Os alcaldes acordaron sumarse as alegacións remitidas pola Fegamp
A Dirección provincial mantivo unha reunión cos rexedores populares da provincia para abordar a Reforma da Administración Local
Todos os alcaldes mostraron a súa vontade de traballar xuntos, porque consideran que esto é só o comezo do camiño e que aínda queda marxe para a mellora
A Dirección provincial do PP de A Coruña mantivo esta tarde unha reunión cos alcaldes populares da provincia para debater o anteproxecto da Reforma da Administración Local.
Durante a mesma, os rexedores acordaron sumarse as alegacións remitidas onte pola Fegamp, co obxectivo de que se teñan en conta as particularidades do territorio galego.
Todos os alcaldes mostraron a súa vontade de traballar xuntos, porque consideran que esto é só o comezo do camiño e que aínda queda marxe para a mellora. “O que comeza agora é un período de debate no que noso obxectivo ten que ser loitar pola autonomía local e pola eficiencia dos servizos que os concellos prestan aos cidadáns”, explicou Ánxeles Vázquez,
portavoz do PP provincial.
En calquera caso, a portavoz popular insistiu en que hai que ter en conta que “estamos ante un documento que non é nin sequera un proxecto de lei”, polo que “hai cabida para mellorar en calidade e cantidade de servizos aos cidadáns”, afirmou.
Neste sentido, comentou que a reforma local ten que ser abordada dunha maneira “constructiva”, sempre en busca de “puntos comúns”que manteñan a defensa dos intereses do municipalismo galego.