Ordes - aprobado por unanimidade o POS 2013

O Concello de Ordes aproba por unanimidade o POS 2013, que investirá exclusivamente nas parroquias do municipio
O orzamento ascende a 421.000 euros. Melloraranse o camiño da Espenica, o do Castro ou o de Esmorís entre outros. Tamén se pavimentará a pista que conduce dende a rúa Roberto Forján ata o colexio de Mesón do Vento, 

Por unanimidade aprobouse o Plan de Obras e Servizos 2013 do Concello de Ordes. Cun orzamento que ascende ós 421.000 euros as parroquias de Ordes serán as únicas beneficiarias, tal e como prometera no seu día o alcalde Manuel Regos. Nas comisións celebradas anteriormente cada unhas das forzas políticas tivo a ocasión de incluir aquelas intervencións e obras que estimaron máis urxentes e necesarias. 

Entre outras execucións por 123.000 euros colocaranse novas beirarrúas no Laranxal, realizaranse obras no chamado camiño da Espenica, así como no que vai de Esmorís ata a estrada N-550. Outros 150.000 euros irán destinados á mellora do cruce situado á altura da N-550 na zona do Curro, ubicada na parroquia de Pereira. Outra parroquia que se verá beneficiada por este plan será a de Leira, na que se investirán 147.000 euros para a mellora, entre outras obras, do camiño que transcorre entre o Castro e a igrexa parroquial. Tamén está prevista a pavimentación e mellora do tramo de rúa que transcurre dende Roberto Forján ata o colexio de Mesón do Vento. 
Na sesión tamén se aprobou por unanimidade a modificación do convenio urbanístico entre o Concello e a empresa Xestión Urbanística de A Coruña, coa que se especifica a permuta de superficies do parque empresarial ordense.

Ningún comentario: