Axenda e tempo do sábado 23 de agosto - Feito a man, Cidade Imaxinaria, Sons de verán, exposicións


Actividades

Arzua - Confiteria A Esquina - Sons de verán - Porco Rosso

Santiago - Cidade da Cultura - Cidade Imaxinaria 2014

Santiago - Feito a man - Fabulous Resaca Brothers

Santiago - Feito a man -The Lakazáns


Santiago - Ánxel casa - mi casa, su casa

Santiago - Fonseca - Un mar 50 miradas

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago - Museo das Peregrinacións - Miguel Ánxo Prado


Santiago - Museo do Pobo Galego - cerámica de Díaz Pardo

O Tempo

BNG Compostela - A mala xestión fai perder ocupación hotelera

Rubén Cela sinala que por mor da nefasta política de turismo a cidade se converte en destino de excursionistas e perde ocupación hoteleira
Os aloxamentos ilegais e as prazas que oferta a Igrexa sen pagar o IBI son competencia desleal para o sector

O portavoz municipal do BNG, Rubén Cela, sinalou en rolda de prensa que as políticas da Xunta e do Concello converten Santiago nun destino de visitantes e de excursionistas máis que en turistas interesados por coñecer unha cidade Patrimonio Cultural da Humanidade.

Así, destacou que os datos da Asociación de Hostalaría poñen de manifesto que “as cousas non se están a facer ben” cando no segundo mellor mes da historia en materia turística na historia do Estado español e nunha cidade “na que calquera que dea un paseo pola zona histórica pode comprobar que está absolutamente abarrotada a ocupación caeu case 3 puntos no pasado mes de xullo”.

Para Rubén Cela hai un problema sobre os que o Concello e a Xunta non actúan debidamente, o intrusismo e os estabelecemento ilegais. Neste sentido, lembrou que en xullo de 2011 o BNG xa fixera unha petición ao Goberno local para que actuase porque daquela, segundo os cálculos do propio sector, podían existir unhas 3.000 prazas de aloxamento ilegal en Santiago, ás que hai que engadir as ofertadas por internet e as da Igrexa que non paga o IBI nos seus estabelecementos de hospedaxe. “Ambas son unha evidente competencia desleal para o sector hostaleiro”, indicou.

Durante os tres últimos anos, dende que o BNG demandara medidas para evitar o intrusismo e a competencia desleal deste tipo de estabelecementos, “lonxe de resolverse o problema, agravouse e fíxose crónico”. Por iso reclamou unha maior coordinación interadministrativa e vontade política para atallalo porque ten consecuencias económicas, tanto no pagamento de impostos como na creación de emprego e falta de profesionalización e especialización e, ademais, na imaxe e na falta de seguridade ao non contar con garantías mínimas.

Sobre as deficiencias detectadas polo alcalde no Camiño de Santiago, Rubén Cela aludiu á desatención da responsabilidade nesta área cando durante 5 anos Agustín Hernández foi conselleiro de Infraestruturas na Xunta e a que María Antón foi directora xeral de Turismo entre 2001-2005. “Está ben enfundarse a chaqueta de alcalde para arranxar o Camiño de Santiago, pero é que levou moitos anos a chaqueta de conselleiro e de vicepresidente do PP e desmantelou o SA Xestión do Plan Xacobeo”, afirmou Rubén Cela.

Ames - Concello e SERGAS analizan as reformas a realizar no centro de saude do Milladoiro

O Concello de Ames e o Sergas analizan in situ os traballos que hai que realizar no centro de saúde do Milladoiro

Os técnicos municipais do Concello de Ames mantiveron unha reunión cos técnicos do Sergas para analizar e planificar os traballos que hai que executar para reformar a cuberta do centro de saúde do Milladoiro. O Concello de Ames valora en preto de 50.000 euros o custo dos traballos que habería que realizar.

O alcalde de Ames, Santiago Amor, o concelleiro de Obras e Urbanismo, Alfredo Taboada, visitaron xunto cos técnicos municipais e do Sergas o centro de saúde do Milladoiro, para comprobar de primeira man as obras que son necesarias para reformar o tellado deste edificio.

Nos últimos días os técnicos municipais do Concello de Ames mantiveron unha reunión cos técnicos do Sergas para analizar e planificar os traballos que hai que executar para reformar a cuberta do centro de saúde do Milladoiro. O alcalde de Ames, Santiago Amor, o concelleiro de Obras e Urbanismo, Alfredo Taboada, visitaron xunto cos técnicos municipais e do Sergas o centro de saúde do Milladoiro, para comprobar de primeira man as obras que son necesarias para reformar o telladodeste edificio. O Concello de Ames valora en preto de 50.000 euros o custo dos traballos que habería que realizar.

Os servizos técnicos de Urbanismo do Concello de Ames realizaron unha memoria valorada sobre as obras de reparación que habería que executar para reformar o tellado do centro de saúde do Milladoiro. Nos últimos días os técnicos municipais reuníronse con técnicos do Sergas para darlle traslado desta memoria de obras e para visitar o centro de saúde do Milladoiro, onde puideron ver de primeira man o estado actual da cuberta deste edificio. Nesta visita tamén participaron o alcalde de Ames, Santiago Amor, eo concelleiro de Obras e Urbanismo, Alfredo Taboada.

Descrición das obras
Na devandita memoria recóllese que hai que realizar varias actuacións encamiñadas a solucionar os problemas de entrada de auga neste edificio. Para solucionar estes problemas o Concello de Ames pretende levar a cabo varias obras no centro de saúde do Milladoiro. Primeiro haberá que desmontar as tellas do tellado e as placas de fibrocemento dos bordes dos canelóns, para poder limpar con auga a presión o canelón interior, as placas de fibrocemento, as zonas de babeiro co edificio colindante e a fachada do edificio. De seguido, procederase á demolición do peche de pavés e a impermeabilización do canelón interior.

Outros traballos que haberá que realizar serán a reparación de gretas das placas de fibrocemento con impermeabilización; o selado da entrega de babeiro de plomo co edificio colindante; a execución de encontros con chemineas e paramentos; e a colocación de tella cerámica curva con ganchos de aceiro inoxidable e tomada con espuma de poliuretano.

Por último, a memoria de obras tamén contempla traballos de carpintería exterior de aluminio lacado negro e dobre cristal con cámara de seguridade; a substitución de vidros con roturas, do lucernario de patio; o revestimento de fachada con pintura; e a reposición do falso teito de escaiola, e posterior pintado. A contía destas obras ascende a un importe de 47.183,18 euros.

Silleda - O goberno critica as palabras do portavoz do PP

Cuíña denuncia que os veciños de Silleda estarían “perdidos e condenados á miseria se gobernara José Luis Espiño”
-O goberno lamenta a desfachatez do voceiro do PP cuestionando a inversión no campo de fútbol da Bandeira

-“O que é un despropósito é que critique unha actuación conveniada coa Deputación e que aínda por riba fale en nome doutros clubes, abrindo un debate e creando un malestar innecesario”, dí o alcalde, Manuel Cuíña

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña Fernández , asiste “con asombro e estupor” ás últimas manifestacións do voceiro do PP sobre a inversión na renovación da iluminación no campo de fútbol da Bandeira. Cuíña califica de “desfachatez” a “desafortunada reacción, ás que xa nos ten acostumados o señor Espiño, que se gobernara en Silleda estariamos perdidos e condenados á miseria”, engade

O rexedor lamenta que “ao igual que fixo cos danos do temporal o PP cuestione unha nova inversión para este municipio, da que se beneficiarán neste caso numerosas persoas e deportistas ”, sinala.

Cuiña explica que “por se xa non fora grave chamar despropósito á mellora dun equipamento público, aínda por riba descoñece que esta actuación forma parte dunha actuación de mellora integral do campo” acordada no seu día coa Deputación de Pontevedra.

“O que é criticable é a total e absoluta falta de descoñecemento coa que fala o voceiro popular. Primeiro porque parece descoñecer o estado no que se atopa o campo da Bandeira, que a día de hoxe é con diferencia o que maiores deficiencias presenta de todo o municipio, e segundo porque nin siquera sabe que a dotación de luminarias é o compromiso que adquiriu o goberno co organismo provincial para facer as obras”, engade.

Compromiso coa Deputación e coste mínimo para o Concello

Así, Cuíña recorda que neste caso, ao igual que se fai noutros Concellos, o acordo coa Deputación para renovar o céspede dos estadios, pasa por que as Administracións locais asuman a renovación do alumeado. “Parece que o señor Espiño aínda non se enterou de que xa hai tres semanas que os técnicos da Diputación viñeron a facer o levantamento topográfico para as obras. Recoméndolle que mellore as vías de comunicación co organismo provincial ou que se informe mellor antes de sair públicamente a decir sandeces”.

Así mesmo, Cuíña lémbralle que a renovación da iluminación da Bandeira terá un coste mínimo para as arcas municipais, xa que se fará con cargo aos cartos que lle corresponden a Silleda polo Fondo de Compensación Ambiental. “Non sabemos onde está o despropósito porque a nosa obriga como Administración Local é buscar recursos para lograr inversión que melloren as condicións de vida dos nosos veciños e veciñas. E aínda por riba neste caso temos que dar cumprimento a un acordo coa Diputación, ao igual que fixeron outros concellos”, engade o alcalde.

“Se 42.000 euros lle parecen un despropósito non sabemos que lle parecerán os preto de 600.000 euros aproximadamente que se comprometeu a investir a Deputación”, sinala o rexedor.

Inversións en instalacións deportivas e inminente actuación en Outeiriño

Dende o goberno municipal, o concelleiro de Deportes, Klaus Brey, lémbralle ademais a José Luis Espiño que nos últimos tres anos o Concello de Silleda fixo un “enorme esforza na mellora e renovación das instalacións e infraestruturas deportivas”.

Así lembra que logo da mellora integral do campo de fútbol de Lamela, con unha destacada inversión para dotar o campo de herba natural, acometeuse outra actuación similar no campo de fútbol de Laro, que se inaugurou hai agora un ano. Tamén recorda que no caso do campo de Outeiriño se fixo o equipamento dos vestiarios, pintado e dotación de mobiliario. Do mesmo xeito, o concelleiro explica ademais que o Concello leva varias semanas planificando en colaboración coa directiva da S.D. Silleda a mellora e mantemento do terreo de xogo, que se fará de xeito inminente. “Parece que sobre esta cuestión o voceiro Popular fala de oídas”, di Brey sobre as críticas do PP.

Tamén se renovou por completo a cuberta do pavillón polideportivo da Bandeira, e entre outras melloras de mantemento, destaca tamén o proxecto para a cuberta das pistas de pádel de O Castro, ou a recente estrea das instalacións da cancha de entrenamento da Escola de Golf, que se continuará mellorando.

Críticas por falar en nome dos clubes

“O que é un despropósito é que critique unha actuación conveniada coa Deputación e que aínda por riba fale en nome doutros clubes, abrindo un debate e creando un malestar innecesario”, dí o alcalde, Manuel Cuíña.

“Logo de ver a actuación estelar do señor Espiño cando tocou reclamar ao Estado axuda para reparar os cuantiosos danos do temporal, e agora esta nova salida de tono, o que teño moi claro e que se este señor gobernara en Silleda o municipio estaría literalmente condenado”, engade o alcalde.

Cuíña di que “o que xa é o colmo e que se erixa en portavoz dos clubes do municipio, creando un malestar innecesario, polo que lle recomendo que se deixe de guiar por comentarios de taberna e que se poña a aprender cómo se fai política de unha vez”.

Agradecemento á Diputación



Por último, Cuíña agradece a colaboración e “a boa sintonía” cos responsables da Deputación de Pontevedra “que están a cumprir os compromisos adquiridos”. O alcalde agarda que as obras poidan acometerse no menor prazo de tempo posible, “ e que de unha vez todas neste concello se acaben con declaracións surrealistas sobre esta e outras actuacións”, engade.

BNG A Estrada - - Problemas no novo campo de fútbol

Concello e de Deputación de chapuza en chapuza até o desastre final
A experiencia demostra que serán os estradenses os que paguen os problemas detectados no novo estadio, no canto da empresa ou a deputación

“O que mal empeza mal acaba”, afirmou o concelleiro do BNG, Xosé Magariños, en referencia aos problemas detectados no novo campo de fútbol construído pola Deputación de Pontevedra e o concello da Estrada. “O que era unha mala idea desde o seu inicio, é dicir, construír un novo campo de fútbol que non necesitabamos, acabará converténdose nun pesadelo para o PP, e en concreto para o alcalde, e unha lousa para as arcas municipais, que se terán que facer cargo, a parte dos custes de mantemento, do arranxo dos problemas detectados no novo estadio”, explicou Magariños.

“E non facemos estas afirmacións de xeito gratuíto”, engadiu o concelleiro nacionalista, “a experiencia xa demostrou en varias ocasións que o concello asume obras e servizos que lle corresponden competencialmente á Deputación de Pontevedra ou a outras administracións, no canto de esixir a súa execución”.

Parroquias a medio desbrozar

“Así por exemplo, temos constancia”, explicou Magariños, “que a Deputación de Pontevedra non está efectuando os desbroces das estradas que lle corresponden, senón que o fai o concello, e para iso deixa o traballo a medio facer, como ocorre estes días na parroquia de San Xiao de Vea, que celebra esta fin de semana as súas festas, e a estrada da Deputación que atravesa a parroquia está na súa meirande parte sen desbrozar”. “Pero non quedaramos que o rural se debrozaba cando había festas nas parroquias?”, preguntase o concelleiro do BNG, “pois vese que nin así se desbroza o rural”.

Din que non hai cartos, pero a Deputación gastou o ano pasado un millón de euros na volta ciclista


“Logo dirán desde o PP que non hai cartos nin para os desbroces do rural nin para arranxar os sumidoiros da avenida de Santiago, pero para traer a volta ciclista si”, explicou Magariños, “o ano pasado a Deputación de Pontevedra gastou máis dun millón de euros na organización da volta ciclista que pasou pola Estrada, pero será o concello quen teña que arranxar os problemas do novo estadio, asumir servizos que non lle correspondente, etc, etc, co beneplácito e o entusiasmo do señor alcalde, por suposto”.

O concelleiro do BNG esixe ao alcalde unha explicación polo que está a pasar no novo estadio. “O PP vai de chapuza en chapuza, como se estivera xogando ao xogo da oca, o que está facendo e malgastando os cartos de todas e todos e tomándolle o pelo aos veciños”, afirmou o concelleiro nacionalista e engadiu “queremos saber quen vai asumir os custes do arranxo do estadio, o concello, a deputación ou a empresa adxudicataria, que é a quen se lle deben esixir ao estar a obra aínda en garantía?”.



“Insistimos”, afirmou Magariños, “o pobo da Estrada merece unha explicación sobre quen pagará esta nova chapuza da marca PP”.

Ordes - Os Viqueiras animaron os "Ordes ao serán"

O Grupo de Gaitas Os Viqueiras de Ordes animan unha nova cita do programa ‘Ordes ao serán’

O Grupo de Gaitas Os Viqueiras de Ordes participaron onte no ciclo de actuacións ‘Ordes ao serán’. Moitos veciños e veciñas desfrutaron desta actuación na que se interpretaron moitas das pezas que forman parte do repertorio habitual desta formación. 

O programa musical e lúdico ‘Ordes ao serán’ está organizado polo Concello de Ordes e o Museo do Traxe. Está especialmente pensado para que se poida desfrutar da música ao aire libre na época estival, á par que se facilita a relación entre a veciñanza.

Axenda e tempo do venres 22 de agosto - Feito a man, verán na rúa, exposicións


Actividades

Santiago - Verán na rúa - El Espejo

Santiago - Feito a man - Tis Che Tein

Santiago - Feito a man - Los Chavales


Santiago - Ánxel casa - mi casa, su casa

Santiago - Fonseca - Un mar 50 miradas

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago - Museo das Peregrinacións - Miguel Ánxo Prado


Santiago - Museo do Pobo Galego - cerámica de Díaz Pardo

O Tempo

Ames - Arranxos no CEIP de Ventín, en Trasmonte e en Lens

O Concello de Ames executará obras no CEP de Ventín, Milladoiro, Trasmonte e Lens por valor de 76.317 euros

O goberno municipal, reunido en Xunta de Goberno Local, vén de aprobar o inicio do expediente de contratación de varias obras que están incluídas no Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial da Coruña correspondentes ao exercicio 2014. Nestas obras o Concello de Ames investirá untotal de 76.317 euros.

O paquete de obras que se sacou a licitación recolle a dotación dun aparcamento para o CEP de Ventín; o asfaltado no tramo que dá continuidade entre a rúa do Seixo e a estrada DP-0206; a pavimentación do camiño que vai dende O Portanxil ata o lugar de Trasmonte; e o asfaltado interior na aldea de Lens.

Ames, 21 de agosto de 2014. O goberno municipal, reunido en Xunta de Goberno Local, vén de aprobar o inicio do expediente de contratación de varias obras que están incluídas no Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial da Coruña correspondentes ao exercicio 2014. O paquete de obras que se sacou a licitación recolle a dotación dun aparcamento para o CEP de Ventín; o asfaltado no tramo que dá continuidade entre a rúa do Seixo e a estrada DP-0206; a pavimentación do camiño que vai dende O Portanxil ata Trasmonte; e o asfaltado interior na aldea de Lens. Nestas catro obras o Concello de Ames investirá un total de 76.317 euros.

O Concello de Ames executará este ano varios proxectos que están sufragados con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial da Coruña. Para elo o goberno amiense, reunido en Xunta de Goberno Local, aprobou o inicio da contratación das obras para dotar ao CEP de Ventín dun aparcamento, os traballos de asfaltado no tramo que dá continuidade entre a rúa do Seixo e a estrada DP-0206; a pavimentación do camiño que vai dende O Portanxil ata Trasmonte; e o asfaltado interior na aldea de Lens. Nestas catro obras o Concello de Ames investirá un total de 76.317 euros.

No proxecto para dotar dun aparcamento ao CEP de Ventín e nos traballos de asfaltado no tramo que dá continuidade entre a rúa do Seixo e a estrada DP-0206 investiranse 36.612 euros. O aparcamento do colexio de Ventín disporá dunha superficie de 1.715 metros cadrados (49 x 35 metros). Os traballos que se realizarán serán o acondicionamento do terreo coa correspondente nivelación e rasanteo. Posteriormente, executarase a pavimentación desta superficie con quince centímetros de grava e aplicarase un triple tratamento asfáltico. No proxecto desta obra tamén se contempla a colocación de 115 metros de bordo de formigón, a canalización de 4 metros de taxea de formigón de 30 centímetros de diámetro para drenaxe, a colocación de 49 metros de varanda metálica para defensas e a sinalización vertical coa colocación dunha sinal de stop.

Na obra de asfaltado no tramo que dá continuidade entre a rúa do Seixo e a estrada DP-0206 actuarase nunha superficie de 118 metros de longo por 8 metros de ancho. Neste caso, preténdese pavimentar esta vía con dez centímetros de zahorra de canteira, doce de grava, e posteriormente, a aplicación dun triple tratamento asfáltico. Previamente, haberá que acondicionar o terreo coa correspondente nivelación e rasanteo. Finalmente, contémplase a canalización de 8 metros de taxea de formigón de 40 centímetros de diámetro para drenaxe e a sinalización vertical coa colocación dunha sinal de stop.

Pavimentación do camiño de Portanxil a Trasmonte e asfaltado en Lens

Por outra banda, investiranse 39.705 euros na pavimentación do camiño que vai dende O Portanxil ata o lugar de Trasmonte e no asfaltado interior da aldea de Lens. A obra de pavimentación do camiño de Portanxil a Trasmonte realizarase en dous treitos diferentes de 650 por 5 metros e de 155 por 5,50 metros, así como en dous abanicos de 35 por 5 metros e de 15 por 5 metros. Primeiro, haberá que reparar as fochancas existentes e perfilar as mordentes con grava e cun tratamento asfáltico semiprofundo. A través desta obra preténdese mellorar a capa de rodaxe coa aplicación dun tratamento asfáltico superficial e co correspondente rego de selado. Finalmente, contémplase a apertura de gabias e a limpeza das salvagabias para que haxa un correcto drenaxe lonxitudinal e transversal.

Por último, o proxecto de asfaltado no interior da aldea de Lens recolle a execución dos traballos en seis treitos diferentes (230x3; 350x4; 95x3,50; 85x4; 150x3,50 e 200x3,50), así como en 450 metros cadrados de sobreanchos. Con esta obra preténdese mellorar a capa de rodaxe desta vía cun tratamento asfáltico superficial e cun rego de selado. Previamente, haberá que reparar as fochancas existentes e perfilar as mordentes con grava e cun tratamento asfáltico semiprofundo. Finalmente, contémplase a apertura de gabias, a limpeza das salvagabias e a execución de 20 metros de caz de formigón cunha reixa para que haxa un correcto drenaxe lonxitudinal e transversal.

Oroso - Demanda a Fomento para que limpe as marxes da N-550

O Concello de Oroso reclámalle a Fomento a inmediata limpeza das marxes da N-550 e o acondicionamento dos seus viais de servizo
O alcalde denuncia “o estado selvático” das cunetas pola falta de desbroces e a situación “deplorable” das vías paralelas

O Concello de Oroso reclámalle á Demarcación de Carreteras de Galicia e ao Ministerio de Fomento a inmediata limpeza das marxes da N-550, que tanto neste municipio como no de Santiago acumulan grandes cantidades de maleza e supoñen riscos tanto para a seguridade do tráfico como de incendios. 

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, considera que o estado das cunetas é “selvático, pois xa observamos xesteiras, silveiras e toxeiras de varios metros de altura e mesmo plantas de eucalipto de considerable tamaño nalgúns treitos”. Os veciños corroboran que Fomento leva tres anos sen acometer un desbroce en condicións, de xeito que o espesor da maleza invade as beiravías da estrada de titularidade estatal, ata o punto de facelas desaparecer nalgúns puntos, e tamén os viais paralelos de servizo. 

Con respecto a estes viais, utilizados polos veciños para desprazarse entre lugares situados ao pé da N-550 ou para acceder con maquinaria agrícola ás leiras da zona, o rexedor manifesta que o seu estado “é deplorable porque onde aínda conservan o firme presentan múltiples irregularidades e están practicamente intransitables”. A situación agravarase aínda máis tras o verán, coa chegada das chuvias. 

Mirás explica que o abandono de Fomento está convertendo a N-550 “nunha estrada terceiromundista en vez da estrada de primeira orde que ten que ser”. Por eso, o alcalde empraza á ministra de Fomento a que “non se preocupa só pola AP-9, senón tamén pola estrada nacional, xa que os cidadáns que circulamos por ela e polos seus carrís de servizo temos o mesmo dereito de dispoñer dunha infraestrutura de comunicación segura e cómoda que quen utilizan a autoestrada”.

Melide - Arranxos en Zas de Rei

Rematado o asfaltado na parroquia Zas de Rei – A Xandraga

· Dita actuación puidose facer realidade grazasa o remanente de tesourería positivo. 

· Foron máis de 50.000 € os que se investiron nesta vía do rural rematando unha das principales vías de comunicación. Foi arranxada con aglomerado asfáltico en quente.

Facía máis de oito anos que non se facía unha soa actuación nesta zona co que tiña moitas carencias de necesaria e rápida solvencia. Este goberno continuará con asfaltados en diferentes zonas de Melide nos meses de setembro e outubro. Ademáis se están levando a cabo limpezas de cunetas en sete parroquias de Melide e rural que posibilitarán a adecuación e cuidado axeitado de cara o inverno. Os desbroces son unha medida preventiva para mellorar a seguridade vial e o desaugue nas estacións máis chuviosas do ano, ascendendo o custo a 27.000 € aproximadamente.

Desconcierto Cultural - Festa de clausura do ciclo Terrazeando no Pedroso

El Ciclo TerraZeando se cerrará con los conciertos de Mujeres, Demonhigh y Los Televisores en Monte Pedroso

Tras el éxito obtenido con los conciertos en terrazas del casco histórico de Santiago, Desconcierto Cultural organiza una fiesta fin de ciclo en la Granxa do Xesto el próximo 5 de septiembre.

El Ciclo TerraZeando que organiza Desconcierto Cultural sigue llenando de música algunas de las terrazas con más encanto de Compostela, y tras abarrotar cada uno de los conciertos que han tenido lugar en el casco histórico de la ciudad, el 5 de septiembre dará el salto al Monte Pedroso, con una fiesta-guateque por todo lo alto en la Granxa do Xesto, donde estará tocando el grupo catalán Mujeres, sin duda uno de las bandas con mejor directo del panorama nacional, y cuya vitalidad podremos comprobar de primera mano en un entorno inigualable.

La velada dará comienzo a las 20:00h y arrancará con las bandas gallegas Los Televisores y Demonhigh, dos prometedores grupos cuyo pop añejo irá como anillo al dedo con el espíritu del evento, que promete hacer época y descubrir un nuevo espacio desconocido con las torres de la Catedral de telón de fondo. Como broche final, también habrá una pinchada por parte de Desconcierto DJ’s, un proyecto nacido bajo el amparo de Desconcierto Cultural, que estarán poniendo una selección de grandes temas de ayer y de hoy hasta bien pasada la medianoche.

Al igual que el resto de conciertos de la presente edición del ciclo, este TerraZeando en el Pedroso será gratuito. Recordad que además de la fiesta fin de ciclo, el 4 de septiembre contaremos con la cantautora catalana Joana Serrat, flamante fichaje delSegell del Primavera Sound, que estará presentando su disco "Dear Great Canyon" en formato trío en la terraza del Hotel Costa Vella.

Ames - Campaña de captación de colaboradores da oficina de voluntariado

A Oficina de Voluntariado de Ames lanza un ano máis unha campaña de captación de voluntarios/as

Todas as persoas maiores de 16 anos (xubilados, amas de casa, estudantes, persoas en activo...) con ganas de axudar aos demais, sen agardar unha compensación económica a cambio, poden ser voluntarios e voluntarias.

A concelleira de Asociacionismo, Voluntariado e Maiores, María Carmen Verde, agradece o traballo desinteresado de todos os voluntarios/as e destaca que "Ames é un referente no traballo de voluntariadodentro da comunidade galega".

A Oficina do Voluntariado de Ames desenvolve continuamente numerosas actividades de axuda a colectivos desfavorecidos ou que contan cunhas necesidades específicas. Pero a OVA precisa tamén apoio dos voluntarios/as, persoas que de xeito altruísta e solidario están dispostas a axudar aos demais. Faite voluntari@, a que esperas? é o título da campaña que está a levar a cabo a Concellaría de Voluntariado e Maiores. A través desta iniciativa preténdese incentivar a participación e colaboración dos amienses nalgún dos campos do voluntariado.

Faite voluntari@, a que esperas? Este é o lema elixido pola Oficina de Voluntariado de Ames (OVA) para captar novos voluntarios/as de cara ao curso 2014-2015. Aínda que esta campaña de captación de voluntari@s está aberta durante todo o ano, durante estas semanas intensifícase co obxectivo de animar á cidadanía amiense a que participe nas actividades que se desenvolverán ao longo do vindeiro curso.

A concelleira de Asociacionismo, Voluntariado e Maiores, María Carmen Verde, agradece o traballo desinteresado de todos os voluntarios/as e destaca que "Ames é un referente no traballo de voluntariado dentro da comunidade galega". Ademais, María Camen Verde, “anima a toda a veciñanza amiense a continuar desenvolvendo esta labor un ano máis”.

Todas as persoas maiores de 16 anos (xubilados, amas de casa, estudantes, persoas en activo...) con ganas de axudar aos demais, sen agardar unha compensación económica a cambio, poden ser voluntarios e voluntarias. Os campos de axuda son moi amplos e abertos. Tarefas tan comúns nas nosas vidas como facer a compra ou acudir a unha cita médica poden non resultar tan doadas para persoas maiores o con algunha discapacidade. Os voluntarios e voluntarias poden axudar a estas persoas nas súas actividades cotiás, o cal implica unha mellora na súa calidade de vida.

Ademais do acompañamento a persoas maiores e/ou persoas con discapacidade, os voluntarios e voluntarias poden dar clases de apoio escolar a nenos e nenas en desvantaxe social, axudalos nos seus deberes, dar clases a persoas maiores que non saben ler nin escribir nas Escolas integrais de Bertamiráns e do Milladoiro, dar clases de español e galego para estranxeiros, colaborar no roupeiro municipal. Estas son algunhas das liñas de actuación e de acción voluntaria que a Concellaría de Voluntariado e Maiores ten abertas, pero a oficina municipal de voluntariado está aberta a todas as propostas das persoas interesadas en dedicarlle un tempo a colectivos necesitados de axuda.

As persoas interesadas en colaborar coas actividades de axuda da OVA poden dirixirse á Oficina do Voluntariado, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns. Para máis información poden chamar ao 662 377 044, contactar a través do correo electrónicovoluntariado@concellodeames.org ou no facebook da oficina de voluntariado.

Oroso - Reciclaxe e xogos tradicionais na semana cultural

O fomento da reciclaxe e os xogos tradicionais, novas propostas da Semana Cultural de Oroso

O fomento da reciclaxe de residuos entre a poboación e a promoción dos xogos tradicionais son as dúas propostas máis recentes da Semana Cultural de Oroso para todos os públicos. 

O impulso dunha correcta xestión doméstica do lixo veu da man do espectáculo de novo circo ‘Residuo’, de Pistacatro. Con moito humor e gran habilidade cos malabares, dous barrendeiros oportunamente caracterizados encárganse de limpar e reciclar todo o que se lles poña por diante. A representación, dunha hora de duración, atraeu máis dun cento de persoas ata a zona exterior da piscina municipal en Sigüeiro. 

Os grandes xogos e os xogos tradicionais foron os protagonistas na praza de Isaac Díaz Pardo, diante da Casa do Concello. Alí, medio cento de nenos e nenas dedicaron a xeira a practicar xogos como o ‘Conecta 4’ en versión xigante ou o xogo do pano por equipos. 

Este venres…
A Semana Cultural do Concello de Oroso, que se prolonga ata o 31 de agosto, prosegue este venres 22 cunha sesión de ‘Contiños para compartir’. Entre as 11 e as 13 horas, nenos e nenas de entre tres e dez anos asistirán a unha sesión de contacontos na que se fomenta a igualdade de xénero a través da lectura de contos e a posterior reflexión sobre o tema. 

Xa pola tarde deste mesmo venres, entre as catro e as sete, estarán instalados xogos inchables na piscina municipal, nunha xeira lúdica para maiores de catro anos. E despois, a partir das sete da tarde, comezará a Festa da Escuma, tamén na piscina municipal e para maiores de catro anos. O día concluirá coa actuación dos combos da Aula de Música de Oroso, no exterior da piscina municipal a partir das oito do serán. Todas as actividades son gratuítas.

Axenda e tempo do xoves 21 de agosto - Feito a Man, Verán na Rúa, Atardecer no Gaias, Exposicións


Actividades

Santiago - Verán na rúa - Gala de Circo Ruactiva

Santiago - Atardecer no Gaias - Los Punsetes

Santiago - Feito a man - Palito y Zahorí

Santiago - Feito a man - Lou Reyes y el Río Ancho


Santiago - Ánxel casa - mi casa, su casa

Santiago - Fonseca - Un mar 50 miradas

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago - Museo das Peregrinacións - Miguel Ánxo Prado


Santiago - Museo do Pobo Galego - cerámica de Díaz Pardo

O Tempo

Vedra - XVII Concentración Motera Val do Ulla

XVII CONCENTRACION MOTEIRA VAL DO ULLA

Os moteiros do Val do Ulla orgnizan un ano maís a súa concentración.
Non a podes perder!!!

Datas: 23 e 24 de agosto
Lugar: Santa Cruz de Ribadulla

Programa de actividades:

O sábado 23 de agosto:
A partires das 16 h apertura de inscricións.

Ás 18.30 h presentación do libro El reto de Ellan Vannin, 1914-2014 centenario español en el TT
O Tourist Trophy da Illa de Man pasa por ser a carreira de motos máis antiga, dura, rápida e perigosa do mundo. A este fabuloso reto enfrentáronse 28 pilotos españois dende 1914 ata os nosos dias. Abelardo Rendo ( director dos documentais deportivos Mph Mann e Objetivo TT 3.0 ) e o escritor e xornalista Juan Pedro de la Torre ( director do portal web Motoworld.es e da revista Sport-Bike) narran, no libro El reto de Ellan Vannin, 1914-2014 centenario español en el TT, por primeira vez na lingua de Cervantes, a historia desta mítica carreira e a dos intrépidos pilotos que se atreveron a desafiar ao Mountain Course.

No marco da 17ª concentración Moteira do Val do UIlla, organizada polo Motoclube Moteiros Val do Ulla, o vindeiro sábado 23 de agosto, ás 18:00 hrs. na casa de Cultura de Sta. Cruz de Rivadulla, farase a presentación deste interesante e curioso libro a cargo do co-autor e veciño do noso Concello, Abelardo Rendo.

Dende o Concello animamos a tod@s @ veciñ@s que así o desexen a asistir á presentación do libro El reto de Ellan Vannin, 1914-2014 centenario español en el TT, que pretende ser unha homenaxe a estes bravos pilotos e que pensamos que todo amante ao motor, sexan duas ou catro rodas, non deberían perderse.


Póla tarde actuación acrobática a cargo Nelson Pina e Jaque Stunt. Ás 19.30 h
No recinto haberá diferentes alternativas de ocio, xogos populares, toro mecánico,…
Pola noite cea para os participantes e actuación de Dj e gogos.

Haberá festa ata que o corpo aguante!!

O domingo 24 de agosto:
Ruta aberta a toda persoa moteira. O grupo sairá arredor das 11 h do recinto habilitado.
Xantar
Entrega de trofeos e agradecementos de participación, etc...

BNG A Estrada - O concello non ten políticas de turismo, só de campos de fútbol

En plena época estival a ponte colgante de Couso está pechada, a Torre de Guimarei está rodeada por unha leira de millo e a web de turismo do concello está sen actualizar; esta é a política que ten o PP para o sector turístico estradense e para recibir aos potenciais turistas que chegan ao noso concello nestes días. Como vén de explicar o concelleiro do BNG, Xosé Magariños, “o PP non ten políticas para o turismo, só as ten para construír campos de fútbol, agora mesmo temos tres vila, e para voltas ciclistas”.

“O alcalde e o seu grupo de goberno apóstano todo ao circo, mentres deixan languidecer o potente sector turístico da Estrada, o concello galego que máis casas de turismo ten”, explicou o concelleiro nacionalista. “Ao turista hai que ofrecerlle contidos, cousas que ver e visitar no noso concello para que pasen o maior tempo posíbel entre nós, gastando e movendo a economía local xunto con outros sectores económicos estratéxicos do noso concello”, explicou Magariños.

“Mais o alcalde”, engadiu o concelleiro do BNG, “pensa que como na Estrada non hai praia a xente non ten nada a que vir, e a pouca que vén atópase coa Ponte Colgante de Couso pechada e cunha torre medieval e un fermoso pazo entre o millo, o que non ocorre en ningún sitio do mundo onde valoren a súa cultura e o seu patrimonio”.

“Xa o dixemos en moitas ocasións”, explicou Magariños, “pero non nos resignamos a ver a Torre de Guimarei e o pazo entre as silveiras e o millo”. “É evidente que a estas alturas o sector turístico xa non agarda nada do Partido Popular”, engadiu o concelleiro nacionalista, “mais nós, o BNG, seguiremos pelexando para que este patrimonio único sexa dos estradenses, e como todos os anos presentaremos emendas aos orzamentos da Xunta e do Estado para isto sexa unha realidade”.

“Así”, explicou Magariños, “xunto a Torre Guimarei e o Pazo, o Pazo de Oca e a Rapa das Bestas son claves para desenvolver unha política que potencie o noso sector turismo, xunto con outros elementos arquitectónicos, como a ponte de Pontevea ou as casas grandes dispersas polo noso territorio, así como paisaxísticos e o gastronómico, pero hai que facelo de acordo co sector e estes elementos teñen que estar nas mellores condicións posíbeis”.

“A Estrada non ten praia, pero ten moito que ver”, afirmou Magariños, “mais no PP só ven campos de fútbol e herba artificial”.

Santiago - Renovación de pistas deportivas o aire libre

O Concello de Santiago renova 42 instalacións deportivas ao aire libre en barrios e parroquias

• O plan de mellora en marcha, con remate en febreiro de 2015, conta cun investimento de 469.000 euros

• O programa inclúe tamén o mantemento ordinario de todas as instalacións deportivas para evitar o seu deterioro no futuro

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, acompañado pola concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, visitou as pistas deportivas do Parque de Xixón, cuxa remodelación vén de rematar. Esta actuación está incluída no plan de mellora e mantemento de instalacións deportivas ao aire libre, cuxos detalles ofreceu o rexedor municipal. Iniciado en xuño e con data de remate en febreiro de 2015, este programa permitirá por a punto 42 pistas deportivas de barrios e parroquias de Compostela, cun investimento de 469.015 euros.

Segundo indicou Agustín Hernández, este plan permitirá por a disposición dos veciños unhas instalacións dignas para a práctica deportiva e tamén mellorar a imaxe estética deste tipo de instalacións. Ademais, este programa contempla o mantemento ordinario de todas as instalacións deportivas ao aire libre, o cal evitará o seu deterioro no futuro.

No caso concreto das obras nas instalacións deportivas do Parque de Xixón, incluídas no plan e xa rematadas, Hernández salientou a adecuación do pavimento para a práctica deportiva, que se atopaba moi deteriorado. Nivelouse a pista, puliuse a superficie, seláronse as fendas, pintouse completamente a pista cunha dobre capa e marcáronse as liñas de xogo.

Optouse por manter as tres pistas de baloncesto, posto que nas proximidades xa existe unha pista para a práctica do fútbol sala (Fermín Bouza Brey), recentemente reparada no marco deste mesmo programa. O investimento na área deportiva do Parque de Xixón foi de 8.628 euros.

Intervención integral en cada área deportiva
O plan de mellora e mantemento de instalacións deportivas ao aire libre contempla a renovación de 42 pistas deportivas en barrios e parroquias. Cun investimento de 469.015 euros, comezou a executarse en xuño e estará en marcha ata febreiro de 2015. Renovadas as pistas do Parque de Xixón, de Alexandre Bóveda e de Fermín Bouza Brey, xa están en marcha as intervencións nas das pistas de Galeras e de San Caetano (pistas de tenis en fronte ao edificio administrativo da Xunta de Galicia). A seguinte obra en comezar será a das pistas de Pontepedriña (situadas na zona coñecida popularmente como Vuelva Mañana).

Este programa realízase no marco do contrato de limpeza e mantemento de parques, xardíns e instalacións ao aire libre adxudicado a finais de 2013 á empresa Cespa. Xorde tras realizar unha completa análise de todas as instalacións deportivas ao aire libre da cidade e das parroquias, identificando as deficiencias de cada unha delas.

O plan presenta solucións axeitadas para cada caso, pero, en liñas xerais, comprende traballos como: limpeza intensa e lavado a presión, renovación ou reparación do pavimento, reparación de fendas, pintado e marcaxe de liñas de xogo, reposición ou reparación de peches perimetrais, reparación ou colocación de novo equipamento deportivo, mellora de pluviais ou limpeza de gradas (15 pistas).

Ademais, para evitar o deterioro destes equipamentos, está programado o mantemento ordinario de todas as instalacións deportivas ao aire libre dentro das zonas verdes: pistas deportivas, parques de skate, pistas de chave e pistas deportivas de céspede artificial.

BNG Compostela - Demanda de explicacións pola non asistencia a homenaxe a Ánxel Casal en Teo

O BNG require explicacións da ausencia do Goberno de Santiago no acto institucional en memoria de Ánxel Casal no Concello de Teo
Por vez primeira ningún membro do Goberno local de Santiago asistiu ao acto en memoria do ex-alcalde asasinado no franquismo

O BNG requírelle explicacións ao alcalde de Santiago por non asistir ningún membro do Goberno local ao acto institucional organizado polo Concello de Teo en homenaxe a Ánxel Casal, cando tiña que ofrecer unha intervención pública en representación institucional da cidade de Santiago de Compostela, segundo o protocolo do evento que se realiza anualmente para lembrar o aniversario do seu asasinato.

“É a primeira vez que o Goberno local de Santiago, sexa do partido que sexa, non participa neste acto institucional ao que convida un concello veciño”, explicou Rubén Cela, portavoz municipal nacionalista en Raxoi.

“Esta ausencia demostra unha actitude irrespectuosa tanto a nivel institucional como coa memoria histórica, ao tratarse dun acto de lembranza dun ex-alcalde que gobernou esta cidade en 1936”, engadiu.

Por este motivo, o grupo municipal do BNG reclámalle unha explicación ao grupo de Goberno encabezado por Agustín Hernández ante esta falta protocolaria cando o Concello de Teo cursou a correspondente invitación á Corporación municipal e non foi atendida debidamente, xa que só houbo representación de membros dos grupos da oposición en Raxoi.

Ames Novo - Campaña de axuda a Gaza

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE AXUDA PARA GAZA EN AMES 
Todas as farmacias de Ames colaboran coa Asociación Médico Hispano-Palestina e coa Fundación Araguaney constituíndose en puntos de recollida de medicamentos, material médico e doazóns económicas 

A criminal agresión militar perpetrada por Israel contra a Franxa de Gaza, leva causada unha enorme cantidade de mortos e feridos (o 30% nenas e nenos). A crise humanitaria provocada por este ataque vese aínda máis agravada pola destrución da meirande parte das instalacións sanitarias dese territorio, sometido a un férreo e ilegal bloqueo polas autoridades do Estado de Israel. 

Para paliar no posible a situación creada, a Asociación Médica Hispano-Palestina puxo en marcha unha campaña de recollida e envío de axuda humanitaria a Gaza, que en Galicia coordina a Fundación Araguaney. 

AMES NOVO solicitou a axuda das farmacias instaladas no municipio para facilitar a participación solidaria da cidadanía, obtendo a inmediata colaboración de todas elas nesta campaña humanitaria. 

Como se pode colaborar? 

Levando á farmacia máis próxima os medicamentos que non estean caducados (blisters ou caixas completos, tamén paquetes de vendas ou outro material sanitario que manteña a integridade do empaquetado). As medicinas que se necesitan son: Antibióticos, antiinflamatorios, analxésicos, pomadas para as queimaduras, gasas de vaselina, apósitos e vendas de todo tipo. 

Ademais, en cada farmacia hai unha hucha na que se pode deixar unha doazón, de calquera importe, que ao final da campaña será trocado polos medicamentos que a Asociación precise. 

Como tamén se necesita material voluminoso (tendas de campaña, mantas, aparellos médicos...), para evitar custes de envío, ese material se merca en Xordania e Exipto. Para contribuír á súa adquisición pódese facer unha doazón na conta IBAN ES39 2038 1173 7860 0048 4825 de Bankia a nome da AMHP. 

Por último, precísanse profesionais da sanidade das seguintes especialidades: Traumatólogos/as, cirurxiáns plásticos/as (para as queimaduras), cirurxiáns vasculares, neurocirurxiáns, enfermeiras/os instrumentistas e especialistas en queimados. As persoas dispostas a prestar axuda como voluntarias sobre o terreo, deben pórse en contacto directamente coa Fundación Araguaney. 

Chamamos a toda a poboación amesá a participar de xeito solidario na axuda ás vítimas inocentes dunha situación cruel. Axudar é moi fácil: só é necesario achegarse á farmacia máis próxima. A campaña remata o 30 de setembro. 

Para máis información pódese contactar con Quique Costas (Coordinador de Ames Novo): 638232626

Santiago - Peche das Noites Curtas hoxe en Pratarías

Curtocircuito, un festival consolidado que celebra este ano a súa 11ª edición
Peche de ‘Noite Curta’ con seis proxeccións na praza das Pratarías
xoves 21 de agosto, as 22.30 h. Entrada libre. 

Tras a exitosa xornada do pasado xoves, ‘Noite curta’ o cine de verán ao aire libre programado e organizado polo Festival Internacional de Curtametraxes – Curtocircuíto, remata ista cita co cinema de curtas nas Pratarías.

Continuando co aniversario da distribuidora Marvin & Wayne que cumpre cinco anos de vida, os mesmos que leva colaborando con Curtocircuíto, preséntase o segundo dos programas no que se proxectarán curtas españolas, arxentinas e galegas. 

1. Las 5 muertes de Ibrahim Gonsález, Pablo Aragüés / 9 min / 2012 / España / Fición

Tras un accidente doméstico, Ibrahim Gonsález pasa un minuto clinicamente morto. Con todo, será o mellor minuto da súa vida! 

2. Fuga, Juan Antonio Espigares / 15 min / 2012 / España / Animación, fición

Sara, acabada de chegar ao conservatorio de Santa Cecilia, descubrirá que existen máis formas de interpretar cada lado do prisma desde o que percibe súa realidade e o seu talento.

3. Click, Irene Iborra, Eduard Puertas / 14 min / 2013 / España / Fición, animación

Un peixe irrompe na rutina laboral dun humano obsesionado polo traballo, e entón… CLIC.

4. Anacos, Xacio Baño / 6 min / 2012 / Galiza / Fición

A vida dunha persoa pode ser tan simple e sinxela como a súa receita de biscoito.

5. Amateurs, Javier Loarte / 12 min / 2012 / España / Fición

Jane e David queren facer un vídeo porno. Chaman a Chris para que o grave.

6. En carne viva, Federico Esquerro / 18 min / 2013 / Arxentina / Fición

É a viaxe dun actor que interpreta un asasino nunha filmación que transcorre nunha carnizaría de Bos Aires. Os artificios do cine fan difícil discernir cando a carne de atrezo se mestura coa verdadeira.

Obradoiro - Os xogadores do Río Natura Monbús teñen xa os dorsales da tempada

Los jugadores del Rio Natura Monbus Obradoiro ya tienen elegidos sus dorsales más personales

Los jugadores del Rio Natura Monbus Obradoiro tienen asignados ya, tras el proceso de elección, los dorsales que lucirán durante la temporada de la Liga Endesa que está a punto de comenzar. Todos ellos llevarán en sus camisetas de juego números con un significado especial para cada uno.

Algunos de ellos aprovechan para emular a sus ídolos, como es el caso de Maxi Kleber, con el 14: “Aunque nunca seré Dirt Nowitzki, él es un ídolo para mí desde que de niño me firmó un autógrafo e intentaré parecerme lo máximo posible a él”, bromea. Tampoco los veteranos como Corbacho se olvidan de históricos como Larry Bird y su mítico 33. Charis Giannopoulos le quiso dar una vuelta más y por ello usará el dorsal 13, número contrario al 31 de Dimitris Diamantidis, su jugador griego favorito.

Pepe pozas, por su parte, eligió el 44 porque espera “que me vaya igual de bien que a mi ex compañero y amigo Richi Guillén el tiempo que lo lució aquí”, y Rafa Luz se abona un año más al 55 porque a pesar de preferir el 5, quiere “dejarlo en el recuerdo por respeto a otro base del que aprendí mucho: Andrés Rodríguez”.

Otros buscan razones más personales aún. Fran Cárdenas lucirá el 24, ya que es la edad con la que debutará en Liga Endesa, razón similar a la de Adam Waczynki para llevar el 21, edad con la que empezó a despuntar en el baloncesto profesional. Juanjo Triguero y Pavel Pumprla, por su parte, comparten también motivo para llevar en sus espaldas el 8 y el 6 respectivamente: es el dorsal que sus esposas, jugadoras de baloncesto, llevaban en sus equipos.

Por último, Daniel Miller portará el 5, posición en la que juega, Keaton Nankivil el 52 que lo acompaña desde hace años, y Jesús Chagoyen el 42.

Durante la temporada 2014-2015 nuestros jugadores lucirán los siguientes dorsales:

5 Miller

6 Pumprla

8 Triguero

14 Kleber

21 Waczynski

24 Cárdenas

31 Giannopoulos

33 Corbacho

42 Chagoyen

44 Pozas

52 Nankivil

55 Rafa Luz

BNG Compostela - O informe de Galeras indica que se usa de xeito privado espazo público

O BNG sinala que o informe de Galeras corrobora a falta de xustificación do interese xeral da obra sobre un uso particular
O documento recolle que con esta actuación para mellorar o acceso do parking se produce “un uso privado deste espazo público”

O portavoz do grupo municipal do BNG afirma que o informe técnico municipal da obra da rotonda da Galeras, que advirte do uso privativo sobre a ocupación de espazo público, vén corroborar o que sinalou o BNG dende un primeiro momento; que o procedemento tivo defectos de fondo e de forma, tanto na falta de xustificación do interese xeral da actuación como na falta de exposición pública para que a veciñanza afectada puidese presentar alegacións.

O informe técnico recolle textualmente que “no proxecto presentado formúlase o novo acceso ao actual garaxe situando una rampla de acceso sobre un espazo libre público, polo tanto, sobre un espazo de uso e dominio público, producíndose un uso privado deste espazo público. Como se sinala no artigo 212 do PXOM, desde os espazos libres pódese realizar o acceso aos edificios pero non é autorizable modificar, apropiarse e proceder á construción da rampla de acceso ao aparcamento privado, xa que este elemento, a rampla, forma parte do propio programa de aparcamento e que deberá emprazarse dentro da parcela privada formando parte do programa do garaxe, sen exceder as aliñacións recollidas no estudo de detalle”.

Rubén Cela lembra tamén que o BNG, atendendo as reivindicacións maioritarias da veciñanza e co fin de restituír a zona verde do parque de Galeras, reclamara no mes de xuño a retirada do valado cando se conseguiu paralizar de xeito temporal esta obra.

“Todo este periplo e os prexuízos para a veciñanza derivados do mesmo poderían terse evitado se o PP escoitara dende un comezo a veciñanza e a oposición que, dende un primeiro momento denunciamos as diferentes irregularidades detectadas nesta actuación, a comezar pola falta de exposición pública existindo un cambio no PXOM”, explicou o portavoz municipal nacionalista.

Ames - Comisións informativas do pleno de agosto

As comisións informativas previas ao pleno de agosto abordarán a aprobación inicial da ordenanza do servizo de taxi e do regulamento do servizo municipal de transporte adaptado

O Concello de Ames celebrará o vindeiro venres, 22 de agosto, as comisións informativas previas ao pleno ordinario deagosto. Nestas comisións informativas abordarase a aprobación inicial da ordenanza do servizo de taxi do Concello de Ames, que regulará as tarifas que se aplicarán neste servizo durante o ano 2014 e o cobro mediante taxímetro.

Outros dos temas que se abordarán será a aprobación inicial do regulamento do servizo municipal de transporte adaptado, que está dirixido ás persoas do concello amiense con mobilidade reducida que non sexan atendidos polo servizo de transporte adaptado autonómico (programa 065). Ademais, abordaranse tres mocións presentadas polo grupo municipal socialista e polos concelleiros/as non adscritos.

O Concello de Ames celebrará o vindeiro venres, 22 de agosto, as comisións informativas previas ao pleno ordinario de agosto. Nestas comisións informativas abordarase a aprobación inicial da ordenanza do servizo de taxi do Concello de Ames, que regulará as tarifas que se aplicarán neste servizo durante o ano 2014 e o cobro mediante taxímetro. Outros dos temas que se abordarán será a aprobación inicial do regulamento do servizo municipal de transporte adaptado, que está dirixido ás persoas do concello amiense con mobilidade reducida que non sexan atendidos polo servizo de transporte adaptado autonómico (programa 065). Ademais, abordaranse tres mocións presentadas polo grupo municipal socialista e polos concelleiros/as non adscritos.

O pasado 14 de xullo entrou en vigor a Lei do taxi de Galicia. Dende ese momento o colectivo de taxistas de Ames comezou a empregar o taxímetro, tal e como marca a devandita lei. Para regular as tarifas do ano 2014 e o cobro mediante taxímetro o Concello de Ames, a través da concellaría de Promoción Económica, estivo elaborando unha nova ordenanza que será levada ao Pleno ordinario de agosto para, se procede, ser aprobada pola corporación municipal amiense. Esta ordenanza está totalmente adaptada ao que establece a Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, aprobada en 2013 polo Parlamento de Galicia.

Cómpre lembrar que no pasado mes de marzo a nova directiva da asociación de taxistas de Ames, que está formada por Agustín Núñez, que ocupa o cargo de presidente, Andrés Núñez, vicepresidente, Gustavo Castro, secretario, e Santiago Núñez, tesoureiro, presentoulle ao goberno municipal un estudo das tarifas a aplicar durante este ano polo servizo de taxis de Ames. Un dos temas máis importantes que se abordaron nesa xuntanza celebrada no mes de marzo foi a utilización dos taxímetros e as tarifas a aplicar.

A partir dese momento o Concello de Ames comezou a traballar na elaboración dunha ordenanza que regule o servizo de taxis amiense, adaptada ao que establece a Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, aprobada en 2013 polo Parlamento de Galicia. Na nova ordenanza regúlanse as tarifas para o ano 2014 e a colocación de taxímetros en todos os vehículos que ofrezan este servizo, así como outras particularidades do servizo.

A proposta desta ordenanza transmitíuselle e foi posta en común coa asociación de taxistas de Ames. Ademais, dentro do proceso de tramitación da devandita ordenanza, déuselle trámite de audiencia enviándolle unha proposta á Dirección Xeral de Mobilidade, ás tres organizacións sindicais máis representativas dentro do sector do taxi de Ames e á Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL). Na fase de exposición pública interpuxéronse varias alegacións a esta ordenanza que foron tramitadas. Finalmente, esta ordenanza será tratada nas comisións informativas deste venres, 22 de agosto, e posteriormente, no Pleno ordinario deste mesmo mes.

Regulamento do servizo municipal de transporte adaptado

Outro dos temas que se abordarán nas comisións informativas será a aprobación inicial do regulamento do servizo municipal de transporte adaptado do Concello de Ames. Este servizo está dirixido aos veciños e veciñas do concello amiense con mobilidade reducida que non sexan atendidos polo servizo de transporte adaptado autonómico (programa 065), ben pola lista de espera que existe ou ben por non ter recoñecido o grao de dependencia que esixe a normativa autonómica, ou incluso, por tratarse de rutas non cubertas polo referido programa 065. Este regulamento tamén será sometido á aprobación da corporación municipal no Pleno ordinario de agosto.

Ademais, abordaranse tres mocións presentadas polo grupo municipal socialista e polos concelleiros/as non adscritos. Na primeira moción presentada polo grupo socialista ínstase ao Goberno de España a estender o subsidio por desemprego ás persoas en situación de desemprego de longa duración que carezan de ingresos e teñan responsabilidades familiares, así como a outros colectivos con dificultades específicas de inserción.

A segunda moción presentada polos socialistas de Ames é en contra do recortes na Lei de Dependencia de Galicia e solicitan que se dedique máis orzamento por parte da Xunta de Galicia para as persoas dependentes. Por último, os concelleiros/as non adscritos presentaron unha moción en contra do pago polo préstamo nas bibliotecas públicas e por cada usuario/a que accede aos seus fondos.