Axenda sábado 23 - exposicións, concertos, atletismo


SANTIAGO
A partir das 9.30 h No estadio de atletismo da Universidade, I Trofeo de Atletismo Fontes do Sar. 

19.30 h Na Igrexa de San Martiño Pinario, o Coro Novo da Sinfónica de Galicia ofrece Momentos Corais en Músicas Contemplativas.

20.30 a 21.30 h O Concello de Santiago súmase á Hora do Planeta organizada por WWF. Apagaranse as luces da praza do Obradoiro e a iluminación exterior da Catedral. 

21.30 h Na Igrexa de San Francisco, Los caminos de Serkeci, músicas tradicionais dos xudeus españois en Músicas Contemplativas.

ACTIVIDADES

Teo - mercado de productos galegos en Os Tilos

Negreira - vivencia de capoeira regional   +INFO 

Ordes - LP45 - dj Milutxo   +INFO 

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén M ar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

ANOVA Boqueixón - presentado recurso contra a adxudicación do tanatorio

PRESÉNTASE RECURSO DE REPOSICIÓN CONTRA O ACORDO DE ADXUDICACIÓN DE TANATORIO

BNG Teo - en contra da suba de prezos nas escolas infantís

O BNG rexeita a suba dos prezos das escolas infantís en Teo, O goberno de Martiño Noriega aplica en Teo a suba de Feijóo

Ames Novo Ames - Ames Novo apoiará unha proposta de comedores consensuada coa comunidade educativa

Ames Novo só apoiará unha proposta de comedores avalada pola comunidade educativa

Esquerda Unida - queixa o concello por non poder acceder o pleno municipal

Esquerda Unida é un partido político legalmente constituído e amparado polo artigo 6 da Constitución Española, que di que os partidos políticos expresan o pluralismo político, concorren á formación da vontade popular e son instrumento fundamental para a participación política

BNG Santiago - para Rubén Cela as conclusións da comision de investigación son únicas e conforman un documento único

Rubén Cela: “As conclusións da investigación das facturas falsas son únicas e conforman un documento pechado”

Santiago - no ciclo de Teatro and Danza "Solo de impro" con Omar Argentino Galvan

No ciclo Teatro & Danza ‘Solo de Impro’ con Omar Argentino Galván

Ames - salen a licitación servizos complementarios da escola de Verán e das Tardes Divertidas

O Concello de Ames saca a licitación os servizos complementarios de Escola de Verán, Bos Días Cole e Tardes Divertida

Silleda - adxudicación obras de mellora do Centro Cultural Vistalegre

A xunta de goberno adxudica a Construccións Areán as obras de mellora do Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira 

Ordes - pleno marzo 2013

O pleno municipal de Ordes acorda por unanimidade solicitar o indulto para a parella de anciáns da parroquia de Queis
Tamén se acordou adicarlle unha das rúas da vila ubicada nas inmediacións do colexio Campomaior ao dramaturgo local Euloxio Ruibal

Ames - pequeno lume en Buceleiras provocado por un curtocircuito

O GRUMIR DE BRIÓN EXTINGUE UN LUME POR UN CURTOCIRCUÍTO NUNHA COCIÑA DE BUCELEIRAS (AMES)

Frades - aprobados definitivamente os orzamentos do concello

APROBADOS DEFINITIVAMENTE OS ORZAMENTOS DO CONCELLO DE FRADES PARA 2013, QUE ASCENDEN A 1,5 MILLÓNS DE EUROS E CUN SUPERÁVIT DE 131.000 EUROS

Ames - últimas prazas para un curso de monitor de tempo libre

Aínda estás a tempo de inscribirte nas últimas prazas que quedan dispoñibles no curso de monitor de tempo libre
Ofértanse un total de 25 prazas. Para desenvolver o curso será preciso contar cun mínimo de 20 alumnos e un máximo de 25.
Todos os mozos/as que estean interesados deben darse présa xa que quedan as últimas prazas libres. A inscrición realizarase por rigoroso orde de inscrición no Rexistro Xeral do Concello de Ames

Axenda venres 22 - exposicións, concentracións, liga de gaita


SANTIAGO
10.30 h En Benestar (Galeras), a concelleira de Educación, María Castelao, reúnese co director do CEIP López Ferreiro, Lois Trigo. 

11.15 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o I Campionato de Atletismo Fontes do Sar. 

11.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local. 

12.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local. 

12.00 h Na praza das Praterías, a concelleira de Educación, María Castelao, participa en Percusionatta, un programa para escolares dentro da iniciativa “Vive a Paixón” onde os nenos tocarán cun instrumento de percusión improvisado durante 15 minutos.

12.30 h  Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, xunto coa xerente de Turismo de Santiago, Maruxa Ledo, para presentar os novos servizos web para os aloxamentos da cidade.

13.00 h En Benestar (Galeras), a concelleira de Benestar Social, María Castelao, reúnese co director de Proxecto Home, Ramón Gómez Crespo. 

19.30 h Na Igrexa de Santa María do Camiño, Jiří Bárta, violonchelo, ofrece un recital de música contemporánea checa para violoncello en Músicas Contemplativas.

20.00 h No CGAC, o concelleiro Luis Bello asiste á inauguración da exposición de James Welling “The mind on fire”. 

22.00 h Na Igrexa da Universidade, Jiří Bárta, violonchelo e Milan Svodoba, piano, presentan Jazz Bach, fusión barroco e Jazz, en Músicas Contemplativas.

ACTIVIDADES

Santiago - 10h concentración dia da porta da facultade de mediciña   +INFO 

Santiago - Cafe Teatro Garigolo - Liga galega de Gaita   +INFO

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén M ar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Ames - extinguido un lume no Milladoiro e retirado un piñeiro caido

O GRUMIR DE BRIÓN EXTINGUE UN LUME NUN BAIXO DO MILLADOIRO E RETIRA UN PIÑEIRO CAÍDO EN ADOUFE

Ames - concesión de axudas para asociacións culturáis e festas populares

A Xunta de Goberno Local aproba a concesión de axudas para as actividades realizadas polas asociacións culturais e para a celebración de festexos populares

BNG Santiago - moción urxente de apoio os afectados polas preferentes

MOCIÓN DE URXENCIA DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG EN APOIO AOS AFECTADOS POLAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES E OBRIGAS SUBORDINADAS

Esquerda Unida Santiago - preguntas sobre o parque de Fontiñas

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera que o Concello debe ser claro e transparente sobre as actuacións que leva a cabo na cidade

PSOE Ames - comisión sobre os desafiuzamentos

O GRUPO SOCIALISTA DE AMES PRESENTA UN ESCRITO PREGUNTANDO POLA COMISIÓN DE DESAFIUZAMENTOS

Oroso - o pleno aproba a cesión da xestión do Camposanto da Penela de os veciños

O PLENO MUNICIPAL DÁ O PRIMEIRO PASO PARA CEDER A XESTIÓN DO CAMPOSANTO PARROQUIAL DA PENELA AOS VECIÑOS DA PARROQUIA DE OROSO

BNG Teo - demanda de máis seguridade viaria

O BNG demanda máis actuacións para avanzar na seguridade viaria en Teo

Ordes - aberto o prazo para participar no programa de balnearios da Xunta de Galicia

Ábrese o prazo para participar no Programa de Benestar en Balnearios da Xunta de Galicia 
O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes tramitará as solicitudes dos interesados ata o próximo 12 de abril

Silleda - festival de curtametraxes e entrega dos "Silledos"

Os escolares do Espazo Lúdico Educativo celebran hoxe un festival de curtametraxes
-A cita será na Casa da Cultura ás 19.30 horas, coa entrega dos “Silledos” ás mellores creación, que versan sobre disintos valores sociais e educacionais
-Non faltará nin a alfombra vermella nin un ‘fotocall’ nunha cita na que os cativ@s e invitados acudirán vestidos de gala

Brión - terceira edición do concerto de cámara da Escola de Música

OS ALUMNOS E ALUMNAS DA ESCOLA DE MÚSICA MAGARIÑOS PATICIPARÁN HOXE VENRES NA TERCEIRA EDICIÓN DO FESTIVAL DE MÚSICA DE CÁMARA

Ames - o alcalde e a concelleira de benestar vistan a asociación Arcea Adames no Milladoiro

O alcalde de Ames e a concelleira de Benestar Social visitan as instalacións de Arcea-Adames no Milladoiro

Silleda - Carpa na rúa Cartaxena do programa Silleda 10

O Concello instalará unha carpa na rúa Cartaxena para a feira exterior do programa Silleda 10

