Axenda sábado 22 - Santiago, Frades, Brión, Centro Transfusión


Sábado 22

SANTIAGO

10.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
PUNTO ÚNICO: designación de representantes das mesas electorais por mor das vindeiras eleccións autonómicas.

Silleda - roubo de cableado

Rouban todo o cableado do alumeado público en rúas da Bandeira 
As caixas das farolas da rúa Chousa Grande, xunto ao edificio de viviedas sociais apareceron abertas e todo o cableado arrancado. O incidente tamén afecta á rúa da Esmorga

BNG Ordes - resumo pleno extraordinario 21 de setembro

O BNG OPUXOSE Á REDUCCIÓN DE HORARIOS DA PISCINA CLIMATIZADA POR SER O PRIMEIRO PASO PARA A ELIMINACIÓN DE ACTIVIDADES E O DESPEDIMENTO DE TRABALLADORES 
Gonzalo Castro criticou a falta de transparencia do goberno, que non emitiu por Radio Ordes os últimos dous Plenos.

Brión - hoxe comezan as festas coa do Cabalo


A XXX FESTA DO CABALO INICIA HOXE SÁBADO UNHA SEMANA DE FESTEXOS QUE CULMINARÁN O XOVES 27 CUNHA NOVA EDICIÓN DA FESTA DE SANTA MINIA

A Festa do Cabalo terá lugar os días 22 e 23 de setembro no monte Rañalonga e reunirá a uns 300 exemplares, se o tempo o permite

Ames - xuntanzas informativas sobre o programa de psicomotricidade


A próxima semana haberá xuntanzas informativas sobre o curso de psicomotricidade 2012-2013
O luns, 24 de setembro, haberá unha reunión no CEIP Agro do Muíño, o martes, 25 de setembro, realizarase no CEIP A Maía e o xoves, 27 de setembro, na Escola de Educación Infantil do Milladoiro. Todas as xuntanzas serán ás 17:00 horas da tarde.

Frades - o pleno elixe hoxe o novo alcalde


O PLENO MUNICIPAL DE FRADES ELIXE MAÑÁ SÁBADO, ÁS 14:00 HORAS, AO SEU NOVO ALCALDE

Axenda - Santiago, tráfico, Ames, Centro transfusión


SANTIAGO

Venres 21

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, participa como ponente no almorzo informativo organizado por Fórum Europa. Presenta o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

BNG O Pino - verquido de augas residuais


O BNG de O Pino denuncia un verquido de augas residuais sen depurar por mor da inexistencia de estación depuradora
A estación debería estar xa construída en función do convenio subscrito entre o Concello e a empresa promotora do Polígono Martinsa-Fadesa.

Ames - esta fin de semana festas en Lapido e Oca


Lapido e Oca están de festa este sábado 22 de setembro
Os lugares de Lapido e Oca celebran esta fin de semana as festas na honra da virxe das Mercedes e da virxe do Corpiño, respectivamente.

Oroso - inauguración da setima edición de Goisorosoartes


OS ALCALDES DE OROSO E DE GÓIS INAUGURAN HOXE VENRES A SÉTIMA EDICIÓN DE GOISOROSOARTES, NA QUE PARTICIPAN SESENTA ARTISTAS
O acto incluirá dúas actuacións musicais a cargo do violinista orosán de 8 anos Emiliano Sánchez e dos profesores da aula de música de Oroso

BNG A Estrada - o PP entrega a banca o que lle quita os funcionarios


O PP da Estrada entregará á banca a parte dos salarios que lle quita ao persoal municipal
O concello de Pontevedra, gobernado polo BNG, demostrou que é posíbel compensar a paga extra dentro da legalidade vixente, demostrou que se pode ser insubmiso aos recortes ditados polos mercados en beneficio de todos e todas

Silleda - na comisión informativa o PP abstense no punto sobre declarar festivos o día da Saleta e o luns da Empanada


O PP abstense na proposta para declarar festivos locais o día da Saleta e o luns da empanada
O pleno debatirá tamén un suplemento de crédito para dar cobertura orzamentaria á segunda fase do plan de pago a proveedores

Teo - presentación do libro-CD "vámola alboreando, músicas de Teo" da AC a Regionalista



A AC A REGIONALISTA PRESENTA O LIBRO-CD “VÁMOLA ALBOREANDO. MÚSICAS DE TEO” NA IV EDICIÓN DOS PERSOEIROS DA TERRA
O acto público de presentación será no Auditorio da Ramallosa este domingo 23 ás 18:00 horas

Ames - inicio do proceso de contratación das obras de remodelación da travesía do Porto no Milladoiro


Iníciase o proceso de contratación das obras de mellora e acondicionamento da Travesía do Porto
Estes traballos, que se desenvolverán grazas ao convenio asinado recentemente coa Deputación da Coruña, teñen un custo de 69.661 euros. As obras permitirán aumentar a seguridade desta avenida para vehículos e peóns.

Melide - adxudicación de obras no casco urbán


O concello de Melide ven de reunir a mesa de contratación co fin de adxudicar dúas obras no casco urbano.
Trátase da construcción da rede de pluviais na Praza do Instituto, Rúa Alvaréz Carballido, Otero Pedrayo, Taboada Roca, Amador Rodríguez entre outras.

Santiago - Roderick Williams no primeiro concerto do XIII ciclo de Lied


Roderick Williams, protagonista do primeiro concerto do XIII Ciclo de Lied
hoxe venres 21, ás 21.00h no Teatro Principal, acompañado polo pianista Roger Vignoles
Os seguintes concertos serán o martes 25 con Asmik Grigorian; e o sábado 29 con Christoph Prégardien; todos no Teatro Principal a partir das 21.00h xunto a Vignoles
As entradas, a 8€ (ou un abono para os tres concertos de 18€) poden mercarse na web ou teléfono de Novagaliciabanco, así como na billeteira do Teatro Principal

Frades / Mesía 7 Curtis - reunión dos alcalde coa delegada territorial da Xunta


A DELEGADA TERRITORIAL DA XUNTA NA CORUÑA DESTACA A COLABORACIÓN ENTRE OS CONCELLOS DE CURTIS, FRADES E MESÍA PARA MELLORAR E ACERCAR OS SERVIZOS AOS CIDADÁNS

Axenda xoves 20 - Santiago, Centro Transfusión

SANTIAGO

12.00 h
Na Casa do Concello, Comisión informativa de Urbanismo, Infraestruturas, Vivenda e Medio Ambiente. Declaracións da concelleira de Urbanismo, María Pardo, ao remate.

Oroso - o alcalde pide tolerancia cero cos ladróns de cobre


MIRÁS ESIXE TOLERANCIA CERO COS LADRÓNS DE COBRE E UNHA ACTUACIÓN MÁIS DECIDIDA POR PARTE DAS AUTORIDADES COMPETENTES

Oroso leva gastados máis de 45.000 euros en repoñer cobre roubado nos últimos oito meses, o último esta mesma semana nas rúas Pablo Iglesias e Camiño Inglés de Sigüeiro que está sendo reposto

Santiago - reforzo policial para esta noite


O Concello reforza o dispositivo policial para a noite do xoves
A Concellería de Seguridade Cidadá vai reforzar o dispositivo policial para a noite de hoxe xoves, 20 de setembro. Ante a previsible maior concentración de mozos e mozas por ser o primeiro xoves do curso, o Concello vai intensificar as medidas de control e seguimento que xa se veñen realizando habitualmente.

Brión - ábrese a inscrición para a XXX carreira pedestre da Maia


O CONCELLO DE BRIÓN ABRE A INSCRICIÓN NA XXX CARREIRA PEDESTRE DA AMAÍA, QUE POR PRIMEIRA VEZ SÓ PODERÁ FORMALIZARSE A TRAVÉS DA INTERNET
A proba será controlada mediante cronometraxe electrónica a través dun chip de última xeración

Santiago - IX Bienal de pintura do Eixo Atlántico


Santiago de Compostela recibe a IX Bienal de Pintura do Eixo Atlántico
As obras percorren, ao longo de dous anos, as 34 cidades que forman parte da entidade transfronteiriza
En Compostela, estará no Museo do Pobo Galego desde hoxe, que se inaugura ás 20.00h, ata o domingo 30 de setembro

Santiago - programación Teatro&Danza setembro a decembro


37 funcións de 18 propostas no programa de Teatro&Danza de setembro a decembro
Haberá unha proposta especial de Teatro Infantil e Familiar con catro obras
hoxe mesmo teremos ‘Ceniza’ de José Pascual Abellán no Teatro Principal con Guillermo Montesinos e Antonio Campos.

Ames - firma do convenio para a implantación de novos servozos de administración electrónica


O alcalde de Ames asina o contrato para a implantación da segunda fase da administración electrónica
Coa posta en marcha desta segunda fase vaise desenvolver un proceso de xestión documental a través do cal se van implantar arredor de 35 procedementos administrativos telemáticos que comprenden a dixitalización de 50.000 documentos e impresos.

Santiago - a Axencia de Colocación colabora coa cadea textil Primark


A Axencia Local de Colocación colaborará con Primark na colocación de máis de cen mozos e mozas composteláns

Silleda - o concello está a pagar os provedores en 30 días


O Concello de Silleda está a pagar aos proveedores nun prazo de 30 días
A alcaldesa e responsable de Facenda, Paula Fernández Pena, destaca que, a día de hoxe xa se abonaron todas as facturas conformadas por cada área correspondentes ao mes de agosto
“ Grazas á contención do gasto podemos facer un esforzo para pagar aos proveedores con rapidez e así contribuir a dinamizar a economía local”, engade

Ames - abre de novo a aula de informática do Milladoiro


Volve abrir a Aula de Informática do Milladoiro tras un mes pechada por vacacións
Despois dun mes de descanso, a Aula de Informática do Milladoiro retomou este mércores, 19 de setembro, o servizo de Aula Aberta, en horario de 16:00 h. a 20:00 horas.

BNG A Estrada - campaña a prol do comercio local

“Compra na Estrada”
O BNG da Estrada inicia unha campaña a prol do comercio local

Axenda mércores 19 - Santiago, tráfico

SANTIAGO

Mércores 19

11.00 h
Na Praza do Obradoiro, o concelleiro de Centros Socioculturais e Participación Cidadá, Francisco Noya, recibe os participantes na segunda das rutas didácticas organizadas pola Concellería, que nesta ocasión leva o título “Polos balcóns de Compostela”. Trátase dunha visita a Santiago desde a perspectiva que ofrecen os balcóns e terrazas de edificios singulares da cidade. O percorrido comeza no Pazo de Raxoi para continuar pola Facultade de Historia.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local. 

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Ángel Currás, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar a programacion do ciclo 'Teatro&Danza' no cuadrimestre setembro-decembro 2012.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe a directiva do equipo de fútbol Conxo. 

20.00 hNo claustro do Museo do Pobo Galego, o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, inaugura a exposición itinerante da IX Bienal de Pintura do Eixo Atlántico que permanecerá aberta ata o domingo 30 de setembro. No acto estará presente tamén a subdirectora do Museo do Pobo Galego, Mª Xosé Fernández. 

Corte de tráfico na travesa de Picaños
Con motivo da execución de obras pola Brigada de Vías e Obras do Concello, a travesa de Picaños permanecerá cortada ao tráfico, no tramo comprendido entre a rúa de Picaños e a glorieta da rúa das Barreiras, dende o vindeiro xoves, 20 de setembro, ata o 11 de outubro.

Durante o período de obras permitirase o paso a residentes e garaxes da zona.O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

CENTRO DE TRANSFUSIÓN

SANTA CRUZ RIBADULLA (VEDRA)
UNIDADE MÓBIL DIANTE DO SUPERMERCADO CARRILLO. 

09:30 - 14:30/ 16:00 - 21:00

Silleda - ampliado o servizo de teletradución para inmigrantes


O servizo de teletradución para inmigrantes de Silleda amplíase ata agosto de 2013
A alcaldesa, Paula Fernández Pena, suscribira en decembro do pasado ano o convenio coa Secretaría Xeral de Igualdade

NNXX Frades - Nicolás Prado novo presidente de novas xeracións


NOVAS XERACIÓNS DE FRADES REFÚNDASE BAIXO A PRESIDENCIA DE NICOLÁS PRADO CEA
A nova directiva aposta por levar a cabo iniciativas para a mocidade de Frades máis aló do ámbito político

Ordes - a ITV para vehiculos agrícolas estará no concello en Outubro e Novembro


A ITV de vehículos agrícolas estará en Ordes nos meses de outubro e novembro

Ames - este venres proxección do file Vilamor en Betamiráns


A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres a proxección do filme Vilamor
Esta iniciativa enmárcase dentro do programa Redecinema, que está promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e as deputacións da Coruña, Pontevedra e Ourense.

BNG Teo - o BNG levará a pleno a impugnación do decreto que legaliza as preferentes


O BNG levará a pleno a impugnación do Decreto que legaliza a fraude das preferentes
Teo, 18 de setembro de 2012.- O BNG rexistrou no Concello de Teo unha moción para a impugnación do Real Decreto-Lei 24/2012 que legaliza a fraude das participacións preferentes.

PSOE Ordes - o concello investirá 52000 euros no alumeado da rúa Lagartos a petición do PSOE


O CONCELLO DE ORDES ACEPTA A PETICIÓN DOS SOCIALISTAS E INVESTIRÁ 52.000 EUROS NA MELLORA DO ALUMEADO PÚBLICO NAS RÚAS NOVA E DOS LAGARTOS 
Xesús Pedreira asegura que “dá cumprida resposta aos problemas que sofren os veciños” e adianta que as obras comezarán en novembro 

Ordes - a ordense Ángeles Rodriguez medalla de bronce na Milla Urbana de O Barco


A atleta ordense Ángeles Rodríguez acada a medalla de bronce na XXVI Milla Urbana do Barco de Valdeorras

Ames - exposición de listas de candidatos a xurados

O Concello de Ames expón o censo electoral de cara á formación das listas de candidatos a xurado
O censo poderase consultar entre o 18 e o 22 de setembro e entre o 24 e 25 do mesmo mes. O sorteo para a formación destas listas levarase a cabo o 26 de setembro, ás 12:00 horas, na Sala de Xuntas da Delegación Provincial do Instituto Nacional de Estadística na Coruña.

Ordes / BNG Ordes - notas sobre o cambio de horarios na piscina climatizada

CONCELLO DE ORDES


O Concello de Ordes racionalizará o horario da piscina climatizada e cerrará a instalación dende as 14 ás 16 horas

Com esta medida o Goberno aforrará máis de 12.000 euros e priorizará os intervalos de maior afluencia de público e nos que se levan a cabo os cursos
Ordes 18 setembro 2012. O Concello de Ordes ten previsto de cara á vindeira tempada racionalizar e optimizar o uso e desfrute da súa piscina municipal, mantendo cerradas ditas instalacións de 14 a 16 horas.

“Son tempos de recursos limitados e temos que racionalizar máis ca nunca a xestión dos servizos e bens municipais”, comentaba esta mañá a concelleira Silvia Marín”. Con esta medida o consistorio “aforrará 12.000 euros tan só en gastos de persoal” manifestou Marín, ós que haberá que engadir os derivados do consumo enerxético entre outros. A prioridade é a de manter os horarios con maior afluencia de público. “Estos son nas primeiras horas da mañá e últimas horas da tarde, xusto antes de que a xente inicie ou finalice a súa xornada laboral”, puntualizaba Silvia Marín. Deste xeito as instalacións mantéñense abertas nos horarios habituais nos que ata o de agora se viñan realizando os cursos de natación. Unha actividade cuxo prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro día 26 de 9 a 14 horas no primeiro andar da casa consistorial.
Con esta medida o equipo de Goberno pretende tamén favorecer as condicións económicas para as empresas que queiran optar á xestión da piscina muncipal climatizada.


BNG ORDES 

O BNG OPONSE Á REDUCCIÓN DE HORARIOS DA PISCINA CLIMATIZADA PORPOSTA POLO ALCALDE

Gonzalo Castro critica que o alcalde convoque un Pleno extraordinario para este venres para modificar o regulamento da piscina climatizada e reducir os seus horarios.

Os nacionalistas acusan ao alcalde de intentar evitar que se debata este asunto no Pleno Ordinario da semana que ven, onde se tratará a moción do BNG para manter as actividades da piscina e do ximnasio.
Castro considera que a reducción dos horarios é o primeiro paso para a eliminación de actividades e o despedimento de traballadores nestas instalacións municipal.

Gonzalo Castro, portavoz do BNG de Ordes, criticou ao alcalde por “convocar un Pleno extraordinario para modificar o regulamento da piscina climatizada reducindo os seus horarios, nun intento de evitar que esta proposta se debata no Pleno Ordinario da semana que ven, onde se tratará a moción do BNG para o mantemento das actividades desta instalación municipal”.

O portavoz do BNG lembrou que “o alcalde actuou unha vez máis cunha absoluta improvisación na xestión da piscina e o ximnasio, ao rescindir a relación contractual coa empresa, que a partir do 1 de outubro cesará na prestación de actividades aos usuarios, sen que exista previsión algunha que permita manter as mesmas”.

O portavoz nacionalista afirmou que “a piscina leva anos sen estabilidade na súa xestión debido á incapacidade do alcalde que non foi quen de sacar adiante a xestión directa por parte do Concello, e nin tan sequera unha concesión do servizo estábel e en condicións óptimas”.

Oposición á reducción de horarios
A proposta do alcalde para a modificación do regulamento inclue o peche da piscina de 14:00 a 16:00, así como a reducción dunha hora no horario dos domingos e o seu peche durante todo o mes de agosto.

Gonzalo Castro manifestou a “rotunda oposición do BNG á redución de horarios da piscina climatizada, xa que constitue o primeiro paso para a eliminación de actividades e o despedimento de traballadores nesta instalación municipal”.

O portavoz do BNG lembrou que no Pleno ordinario da vindeira semana “defenderemos unha proposta para que se acorde garantir a continuidade das actividades da piscina e o ximnasio, así como a permanencia dos traballadores destas instalacións”.

Brión - proxecto Babel de intercambio lingüistico entre veciños

BRIÓN CONVOCA A SEGUNDA EDICIÓN DO PROXECTO BABEL PARA FAVORECER A INTEGRACIÓN E O INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO ENTRE VECIÑOS

É unha iniciativa totalmente gratuita e durante este mes organizarase as parellas que adquirirán fluidez na conversa nun idioma que elixan

Santiago - XIII Ciclo de Lied


Roderick Williams, Asmik Grigorian e Christoph Prégardien no XIII Ciclo de Lied
Todos acompañados, como é habitual no ciclo, polo pianista Roger Vignoles 
Os concertos celebraranse, respectivamente, o venres 21, martes 25 e sábado 29 de setembro; todos no Teatro Principal a partir das 21.00h.

Ames - a brigada de xestión dos espazos naturáis limpou máis de 50000 metros cadrados

A brigada de xestión dos espazos naturais do Concello de Ames limpou máis de 50.000 metros cadrados de pistas e camiños municipais
Este grupo de traballo está formado por cinco peóns, un capataz e un enxeñeiro forestal, que forman a brigada de xestión dos espazos naturais. O seu labor principal é realizar tarefas de acondicionamento do espazo forestal e fluvial.

Axenda martes 18 - Santiago, Teo,


SANTIAGO

Martes 18
10.30 h
Na cafetería do Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés), ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o XXII Día da Bicicleta.

BNG Ordes . crítica pola paralización dos cursos de natación na piscina climatizada

O BNG CRITICA AO ALCALDE POR PARALIZAR OS CURSOS DE NATACIÓN NA PISCINA CLIMATIZADA
O goberno municipal acaba de rescindir, sen previsión algunha, o contrato á empresa e os cursos de natación quedaron suspendidos. 

PSOE Ames - Paco Villaverde elexido secretario xeral dos socialistas de Ames

Francisco Villaverde, elixido por unanimidade novo secretario xeral da Agrupación Socialista de Ames
Villaverde aposta por achegar máis o partido aos veciños e veciñas de Ames 

Teo - a astrónoma da USC Josefina Ling fará unha visita guiada a exposición con A de Astrónoma


A ASTRÓNOMA DA USC, JOSEFINA LING, FARÁ UNHA VISITA GUIADA O 21 POLA EXPOSICIÓN CON Á DE ASTRÓNOMAS QUE SE PODE VER EN TEO
A mostra presenta o traballo feminino neste eido e pódese visitar na Casa do Concello ata o 28 de setembro

Ames - novas prazas en Música e movemento na Escola Municipal de Música

A Escola de Música de Ames abre o prazo de inscrición nas novas prazas para a materia de música e movemento
A inscrición rematará o 26 de setembro, poderá realizarse no Pazo da Peregrina de Bertamiráns e na Casa da Cultura do Milladoiro.
En total, a EMMA oferta 9 novas prazas. Delas, un total de seis están destinadas a rapaces e rapazas nados no ano 2008. As outras tres prazas serán para os nenos e nenas nados no 2006

Brión - curso de informática e obradoiros de novas tecnoloxías

O CONCELLO DE BRIÓN CONVOCA UN CURSO DE INICIACIÓN Á INFORMÁTICA E SEIS PEQUENOS OBRADOIROS DE NOVAS TECNOLOXÍAS
Os talleres, de dúas horas de duración, tratarán sobre aspectos concretos sobre comercio electrónico, skype, uso de redes sociais...

Ames - aberto o prazo de inscrición nas actividades da oficina do voluntariado

Esta semana comeza o prazo de inscricións para as actividades que organiza a Oficina de Voluntariado de Ames
O mércores 19 de setembro comeza o prazo para apuntarse na Escola de Maiores e no programa de actividades acuáticas para persoas maiores e persoas con discapacidade, Sanauga,mentres que o xoves 20 deste mes ábrese o prazo para inscribirse no seminario de amigos da viticultura.

Silleda - aprobado pola Xunta o cambio de usos no PXOM para o recinto da Semana Verde

A Xunta de Galicia outorga a aprobación definitiva da modificación do PXOM que permite ampliar os usos no recinto feiral Semana Verde
A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo vén de comunicar a autorización ao Concello de Silleda
Esta modificación puntual do planeamento contribuirá a revitalizar a actividade feiral e o propio recinto 

Ordes - a piscina pechou ata a próxima tempada

A piscina municipal do Campo da Feira de Ordes pechou as súas portas ata a vindeira tempada
A piscina municipal do Campo da Feira de Ordes pechou as súas portas despois da tempada de verán.

Oroso - o concello mantén os prezos das actividades deportivas e culturáis

O CONCELLO DE OROSO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS, QUE ESTE ANO INCLÚEN COMO NOVIDADE CLASES DE SQUASH 
A admisión dos participantes farase por rigorosa orde de inscrición e o Concello manterá o prezo das actividades que xestiona directamente

Santiago - o xoves no Teatro Princpial "Ceniza" de José Pascual Abellan

Chega a Compostela ‘Ceniza’ con Guillermo Montesinos e Antonio Campos
Será este xoves, 10 de setembro, ás 21.00h no Teatro Principal
Traxicomedia do albaceteño José Pascual Abellán dirixida por el mesmo e Lluís Elías que nos formula a seguinte pregunta: ‘Quen non ten un miserable na súa vida?’

Ames - programación de teatro para os próximos meses

A Concellaría de Cultura de Ames programa un outono cheo de teatro para todos os públicos
Tanto a Casa da Cultura do Milladoiro como a de Bertamiráns acollerán o próximo mes a sexta edición da Mostra de Teatro Afeccionado de Ames, na que participarán catro grupos de Ames, Negreira, Muros e Narón. En novembro e decembro será a quenda dos grupos profesionais.

Silleda - fotos do torneo de fútbol base

Torneo de fútbol base celebrado en Silleda na fin de semana e no que participaron 16 equipos de toda Galicia















Ordes - os veciños de o Recreo honraron a Virxe de Lurdes

Os veciños e veciñas de rúa O Recreo honran á Virxe de Lurdes e celebran unha procesión polo centro de Ordes

Axenda luns 17 - Santiago, Ames, Ordes, Transfusión

SANTIAGO
Luns 17
10.30 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Emprego, Paula Prado, reúnese coa directora de Recursos Humanos de Primark España, Juana Rodero. (SÓ GRÁFICOS).

Ordes - festa en Santa Cruz de Montaos



A parroquia ordense de Santa Cruz de Montaos celebra por todo o alto as festas na honra da súa patrona
Veciños e veciñas da parroquia ordense de Santa Cruz de Montaos, así como un amplo número de vistantes, están a disfrutar esta fin de semana da festa na honra a súa patrona.

Frades - Miguel Prado renuncia a alcaldía para ir nas listas do PP

MIGUEL PRADO PATIÑO PRESENTOU HOXE ANTE 
O PLENO MUNICIPAL A SÚA RENUNCIA Á ALCALDÍA DE FRADES, QUE OCUPOU OS ÚLTIMOS 25 ANOS

Prado, que renuncia ao ser incluído nas listas do PP ás eleccións, agradeceu a confianza dos veciños e veciñas de Frades dende 1987 e asegurou que “seguirei defendendo os intereses deste Concello” 

Silleda - máis de 5000 visitantes pasaron por Carboeiro nos últimos meses

O mosteiro de Carboeiro supera as 5.700 visitas dende maio ata o 31 de agosto
No mes de agosto pasaron pola xoia do románico un total de 2.530 visitantes 
 O mosteiro románico de San Lourenzo de Carboeiro segue a ser un dos lugares máis visitados da comarca do Deza.

Ordes - listas de candidatos a xurados nos vindeiros comicios

Iníciase o procedemento de elaboración das listas de candidatos a xurado de cara ós vindeiros comicios 

Axenda domingo 16 - Santiago, Ordes

SANTIAGO
Domingo 16
12.00 h
No Palco da Alameda, concerto da Banda Municipal de Música.
13.00 h
En Conxo, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste aos actos con motivo da festividade de San Serapio.

Plataforma do Lixo - presentación de alegacións os orzamentos do concello

A PLATAFORMA DO LIXO PRESENTA ALEGACIÓNS AOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DE AMES PARA 2012
Denuncian que o procedemento para o cobro da taxa do lixo aos veciños non foi resolto polo Concello, polo que legalmente non pode ser incluído como ingresos tributarios nos orzamentos 
O escrito foi entregado esta mañá no Rexistro do Concello de Ames polos representantes das distintas asociacións de veciños e forzas políticas integrantes da Plataforma do Lixo

Asociación hostelería - presentado santiago (é) tapas

Arranca a V Edición do Santiago (é) Tapas organizado por Hostelería Compostela
A inscrición vai estar aberta entre os días 17 e 30 setembro
O evento vaise celebrar entre os día 26 de outubro e 11 de novembro
O sector privado decide asumir a responsabilidade de organizar este evento 

Silleda - máis de 60000 euros recadados desde primeiros de ano por tasas de compañías de electricidade e telefonía

O Concello de Silleda xa ingresou máis de 60.000 euros no primeiro semestre deste ano polas taxas de compañías eléctricas e operadoras de telefonía
Paula Fernández destaca que os cidadáns “aos que lles estamos a pedir esforzos co plan de aforro enerxético teñen que saber que tamén lle esiximos a estas compañías que paguen o que lles corresponde”

Ames - desde mañán ábrese a inscrición para o obradoiro de baile e música tradicional

As persoas interesadas en participar no obradoiro de baile e música tradicional poderán inscribirse nesta actividade a partir do vindeiro luns

A reunión de presentación e distribución de todos os grupos será no local sociocultural de Bugallido o vindeiro sábado 6 de outubro. Ás 10:00 horas será a quenda dos alumnos e alumnas de baile, mentres que os asistentes a gaita e percusión celebrarán a súa reunión ás 16:00 horas. É importante que todas as persoas inscritas asistan a estas reunións para establecer o reparto dos grupos.

Ordes - a punto de rematar a reforma do ximnasio municipal para a sua reapertura

O ximnasio municipal de Ordes ultima a súa reforma de cara á próxima apertura ao público
Á sala de musculación e cardiovascular amplíansell outros 130 metros cuadrados nos que se instalarán novas máquinas de musculación e cardiovasculares

Santiago - aberto o prazo de inscrición para o curso "Mercadotecnia e comunicación para PEMES"

Ábrese o prazo de inscripción para o 
“Curso de Mercadotecnia e Comunicación para PEMES” 
O curso ten por obxecto amosar a importancia do coñecemento das técnicas e variables da mercadotecnia e a súa aplicación práctica na empresa.

Silleda - se manten aberta a inscrición para o plan Actívate para mozos

O curso do plan Actívate para moz@s 
supera xa as vinde inscricións 
Os interesados aínda poden anotarse ata o vindeiro xoves día 20, xa que se abrirá unha lista de agarda

Santiago - programa de abono do Auditorio de Galicia e programación

Todo listo para o próximo Programa de Abono do Auditorio de Galicia e a Real Filharmonía de Galicia
O británico Paul Daniel será director artístico da orquestra galega dende o 1 de xaneiro de 2012

Silleda - comezan as obras no campo de fútbol de Laro

obras de mellora e acondicionamento no campo de fútbol de Laro
Operarios municipais iniciaron os traballos de mellora e acondicionamento no campo de Agronovo (Laro), para a dotación de herba natural no terreo de xogo.