O concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Cuíña, que destacou o traballo realizado polo equipo, agarda que a Xunta siga apostando pola continuidade deste servizo “xa que desenvolven tarefas básicas dentro dos servizos que prestan os Concellos”, engade
O Concello de Silleda vén de despedir aos 12 efectivos que formaron parte do Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) dende o pasado mes de xuño, logo de que hoxe rematara oficialmente o seu contrato.
O concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Cuíña Fernández, agradeceulles aos operarios e operarias que formaron parte do equipo os traballos realizados nestes últimos meses, con numerosos operativos e outras actuacións no ámbito dos servizos municipais.Así mesmo, ademais de destacar a labor realizada, Cuiña agarda que a Xunta de Galicia siga apostando por manter estes equipos a través de convenios cos Concellos, “xa que o Grumir desenvolve tarefas básicas dentro dos servizos que presa a Administración Local”, apunta o concelleiro. Agora, o servizo de Protección Civil de Silleda queda atendido por unha única persoa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario