Os profesionais dos arquivos en contra dos recortes do CGAI

4/6/2016 - A Asociación BAMAD Galicia de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas Museos e Centros de Documentación de Galicia, tense manifestado en numerosas ocasións contra os recortes de persoal nas nosas áreas, como o manifestamos ante a Consellaría en numerosas ocasións nas diferentes reunións mantidas cos Conselleiros e co Secretario Xeral ao longo destes anos, e en declaracións públicas efectuadas ao efecto posicionándonos contra unha reforma da RPT (Relación de Postos de Traballo) na que se amortizan numerosas prazas de profesionais dos arquivos, bibliotecas e museos dependentes da Xunta de Galicia (https://bamadgalicia.wordpress.com/2014/11/11/amortizacions/)

Aprobada a Ordenanza de Garantía Básica Cidadá en Compostela

03/06/2016 A Xunta de Goberno aprobou a nova Ordenanza de Garantía Básica Cidadá do Concello de Santiago, coñecida co nome de Compostela +.

O IBI terá criterios sociais en Vedra

4/6/2016 - O Pleno de Vedra do día 30 de maio aprobou a moción presentada polo BNG-Asembleas Abertas para reestruturar o Imposto sobre Bens Inmobles incorporando un paquete de medidas – vía bonificacións - para acadar unha fiscalidade máis xusta socialmente.

O VII Encontro de bolillos e labores artesanais este domingo no Milladoiro

4/6/2016 - Este domingo a Asociación A Silva, coa colaboración do Concello de Ames, organiza o VII Encontro de bolillos e labores artesanais. Comezará ás 10:00 horas no pavillón municipal do Milladoiro e rematará ás 19:00 horas. Este ano participan 326 persoas chegadas de distintos puntos de Galicia.

Leilía e o grupo Chévere na primeira edición do festeo

4/6/2016 - As voces e as pandeiretas do grupo Leilía, máis unha actuación teatral do Grupo Chévere, serán as encargadas de poñerlle o punto final á primeira edición de Festeo, a xornada lúdica e participativa que o Concello de Teo programou para este domingo 5 de xuño na Carballeira de Francos, con asistencia libre e de balde, tanto para os veciños e veciñas como para persoas de fóra de Teo. 

Segunda Semana de Danza Latina na USC

4/6/2016 - Do 6 ao 8 de xuño terá lugar en Santiago a segunda Semana de Danza Latina, na que participarán os estudantes dos cursos de bailes latinos da USC e á que está convidado todo o público interesado.

Santiago avanza na apertura do Centro Xove de Creación Cultural

4/6/2016 - A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar o procedemento de contratación para o servizo de xestión de actividades no Centro Xove de Creación Cultural, na Almáciga, e os locais municipais de música para a xuventude de Compostela, en San Lázaro. É o último paso para a apertura do edificio construído no patio do CEIP Apóstolo Santiago.

Fuco Reyes repasará a evolución da fotografía dende a súa orixe ata a era dixital

© Ramón Masats
4/6/2016 - Dirixido a público en xeral con interese na fotografía, tanto con coñecementos técnicos como a afeccionados, do 18 ao 22 de xullo celebrarase o curso ‘Conectando os puntos: a fotografía contemporánea en España’.

Desfile de traxes palestino no Museo do Pobo Galego

4/6/2016 - BDS Galiza, en coordinación con la Marcha Mundial de Mujeres, está organizando la campaña local de apoyo a Women’s Boat to Gaza de la Coalición Internacional de la Flotilla de la Libertad.

Brión, distinguido co Premio Peña Novo polas accións en defensa da lingua galega

Un momento da celebración da Festa das Letras
celebrada o pasado mes de Maio no concello
4/6/2016 - O Concello de Brión vén de ser distinguido co XXII Premio Peña Novo pola utilización dende 1979, e de xeito ininterrumplido, e a realización de distintas accións en defensa da lingua galega.

Os cativos de Ames plantan árbores

4/6/2016 - Este domingo é o Día Mundial do Medio Ambiente, data celebrada cada 5 de xuño dende 1973. O alumnado da EIM O Bosque quixo contribuír a esta conmemoración plantando hoxe catro carballos e tres castiñeiros no Monte Escolar, situado no lugar de Carballo, na parroquia de Trasmonte.

Silleda reabre o Centro Social dos Maiores

4/6/2016 - A concelleira de Benestar Social, Pili Peón, presentou, aos medios de comunicación, os cambios realizados no local do Centro Social durante o peche de este pasado mes de maio.

Irmandades da Fala: 100 anos de nacionalismo galego na Estrada

O diccionario creado polas
Irmandades da Faa
4/6/2016 - O BNG da Estrada conmemorou onte venres na Praza do Mercado, ás 21 horas, os 100 anos das Irmandades da Fala, recordando aos estradenses que formaron parte da primeira organización nacionalista galega. 

Ames organiza unhas xornadas de portas abertas para coñecer a nova ETAP de Lens

3/6/2016 - Con motivo da próxima posta en funcionamento da potabilizadora de Lens, a cal vai a abastecer de auga potable aos concellos de Ames e Brión, organizáronse unhas xornadas de portas abertas durante o día de hoxe e o de mañá.

O primeiro club amesán de sendeirismo e montañismo, Rutasapie, colabora nunha ruta nocturna entre Noia e Compostela

3/6/2016 - A primeira asociación de sendeirismo e montañismo do concello de Ames, Rutasapie, vén de instalarse fai pouco tempo no Milladoiro. A súa presentación en sociedade terá lugar o sábado, 11 de xuño, colaborando na organización dunha ruta nocturna que une Noia con Santiago de Compostela.

O pleno de Ordes aproba unha moción do BNG para corrixir o proxecto da variante

O BNG de Ordes defendeu unha moción para corrixir varios erros que detectaron no proxecto da variante a Ordes proposto polo Ministerio de Fomento.

O Museo Casa da Troia reabre este sábado

3/6/2016 - O Museo Casa da Troia volve abrir as súas portas durante o verán, dende este sábado día 4 ata principios de setembro.

O Códice Calixtino, candidato ao Rexistro Internacional da Memoria do Mundo da UNESCO

3/6/2016 - O secretario de Estado de Cultura, José María Lassalle, informou onte aos membros do Consello de Cooperación Archivística das candidaturas de bens do Patrimonio Documental que vai presentar o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte á UNESCO para a súa posible inclusión no Rexistro da Memoria do Mundo: o Arquivo Xeral de Simancas, o legado testamentario de Ramón e Cajal e o Códice Calixtino.

Concerto gratuito de Cristina Pato e a Real Filharmonía no parque Eugenio Granell

3/6/2016 - A Real Filharmonía de Galicia celebra un concerto ao aire libre este sábado, 4 de xuño, no compostelán Parque Eugenio Granell, baixo a batuta do seu director titular, Paul Daniel.

Ames pon en marcha a campaña “Faite Legal” para concienciar á veciñanza da necesidade de solicitar permiso para executar obras

3/6/2016 - O concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, Blas García, compareceu esta mañá en rolda de prensa para presentar a campaña do departamento de Urbanismo denominada “Faite Legal”.

Sonoro festival de fin de curso para os nenos e nenas ordenses de ata 3 anos

3/6/2016 - Onte unha vintena de nenos e nenas de ata 3 anos pasárono en grande participando no festival de fin de curso da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy (antigo Preescolar na Casa).

José Ángel Rivera finaliza su etapa como director de las categorías base del Rio Natura Monbus Obradoiro

Categorías base do Obradoiro
3/6/2016 - Las categorías base del Rio Natura Monbus Obradoiro y su director, José Ángel Rivera, “Mozan”, separan sus caminos con la finalización del contrato que los unía.

Solidaridad a ritmo latino

3/6/2016 - Hoy a las diez de la noche, se celebra en el Pazo de Exposicións e Congresos de Melide la III Gala musical benéfica Combo Solidario, a favor de la Fundación Amigos de Galicia y de Cáritas de Melide.

Teo celebra o día mundial do medio ambiente cun mural que reivindica a agricultura sostible

 2 de xuño de 2016.- O Concello de Teo súmase á celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, o vindeiro domingo 5 de xuño, coa realización dun mural que reivindica as prácticas sostibles na agricultura e pretende concienciar sobre a necesidade dunha alimentación sana, en beneficio tanto da saúde humana como da preservación do medio natural.

O centro cultural de Sigüeiro acolle a entrega de premios da III Gala da Cultura

Un momento da gala do 2015
3/6/2016 - O centro cultural de Sigüeiro acollerá hoxe ás 20.30 horas, a terceira edición da Gala da Cultura, unha iniciativa coa que o Concello de Oroso pretende recoñecer o mérito de persoas, entidades, asociacións ou empresas que destaquen no ámbito cultural.

O PP pide á Deputación cofinancie o arranxo dos danos dos temporais

3/6/2016 - O portavoz do grupo provincial do Partido Popular na Deputación da Coruña, Agustín Hernández, solicitou hoxe que a institución provincial siga o exemplo da Xunta de Galicia e cofinancie os gastos xerados polos danos que moitos concellos da provincia tiveron que sufragar tras as fortes choivas caídas durante o mes de febreiro.

Un encontro internacional revisará a memoria e a historia do golpe, a guerra e a posterior ditadura

3/6/2016 - O encontro internacional ‘1936, ¿un novo relato? 80 anos, entre historia e memoria’ xorde da “necesidade de sentar as bases para unha reconceptualización da memoria e da historia sobre o golpe, a guerra e a ditadura”.

Santi Valladares repetirá experiencia en Xapón coas Escolas Santiago Futsal Talent Factory

3/6/2016 - As Escolas Santiago Futsal Talent Factory seguen crecendo e o vindeiro venres 8 de Xullo dará o pistoletazo de saída ás novas xornadas técnicas que os monitores do Santiago Futsal impartirán en Xapón.

Hoxe nas Crechas Begoña Riobó

2/6/2016 - Rematou maio e volve a programación das Crechas, que se inicia este xoves cun concerto de Begoña Riobó, a violinista con maior proxección no panorama musical galego, e Xosé Liz. 

El concierto que Cristina Pato ofrece hoy jueves en Santiago con la Real Filharmonía se retransmitirá en directo por internet

2/6/2016 - La Real Filharmonía de Galicia pone esta semana el broche final a su temporada de abono con tres conciertos. El primero será mañana jueves en su sede, el Auditorio de Galicia, a las 21:00 horas, que además se retransmitirá en directo por streaming a través de la web de la orquesta (www.rfgalicia.org) y de las redes sociales (excepto la primera obra).

O BNG de A Estrada insta ao alcalde a acometer a limpeza das praias fluviais da Estrada

 2/6/2016 -  O BNG da Estrada insta ao alcalde a preparar as praias fluviais para a época estival que xa está ao caer. En concreto, o BNG solicita ao grupo de goberno do PP a actuar con urxencia na área recreativa do Liñares, na praia fluvial de Barcala e na de Couso.

O goberno municipal de Ordes non consegue aprobar os orzamentos

2/6/2016 - O pleno do mes de maio deixou os orzamentos sobre a mesa e terán que ser prorrogados os do ano pasado

A asociación Ames Pospetróleo organiza as xornadas “Preparando Ames para un futuro sen pretróleo”

 2/6/25016 - A  Asociación Ames Pospetróleo organiza, coa colaboración do Concello de Ames, unha xornada na que se abordarán os problemas derivados da fin da Era da Enerxía Fósil, así como os seus posibles efectos sobre a sociedade. A xornada terá lugar este sábado, 4 de xuño, ás 11:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, e repetirase o venres, 17 de xuño, ás 20:30 horas, no centro sociocultural do Milladoiro. A asistencia é libre e gratuíta.

Aberta a inscrición no V Campus de Fútbol da Fundación Celta en Oroso

 2/6/2016 -  A Fundación Celta de Vigo e a Escola Deportiva Xuventude Oroso, en colaboración co Concello de Oroso, celebrarán do 6 ao 31 de xullo a quinta edición do seu campus de fútbol, dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos de toda a provincia. Unha edición que foi presentada esta mañá polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e polo director da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta Torres; que estiveron acompañados polo concelleiro de Deportes de Oroso, Luís Rey Villaverde; e polo presidente da ED Xuventude Oroso, José Ferro Calvo.

Brion acolle hoxe o XII Festival de Primavera

 2/6/2016 -  Agrupacións instrumentais e corais do alumnado da Escola Municipal de Música Magariños de Brión serán os protagonistas dunha nova sesión do XII Festival de Primavera, que terá lugar mañá xoves 2 de xuño, ás 20:00 horas, no salón de actos do centro social polivalente de Brión. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

O Concellaría de Educación e Cidadanía recupera os premios "Educacompostela" seis anos despois da súa última edición

 2/6/2016 - O concelleiro de Educación, Manuel Dios, presentou a IX edición dos premios Educacompostela, que o Departamento de Educación e Cidadanía e Nova Escola Galega recuperan despois de seis anos.

Curso de Break Dance para os meses de verán de Silleda

 2/6/2016 -   O Concello de Silleda, dende a Concellería de Xuventude, que dirixe Aida Castro, ven de adherirse ao programa de dinamización xuvenil “DepoRúARTE” da Deputación de Pontevedra, que ten por finalidade levar a cabo actividades educativas e de lecer que atendan as demandas do colectivo xuvenil.

Olladas diferentes á obra de Shakespeare este venres en Bertamiráns

2/6/2016 -  “Shakespeare para ignorantes”, a obra que se representará este venres, 3 de xuño, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, comeza coa aparición no escenario dun mestre. Este desexa ilustrar ao seu público, cunha obvia carencia de coñecementos literarios, acerca da carreira do gran escritor William Shakespeare. Para isto contrata a dous actores desempregados: Mofa e Befa.

Na Casa da Cultura de Bertamiráns desvelaranse detalles e curiosidades da obra de William Shakespeare. Mofa e Befa recuperan os detalles, as escenas do universo shakespereano esquecidas polo público. Os dous cómicos vestiran a pel desas personaxes marxinadas nas obras do escritor inglés: bufóns, xuíces ou torturadores cobrarán protagonismo nesta peza. Detrás das historias das peores vilanías, das risas máis frías e crueis ou dos fracasos máis soados o público atopará consellos e ideas para usar no seu día a día.

As entradas para a obra xa se poden adquirir na Billeteira electrónica municipal, a un prezo de 5 euros a xeral e 2 euros a reducida. Poden mercar entradas reducidas as persoas menores de 12 anos, maiores de 65 e os estudantes con carné. Unha hora antes do comezo da obra abrirase a billeteira da Casa da Cultura de Bertamiráns, na que tamén se porán a venda entradas para este espectáculo.

Prostitución e outras violencias nos curso de verán da USC que se celebrará en xullo en Lalín

 2/6/2016 - A sétima edición das xornadas sobre Novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0 estará dedicada á educación afectivo sexual, prostitución, trata e outras violencias. Celebrarase no Auditorio Municipal de Lalín do 12 ao 15 de xullo baixo a dirección de María José Méndez Lois e de Mª Jesús Payo Negro.

O alcalde de Santiago abriu o Maratón de Lectura da Fundación Granell, dedicado a Rosalía

2/06/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, abriu o xa tradicional Maratón de Lectura organizado pola Fundación Eugenio Granell e dedicado este ano a Rosalía de Castro.

Ames investiu 16.000 euros para mellorar as instalacións da área recreativa de Tapia

2/6/2016 - Durante os últimos meses o Concello de Ames, a través da concellaría de Urbanismo, Obras Públicas, e Servizos Básicos, realizou varias actuacións dirixidas a mellorar as instalacións da área recreativa de Tapia para que estean en óptimas condicións de cara a tempada estival.

O grupo Chévere recolle o premio nacional de teatro


2/6/2016 -  A compañía de teatro Chévere recibiu esta mañá na Catedral de Palencia o Premio Nacional de Teatro 2014. Os integrantes do grupo, inmersos na preparación dos seus proxectos creativos, non puideron achegarse a recollelo e delegaron no Concello de Teo, do que a compañía é residente. A institución local estivo representada polo primeiro tenente de alcalde, Ignacio Iglesias, e pola concelleira de Cultura, Pilar Faxil. O acto, no que se entregaron os premios de 2014 e 2015, contou coa presenza dos Reis de España e do ministro de Educación, Cultura e Deportes.

Mentoring USC, un paso máis para facilitar a empregabilidade do estudantado

 2/6/2016 - “Sen dúbida, a mellor mostra da responsabilidade social da universidade é permitir a empregabilidade dos seus titulados e tituladas”. Baixo esta premisa xirou o discurso do reitor Juan Viaño no acto de clausura da primeira edición do Programa Mentoriong USC dirixido a facilitar o contacto entre o alumnado de último curso con directivos e profesionais para que estes lles presten orientación e apoio na busca de emprego e no desenvolvemento do seu proxecto profesional.

O alcalde de Santiago visita as obras do primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación

2/6/2016 - O alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da Cidade, Martiño Noriega, visitou esta mañá as obras do que será o primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación que existirá na Península Ibérica, situado na antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba, en Santiago de Compostela. Na visita estiveron tamén o xerente da Fundación Laboral da Construción en Galicia, Fernando García Novo; e, por parte do Consorcio de Santiago, a súa xerente, Belén Hernández; a directora da Oficina Técnica, Lourdes Pérez Castro; e  o arquitecto que coordina o proxecto e dirixe as obras, Ángel Panero.

O Concello de Silleda comeza a campaña de desbroces polas parroquias

2/6/2016 -   O Concello de Silleda ven de poñer en marcha a campaña anual de desbroces polas pistas municipais. Os traballos comezaron na parroquia de Pazos, e faranse extensivos nos vindeiros días ao resto de parroquias seguindo o calendario de festexos de cada unha, tal e como se ven facendo nos últimos anos.

Moda e viño no Gaias na axenda do mércores

O Museo de Historia Natural inaugura ademáis unha exposición de microscopios

Hoxe, viño do Ribeiro e moda de María Barros na Cidade da Cultura, con Enocións by Ribeiro

1/6/2016 - O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro retoma o seu proxecto Enocións by Ribeiro, no que se harmonizan distintas disciplinas artísticas coa degustación dos viños que mellor expresan emocións e a esencia de Galicia.

O Museo de Historia Natural acolle a colección de microscopios ‘Camacho e Pallas ‘

Microscopio construído por 
Antony van Leeuwenhoek 
no século XVII
 1/6/2016 - O Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela inaugurará este mércores, 1 de xuño a exposición ‘Historia do microscopio a través da colección Camacho e Pallas’, que reúne por primeira vez dúas pezas emblemáticas, unha edición orixinal da obra Micrographia: or some Physiological Descriptions of Minute Bodies Made by Magnifying Glasses de Robet Hooke publicada en 1665 e un microscopio construído por Antony van Leeuwenhoek, tamén no século XVII.

Silleda organiza unha charla sobre o aforro de enerxía no fogar o 9 de xuño

1/6/2016 - O Centro de Información ás Mulleres de Silleda ven de programar a segunda sesión dentro dos Seminarios de Economía Doméstica, co fin de ensinar a economizar e priorizar gastos nos núcleos familiares en tempos de crise.

A praia fluvial de Tapia e as piscinas descubertas de Ames abren o 15 de xuño

1/6/2016  O Concello de Ames acaba de aprobar en Xunta de Goberno Local a adxudicación do servizo de socorrismo e primeiros auxilios da praia fluvial de Tapia e das piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro. Este servizo foi adxudicado á empresa Serviplus por un importe total de 188.760 euros, IVE incluído, correspondente a un período inicial de dúas tempadas (2016 e 2017) máis dúas tempadas de prórroga (2018 e 2019). Ademais, o departamento de persoal está realizando un proceso selectivo para contratar seis vixiantes para traballar nestas mesmas instalacións durante a época estival.  

Lalin licitará proximamente os proxectos de arranxo da rolda leste

1/6/2016 - O Goberno de Lalín sacará a licitación proximamente os dous proxectos de arranxo da Rolda Leste, logo de recibirse no Concello a notificación oficial da concesión da achega por parte da Deputación de 502.026,20 euros para esta finalidade, pertencentes ao Plan de Concellos 2016.

O PSOE de Tordoia lamenta que o alcalde rexeite bonificar cun 95% o IBI

1/6/2016 - O PSOE de Tordoia lamenta que o Grupo de Goberno do Partido Popular rexeitara en pleno establecer unha bonificación dun 95% no Imposto de Bens Inmobles (IBI) para as edificacións de Tordoia nas que se desenvolven actividades agrarias e gandeiras. O voceiro municipal socialista, Carlos García, considera que “a actitude do señor Pereiro, que nos pediu tempo para estudiar a proposta, demostra o que vimos denunciando dende o PSOE de Tordoia: que un imposto cun único afán recadatorio para tratar de sanear as contas do Concello, que están desorbitadas”.

Silleda asiste á presentación dun protocolo laboral contra a violencia de xénero

 1/6/2016 -   A concelleira de Benestar e Igualdade de Silleda, Pili Peón, xunto coa asistente social do concello, acudiron a Vigo, á presentación do protocolo para a detección e o tratamento na empresa de situacións de violencia de xénero producidas dentro e fora dos lugares de traballo.

