Fwd: Nota de prensa do BNG da Estrada

Ola...

Tal e como vos dixen, adxúntovos algunhas fotos.

Saúdos.


---------- Forwarded message ----------
From: Xosé Manuel Baños García <xosemanuel@gmail.com>
Date: 2009/12/12
Subject: Nota de prensa do BNG da Estrada
To:


O BNG da Estrada esixe a inmediata mellora das infraestruturas do Val do Vea

O Partido Popular ten completamente abandonadas á súa sorte estradas dependentes da Deputación de Pontevedra nas parroquias de Santo André de Vea, San Xurxo, San Xiao de Vea e Barcala

A Estrada, 12 de decembro de 2009: O 20 de xuño de 2008 o grupo municipal do BNG rexistrou unha moción na que se solicitaba da Deputación de Pontevedra a mellora da capa de rodadura da PO-2008 entre Portela (Cuntis) e o Souto de vea, e o remate das obras de mellora e ampliación das estarda PO-2007 entre as parroquias de Couso e Barcala, e da PO-7019 entre Baloira e Santo André de vea, que atravesa a parroquia de San Xiao de Vea. A citada moción aprobouse por unanimidade de todas as forzas políticas.

Sen embargo a día de hoxe, -16 meses máis tarde-, a Deputación de Pontevedra, gobernada polo Partido Popular, non moveu un dedo nin para mellorar nin para rematar as obras das infraestruturas citadas con anterioridade. O abandono é tal que, por exemplo, a día de hoxe é unha odisea utilizar a PO-2008, que atravesa practicamente o Val de Vea, sementada de fochancas, acrescentadas polas choivas dos últimos días, o que a converten nunha estrada perigosa pola irregularidade da capa de rodadaudra e pola inexistencia total e absoluta da sinalización horizontal da estrada. Desde logo, para o BNG da Estrada, o estado destas infraestruturas é lamentábel, e demostrea a deixación de función dun Partido Popular que non ten reparon en votar a favor dunha moción para logo non facer absolutamente nada para que esta sexa unha realidade.

Ante esta situación, o BNG esixe novamente o cumprimento do estipulado na moción aprobada no mes de xullo por unanimidade de todos os partidos con representación municipal, e inicia desde hoxe mesmo unha campaña de denuncia pública do abandono, da deixación de funcións e do desleixo do Partido Popular coa Estrada, en concreto co Val de Vea.

Nota: pola tarde, sobre as 19 horas, enviaremos algunha foto. Perdoade as molestias.


--
Asdo.: Xosé Manuel Baños.-
Responsábel Local do BNG
http://twitter.com/ixosemanuel



--
Asdo.: Xosé Manuel Baños.-
http://twitter.com/ixosemanuel

O PSOE DE TRAZO PEDIRÁ INFORMACIÓN AO ALCALDE SOBRE A SITUACIÓN E O FUTURO DO LOCAL SOCIAL DE BENZA

12 de decembro de 2009.- O grupo municipal socialista tracense solicitará ao Concello de Trazo "toda a documentación existente sobre o local social de Benza e sobre que medidas vai a tomar o Concello para preservar un edificio que beneficia a todos os veciños e veciñas da parroquia", anuncia Eugenio Pazos, concelleiro socialista e voceiro da asociación de veciños de Benza. Pazos sinala que "nos gustaría que o Concello de Trazo fixese un proxecto para rehabilitar o edificio e achegase posicións cos veciños para o arranxo da súa contorna".

O desencontro entre a asociación de veciños de Benza e o alcalde de Trazo vén do 14 de xaneiro de 2009, data na que José Dafonte ordeou cambiar as pechaduras do local social de Benza para evitar que se realizase aló un acto informativo sobre a concentración parcelaria das parroquias de Benza e Trazo, organizado polo BNG (coa participación da daquela delegada provincial da Consellería do Medio Rural, Olga García) e ao que o alcalde non fóra invitado. Case un ano despois, a asociación de veciños de Benza valora o anuncio realizado por José Dafonte de que está disposto a deixar de novo as chaves do local social aos veciños.

Así, como voceiro da asociación de veciños de Benza, Eugenio Pazos sinala que "o achegamento do alcalde é benvido, xa que nós estamos dispostos a un encontro". Pazos lembra que "nós non eramos quen para invitar ao alcalde a un acto como o da parcelaria, polo que non somos responsable de todo o que aconteceu" pero apunta que "dende a asociación de veciños estamos dispostos a falar e pedirlle ao Concello de Trazo unha colaboración real tanto para recuperar o edificio como as distintas feiras que se organizan nel". Neste sentido, Eugenio Pazos puntualiza que "esa colaboración ten que ser real e efectiva, e non só limitarse a enviar á festa uns grupos de música que financia a Deputación da Coruña, xa que recuperar estas feiras é algo que nos interesa a todos os veciños de Trazo".

Como voceiro da asociación de veciños de Benza, Pazos lembra que o arranxo do local social desta parroquia tracense, situado nuns terreos propiedade duns veciños da zona, foi acometido polos propios veciños sen ningún tipo de axuda municipal. De feito "durante as obras no local social non o pisou concelleiro do Grupo de Goberno nin obreiro municipal ningún", afirma Eugenio Pazos, quen lembra que "o abandono foi total por parte dos distintos gobernos municiapis e tivemos que ser os veciños os que botasemos man de todo".

MÁIS DUN CENTO DE PERSOAS ACOMPAÑARÁN MAÑÁ SÁBADO AO REALIZADOR OROSÁN MANUEL M. SUÁREZ NA PRESENTACIÓN DA SÚA CURTAMETRAXE "ILLAS"

11 de decembro de 2009.- O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, presidirá mañá sábado 12 de decembro, ás 20:00 horas, a presentación da curtametraxe “Illas, cando o deserto está en un mesmo”, do realizador orosán Manuel M. Suárez. Unha presentación que terá lugar no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro e na que se agarda a presenza de máis de cen persoas que, ademais da estrea desta nova curtametraxe, tamén poderán tamén asistir á proxección de “Mind the gap”, unha curta rodada por Manuel M. Suárez hai tres anos.

“Illas, cando o deserto está en un mesmo” é unha curtametraxe de 16 minutos sobre “a incomunicación entre a xente e as relacións de parella”, explica Manuel M. Suárez. Unha curta que trata sobre “a vida do ser humano. Fala da soedade, de que nos pechamos en nós mesmos e detemos a comunicación cos demais, polo que se perden oportunidades de vivir que poden dar cousas importantes”, en palabras do realizador orosán.

Esta curtametraxe é unha producción da empresa orosán Sin Productions, foi subvencionada pola Consellería de Cultura e conta coa colaboración do Concello de Oroso. Foi rodada nas localidades de Sigüeiro, O Grove e Santiago de Compostela.

Actores e departamento técnico

“Illas, cando o deserto está en un mesmo” está protagonizada por Iago García (coñecido polo seu papel en “Matalobos”) e Victoria Pérez, e conta coa participación dos actores Aitana Guerra, Daniel Vázquez, Suso Alonso, Sepi Bazarra, Marta Eiriz, Nerea Barros, Roberto Gómez, Silvia López, José Grela, Carlos Rey, Paula Morgade, Guiller Gallego, Blanca Cendán, Fernando Moares, Raquel García, Mario Docampo, Paula Santiago, Martín Alonso, Susana Crespo, José Iglesias, Elsa Barcala e Jesús Mera.

A curtametraxe foi dirixida por Manuel M. Suárez, quen tamén se encargou do guión. Ademais, contou coa participación de Alberto Lobelle (axudante de dirección), Estefanía García e Carmen Rey (producción), Fernando Dans (operador de cámara), Joaquír Riera (son), Miguel A. Gómez (iluminación), Jorge González (script), Raquel F. Fidalgo e María Illobre (maquillaxe), María P. (vestiario), Juan Iglesias (atrezzo) e Roi Sande (etalonaxe).