Axenda e tempo do sábado 7 de febreiro - Música, Tetaro, Entroido, exposicións

Santiago - Borriquita de Belem - Alejandro Vargas Trio

Santiago - Cafe Mercromina - Ukeleles Ukestra

Santiago - Bar o Parlamento - Dani Barreiro

Teo - Entroido en Reis

Santiago - Sala Sonar - Silvia Penide 

Santiago - Teatro Principal - Mofa e Befa - Bobas and Galegas

Santiago - Capitol - Morodo - Oukomé Lions Band

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo Gaias - Cine Galicia25 - (ata o 8 de febreiro)

Santiago - Fundación Granell - A inquietante beleza (ata o 5 de abril)

Santiago - Fundación Araguaney - Rosana Calvo (ata o 16 de febreiro) 

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)

Santiago - Museo do Pobo Galego - O universo de Roberto González del Blanco (ata o 8 de marzo)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Retrospectiva sobre o premio Luis Ksado de fotografía (ata o 17 de febreiro)


O Tempo

Ames - O alcalde reúnese co Ministerio do Fomento para tratar a travesía do Milladoiro

O alcalde de Ames, Santiago Amor, reuniuse na tarde de onte en Madrid con representantes do Ministerio de Fomento para buscar fórmulas que alivien a densidade de tráfico que soporta actualmente a travesa do Milladoiro. A xuntanza do rexedor celebrouse co Secretario de Estado de Infraestruturas, Transportes e Vivenda, Julio Gómez Pomar, o director xeral de Estradas, Jorge Urrecho, e o Asesor Parlamentario da Ministra de Fomento, Juan Antonio López Aragón.

A solución que se propón é desviar a circulación dos vehículos pesados pola autovía AG-56 de Brión para enlazar na saída cara a Laraño e Pardiñas co corredor que vai ás Galanas, onde se entraría de novo na estrada N-550. Esta opción, en forma de triángulo, ten unha lonxitude de aproximadamente seis kilómetros.

O alcalde Amor destaca que esta alternativa é “moi razoable, porque aproveita ao máximo as infraestruturas existentes e proporciona unha solución aceptable e áxil que permita retirar da travesa do Milladoiro unha densidade moi alta de circulación pesada, facendo máis segura e humana esta vía saturada”. Representantes ministeriais explican que deben facer xestións coa Xunta de Galicia para acometer este proxecto, xa que a AG-56 é de competencia autonómica. 

A xuntanza en Fomento prodúcese tralo encontro entre o alcalde amesán e a ministra Ana Pastor que celebraron en novembro en Santiago con motivo do inicio das obras da rotonda de Conxo.

Psoe Ames - Escrito sobre o IBI e os cambios na denominación dos solos

O pasado día 24 de setembro desde o Grupo Municipal Socialista presentamos un escrito relativo ao Imposto de Bens Inmobles, no cal, e a raíz da sentenza de data 30 de maio de 2014 do Tribunal Supremo se modificaba a cualificación do solo urbano das parcelas afectadas por un PXOM; e, a efectos catastrais do IBI pasa a ser chan rústico e a contribuír coma solo urbanizable, que esixe para o seu desenvolvemento un plan parcial ou programa de execución.
 
Nese escrito solicitabamos que se requirise á Ponencia do Catastro a aplicación de oficio dos índices correctores dos valores indebidamente cobrados aos afectados por esa sentencia; ademais, que os técnicos municipais realizaran un informe sobre a aplicación da STS 2159/2014 no exercicio económico 2014/2015, e que se solicitase a modificación dos relatorios catastrais nos terreos urbanos onde non se desenvolvesen os plans parciais ou programas de execución necesarios.
 
Posteriormente, e con data de 25 de setembro, e a raíz dunha moción de urxencia debatida no pleno ordinario dese día, a cal resulta aprobada pola maioría dos concelleiros e concelleiras presentes, e segundo a cal se acorda:
 
⎯ Instar á Dirección Xeral do Catastro a aplicar a sentenza do Tribunal Supremo e se revise a cualificación das parcelas que non teñen aprobado plan de desenvolvemento.

⎯ Instar ao Goberno do Estado a axilizar e avanzar na modificación do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario que recolla novos criterios de clasificación do solo de natureza urbana e de valoración de solos urbanizables que non dispoñan dun plan de desenvolvemento, acordes coa sentenza do Tribunal Supremo, de xeito que harmonice a lexislación estatal en materia catastral e urbanística.

⎯ Proporcionar toda a documentación que solicite a Dirección Xeral do Catastro para facer esta revisión, de cara a que todas as parcelas paguen co valor acorde ao que se deriva desa sentenza.
 
Posteriormente, no pleno ordinario do 30 de outubro de 2014, se debateu unha moción que se acordou por unanimidade dos presentes e pola que se tomaron os seguintes acordos:
 
⎯ Instar á Dirección Xeral do Catastro ou aos organismos competentes a realizar o Procedemento de Valoración Colectiva de Carácter Xeral do concello de Ames.

⎯ Instar ás administracións, órganos e/ou entidades competentes a facer unha posta en común da documentación e poñer os medios axeitados para iniciar ese procedemento e realizar os distintos trámites incluído o de comunicación individualizada coa maior axilidade posibles.

⎯ Facultar ao Alcalde-Presidente do concello de Ames a realizar todas as accións que se consideren necesarias na tramitación desta moción.
 
Dado que este é un asunto de importancia, tal e como se reflicte da cantidade de iniciativas presentadas e porque afecta a un número importante de veciños e veciñas do noso municipio, o Goberno non debe de permanecer impasible ante este asunto e debe de actuar, e informar aos afectados e afectadas e aos membros da oposición, porque do contrario podemos chegar a pensar que as accións desenvolvidas son máis ben escasas. A realidade fixa que tres meses despois do último acordo plenario, e despois de transcorridos máis de catro meses do escrito presentado polo Grupo Socialista e no que solicitabamos unha serie de información -que aínda non se nos facilitou- carecemos de calquera tipo de comunicación por parte do Goberno municipal.
 
Tal e como se pode comprobar, desde o mes de outubro non se volveu a incidir neste importante asunto, nin volvemos a ter novas ou información sobre os acordos adoptados nos plenos ou a información solicitada no noso escrito do mes de setembro, e por todo iso é polo que, 
 
SOLICITAMOS:
 
1. Que por parte do Goberno nos dea contestación e a información oportuna ao noso escrito de data 24 de setembro no que pediamos o seguinte:

⎯ Que os técnicos correspondentes realicen un informa sobre a aplicación da STS 2159/2014 de 30 de maio, no exercicio económico 2014/2015, efectos retoactivos, e no seu caso, posible devolución de ingresos indebidos.