O alcalde Trazo oponse a instalación dunha planta de residuos no concello

1/6/2016 - O Goberno local de Trazo vén de pronunciarse ante a posible instalación dunha planta de clasificación de residuos provenientes de SOGAMA na canteira da Picouta, situada no mesmo termo municipal. “Temos claro que dende o Concello nos opoñemos a este proxecto porque queremos un Concello rural e sostible medioambientalmente. Apostamos por un crecemento empresarial que teña a ben os nosos recursos naturais, axudándonos a manter a contorna, a paisaxe e a calidade de vida que caracteriza este municipio”, explica o alcalde José Dafonte. 

Chévere ofrece en Teo a partir do venres a Ultranoite número 107

Foto: Nelson Corsino
1/6/2016 -  A Ultranoite, o cabaré colectivo que o Grupo Chévere vén ofrecendo dende hai máis de dúas décadas, volve este venres ao concello de Teo logo de máis dun ano. A compañía ofrecerá catro funcións deste espectáculo os días 3, 4, 10 e 11 de xuño a partir das 22.30 h. no Auditorio da Ramallosa.

Teo celebra a III ‘Devesa dos Pícaros’

1/6/2016 - Este sábado 4 de xuño, a carballeira de Luou énchese de baile e música coa terceira edición do festival de folclore infantil ‘A Devesa dos Pícaros’ promovido por seis asociacións dos concellos galegos de Teo, Cambados, A Estrada e Vilagarcía de Arousa, que colaboran no proxecto.

Compostela acolle este sábado o VII Campionato Nacional de Cálculo con Ábaco

1/6/2016 - Catrocentos escolares de toda España, de idades comprendidas entre os 5 e os 13 anos, participarán este sábado 4 de xuño no VII Campionato Nacional Aloha Mental Arithmetic, que terá lugar en Santiago de Compostela. O evento está organizado por Aloha Mental Arithmetic en colaboración co Departamento de Educación e Cidadanía.

O Fútbol Club Meigas organiza unhas xornadas de portas abertas de fútbol sala feminino

 1/6/2016 -  Entre os días 1 e 29 de xuño o Fútbol Club Meigas vai desenvolver unhas xornadas de portas abertas de fútbol feminino co obxectivo de captar nenas que se integren nos diferentes equipos que ten este club amesán.

Os departamentos de Lingua e Comercio de Santiago poñen en marcha o IV Concurso de Proxectos de Publicidade

01/6/2016 - A concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, presentou a cuarta edición do Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego, que pretende ser un incentivo para a galeguización da comunicación entre empresas ou establecementos comerciais e o público, así como servir de recurso para promover a calidade e a
creatividade na comunicación. Haberá dous premios de 5.000 euros para a execución dos proxectos gañadores.

Analizan nun curso de verán en Santiago a emoción da creatividade

1/6/2015 - Baixo o título ‘Arte, emoción e creatividade’ a profesora da USC Carmen Pomar Tojo propón para mediados de xullo, entre os días 13 e 16, un curso de verán no que participarán numerosos profesionais da pedagoxía e a creación artística. O encontro inaugurarao en Ciencias da Comunicación de Santiago o coñecido barítono, pianista e divulgador musical Ramon Gener, que explicará por qué conmove ver a obra ‘Os xirasois’ ou escoitar ‘A Traviata’. O prazo para inscribirse remata o 1 de xullo.

A sección feminina do Santiago Futsal chega ao final de tempada cos deberes feitos

1/6/2016 - O equipo provincial da sección feminina do club disputará este fin de semana as semifinais da Copa Provincial (12.30h, Pab.Corcubión)
O conxunto que milita en Liga Local finalizou a tempada a pasada xornada co último partido de Copa

Cine para debater sobre os refuxiados na axenda do dia

Segue tamén a música clásica no Paraninfo da Universidade

Fauré, Chaminade e Debussy soarán este martes no Paraninfo da Universidade

31/5/2016 - O Paraninfo da Universidade acollerá este martes 31 un novo concerto, nesta ocasión da man da pianista Elisa Martín, a violinista Ildikó Oltai e o violoncelista Millán Abeledo, que interpretarán un programa con obras de Gabriel Fauré, Cécile Chaminade e Claude Debussy. O recital será ás 20.30 horas con entrada libre.

Esquerda Unida organiza un videoforum sobre a crise humanitaria as portas de Europa

31/5/2016 - hoxe, martes, día 31 de maio de 2016 as 19:30 no local de Compostela Aberta, na praza do Toural en Compostela