Teta e Coliño - actividades ata fin de ano

Teta e Coliño rematará o ano 2012 cunha chea de actividades. Aquí volas contamos!!
1. BANCO DE TROCO
Teta e Coliño planea por en marcha en 2013 un pequeno Banco de Troco para uso das familias. No mes de decembro abriremos a recepción de roupa de bebé e de embarazada; e en xaneiro, de artigos de lactancia e de puericultura.
Podedes facer as vosas doazóns ou ingresos no Banco por medio das reunións; ou, se o necesitades, pasaremos a buscalos a domicilio. 


2. TENDA CON BENEFICIO Á TETA E COLIÑO 
Poñemos en marcha esta iniciativa, co obxectivo de recadar fondos para cartelería e folletos. E que ofreceremos na tendiña? por suposto, artigos relacionados coa lactancia e a crianza con apego. Temos unha axenda de maternidade e crianza, o libro "Lactancia" (novidade editorial), colgantes e broches de lactancia... e moi prontiño engadiremos máis cousiñas interesantes. Xa estamos recollendo as primeiras reservas!! Non deixes de visitala: http://www.tetaecolo.blogspot.com.es/p/tenda-teta-e-colino.html


3. OBRADOIRO DE PILATES
Achégase o noso obradoiro PILATES PARA EMBARAZADAS E MAMÁS. Será unha sesión teórico-práctica, á que podedes vir cos vosos bebés e nenos. Terá lugar o martes 11 de decembro, ás 16:30 h no local de Milladoiro. Como sempre, a asistencia é libre e gratuíta. Agradécese confirmación de asistencia. 
Adxuntamos cartel informativo. Consulta aquí o programa da sesión:http://www.tetaecolo.blogspot.com.es/2012/11/obradoiro-de-pilates-para-embarazadas-e_24.html



4. XORNADAS DE CRIANZA
Teta e Coliño colaborará nas I Xornadas de Crianza Consciente e Coaching Familiar, organizadas por Identia, que se celebrarán o vindeiro 14 de decembro en Compostela. Contarán con dúas conferencias de Rosa Jové, a psicóloga autora de "Dormir sin lágrimas" e "La crianza feliz". Máis información: http://www.tetaecolo.blogspot.com.es/2012/11/i-xornadas-de-crianza-consciente-e.html



5. REUNIÓNS DE DECEMBRO
Lembramos que a reunión mensual na sede A ESTRADA será o mércores 5 de decembro, de 17:30 a 20:00 h, na sala NovaGalicia Banco (Rúa Calvo Sotelo, 7). Esperámosvos a todos/as!!
Non haberá reunións en Milladoiro/Bertamiráns por caer en festivo: o xoves 6 e o martes 25.

Ningún comentario: