O Concello de Ames está acometendo os traballos de urbanización da área de reparto S-09 Raíces, en Biduído
O concelleiro de Vías e Obras, Alfredo Taboada, visitou onte estas obras, que permitirán rematar os traballos que quedaron pendentes tras a quebra da empresa promotora e a execución dun aval depositado.
O concelleiro de Vías e Obras, Alfredo Taboada, visitou onte as obras que o Concello de Ames está levando a cabo na urbanización situada na área de reparto S-09 Raíces, en Biduído. As obras que se están acometendo permitirán rematar os traballos que quedaron pendentes tras a quebra da empresa promotora.
Durante a súa visita, o concelleiro destacou que “o Concello esta dando pasos para que a urbanización do sector S-09 Raíces poida ser finalizada”. Alfredo Taboada lembrou que "agora remataranse as obras que quedaron por facer tras a quebra da promotora e a execución dun aval depositado". A construción dos edificios levaba parella a obriga de executar as obras de urbanización, que non se chegaron a rematar.
Os traballos nesta zona teñen un custo de 156.377 euros e foron adxudicados en outubro pola Xunta de Goberno Local á empresa Xabre Obra Civil SL. O sector S-09 Raícesemprázase ao sur do concello, no límite do termo municipalque linda co municipio de Teo, na parroquia de Biduído. A execución destas obras permitir rematar a execución dunramal viario, executar un tramo de beirarrúa e o remate dacalzada. Así mesmo, está pendente o acondicionamento dezona verde pública e a dotación de mobiliario.
Entre os traballos de urbanización pendentes atópanse os resanteos, escavación de gabias para canalizacións, melloras no sistema de abastecemento e rego, así como no alumeado público e de xardinería.
Ningún comentario:
Publicar un comentario