente!'

Ordes, 18/06/2016 - Ordes xa ten nova data para o seu concurso de tapas. Será o vindeiro mes de xullo, concretamente durante as dúas primeiras fins de semana (días 1, 2, 3, 8, 9 e 10). Trátase da segunda edición deste concurso. Nel participan un total de 26 establecementos principalmente da vila de Ordes, e doutros lugares como Santa Cruz de Montaos e As Casillas.

De Vacas na praza Manuel Murguía e XVIII Encontro de motos históricas este domingo en Ames

18/06/2016 - Este domingo a praza Manuel Murguía contará, grazas ao programa “Cultura no Camiño 2016”, coa música de De Vacas. O grupo formado polas vocalistas Faia Díez, Inés Salvado e Paula Romero e o guitarrista Guillerme Fernández actuará a partir das 13:00 horas.

Acción Cultural colabora coa quinta edición de TerraZeando. Ciclo de concertos ao fresco

Santiago, 18/06/2016 - O ciclo TerraZeandocumpre este verán cinco anos mantendo a súa intención de encher de música algunhas das terrazas e espazos máis singulares de Compostela e A Coruña, cidade onde tamén se celebra. E nesta edición conta coa colaboración do Concello de Santiago. Así, presentárono a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e Álvaro Álvarez, secretario da asociación Desconcierto Cultural, organizadora do ciclo. En Compostela celebrarase do 30 de xuño ao 24 agosto, cun total de cinco concertos que serán de balde e en espazos singulares da cidade.

Boqueixón celebra este domingo o solsticio de verán no Pico Sacro e cunha cerimonia celta

Boqueixón celebra este domingo a Cerimonia celta do solsticio. a cita no Pico Sacro a partir das catro da tarde.

Brión inaugura a primeira mostra do “XI Encontro coa Arte. De l´Empordà a Galicia”

18/06/2016 - As instalacións do Balneario do Tremo voltaron, tras sete anos, a ser o escenario escollido para acoller unha exposición do Concello de Brión. Esta mostra foi o acto inaugural do ‘XI Encontro coa Arte. De l’Empordà a Galicia’, que estivo presidida polo alcalde brionés, José Luis García e o concelleiro de Cultura, Patrimonio y Nuevas Tecnologías do concello catalán de Castell-Platja d’Aro, Lluís Pujol.

A Escola de Fútbol de Silleda pon o punto final a tempada

Silleda, 18/06/2016 - Os nenos da Escola de Fútbol de Silleda celebraron na tarde de onte o fin da tempada de competición con unha festa por todo o alto para todos os rapaces.

Oroso homenaxea hoxe sábado á Banda de Música de San Mamede Grabanxa

oroso, 18/06/2016 - O campo da festa de Senra acollerá hoxe sábado 18 de xuño unha homenaxe á Banda de Música de San Mamede-Grabanxa, unha formación fundada en 1905 e que se desfixo nos anos sesenta.

Santiago aproba a ordenanza "Compostela +" que inclúe a Renda Municipal de garantía básica cidadá

Santiago, 17/06/2016 - O Pleno da corporación aprobou inicialmente, cos votos a favor de Compostela Aberta, PSOE e BNG e a abstención do PP, a nova ordenanza "Compostela +", impulsada polo goberno local e aprobada en xunta de goberno o pasado venres 3 de xuño.

Resolución pola que o Tribunal Supremo admite a trámite a denuncia do concello de Silleda contra a Dirección Xeral de Administración Local

En relación coa situación de bloqueo/paralización do nomeamento de Secretario de Silleda, pedido polos Alcaldes de Aroche (municipio destino), Silleda e o Secretario, facemos publico o seguinte:

O retiro da Costiña en Santa Comba finalista nos premios DO Ribeiro

Santa Comba, 17/06/2016 - O restaurante O retiro da Costiña é finalista da quinta edición dos premios D.O. Ribeiro na categoría de  “Mellor Servizo de Viño en Restaurante”

Editan un manual sobre os aspectos médico legais das vítimas de violencia

Santiago, 17/06/2016 - A profesora do departamento de Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses Marisol Rodríguez Calvo acaba de publicar un manual sobre os aspectos médico legais das vítimas de violencia con condicións ou en situacións de vulnerabilidade.

Lalín acorda rebaixar as distancias das granxas avícolas e cunícolas

Lalín, 17/06/2016 - Representantes dos sindicatos e das cooperativas agrarias, así como membros da oposición, reuníronse onte no consistorio convocados polo Goberno, cos concelleiros de Urbanismo, Nicolás González Casares, e de Actividade Agraria, Xosé Manuel Hermida, co obxectivo de chegar a un gran acordo local no referente ás modificacións introducidas pola Lei do Solo de Galicia, no referente ás distancias das explotacións agrarias. Na xuntanza acordouse iniciar o proceso de modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), para adaptar as distancias das explotacións con forme permite a nova Lei. Así, tomouse a decisión de rebaixar o espazo entre as granxas de aves e de coellos e os núcleos de poboación rurais de 1.000 a 500 metros, mantendo a 1.000 metros o das explotacións porcinas.

A nova Lei do Solo de Galicia permite fixar distancias de 500 metros entre granxas sen base territorial e núcleos, mais o Concello decidiu manter as distancias das granxas porcinas a 1.000 metros, canto menos, ata que se resolva a problemática creada de acordo a unha recente sentencia xudicial no concello de Rodeiro. Se se soluciona este problema xudicial, non se descarta a posibilidade de estudar a adaptación das gandarías porcinas. Non obstante, apunta o concelleiro de Urbanismo, “rebaixar a día de hoxe as distancias aos núcleos de poboación das granxas de porcos a menos de 1.000 metros provocaría caer nunha inseguridade xurídica, cun exemplo recente e moi próximo”. 

Os presentes na reunión consideran que as medidas acordadas con respecto á adaptación das distancias das explotación dan saída a unha reivindicación do rural lalinense, debido á práctica imposibilidade actual de crear novas explotacións con separacións de 1.000 metros. Cómpre sinalar que as granxas, ademais de ter que salvagardar as correspondentes distancias aos núcleos, deben manter tamén uns correspondentes espazos entre elas, que van dos 500 aos 1.000 metros, segundo a tipoloxía e a categoría de cada explotacións. 

González Casares apuntou que dende o Goberno de Lalín se considera que, coa solución pactada na reunión de onte para adaptarse á lei galega, “se consegue protexer o territorio, e ao mesmo tempo, se continúa amparando as parroquias máis poboadas”. O edil fixo fincapé en que, ademais, na actualidade, ás explotacións se lles esixe o cumprimento de estritas normativas ambientais e sanitarias, converténdoas en complexos herméticos que nin tan sequera desprenden cheiros, o que provoca que o seu impacto sexa mínimo. 

Nicolás González Casares tamén explicou que antes de tomarse esta decisión se fixo un profundo estudo técnico con simulacións de diferentes distancias das granxas aos núcleos, a través do que se comprobou que mediante as distancias acordadas aumenta a posibilidade de crear novas explotacións, pero paralelamente se protexen as zonas máis poboadas do territorio de Lalín. Á marxe quedan outras áreas municipais, como as incluídas na Rede Natura 2000, que precisan guiarse por normativas e autorizacións específicas, que competen á Xunta de Galicia. 

Finalmente, o edil responsable de Urbanismo destacou que o acordo “ten unha enorme relevancia política, onde tanto Goberno como oposición tiveron claro en todo momento cales eran os intereses de Lalín”. “Lalín non podía estar nunha situación de desvantaxe competitiva con respecto doutros concellos agrícolas e gandeiros da contorna”, dixo, ao tempo que puxo de relevo que “con esta decisión, o noso municipio salvagarda o territorio, mantendo a dualidade urbano-rural que tanto o identifica e posibilita que o noso agro se siga desenvolvendo”. 

Por outra banda, a pesar das modificacións, non se agarda que nos próximos anos se produza un especial desenvolvemento do sector cunícola, polo que se contempla que sexan poucas as novas explotacións desta produción.

Aberto o prazo para solicitar permiso para realizar cacharelas

Ames, 17/06/2016 - Achégase a noite máis longa do ano, o 23 de xuño, a véspera de San Xoán. E como manda a tradición esta festividade celébrase saltando as tan típicas cacharelas e comendo a sardiñada que soe acompañar.

38 no “XI Encontro coa Arte. De l´Empordà a Galicia” en Brión

Brión, 17/06/2016 - Un total de 38 artistas, dez procedentes de Cataluña, 19 galegos e outros 9 doutros puntos de España, participarán no “XI Encontro coa Arte. De l´Empordà a Galicia”, que terá lugar en Brión do 17 ao 19 de xuño.

Lousame celebra este domingo o Día da Bicicleta

Lousame, 17/06/2016 - O Concello de Lousame celebrará este domingo 19 de xuño, a partir das 11:00 horas, o “Día da Bicicleta”, que inclúe unha ruta gratuíta de 6 quilómetros de dificultade baixa, tanto física como tecnicamente falando. Unha iniciativa organizada conxuntamente polo Concello de Lousame, a Deputación da Coruña, Club BTT O Treito e Protección Civil.

Todo listo para a apertura da piscina do Muíño este sábado

Ordes, 17/06/2016 - O Concello de Ordes xa ten todo listo para a apertura da piscina municipal do Muíño de cara a mañá sábado, 18 de xuño.

Ames e de Negreira poñen en marcha as “Noites en vela” da Ponte Maceira

Ames, 17/06/2016 - Os departamentos de Cultura dos Concello de Ames e de Negreira, en colaboración coa Deputación da Coruña, organizaron un programa de concertos denominado “Noites en vela” na Ponte Maceira, que se desenvolverán durante tres venres de xuño, xullo e agosto. Esta iniciativa comeza hoxe venres, 17 de xuño, cunha actuación de Xan Solo´s, que presentan o seu primeiro traballo discográfico “Electrolírica”. O concerto comezará ás 22:30 horas e terá como escenario un lugar de tanta beleza como é a Ponte Maceira.

A III Gala do Deporte de Oroso distingue aos mellores deportistas da temporada

Un momento da gala da primeira edición
Oroso, 17/06/2016 - O campo municipal de fútbol de Sigüeiro acollerá hoxe a partir das 20:00 horas, a terceira edición do Día do Deporte de Oroso, unha iniciativa coa que o Concello de Oroso pretende distinguir aos mellores deportivas e ás promesas máis destacadas dos quince clubs deportivos do municipio durante esta última tempada.

O Club do Centro Social dos Maiores de Silleda celebrará hoxe a Festa da Primavera

Silleda, 17/06/2016 - Hoxe celebrarase unha nova edición da Festa da Primavera, organizada polo Club do Centro Social dos Maiores e a Concellería de Igualdade e Benestar.

Ames Pospetróleo faralle entrega ao alcalde dun informe acerca do declive enerxético

Ames, 17/06/2016 - Hoxe venres ás 20:30 horas, celébrase na Casa da Cultura do Milladoiro a segunda xornada da iniciativa “Preparando Ames para un futuro sen pretróleo”. A primeira xornada deste evento tivo lugar en Bertamiráns o pasado 4 de xuño á cal acudiron arredor de 40 persoas. Nesta segunda xornada o colectivo Ames Pospetróleo faralle entrega ao alcalde de Ames, José Miñones, dun informe do parlamento británico sobre o declive enerxético.

Clausura de cursos de danza e de música tradicional galega en Área Central

Santiago, 17/06/2016 - O escenario principal de Área Central contará hoxe venres e mañá sábado con dúas actuacións que servirán de clausura do curso de dúas academias, o que fará que Area Central énchase de bailaríns e músicos nestas dúas xornadas. 

As Crechas acollen a presentación do primeiro disco de Secho y los invisibles

Santiago, 17/06/2016 - Hoxe venres Secho y los Invisibles presentan o seu primeiro disco, ‘Xa fai un tempo’, unha conxunción de rock, de pop, de blues, pero sobre todo de moito sentimento.

Compostela celebrará o Día Europeo da Música da man dos Premios Martín Códax

Santiago, 17/06/2016 - Este ano o Concello de Santiago reedita a súa alianza cos Premios Martín Códax para celebrar a gran cita musical europea cos mellores proxectos musicais do ano. O martes 21 de xuño, en Compostela imos encher as rúas de música. Música para cantar, para bailar, para escoitar e para dar que falar.

Silleda preparara as piscinas de cara á tempada estival

Silleda, 17/06/2016 - Técnicos da Concellería de Deportes de Silleda están xa a traballar na posta a punto das piscinas municipais de Silleda e da Bandeira para a tempada estival. Esta semana comezaron xa as tarefas de limpeza e acondicionamento dos recintos que abrirán as súas portas ao público o vindeiro mes.

Roi Casal presentou en Compostela "Son Galego Cubano"

Santiago, 17/06/2016 - O artista galego Roi Casal presentou na Cidade da Cultura o seu último traballo Son Galego Son Cubano. Na mesa estiveron presentes o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o cónsul de Cuba en Galicia, Antonio Solana, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez, o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal, o presidente da Fundación Neira Vilas, X. Luís Reimóndez, o alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero e o concelleiro de cultura de Cambados, Víctor Caamaño.

Universidades israelís coñecen na USC cómo fortalecer o rol público

Santiago, 17/06/2016 - Representantes de cinco universidades israelís e dunha inglesa participan estes días en Santiago nunha xuntanza de traballo enmarcada no proxecto europeo Esprit, que ten por obxecto analizar e fortalecer a responsabilidade pública das institucións de educación superior en Israel.

O PSOE de Tordoia denuncia que o alcalde utiliza recursos públicos para fins privados

Tordoia, 16/6/2016 - O secretario xeral do PSOE de Tordoia, Carlos García, vén de presentar unha denuncia diante da Garda Civil de Ordes pola utilización durante esta fin de semana de operarios do Concello de Tordoia para fins privados e electorais do alcalde, Antonio Pereiro. 

Xunta, Fomento e Concello de Santiago firman o proxecto da estación intermodal

Santiago, 16/06/2016 - As conselleiras de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asinaron hoxe coa ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o convenio que garante a execución da estación intermodal da capital de Galicia. 

Brión minimizará o "catastrazo" con bonificacións do 90%

Brión, 16/06/2016 - O pleno municipal de Brión aprobou por unanimidade unha proposta da Alcaldía que inclúe bonificacións do 90% do IBI para os veciños do rural brionés que estean afectados pola regularización catastral que se está a levar a cabo o Catastro neste mes de xuño.

Nota de prensa do Colexio de arquitectos sobre a Intermodal

Santiago, 16/6/2016 - Os arquitectos membros da Delegación de Santiago de Compostela do Colexio de Arquitectos de Galicia, reunidos na sede colexial o 13 de xuño de 2016, queremos transmitir á cidade a nosa satisfacción polo acordo alcanzado entre o Concello de Santiago, o Ministerio de Fomento, a Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia e Adif para a construción da estación intermodal de Santiago.

Ames solicita axudas na Deputación para a mellora das infraestruturas deportivas

Ames, 16/6/2016 - O alcalde de Ames, José Miñones, e mailo concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, Blas García, mantiveron unha xuntanza co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e co deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira.

Silleda colabora con Equina 2016 nunha actividade con ponis

Silleda, 16/06/2016 - Coincidindo co desenrolo das actividades do Salón Internacional do Cabalo de Silleda e o II Campeonato de España PRE-ANCCE/Equina-Galicia 2016, que se celebrará os vindeiros días 17, 18, e 19 de xuño no Recinto da Feira Internacional de Galicia, o próximo sábado o Comité Organizador de Equina Galicia, coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Silleda, inaugurará o Poniclub.

Oroso abre o prazo de inscrición no Summer Camp 2016

Oroso, 16/06/2016 - O Concello de Oroso vén de abrir o prazo de inscrición para o Summer Camp 2016, que desenvolverá en colaboración con Escuela con Talento. Trátase dun programa de conciliación familiar no que nenos e nenas de 3 a 12 anos poderán ocupar o seu tempo de lecer estival ao tempo que aprenden inglés. Así, durante o campamento terán lugar actividades lúdicas, xogos, manualidades, saídas urbanas e técnicas de comunicación, sempre na lingua de Shakespeare.

Novo proxecto de promoción turística: Santiago % estrelas

Santiago, 16/06/2016 - A Cidade da Cultura de Galicia acolleu a presentación do proxecto Compostela Destino 5 Estrelas posto en marcha conxuntamente pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Asociación de Hostelería de Compostela e impulsado polo Clúster Turismo de Galicia (CTG) para a promoción e desestacionalización turística de Santiago de
Compostela durante a primeira quincena de xullo do 2016.

Unha das mellores coleccións de obxetos da Guerra das Galaxias en Área Central

Santiago, 16/06/2016 -  A esquina azul de Area Central acolle ata o 17 de xullo a exposición "Mitos dunha galaxia moi afastada", unha espectacular mostra baseada na saga cinematográfica Star Wars e composta por uns 500 obxectos, moitos deles, limitados a moi poucas unidades.

El Punto! Danza Teatro presenta hoxe ‘El Olimpo no es aquí’ no Auditorio de Galicia

Santiago, 16/6/2016 - A compañía andaluza El punto! Danza Teatro chega a mañá xoves a Compostela dentro do circuíto Danza a Escena de La red de Teatros, Auditorios, Circuítos y Festivales do INAEM.

Nova cita co Feirón da Adina no Mesón do Vento

Ordes, 16/06/2016 - O Mesón do Vento acollerá durante toda a mañá deste vindeiro sábado, 18 de xuño, unha nova edición do Feirón da Adina.

Ciclo de proxección de óperas no Auditorio de Galicia

Santiago, 16/6/2016 - A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e a directora-xerente en funcións do Auditorio de Galicia, Silvia Modia, presentaron un novo ciclo do departamento que recolle a proxección de óperas gravadas no Festival Aix-en-Provence.

O Consorcio de Santiago adxudica os traballos de mellora na escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego

Santiago, 16/06/2016 - O Consorcio de Santiago acaba de adxudicar a obra de eliminación de humidades que afectan á escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego. A empresa beneficiaria deste contrato é Rehabita, Gestión Integral de Rehabilitaciones y Restauración, S.L. O orzamento global desta intervención ascenderá aos 44.165 euros.

O técnico do Santiago Futsal, Santi Valladares, será galardoado na Gala do Fútbol Galego

Santiago, 16/06/2016 - Con ocasión da Gala do Fútbol Galego que se celebrará hoxe, Xoves 16 de Xuño ás 20.30h no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, o presidente da Federación Galega de Fútbol, D. Rafael Louzán outorgará a distinción ‘Premio Todo Unha Vida’ na categoría de adestrador de fútbol sala ao técnico do Santiago Futsal, Santiago Valladares. 

Un curso de verán da USC falará da creación de documentos científicos e técnicos

Santiago, 16/06/2016 - O curso ‘LaTeX: unha ferramenta para a creación de documentos científicos e técnicos’ celebrará unha nova edición do 26 ao 29 de xullo na Aula Magna e nas aulas de informática da Facultade de Matemáticas baixo a dirección de Rosana Rodríguez López cunha carga lectiva de 25 horas.

o proxecto ‘vives emprega Teo’ traballa no acceso ao mercado laboral

Teo, 16/06/2016 - O Concello de Teo a a entidade Acción Contra el Hambre desenvolven o proxecto ‘Vives Emprega Teo’, ideado para mellorar as capacidades de acceso ao mercado laboral de persoas en risco de exclusión social. É a única acción en toda Galicia deste proxecto, financiado pola Unión Europea. 

Stop Desafiuzamentos convoca a movilizacións mañá xoves

Santiago, 15/6/2016 - Este xoves o colectivo Stop Desahucios Compostela convoca a un roteiro por diferentes bancos.

A oposición de Ames critica a falta de orzamentos un ano despois

Ames, 15/6/2016 - Distintos grupos da oposición do concello de Ames lembran en sendas notas de prensa que, un ano despois das eleccións, o concello segue sen orzamentos. Ames Novo lembra que presentaron unha oferta de consenso que non foi respostada, Pacto X Ames critica duramente o plan de axuste e Ciudadanos di que non aprobará os orzamentos mentres non se desbloqueen os 10.000 euros que decidiu donar a Caritas e que corresponden aos cartos asignados a gastos do grupo municipal.

Silleda leva a xunta de goberno a compra de maquinaria e as obras do Plan Marco

Silleda, 15/06/2016 - O goberno municipal do Concello de Silleda celebrou onte unha Xunta de Goberno Local, na que, entre outros temas, se abriron as plicas para a adxudicación de tres obras adscritas ao Plan Marco, un programa de axudas para a mellora de camiños de titularidade municipal da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, (AGADER).

Ames abre hoxe as piscinas descubertas do municipio

Ames, 15/6/2016 - Dende o 15 de xuño ata o 15 de setembro, as piscinas descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro e a área recreativa de Tapia ofreceranlle á veciñanza amesá unha alternativa á costa galega.

Estudan as relacións comerciais dos fenicios en Galicia no primeiro milenio antes de Cristo

Porto fenicio de Aguiño
Santiago, 15/6/2016 - Un equipo formado por investigadores do Grupo de Estudo para a Prehistoria do Noroeste Ibérico (GEPN) da USC, da Universidade de Sevilla e do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) traballan no proxecto Estrímnides, centrado en investigar as relacións comerciais que as comunidades do noroeste mantiveron con pobos do sur da Península Ibérica e o Mediterráneo en Xeral. Financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade, en concreto estudan a presenza fenicia no noroeste peninsular (Galicia e norte de Portugal) durante o primerio milenio a. C.

Mulleres que coa ciencia crean empresas

Santiago, 15/6/2016 - Desde hoxe e ata o venres ten lugar en Santiago as xornadas formativas de verán Mulleres Universitarias e Empresarias que baixo o lema ‘Mulleres que coa ciencia crean empresas’ tratarán a relación entre ciencia, xénero e emprendemento universitario. A USC e o Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades organizan este encontro.

Hoxe no Auditorio Santiago Auserón coa Real Filharmonía de Galicia

Santiago, 15/6/2016 - Hoxe mércores, 15 de xuño, o cantante e compositor Santiago Auserón ofrecerá un concerto xunto á Real Filharmonía de Galicia, ás 21:00 horas no compostelán Auditorio de Galicia. Esta mañá o artista presentaba este proxecto en rolda de prensa, xunto ao alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da Cidade, Martiño Noriega; e a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández.

Preséntase o disco ‘aló onde agroman as herbas’, de Sofía Espiñeira

Teo, 15/6/2016 - A cantautora Sofía Espiñeira presentou onte na Casa Común dos Tilos o seu disco ‘Aló onde agroman as herbas’, como gañadora da segunda edición do Certame de Canción de Autor en Galego ‘Concello de Teo’. Estivo acompañada polo secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García; a concelleira de Cultura de Teo, Pilar Faxil; e o director artístico do certame, Xoán Curiel.

Aumnos de Ames presentan “Riamonte, un lugar para coñecer”

Ames, 15/6/2016 - O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria dos CEIP Agro do Muíño e CEIP de Barouta participou esta mañá nun encontro intercentros no Pazo da Peregrina. Ambos centros presentaron o proxecto “Riamonte, un lugar para coñecer”, que elaboraron en colaboración coa Aula da Natureza. Neste acto estiveron presentes o concelleiro de Educación, David Santomil, a concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, representantes do equipo Voz Natura e Don Maximino Viaño, cronista oficial do Concello de Ames, que ofreceu unha breve charla.

Hoxe en Brión a escola de música clausura o curso

Brión, 15/6/2016 - O salón de actos do Centro Social Polivalente acollerá hoxe mércores 15 de xuño, ás 19:00 horas, o acto de clausura do curso académico 2015-2016 da Escola Municipal de Música Magariños.

Gran peche de campaña do Santiago Futsal cunha gala de monólogos

 Santiago, 15/6/2016 - Se o pasado venres día 10 de Xuño o Santiago Futsal poñía en marcha a súa campaña de abonados co candidato Federico Pérez “Fede” como cabeza de lista, hoxe coñecemos a data final desta primeira fase da campaña que, como non podía ser doutra maneira, concluirá cun gran acto de peche.

O Obradoiro de Teatro Infantil de Oroso presenta hoxe “A outra historia de Carapuchiña”

Oroso, 15/6/2016 - Os nenos e nenas que conforman o Obradoiro Municipal de Teatro Infantil de Oroso porán en escea a peza “A oura historia de Carapuchiña”, obra traducida e adaptada pola directora do obradoiro, Ana G. Reig.

Imaxes sólidas que recrean unha ‘modernidade líquida’

Santiago, 15/6/2016 - A partir do concepto de ‘modernidade líquida’ desenvolvido por Zygmunt Bauman, Premio Príncipe de Asturias da Comunicación e Humanidades en 2010, a Universidade de Santiago inaugura este mércores 15 unha exposición composta por fotografías realizadas por membros de Fotoforum Compostela.

Ames chega a un acordo sobre a Relación de Postos de Traballo cos traballadores

Ames, 14/6/2016 - O goberno municipal vén de reunirse cos representantes do persoal municipal do Comité de Empresa e da Xunta de Persoal en Mesa Xeral de Negociación.

Queixas veciñais en Rois polo servizo de recollida de lixo

Rois, 14/6/2016 - O actual servizo de recollida de lixo de Rois amosa deficiencias, que veciños puxeron en coñecemento de Xente de Rois en reiteradas ocasións.

O alcalde de Silleda reúnese co Conselleiro de Política Social

Silleda, 14/6/2016 - O alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, mantivo unha reunión na mañá de onte co Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, para falar de varios asuntos de vital importancia para o municipio.