Ültima xornada no #feitoaman2016
Santiago, 27/08/2016 - Todo o que comeza remata e hoxe é o último día do #feitoaman2016 que deixou as rúas de Compostela cheas de boa música.
As familias de acollida dos nenos e as nenas saharauís montan un posto no mercadillo de Bertamiráns
Ames, 27/08/2016 - Hoxe sábado, 27 de agosto, as familias de Ames, Teo e Santiago que acollen nenos e nenas saharauís a través do programa “Vacacións en paz” montarán un posto no mercadiño de Bertamiráns.
Homenaxe a Ramón Antonio Tojo, mestre en Senra nos anos sesenta e setenta
Oroso, 27/08/2016 - Antigos alumnos e alumnas da escola de Senra (Oroso) homenaxearon ao seu mestre Ramón Antonio Tojo García, que traballou no centro escolar entre os anos 1967 e 1976. Foi unha xornada de reencontro na que rememoraron vivencias e recoñeceron unha vez máis a gran vocación pedagóxica do seu mestre. Ordes realiza obras de mellora no pavillón Castelao I
Ordes, 27/08/2016 - O Concello de Ordes continúa coas tarefas de mellora que está a acometer no pavillón polideportivo Castelao I, cun orzamento de aproximadamente 20.000 €. Dende hai algo máis de dúas semanas están a realizarse obras nos vestiarios, nos que se está a instalar un novo azulexado e chans antiescorregadizos, cambios no sistema eléctrico e a instalación dunha nova rede de fontanería e billame. Ames concede ás Asociacións de Comercio axudas por valor de máis de 20.000 euros
Ames, 26/08/2016 - A Asociación de Comerciantes de Bertamiráns (ACB), a Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Milladoiro (AAEPNM), a Asociación de Empresarios PALMIRA BOULEVARD e a Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro (AEMI) son as beneficiarias das axudas que a Concellaría de Promoción Económica ven de conceder co obxectivo de apoiar e fomentar a actividade comercial no municipio. A contía destas axudas é de 20.169,88 euros.O BNG de A Estrada esixe explicacións ao alcalde polo desmantelamento do Grupo de Cans de Rescate
A Estrada, 26/08/2016 - O portavoz municipal do BNG, Xosé Magariños, amosouse preocupado polo que está a acontecer co Grupo de Cans de Rescate da Estrada. Segundo Magariños, "vendo o que está pasando estes días en Italia, onde os cans de rescate son unha peza clave para salvar vidas humanas no terremoto que afectou a varias localidades do páis, é incomprensíbel que desde o concello non fagan nada para manter o Grupo de Cans de Rescate que era modélico e estaban sobradamente preparados para actuar en casos semellantes".O tren turístico promociónase entre as familias con "Santiago para peques en tren"
Teo abre o 1 de setembro a inscrición nas actividades deportivas e culturais
Teo, 26/08/2016 - O Concello de Teo abre a partir do 1 de setembro, o xoves da vindeira semana, o prazo de inscrición nas actividades deportivas e nas escolas culturais municipais para o novo curso 2016-2017. O prazo rematará o día 15 de setembro, se ben a admisión de participantes efectuarase por rigorosa orde de entrada das solicitudes no rexistro municipal. A relación de admisións será publicada o 21 de setembro. O curso comeza a partir do 1 de outubro e remata en xuño de 2017. Dous novos concertos no #feitoaman2016
A VI Festa do Tractor de Silleda contará cun roteiro de clásicos o domingo 11 de setembro