Ordes . Cruz Vermella celebra hoxe o Día da Auga

Cruz Roja realizará actividades de sensibilización centradas en la importancia del ahorro de agua
Se ha elaborado un folleto con un Decálogo de Buenas Prácticas Ambientales
En Ordes se hará difusión en la Asamblae de la Cruz Roja bajo el lema “Agua para la vida”

Teo - reunión do Fondo Galego de Solidariedade

A Rede Municipalista Solidaria do Fondo Galego de Cooperación reúnese en Teo
- O Concello coorganiza esta xuntanza na que persoal das Administracións socias revisará os proxectos no Sur e as actividades de sensibilización para 2013

Frades - a Festa da Merenda prevé repartir máis de 1500 tortillas

A FESTA DA MERENDA INCLUIRÁ DÚAS NOVIDADES: A PARTICIPACIÓN DE COCIÑEIROS E A POSIBILIDADE DE MERCAR MERENDAS PARA LEVAR A CASA
A Asociación de Veciños “Os Pasos” espera repartir de balde este domingo unhas 1.500 tortillas de masa

Silleda - o día 31 a Festa da Rosquilla chegará a súa 27 edición

A parroquia de Abades celebra o vindeiro domingo 31 de marzo unha nova edición da Festa da Rosquilla

Axenda xoves 21 - concertos, exposicións, festas

SANTIAGO
11.00 h En Hostelería, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asiste á presentación do programa gastronómico “Santiago pasión”. 

11.15 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Marta Álvarez-Santullano sobre asuntos de carácter local. 

11.40 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo e Comercio, Reyes Leis, para presentar os Premios do Comercio 2013. Asiste Elena Fabeiro, xerente da Fundación Artesanía de Galicia. 

12.15 h Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión e dos temas do pleno. Tamén dará conta dos actos con motivo da Hora do Planeta.

13.00 h A concelleira de Educación, María Castelao, visita o CEIP Ramón Cabanillas e reúnese co seu equipo directivo. 

16.00 h No edificio municipal CERSIA (rúa Raimundo López Pol, s/n), Xornada sobre o cálculo e certificación da pegada de carbono, que se enmarca nas actividades de sensibilización sobre temas transversais relacionados co emprego. Organizado pola Concellería de Emprego. 

17.30 h
Pleno ordinario Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 28 de febreiro de 2013.
2. Proposta de rexeitamento de reclamacións contra acordo de aprobación inicial do expediente de modificación de ordenanzas de ingresos públicos 2012/01.
3. Resolución de alegacións e aprobación definitiva, se procede, do Regulamento da Policía Local.
4. Solicitude de compatibilidade para actividade pública secundaria de profesor asociado do voceiro do grupo municipal socialista, Don Francisco Reyes Santiás.
5. Modificación orzamentaria número 2013-CTO. EXTRAOR-09. Créditos extraordinarios e recoñecemento extraxudicial de crédito a favor de Servicios y Materiales, SA.
6. Proposta da alcaldía de designación de representante do Concello na Fundación Down Compostela.
7. Proposición do grupo municipal do BNG solicitando á retirada do anteproxecto da Lei de Administración Local. 
8. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á defensa do mantemento da obra social de Novagalicia Banco.
9. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á denegación da renovación das axudas ás hipotecas. 
10. Dar conta ao pleno do informe anual de queixas e suxestións.
11. Dar conta do informe de seguimento do Plan de Axuste, correspondente ao cuarto trimestre do ano 2012.
12. Dar conta de acordos da Xunta de Goberno Local polos que solicita á Xunta de Galicia subvencións para o financiamento dos servizos sociais comunitarios e de diversas escolas infantís municipais.
13. Dar conta de expediente informativo investigación interna xustificación realización de actividades por parte das asociacións de veciños de Santa Mariña de Verdía e Mestra Victoria Míguez de Vidán, para a concesión de subvencións de 2012.
14. Dar conta de resolucións da Alcaldía relativas a:
- Corrección da de 26 de febreiro de 2013 pola que se nomean Delegados da Alcaldía.
- Designación de membros do grupo municipal popular en Comisións de informe, estudio e proposta, de carácter permanente e especial e representantes en organismos supramunicipais, organismos autónomos, fundacións, sociedades mercantís con participación municipal e consellos sectoriais de actuación municipal.
15. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
16. Rogos e preguntas.
17. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.


18.00 h  Na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela, obradoiro de música co recoñecido zanfonista Germán Díaz.

19.30 h Na nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago (Praza de Praterías), presentación do libro “Antonio López Ferreiro (1837-1910). Canónigo compostelano, historiador y novelista”, editado polo Consorcio en colaboración con Alvarellos Editora. 

21.00 h No Auditorio de Galicia, The Sixteen e a Real Filharmonía de Galicia presentan no Programa de Abono / Músicas Contemplativas, a inauguración do Festival de Música Contemplativas con unha das grandes obras da historia da música, o Requiem de Mozart.


21.00 h No Teatro Principal, concerto de Luar na Lubre que presentan o seu novo traballo 'Sons de Lubre nas Noites de Luar', en Íntimo&Acústico.

ACTIVIDADES

Santiago - facultade de Ciencias da Comunicación - Doc an Roll    +INFO
Santiago - Borriquita de Belem - Fesya da primaveira   +INFO

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén M ar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

PP Ordes - moción para desviar definitivamente o tráfico do centro da vila

O PP de Ordes defenderá no Pleno unha moción para instar ao Concello a desviar definitivamente o tráfico pesado do centro da vila
Martínez Sanjurjo reclama “medidas reais, non só decisións estéticas” e solicitará a implicación activa da Policía Local

Santiago - Luar na Lubre no Teatro Principal

Luar na Lubre estrea en Santiago novo espectáculo
‘Sons da lubre nas noites de luar’
Luar na Lubre

AGARESO - obradoiros de Escolas sen Racismo en Compostela e Ames

Agareso e ACPP traballan co alumnado a educación para o desenvolvemento a través da radio e a televisión
Centros de Pontevedra, Compostela e Ames acollen estes obradoiros de Escolas sen Racismo. Mañá é o Día mundial para a eliminación da discriminación racial

PSOE Ordes - o PSOE pide que se lle dedique unha rúa a Euloxio Ruibal

O PSOE DE ORDES PEDIRÁ AO PLENO DEDICARLLE UNHA RÚA AO DRAMATURGO EULOXIO RUIBAL 

Esquerda Unida Santiago - tasa plusvalía municipal a persoas desafiuzadas

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela defende, unha vez máis, que as Administracións Públicas deben garantir o benestar da cidadanía. 

Ames - obradoiros de igualdade

O alumnado do CEIP A Maía participa nos obradoiros de igualdade que organiza o Concello de Ames nos centros educativos amienses
Estas actividades están dirixidas aos nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria. Neste programa educativo participa o alumando dos Centros de Educación Infantil e Primaria A Maía, Agro do Muíño e Barouta

Silleda - rematada a área recreativa do Muiño de Covián

O Concello de Silleda remata a área recreativa do Muíño de Covián coa construcción dunha pasarela de madeira sobre o río Toxa
-A inversión, con fondos municipais, completarase nos vindeiros meses coa limpeza da zona e a colocación de sinais e paneles informativos nesta zona da parroquia de Rellas

Santiago xornada sobre a importancia da pegada do carbono

O Concello organiza unha xornada sobre a importancia de calcular e certificar a pegada de carbono

Esculca - xornadas da Coordenadora para a Prevención e Denuncia da Tortura

Cámara oscura: novas políticas de violencia institucional
• Xornadas da Coordenadora para a Prevención e Denuncia da Tortura
(CPDT) en Compostela.
• Organiza EsCULcA.

BNG Santiago - o copago nos comedores escolares e o problema da Casa do Neno

O BNG traslada ao Pleno o tema do copago dos comedores escolares e a busca dunha solución para o alumnado da Casa do Neno

PSOE Teo - anormal celeridade na obra da rúa Castiñeiro

ANORMAL CELERIDADE NA OBRA DO RÚA CASTIÑEIRO 
O PSdeG de Teo quere amosar a súa sorpresa polos novos datos coñecidos sobre a obra de arranxo da Rúa Castiñeiro, na Urbanización dos Tilos

Axenda mércores 20 - exposicións, concertos, premios

SANTIAGO
11.00 h Na sala de prensa do Reitorado, a concelleira de Muller, María Castelao, asiste á presentación do libro “Diálogos de la cultura de la paridad. Reflexiones sobre feminismo, socialización y poder”, do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero. 

11.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo e Economía, Reyes Leis, para presentar o novo Observatorio Urbano do Concello de Santiago. 

12.00 h No Avío (Vista Alegre), o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Medio Ambiente, María Pardo, participa na plantación de árbores que realizarán os alumnos do CEIP de Vite con motivo da celebración do Día da Árbore. 

12.00 h No hotel San Francisco, as concelleiras de Educación, María Castelao, e de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asisten á presentación do programa “Paixón escolar”, organizado pola Confraría de Estudantes. 

18.00 h O concelleiro de Centros Socioculturais e Participación Cidadá, Francisco Noya, participa na ruta “Os espazos claustrais I: San Domingos de Bonaval, visita e explicación dun dos espazos claustrais extramuros máis importantes de Santiago de Compostela. As súas características arquitectónicas e o uso do espazo na actualidade”. Tamén se visita o Museo do Pobo Galego. Con saída da praza do 8 de marzo (na Porta do Camiño, ao comenzo da rúa de San Pedro).

19.00 h No salón vermello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Medio Ambiente, María Pardo, fai entrega dos premios con motivo do Día da Árbore. 

20.30 hNo Hostal dos Reis Católicos, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asiste á II entrega de Premios Down Compostela, no marco do Día mundial da Síndrome de Down.

ACTIVIDADES

Santiago - Borriquita de Belem - Xacobe Martinez Antelo trio - Jazz   +INFO

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén Mar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Silleda - suspendido de forma temporal o proceso de elección dos Consellos Parroquiais

Suspendido de forma temporal o proceso de  elección dos Consellos Parroquiais
Dende a Concellería de Participación Cidadá estudarase o procedemento feito ata agora, á vista da escasa participación veciñal nos comicios e das renuncias que houbo

BNG Santiago - Rubén Cela di que a xustiza debe actuar no caso das facturas falsas

Rubén Cela afirma que “agora lle toca actuar á Xustiza” no caso das supostas facturas falsificadas por un concelleiro do PP

Ames - regulación das depuradoras do Poligono do Milladoiro e de Ameixenda

O Concello de Ames regulariza a situación das depuradoras do Polígono do Milladoiro e da Ameixenda

Santiago - axenda Sons13 de abril a xuño

Unha primavera de Sons no Auditorio de Galicia e no Teatro Principal
Ciclo Sons13 abril - xuño
Pradairo / Pedro Guerra / Budiño / Win Mertens / Malevaje / Sés
Todas as entradas das próximas citas con Sons13 están á venda

Ordes - o pleno abordará o apoio o indulto de dous anciáns

O pleno de Ordes abordará o indulto para a parexa de anciáns acusados de quebrantar unha sentencia de alonxamento por malos tratos
Manuel Rodríguez e Carmen Martínez poderían entrar en prisión a pesar de ter superados os seus problemas de convivencia e da súa avanzada idade. A sesión terá lugar o próximo xoves ás 20 horas

Ames - prazo para inscribirse nun curso de alemán

Comeza o prazo para inscribirse no curso de alemán que organiza o Concello de Ames en colaboración coa Asociación Galega de Xermanistas

Silleda - colocación de puntos de recollida de pilas usadas

Colocados os puntos para o depósito de pilas en centros públicos de Silleda

Melide - o concello participará no Congreso da Asociación Nacional de Entrenadores

O Concello de Melide participará do 23 ao 25 de marzo no II Congreso Nacional de ANEFS

Axenda martes 19 marzo - exposicións, concertos,

SANTIAGO
12.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local. 

12.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do goberno municipal, María Pardo, sobre asuntos de carácter local. 

19.00 h No Auditorio de Galicia, a concelleira de Urbanismo, María Pardo, presenta aos veciños o proxecto de demolición das terrazas e reurbanización do polígono de vivendas de Vista Alegre.

ACTIVIDADES

Santiago - Borriquita de Belem - Tangobar (versións de tango)   +INFO 


EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén Mar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

PSOE Ordes - moción para a creación dun regulamento de emerxencia social

O PSOE DE ORDES PIDE UN REGULAMENTO DE EMERXENCIA SOCIAL QUE PERMITA A CONCESIÓN DE AXUDAS SOCIAIS ÁS FAMILIAS MÁIS DESFAVORECIDAS 

Silleda - comunicado sobre a remodelación do goberno municipal pola saida de Matías Rodriguez

O goberno municipal de Silleda quedará reorganizado a partir de hoxe cun novo reparto de áreas, logo da saída do concelleiro Matías Rodríguez Da Torre, ao que hoxe lle foron retiradas as súas competencias (Cultura, Turismo, Educación e Participación Cidadá)

PSOE Ames - o PSOE considera que Ramón Argibay non é quen de dar leccións de ética

OS SOCIALISTAS DE AMES CONSIDERAN QUE ARGIBAY ESTÁ DESCUALIFICADO PARA DAR LECCIÓNS DE ÉTICA A NINGUÉN
Contestan ás manifestacións realizadas polo concelleiro do Grupo de Non Adscritos nas que atacaba aos socialistas de Ames Invitan a que Argibay amose as probas que tén da existencia dun pacto entre o PP e o PSdeG de Ames

Ames - asinado o contrato para obras no Rego dos Pasos en na estrada de Ventín

Asínanse os contratos que permitirán executar as obras de mellora da seguridade viaria en Ventín e as actuacións no Rego dos Pasos, en Bertamiráns
Un dos proxectos engloba a execución dos traballos de mellora da seguridade viaria no lugar de Ventín, pertencente á parroquia de Biduído. Estas obras, que serán realizadas pola empresa Oviga, teñen un custo de 19.100 euros.

Fundación Rosaleda - el doctor Miguel Martín hablará sobre los avances en el tratamiento del cancer de mama

El doctor Miguel Martín expondrá su trabajo en los Martes Clínicos de la Fundación La Rosaleda 
La conferencia de Miguel Martín será hoy martes, 19 de marzo, a las 20.00 horas, en el auditorio del Hostal dos Reis Católicos de Santiago

Ordes - mañán mércores remata o prazo para inscribirse nos programas de conciliación de Semana Santa

Este próximo mércores remata o prazo de inscrición para participar no programa ‘Conciliar en Semana Santa será fácil e divertido’ organizado polo Concello de Ordes

Ames - éxito da novena edición da Feira do Comercio

Máis de 20.000 persoas visitaron a novena edición da Feira do Comercio Val da Maía, na que se superaron as 4.000 operacións de venta

Consello da Cultura - presentación de "No bico un cantar"

Catrocentas voces participarán na xornada “No bico un cantar. Nenos e nenas cantan a Rosalía” conmemorando os 150 anos de “Cantares gallegos” que se celebrará o 7 de xuño

Brión - Festival de Cámara da Escola de Música municipal este venres 22

A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA MAGARIÑOS ORGANIZA A TERCEIRA EDICIÓN DO FESTIVAL DE MÚSICA DE CÁMARA, QUE TERÁ LUGAR ESTE VENRES 22 DE MARZO
Os alumnos e alumnas traballan estes días nun programa moi heteroxéneo e para todos os públicos. A entrada é libre e de balde

Axenda luns 18 - exposicións, concertos


SANTIAGO
10.00 h No Salón Verde, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, reúnese cos concelleiros de Turismo dos concellos da área metropolitana de Santiago. Declaracións ao comezo.

11.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local. 

12.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social, María Castelao, para presentar os obradoiros Creando en Igualdade. 

13.00 h Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese con membros de aCentralFolque.

13.00 h En San Lázaro, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por X.C. Seráns.

20.30 h No Auditorio de Galicia, no ciclo Novas Orquestras, Franper Rodríguez dirixe á Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior de Música de Vigo neste concerto no que Vicent Grau será o percusionista. Nel estrearán obras de Rui Penha, Joao Pedro Oliveira e Mateo Mena Calavia, compositores que estarán presentes durante o concerto.

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén Mar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Oroso - éxito do II Campionato de Patinaxe con máis 130 participantes

MÁIS DE 130 PATINADORAS DE OROSO, ORDES, SANTIAGO, AMES E GETXO PARTICIPARON NO II CAMPIONATO DE PATINAXE “CONCELLO DE OROSO”

Santiago - a Orquestra Nova e de Nenos actuará o día 31

Un novo concerto do ciclo “Novas Orquestras” no programa “Músicas contemplativas”
Orquestra nova e de nenos da Sinfónica de Galicia
dirixidos por Diego García Rodríguez

Frades - rematadas as duascentas horas teóricas do curso de monitor de tempo libre

OITO ALUMNAS DE FRADES REMATAN AS 200 HORAS TEÓRICAS DUN CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE HOMOLOGADO POLA XUNTA DE GALICIA 

Ordes - o curso de poda comenzou con tódalas prazas cubertas

O curso de poda e inxertos organizado polo Concello de Ordes iníciase hoxe con todas as prazas cubertas

Axenda domingo 17 marzo - exposicións, concertos

SANTIAGO
12.30 h No Teatro Principal, a Banda Municipal de Música e Títeres con Sacha, presentan, dentro da programación Infantil&Familiar, 'O Crebanoces' de Chaikowski, un espectáculo de títeres unipersoal.

19.30 h Na Zona C Escenas Poéticas (3) presenta dentro do ciclo Teatro&Danzao 'O Asombro' de Fantoches Baj, unha proposta escénica, poética, participativa e diversa especialmente deseñada para a Zona C. Últimas funcións.

20.00 h No Teatro Principal, inauguración do VI Ciclo 1906 de Jazz. O contrabaixista estadounidense Ron Carter ofreceranos o seu particular swing acompañado por Donald Veiga ao piano e Rusell Malone á guitarra no concerto de Jazz que abrirá o ciclo.

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén Mar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

PSOE Ordes - Laura Seara denuncia a maior destrucción de postos de traballo entre as mulleres

LAURA SEARA DENUNCIA EN ORDES QUE A CRISE ECONÓMICA ESTÁ A DESTRUÍR O DOBRE DE POSTOS DE TRABALLO ENTRE AS MULLERES 
A exsecretaria de Estado de Igualdade critica os recortes aprobados nos últimos quince meses polo PP en materia de igualdade, dependencia, violencia de xénero e asociacionismo

Esquerda Unida Santiago - petición de dimisión do concelleiro Juan de La Fuente

O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REITERA A SÚA PETICIÓN DE DIMISIÓN A JUAN DE LA FUENTE. 
O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA MANIFESTA, UNHA VEZ MÁIS, QUE O ADIANTO DE ELECCIÓNS MUNICIPAIS É A SOLUCIÓN QUE SE PRECISA PARA A REXENERACIÓN DO CONCELLO 

BNG Santiago - o BNG defenderá no pleno a retirada da Lei de reforma da administración local

O BNG defenderá no Pleno a retirada da Lei de reforma da administración local, por favorecer a privatización e a supresión de servizos públicos
Avoga por instar a unha reforma constitucional que suprima as deputacións

Ames - a peña madridista Il Ritrovo organiza o Campus Experience da Fundación Real Madrid

Ames acollerá o Campus Experience da Fundación Real Madrid, que organiza a Peña madridista IL Ritrovo de Ames
Na presentación participaron o alcalde de Ames, Santiago Amor, o director dos Campus Experience da Fundación Realmadrid, Joaquín Sagués, o presidente da Peña madridista IL Ritrovo, Gustavo Nieto, e o ex-xogador do Real Madrid CF, Amancio Amaro
No Campus Experience, que está dirixido a nenos e nenas de entre 7 e 17 anos, traballaranse aspectos futbolísticos tácticos e técnicos, pero ademais fomentaranse valores como o compañeirismo, a tolerancia ou os hábitos de vida.

Oroso - o Club ITF de Taekwondo terceiro mellor clube de España

GRAN ÉXITO DO ITF OROSO AO CONSEGUIR O TERCEIRO POSTO NACIONAL NO TORNEO NACIONAL DA FITE CON 34 MEDALLAS, 15 DELAS DE OURO
Sofía Zapata, recentemente homenaxeada polo Concello de Oroso, gañou 2 medallas de ouro, 1 de prata e 1 de bronce neste campionato

Frades - Os cadetes de Futbol Sala gañadores do campionato supramunicipal

O EQUIPO CADETE DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DE FÚTBOL SALA DE FRADES PROCLÁMASE CAMPIÓN DA LIGA COMARCAL DO PROGAMA XOGADE 
Os equipos benxamín e alevín completaron a boa actuación dos equipos de Frades cun 3º e un 5º postos, respectivamente