Axenda e tempo do 31 de decembro do 2014 - Festas, atletismo, exposicións

Santiago - Alameda - San Silvestre

Santiago - Alameda - Pista de hielo

Santiago - Festa fin de ano

Santiago - CS O Pichel - Festa Fin de ano con temática televisiva

Santiago - A Reixa - Aninovo de rock e swing

Santiago - Mercado na Quintana

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Zona C - María Castellanos - Lo Real (ata o  1 de febreiro)

Santiago - Fonseca - Colección Betty Tisinger de libros desplegables (ata o 26 de xaneiro)

Santiago - Iconos Rusos (Casa gótica) (ata o 31 de decembro)

Santiago - Museo das Peregrinacións - Imaxes de Santiago (ata o 31 de decembro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Barriga Verde, de feira en feira (ata o 11 de xaneiro)

Santiago - Fundación Araguaney - Manuel Vázquez Alemán (ata o 29 de decembro)

Santiago - Auditorio de Galicia - Xulio Maside (ata xaneiro 2015)

O Tempo

Santiago - A maxia de Jorge Blass este venres no Teatro Principal

A maxia de Jorge Blass
· Nadal máxico no Teatro Principal, venres 2 de xaneiro en dúas funcións ás 18 h e ás 20 h

Este próximo venres temos dentro do ciclo Infantil e Familiar e no Teatro Principal, o espectáculo A maxia de Jorge Blass recomendado para nenos e nenas a partir de 4 anos.

Un sorprendente e novo espectáculo para todos os públicos que encherá de maxia o Teatro Principal con guión e dirección de Jorge Blass, iluminación de Víctor Cadenas e Iván Santacruz e o deseño de audiovisuais de Daniel Fajardo.

Poderase disfrutar en directo a maxia máis emocionante e recoñecida de Jorge Blass. Aparicións, desaparicións, levitacións imposibles e maxia interactiva na que o público é o protagonista. Todo iso envolto nun halo de misterio e unha coidada estética que consegue que volvamos ilusionarnos e a soñar co imposible.

Jorge Blass (Madrid 1980), os seus espectáculos obtiveron algúns dos galardóns internacionais máis prestixiosos: a Varita Máxica de Ouro, entregada polo Príncipe Rainiero de Mónaco. O Premio Siegfried and Roy en Las Vegas, EEUU. Nos últimos anos presentou a súa maxia en lugares como o Kodak Theater de Los Angeles ou a Exposición Universal de Xangai. En Televisión Jorge presentou e dirixiu 3 temporadas do seu propio programa “Nada x aquí” (Cuatro 2006 - 2008). En 2013 dirixiu o programa “Por arte de Magia” do Grupo Antena 3, un novo formato inspirado en “The Magicians” (BBC). Neste novo talent show Jorge colabora no papel de “coach máxico” de distintos famosos.

Artista habitual do prestixioso “Magic Castle” de Hollywood, director do Festival Internacional de Magia de Madrid, Jorge é patrono da Fundación Abracadabra e ten publicados dous libros: “Magia para no dejar desoñar” (Martinez Roca, 2003) e “La Fuerza de la Ilusión” (Alienta, Planeta 2011).

Entradas á venda
15 euros / 10 euros (menores de 16 anos e anfiteatro)
entradas.abanca.com / 902434443
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)

Anova Boqueixon - A Xunta non aproba o Plan Xeral do concello

A CONSELLARÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS NON OUTORGA A APROBACIÓN DEFINITIVA DO PXOM DE BOQUEIXÓN

· AOrde da Secretaría Xeral de Territorio e Infraestruturas notifica a necesidade de recalcular a consolidación de todos os núcleos rurais e o cambio nos Nucleos Urbanos de Lestedo e o Forte; tamén incide nunha serie de deficiencias nos urbanizables residenciais de Lestedo e no chan Industrial da Susana.

· O PXOM terá que modificarse e recurtarse profundamente.

· O Equipo de Goberno do PXOM así como o equipo redactor amosan unha preocupante incompetencia para aprobar un PXOM despois de 12 anos de tramitación e dous intentos frustrados.

· Dende Anova agardamos que toda a tramitación sexa transparente e que non se realicen estes cambios de costas aos veciños.

Anova Boqueixón expresa a súa preocupación pola incompetencia demostrada tanto do Equipo de Goberno como do Equipo Redactor do PXOM, unha vez analizada a resolución da Secretaría Xeral de Territorio e Infraestruturas na que notifica a non aprobación do PXOM de Boqueixón por multitude de deficiencias. 

Facendo unha análise da orde da Consellaría, vemos que as deficiencias non son menores tendo en conta que estas afectan ao conxunto do PXOM. Por un lado ao chan urbano de Lestedo e do Forte, a todos os núcleos rurais do concello ao empregarse un método de cálculo de consolidación dos núcleos inapropiado e ademais á delimitación concreta de 37 núcleos rurais, así como aos Urbanizables Residenciais de Lestedo e Industrial da Susana. 

É así que de aprobarse este PXOM, terá que ser con multitude de recortes; recortes das áreas rurais, das urbanas e das urbanizables. É dicir, o Plan, de sair, sairá fortemente recurtado en comparación co que foi exposto ao público.

É pois hora de esixir responsabilidades tanto ao Equipo de Goberno como ao Equipo Redactor que amosan unha preocupante incompentencia para sacar adiante un documento de planificación urbanística, necesario para sentar as bases do futuro do noso concello. Despois de 12 anos de tramitación (esta comeza no ano 2002), cuantiosos recursos económicos para a súa elaboración, e dúas tentativas, non foron capaces de sacar adiante este documento, cunha consecuencia directa na actual parálise que está a sufrir o noso concello. 

E do mesmo xeito esiximos do Equipo de Goberno unha retificación pública, toda vez que co seu habitual autobombo, anuncia nestes días dende a propia revista municipal a aprobación do PXOM para principios de 2015, cuestión absolutamente falsa.

Área Central - Actividades para tódolos públicos na fin de semana

· Este viernes sesión de títeres con música en directo.

· Sábado y domingo, visita de los Reyes Magos, talleres y especial Rastro de Antigüedades.

Area Central acogerá este fin de semana multitud de actividades dirigidas a todos los públicos.

El viernes día 2 a partir de las 18 h., tendremos una nueva sesión de títeres de la compañía Viravolta, dirigida a todos los públicos y con música en directo, bajo el título “Cocer e Cantar”. En la obra, dos músicos metidos a cocineros interpretan erróneamente una receta, lo que provoca que el resultado sea una deliciosa sopa de música, canciones y cuentos.

Además estarán instalados 3 hinchables en distintos puntos del centro comercial, en horario de 17.30 a 20.30 horas, para que todos los niños puedan saltar, escalar y divertirse.

Para el sábado 3 y el domingo 4, nos espera la visita de los Reyes Magos y sus pajes reales, donde los más despistados podrán entregarle sus cartas o hacerles las últimas peticiones entre las 17.00 y 20.00 horas en nuestroescenario principal.

A partir de las 18 horas, tendremos una nueva edición de los sábados creativos de Planeta Shalom, en esta ocasión nos enseñarán a elaborar nuestras propias coronas reales.

El sábado y el domingo, también contaremos con una edición especial del rastro de antigüedades, evento en el que los visitantes del complejo comercial podrán adquirir algunos de los regalos pendientes que les quedan por comprar para el día de Reyes. Su horario de funcionamiento será de 10.00 a 22.00 horas. En los expositores que componen el rastro de antigüedades se pueden encontrar una amplia variedad de objetos de coleccionismo y otras muchas curiosidades.

Para cerrar las actividades navideñas, el domingo 4 a partir de las 18.00 horas en la esquina amarilla de Area Central tendremos el último taller musical “Nadal con Sol” dirigido a niños desde los cinco años. En este taller, Esther Sobral, pretende que los niños participantes adquieran conocimientos de la música, además de fomentar actitudes cooperativas. La educadora se centrará en la desinhibición física y vocal, en el desarrollo de la atención y en el disfrute de cualquier actividad para generar bonitas sensaciones y emociones que hagan sentir a los niños el poder de la música. “Nadal con Sol” es un taller para disfrutar y aprender utilizando la música como instrumento transmisor.

ENERO

Viernes 2
De 10:00 a 22:00 horas
ESQUINA ROJA
STAND DE VENTA DE LIBROS CONSORCIO EDITORIAL GALEGO
El Consorcio Editorial Galego ofrece una amplia selección de libros a precios muy competitivos.
De 17:30 a 20:30 horas
TODO EL CENTRO COMERCIAL
SESIÓN DE HINCHABLES
Los niños podrán saltar y disfrutar en tres hinchables repartidos por el centro comercial.
18:30 horas
ESQUINA ROJA
SESIÓN DE TÍTRES “COCER E CANTAR”
Obra de marionetas protagonizada por dos músicos que se meten a cocineros, lo que provoca que cocinen una riquísima sopa de música, canciones y cuentos.
19:00 horas
ESQUINA ROJA
TALLER ILUSTRADO
El puesto de venta de libros del Consorcio Editorial Galego nos trae esta actividad basada en el cuento A xacia Luviñas.

Sábado 3
De 10:00 a 22:00 horas
ESQUINA ROJA
RASTRO DE ANTIGÜEDADES
Edición especial del rastro de antigüedades para hacer las últimas compras de Reyes.
De 10:00 a 22:00 horas
ESQUINA ROJA
STAND DE VENTA DE LIBROS CONSORCIO EDITORIAL GALEGO
El Consorcio Editorial Galego ofrece una amplia selección de libros a precios muy competitivos.
De 17:00 a 20:00 horas
ESCENARIO PRINCIPAL
ESQUINA VERDE
VISITA DE LOS REYES MAGOS
Cada tarde, visita de los Reyes Magos y de sus pajes reales y reparto de caramelos entre los niños que se acerquen a saludarlos.
De 18:00 a 20:00 horas
ESQUINA AMARILLA
“SÁBADOS CREATIVOS” CON PLANETA SHALOM
La Asociación Planeta Shalom continúa con sus “sábados creativos”, esta vez centrados en la Navidad. Los niños podrán realizar manualidades y demás actividades lúdico-educativas.
19:00 horas
ESQUINA ROJA
TALLER ARTÍSTICO
El puesto de venta de libros del Consorcio Editorial Galego nos trae esta actividad basada en el cuento Paraugas dameaugas.

Domingo 4
De 10:00 a 22:00 horas
ESQUINA ROJA
RASTRO DE ANTIGÜEDADES
Edición especial del rastro de antigüedades para hacer las últimas compras de Reyes.
De 10:00 a 22:00 horas
ESQUINA ROJA
STAND DE VENTA DE LIBROS CONSORCIO EDITORIAL GALEGO
EL Consorcio Editorial Galego ofrece una amplia selección de libros a precios muy competitivos.
De 17:00 a 20:00 horas
ESCENARIO PRINCIPAL
ESQUINA VERDE
VISITA DE LOS REYES MAGOS
Cada tarde, visita de los Reyes Magos y de sus pajes reales y reparto de caramelos entre los niños que se acerquen a saludarlos.
De 18:00 a 20:00 horas
ESQUINA AMARILLA
TALLER MUSICAL “NAVIDAD CON SOL”
La experta en pedagogía musical Esther Sobral imparte estos talleres para que los niños conozcan las emociones y la fuerza que transmite la música. Son talleres muy dinámicos dirigidos a niños de más de cinco años.

PP Ordes - Demanda de reparación de buratos

O PP de Ordes reclama a inmediata reparación dos buratos deixados polos farois substituídos recentemente na vila 

· Unha persoa está hospitalizada polas lesións que lle ocasionou o esvarón nun destes puntos, consecuencia da desidia do Concello

O Partido Popular de Ordes esixe ao Concello que actúe de inmediato para solucionar as deficiencias de seguridade que presentan os puntos que ocupaban os farois do alumeado público substituídos recentemente na vila e que supoñen un serio perigo para os veciños. 

En lugar de obturar eses puntos con garantías abondo, o Concello optou por desentenderse, como fai habitualmente, e no lugar que ata hai pouco ocupaban os farois, agora hai buratos nas beirarrúas, que nalgún caso foron ocultados con area ou cemento, e mesmo se atopan bases dos anteriores puntos de luz con parafusos á vista, co conseguinte risco adicional. 

A desidia do Concello xa pasou factura e unha persoa está hospitalizada con lesións de consideración como consecuencia do esvarón sufrido onte nun destes puntos. 

Ante esta situación, o portavoz municipal do Partido Popular de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, reclama a intervención directa do alcalde para dar unha solución definitiva e inmediata a esta carencia e evitar que se rexistren novas desgrazas persoais. “Resulta bochornoso que en cada obra que impulsa o Concello de Ordes se rexistre algunha incidencia por falta de previsión, co agravante de que neste caso haxa que lamentar lesións persoais”, afirma Martínez Sanjurjo.

Teo - Magín Blanco presenta as súas cantigas da estrela este venres no csc da Ramallosa

· O concerto forma parte da programación do Nadal en Rede promovido pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta da que Teo forma parte

O Concello de Teo participa este ano do programa Nadal en Rede 2014 cun concerto de Magín Blanco este venres 2 de xaneiro no Centro Sociocultural da Ramallosa que comeza ás 18:00 horas. Nadal en Rede é un programa promovido pola Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia da que Teo forma parte.

Magín Blanco animará aos máis pequenos/as a seguir o ronsel das estrelas e da música en galego para gozar do Nadal cos temas máis coñecidos de Gatuxo e da A nena e o grilo, nun concerto moi especial que integra vilancicos inéditos do músico e compositor. 

Neste concerto chamado Cantigas da estrela o música estará acompañado por María Faltri e Jorge Juncal. Esta actividade é con entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Agasallos solidarios
Por outra banda o Servizo Municipal de Emerxencias e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Teo en colaboración co Departamento de Benestar realizaron nas últimas semanas unha recollida de xoguetes para entregarlle ás familias con menores que o precisen. 

Nestes días ultiman os paquetes que se entregarán a máis de 50 nenos/as de Teo para que todos/as os pequenos/as vivan con normalidade a máxica noite de Reis. Ademais do traballo do persoal de Protección Civil e dos Servizos Sociais esta iniciativa non sería unha realidade sen a solidariedade de toda a sociedade que responde positivamente ás chamadas deste tipo que se realizan dende o Concello.

Frades - mellora da eficiencia enerxética en Fontesantaia, Moar e Pedreira

O Concello de Frades inviste máis de 60.000 euros na mellora enerxética do seu alumeado público nas parroquias de Moar e Abellá
O Concello achegou 10.487 euros ao proxecto, que lle permitirá aforrar máis de 13.000 euros anuais grazas á renovación de 130 luminarias

O Concello de Frades vén de investir un total de 60.428 euros na mellora da eficiencia enerxética do seu alumeado público, o que permitiu a renovación dun total de 130 luminarias nos lugares de Fontesantaia, Moar e Pedreira (na parroquia de Moar) e O Peñasco, O Pazo, Pumariño e Marís (na parroquia de Abellá). Un investimento incluído dentro dun proxecto conxunto cos municipios de Ordes e de Trazo, que conta cun orzamento global de máis de 180.000 euros e que foi subvencionado polo INEGA con 153.000 euros.

No caso concreto de Frades, o proxecto supuxo un investimento de 60.428 euros euros, dos que o Concello tivo que achegar 10.487 euros. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, explica que “o investimento que fai o Concello de Frades xa quedará recuperado o primeiro ano, pois o aforro enerxético que nos suporá este proxecto é duns 13.000 euros anuais”. Unha vez máis, a pesar de non ser o proxecto cun maior orzamento, Frades será o municipio que máis cartos aforrará anualmente dos tres integrantes deste proxecto.

Isto é posible debido á substitución das antigas lámpadas de vapor de sodio e de mercurio de entre 80 e 100 w de potencia, por outras de halogenuro metálico moito máis eficientes e de menor consumo que permitirán pasar dun consumo de 97.800 kw/hora a uns 21.000 kw/hora. Un aforro que, en cartos, tradúcese en pasar de pagar 17.000 euros anuais a pouco máis de 4.000 euros.

Aforro e calidade de vida
“Ademais do aforro enerxético, tamén se gaña en calidade de vida xa que substituímos as luces amarelas das lámpadas de socio por unha luz branca que ofrece unha maior luminosidade, como xa teñen comprobado os veciños de Ponte Carreira onde fixemos este mesmo cambio o ano pasado”, sinala Roberto Rey. 

De feito, nestes dous anos o Concello de Frades ten investido un total de 111.419 na substitución dun total de 150 lámpadas en cinco puntos do municipio: no núcleo urbano de Ponte Carreira, nos núcleos rurais de Os Canedos (Mesos) e Pazo (Galegos), e nos mencionados lugares de Moar e Abellá. Todos eles contaron cunha subvención do INEGA, polo que o Concello de Frades só tivo que achegar uns 19.000 euros. Uns cartos que recuperou co aforro enerxético conseguido con estas medidas en tan só un ano e que ascende a 19.000 euros.

Brión - Monicreques de Kukas e Títeres Cachirulo protagonizan o XIX Festival de Títeres

As actuacións terán lugar o venres 2 e o sábado 3 de xaneiro, ás 17:00 horas, no centro social polivalente. Entrada libre e de balde

O centro social polivalente de Pedrouzos acollerá o XIX Festival de Títeres de Brión, que terá lugar o venres 2 e o sábado 3 de xaneiro a partir das 17:00 horas. Un evento totalmente gratuíto dirixido a toda a familia, xa que cos monicreques disfrutan por igual pequenos e grandes.

O venres 2 de xaneiro, Monicreques de Kukas presentan a obra “Xan Perillán e a maleta máxica”, unha historia na que Xan Perillán gaña nunha rifa unha viaxe á Pernambuco. Pero, como descoñece onde queda ese lugar, precisará da axuda dos pequenos de Brión para localizalo. Marcelino de Santiago protagoniza este espectáculo, que mestura o clown e a pantomima coa maxia dos monifates.

E para o sábado 3 de xaneiro o Concello de Brión ten programada a actuación de Títeres Cachirulo, que representará “A figueira do Demo”. Trátase dun espectáculo baseado na obra “Romance dos Figos de Ouro”, de Roberto Vidal Bolaño, autor moi aprezado no municipio. O espectáculo reúne monicreques de gran tamaño feitos en madeira, evocando as imaxes do románico mesturadas con fortes expresións e unha evocación o mundo da infancia.

Plataforma Emigrantes - Moción presentada no concello de Santiago

Moción presentada polo BNG e a Intervención da Plataforma E.R.C. no Concello de Santiago do día 26.12.2014. pedindo apoio de tódolos partidos á nosa causa.

-A Plataforma de Emigrantes Retornados de Compostela, congratúlase de que grazas á presión que a Cordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados está a facer na rúa por fin se saiba quen son os verdadeiros defraudadores, que non somos os/as pensionistas retornados. Pero non imos consentir que se lle dea unha solución simplemente cosmética ao noso contencioso coa Axencia Tributaria por atopármonos nas vésperas dun ano de importantes envites electorais. Pola contra queremos que se adopten medidas eficaces para que a tributación das nosas pensións sexa xusta e igualitaria.

Con todo isto temos que lamentar a resposta negativa, o pasado mes de outubro, no Parlamento Galego, do Partido Popular, con 40 votos en contra, que tumbou a proposta de modificación da Lei 35/2006, presentada polo BNG con 34 votos a favor de tódolos grupos da oposición que encetaría a posibilidade de solucionar o noso problema.

Foi indignante para os primeiros retornad@s afectados e afectadas que recibían as cartas sorpresa da Axencia Tributaria, primeiro no sur de Galiza, e que pronto chegaron a todo País vai agora para dous anos. Todo un expolio que ninguén esperaba.

Mobilizámonos para protestar polo abuso de poder político, xa que non somos defraudadores e así o recoñeceron máis tarde dende o Goberno español, nós, sabíamos que nisa condición tamén é ilegal multar a ninguén. Uns meses despois, o primeiro de agosto, o Goberno central, anunciaba que ian condonar as multas, sancións e intereses de demora.



Titulares de devolución nos medios, como solución definitiva ao problema dos emigrantes retornados, na Xunta de Galiza, aplaudian a nova coma un problema arranxado coa emigración, a sabendas de que as plataformas de retornados lle deixáramos na mesa da Conselleira de Facenda da Xunta as nosas reivindicacións. A devolución do Goberno non responde máis que a unha pequena parte do que nos levou de forma inxusta. Galiza para emigrar, Madrid para mandar, Goberno galego a obedecer sen rechistar. 
















Así, imos moi mal. Por iso a Plataforma de Emigrantes Retornados de Compostela , solicita do Pleno da Corporación Municipal, a adopción do seguinte:

ACORDO:

1. Demandar do Goberno do Estado a adopción urxente das seguintes medidas para modificación da Lei 35/2006 e non o arranxo cosmético na refundición da Lei 35/2014 que se ven de aprobar e que non mudou nada. Para elo queremos:

1.1.A modificación lexistativa que fixe un mesmo rexime do IRPF, con independencia de se estas proceden dun estado ou de varios Estados. Para que se cumpra co principio de igualdade, modificando a Lei 35/2006, para que as nosas pensións sexan iguais que a do resto d@s Gales@s, concretamente, no artigo 96 en relación co 17, de tal forma que se estableza a obriga de declarar a partir de 22.000€ ano de ingresos e que para os restantes se estableza un réxime de retencións idéntico ao resto d@s pensionistas.

1.2. O recoñecemento de oficio das pensións de invalidez, recoñecidas nos países de procedencia coa finalidade de acreditar a exención na tributaciçon de ditas pensións (actualmente hai persoas con incapacidade total no país de orixe, que segundo o INSS é equiparábel á absoluta, que están sendo requeridas pola Axencia Tributaria para a súa tributación) queremos a equivalencia coas invalideces daquí.

1.3.Revisión dos convenio marco con outros países para evitar que situación deste tipo poidan volverse a producir.

1.4.Que a regularización a partir diste ano en ningún caso se aplique con carácter retroactivo. 

1.5.Convenios coa seguridade social para ter dereito á asistencia sanitaria ou pago no país de orixe. Moitos emigrantes retornados para teren dereito á asistencia sanitaria teñen que ter un convenio ou ben no país de orixe ou aquí con algunha entidade, aquí coa Taxa da SS, polo cal teñen que pagar unhas cantidades mensuais. No caso da SS aqui son uns 87 euros ao mes e no extranxeiro a contía é maior. Os traballadores poden deducir os gastos de SS na súa declaración, porqué os pensionistas retornados non?

1.6. Problemas coas pensións do 2º Piar. En moitos países as pensión do chamado segundo piar, aínda sendo obrigatorias están xestionadas por fondos de pensións, polo tanto a A.T. considera que teñen a consideración de pensión privadas cando existe xurisprudencia que mantén o contrario. 

2. Doble imposición. Malia que as normas da OCDE establecen que non debe existir doble imposición non se establecen medidas para evitala. En moitos casos esas pensións do 2ª piar xa tributan no país de orixe sen que a A.T. as considere excluídas de tributación aquí. Imponlle novamente aos retornados unha carga de burocracia e de litixios para defender os seus dereitos, coa “regularización” que escomezará a partires de xaneiro 2.015. 

2.1.A Axencia Tributaria á vista dos feitos non ten intención de facer unha campaña aclaratoria e informativa entre as persoas afectadas, Isto afecta tanto ás solicitudes de devolución como á obriga de regularizar as débedas tributarias nos 6 meses. Ademais de pretender que fagamos o seu traballo dirixen cara nós a culpabilidade de posíbeis erros ou omisión nas declaracións, que poden ser numerosos á vista das eivas da normativa aprobada. 

2.2.Instar á Xunta de Galiza a:

2.3.Realizar unha campaña de información a tódalas persoas afectadas e que se indique quen ten obriga de incluír as pensións na declaración tendo en conta: país de procedencia das pensións, as sentenzas existentes, as resolucións do Tribunal Económico Adminsitrativo e os cambios dos últimos anos nos diferentes convenios bilaterais..

2.4. Que tódolos grupos políticos que forman parte da Corporación deste Concello asinen un comunicado público condenando a actuación de “dobre cara” do Partido Popular que maioritariamente apoia aos emigrantes retornad@s nos Concellos, votando a favor das inciativas da Cordinadora Nacional Galega de Retornad@s a traverso de mocións, pero, a súa vez, votan en contra destas mesmas iniciativas tanto no Parlamento Galego, coma no Congreso dos Deputados, impedindo estes, que a modificación da Lei 35/2006 vaia adiante, facendo unha nova refundición, agora, Lei 35/2014, para facer ver que algo mudou sen haber mudado absolutamente nada. 

A Plataforma de Emigrantes Retornados Compostela, dámolas grazas ao BNG por ista Moción que presenta hoxe, destinada a recadar o apoio de todos os partidos políticos do Concello de Santiago de Compostela, ás persoas que perciben pensións do estranxeiro afectadas pola reclamación da Axencia Estatal Tributaria para que dunha vez por todas se vaia facendo xustiza con un colectivo maltratado na ida ao ter que emigrar e tamén na volta cando nos reintegramos ao noso País.

Axenda e tempo do martes 30 de decembro - Música, títeres, exposicións

Santiago - Auditorio - Celtic Legends

Santiago - Alameda - Pista de hielo

Santiago - Mercados de San Pedro

Santiago - Cidade da Cultura - infantil - Creación dun videoclip

Santiago - SGAE - títeres - A historia do Apalpador

Santiago - Biblioteca Ánxel casal - música navideña con flauta travesera

Santiago - Mercado na Quintana

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Zona C - María Castellanos - Lo Real (ata o  1 de febreiro)

Santiago - Fonseca - Colección Betty Tisinger de libros desplegables (ata o 26 de xaneiro)

Santiago - Iconos Rusos (Casa gótica) (ata o 31 de decembro)

Santiago - Museo das Peregrinacións - Imaxes de Santiago (ata o 31 de decembro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Barriga Verde, de feira en feira (ata o 11 de xaneiro)

Santiago - Fundación Araguaney - Manuel Vázquez Alemán (ata o 29 de decembro)

Santiago - Auditorio de Galicia - Xulio Maside (ata xaneiro 2015)

O Tempo

Obradoiro CAB - Últimos días do II Campus Nadal Obradoiro – El Corte Inglés

El II Campus Nadal Obradoiro – El Corte Inglés apura sus últimas horas de diversión y baloncesto. Un centenar de niños santiagueses y de comarcas cercanas afrontan hoy su penúltima jornada de actividad, antes de asistir mañana al partido que enfrentará al Rio Natura Monbus Obradoiro en el Fontes do Sar ante el F.C. Barcelona.

El campus, dirigido por Antón Pinaque y por Iago Rodríguez Palmeiro en el apartado técnico, celebró el pasado domingo su jornada especial en el Fontes do Sar, en la cual los asistentes conocieron todos los secretos del pabellón, como los vestuarios del Rio Natura Monbus Obradoiro, los despachos de sus entrenadores o la sala de prensa, en la que pudieron convertirse en el propio Moncho Fernández durante unos minutos.

Durante los cinco días, niños y niñas han mejorado su técnica con las lecciones de entrenadores como Paula Couto, Maite Asteinza, Luis Forés, Pablo Vázquez, Rafa Padín o Adrián Sueiras, sin dejar de lado la diversión y la oportunidad de hacer nuevos amigos. También han recibido las lecciones maestras de los jugadores profesionales del Rio Natura Monbus Obradoiro, ya que Maxi Kleber, Alberto Corbacho, Daniel Miller, Pepe Pozas y Juanjo Triguero visitaron los pabellones santiagueses en los que se está llevando a cabo la actividad.

Hoy, antes de la clausura y la entrega de diplomas en el descanso del partido ante el F.C. Barcelona, El Corte Inglés, principal patrocinador del evento, entregará a cada uno de los participantes un obsequio de recuerdo de la actividad.

Ames - O concello pecha o ano 2014 con 30.231 habitantes censados

O Milladoiro concentra o 41 por cento da poboación
O alcalde, Santiago Amor, destaca as políticas municipais en materia de familia e xuventude 

O Concello de Ames fai públicos os datos provisionais do censo municipal de 2014. A cifra total da poboación censada a 26 de decembro é de 30.321 habitantes, que se debulla territorialmente da seguinte forma:

- O Milladoiro = 12.352 habitantes, que representan o 41 por cento

- Parroquias rurais e urbanizacións = 9.747, o 32 por cento

- Bertamiráns = 8.222, o 27 por cento

As dúas localidades principais, O Milladoiro e Bertamiráns, suman 20.754 habitantes, o 67 por cento da poboación total amesá. Divididos por sexos, hai máis mulleres que homes; en O Milladoiro hai 6.451 mulleres e 5.901 homes, mentres que en Bertamiráns hai 4.230 mulleres e 3.992 varóns.

Un dato significativo é que Ames é dos concellos máis novos de España, xa que un terzo da poboación está no rango de cero a dezaoito anos. Ademais o seu saldo vexetativo é moi positivo, onde os nacementos dobran amplamente os decesos.

O alcalde de Ames, Santiago Amor, destaca que tras o “extraordinario” desenvolvemento urbanístico antes da crise económica, o municipio mantén un “forte dinamismo poboacional” que obriga a “intensificar” as políticas de familia e xuventude. “O Concello inviste 58 euros por habitante en protección e promoción social e 272 en servizos municipais básicos. Temos unha partida de 120.000 euros anuais para as familias numerosas e un amplo catálogo de servizos de conciliación (bos días cole, comedores, tardes divertidas, escola de verán…), así como una densa oferta de escolas deportivas municipais e obradoiros culturais, entre outras actividades”, explica Santiago Amor. Con todo, Amor lembra que os datos non son só un éxito do Goberno actual, senón que son froito do traballo e das políticas desenvolvidas polos seus predecesores nos últimos quince anos.

Ames, o cuarto Concello galego con menos débeda

O Concello de Ames é o cuarto de Galicia con menos débeda por habitante, 18,56 euros, segundo datos do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. O rexedor subliña que se fixo un gran esforzo durante o seu mandato para controlar as contas municipais: “Cando cheguei á alcaldía, en 2011, houbo que implementar medidas urxentes de contención do gasto público nunha conxuntura xeral de enormes dificultades. Os datos oficiais son claros e reveladores e, ademais, actualmente baixamos a 58 días a media do pagamento a provedores, cando antes mesmo chegaba a dez meses”.

Esquerda Unida Compostela - Proposta de subvencións para pago do IBI

O grupo de traballo de políticas sociais de Esquerda Unida Compostela considera que calquera Administración Pública ten que ter, entre un dos seus obxectivos principais, garantir o dereito a unha vivenda digna.

Consideramos que para que o acceso a unha vivenda digna sexa unha realidade para a maioría social é necesario destronar o actual modelo, que busca o lucro privado, tal e como se pode comprobar co pelotazo urbanístico que o PP defende coa operación especulativa de Xoán XXIII.

Dende o grupo de traballo de políticas sociais de EU Compostela, para acabar con este modelo antisocial, que ten á vivenda como un negocio e non como un dereito, apoiamos, entre outras moitas medidas, a creación dunha axencia pública municipal de aluguer social, presentada en marzo de 2012. Tamén consideramos necesaria a creación dun Servizo Municipal de Atención Integral a Persoas sen Fogar, como propuxemos en outubro de 2013.

Moitas máis medidas estruturais para acabar con este modelo especulativo son posibles, pero tamén o Concello, se é consciente da realidade que afoga a moitas veciñas e veciños, ten que tomar medidas urxentes e, aunque meramente paliativas ata mudar este sistema económico, político e social, por suposto son necesarias.

Por desgraza é unha realidade que moitas persoas teñen serias dificultades económicas para (mal)vivir, por exemplo o número de familias que teñen dificultades para chegar a fin de mes, ou nin chegan, é alarmante. Tan grave é a situación que hai veciñas e veciños que facer o pago do IBI, suponlle un gasto tan elevado que lle impide afrontar o custe de necesidades básicas para calquera persoa.

O grupo traballo de políticas sociais reclama como medida urxente que o Concello subvencione o 100% da cota do IBI das persoas en risco de exclusión social, así como unha porcentaxe progresiva da dita cota segundo a capacidade económica.

Por todo isto o o grupo de traballo de políticas sociais de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de

ACORDOS
Primeiro. O Pleno do concello da Coruña insta ao goberno municipal a establecer unha subvención ás unidades familiares que acrediten dificultades económicas en relación á suma dos seus ingresos dividida polo número de membros, segundo o seguinte baremo:

Inferior ao 100% do IPREM: 100% da súa cota do Imposto de Bens Inmobles (IBI)

Entre o 100% e inferior ao 125% do IPREM 75% da súa cota do IBI

Entre o 125% e inferior ao 150% do IPREM 50% da súa cota do IBI

Entre o 150% e inferior ao 175% do IPREM 25% da súa cota do IBI

Segundo. Proceder á súa inmediata posta en marcha e á súa publicidade durante o mes de xaneiro de 2015 e abrir o prazo de presentación de solicitudes que se manterá durante todo o ano.

Brión - O Concello estrea dominio .gal

O Concello de Brión, sempre comprometido coa lengua galega e coas novas tecnoloxías, ofrece aos cidadáns un novo xeito de acceder ao seu portal web institucional. Trátase do novo enderezo www.concellodebrion.gal, que se une ao xa existente www.concellodebrion.org.

Deste xeito, Brión é un dos municipios galegos pioneiros en adoptar o dominio.gal, una iniciativa a prol da nosa lingua e cultura na cada vez máis globalizada sociedade da información. Unha marca de Galicia para Internet que identifica os contidos que xera o Concello de Brión na Rede e que teñen un forte vencello coa nosa terra. Unha especie de sufixo co que identificar en Internet as páxinas escritas en galego e que se dirixan á sociedade galega nas súas comunicacións en liña.

Este novo dominio xa se atopa en funcionamento, polo que os cidadáns xa poden empregalo para acceder ao contido web que o concello ofrece na súa páxina principal. Ademais, o Concello de Brión tamén conta cos servizos que prestan as páxinas www.infobrion.com (unha web creada canda a Universidade de Santiago de Compostela para recoller información sobre a veciñanza brionesa) e www.briondixital.org (unha plataforma para os cursos educativos on-line).

Ames - Acordos pleno de decembro

O Concello de Ames adhírese á Central de Contratación da Deputación co obxectivo de mellorar a eficacia na actividade administrativa

A corporación municipal aprobou cos votos a favor do grupo de goberno a adhesión do Concello de Ames á Central de Contratación da Deputación Provincial da Coruña co obxectivo de simplificar a tramitación administrativa na adquisición de bens e servizos de utilidade para o ente local

Por outra banda, deixouse encima da mesa a reversión da parcela cedida en favor da Xunta de Galicia, para a construción do parque comarcal de bombeiros no Milladoiro, ata que a Xunta de Galicia emita un informe no que aclare se renuncia a executar esta infraestrutura

Ademais, deuse conta da renuncia da concelleira do PP, María Carmen Verde, e da solicitude de expedición de credencial en favor de Ana Ruso. Así mesmo, solicitouse a credencial a favor da concelleira non electa do PSOE, Begoña Gómez

A corporación municipal aprobou cos votos a favor do grupo de goberno a adhesión do Concello de Ames á Central de Contratación da Deputación Provincial da Coruña co obxectivo de simplificar a tramitación administrativa na adquisición de bens e servizos de utilidade para o ente local. Por outra banda, deixouse encima da mesa a reversión da parcela cedida en favor da Xunta de Galicia, para a construción do parque comarcal de bombeiros no Milladoiro, ata que a Xunta de Galicia emita un informe no que aclare se renuncia a executar esta infraestrutura. Ademais, deuse conta da renuncia da concelleira do PP, María Carmen Verde, e da solicitude de expedición de credencial en favor de Ana Ruso. Así mesmo, solicitouse a credencial a favor da concelleira non electa do PSOE, Begoña Gómez. 

O pasado venres, no pleno ordinario de decembro, a corporación municipal aprobou a adhesión do Concello de Ames á Central de Contratación da Deputación Provincial da Coruña. Este tema saíu adiante co voto a favor dos cinco concelleiros/as do grupo de goberno. As tres concelleiras non adscritas Pilar Candocia, Susana Mayo e Olaia Alvite votaron en contra, mentres que os cinco concelleiros/as do grupo municipal socialista e os concelleiros/as non adscritos María González Gómez, Manuel Ferreiro Santiago, Emilio Martínez Carballeira e Ramón García Argibay abstivéronse.

Trátase dun convenio marco, que poderá empregar o Concello cando desexe adherirse a algún procedemento de contratación que lle interese. Esta ferramenta creouse para facilitarlle aos concellos adheridos unhas condicións económicas máis vantaxosas ao tempo que se simplifica a tramitación administrativa na adquisición de bens e servizos de utilidade para o ente local.

Coa inclusión neste convenio provincial, o Concello de Ames pretende contribuír dun xeito decisivo a incrementar a eficacia da actividade administrativa e reducir o gasto público. A proposta incrementa o plan de contratación administrativo que se puxo en funcionamento na actual lexislatura e que ten como obxectivo a regularización de contratos e a planificación da contratación municipal. 

Reversión da parcela cedida para o parque de bombeiros

Por outra parte, a corporación municipal aprobou deixar encima da mesa a reversión da parcela cedida en favor da Xunta de Galicia, para a construción do parque comarcal de bombeiros no Milladoiro. O grupo municipal socialista presentou unha proposta para non abordar este tema ata que a Xunta de Galicia emita un informe no que aclare se renuncia a executar esta infraestrutura no terreo de 4.669’39 metros cadrados situado no sector S-16 “Galdrachán”. 

Sobre esta cuestión o alcalde de Ames, Santiago Amor, explicou que “xa pasaron máis de seis anos dende que en outubro de 2008 se aprobou en Pleno a cesión desta parcela, e non se avanzou nada na construción do parque comarcal de bombeiros. Por iso, dende o grupo de goberno cremos que é o momento de que este terreo reverta en favor do Concello para empregalo para outros fins”. Por outra banda, o rexedor municipal tamén aclarou que “dende o Concello de Ames estanse mantendo conversas co actual alcalde de Santiago de Compostela para crear unha comisión sobre este tema. Tamén estamos en contacto coa Xunta de Galicia e coa Deputación da Coruña”. 

Finalmente, a proposta socialista saíu adiante con oitos votos a favor, dos cinco concelleiros/as do grupo municipal socialista, e das tres concelleiras non adscritas Pilar Candocia, Susana Mayo e Olaia Alvite. Os concelleiros/as non adscritos María González Gómez, Manuel Ferreiro Santiago, Emilio Martínez Carballeira e Ramón García Argibay abstivéronse, mentres que os cinco concelleiros/as do grupo municipal popular votaron en contra de deixar este punto encima da mesa. 

Despedida de María Carmen Verde

Por último, deuse conta da renuncia da concelleira do PP, María Carmen Verde, e da solicitude de expedición de credencial en favor de Ana Ruso, para que pase a formar parte da corporación municipal como nova concelleira do grupo municipal popular. Así mesmo, solicitouse a credencial a favor da concelleira non electa do PSOE, Begoña Gómez, para que tamén se incorpore á corporación municipal do Concello de Ames. 

María Carmen Verde destacou na súa despedida que garda grandes recordos da súa etapa política. Asemade, recalcou “síntome moi orgullosa de ser a primeira muller que formou parte desta corporación municipal”. Por último, explicou que “deixa paso a xente máis nova e con máis ilusión para exercer este cargo”. Tamén lle agradeceu a todos os compañeiros/as de corporación o seu apoio.

O alcalde, Santiago Amor, agradeceulle o seu compromiso co Concello de Ames e tamén destacou “que foi a primeira concelleira da corporación municipal de Ames nun tempo no que a maioría dos edís eran homes. Un tempo que foi cambiando grazas ao traballo de mulleres coma ti”. O resto de concelleiros/as tamén agradeceron o traballo de María Carmen Verde en favor de Ames.

Axenda e tempo do luns 29 de decembro - Música, monicreques, mercados, exposicións

Santiago - Teatro Principal - La Maquiné - El Bosque de Grimm

Santiago - Alameda - Pista de hielo

Ames - Maxía con Dani García e música coa Escolanía da Catedral 

Santiago - Biblioteca Ánxel Casal - Presentación do xogo de mesa Peregrinus

Santiago - Paraninfo de Historia - concerto homenaxe a Alexander Gold Makarov

Ordes - Festa de nadal para os cativos

Santiago - Cidade da Cultura - Cine con plastilina 

Santiago - Concerto de aninovo - Strauss Festival Orchestra

Santiago - Mercado na Quintana

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Zona C - María Castellanos - Lo Real (ata o  1 de febreiro)

Santiago - Fonseca - Colección Betty tisinger de libros desplegables (ata o 26 de xaneiro)

Santiago - Iconos Rusos (Casa gótica) (ata o 31 de decembro)

Santiago - Museo das Peregrinacións - Imaxes de Santiago (ata o 31 de decembro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Barriga Verde, de feira en feira (ata o 11 de xaneiro)

Santiago - Fundación Araguaney - Manuel Vázquez Alemán (ata o 29 de decembro)

Santiago - Auditorio de Galicia - Xulio Maside (ata xaneiro 2015)

O Tempo