Santiago – axenda 7 abril e actuacións policía local

Sábado 7

20.00 h
Na Igrexa da Universidade, dentro do programa de Concertos Semana Santa 2012, concerto de Ars Atlántica, 'Dulce desdén, cancións e danzas da idade dourada, s. XVI e XVII'. Con Marivi Blasco, soprano; Manuel Vilas, arpa de dúas ordes; e Ramiro Morales, arquilaúde, guitarra barroca.

20.30 h
Na Zona "C", Hamlet. A work in progress sobre o orixinal de William Shakespeare' con Alfredo Padilla. [en inglés]
22.00 h
Na Igrexa da Universidade, dentro do programa de Concertos Semana Santa 2012, concerto de Amandine Beyer, violín barroco, 'Bach, partitas e sonatas'
NOTA INFORMATIVA (6 de abril)
09,05
AUXILIO: Prestado a MFM, el cual fue trasladado por una ambulancia del
061, a la unidad de psiquiatría del CHUS, a requerimiento de familiares
11,45
INCENDIO: En la calle FERNANDO III EL SANTO, originándose el fuego en una cacerola con aceite.
13,05
PEQUEÑO INCENDIO: En COSTA DO CRUCEIRO DO GALO, en unos matorrales, el cual había sido
sofocado por un vecino con un cubo de agua.
ORINES: Se identifica a SSG por orinar en la vía publica en la calle Trázalo y a PVS por orinar en la Avda. de Figueroa.

UPyD Santiago – solicitude de dimisión de Conde Roa

UPyD de Santiago de Compostela insiste en la necesaria transparencia de la Institución Municipal y en la de sus integrantes. Solicita la inmediata dimisión de Gerardo Conde Roa como Alcalde de la ciudad y solicita una investigación independiente en el seno de Ayuntamiento para esclarecer las múltiples situaciones irregulares existentes.
El Alcalde de Santiago de Compostela, Gerardo Conde Roa está inmerso en un proceso judicial abierto por la Fiscalía en el Juzgado de Instrucción nº 2 de Santiago a instancias de la Agencia Tributaria, por incumplir con sus obligaciones a la Hacienda Pública como administrador único de una serie de empresas promotoras inmobiliarias, fruto de su actividad privada.

Silleda – o concello solicitará a xunta 25 traballadores nos programas de cooperación

O Concello de Silleda solicitará á Xunta, dentro do Programa de Cooperación, un total de 25 traballadores
Silleda, 4 de abril de 2012
O Concello de Silleda vén de levar á Xunta de Goberno Local celebrada hoxe, a proposta que se lle remitirá á Xunta de Galicia, a través da Consellaría de Traballo, para a solicitude de 25 traballadores a través dos Programas de Cooperación.
Do total d4e 386.754 € que custa esta actuación, o executivo local terá que pagar 15.479,30 € polo cese dos traballadores, mentres que os restantes 398.275,44 € corren a conta do goberno autonómico.
Coa súa adhesión a este programa o concello acada varios obxectivos coma o fomento de emprego en Trasdeza, e a cobertura de varios servizos que de non ser deste xeito, e debido ao lamentable estado das arcas municipais, non se poderían ofrecer.

Brión – o día 16 abrese o prazo de inscripción na escola infantil

O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO 2012-2013 NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE BRIÓN ESTARÁ ABERTO DO 16 AO 30 DE ABRIL
04 de abril de 2012.- O Concello de Brión informa de que o prazo de inscrición de nenos e nenas de 0 a 3 anos na escola infantil municipal para o curso 2012-2013 estará aberto entre o 16 e o 30 de abril, ambos incluídos, no centro social polivalente. Os requisitos para acudir a esta convocatoria son estar empadroado en Brión, ter 3 meses de idade en setembro de 2012 (e non cumprir os 3 anos antes do 31 de decembro de 2012) e acadar a puntuación suficiente no baremo de admisión.

Teo – protección civil comeza unha campaña de seguridade vial

PROTECCIÓN CIVIL DE TEO INICIA UNHA CAMPAÑA DE SEGURIDADE VIAL PARA CONCIENCIAR AOS PEÓNS DA IMPORTANCIA DE FACERSE VER NAS ESTRADAS      campañavisibilidade5

· A iniciativa percorrerá o municipio en abril con quince sesións informativas nas que se repartirán 1.400 chalecos reflectantes
· No proxecto colaboran unha trintena de empresas da contorna con doazóns económicas e de material

Silleda – a alcaldesa recibiu a banda Unión Musical Contestatana de Alicante

A Alcaldesa de Silleda recibiu a banda alicantina Unión Musical Contestana que participará no XIX Festival de Bandas de Música
Silleda, 7 de abril de 2012
Na noite de onte, a Alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, recibiu na Casa da Cultura á Unión Musical Contestana, a banda alicantina de Cocentaina que participará mañá no XIX Festival de Bandas de Música, que se celebrará no auditorio da Semana Verde de Galicia a partir das 21.00 horas.
No devandito acto de recibimento, a Alcaldesa deu a benvida aos alicantinos e agradeceulles o esforzo económico e loxístico feito para que o Concello de Silleda poida contar coa súa presenza no festival de mañá.

Santiago – axenda venres 6 e actuacións policía local

Venres 6

20.00 h
Na Igrexa da Universidade, dentro do programa de Concertos Semana Santa 2012, concerto de Malandança, 'Mya Senhor Velida, a lírica mariana dos trobadores galegos e franceses'. Con Paulina Ceremuzynska, canto; Xurxo Varela, vyola; Cesar Árias, alaude; Valentín Novio, cítola, organistrum; e Francisco Luengo, dirección, vyola, organistrum.

20.30 h
Na Zona "C", Hamlet. A work in progress sobre o orixinal de William Shakespeare' con Alfredo Padilla. [en español].
22.00 h
Na Igrexa da Universidade, dentro do programa de Concertos Semana Santa 2012, concerto de Diego Ares, 'Tesouros para clave: Haendel, Scarlatti, Rameau, Couperin, Bach'.
11.45 ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN: En la calle CASTIÑEIRIÑO, consistente en caída de motocicleta, resultando daños materiales y herido leve su conductor.
15,10 ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN: En la rotonda del HORREO-AV. LUGO, entre dos vehículos, daños materiales.
PRUEBA DE ALCOHOLEMIA: Al conductor de un vehículo con resultado POSITIVO siendo
tramitada por sanción administrativa.

AUXILIOS Y OTRAS INTERVENCIONES:
14,20 AUXILIO: En la calle ROSALIA DE LCASTRO 118, se encontraba tirado en la acera en estado ebrio sin
poder levantarse y apenas hablar DLL, el cual es trasladado en ambulancia al CHUS. Esta situación es la tercera vez que ocurre en periodo de una semana.
11,30 QUEMA DE COLCHON: En la calle ANTON FRAGUAS, dirección Pontevedra, en una zona de
matorrales se observa un conato de incendio, el fuego afecta a un colchón a una alfombra y otros
objetos de plástico que son utilizado a modo de cama por un indigente el cual no pudo ser identificado
por encontrarse en el lugar. El fuego fue sofocado con los extintores de dos dotaciones policiales.
12,30 DAÑOS CAUSADO POR UN PERRO: Se acude a la calle 25 de JULIO (AS CANCELAS), donde
supuestamente un perro suelto había atacado a una persona. En el lugar son requeridos por JLSL, el cual dice que cuando caminaba por la acera un perro de raza BOXER, se abalanzó sobre el y le causo daños en la manga de la cazadora izquierda. Se identifica a la propietaria de perro Dª RBL, contando el animal con microchip. Se realizan diligencias .
04:55 IDENTIFICACIONES: En la plaza de Mazarelos, se identifica a MGL, DMI y BCV, por cantar en vía pública.

Oroso – o concello denuncia a practica desaparición das axudas as bibliotecas

OROSO DENUNCIA A PRÁCTICA DESAPARICIÓN DAS AXUDAS Á COMPRA DE LIBROS PARA A BIBLIOTECA MUNICIPAL, QUE A XUNTA RECURTOU NUN 1.700%
A biblioteca de Sigüeiro, a única da comarca distinguida a nivel nacional polas súas campañas de formento da lectura, recibe tan só 250 euros nos últimos dous anos
4 de abril de 2012.- O alcalde en funcións de Oroso e concelleiro de Cultura, Antonio Leira Piñeiro, denuncia a práctica desaparición das axudas autonómicas á compra de libros para a biblioteca municipal de Sigüeiro, que a Xunta recurtou en máis dun 1.700% nos últimos dous anos. De acordo cos datos do Programa de Melloras das Coleccións Bibliográficas 2012, que acaba de facer públicos a Secretaría Xeral de Cultura, a biblioteca municipal de Sigüeiro recibirá tan só 250 euros, cando en anos anteriores as aportacións medias eran de 4.500 euros.

BNG Santiago – Conde Roa debe dimitir

"CONDE ROA DEBE DIMITIR E CADA HORA QUE PASA SEN QUE O FAGA, PÁGAO SANTIAGO"
"Nin ao BNG, nin á veciñanza de Santiago nos valen as explicacións que deu Conde Roa e o PP, todo o contrario, reafírmannos na necesidade de depurar responsabilidades políticas de xeito inmediato".
"Se é incapaz de defender a súa inocencia, Conde Roa debe dimitir. As súas declaracións e as do PP constitúen, na práctica, unha autoimputación. Nin sequera apelan á presunción de inocencia, porque non a presumen".

Silleda – subvención de máis de 4000 euros para normalización lingüistica

A Xunta vén de conceder ao Concello de Silleda unha subvención para Normalización Lingüística de 4.235 €
Silleda, 5 de abril de 2012
Ao Concello de Silleda foille concedida unha subvención por un total de 4.235 €, por parte da Xunta de Galicia, para o desenrolo de vario programas de Normalización Lingüística.
Esta axuda foi solicitada no mes de febreiro, para un programa cuxas actividades previstas tiñan un orzamento de 13.000 €, con catro vertentes diferentes para a dinamización do uso da Lingua Galega en varios ámbitos sociais, e finalmente foi concedida esta semana.

Ames – a campaña de implantación de chips conseguiu que se triplicara esta práctica

A implantación de microchips triplicouse en Ames durante a campaña de identificación de cans
A campaña de identificación de cans que desenvolveu o Concello de Ames durante o mes de marzo tivo un grande éxito. Durante o pasado mes implantáronse un total de 195 microchips nas seis clínicas veterinarias de Ames (Saudevet, Mundo Vivo, Zoolandia, Hospican, Clínica Veterinaria Novo Milladoiro e A Media Lúa), cando un mes normal adoitan colocar unha media de 66 dispositivos de identificación. A través desta campaña triplicouse a implantación de microchips.

Tordoia – os máis pequenos acudiron a un obradoiro de lectura

A CASA DA CULTURA DE TORDOIA ACOLLEU UN OBRADOIRO DE ANIMACIÓN Á LECTURA PARA UNHA DUCIA DE PEQUENOS SANYO DIGITAL CAMERA
4 de abril de 2012.- Algo máis dunha ducia de rapaces dábanse cita na Casa da Cultura de Tordoia o pasado venres para participar nun obradoiro de animación á lectura coa que o Concello de Tordoia celebraba o Día Internacional do Libro Infantil. Baixo o nome “As aventuras dun pardaliño chamado Piquiño Mouro”, de Francisco A. Vidal.

Ames – os alumnos da escola de música actuaron en Teo

O alumando da Escola Municipal de Música de Ames realizou unha actuación no complexo xerontolóxico O Castro de Teo
Ames, 4 de marzo de 2012. O pasado mércores, 28 de marzo, o alumnado da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) fixo unha actuación no complexo xerontolóxico O Castro de Teo, para compartir a través da música unha tarde de lecer coas persoas que alí residen. Para a EMMA é moi importante facer este tipo de actuacións e achegarlle a música a distintos sectores da poboación, neste caso persoas da terceira idade, para que pasen un momento entretido e divertido.

Caney – semana do bacallau

Semana Gastronómica do bacallau no Restaurante Caney de Santiago
Santiago de Compostela, Mércores 4 de Abril de 2012. O Restaurante Caney de Santiago de Compostela (www.caney.es) celebrará entre o 9 e o 14 de Abril a Semana Gastronómica do Bacallau. 

Ames – programación cultural primavera 2012

O Concello de Ames ofrece alternativas para todos os públicos na súa programación cultural e deportiva “Primavera 2012”
Ames, 3 de abril de 2012. Neste segundo semestre do ano, o Concello de Ames desenvolverá un completo programa de actividades culturais e deportivas deseñado para ofertar unha trintena de alternativas de interese para todo tipo de públicos. “Primavera 2012” centrará a súa atención na conmemoración das efemérides relacionadas co libro e coas letras galegas pero ofrece ademais unha ampla programación de exposicións, representacións teatrais, obradoiros de cine e natureza e competicións deportivas, entre outras iniciativas.

Ordes - teletraducción no centro da información a muller

Regos aposta polo servizo de teletradución para facilitar a labor do CIM e a integración das mulleres inmigrantes Dende a súa posta en funcionamento este ano a maioría das consultas realizadas foron en língua árabe Ordes 3 abril 2012. Manuel Regos, alcalde e presidente da Mancomunidade de municipios da comarca Ordes, ven de mostrar públicamente a súa satisfacción polo servizo de teletradución que o Centro de Información á Muller (CIM) ven prestando a veciñas inmigrantes residentes na zona.

Santiago – axenda xoves santo e actuacións policía local

Xoves 5

19.00 h

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á procesión da Última Cea do Salvador. Saída da Igrexa de San Francisco.

20.00 h

Na Igrexa da Universidade, dentro do programa de Concertos Semana Santa 2012, concerto de Ars Combinatoria, 'Quando fuere menester glosar, música renacentista e poesía do Século de Ouro español'. Con Xosé Luis Saqués, recitador e percusión; Elsa Ferrer, violín; Carlos García Amigo, violoncello; e Canco López, órgano.

20.30 h

Na Zona "C", Hamlet. A work in progress sobre o orixinal de William Shakespeare' con Alfredo Padilla. [en inglés]

22.00 h

Na Igrexa da Universidade, dentro do programa de Concertos Semana Santa 2012, concerto de Germán Díaz (zanfona, playsax, roimónica cromática, caixa de música, órgano de barbaria, live looping) presentando o seu 'Método cardiofónico, latidos de corazón en vinilo, instrumentos mecánicos e zanfona'.

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL

(Desde as 08:00 h. do día 3 ata as 08:00 h. do día 4 de abril).

ACCIDENTES

Nas últimas horas, o equipo de Atestados da Policía Local rexistrou tres accidentes:

- Na rúa do Ceo, entre dous vehículos, resultando danos materiais.

- Na rúa do Tambre, entre dous vehículos, resultando danos materiais.

- Na rúa Galeras entre dous vehículos. Danos materiais.

Ames – a reciclaxe centra a primaveira lúdica do concello

A reciclaxe centra as actividades que están desenvolvendo os nenos/as que participan na Primavera lúdica

Nesta edición da Primavera Lúdica participan arredor de 170 nenos e nenas de todo o concello repartidos entre Bertamiráns e O Milladoiro. Este programa está dirixido aos nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e primaria e que están empadroados no concello de Ames. Estas actividades realízanse durante os días 2, 3, 4 e 9 de abril, en horario de 07:30 h. e as 16:00 horas.

Con este servizo ofértase unha alternativa que, ademais de ocupar o tempo de lecer dun xeito divertido e educativo no tempo de vacacións escolares, permítelle ás nais e pais conciliar a vida laboral e familiar.

Este ano as actividades céntranse na reciclaxe. Os nenos e nenas empregarán material de refugallo para elaborar diferentes xoguetes. Tamén participan en xogos populares como a petanca, as carreiras de sacos, os bolos, a raiola, etc.

Ames, 4 de abril de 2012. As vacacións de Semana Santa son unhas datas que lle gustan sempre moito aos máis pequenos, pero nas que moitas veces os seus pais e nais atopan máis problemas para compaxinar o coidado destes coa vida laboral. Por iso, como cada ano, o departamento de Educación puxo en marcha a Primavera Lúdica co obxectivo de entreter aos cativos/as, mentres os seus pais se atopan nos seus postos de traballo. O programa desenvólvese os días 2, 3, 4 e 9 de abril. Nesta edición da Primavera Lúdica participan arredor de 170 nenos e nenas de todo o concello repartidos entre Bertamiráns e O Milladoiro. Este ano as actividades céntranse na reciclaxe. Os nenos e nenas empregaran material de refugallo para elaborar diferentes xoguetes. Tamén participan en xogos populares como a petanca, as carreiras de sacos, os bolos, a raiola, etc.

O programa da Primavera Lúdica asegúralle aos nenos/as horas de entretemento instrutivo e lúdico, mentres os pais/nais se atopan no seu posto de traballo, tentando facer máis doada nas datas das vacacións de Semana Santa a conciliación entre o coidado dos nenos/as e a vida laboral. Este ano na Primavera Lúdica desenvolvese un programa de obradoiros que pretende concienciar aos nenos e nenas que se poden divertir a través de xogos populares e confeccionando diferentes xoguetes con material de refugallo. Deste xeito incúlcaselle a idea de que non é necesario comprar xoguetes novos para pasar un momento divertido e que usando a imaxinación e obxectos reciclados pódense conseguir xoguetes novos.

Nesta edición da Primavera Lúdica participan arredor de 170 nenos e nenas de todo o concello repartidos entre Bertamiráns e O Milladoiro. Este programa está dirixido aos nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e primaria e que están empadroados no concello de Ames. Con este servizo ofértase unha alternativa que, ademais de ocupar o tempo de lecer dun xeito divertido e educativo no tempo de vacacións escolares, permítelle ás nais e pais conciliar a vida laboral e familiar. Estas actividades realízanse durante os días 2, 3, 4 e 9 de abril, en horario de 07:30 h. e as 16:00 horas.

Actividades sobre a reciclaxe

Este ano as actividades céntranse na reciclaxe. A finalidade da programación que se está desenvolvendo este ano é que os nenos/as aprendan a reutilización materiais, ao mesmo tempo que cultivan a súa mente e imaxinación ao crear todo tipo de obxectos a partir de materiais que consideran inútiles. Deste xeito, aprenderán a reciclar a partir da súa propia experiencia. Os monitores serán os encargados de explicarlle aos nenos/as a importancia da reciclaxe. É preciso que os rapaces e rapazas comprendan que a reciclaxe existe para evitar a destrución do medio ambiente. Os monitores explicáronlle que para fabricar unha tonelada de papel é necesario utilizar entre 10 e 15 árbores, enerxía eléctrica e unha gran cantidade de auga. En cambio ao reciclar o papel redúcese a tala de árbores, afórrase enerxía eléctrica e auga.

Os nenos e nenas coñecerán a regra das catro erres Reducir, Reutilización, Reciclar e Recuperar (reducir a cantidade de lixo, fomentar a reutilización de envases e bolsas, reciclar materiais como o plástico, e recuperar materiais para volver a utilizalos). Algúns destes conceptos aprenderanos nos obradoiros que desenvolverán. Os rapaces e rapaza participaron no xogo de tres en raia utilizando tapóns de botellas. Empregando material de refugallo tamén elaboraron un paxaro a partir dunha pataca que tiveron que decorar. Outras actividades que desenvolveron foron a elaboración dun peixe con ramas de árbores e a elaboración dun mural pintando coas mans varias cartolinas.

Xogos populares

Outras das actividades nas que participan os rapaces e rapazas son os xogos populares e tradicionais. A cultura do xogo na rúa ensina a respectar normas, a organizarse a marxe da autoridade do adulto, a respectar quendas, a ter amigos/as, etc. Hoxe en día estes xogos seguen sendo tan válidos como antes. O desenvolvemento dos xogos populares está aberto para que cada neno/a achegue os xogos tradicionais que coñecen e os mostren ao resto dos seus compañeiros/as. Durante a Primavera Lúdica os rapaces e rapazas participarán en diferentes xogos populares como son a petanca, as carreiras de sacos, tirar da corda, os bolos, o xogo da ra, a raiola, os aros, o circuíto de chapas e o circuíto das canicas.

Cada día os nenos e nenas participarán por equipos en tres xogos diferentes. Realizarase unha competición na que cada equipo irá sumando puntos dependendo da posición na que quede en cada un dos xogos. O último día o equipo gañador levará un premio como recompensa. Os nenos e nenas tamén teñen tempo para o xogo libre, entendo por iso a posibilidade de que os rapaces e rapazas xoguen de xeito individual ou en grupo a un xogo ou deporte que eles mesmo elixen.

En Bertamiráns participan arredor de 70 nenos e nenas. As actividades desenvólvense para todos os cativos/as e durante todos os horarios no CEIP A Maía. No Milladoiro participan na Primavera Lúdica arredor de 100 nenos e nenas, divididos entre a Escola Infantil (onde se atopan os nenos e nenas entre tres e cinco anos) e a Casa da Cultura e pavillón polideportivo (nestas dependencias están os nenos/as de entre 6 e 12 anos).

Frades – a parroquia de Añá celebra a festa da Santa Resaca

A PARROQUIA DE AÑÁ (FRADES) CELEBRA MAÑÁ XOVES A SÉTIMA EDICIÓN DA FESTA DA XUVENTUDE NA HONRA DA SANTA RESACA

As orquestras Aché e Ciclón porán a música á festa da mocidade fradense, que contará con carpa e amplias zonas de aparcamento

04 de abril de 2012.- A parroquia fradense de Añá celebrará mañá xoves, 5 de abril, a Festa da Mocidade na honra da Santa Resaca, que este ano chega á súa sétima edición e que conta coa colaboración do Concello de Frades. Milleiros de mozos, tanto do municipio coma dos demais concellos da comarca, reuniranse a partires das 23:00 horas no campo da festa de Añá para asistiren a esta peculiar celebración, na que disfrutarán dunha noite de verbena ata altas horas da madrugada protagonizada polas orquestras Aché e Ciclón.

Unha festa que estará presidida pola imaxe da Santa Resaca, creada hai cinco anos por un veciño desta aldea de Frades que moldeou unha figura de madeira con forma de muller, cunha botella nunha man e un vaso noutra, que foi bautizada como “Santa Resaca”. De feito, no campo da festa haberá un “altar” dende onde a Santa Resaca presidirá as celebracións e mesmo sairá en “procesión” polos arredores do campo da festa da man dos “devotos”.

Na zona haberá habilitadas varias parcelas para aparcamento e, en previsión de que chova, haberá unha carpa que cubrirá o campo da festa de Añá.

Santiago – Ars Combinatoria e Germán Diz no auditorio

Ars Combinatoria e Germán Díaz na segunda xornada do programa musical ‘Semana Santa 2012’

  • O programa presenta unha variedade musical indo desde a época Medieval ata o Barroco con algunha incursión no Romanticismo e no século XX

  • As entradas son de balde (agás para o concerto do Auditorio) previa retirada de convites na billeteira do Principal aberta de 18.00 a 21.00h.

Santiago de Compostela, 04/04/2012.- Logo do concerto do coro Vox Stellae na xornada inaugural chega a cita con Ars Combinatoria e Germán Díaz que estarán ás 20.00 e 22.00h na xornada do Xoves Santo. Seguimos así co programa musical ‘Semana Santa 2012’ que engloba nove concertos que se celebrarán na Igrexa da Universidade agás un que será no Auditorio de Galicia. Celébrase do 4 ao 8 de abril, e presenta unha ampla variedade musical indo desde a época Medieval ata o Barroco con algunha incursión no Romanticismo e no século XX e todos os músicos teñen vinculación con Galicia.

Este programa foi elaborado desde a concellería de Cultura para completar a programación cultural da Semana Santa logo de confirmarse que este ano non se podería celebrar o festival de Músicas Contemplativas. Así, traballouse nun programa variado no que todos os artistas teñen algunha relación con Galicia, ben porque son galegos, ben porque desenvolven a súa actividade no noso país.

Na xornada do xoves teremos dous concertos. O primeiro, ás 20.00h será con Ars Combinatoria que presenta ‘Quando fuere menester glosar, música renacentista e poesía do Século de Ouro español’ e ás 22.00h poderemos escoitar a Germán Díaz, zanfonista que nos presenta un novo método, o cardiofónico, baseado nos latexos do corazón.

Ars Combinatoria (Xosé Luis Saqués, recitador e percusión; Elsa Ferrer, violín; Carlos García Amigo, violoncello; e Canco López, órgano) pretende enredar coa súa música a outras expresións artísticas. Nesta ocasión a poesía é a que comparte protagonismo coa música por medio dunha práctica común que é a glosa. Esta composición poética, cuxa máxima popularidade se sitúa na literatura do Século de Ouro, estriba na idea de interpretar versos ou poemas soados. Estes versos adoitan inserirse no novo texto glosado (xeralmente ao final de cada estrofa), de tal xeito que quedan incorporados organicamente a este polo sentido e pola rima, como sucede na glosa.

Germán Díaz naceu en 1978 en Valladolid, onde realiza estudos de guitarra clásica e Filoloxía Clásica. Único zanfonista español que pertenceu á mítica Viellistic Orchestra, Orquestra de zanfonas asentada en Francia cos mellores instrumentistas do mundo, preséntanos o seu método cardiofónico, un estilo musical baseado no ritmo dos latexos do corazón.

Entradas na billeteira do Principal

A entrada para todos os concertos agás o do Auditorio é de balde previa retirada de convites, cun máximo de dous por persoa, na billeteira do Teatro Principal, aberta de martes a sábado de 18.00 a 21.00h. O concerto do Auditorio de Galicia terá un custe de 3€, agás para os abonados que é de balde.

Brión – o concello aforrará en gasoleo ata un oito por cento

O CONCELLO DE BRIÓN AFORRARÁ UN 8% NO GASTO EN GASÓLEO UTILIZADO NAS INSTALACIÓNS, NOS VEHÍCULOS E NA MAQUINARIA MUNICIPAIS

Feiraco Sociedad Cooperativa será a encargada de subministrar o gasóleo durante un ano, prorrogable por outro máis

04 de abril de 2012.- O Concello de Brión vén de contratar con Feiraco Sociedad Cooperativa o subministro de Gasóleo A, para os vehículos e maquinaria municipais, e Gasóleo C, para a calefacción dos centros públicos municipais (o centro de saúde, a biblioteca, a Casa da Cultura, a escola de música e o centro social polivalente). Un acordo que lle permitirá aforrar un 8,2765% sobre o prezo de venda ao público deste combustible, tributos incluídos.

Durante 2011, o Concello de Brión facturou algo máis de 68.000 euros por este concepto. Coa sinatura deste contrato, o Concello de Brión asegúrase un aforro de algo máis de 5.600 euros anuais, cifra que seguramente será maior en 2012 se temos en conta as significativas e reiteradas subidas de prezo experimentadas polo combustible nos últimos meses.

Criterio de adxudicación: prezo máis baixo

Feiraco Sociedad Cooperativa foi a adxudicataria do concurso aberto polo Concello de Brión por ser a empresa que presentou o prezo máis baixo, tal e como esixían as bases do concurso, que estipulaban que o único criterio de adxudicación sería o prezo máis baixo. O contrato terá unha duración dun ano, prorrogable por outro ano máis sempre que haxa acordo mutuo e expreso por ambas partes.

O prezo do subministro do combustible fixarase en cada momento, aplicándolle ese desconto do 8,2765% no momento de petición do servizo. O Concello de Brión fixará as datas para o subministro do combustible e o prazo de entrega non poderá sobrepasar as 48 horas. No caso de pedidos urxentes, estes realizaranse nun tempo máximo de 24 horas e sen cargo de sobreprezo por litro de carburante.

Ames – os mercados de rua amplian o horario

Os mercados de rúa de Ames amplían o seu horario de venda ao público mercado_milladoiro1

Os mercadiños abrirán ao público de 16,30 a 20,30 horas todos os sábados en Bertamiráns e todos os luns no Milladoiro, axustándose ao cambio horario do pasado 26 de marzo. Actualmente, o mercado de Bertamiráns conta con 76 postos de venda e o do Milladoiro con 84.

O mercado de rúa do Milladoiro vén de completar a súa oferta comercial con novos postos de alimentación, pasando de 10 a 18 puntos de venda deste tipo de produtos en tan só cinco meses. Os usuarios poden atopar desde rosquillas e viño ata produtos de horta ou filloas.

Ames, 5 de abril de 2012. Tras o cambio horario do pasado 26 de marzo, os mercados de rúa de Ames amplían o seu horario de venda ao público. Así, o mercado de Bertamiráns abrirá todos os sábados de 16,30 a 20,30 horas mentres que o mercado do Milladoiro o fará os luns, tamén de 16,30 a 20,30 horas. Na actualidade, o mercado de Bertamiráns conta con 76 postos de venda e o do Milladoiro con 84, ofrecendo unha ampla gama de produtos de todo tipo: téxtil, calzado, complementos, artesanía, plantas ou alimentación.

Neste sentido, a Concellaría de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo destaca que o mercado do Milladoiro, que xa cumpre cinco meses desde a súa apertura, experimentou un considerable aumento no número de postos de alimentación, pasando dos 10 puntos de venda destes produtos na data de apertura (21 de novembro de 2011) ata os 18 actuais. Este incremento de postos permitiu diversificar en gran medida a oferta de produtos de alimentación no mercado da Praza de Manuel Murguía, no que se poden atopar desde rosquillas e viño ata produtos de horta ou filloas.

O concelleiro de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo salienta que “a consolidación dos mercados de rúa no concello de Ames é un feito tanto pola afluencia de público como polo volume de vendas ”. Bernardo Moar asegura que estes mercados teñen a “flexibilidade e a versatilidade de saber adaptarse ás necesidades e á demanda dos usuarios, o que se está a traducir nun aumento constante de xente procedente non só do noso concello senón tamén de Teo, Santiago ou Brión”. “ Desde o Concello somos conscientes de que os mercados de rúa constitúen un importante pulo para a economía de Ames polo que o noso compromiso é o de continuar apoiándoos decididamente”, engade.

Silleda – marquesiña para Sande e peche do punto limpo e Semana Santa

O servizo de recollida de papel e cartón e o Punto Limpo pecharán en Semana Santa

Silleda, 4 de abril de 2012

O servizo de recollida de papel e cartón que se viña efectuando cada venres ao longo de todo o día nos cascos urbanos de Silleda e A Bandeira, así coma nalgunhas empresas específicas, non se levará a cabo esta semana.

O Concello de Silleda quere avisar a todos os veciños que non saquen para este venres os papeis e cartóns á rúa, para evitar ensuciar e afear a vila, especialmente nestas datas turísticas e de descanso.

O servizo, trasládase ao vindeiro luns día 9, en que se realizará no horario habitual.

Punto Limpo

En Semana Santa, tamén o Punto limpo permanecerá pechado o sábado. Este servizo municipal volverá estar aberto ao público con normalidade a partir do vindeiro mércores, este día incluído, como cada semana, de 9.00 a 14.00 horas.

O Concello de Silleda recolleu en Santiago a marquesiña de Sante que se instalará o vindeiro luns

Silleda, 4 de abril de 2012

O Concello de Silleda vén de recoller no Polígono do Tambre a marquesiña doada pola Xunta de Galicia, e que será instalada o vindeiro luns en Sante, na parroquia de Laro.

O Concelleiro de Obras, Manuel Cuíña, acercouse hoxe ao lugar para comprobar tanto a marquesiña que se foi recoller, como o lugar onde se vai situar, para asegurarse, unha vez máis, que todo está correcto.

A marquesiña estará gardada ata o vindeiro luns na casa dun dos veciños da aldea, cando obreiros do concello se ocupen do seu asentamento; deste xeito, a mediados da semana que vén, cando se retome o período lectivo, Natalia e os demais veciños, poderán empregala con total normalidade.

Cabe dicir que actualmente o autobús escolar xa efectúa en Sante a súa parada, tralas obras que permitiron o ensanchamento da calzada para que a manobra do transporte non resulte perigosa.

“Por fin todas as xestións levadas a cabo polo Concello de Silleda ao longo destes case 7 meses deron o seu froito” celebra o edil de Obras, Manuel Cuíña. “Só nos queda instala no lugar, que xa temos preparado, e poderá estar lista para o luns ou martes”.

Fundación Araguaney – abertas as votacións para as luas de Amal de abril

O Festival de Cine Amal abre as votacións online para as Lúas de Amal do mes de Abril

Ata o mércores 25 de Abril, os internautas poderán votar polo seu filme favorito na páxina oficial do Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal www.festivalamal.es

O filme máis votado proyectárase o vindeiro lues 30 de Abril ás 22 horas nas sedes do Festival de cine Amal.

Santiago de Compostela, Martes 3 de Abril de 2012. Por terceiro mes consecutivo, o Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, organizado pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas de Santiago de Compostela, invita aos internautas a votar polo seu filme favorito na súa páxina oficial www.festivalamal.es

As Lúas de Amal son unha actividade mensual do Festival de cine compostelán Amal, un festival de cine dedicado ao cine árabe actual. Cada último luns do mes ata xuño, os espectadores teñen a posibilidade de volver a ver os mellores filmes do festival Amal grazas ás súas votacións online. Xa está dispoñible online a lista de obras ofrecidas este mes:

  • VALE, BASTA, ADIOS de Rania Attieh y Daniel García, 2011, Emiratos Árabes Unidos/ O Líbano, 93 min. LONGAMETRAXE DE FICCIÓN
  • ESTA E A MINA TERRA, HEBRÓN de Giulia Amati y Stephen Natanson, 2010, Italia, 72 min. LONGAMETRAXE DOCUMENTAL
  • GARAGOUZ de Abdenour Zahzah, 2010, Alxeria, 21 min. + CARTAS A PALESTINA de Rashid-Al-Marri, 2010, Emiratos Árabes Unidos, 38 min. + DRU de Jihane Chouaib, 2010, Francia, 15 min. CURTAMETRAXES
  • mailing_LuasEscoger

Silleda – o 7 de abril celebrase o XIX Festival de Bandas de Música

O Concello de Silleda colabora no XIX Festival de Bandas de Música

Hoxe foi a presentación do evento que se celebrará o vindeiro 7 de abril

Silleda, 3 de abril de 2012

O sábado día 7 de abril terán lugar os concertos do XIX Festival de Música a cargo, nesta ocasión, da Banda de Música Municipal de Silleda e da Unión Musical Contestana de Cocentaina, Alacante. Será no Auditorio da Semana Verde, a partir das 21.00 horas.

Segundo explicaron hoxe na presentación do evento, á que asistiron o director da Banda de Silleda, Rafa Agulló, o encargado da escola de música, e o Concelleiro de Cultura, cada unha das agrupación interpretará un programa de aproximadamente 45 minutos. A Alacantina, dirixida por Mario Roig Vila, interpretará catro pezas: Guitarra Española, de Enrique Igual Blasco; Diagram, de André Waigneim; Homenaxe a Khachaturian, de José Pérez Vilaplana e “Ja Vore” de Francisco Valor Llorens.

Pola súa banda, a formación trasdezá interpretará Pórtico, de Antón Alcalde Rodríguez; Estrasantico de Simón Couceiro Rivera e Iter Per Gallaecia de Juan Lois Diéguez, compositor integrante da propia banda que a interpretará. Cabe destacar que esta peza só foi tocada unha vez.

A Banda de Música Municipal de Silleda ofreceu un concerto, hai xa catro anos, na localidade alacantina e Cocentaina, a onde pertence a Banda, xa que esta é a localidade natal do actual director da devandita formación, Rafa Agulló.

Este ano, serán a Unión Musical Contestana a que visitará este concello. Os membros desta banda chegarán o venres 6 de abril a Silleda, e serán recibidos pola Alcaldesa, Paula Fernández Pena, na Casa da Cultura ese mesmo día, ás 21.30 horas. A continuación, gozarán dunha cea de confraternidade ás 22.30 horas no comedor do Colexio Público, e unha vez rematada, arredor das 00.30 horas gozarán da marcha silledense.

O sábado, a partir das 11.00 horas, terá unha visita guiada pola Fervenza do Toxa e polo Mosteiro de Carboeiro. Ás 17.00 horas, a banda de Silleda ensaiará no auditorio da Semana verde, e a partir das 19.00 horas ensaiará o grupo visitante ata a hora do festival. Unha vez finalizado, os anfitrións prepararanlle unha gran churrascada aos alacantinos, e unha tradicional queimada.

O domingo día 8, pasarán a xornada completa en Santiago de Compostela, e ás 21.00 no Colexio Público terán unha cea de despedida, xa que marchan o luns pola mañá.

O Concello de Silleda colabora neste acto, aportando apoio loxístico e económico, como por exemplo axudando no aloxamento dos visitantes, na comida ou no aluguer do Auditorio da Semana Verde.

Cabe dicir que os anos anteriores era tres as bandas que participarán no festival, mais este ano, debido ás dificultades económicas actuais, optouse por convidar a unha nada máis.

Teo – o programa “coñece o teu país viaxou a Portomarín

O PROGRAMA “COÑECE O TEU PAÍS” LEVA OS MAIORES DE TEO A PORTOMARÍN conecepais_portomarin

· A próxima viaxe está programada para o 28 de abril, con destino a Doade e a Monforte de Lemos

03 de abril de 2012.- O programa de viaxes do Concello de Teo “Coñece o teu País”, dirixido a persoas maiores, levou a un grupo de veciños da terceira idade a visitar Portomarín. Alí puideron coñecer os lugares máis emblemáticos deste municipio lucense, no que destaca a igrexa de San Nicolás, un exemplo de templo románico tardío antigamente dedicado a San Xoán.

“Coñece o teu País” ten programadas xa novas viaxes para os vindeiros meses. A máis próxima será o 28 de abril, con destino a Doade e a Monforte de Lemos. Unha saída na que os participantes poderán coñecer os canóns do Sil. Para o 26 de maio, nova viaxe, neste caso a Viveiro e a Cariño. E xa para setembro, o programa achegarase a Vilalba e a Mondoñedo.

Para participar nestas saídas, cómpre estar empadroado en Teo e ter máis de sesenta anos, ou máis de cincuenta se se é xa pensionista. Para participar, hai que inscribirse no departamento de Servizos Sociais, ou chamar ao teléfono 981 80 97 07.

Oroso – Martín Pena Varela. subcampión galego de xadrez

O OROSÁN MARTÍN PENA VARELA, SUBCAMPIÓN GALEGO DE XADREZ POR TERCEIRO ANO CONSECUTIVO

O xoven xogador de Sigüeiro representará a Galicia no Campionato de España Sub-10, que terá lugar en Granada do 24 ao 30 de xuño

03 de abril de 2012.- O orosán Martín Pena Varela proclamouse subcampión galego de xadrez por terceiro ano consecutivo. Un éxito que acadou no Campionato Galego Sub-10 celebrado esta fin de semana en Padrón, organizado pola Federación Galega de Xadrez e polo Club Xadrez Escola de Padrón, e no que participaron os 72 mellores xogadores de toda a comunidade da categoría benxamín.

Despois de oito rondas, Martín Pena conseguíu un total de sete puntos, os mesmos que o primeiro clasificado: Jorge Méndez Rial (Rianxo). Ambos xogadores, que ademais son bos amigos, representarán a Galicia nos Campionatos de España Puleva Max Sub-10, que terán lugar do 24 ao 30 de xuño en Granada organizados pola Federación Española de Xadrez.

O Concello de Oroso celebra os éxitos de Martín Pena, cuxo traballo continuo o levou este mesmo ano a proclamarase por terceiro ano consecutivo campión do Zonal de Xadrez Coruña Sur, torneo no que quedou por diante de Jorge Méndez despois de gañar todas as súas partidas. Os éxitos de Martín Pena xa lle valeron hai dous anos unha homenaxe do Concello de Oroso, logo de lograr a fazaña de ser o mellor galego clasificado dos Campionados de España Sub-8 de Xadrez.

Escola de xadrez

A pesar da súa curta idade, Martín Pena é o referente no que se miran os quince membros do Clube Xadrez Oroso, que nestes momentos está a funcionar máis coma escola de xadrez que coma clube propiamente dito, pois aínda non participan en cometicións. De feito, o obxectivo destas clases é formar aos nenos no xadrez para poder comezar a competir o ano que vén.

Para iso, asisten a clases todos os venres, de 18:00 a 21:00 horas, no centro deportivo de Sigüeiro co mestre de xadrez Roberto Patiño. Ademais, tamén teñen prácticas os mércores, de 19:00 a 21:00 horas. Dende o clube invitan a todos os cativos de Sigüeiro a achegarse ao deporte do axedrez. Para participar, basta con contactar co Clube Xadrez Oroso no mail clubxadrezoroso@gmail.com ou no teléfono 620 08 28 59.

Tordoia – 50 veciños viaxarán a Cantabria

CINCUENTA VECIÑOS DE TORDOIA PARTICIPARÁN NUNHA VIAXE A CANTABRIA PARA OS VINDEIROS 14 E 15 DE ABRIL

2 de abril de 2012.- O Concello de Tordoia está a organizar unha viaxe para os seus veciños da terceira idade con destino a Cantabria. O prazo para anotarse no Concello remataba o pasado 30 de marzo e un total de 50 veciños e veciñas do Concello de Tordoia xa se inscribiron nas dependencias municipais para facer esta viaxe que os levará os vindeiros días 14 e 15 de abril a coñecer Cantabria.

Cudillero, Comillas, Santillana del Mar, Santander e San Vicente de la Barquera serán algúns das vilas de obrigada referencia nesta comunidade autónoma polas que trascurrirá a viaxe ao longo destas dúas xornadas. O traslado realizarase en autobús e o importe da viaxe, de 105 euros, inclúe tamén o aloxamento no hotel, pensión completa e seguro de viaxe. “Para moitas persoas é unha oportunidade de facer unha saída e romper coa rutina do día a día, pasando un par de días diferentes, dun xeito ameno e divertido”.

Ames – mes da música na escola infantíl O Bosque

Os nenos e nenas da Escola infantil municipal O Bosque celebraron en marzo o mes da música mes_música5

A música foi o tema central arredor do que xiraron as actividades do pasado mes de marzo na Escola infantil Municipal O Bosque de Bertamiráns.

Os nenos e nenas participaron en varios obradoiros semanais sobre diferentes estilos de música. Deste xeito, a primeira semana de marzo tratouse a música galega, a segunda semana abordouse a música clásica, a terceira semana a música infantil foi a protagonista e a última semana de marzo pecháronse os obradoiros coa música pop.

Os pais e nais dos cativos/as participaron nesta iniciativa achegándose á escola a tocar diferentes instrumentos. Durante esta semana os pais e nais poderán ver unha reportaxe fotográfica de todas as actividades que realizaron os nenos/as durante o mes da música.

Ames, 3 de abril de 2012. A música foi o tema central arredor do que xiraron as actividades do pasado mes de marzo na Escola infantil Municipal O Bosque de Bertamiráns. Os nenos e nenas participaron en varios obradoiros semanais sobre diferentes estilos de música. Deste xeito, a primeira semana de marzo tratouse a música galega, a segunda semana abordouse a música clásica, a terceira semana a música infantil foi a protagonista e a última semana de marzo pecháronse os obradoiros coa música pop. Os pais e nais dos cativos/as participaron nesta iniciativa achegándose á escola a tocar diferentes instrumentos. Durante esta semana os pais e nais poderán ver unha reportaxe fotográfica de todas as actividades que realizaron os nenos/as durante o mes da música.

Está demostrado que a música estimula a creatividade dos nenos/as. Por iso na Escola infantil municipal O Bosque dedicaron o pasado mes de marzo a amosarlles aos nenos e nenas do centro o apaixonante mundo da música a través de diferentes actividades. Cada semana os cativos e cativas traballaron un estilo diferente de música participando en diversos obradoiros. Nestas actividades tratáronse estilos como a música tradicional de Galicia, o pop, a música clásica ou as cancións infantís. Nos obradoiros escoitaron mostras deste tipo de música, aprendendo despois os rapaces algunha canción ou melodía representativa.

O primeiro día de cada semana os nenos/as reuníronse no patio da escola e as profesoras interpretáronlles unha canción do estilo de música que correspondía. Ao longo de toda a semana o alumnado participou en obradoiros nos que empregaron diferentes instrumentos, que levaron das súas casas ou que había na propia escola. Tamén fabricaron diferentes instrumentos con material de refugallo. Así fixeron unhas maracas con vasos de iogur ou botellas de auga, que encheron con garavanzos, lentellas ou azucre para imitar distintos sons.

Ademais, os nenos e nenas puideron gozar da música “en vivo”, grazas aos pais e nenas que se achegaron pola escola para tocar pezas musicais con distintos instrumentos (batería, teclado, guitarra, gaita, pandeireta, saxo, etc). A cada persoa que participou nesta actividade entregóuselle como agradecemento un diploma de participación no que aparecen fotos de recordo do seu paso por este mes da música na escola. Moitos pais e nais apuntáronse con ganas de tocarlles algunhas pezas aos fillos, e amosaron así a súa disposición a participar nesta iniciativa.

Esta actividade forma parte do extenso programa formativo e de actividades para a infancia que desenvolve a Escola Infantil Municipal O Bosque. Esta semana, os pais e nais poden ver unha reportaxe fotográfica de todas estas actividades na porta de entrada á escola e os que queiran poderán facer copias das fotos que máis lles gusten.

Santiago – axenda mércores 4 e actuacións policía local

Mércores 4

11.15 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, sobre asuntos da súa área.

11.45 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.15 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

17.00 h

En Camariñas, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á inauguración da XXII Mostra do Encaixe de Camariñas, onde Santiago conta cun stand.

20.00 h

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao exercicio do Vía Crucis. Desde a Igrexa de San Francisco ata a Quintana.

21.00 h

Na Igrexa da Universidade, dentro do programa de Concertos Semana Santa 2012, concerto do coro Vox Stellae dirixido por Luis Martínez con Joaquín Barreira ao órgano. Presentan a misa en sol de Antonin Tucapsky dedicada a Santiago de Compostela. En colaboración co Centro Checo.

23.00 h

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á procesión dos Estudantes, con saída na rúa das Orfas.

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL

(Desde as 08:00 h. do día 2 ata as 08:00 h. do día 3 de abril).

ACCIDENTES

22:40 horas, COLABORACIÓN EN ACCIDENTE DE TRÁFICO: Na AP-9, PK 67.600, onde se viron implicados dous vehículos. Como consecuencia deste feito resulta morta a condutora do primeiro vehículo, de 30 anos de idade.

AUXILIO

Na rúa República Arxentina 39, auxíliase unha persoa que se atopa tirada sobre a beirarrúa e aparentemente en estado ebrio. É trasladada en ambulancia ao CHUS.

BNG A estrada – o BNG denuncia que o PP renuncia a variante do concello

O PP renuncia a executar a variante
O Bloque Nacionalista Galego da Estrada pídelle ao Alcalde, o Sr. López Campos, que exerza de Alcalde, que deixe de lado as maquetas e as presentacións multimedia de proxectos que nunca se sabe cando se van a executar, e que concrete datas e cifras da Variante da Estrada, do PXOM, da Cidade do Móbel, do arranxo da estrada Portela-Souto de Vea, do centro de día, ... e de tantos outros proxectos necesarios para revitalizar economicamente o noso concello e incrementar o benestar dos nosos veciños e veciñas

A Estrada, 3 de abril de 2012: O Consello Local do BNG da Estrada, á vista do consignado polo goberno de Mariano Rajoy para a Variante da Estrada nos orzamentos do Estado de 2012, fai unha valoración moi negativa e considera que se afianza e se incrementa, con cada ano que pasa, a débeda histórica do Estado co noso concello, unha débeda que nin PP, -agora no goberno central-, nin o PSOE foron quen de saldar.
Á vista dos datos que se deron a coñecer hoxe, o goberno do Partido Popular ten previsto investir na Variante da Estrada só 1.000.000 de euros, 250.000 € menos que o consignado nos orzamentos de 2011,  e 9.000.000 € do que tiña proxectado investir o Ministerio de Fomento neste ano 2012, segundo o reflectido nos orzamentos do ano pasado.
No BNG consideramos ridículo que se consigne só 1 millón de euros cando a obra está valorada en máis de 40 millóns de euros. Nestes sentido, consideramos que unha vez máis estase a demostrar o escaso peso político das forzas políticas de ámbito estatal, e en concreto do PP, que son incapaces concretar a execución da Variante, unha obra de extraordinaria importancia para o concello da Estrada.
O Bloque Nacionalista Galego da Estrada pídelle ao Alcalde, o Sr. López Campos, que exerza de Alcalde, que deixe de lado as maquetas e as presentacións multimedia de proxectos que nunca se sabe cando se van a executar, e que concrete datas e cifras da Variante da Estrada, do PXOM, da Cidade do Móbel, do arranxo da estrada Portela-Souto de Vea, do centro de día, ... e de tantos outros proxectos necesarios para revitalizar economicamente o noso concello e incrementar o benestar dos nosos veciños e veciñas.
Ao noso entender, o prioritario é o investimento en infraestruturas que melloren a calidade de vida dos veciños e que axuden a que as nosas industrias podan acceder de xeito rápido e eficaz aos seus mercados; a prioridade debe investir na economía produtiva; non é tempo de campos de fútbol.
Por outra banda, no BNG consideramos que estes orzamentos do goberno do PP só servirán para crear máis paro, como así o reflicten as cifras que se deron a coñecer hoxe. No noso país hai xa 293 mil persoas en paro, e con estes orzamentos non se freará a sangría do desemprego, ao contrario, incrementarase. Canto máis austeridade e canto máis recortes, máis desemprego teremos.
A austeridade e os recortes dos que presume o Partido Popular non só ten consecuencias dramáticas sobre o emprego e os investimentos, tamén sobre a sanidade, a educación, ... e tamén sobre os nosos montes, que arden sen freo pola falta de medios.

Frades – unanimidade na aprobación incicial do primeiro PXOM do concello

UNANIMIDADE DO PLENO MUNICIPAL DE FRADES NA APROBACIÓN INICIAL DO SEU PRIMEIRO

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL

Os veciños poderán consultar o documento no Concello de Frades dende mañá mércores e poderán presentar alegacións logo da súa publicación no DOG

03 de abril de 2012.- O pleno municipal de Frades decidiu por unanimide aprobar inicialmente o seu primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Unha proposta que fora respaldada tamén de xeito unánime pola Comisión de Urbanismo reunida a semana pasada e que dende mañá mércores poderá ser consultada polos veciños e veciñas que se acheguen pola Casa do Concello de Frades.

Iso sí, os dous meses preceptivos do periodo de presentación de alegacións non se abrirán ata a publicación do acordo de aprobación inicial do PXOM, tomado esta mañá, na prensa e no DOG (dous meses a contar dende a última publicación, moi posiblemente a do DOG). O modelo de alegacións estará a disposición dos veciños tanto no Concello de Frades como a través da páxina web (www.concellodefrades.es).

Características do PXOM

O alcalde de Frades, Miguel Prado Patiño, destacou que “o Plan Xeral contempla dúas zonas de suelo urbanizable, en O Cadaval e en Abellá”, que se unen á zona urbana da Ponte Carreira, e sinalou que “outro aspecto moi importante para un concello gandeiro como Frades é a correcta definición do suelo rústico de protección forestal e o suelo rústico de protección agropecuaria”.

O Concello de Frades non dispón na actualidade de ningún instrumento de planeamento específico para a ordenación do solo do seu termo municipal, polo que se rexe polas Normas Subsidiarias e Complementarias da Provincia da Coruña. Este feito limitaba o crecemento da zona urbana de Ponte Carreira e das vivendas unifamilares dos núcleos rurais, o que creou diferenzas no ordeamento urbanístico de Frades que se solventan coa aprobación do PXOM. Este Plan Xeral regulará o crecemento de Frades tanto no rural, con iniciativas cada vez máis florecentes neste terreo, como no urbano, cunha presión urbanística moderada.

As liñas xerais do PXOM aprobado esta mañá resúmense na continuidade do trazado e clasificacións nos núcleos xa existentes, ordenando os crecementos xurdidos tanto ao amparo da normativa como á súa marxe (sempre de acordo aos intereses municipais), reforzando o actual sistema de núcleos urbanos e rurais, a dotación de solo industrial, a dotación de elementos comunitarios e a conservación ambiental, paisaxística e patrimonial de Frades.

Así, o PXOM contempla unha gran zona urbana en Frades no núcleo da Ponte Carreira e dúas zonas de suelo urbanizable nas localidades de Abellá e no Cadaval. A existencia de empresas do sector téxtil, situadas no núcleo da Ponte Carreira, e de empresas adicadas ás subministracións para as explotacións agrarias xustifica a creación de solo industrial na que incluír estas instalacións, así como a posibilidade da súa ampliación ou inserción de novas empresas. Así mesmo, tamén se contempla outra actividade industrial no municipio relacionada coa extracción de áridos e localizada no lugar de O Cruceiro, entre as parroquias de Frades e Gafoi.

En canto ao medio rural, estableceuse un marco que posibilita o mantemento e memoria do medio natural, apostando máis por un desenvolvemento cualitativo ca cuantitativo. Ademáis das preceptivas reservas de solo para protección de infraestruturas e do medio natural (con especial protección para as áreas naturais do municipio como, por exemplo, a carballeira de San Nicolau), o equipo redactor do PXOM elaborou un detallado catálogo de bens culturais e patrimoniais de Frades para protexer. Para iso, foi preciso un laborioso estudo de campo no que se identificou cada ben e se elaborou unha ficha individual coa descrición do ben, o seu estado de conservación e as posibles obras ou medidas a tomar para a súa conservación ou recuperación.

Calendario

Agora, o Concello de Frades procederá á exposición pública do PXOM durante un prazo de 2 meses, no que os veciños e veciñas que así o consideren poderán facer as súas alegacións. Paralelamente, o Concello solicitará os precisos informes sectoriais (á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; Ministerio de Fomento; Deputación da Coruña, Augas de Galicia, Dirección Xeral de Patrimonio; Dirección General de Telecomunicaciones; Consellería do Medio Rural, Dirección Xeral de Paisaxe...) así como consultas aos organismos indicados no Documento de Referencia aprobado pola Xunta (asociacións de veciños, asociacións culturais, cooperativa central de Frades, etc).

Unha vez resoltas as alegacións presentadas e analizados os devanditos informes, o Concello de Frades procederá á aprobación provisional do PXOM e a súa remisión á Xunta de Galicia, que se encargará da súa aprobación definitiva. Ademais, compre resaltar que coa aprobación inicial realizada esta mañá suspenderanse a concesión de licencias de obra maior por un máximo de 2 anos naqueles tipos de suelo onde cambia a clasificación (ou ata que se faga a aprobación definitiva).

Trámites realizados

O Concello de Frades iniciou en 2008 os trámites para a redacción do seu primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal convocando un concurso público que foi gañado por Estudio Técnico Gallego SA. A adxudicataria realizou una nova base cartográfica do concello de Frades e introducíu, como gran novidade, a base catastral para unha correcta adecuación da propiedade ás determinacións do planeamento. O primeiro documento foi presentado ao Concello en maio de 2009 e foi enviado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en xullo dese mesmo ano. Despois dunha exposición de dous meses, a Xunta remitiu un Documento de Referencia en agosto de 2009.

A análise dese documento, xunto coas indicacións e as suxestións do equipo técnico e dos xestores municipais, permitiron resolver os conflictos e problemas existentes nese primeiro documento. Así, en novembro de 2009 remitiuse un novo documento para recadar o preceptivo Informe Previo á Aprobación Inicial por parte da Xunta. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas emitiu este informe en abril de 2010, seis días antes da entrada en vigor da Lei 2/2010.

Como a Lei 2/2010 especifica que “os plans en tramitación que non alcanzasen a aprobación inicial á data de entrada en vigor desta lei deberán adaptarse plenamente a ela”, tívose que iniciar novamente o expediente, remitindo á Xunta un novo documento en novembro de 2010. Foi entón cando a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas emitiu un novo documento de referencia que permitiu a elaboración do docuemento de aprobación inicial que foi apoiado esta mañá por todos os grupos municipais do Concello de Frades.

Ordenanza forestal e gandeira

Por outra banda, o pleno municipal tamén aprobou inicialmente a Ordenanza Reguladora de Plantacións Forestais, que afectará ás novas plantacións que se fagan despois da aprobación definitiva deste regulamento. Unha normativa que substitúe a unha ordenanza de máis de 15 anos e que se basea na normativa que actualmente utiliza a Xunta de Galicia. “Trátase de controlar e ordenar o que se fai no Concello”, explicou Miguel Prado, quen destacou que “o forestal é un complemento moi importante para un concello gandeiro como Frades”. A proposta foi aprobada cos 8 votos a favor do Grupo de Goberno e do PSOE, e coas 3 abstencións do BNG.

Finalmente, o pleno aprobou por unanimidade unha moción presentada polo Partido Popular para pedirlle á Consellería do Medio Rural e do Mar e ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a adopción dunha serie de medidas excepcionais para compensar aos gandeiros polas perdas que están a sufrir pola seca durante o ano 2011 e, sobre todo, no que levamos de 2012.

Algunhas destas medidas son de tipo impositivo, como que a compra de alimentación animal (forraxes e pensos) poida ser desgravable durante a seca, a reducción das cotizacións da Seguridade Social para os gandeiros ou a reducción dos módulos para o cálculo da base impositiva do exercicio 2011. Outras medidas son de tipo financeiro, como que as Administracións Públicas aceleren e prioricen todos os pagos aos gandeiros e agricultores, que poidan dispoñer de axudas financeiras para paliar a falla de circulante nas explotacións gandeiras ou anticipar o pagamento das axudas da PAC, tal e como ten anunciado a propia Xunta de Galicia. A petición do concelleiro do PSOE, Jesús Manuel Iglesias, o pleno aceptou engadir á moción do PP a solicitude de liñas de financiación a custe cero ao IGAPE.

O concelleiro de Sanidade e Desenvolvemento Sostible, Manuel Ferreiro Marzoa, explicou que “a falta de choiva trae consigo unha falta de forraxes nas ganderías de Frades. A seca durante o inverno provocou un retraso no corte de limpeza das praderías, o cal vai supoñer menor produción de herba para ensilar e ata se pode perder algún corte dos previstos. Isto supón que a sementeira do millo se faga máis tarde e, de persistir esta situación, a producción sexa moito menor”.

Esta situación tamén se está a dar no resto de España, polo que a palla, a alfalfa e a veza estanse a encarecer, “incluso empeza a haber falta de submnistro, pois os proveedores estanse negando a vender para, deste xeito, poder subir os prezos”, denunciou Manuel Ferreiro. E se a situación das forraxes non é boa, a dos cereais non é mellor. Os pensos están a subir entre 3 e 4 céntimos por quilos debido á suba das materias primas. Así, os principais cereais que se utilizan na alimentación do gando vacún están a subir unha media de 30 euros/tonelada (millo), 40 euros/tonelada (cebada) e 60 euros/tonelada (soia).

Frades é un municipio que se caracteriza pola alta especialización do seu sector gandeiro, que representa a súa principal fonte de riqueza. De feito, nos seus 81,5 quilómetros cadrados hai máis de 10.000 vacas que dispoñen de máis de 50 millóns de quilos de cuota láctea. Esta altísima carga gandeira, de 4 a 5 UGM por hectárea en moitas das súas explotacións, fai que Frades sexa especialmente sensible a esta situación de seca.

Silleda – presentado o programa para a festa da Rosquilla

Abades presenta o programa para a festa da Rosquilla

Silleda, 3 de abril de 2012

A Asociación de Veciños A Costa de Abades presenta o programa das festas do seu día grande.

O gran día, o vindeiro 8 de abril, comezará a xornada festiva con un pasarrúas ás 10.30 horas coa Banda de Música Recreativa Culturas de A Bandeira e coa Banda de Música Lira de Prado.

Ás 12.00 horas está prevista a misa solemne, a ofrenda e a procesión, enmarcadas dentro dos actos relixiosos. De seguido, arredor das 13.00 horas, terá lugar a tradicional poxa, degustación e venda das rosquillas, no campo da festa de Abades.

O programa tamén contempla unha gran tirada de fogos de artificio ás 14.00 horas, antes do concerto, na sesión vermut, das devanditas bandas de música.

Durante a tarde, quen se achegue poderá visitar a exposición de manualidades realizadas polos membros da Asociación de Mulleres Rurais de Abades, emprazadas no local social da parroquia.

Para rematar o día festivo, as dúas bandas ofrecerán un novo concerto pola noite. Cabe destacar que o campo estará cuberto e que haberá polbeiros.

BNG Ordes – UXO e PP acordan rexeitar a proposta do BNG sobre a casa do concello

UXO E PP PACTAN RECHAZAR A PROPOSTA DO BNG PARA FACER UNHA CONSULTA POPULAR SOBRE A SOLUCIÓN DOS PROBLEMAS DA ANTIGA CASA CONSISTORIAL Fotografía Casa do Concello de Ordes

Castro critica ao alcalde e ao PP por desprezar a opinión dos veciños de Ordes sobre o futuro dun edificio emblemático para o municipio, que ten graves danos estructurais

O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, informou de que os nacionalistas defenderon no último Pleno unha moción na que se propoñía que “o Pleno da Corporación Municipal instase ao alcalde a celebrar unha consulta popular, na que os veciños e veciñas de Ordes decidisen que solución adoptar para resolver os problemas que ten o edificio da Casa Consistorial, que presenta danos serios na súa estructura”

Gonzalo Castro informou de que "os técnicos responsábeis da execución das obras de remodelación da Casa do Concello veñen de presentar un informe, que foi analisado pola Comisión de Urbanismo da Corporación Municipal, no que, despois de sinalar a existencia de graves problemas estructurais no edificio, enumeran as posíbeis solucións, que pasarían por reforzar a estructura e cimentación actual, ou por baleirar o edificio, deixando só a fachada e construir unha nova estructura e cimentación, ou mesmo por construir un novo edificio cunha fachada que respecte o deseño actual”.

Castro salientou que desde o BNG “cremos que a decisión sobre que facer coa Casa Consistorial ten unha grande trascendencia, ao tratarse dun edificio de máis de 60 anos, que ten un valor simbólico innegábel por constituir unha das imaxes máis emblemáticas do noso pobo, por iso, a decisión final de que facer co edificio debe contar coa participación de todos os veciños e veciñas de Ordes”.

Estas razóns xustifican, a xuizo do portavoz dos nacionalistas ordenses, que “o Pleno da Corporación acorde a celebración dunha consulta popular entre os veciños de Ordes, para que éstos decidan a opción que queren executar co obxectivo de solucionar os problemas do edificio da Casa Consistorial, informando na consulta do custo económico e das características técnicas de cada unha das opcións baralladas polos técnicos”.

Diante das obxecións legais do alcalde, Gonzalo Castro sinalou que “A Lei de Bases de Réxime local establece que se poderán convocar consultas populares por parte da alcaldía, previo acordo por maioría absoluta do Pleno, sempre que traten sobre asuntos de competencia municipal, que sexan de especial relevancia para os intereses dos veciños, requisitos que se cumpren, sen ningunha dúbida, na consulta proposta polo BNG”, afirmación que foi corroborada polo secretario da Corporación Municipal.

Voto en contra de UxO e PP

Gonzalo Castro afirmou que “desde o BNG sempre consideramos esencial fomentar desde o Concello a participación dos veciños nos asuntos públicos, porque a democracia non se reduce a votar cada catro anos, a democracia exércese no día a día, coa participación da cidadanía nos asuntos que lles afectan”.

O voto en contra desta iniciativa, por parte de UxO e PP, motivou as críticas do portavoz nacionalista, que manifestou que “o alcalde o PP desprezan a opinión dos veciños nun asunto de especial relevancia, demostrando a súa nula vontade de fomentar a participación veciñal nos asuntos públicos, porque o sistema da dereita é outro: o do clientelismo e o caciquismo”.

Brión – convocatoria da viaxe Mocidade 2012 con destino Málaga

O CONCELLO DE BRIÓN CONVOCA A VIAXE DA MOCIDADE 2012, QUE TERÁ COMO DESTINO MÁLAGA

Terá lugar do 21 ao 28 de xullo e poderán participar 52 mozos e mozas brioneses, de entre 18 e 35 anos

03 de abril de 2012.- O Concello de Brión convocou hoxe a súa tradicional Viaxe da Mocidade, que este ano terá como destino Málaga. Unha viaxe que terá lugar do 21 ao 28 de xullo e na que poderán participar un total de 52 mozos e mozas de Brión, de idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos.

Estas 52 prazas ofertadas cubriranse por estricta orde de inscrición entre o 10 e o 30 de abril na casa da cultura brionesa ou nos teléfonos 981 88 70 06 (mañás) e 981 50 99 69 (tardes). O prezo da viaxe é de 200 euros, tarifa que inclúe o desprazamento ata Málaga e a estancia eses sete días nunh albergue a media pensión. Ademais de coñecer Málaga, a expedición realizará distintas saídas a localidades veciñas como Granada, Ronda ou Gibraltar.

A Viaxe da Mocidade é a continuación dun proxecto que naceu a iniciativa dos participantes no Intercambio con Guillena 2005-2006 e que posteriormente levou aos mozos brioneses a visitar Cantabria, Málaga (2008), Valencia, Guillena e Barcelona.

Silleda – dez bares solicitaron terrazas

Un total de 10 bares solicitaron as terrazas do Concello

A cesión terá unha duración de 3 anos

Silleda, 3 de Abril de 2012

Finalizado o prazo para a presentación de solicitudes, un total de 10 establecementos hostaleiros, pediron as terrazas do Concello de Silleda, que poderán empregar durante tres anos prorrogables, en réxime de cesión.

O seguinte paso que terán que dar os interesados é a firma da documentación pola que o executivo local permite o uso das plataformas e a liquidación das taxas deste ano. A continuación, deberán ir recollelas eles mesmos á nave de A Bandeira onde están almacenadas.

Ao ser tan reducido o número de peticións, non foi necesario proceder ao sorteo das mesmas; ao sobrar terrazas, se alguén máis as precisa, iranse concedendo por orde de chegada das solicitudes.

No convenio establécese a taxa en 6,20€ por m2 e tempada; esta cantidade liquidarase no mes de abril dos vindeiros anos, xa que non se fai o cobro de todo o período por adiantado. A devandita cantidade é por ocupación de vía pública e segue a ser a mesma cuantía que en anos anteriores.

En caso de que algún establecemento queira renunciar, deberá avisar cunha antelación dun mes antes do inicio de tempada que vai dende o mes actual ata outubro. No convenio, tamén se estipula o mesmo prazo para que os hostaleiros avisen de se van querer ou non que a cesión se prorrogue.

Dos dez establecementos solicitantes, dous pertencen ao casco urbano de A Bandeira, mentres que os restantes son da vila de Silleda, dos cales dous xa a teñen instalada. Os demais, poderán instalalas canto antes, e correrá pola súa conta, así como o levantamento e almacenado ao finalizar a tempada.

Asemade, os usuarios, deberán devolvelas en perfecto estado de conservación, tal e como as recibiron, e comprométense a non efectuar sobre as plataformas ningún tipo de modificación ou alteración.

O Concello de Silleda destaca a importancia desta medida para incentivar a actividade do municipio no sector da hostalería. Cabe dicir que ata o de agora, estas plataformas eran instaladas polo concello, o que conlevaba gastos a maiores, que en ningún momento eran amortizados. Por iso, con esta medida, ademais de axudar aos hostaleiros, o executivo local evita desembolsar máis diñeiro a causa das plataformas, e garanten a súa utilización; tamén poderá aproveitar o espazo da nave na que estaban almacenadas.

Santiago – comezan os concertos da Semana Santa 2012

Celébrase do 4 ao 8 de abril na Igrexa da Universidade e no Auditorio de Galicia

Nove concertos no programa musical ‘Semana Santa 2012’

  • Presentárono  o concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou

  • O programa presenta unha variedade musical indo desde a época Medieval ata o Barroco con algunha incursión no Romanticismo e no século XX

Santiago de Compostela O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron onte o programa musical ‘Semana Santa 2012’ que engloba nove concertos que se celebrarán na Igrexa da Universidade agás un que será no Auditorio de Galicia. O programa de concertos, que se celebra do 4 ao 8 de abril, presenta unha ampla variedade musical indo desde a época Medieval ata o Barroco con algunha incursión no Romanticismo e no século XX e todos os músicos teñen vinculación con Galicia.

Este programa foi elaborado desde a concellería de Cultura para completar a programación cultural da Semana Santa logo de confirmarse que este ano non se podería celebrar o festival de Músicas Contemplativas. Así, traballouse nun programa variado no que todos os artistas teñen algunha relación con Galicia, ben porque son galegos, ben porque desenvolven a súa actividade no noso país.

O programa inaugurase o mércores 8 de abril ás 21.00h co coro Vox Stellae, dirixido por Luis Martínez e co organista Joaquín Barreira. Neste concerto, que se fai en colaboración do Centro Checo, estrearase unha misa en sol que Antonin Tucapsky dedicou a Compostela. O xoves teremos dous concertos. O primeiro, ás 20.00h será con Ars Combinatoria que presenta ‘Quando fuere menester glosar’, música renacentista e poesía do Século de Ouro español e ás 22.00h poderemos escoitar a Germán Díaz, zanfonista que nos presenta un novo método, o cardiofónico, baseado nos latexos do corazón.

Venres ás 20.00h chega a lírica mariana dos trobadores galegos e franceses con Malandança, dirixida por Francisco Luengo e ás 22.00h. os Tesouros clavenicísticos de Diego Ares. Ars Atlántica estará sábado ás 20.00h presentando ‘Dulce desdén’, cancións e danzas da idade dourada, s. XVI e XVII e ás 22.00h poderemos gozar do violín barroco de Amandine Beyer que nos presenta ‘Bach, partitas e sonatas’.

Domingo ás 19.00h teremos o único concerto que non será na Igrexa da Universidade senón no Auditorio de Galicia. Poderemos gozar coa música da Orquestra Nova e a Orquestra de Nenos da Sinfónica de Galicia. E pechará este programa, ás 21.3h. de novo na Igrexa da Universidade, Resonet que nos presenta ‘Il Sole et Luna’, músicas e sonetos do barroco ibérico para o tempo de Paixón, na que poderemos escoitar á soprano Mercedes Hernández xunto cos músicos Paulo González, Carlos Castro e Fernando Reyes e cunha colaboración do actor Evaristo Calvo.

Entradas na billeteira do Principal

A entrada para todos os concertos agás o do Auditorio é de balde previa retirada de convites, cun máximo de dous por persoa, na billeteira do Teatro Principal, aberta de martes a sábado de 18.00 a 21.00h. O concerto do Auditorio de Galicia terá un custe de 3€, agás para os abonados que é de balde.

PROGRAMA COMPLETO

Santiago – axenda martes 3 e actuacións policía local

Martes 3

10.30 h

O concelleiro de Educación, Ángel Currás, visita os colexios Monte dos Postes (10.30 h) e Raíña Fabiola (11.15 h), onde se están a desenvolver as actividades do Programa Municipal de Conciliación Familiar para a Semana Santa 2012.

NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 10.20 h da Praza do Obradoiro.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da sección sindical da CIG.

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL

(Desde as 08:00 h. do día 1 ata as 08:00 h. do día 2 de abril).

ACCIDENTES

Nas últimas 24 horas o Equipo de Atestados da Policía Local rexistrou UN accidente na cidade: na avenida Juan Carlos I, entre dous vehículos, con resultado de danos materiais.

CONTROIS

Ás 23.56 realízase unha proba de alcoholemia ao condutor dun vehículo, con resultado positivo.

AUXILIOS:

Solicítase unha ambulancia para atender unha persoa se atopaba indisposta na Praza do Obradoiro e que foi trasladada ao Chus.

Solicítase o envío dunha ambulancia á Praza do Obradoiro para asistir un mozo de 22

anos que se queixaba de fortes dores no estómago.

PSOE Trazo – orzamentos irreais e excesivo gasto en persoal

O PSOE DE TRAZO ASEGURA QUE OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS “SON IRREAIS NA SÚA PREVISIÓN DE INGRESOS E CUN EXCESIVO GASTO EN PERSOAL”

Os socialistas critican a falla de transparencia coa que actúa Dafonte, que non convocou a Comisión de Contas para non ter que dar explicacións á oposición

02 de abril de 2012.- O Partido Socialista votou en contra dos orzamentos municipais do Concello de Trazo para 2012 xa que “son irreais na súa previsión de ingresos e contemplan un excesivo gasto en persoal, pois representa case o 44% das contas”, explica Beatriz Domínguez. Unhas contas que ascenden a 2,9 millóns de euros e que foron aprobadas o pasado venres co único apoio do Partido Popular, que incluso chegou a non convocar a Comisión de Contas para dificultar o traballo da oposición socialista.

Un claro exemplo da inconsistencia destes orzamentos é que o Capítulo III contempla un ingresos por taxas de algo máis de 272.000 euros. “Nun municipio como Trazo, onde a maior parte das taxas proceden da recollida do lixo, non dan as contas, por moito que Dafonte e o PP lles duplicasen o recibo aos veciños. Simplemente non hai tantas vivendas e negocios para que salgan as contas”, apunta a voceira municipal socialista. E iso a pesares de que este ano o PP decidiu comezar a cobrar por actividades que antes eran totalmente gratuitas, como 50 euros polas actividades de verán, 35 euros polas actividades extraescolares e para maiores ou 25 euros para as actividades de Semana Santa.

Licenzas de obra e falta de transparencia

Beatriz Domínguez asegura que “outro claro exemplo de que estes orzamentos son irreais é que se contempla unha recadación de 50.000 euros por licencias de obra. Unhas previsións totalmente ilusorias en plena crise e cando concellos veciños e de maior poboación, como Val do Dubra, levan tan só 30.000 euros”. Unha situación que se agrava no caso de Trazo pola desidia do alcalde Xosé Dafonte, que leva máis de catro anos retrasando a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) dende que a principios de 2008 recibira unha axuda de 97.128 euros da Xunta.

Ademais, a voceira municipal socialista critica o escurantismo e a falta de transparencia coa que o alcalde, Xosé Dafonte, sacou adiante estas contas, sen nin sequera convocar a Comisión de Contas. “Somos a oposición máis maltratada de toda a comarca. Xa non é só que non nos den información precisa para desenvolver o noso traballo de oposición, senón que agora chegamos ao punto de que non se convoca a Comisión de Contas antes de aprobar os orzamentos”, explica Beatriz Dafonte. Unha decisión que Dafonte xustificou escudándose en que a Lei non obriga a convocar á Comisión de Contas en municipios de menos de 5.000 habitantes.

Oroso – III concurso de tapas

DEZANOVE LOCAIS PARTICIPARÁN NO III CONCURSO DE TAPAS DE OROSO, QUE INCREMENTOU NUN 46% O SEU NÚMERO DE PARTICIPANTES DENDE O SEU INICIO

A mellor tapa será elixida por votación popular en degustacións gratuítas que terán lugar os días 14, 15, 21 e 22 de abril

Os clientes poderán gañar unha estancia para dúas persoas nun hotel-balneario en réxime de pensión completa e vales de desconto nos comercios de Sigüeiro

02 de abril de 2012.- O Concello de Oroso convoca a terceira edición do Concurso de Tapas, que contará este ano coa participación de 19 establecementos, dous máis que na edición de 2011 e un 46% máis que no seu inicio en 2010, o que confirma a grande acollida rexistrada por esta iniciativa. A gran novidade deste ano será a participación como entidade colaboradora da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sigüeiro (ACES), que regalará vales de desconto nos comercios de Sigüeiro entre os participantes no concurso.

A concelleira de Comercio, Vanessa Reboredo, explica que con esta iniciativa o Concello de Oroso busca “atraer a un maior número de visitantes ao municipio durante eses días e dinamizar a hostalería orosá, ao tempo que promovemos a gastronomía local e as posibilidades de Oroso en materia de turismo”. Na edición de 2011 degustáronse máis de 2.000 tapas en Oroso, unha cifra extraída das 218 persoas que participaron no concurso, aínda que os propios hostaleiros confirmaron que foi moito maior, xa que foron moitos máis os que acudiron a tomar as tapas pero non quixeron participar no sorteo.

Datas do certame

A terceira edición do Concurso de Tapas de Oroso levarase a cabo en dúas fins de semana; 14, 15, 21 e 22 de abril. Eses días, cada establecemento elaborará unha tapa, tradicional ou creativa, que será entregada de balde ao cliente con cada consumición. As degustacións terán lugar en horario de 12:00 a 15:00 horas (sábados e domingos) e de 19:00 a 21:30 horas (sábados).

Durante eses días, os clientes recibirán nos establecementos hostaleiros participantes un boleto de votación, que deberá encher coas súas tapas favoritas. Para poder votar, deberá contar con 9 selos que demostren que probou as tapas de, cando menos, 9 establecementos distintos. Así mesmo, cando menos 3 deses selos deberán ser de locais non ubicados en Sigüeiro. “Deste xeito animamos tamén a que a xente se desprace ás parroquias e non quede só na capital municipal”, explica Vanessa Reboredo.

Cada establecemento disporá dunha urna selada na que os clientes poderán votar polo local que fixera a mellor tapa. O premio será unha fin de semana para dúas persoas en réxime de pensión completa nun hotel balneario. Ademais, este ano tamén se sortearán vales desconto no comercio de Sigüeiro, cortesía de ACES, e botellas de viño LAN.

Establecementos participantes

Os 19 establecementos participantes son: Cervexería O Xesto, Adega O Ribeiro, O Café de Manuela, X Que No?, Bar Tapas, Pizzeria Hassan, Pulpería Carballal, Hostal Mirás, Mesón Tambre, O Rodeo e Restaurante Cortés, todos eles de Sigüeiro. Ademais, tamén concursarán o Bar O Zapateiro (de Senra), o Restaurante Viuda de Blanco (Senra), o Bar Stop (Oroso), o Restaurante Liñares (Vilacide-Oroso), o Restaurante Lar Blanco (Gándara), A Falmega (Gándara), Bar Fernández (Vilarromariz) e Nova Xeira (LG. Sigüeiro).

Estes dezanove locais optarán a un premio de 300 euros, máis diploma acreditativo como gañador do concurso, outorgado polo Concello de Oroso. Un galardón que nas dúas edicións anteriores recaeu na Adega O Ribeiro.

Outra das novidades desta edición é que o boletín de votación inclúe unha relación das distintas tapas que presentarán a concurso cada un dos locais. Un listado no que hai moita variedade: dende pratos típicos como a troita, os callos, a fabada, o xamón asado ou os champiñóns, ata combinacións a priori máis sorprendentes empanada de bacallau con grelos, cazola de polbo con queixo de Arzúa ou polbo con foie e algas caseiras con aceite de amora.

Esquerda Unida Santiago – moción sobre as participacións preferentes

image image

BNG Ordes - o BNG acusa o alcalde e o PP de acadar un acordo para evitar a publicación das declaracións de bens

No último Pleno, os votos do goberno municipal e do PP evitaron a aprobación da proposta do BNG para publicar na web municipal a declaración de bens e intereses dos concelleiros.
O portavoz municipal do BNG, Gonzalo Castro, acusou ao alcalde e ao PP “de ter chegado a un acordo para evitar que o Pleno aprobase a proposta do BNG para publicar na web municipal a declaración de bens e intereses dos concelleiros”.
O portavoz nacionalista salientou que, “cos seus votos en contra, a dereita, unha vez máis, volve a negarse a asumir un compromiso coa transparencia e a honestidade no exercicio dos cargos públicos”.
Castro afirmou que “ao igual que se fixo en moitos concellos, e noutras institucións, como o Parlamento Galego ou as Cortes do Estado, desde o BNG propuxemos que se publicase na web do Concello de Ordes as declaracións de bens e intereses realizadas por todos os concelleiros e concelleiras da Corporación Municipal, ao inicio deste mandato municipal e que se atopan rexistradas no Concello”.
O portavoz municipal dos nacionalistas ordenses fixo fincapé en que “a publicación na web municipal da declaración de bens e intereses de todos os membros da corporación municipal, ademáis de dotar de maior transparencia e honestidade ao exercicio dos cargos públicos municipais, garantirá un maior compromiso coa legalidade e a eficacia na xestión dos recursos públicos dos veciños de Ordes”.
Gonzalo Castro acusou ao alcalde e o PP de “rexeitar a democracia real, a transparencia e a participación, porque síntense máis cómodos coas políticas clientelares e caciquís que veñen practicándose en Ordes desde hai máis de 20 anos, e que só teñen ocasionado un evidente atraso económico e social”.

Frades – o pleno debate a aprobación inicial do PXOM

O PLENO MUNICIPAL DE FRADES DEBATERÁ HOXE A APROBACIÓN INICIAL DO SEU PXOM

02 de abril de 2012.- O Concello de Frades celebrará hoxe martes 3 de abril a súa sesión plenaria ordinaria, na que se debaterá a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Unha proposta que foi estudiada durante a semana pasada na Comisión de Urbanismo e que dende este mércores estará a exposición pública no Concello de Frades. O período de alegacións empezará o día seguinte á publicación do anuncio da aprobación inicial do PXOM no DOGA e estará aberto durante un prazo de 2 meses.

O pleno tamén debaterá unha proposta do Grupo de Goberno para pedirlle á Consellería do Medio Rural e do Mar e ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a adopción dunha serie de medidas excepcionais para compensar aos gandeiros polas perdas que están a sufrir pola seca durante o ano 2011 e, sobre todo, no que levamos de 2012.

Algunhas destas medidas son de tipo impositivo, como que a compra de alimentación animal (forraxes e pensos) poida ser desgravable durante a seca, a reducción das cotizacións da Seguridade Social para os gandeiros ou a reducción dos módulos para o cálculo da base impositiva do exercicio 2011. Outras medidas son de tipo financeiro, como que as Administracións Públicas aceleren e prioricen todos os pagos aos gandeiros e agricultores, que poidan dispoñer de axudas financeiras para paliar a falla de circulante nas explotacións gandeiras ou anticipar o pagamento das axudas da PAC, tal e como ten anunciado a propia Xunta de Galicia.

A sesión desenvolverase de acordo coa seguinte orde do día:

1- Aprobación acta da sesión anterior

2- Aprobación inicial do PXOM

3- Mocións

4- Rogos e preguntas

 

DATA: Martes 3 de abril de 2012.

HORA: Ás 14:15 horas

LUGAR: Salón de plenos

Brión – nova estación de bombeo para mellorar o saneamento en O cabo

BRIÓN MELLORARÁ O SEU SERVIZO DE SANEAMENTO COA INSTALACIÓN DUNHA NOVA ESTACIÓN DE BOMBEO E IMPULSIÓN DE AUGAS RESIDUAIS EN O CABO

Espina e Delfín resulta adxudicataria da xestión do servizo público de saneamento de Brión polos próximos vinte anos

02 de abril de 2012.- A empresa Espina e Delfín vén de resultar adxudicataria do concurso convocado polo Concello de Brión da xestión do servizo publico de saneamento polos próximos 20 anos (prorrogables por catro máis), baixo a modalidade de concesión. A empresa adxudicataria comprometeu diversas melloras no saneamento brionés, entre as que destaca a instalación dunha estación de bombeo e impulsión de augas residuais na localidade de O Cabo (parroquia de Os Ánxeles), orzamentada en máis de 21.000 euros.

Espina e Delfín asumirá todos os costes derivados do correcto mantemento (tanto preventivo como correctivo), explotación e limpeza das instalacións de saneamento do Concello de Brión. Isto suporá un investimento de algo máis de 200.000 euros en tarefas de conservación das acometidas dos abonados.

Unha rede que se ten máis que duplicado nos últimos dez anos e que está composta por seis estacións depuradoras de augas residuais (Busto de Frades, A Graña, Moldes, Vioxo de Arriba, Vioxo de Abaixo e Ombre), dez fosas sépticas (Goiáns, Pousada, Vilar, Pazos, Salaño Pequeno e Salaño Grande; así como dúas unidades en Ons de Abaixo e en Romarís) e 16 estacións de bombeo (A Graña, Nináns, Ombre, Mourentáns, Cantelar, Bastavales, Chave de Carballo, Chave da Ponte, Beca, Gándara, Gosende e Perros; así como dúas estacións en Gundín e outras tantas en Brans de Abaixo).

Espina e Delfín comprometeuse tamén a realizar unha axeitada sinalización das instalacións, incluída a sinalización de riscos laborais e a revisión de toda a rede por técnicos en seguridade e prevención de riscos laborais. Así mesmo, realizará unha segunda revisión da rede para controlar a entrada de augas limpas.

Silleda – actos de reapertura da rua Cartaxena

O Concello de Silleda organiza actividades para a reapertura da rúa Cartaxena

- Os que desexen participar nelas deberán anotarse na Casa da Xuventude

Silleda, 2 de abril de 2012

O Concello de Silleda está a organizar a reapertura da rúa Cartaxena que contempla un fin de semana con numerosas actividades, e celebrarase o sábado 14 e o domingo 15 de abril.

Segundo o previsto, o acto de reapaertura, no que se descubrirá unha placa co nome da vía, comezará ás 13.00 horas do 14 de abril. A continuación, un quinteto de metais da Banda de Música Municipal de Silleda, interpretará unhas pezas para todos os presentes.

O sábado pola tarde, a partir das 16.00 horas e para os cativos de 6 a 12 anos, haberá a actividade “Galego de Cine” que está integrada no programa Fala Redes de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Consiste na proxección de varios audiovisuais en lingua galega para os pequenos, na realización dun conto e dun vídeo matón no que eles mesmos contarán a historia inventada. Para a primeira destas actividades situarase unha caravana na rúa Cartaxena que permanecerá cortada ao tráfico; as outras dúas faranse na propia rúa en caso de que faga bo tempo, ou nunha aula da Casa da Cultura se chove.

Os rapaces e rapazas que desexen participar nesta actividade poden inscribirse dende hoxe mesmo na Casa da Xuventude municipal.

Para o domingo a partir das 17.00 horas, tamén integrado no programa de Fala Redes, está prevista a actividade Titerehop, pensada para os adolescentes de 13 a 17 anos, e dividida en tres partes. A primeira, é un obradoiro de hip-hop no que se falará da historia xeral desta cultura, ademais de realizarse rimas e composición de letras. A Segunda parte é un obradoiro de expresión plástica coa construción dun títere; a terceira, é a posta en escena, con este monicreque, do traballo realizado en toda a actividade, e gravándoo cunha cámara de vídeo (só aos monicreques).

O Títerehop tamén se desenvolverá na rúa Cartaxena, e en caso de que non faga bo día, trasladarase a actividade ao pavillón municipal. Os mozos e mozas que desexen asistir a este obradoiro, tamén deberán achegarse á Casa da Xuventude de Silleda para formalizar a inscrición.

A partir das 20.00 horas terá lugar a obra de teatro “Cincenta, a gata borrallenta”, de Eisenhower Moreno, pola compañía EL Producións Artísticas. A peza é apta para todos os públicos e a entrada única custa 5 euros. Será no Salón de Actos da Casa da Cultura.

Con esta programación a apertura da rúa Cartaxena convértese nunha festa “para tódolos públicos que demostrará a importancia que ten vivir nun pobo humanizado” di a Alcaldesa, Paula Fernández Pena.

Dinamización da hostalería

O Concello de Silleda tamén lle propuxo aos bares da rúa Cartaxena a organización dalgún tipo de actividade para esta fin de semana co fin de ampliar a oferta de ocio, comprometéndose á difusión das actividades “colaborando entre todos daremos a coñecer as novas posibilidades de esta rúa”, afirma a rexedora de Trasdeza.