⎯ Que segundo a citada sentenza, e para evitar maiores prexuízos aos propietarios dos terreos con plans parciais ou programas non desenvolvidos, se solicite a modificación dos relatorios catastrais.

⎯ Requirir á Ponencia do Catastro para que apliquen de oficio os relatorios catastrais, corrixindo os valores indebidos.

2. Coñecer as xestións realizadas por parte do concello de Ames diante da Dirección Xeral do Catastro ou outros organismos competentes para solucionar a manifesta discriminación que se está a cometer cuns propietarios e propietarias que deben de pagar un IBI que a todas luces e segundo a STS 2159/2014 é incorrecto.

3. aber si se elaborou algún tipo de padrón municipal ou relación nominal elaborada polo concello de Ames na que se apareza o número total de propietarios e propietarias afectadas, e cantas persoas conforman esa relación.

4. Coñecer se existe algún tipo de actuación específica realizada polo concello de Ames para informar aos propietarios e propietarias afectadas das posibles solucións e accións desenvolvidas.

5. Información sobre se por parte do Goberno municipal de Ames existe algunha previsión de datas ou calendario previsto para ofrecerlle unha solución aos veciños e veciñas afectados e que levan pagando un IBI que non lles corresponde.

Teo - O Entroido continúa en Reis

O entroido dos xenerais da Ulla continúa esta fin de semana na parroquia de Reis con saída e atranque o sábado e o domingo. Segundo a organización este ano sairán 16 persoas a cabalo, dous abanderados abrindo a comitiva, catro correos e dez xenerais. Irán acompañado aos dous coros, un de bonitos vestidos co traxe tradicional e outro de vellos con varias carrozas. Calculan que se moverán case 200 persoas entre os coros e os xenerais nas dúas xornadas nas que percorren a parroquia. 

As comparsas e os xenerais sairán o sábado de Coira e pasarán polo Freixeiro, Valiñas, Samar, Pazos, Montecelo, Piñeiro, A Freiría, a Ribeira e rematarán no campo da festa. O domingo sairán pola mañá do Ferreiriño e pararán en Chao do Río, Outeiro, o Calvario, a Ribeira, Olveira, Xermeade, Pontevea e volverán a rematar no campo da festa. Os dous días se celebrará o atranque a última hora da tarde e as coordenadas GPS do lugar 42º 46´ 17.9"/ 8º 33´ 10.1"

Un dos momentos máis destacados da ruta do entroido de Reis é cando chegan a Pontevea xa que resulta moi vistoso ver aos xenerais e correos cruzar a ponte de Pontevea. Este momento será entre as 17:30-18:00 horas, antes de rematar no campo da festa. 

Despois de Reis será a quenda da parroquia de Cacheiras que celebra o entroido os días 14 e 15 de febreiro. O sábado 14 tamén se celebra en Santa María de Teo.

Concurso de tapas do entroido
Onte tamén comezou en Teo o concurso de tapas do entroido TapTeo que funcionará en quince locais e na cantina do mercado do alimento labrego ata o 22 de febreiro. Durante estes días os establecementos participantes ofertarán tapas centradas no entroido a un prezo de dous euros. Participar no concurso valorando as tapas e cubrindo un pasaporte co selo de cada local tamén da dereito a participar no sorteo de varios premios. 

Participan no concurso os seguintes locais da hostalaría teense: Bariloche Café Restaurante, Parrillada As Brasas, A Capilla, Chila Café, Restaurante San Martiño, Hotel Congreso, Cafetería Maradentro, Canaletto, Casa Nerea, Restaurante A Videira, Casa Pernas, Bar O Cruce, Taberna Mella, Cervecería A Santa Sede, Restaurante María Castaña e a Cantina do Mercado do alimento labrego de Teo que funcionará os tres sábados de duración do concurso. Os locais distribúense en tres rutas por proximidade. A ruta 1 Calo-N 550, a ruta 2 Cacheiras-Montouto e a 3 Ramallosa-Pontevea.

BNG Ordes - mala xestión das obras da rúa do Recreo

O portavoz nacionalista, Ramiro Recouso Liste, acusa a Regos de aumentar os custos da obra por non aplicar o sentido común .

O edil nacionalista lembra “que hai tres semanas executáronse obras de reposición do saneamento entre os números 12 e 18 da Rúa do Recreo. En principio a execución destas obras deberían solucionar un problema histórico que sufrían os sotos destes inmóbeis, que ano tras ano sufrían asolagamentos porque as conducións estaban moi deterioradas. Procedeuse á instalar unhas novas conducións e a pavimentar de novo a rúa”.

Ramiro Recouso, denuncia “que esta semana procedeuse a reiniciar as obras no mesmo lugar, porque o problema non quedou solucionado, porque na vez de sustituir o antigo saneamento que está a catro metros de profundidade so se acometeron obras na superficie da rúa, polo que o problema sigue igual que estaba. Agora, o goberno local, pretende solucionar o problema reparando o antigo saneamento desde a superficie mediante unha técnica de selado con resina, que xera un importante sobrecusto sobre o proxecto inicial da obra, cando era mais económico e doado de executar as obras de sustitución do saneamento cando se procedeu a abrir unha zanxa na rúa”.

O BNG lamenta que a falta de sentido común do alcalde, cause tantos quebradeiros de cabeza aos veciños e comercios do entorno, e ás arcas municipais.

Brión - Os técnicos garanten a seguridade da farola de Montebalado

A empresa adxudicataria do mantemento eléctrico en Brión garante a seguridade da farola da urbanización Montebalado que resultou danada por un accidente de tráfico hai uns días. Unha certificación que se engade aos traballos realizados previamente polos servizos de emerxencias brioneses no momento do accidente para garantir a seguridade na zona.

Grazas ao traballo da Policía Local e á colaboración dos veciños e veciñas da zona, o causante do accidente foi identificado, polo que xa se procedeu a informarlle das súas responsabilidades e da obriga que ten de asumir o custe de reparación da instalación. “Nestes momentos xa se procedeu á notificación e esperamos chegar a un acordo amigable”, explica o alcalde Xosé Luís García, “pero de non conseguilo presentaremos denuncia no Xulgado e procederemos a arranxar a farola”.

Alarmismo inxustificado do PP
O alcalde brionés lamenta que o Partido Popular “pretenda alarmar á veciñanza cando se trata dunha situación na que non se corre ningún tipo de perigo, pois a farola está estable, segundo nos informaron os técnicos da empresa encargada do mantemento do alumeado público en Brión. É certo que o seu aspecto non é o ideal, polo que a imos arranxar, pero outra cousa é tratar de xerar unha alarma inxustificada entre os veciños só polo feito de que se acheguen unhas eleccións”. 

Neste sentido, García indica que “cando un é un representante público, ou aspira a selo, o responsable é informarse primeiro da situación e denunciar despois” e lamenta que o PP “volva a esa política do todo vale, que levou a cabo durante a pasada lexislatura. Esperemos que teñan algo máis de sentidiño e non sigan por un camiño que todos os veciños e veciñas de Brión xa temos visto cara onde conducía”.

Partido Galeguista Padrón - O goberno municipal saquea as arcas do concello

Ante o pago dunha factura de 12.000 euros pola xestión do Punto Limpo, xa que esta está incluida dentro do pago mensual dos 18.700 euros que estaba no contrato de adxudicación do Servizo de RSU e ante a sorpresa detectada polo PGD no pago desta factura na Xunta de Gobierno de decembro fixo saltar a alarma, xa que non corresponde o contrato firmado. O PGD denuncia o saqueo continúo das arcas municipais co consentimento e beneplácito do goberno, dun goberno dende o noso de punto de vista partidista das empresas a cambio de saquear as arcas públicas. 

O PGD propón unha xestión directa por parte do Concello do servizo de RSU ata que os veciños-as co seu apoio decindan o tipo de xestión que desean para seu concello, si municipalizar ou privatizar, ca municipalización transitoria que propoñemos o PGD teríamos os datos do custe real do servizo, para poder contrastar un informe técnico que creemos que é desproporcionado, e unha vez máis que determinados informes económico-financieiros, o noso entender, favorecen máis ás empresas privadas que as propias arcas públicas e entendendo que non existe a comparativa precio-calidad dos servizos. Un exemplo máis sin ter que ver co RSU sendo o da piscina cuberta municipal un informe redactado económico-financieiro polos mesmos técnicos, reflexa que é mais viable aumentarlle a aportación do concello de 40.000 euros a 82.000 euros máis o incremento das taxas dos usuarios a favor da empresa, o que suporía un pago doble para os veciños de Padron, como usuarios da piscina e como contribuinte municipal pagando dúas veces, o que fai darnos a razón co respecto de municipalizar a xestión da piscina municipal cuberta para ter os datos reais sobre os custes do servizo e decidir o que é o mellor para o concello.

Anteriormente e ante o seguimento do PGD dita empresa co consentimento do goberno do PP intentaron contratar a xestión de lavado de contenedores e ante as propostas presentadas polo PGD de distintos presupostos de custe de lavado, e ante a non presentación do presuposto do goberno emitido pola empresa, o cal o requirimos nós para comaprar era 3 veces superior ao presentados polo PGD e de aí tiveron que volverse atrás, polo que reiteramos a mala xestión realizada polo goberno aumentando custes e supoñendo incremento dos impostos e carencia na relación calidade-precio dos servizos prestados.

Santiago Futsal - Llegó la primera victoria del 2015 en tierras tinerfeñas

Santiago Futsal necesitó varios minutos en la pista del Pabellón Central de Santa Cruz de Tenerife para hacerse con el dominio del partido. Serían los locales los que tendrían la primera ocasión del encuentro por medio de Josué Cancio, pero Iker estuvo rápido bajo palos para evitar el gol tinerfeño. 

Sin embargo, tras la ocasión celeste, Santiago Futsal se haría con el control del juego y gozaría de las más claras para adelantarse en el marcador. Felipe salvaría con los pies un tiro de Iván Rumbo y, posteriormente, Dani ‘Chino’ con un potente tiro desde fuera del área y Lucho probarían al meta local, que estaría acertado para salvar a los suyos. 
En una primera parte en la que los equipos estarían mejor en defensa que en ataque, los de Santiago estarían rápidos en las contras para poder hacer el primero. Volvería a tenerla Iván Rumbo pero su tiro se estrellaría en la madera.

Sería Pablo Tallón el que anotaría el primero para los gallegos transcurridos 13 minutos de la primera parte en una combinación perfecta con Hugo Sánchez.

Con el marcador a favor, los visitantes buscaron el segundo antes del descanso, siendo superiores a su rival, pero no se movería el marcador hasta la segunda parte.

En la segunda parte, Gallego anotaría el segundo para los suyos a los 7 minutos de la reanudación en un buen robo de balón en defensa del conjunto blanco que el argentino remataría al fondo de la red.

El capi ‘Lucho’ marcaría el tercero para los suyos sólo tres minutos después, con un tiro desde casi media pista que dejaba así el encuentro casi cerrado para los gallegos a falta de 10 minutos para el final.

Pero Uruguay Tenerife saldría desde ese momento con portero jugador a la pista, y el Santiago Futsal tendría que emplearse con una buena defensa para frenar al equipo local. A falta de tres minutos para el final, Yeray haría el único tanto celeste que cerraba el marcador con el 1-3 definitivo.

Sala de prensa

Santi Valladares analizó el encuentro tras su finalización “Ha sido una victoria merecida. Incluso con el 0-3 y defendiendo con el 4 para 5 tuvimos tres ocasiones a portería vacía que fallamos. El resultado podía haber sido más abultado pero al final acabamos sufriendo más de lo debido.”

El técnico también añadió “Ellos trabajaron muchos minutos con el ataque de cinco y nosotros defendimos bien, con una defensa zonal que habíamos trabajado y que supimos solucionar.”

Ficha del partido

Santiago Futsal 3: Iker López, Lucas Bolo, Borja, Gallego e Iván Rumbo –cinco inicial- Hugo Sánchez, Lucho, Dani ‘Chino’, Pablo Tallón, Santi y Kike

CFS Uruguay Tenerife 1: Felipe Vela, Kevin, Pablo, Jacinto y Josué Cancio –cinco inicial- Yeray, Adasat, Kevin, Adri, Pablo González, Chupe y Sergio

Árbitros: Cordero Gallardo y Linares López. Amonestaron con tarjeta amarilla a Kevin por los locales, y a Iván Rumbo por el Santiago Futsal

Incidencias: Partido correspondiente a la 21ª jornada de Liga celebrado en el Pabellón de los Deportes de Santa Cruz de Tenerife

Goles:0-1 min.13 Pablo Tallón, 0-2 min.27 Gallego, 0-3 min.30 Lucho, 1-3 min.37 Yeray

Axenda e tempo do xoves 5 de febreiro - Teatro, música, charlas, exposicións

Santiago - Borriquita de Belem - Adrián Costa y su Maquinetto

Santiago - Café Casino - NerdNite

Santiago - Programación cultural do día

Santiago - Sonar, baile de máscaras sensual

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo Gaias - Cine Galicia25 - (ata o 8 de febreiro)

Santiago - Fundación Granell - A inquietante beleza (ata o 5 de abril)

Santiago - Fundación Araguaney - Rosana Calvo (ata o 16 de febreiro) 

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)

Santiago - Museo do Pobo Galego - O universo de Roberto González del Blanco (ata o 8 de marzo)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Retrospectiva sobre o premio Luis Ksado de fotografía (ata o 17 de febreiro)


O Tempo

Psoe Teo - Melloras na urbanización de Os Tilos

A concelleira socialista, Uxía Lemus, ven de presentar no rexistro do Concello, para o Pleno do mes de febreiro, unha iniciativa de melloras na urbanización dos Tilos, todas elas propostas no curso dunha reunión con veciños da zona.

