-NOVAS
DE AMES PARA O SÁBADO 27 DE MARZO-
O
Concello habilitará dúas novas aulas no CEP de Ventín
Esta
mañá a xefa territorial da Coruña da Consellería de Educación, María Teresa
Villaverde Pais, visitou Ames para reunirse co seu alcalde, Carlos Fernández.
Así, a responsable de educación na Coruña comunicoulle ao rexedor municipal
que, mentres a consellería elabora o proxecto de construción do novo centro
escolar do Milladoiro, habilitaranse dúas novas aulas no CEP de Ventín. Esta
medida será levada a cabo de xeito temporal, e as dúas novas aulas, situadas na
planta superior do edificio destinado ao comedor do centro, estarán habilitadas
para o vindeiro curso 2010/2011, con capacidade para arredor de 40 nenos, de
sexto de primaria.
Esta mañá
o alcalde do concello de Ames recibiu a visita da xefa territorial da Coruña da
Consellería de Educación, María Teresa Villaverde Pais, para comunicarlle que a
consellería habilitará dúas novas aulas para a docencia no CEP de Ventín, como
medida provisional debido á explosión demográfica que Ames vén experimentando
nos últimos anos, e que evidentemente, fai que aumente o número de rapaces no
municipio. Este fenómeno deixase ver claramente no Milladoiro, onde, debido a
isto, a Consellería construirá un novo centro de educación infantil e
primaria.
Despois
da reunión no concello, o alcalde e a xefa territorial visitaron o CEP de Ventín
para reunirse co director do centro, Alfredo Rodríguez, e concretar alí as
características deste novo espazo dedicado para a docencia. Nesta xuntanza
tamén estiveron as coordinadoras do departamento de educación, Emilia Seara e
Sandra Dios, e a coordinadora da rede municipal de comedores escolares, Cecilia
Rodríguez.
Estas
dúas novas aulas, que terán capacidade para uns 40 alumnos de sexto de
primaria, estarán situadas na parte superior do edificio destinado ao comedor
escolar do CEP de Ventín. Actualmente, son utilizadas para que os cativos, que
comen en dúas quendas, realicen diversas actividades de entretemento. Os
cativos non deixarán de ter estes servizos xa que, utilizarán outras aulas,
como a de informática, entre outras. O espazo dedicado para o comedor non se
verá afectado e seguirase utilizado para tal fin.
As obras
comezarán de xeito inmediato, á volta da Semana Santa, e o espazo estará
habilitado para o comezo do curso que ven, 2010/2011. A xefa territorial da
Consellería de Educación, María Teresa Villaverde, afirmou que “o
obxectivo destas obras é dar cabida a todos os nenos e nenas que estarán
matriculados o vindeiro curso no CEP de Ventín. Con estas novas aulas
ampliarase o espazo dedicado á docencia e ao mesmo tempo seguirán desenvolvéndose
o servizo de comedor e as actividades complementarias.”
A
necesidade dun novo centro
A
creación do mapa escolar, a finais do 2009, puxo de manifesto a explosión
demográfica que se produciu en Ames, e deste xeito, o aumento do número de
rapaces en idade de estudar. Debido a isto, o Concello de Ames viu a necesidade
de construír un novo centro escolar de educación infantil e primaria no
contorno do Milladoiro, onde ata o momento só existe un. Así, o goberno
municipal solicitou a construción deste novo centro á Xunta de Galicia,
resultando aprobada a súa petición, e propoñendo asemade dous solares axeitados
para este fin.
A
construción destas aulas no CEP de Ventín será unha medida temporal, ata que a
Consellería de Educación constrúa este novo centro que estará situado no
Milladoiro. O CEP de Ventín conta cun total de 335 alumnos matriculados e cunha
previsión de que aumente no próximo curso ata os 436 rapaces. Grazas a esta
medida provisional poderase dar cabida a todos os nenos e nenas que durante o
vindeiro curso asistirán a este centro de ensino. Unha vez máis, a colaboración
entre o Concello de Ames e a Consellería de Educación fixo posible que está
medida se leve a cabo no CEP de Ventín.
Este
luns comeza a Primavera lúdica
Un ano
máis coa chegada da Primavera volven os lúdicos ao Concello de Ames. Durante as
vacacións de Semana Santa o departamento de Educación pon en marcha a Primavera
lúdica co obxectivo de manter entretidos aos máis cativos, mentres os seus pais
e nais acoden aos seus postos de traballo. Este programa desenvolvese durante os días 29, 30 e 31 de
marzo e 5 de abril,
nas localidades de Bertamiráns e no Milladoiro, en horario de 7:30 h. ás 16:00
horas.
As
vacacións de Semana Santa supoñen un merecido descanso para todos os nenos e
nenas de Ames, pero supón un gran atranco para moitos pais e nais que non teñen
onde deixar aos seus fillos mentres van a traballar. Para axudar a estas
familias, a Concellaría de Educación puxo en marcha un anos máis a Primavera lúdica,
unha iniciativa na que se lles ofrecen actividades lúdicas e educativas a uns
183 cativos mentres os seus pais e nais traballan.
Este programa está dirixido aos nenos e nenas escolarizados no 2º ciclo de
educación infantil e primaria e que estean empadroados no concello de Ames. Con
este servizo preténdese ofertar unha alternativa que, ademais de ocupar o tempo
de lecer dun xeito divertido e educativo no tempo de vacacións escolares,
permita ás nais e pais conciliar a vida laboral e familiar.
A Primavera
Lúdica, como o resto de programas lúdicos levados a cabo polo Concello nos
últimos anos, busca ao mesmo tempo a diversión dos rapaces no seu tempo de
vacacións e a conciliación da vida laboral e familiar dos seus pais. Estas
actividades realizaranse durante os días 29, 30 e 31 de marzo e 5 de abril
dende as 07:30 h. ata as 16:00 horas. O horario comprende os tramos Bos Días,
de 07:30 h. a 09:00 horas (con opción de almorzo), Lúdicos, de 09:00 h. a 14:30
horas e Comedor e xogo libre, de 14:30 h. a 16:00 horas.
Bertamiráns
En Bertamiráns participan 70 nenos e nenas. As actividades desenvólvense para
todos os cativos e durante todos os horarios no CEIP A Maía e no IES de Ames. A
recepción dos nenos e nenas faise no ximnasio do IES de Ames entre as 9:00 h. e
as 10:00 h. e a recollida é ata as 14:30 horas.
As actividades das 9:00 h. a 14:00 h. organízanse en tres grupos segundo a
idade (de 3 a 5 anos, 6 e 7 anos e de 8 a 12 anos). A organización dos grupos
por idades só se pode cambiar por razóns educativas, sempre e cando o valoren
os monitores. Os nenos e nenas que acudan despois das 9:00 horas, deberán ser
levados polos pais, ata as 10:00 horas, ao ximnasio do IES.
O servizo de comedor será para os cativos de todas as idades no CEIP A Maía,
así os nenos e nenas que queden a comer deberán ser recollidos neste centro
antes das 16:00 horas.
Milladoiro
Por outra banda no Milladoiro participan 113 nenos e nenas. Nesta localidade as
actividades de 7:30 h. a 9:00 h. desenvólvense para todas as idades na EEI do
Milladoiro. A partir das 9:00 h. os rapaces e rapazas que cursan estudos de
educación primaria desprázanse ata o Pavillón polideportivo onde levan a cabo
os diferentes xogos e obradoiros que lles ofrecen os monitores. Os nenos e
nenas de educación infantil quedan na EEI do Milladoiro.
O servizo de comedor está dirixido aos nenos e nenas de todas as idades na EEI
do Milladoiro. Os nenos/as que queden a comer deberán ser recollidos neste
centro antes das 16:00 horas. En ambas as dúas localidades todos os nenos e
nenas que están inscritos na Primavera lúdica poden gozar con xogos e
obradoiros de manualidades nos que se empregan produtos naturais e reciclados.
A oficina
de recadación de Bertamiráns amplía o horario de atención ao público
O Concello de Ames informa
de que a oficina municipal de recadación que se atopa en Bertamiráns amplía o
seu horario de atención ao público co fin de mellorar e prestar un mellor
servizo a todos os contribuíntes. O novo horario de atención ao público será de
luns a xoves, pola mañá de 08:30 h. a 14:30 horas e pola tarde de 16:15 h. a
18:30 horas, mentres que o venres abrirán as 8:30 e pecharán as 14:30 horas.
Cómpre lembrar que a oficina de recadación atópase na rúa Entrerríos.
O
Concello de Ames segue traballando para mellorar a atención veciñal. Nesta
ocasión son as oficinas municipais do servizo de recadación as que cambian de
horario para ofrecer a toda a cidadanía amiense un servizo máis eficiente.
As
oficinas de recadación municipal, en Bertamiráns, foron trasladadas dende o
pasado marzo de 2009 á rúa Entrerríos, número 6, xa que precisaban máis persoal
e por iso, unhas dependencias máis espaciosas. Agora, de novo co obxectivo de
mellorar a calidade dos seus servizos aos veciños, amplían o seu horario de
atención, pasando a ser de de luns a xoves, pola
mañá de 08:30 h. a 14:30 horas e pola tarde de 16:15 h. a 18:30 horas, mentres
que o venres abrirán as 8:30 e pecharán as 14:30 horas.
Mantense o horario do Milladoiro
Por outra banda, o horario da oficina de recadación municipal situada no
Milladoiro non sufrirá cambios. Seguirán atendendo ao público dende 9:00 ata
as 14:00 horas de luns a venres, para ofrecer así aos veciños unha atención
máis próxima e directa.
A creación destas oficinas de recadación municipal no
Milladoiro, na rúa de Agro do Medio, en abril do ano pasado, evitou que os
veciños teñan que acudir ata a oficina principal, que se atopa en Bertamiráns,
para facer os correspondentes pagamentos e demais xestións. Coa apertura desta
oficina o Concello de Ames pasará a ter dúas dependencias que se encargarán
deste servizo.