Silleda, 26/08/2016 - Silleda volve acoller unha nova edición da ruta de tractores clásicos, organizada dende a Asociación Galega de Maquinaria Agrícola Clásica. A cita será o vindeiro domingo día 11 de setembro e comezará sobre as 10:30 coa concentración de tractores clásicos xunto á ferveza do Toxa, na parroquia de Pazos. O "Santiago Rugby Club" (SRC) retoma en setembro as súas actividades
Santiago, 26 agosto 2016 - Interesantes novidades no retorno a activdidade do Santiago Rugby Club. Tanto o equipo masculino como o feminino cambian de adestradores. Rodrigo García Patiño "Cañoto" toma as rendas do masculino na 2ª división galega e José Rey Rodríguez "Mega" fará o propio co equipo feminino.Unha viaxe por Bélxica, Afganistán e Xapón a través dos contos dende Tapia
Ames, 26/08/2016 - Dous contacontos desprazaranse á praia fluvial de Tapia hoxe venres. Baixo unha carpa, a partir das 20:00 horas, convidan ás familias a achegarse e asistir a unha sesión de narracións baseada na obra de Neira Vilas “Contos vellos para rapaces novos”. Trátase dunha escolma de contos populares que o escritor recolleu ao longo de seis anos de cinco continentes diferentes; actividade enmarcada no programa autonómico de fomento á lectura “Culturea, cultura e lingua no verán”. En caso de chuvia a actividade trasladarase á Casa da Cultura do Milladoiro. 'Contos vellos para rapaces novos' para despedir o mes de agosto en Ordes
Ordes, 26/08/2016 - Ordes despedirase do mes de agosto cos contos de Xosé Neira Vilas. O vindeiro mércores, día 3, terá lugar o contacontos que leva por título 'Contos vellos para rapaces novos', o cal se desenvolverá na Alameda a partir das 11 horas, aínda que no caso de chuvia trasladarase ao local social municipal sitado na rúa Reconciliación. Xornada do xoves no #feitoaman2016
Santiago, 25/08/2016 - Últimos días para o festival Feito a Man con dous concertos no serán de este xoves.
Comunicado de Ames Novo sobre a transparencia no concello
Ames, 25/08/2016 - Esta semana podíamos ler na prensa que o cumprimento da lei de Transparencia é desigual nos concellos galegos, so 29 dos 55 cunha poboación de máis de 10.000 habitantes teñen un Portal de Transparencia. Enseguida un dos concelleiros de goberno facíase eco da noticia e sinalaba nas redes sociais que estaba orgulloso de que fose Ames un dos concellos que cumpre esta lei na súa totalidade.
Adxudicadas á empresa Endenor as obras de mellora do equipamento no auditorio Manuel Dopazo
Silleda, 25/08/2016 - A Xunta de Goberno Local de Silleda acordou adxudicar á empresa Endenor Construcción, Mantemento e Servicios S.L. o proxecto de mellora do Auditorio Manuel Dopazo, na Bandeira.
‘Teo madruga’ abre o vindeiro luns 29 o prazo de inscrición para o curso 2016-2017
Teo, 25/08/2016 - O Concello de Teo abre o vindeiro luns, 29 de agosto, o prazo de inscrición no ‘Teo Madruga 2016-2017’. Neste servizo de conciliación laboral e familiar poderá participar o alumnado dos centros públicos escolares do municipio. Desenvolverase nos colexios de Calo e dos Tilos, con actividade desde as 7:30 horas ata o inicio das clases.
Este sábado celébrase o Día da Bicicleta do Concello de Frades
O PP de Ames reclama que se recepcione o polígono onde se sitúa a nova escola infantil de Bertamiráns
Ames, 25/08/2016 - En el mes de abril de 2016 el Grupo Municipal del Concello de Ames manifestó su preocupación por el acondicionamiento del entorno de la nueva Guardería del Consorcio Galego de Igualdade en Bertamiráns y acusaba de dejadez al Gobierno Tripartito.
Santiago acollerá en novembro o I Encontro de Cadernos de Viaxe "Compostela Ilustrada"
Santiago, 25/08/2016 Debuxantes de prestixio internacional vanse reunir en Santiago do 10 ao 13 de novembro, para recrear Compostela dunha maneira orixinal e diferente nos seus cadernos de viaxe. Será no marco do I Encontro Compostela Ilustrada, que hoxe presentaron o alcalde, Martiño Noriega; o director do evento, Miguelanxo Prado; a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois; e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín.Ameixenda celebra as súas festas esta fin de semana
Salgueiriños celebra a segunda xornada de "Efecto Proximidade" con contacontos e música
Santiago, 25/08/2016 - Este xoves 25 de agosto terá lugar a segunda xornada de Efecto Proximidade no mercado de Salgueiriños. Esta proposta enmárcase na axenda do Concello para promover o desenvolvemento económico e social dos mercados de Compostela e pretende conxugar elementos lúdicos, artísticos, formativos e gastronómicos coa creación de dinámicas de desenvolvemento do mercado de Salgueiriños tendo en conta aos actores e axentes locais.Oroso ofrece hoxe xoves inchables na piscina e unha Festa da Escuma
Oroso, 25/08/2016 - A Semana Cultural de Oroso ofrece hoxe xoves, 25 de agosto, unha xornada de xogos inchables na piscina municipal en Sigüeiro. Durante todo o día, o acceso ás instalacións será gratuíto, e os xogos estarán dispoñibles entre as 11 e as 13 horas pola mañá e entre as 16 e as 19 horas pola tarde. E a partir das 19:15 horas, está prevista unha Festa da Escuma para nenos e nenas maiores de catro anos. Descóbrese un novo dolmen en Vimianzo sen inventariar
Ainda que Vimianzo non queda na bisbarra de Compostela pareceunos interesante compartir esta nova que chega desde ese concello:
Vimianzo, 25/08/2016 - Nunha finca próxima ao vello camiño entre Caxadas e Sanfíns, na parroquia vimiancesa de Cambeda, apareceu unha nova mámoa coa súa anta no interior. Aínda que o túmulo é de grandes dimensións e está situado perto dun vieiro, pasou desapercibido durante todos estes anos.
Ames firma un convenio para a cesión das parcelas do novo centro de saúde do Milladoiro
Ames, 24/08/2016 - O Salón de Plenos da Casa do Concello de Ames acolleu a firma dun convenio de cesión entre o Concello de Ames e a empresa Montesgal S.L. Nel cédense ao consistorio tres parcelas situadas na Travesía do Porto, no Milladoiro, onde está previsto construír o novo centro de saúde.
Volven os días de 3 concertos ao #feitoaman2016
Santiago, 24/08/2016 - Un día no que de novo a mistura de estilos é unha realidade, pero tamén de países xa que hai desde grupos locais ata un chegado de Francia.
Santiago Futsal e Area Central presentan ‘Área Futsal’
Santiago, 24/08/2016 - Santiago Futsal e Area Central organizan o primeiro torneo e campus unificado do fútbol sala en Santiago de Compostela. Unha semana para que, tanto nenos como maiores, podan gozar dun dos deportes máis reclamados da cidade nun escenario privilexiado como son as instalacións do Centro Comercial Area Central, antes do comezo de curso.Compostela aposta polo turismo familiar cun mapa de poképaradas e ximnasios para o xogo Pokemon go!
Santiago, 24/08/2016 - A concelleira de Turismo, Marta Lois, presentouPokésan, novo proxecto de Turismo de Santiago dirixido a fomentar o turismo familiar na cidade aproveitando as posibilidades que abre Pokémon Go, un fenómeno de masas global cunha gran penetración entre rapaces e rapazas de entre 13 e 17 anos. A concelleira estivo acompañada polo responsable do desenvolvemento informático dePokésan, Camilo Ameijeiras.O Xuventude Frades gaña o XIX Maratón de Fútbol do Concello de Frades
Frades, 24/08/2016 - O equipo Xuventude Frades proclamouse campión do XIX Maratón de Fútbol do Concello de Frades, co seu triunfo na final ante o Paboi por 2 goles a 0. Os campións derrotaran nunha semifinal ao Combinado Frades or 1-0, mentres que o Paboi gañou na outra semifinal ao Veteranos Abellá por 1-0.A Xunta de Goberno de Santiago aproba os prezos dos comedores
Santiago, 23/08/2016 - A Xunta de Goberno aprobou onte os prezos públicos dos servizos de comedor e madrugadores na Rede de Centros Públicos de Educación Infantil e Primaria, para o curso 2016-2017. O prezo que deberán pagar os usuarios polo xantar queda fixado en 4,50 euros, IVE engadido, mentres que o do almorzo será de 1,93 euros, tamén con IVE engadido.
A Aula de Música de Oroso abre o prazo para novas matrículas
Oroso, 23/08/2016 - A Aula de Música do Concello de Oroso abrirá o prazo de presentación de solicitudes para novas matrículas no curso 2016-2017 entre o 22 de agosto e o 9 de setembro. As prazas son limitadas e outorgaranse segundo a orde de entrada das solicitudes no rexistro municipal. Terán preferencia sempre as persoas empadroadas no municipio de Oroso. Eloy Domínguez Serén visita NUMAX para presentar o seu filme «No Cow on the Ice»
Santiago, 23/08/2016 - O Cinema NUMAX recibe o sábado 27 de agosto ás 19:50 a visita de Eloy Domínguez Serén, un dos expoñentes máis importantes do Novo Cinema Galego. O cineasta de Meis (Meaño, Pontevedra) presentará en sala unha das súas últimas creacións, No Cow on the Ice, que terá súa estrea absoluta en cines o mércores 24 de agosto en NUMAX.Los equipos de competición nacional y liga gallega del Santiago Futsal comienzan a entrenar
Santiago, 23/08/2016 - Mon Barreiro continúa un año más como coordinador de las categorías base del Santiago Futsal. De esta manera el club sigue apostando por la cantera, demostrando la importancia de la misma dentro de la estructura del club, que se ve reflejada en el primer equipo, donde el año pasado llegaron a debutar con el primer equipo en competición oficial hasta seis jugadores (Quique, Isma, Richi, Iago Balsa, Sergio y Dani Quintela).Los Wallas pechan esta semana o #TerraZeando en Compostela e A Coruña
Santiago, 23/08/2016 - Todo chega ao seu fin, e tras unha quinta edición do ciclo TerraZeando ben intensa, na que puidemos desfrutar dos concertos de Ultimate Painting, El Monstruo, Alberto Montero, The Shivas, Elle Belga ou Remate, en terrazas, parques e espazos fantásticos, toca despedir o ciclo ata o ano que ven cun bo pepinazo como son Los Wallas e súa perfecta mestura de garaxe, rock, pop ibérico e gamberrismo.Brión amplía o acceso á aldea de Ombre
Brión, 23/08/2016 - A brigada municipal de obras do Concello de Brión executa as obras de ampliación do acceso á aldea de Ombre, na parroquia de Viceso. Trátase duns traballos incluídos no POS 2016, que están orzamentados en 86.388 euros e que estarán rematados a finais do próximo mes de setembro.
Sete novas empresas o viveiro de empresas da Cámara de Comercio
![]() |
| Mónica González e Ivita Alvite de Dama Synergie |
Entrevista con Pepe Casas, conserxe de Ventín en Ames
Ames, 21/08/2016 - Este semana falamos con Pepe Casas, o conserxe de Ventín, sumido nunha polémica laboral desde que o concello firmou a nova relación de postos de traballo (RPT).
Último día dunha fin de semana intensa en Vedra
Vedra, 21/08/2016 - O concello de Vedra remata hoxe unha fin de semana que estivo desde o venres chea de actividades e faino con 3 citas ao longo do día.
Teo homenaxea a Ánxel Casal cando se cumpren 80 anos do seu pasamento
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



