Os temas a tratar son varios. Por un lado, preguntaremos polas xestións realizadas desde o concello ante o estado reiterado de abandono da parcela de reserva de equipamento na rúa Bidueiro. Estamos a falar dunha finca chea de maleza o que supón un claro risco para un transformador eléctrico e na que existe un galpón convertido nun refuxio de ratas.

Así mesmo, solicitamos do goberno municipal a colocación dunha varanda nas escaleiras que comunican a rúa Sabugueiro coa rúa Bidueiro, empregadas frecuentemente por persoas con problemas de mobilidade

En terceiro lugar, preguntaremos pola previsión de inicio das obras na rúa Carballo, que xa foron licitadas e adxudicadas en setembro de 2014. Tras un outono moi seco e catro meses despois da súa adxudicación, os Socialistas de Teo queremos coñecer cal é a planificación desta obra, que responde á necesidade urxentísima de melloras na seguridade viaria da zona, polo que non se pode entender o retraso na execución da mesma.

Uxía Lemus aproveitará para propor que antes de calquera obra municipal se proceda ao aviso ás empresas subministradoras de auga, gas, telefonía, etc. que operan no Concello a fin de que realicen as obras de mellora ou acometida nova ao mesmo tempo que se executen as obras municipais, co fin de evitar as continúas aperturas de gabias nas rúas.

Finalmente, preguntaremos polos constantes problemas do alumeado municipal, tanto na rúa Carballo, na entrada da urbanización, así como na rotonda da rúa Bidueiro.

Como sinala Uxía Lemus, “Os Tilos ten dous problemas principais: o abandono do mantemento das infraestruturas municipais así como a inseguridade viaria. Outra vez temos que falar da falta de planificación dun goberno que está a salto de mata das necesidades conxunturais e electorais, e outra vez temos que falar dunha poboación que os sofre desde hai 8 anos, neste caso a dos Tilos, con case 3.000 habitantes”.

Pacto X Ames - O alcalde retrasa a entrega dos titulos da parcelaria Biduido II

Santiago Amor está ralentizando de forma deliberada a entrega dos títulos da concentración parcelaria da zona de Biduído II – Bugallido.

Os títulos están preparados para entregar e simplemente a condición de oportunismo político impide que se leve a cabo a entrega dos mesmos. O traballo está feito dende hai meses.

Este procedemento xa tivo diversos atrancos pola indolencia do goberno de Santiago Amor porque había 7 fincas coma sobrante mancomún desta concentración parcelaria e tivo que ser a Xunta de Galicia quén remitira un documento onde reclamaba especificar o destino que se pretendía dar as fincas que quedaban para o concello, e dicir, unha vez máis non fixeron o seu traballo, de aí a reunión que se celebrou no concello o pasado 6 de maio de 2014. 

Como consecuencia, nesta reunión do 6 de maio pasado, aprobouse por unanimidade a cesión ao Concello de Ames das masas comúns que correspondían, en concreto 6.700 m2. Este paso era o último requisito que se poñía dende a Consellería de Medio Rural para proceder á entrega dos títulos, de feito, nesta data o Alcalde Santiago Amor dixo textualmente que “con este novo trámite estase chagando ao final do proceso”

Nove meses despois desta reunión, as administracións responsable (Xunta e Concello) non fixeron aínda a entrega destes títulos unicamente por oportunismo político xa que o procedemento está completado.

Pacto x Ames xa presentara en abril de 2014 unha moción para instar as dúas administracións a realizar todos os trámites pendentes de resolución que derivou na reunión do 6 de maio do 2014.



Esta concentración parcelaria ten unha historia de case 30 anos sen resolver e afectaba inicialmente a 1.200 propietarios e preto de 3.000 fincas polo que o feito de estar ralentizando esta cuestión é unha mera falta de respecto e sensibilidade.

BNG Compostela - Demanda de máis persoal para correos

O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, presentou en rolda de prensa unha moción que trasladará ao Pleno para demandar a cobertura de vacantes nos cadros de persoal de Correos co fin de que se resolvan os problemas que se producen diariamente no servizo postal de Santiago de Compostela.

Segundo explicou Rubén Cela, Correos é o provedor público de servizos de comunicación de cartas e de paquetería que debe prestar un servizo postal universal, con eficiencia, calidade e sustentabilidade. “Polo seu carácter público, convértese nun actor fundamental nas relacións da cidadanía coas administracións públicas e coas empresas”, afirmou.

En Santiago de Compostela existe un colapso deste servizo, con picos que alcanzan as 9.000 cartas sen repartir no día, por mor da redución do persoal. En concreto, nos últimos 5 anos elimináronse 15 postos de repartidores e persoal de apoio co que se incrementou a carga de traballo e isto provoca que diariamente queden cartas e paquetes sen distribuír na nosa cidade. O Ensanche, o Polígono do Tambre, San Roque, Vista Alegre e o barrio das Fontiñas son os lugares máis afectados por esta redución de persoal, co prexuízo que causa tanto para as empresas como para a veciñanza destas zonas.

Ademais, referiuse a que no artigo 24 da Lei Postal se especifica que as entregas se practicarán, cando menos, todos os días laborábeis, de luns a venres, agás no caso de concorrer circunstancias ou condicións xeográficas especiais “e está claro que isto non é o que acontece en Santiago de Compostela”. Tamén no artigo 21 da directiva comunitaria 2008/6/CE se recolle que o servizo universal garante unha recollida e unha entrega en domicilio de cada persoa física ou xurídica todos os días laborábeis, mesmo nas zonas afastadas ou escasamente poboadas.

Veciños de Padrón - Nova formación veciña cara as municipáis de Maio

A nova formación política VECIÑOS de Padrón presentarase as eleccións municipais do 24 de maio coa idea de facerse co goberno do Concello de Padrón. O partido, que está conformado por Pedro Paz Rubí como presidente, Aroa Cruces Duyos como vicepresidenta, Teresa Rey Pazos como secretaria, Rodrigo Casal García como tesoureiro e Sergio Tubío Agrasar como vocal; xorde como unha iniciativa que pretende recoller o consenso da rúa e o seu descontento xeral coa xestión do pobo, que ata o momento non evolucionou como debería telo feito polo seu potencial.

Deste xeito, coa idea de traballar para converter Padrón nun concello vivo, VECIÑOS quere presentarse aos padroneses como un partido diferente ao resto. Diferenzas que veñen marcadas por uns obxectivos claros de transparencia, proximidade, accesibilidade e independencia económica que se basean no rexeitamento da confrontación, no sentido común na xestión dos recursos e na busca do consenso e o diálogo polo pobo.

A listaxe electoral, que polo momento non está pechada, farase pública durante o acto de presentación do partido que se celebrará proximamente no municipio. Dela formarán parte persoas de diferentes ideoloxías, pois a idea é conseguir un conxunto heteroxéneo sen máis interese que traballar por e para Padrón.

Cámara de comercio - O viveiro de empresas a incubadora con máis empresas creadas por mulleres no 2014

O Programa de Apoio Empresarial á Muller (PAEM) da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela rexistrou 489 usuarias, 606 demandas de asesoramento, ademais de crear 89 empresas e 35 postos de traballo asalariado durante 2014. Estes datos sitúan á Cámara de Comercio de Santiago á cabeza da creación de empresas do PAEM en Galicia e no segundo posto do programa en España. 

O PAEM ten como obxecto básico sensibilizar ás mulleres e ao seu contorno cara o autoemprego e a actividade empresarial e actuar como instrumento eficaz para a creación e consolidación de empresas. A Cámara de Comercio de Santiago desenvolve desde hai máis dunha década este programa específico de apoio empresarial á muller, que demostrou ser “un instrumento eficaz” tanto para crear e consolidar empresas lideradas por mulleres como para fomentar no xénero feminino cualidades como a cooperación e a innovación empresarial e tecnolóxica. O programa naceu a través dun convenio asinado entre a Secretaría de Estado de Servicios Sociales e Igualdad do Ministerio de Sanidad e a Cámara de Comercio de España, con financiamento do Fondo Social Europeo.

A moda infantil dos babeiros 
Coa participación no PAEM comezou o materializarse o proxecto de Paula Calveiro, unha emprendedora que viu a oportunidade de crear a súa empresa e así compaxinar a vida familiar e laboral. Para Paula Calveiro o programa PAEM foi de “gran axuda e moi útil” para orientar o seu proxecto na dirección correcta, sen risco a cometer erros como emprendedora principiante.

Creou My Bib Joy, unha empresa de moda infantil dedicada ao deseño e fabricación exclusiva de babeiros. “Cada babeiro confecciónase con sumo mimo e coidado, de maneira artesanal e utilizando materiais de alta calidade. O obxecto é ofrecer ao mercado produtos dos que me sinta orgullosa” –explica–. Os babeiros son únicos, fabricados con triple tea para ofrecer a máxima protección ao bebé, e con tiradas moi curtas que permiten sacar modelos novos en breves períodos de tempo.












A empresa naceu baixo a filosofía de ser un negocio próximo e accesible que sempre atende aos seus clientes. A creación da tenda online www.mybibjoy.com achega os babeiros ao cliente final.



A asesoría para o mundo agrario



A emprendedora Lorena Pérez decidiu arriscar e abrir unha asesoría e consultoría fiscal orientada ao mundo agrario, baixo o nome de Asesoría Medea. A idea xurdiu pola experiencia laboral e polo falta de atención a un sector primordial da economía galega. Lorena Pérez considera que o programa PAEM foi de gran axuda para o despegue do seu proxecto, grazas a unha boa orientación e o respaldo na toma de decisións. 





Segundo a emprendedora, a empresa baséase na confianza do cliente e o trato persoal. “Gústame explicar aos clientes en que consiste o meu traballo e como vai o seu negocio. Demostro a mesma preocupación polo meu negocio que polo de cada un dos meus clientes” –indica–.

Iniciativa Cidadá Ames Novo - Documentos das primarias abertas e resumo dos últimos acordos

A Asamblea Aberta impulsada desde Ames Novo aprobou en dñias pasadas os documentos polos que se rexirán as primarias abertas así como o nome que levará a candidatura de cara as municipáis de Maio.

A asamblea aprobou por unanimidade o nome Iniciativa Cidadá Ames Novo, no debate todos coincidron en que a candidatura debería incluir o nome Ames Novo para aproveitar o traballo feito polos concelleiros nos últimos anos.

Aprobouse tamán delegar na Comisión Coordinadora a convocatoria da Comsión Electoral que ten que dirixir e controlar todo o proceso de Primarias. Por tanto, facemos con este correo unha convocatoria para que aquelas persoas que o desexen se ofrezan voluntarias a integrar esta Comisión. Basta con que respondades a este correo indicando a vosa disposición ou que vos presentedes na reunión constitutiva. A xuntanza de constitución e inicio de traballos da mesma será o venres, día 6, ás 20:00 horas na Cervexería Estela de Bertamiráns. O único requisito para integrarse nela é non ser candidata no proceso de primarias. O número mínimo de membros é de 3, pero non ten límite máximo.

A asamblea publica agora os documentos e datas polos que se rexirá o proceso a partir de este momento; uns documentos que se poden descargar desde AQUI

BNG A Estrada - O PP aplica os recortes so os veciños

O concelleiro do BNG, Xosé Magariños afirmou onte aos medios de comunicación local que “o PP predica coa austeridade e aplica políticas de recortes e de subidas de impostos aos veciños desde as distintas institucións que goberna, pero iso non vai con eles, visto o despregue de medios do que acaba de facer gala o PP da Estrada co reparto en todo o concello dun boletín informativo sobre os seus milagres dos últimos meses”.

“Non é a primeira vez que o PP fai isto na Estrada”, engadiu Magariños, “mais os veciños e veciñas tomarán boa nota, porque non está os tempos para ostentacións por parte dos partidos políticos e menos por parte dun partido político salpicado con continuos casos de corrupción como é o PP”.

“Por outra parte”, explicou o concelleiro nacionalista, “non sei como ao alcalde non lle cae a cara de vergonza presumir de empregar as institucións de xeito partidista, cando dos anos que estivo na oposición non moveu un dedo na Deputación para que esta fixera obras demandadas polos veciños e veciñas”. “Ao contrario”, afirmou, “dedicouse a torpedear e a poñer paus nas rodas para que estas non se puideran facer”.

“Mais o que xa é o colmo é que o alcalde está a retrasar deliberadamente obras para facer coincidir a inauguración nas vésperas da campaña electoral”, afirmou o concelleiro do BNG, “como por exemplo a praza de abastos, feita con retraso e prexudicando seriamente aos veciños da zona e aos praceiros e praceiras que están a utilizar unha instalación provisional, co prexuízo que iso lles ocasiona”.

“O que non fixeron en catro anos van facelo agora en tres meses”, afirmou Magariños, “outra cousa é que as obras vaian ben feitas, porque xa se sabe que as presas non son boas”. “De todos os xeitos”, engadiu o concelleiro nacionalista “os veciños e veciñas da Estrada xa coñecen de sobra as manobras do PP e acabará pasándolle factura”.

Silleda - Tramitación de axudas para nenos de menos de 3 anos

O departamento municipal de Benestar e Igualdade informa e tramita as solicitudes de axudas por fillos/as menores de tres anos, estabrecidas pola Xunta de Galicia para o ano 2015. 

Estas prestacións está fixadas nunha cantidade única de 360 euros anuais polo primeiro fillo, 1.200 euros polo segundo e 2.400 polo terceiro. O prazo para presentar as solicitudes remata a mediados do vindeiro mes de marzo.

As axudas poderán ser solicitadas polas persoas que teñan ao seu cargo a fillos menores de 3 anos e que durante o ano 2013, nin elas nin outra persoa da unidade familiar presentaran a declaración da renda.

As persoas interesadas poden dirixirse ao departamento municipal, sito no Centro Social ou ben chamar ao 986 592037.

USC - Primeira sesións das NerdNite 2015

A primeira sesión das NerdNite en 2015 celebrarase este xoves 5 no Café Casino (r/ do Vilar, 35) coas intervencións dos investigadores César González García e Justo Arines Piferrer e a da co directora de ACCEGAL, Fátima García Doval. O capítulo de Compostela das NerdNite colabora en 2015 na conmemoración do Ano Internacional da Luz coa inclusión de varias charlas relativas a este tema ao longo do ano.

Esta nova sesión abriraa ás 21.30 horas César González, investigador Ramon y Cajal do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT-CSIC), coa charla ‘Arqueoastronomía: unha viaxe inesperada de Rivendel a Petra’. Fátima García Doval tomará o relevo cunha intervención titulada ‘Siga a ese coello branco: Alicia no tobo’. Para rematar, Justo Arines Piferrer, investigador Pargal Pondal da área de Óptica do Departamento de Física Aplicada da USC, presentará unha disertación co título ‘Fágase a luz! E a vida foi máis fácil’.

Nerd
As NerdNites son unha proposta nacida hai anos en Estados Unidos e á que se sumou Santiago en 2012, sendo a primeira cidade española en facelo. Articúlase en base a pequenas charlas científicas con contidos chamativos, onde especialistas dialogan co público das disciplinas que lles apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno.

PP Brión - Farola inclinada en Monte Balado

El Partido Popular de Brión alerta sobre el estado de una farola de la urbanización Montebalado afectada por una colisión de tráfico el pasado 27 de enero.
Ante la preocupante inclinación que presenta la farola, y tras la intervención del grupo de emergencias de Brión limpiando la zona, la única actuación reealizada hasta la fecha es asegurar la tapa de la luminaria simplemente con cinta aislante.
Desde el Partido Popular nos preguntamos si se va a esperar a que ocurra un accidente para solucionar este problema.

Santiago - Teatro e música na programación de hoxe na cidade

A programación cultural do Concello de Santiago na xornada de hoxe ofrece espectáculos diferentes de teatro e música. Diego Freire en ‘Falándolle a un espello’. e Mofa e Befa con "bobas & galegas". E pecha a xornada o concerto de Juan Zelada na Sala Capitol dentro do ciclo Blues Nite by 1906.

‘Falándolle a un espello’ con Diego Freire na Zona C

Producións Dispersas ofrece este espectáculo na Zona C con Diego Freire e baixo a dirección de José Campanil. Está enmarcado dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués. Pola mañá haberá función para escolares ás 12.00h a un prezo de 3,6€ e xa pola tarde a función será ás 20.30h. Está dentro do bono e as entradas soltas teñen un prezo de 8 euros. Poden mercarse no despacho de billetes do Principal aberto de 18.00 a 21.00h ou na Zona C desde unha hora antes de que comece.

Un home descobre que é o único sobrevivente da fin do mundo. O planeta enteiro está a súa disposición! Un novo mundo só para el! Cheo de oportunidades e retos! O seu único compañeiro é un espello non demasiado conversador. Inevitablemente as ausencias comezan a evidenciarse moi pronto e as vellas rutinas vanse substituíndo por outras novas. Que pode facer? Onde pode ir?

Mofa e Befa con ‘Bobas & Galegas’ no Teatro Principal

No Teatro Principal teremos unha nova función do último espectáculo de Mofa e Befa, ‘Bobas & Galegas’, que tamén están dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués. Se se queren mercar as entradas soltas teñen un prezo de 10 euros (8 no anfiteatro) e poden adquirirse no despacho de billetes do Teatro Principal que abre desde as 18.00h.

Mofa&Befa son dous comediantes de investigación que xa levantaron escandalosos casos de corrupción política, marxinación social, trauma infantil, crise económica, torturas, actividades mafiosas, minorías, infidelidades, dieta equilibrada... Temas de candente actualidade que expoñen ao xuízo do público en espectáculos de aspecto teatral. Agora a súa vítima é o inocente teatro do Século de Ouro castelán. As comedias da honra e o amor, os dramas relixiosos, o luxo festivo das buxigangas… todo é pasado pola pedra de Mofa&Befa. Tal vez por isto foi a obra seleccionada para abrir o Festival de Almagro 2014 no Corral de Comedias. Ou non…

Juan Zelada na Sala Capitol dentro do Blues Nite by 1906

Pechamos a xornada co concerto de Juan Zelada que nos ofrece o seus blues, funk e soul de autor na Sala Capitol dentro do ciclo Blues Nite by 1906. Será a partir das 21.30h e as entradas teñen un prezo de 8 euros anticipada e 10 o día do concerto. As entradas poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, A Reixa Tenda, Ticketea e salacapitol.com. Está dentro do Bonoblues.

Inquedo cantante, músico e compositor madrileño, Juan Zelada aterrou en Londres en 2008 coa súa guitarra (tamén é pianista) e moitas ganas de facer música… Presentouse en numerosas salas da capital británica e xa ese mesmo ano chegou a xirar como teloneiro de Amy Winehouse no seu Back to Black Tour. Ganador do European Border Breakers Award 2013, a principios de 2014 embarcouse nunha viaxe por Latinoamérica coa súa guitarra na busca de experiencias e novos sons que compartiu na rede (awaywithmusic.com) e que poderemos apreciar en directo nesta presentación do seu recente terceiro álbum de longa duración Back on track. Co seu enérxico directo no que mestura o soul de toda a vida e harmonías de jazz e blues debuxadas co espírito dun cantautor viaxado, Juan Zelada pode espertar a súa sensibilidade e reavivar os seus sentimentos.

BNG Compostela - O grupo municipal do BNG non aproba o proxecto para a praza do Matadoiro

O grupo municipal do BNG, logo dunha primeira análise do proxecto que o Goberno local trasladou á Comisión Asesora de Patrimonio Histórico, á falta dun estudo máis rigoroso e minucioso, considera que é preciso mellorar o acceso e a comunicación entre o parque de Belvís e a praza do Matadoiro, mais unha actuación deste tipo está xustificada “só se o conxunto da cidade sae claramente gañando co resultado final”, afirmou Rubén Cela, “e de momento, as solucións propostas, dende o punto de vista do BNG, non garanten ese obxectivo”. Ademais, insistiu en que o Goberno local debe clarificar a plena legalidade desta actuación que, na actualidade, se atopa na Fiscalía.

Segundo explicou Rubén Cela, trátase dun contorno “sensíbel” e dunha actuación “complexa” que xustifica “que se siga a traballar, o tempo que faga falta, na dirección de buscar a solución máis acaída”. “O BNG nunca entendeu esta actuación como derrubar algo, senón como crear un novo espazo público para Santiago de Compostela, que mellorase globalmente a cidade”, afirmou.

O proxecto presentado nesa comisión non se axusta ás expectativas que o BNG tiña para unha zona “tan sensíbel” coma esta, “pois non hai unha filosofía clara do que se pretende con esta actuación e non se recollen no orzamento previsto aspectos que para nós son esenciais”.

Así, entre os puntos que o BNG bota en falta está tratar “dun xeito serio” a actuación nas traseiras de San Pedro, pois non hai prazos, orzamento nin modelo de execución para esta intervención, nin se ofrece posíbel solución que se podería arbitrar para as traseiras que se atopan fóra de ordenación, como tampouco está recollida na actuación o saneamento integral do regato. Para o BNG, sería unha oportunidade perdida “que se realizase unha actuación de tal magnitude e que isto non quedase debidamente resolto”, indicou.

Neste momento, para o BNG é fundamental que o Concello abra un prazo para que a veciñanza interesada poida achegar suxestións e que dende o Goberno municipal exista a predisposición a escoitar outras propostas posíbeis e a estudalas técnica, económica e socialmente; ademais de estar disposto a introducir cambios se fose necesario.

Asociación de Hostalería - Toma de posesión da nova xunta directiva

O vindeiro martes, 10 de febreiro, a partir das 10 da mañá, os 24 socios que fixeron oficial a súa candidatura para ser elexidos como novos membros da seccións de Hopedaxe e Restauración da Directiva de Hostalería Compostela van ser proclamados como membros electos e tomarán posesión dos seus cargos durante a Asemblea Xeral Extraordinaria convocada con tal motivo.

Ao haber 24 aspirantes para os 24 cargos, como resultado do consenso acadado na fase de presentación de candidaturas, onde algunhas persoas renunciaron a ser candidatos, xa non é preciso a celebración de elecciónse durante a Asemblea os candidatos van proceder a designar aos compañeiros que ocuparán os diferentes cargos das dúas seccións da Xunta Directiva.

Os candidatos que se presentaron na sección de Hospedaxe son Ghaleb Jaber, do Hotel Araguaney, Pablo Barreiro, do Hotel Los Abetos, Sara Santos, do Hotel Rúa do Villar, Carlos Tardáguila, do Hotel San Lorenzo, Alberto Pico, do Hotel Suíza, Óscar García, do Hotel Garcas, Rita Sobrado, do Hotel Real, Rosa Iglesias, da Casa da Posta, Carmen Arán, da Pensión Mafer, Francisco Sal, da Pensión Santa Rita, María Silva, do Albergue Flavia e Lucía Mirás, do Sigüeiro Hostel.

En Restauración os candidatos son Lázaro Rodríguez, do Restaurante Cre-Cotte, José Antonio Riveiro, do Restaurante Casa da Viña, Javier Iglesias, do Restaurante Solpor, Alberto Sar, do Restaurante Tropic, Germán González, do Restaurante O Celme do Caracol, Jesús Peón, do Sónar, Isabel Rodríguez, do Restaurante Santiaguiño, Natalia Devesa, do Restaurante Polígono, Juan López, do Restaurante La Cavita, Marta Leonor Varela, do Café Casino, José Ramón Seoane, do Café Bar Rakel, e Juan Carlos García, do Café Bar Nexus.

Agradecemos a divulgación desta información e convocamos a todos os medios de comunicación interesados en facer unha foto dos novos directivos o vindeiro martes, 10 de febreiro, no Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostalería Compostela, ás 11 da mañá.

Ames - O alcalde visita a depuradora de Sisalde

O alcalde de Ames, Santiago Amor, e a concelleira de Medio Ambiente, Eugenia Martin, visitaron esta mañá a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Sisalde con varios representantes da Unión Temporal de Empresas Acciona Agua-Espina Servicios -compañía que xestiona dende o pasado 1 de febreiro o ciclo integral da auga-. O rexedor municipal explicou que durante o percorrido “puidemos comprobar de primeira man o estado no que se atopan estas instalacións, que está previsto que sexan ampliadas por parte da Xunta de Galicia”. 

Segundo as estimacións da Consellería de Medio Ambiente, a ampliación da EDAR de Sisalde implica un investimento de seis millóns e medio de euros. O anteproxecto xa está redactado e na actualidade estase elaborando o proxecto construtivo. Ademais, o Concello de Ames xa dispón dos terreos necesarios para poder executar esta obra. A nova infraestrutura que se proxecta poderá dar servizo a uns 30.000 habitantes, co que se corrixirá un dos principais problemas que presentan as actuais instalacións: o da súa capacidade. 

A infraestrutura hidráulica foi inaugurada no ano 2000 e naquel momento estaba pensada para dar servizo a uns 13.000 habitantes, unha cifra que a día de hoxe é superior. A súa ampliación, que ocupará uns 13.000 metros cadrados, solucionará esta situación.

Axenda e tempo do mércores 4 de febreiro - Música, conferencias, exposicións

Santiago - Cafe Medusa - Mercadillo de segunda man

Santiago - Down Galicia - conferencia de Federíco Mayor zaragoza

Santiago - Borriquita de Belem - The Fabulous Resaca Brothers

Santiago - Libreria Couceiro - Isabel Blanco presenta Verbas cum

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo Gaias - Cine Galicia25 - (ata o 8 de febreiro)

Santiago - Fundación Granell - A inquietante beleza (ata o 5 de abril)

Santiago - Fundación Araguaney - Rosana Calvo (ata o 16 de febreiro) 

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)

Santiago - Museo do Pobo Galego - O universo de Roberto González del Blanco (ata o 8 de marzo)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Retrospectiva sobre o premio Luis Ksado de fotografía (ata o 17 de febreiro)


O Tempo

Museo do Pobo Galego - Exposición o redor de Roberto González Del Blanco

O Museo do Pobo Galego presenta a exposición “O universo de Roberto González Del Blanco”.

A exposición amosa unha ampla selección pictórica deste autor, principalmente a obra máis etnográfica, aquela na que o artista se achega aos homes e mulleres do mundo mariñeiro e do rural interior, que pintaba nas súas tarefas cotiás. 

González Del Blanco era orixinario de León, pero pasou a maior parte da súa vida en Santiago, aquí formou familia e aquí transcorreron os seus mellores anos dunha ampla traxectoria artística, por iso nesta retrospectiva poderanse contemplar tamén moitos dos seus debuxos dedicados a nosa cidade.

Outras facetas, quizais menos coñecidas do pintor estarán do mesmo xeito recollidas nesta mostra: bosquexos, debuxos acabados, gravados, ilustracións para libros, carteis, felicitacións... Un apartado especial para as vidreiras, técnica coa que o artista se familiariza en Nova York.

Por último unha liña do tempo con detallada documentación e diversas fotografías completará a visión deste recoñecido pintor.

BNG Ames - Cinco anos sen cemiterio municipal

O BNG de Ames lembra que o 29 de xaneiro pasado fixo cinco anos dende que o Concello de Ames recibiu as obras do cemiterio municipal dos Batáns e que segue sen abrir. A aprobación no pasado Pleno do mes de xaneiro do Regulamento do cemiterio, que recolle as condicións de uso e de concesión de nichos, panteóns e columbarios, non é máis ca un primeiro paso, necesario e importante pero absolutamente insuficiente para poder abrilo. 

Cómpre aínda a aprobación dunha ordenanza que regule as tarifas a aplicar pola venda de nichos e panteóns. Cómpre tamén buscar a fórmula de xestión, que segundo adiantou o alcalde, será directa en colaboración con algunha empresa, o que carrexaría un concurso público cos seus preceptivos prazos.

Ademais, segundo consta nas Conclusións remitidas polo valedor do Pobo á familia de Ames que interpuxo unha queixa perante esta institución por mor da falta do cemiterio municipal, para a posta en funcionamento da primeira rúa do camposanto cómpren unhas obras que reparen as deficiencias, que, segundo a valoración económica realizada polo autor do proxecto a pedimento do Concello, supoñerían máis de 210 mil euros, para os cales non existe crédito orzamentario, e en caso de conseguilo, tería que ir a concurso.

Demasiadas tarefas deixada para última hora que van impedir, seguramente, que o cemiterio abra este ano outra vez. O goberno do PP de Santiago Amor amosou estes anos un desleixo absoluto en relación a esta cuestión, e só nos últimos meses do seu mandato comezou a preocuparse polo cemiterio por mor da presión veciñal, e máis concretamente pola presentación dunha queixa perante o valedor do Pobo, quen xa en outubro instou ao alcalde a impulsar as actuacións pertinentes. 

Malia que dende o 29 de xaneiro de 2010 o Concello dispón dun cemiterio municipal construído con fondos públicos, aínda está sen abrir ao público porque nestes cinco anos os distintos gobernos do concello de Ames non resolveron a xestión de dito servizo, de maneira que unha custosa infraestrutura municipal está en desuso, desatendendo as demandas de moitos veciños e veciñas de Ames que precisan do servizo de cemiterio municipal.

Este desleixo é ademais unha manifesta ilegalidade, xa que a normativa en materia de réxime local obriga a todos os Concellos sen excepción a prestar, entre outros, o servizo de “cemiterio”.

O concello de Ames conta con máis de 30.000 habitantes, sen que teña un servizo básico para a súa veciñanza, pois ante a falta do cemiterio público municipal, tampouco existen alternativas na actualidade para moitas persoas, dado que os únicos cemiterios existentes en Ames son católicos, co que, tanto por crenzas como pola propia dimensión dos mesmos, non atenden a demanda que existe en función da poboación actual do concello.

Santiago - Concerto da Real Filharmonía este venres no Auditorio

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O xoves día 5 a orquestra desprazarase a Vigo, onde actuará no Teatro Afundación da cidade, ás 20:30 horas. E o venres 6 tocará en Santiago de Compostela, ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia. En ámbalas citas levará a batuta o director alemán Clemens Schuldt, un dos talentos emerxentes máis destacado do seu país.
Clemens Schuldt

Os concertos comezarán coa obertura de L´infedeltà delusa (A infidelidade burlada) do compositor austríaco Franz Joseph Haydn (1732-1809), un dos máximos representantes do período clásico. Esta ópera foi escrita e estreada en 1773 en honor á princesa María Anna Luisa e reinterpretada para a emperatriz María Teresa. Parte dun breve texto teatral de Marco Coltellini e a súa música caracterízase por un estilo áxil e enxeñoso.

Dúas obras para óboe: do clasicismo de Bach á modernidade de Zimmermann

De seguido a orquestra interpretará o Concerto para óboe nº 4 de Bach (1685-1750). A súa composición convida a unha interpretación brillante, o que implica un concerto alegre e melodioso. Esta obra mostra o dominio do emerxente estilo galante do compositor alemán. O movemento lento é particularmente fermoso e aumenta a súa expresividade co son queixoso do óboe solista. A vitalidade rítmica e o animado diálogo entre o óboe e os primeiros violíns conforman un irresistible final.

As citas musicais continuarán co Concerto para óboe e pequena orquestra do alemán Bernd Alois Zimmermann (1918-1970), un dos compositores máis relevantes e orixinais da segunda metade do século XX, capaz de experimentar sen encadrarse en ningunha moda creativa. Na súa obra convive a influencia dos clásicos con sons procedentes do jazz ou das músicas urbanas. Este concerto, escrito en 1952, é unha homenaxe ao compositor ruso Igor Stravinsky.

Lucas Macías é óboe solista da Orchestra Mozart de Bologna

Lucas Macías
Os músicos da RFG contarán nestas dúas obras para óboe coa colaboración do oboísta onubense Lucas Macías, solista da Royal Concertgebouw Orchestra de Ámsterdam, da Orquestra do Festival de Lucerna e da Orchestra Mozart de Bologna. É un dos músicos españois máis recoñecido no ámbito internacional. Estudou no Conservatorio de Zúric. Sendo membro da Xove Orquestra Nacional de España, continuou os seus estudos no Conservatorio de Freiburg (Alemaña). E completou a súa formación na Karajan Akademie da Filarmónica de Berlín.

Como solista ten participado en festivais de todo o mundo e actuado con orquestras de Alemaña, Holanda, Austria, Reino Unido, Suíza, Hungría, Italia ou Rusia, entre outros países; dirixido por grandes mestres. No eido da música de cámara, ten colaborado con ilustres figuras, entre elas Maria Joao Pires. Compaxina a súa actividade concertista coa docencia na Escola de Música de Freiburg.

Os concertos rematarán coa Sinfonía nº 1 de Beethoven

Os concertos concluirán coa Sinfonía nº 1 do xenial Beethoven (1770-1827), pertencente ás súas composicións de xuventude, integradas nos parámetros do clasicismo pero xa con relevantes innovacións persoais. Esta sinfonía estreouse no ano 1800 e representa unha homenaxe a Haydn.