Axenda sábado 13 abril - exposicións, danza, música, mercadiños

SANTIAGO 
10.50 h Da Casa das Asociacións de Cornes, saída do microbús cos 20 participantes na ruta “Parroquias II: Villestro, Figueiras e A Peregrina”, dentro do programa “Cultura Viva. Fai túa Compostela”. Participa o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya.

11.00 h No Polígono de Costa Vella (a carón do Lidl), o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, participa na marcha ciclista da II Festa da Xuventude organizada pola comisión de festas de San Félix de Afora. 

21.00 h No Teatro Principal, 'Máster Class Cabaret, Unha cadeira para mover o mundo’. Un espectáculo de cabaré puro en Teatro e Danza.

ACTIVIDADES
Teo - mercadillo de productos galegos en Os Tilos (pola mañá)

Teo - mercadiño segunda man   +INFO

Teo - festa da primaveira en Lucí   +INFO 

Santiago - 1º Taller de Tai Chi Chuan   +INFO 

Ordes - Feira de abril   +INFO 

Ordes - Cafetería Chaplin 10º aniversario Banda de Nash    +INFO

Ames . Bertamiráns Sinnermans Lounge Café - Swingtomatiques   +INFO 

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén M ar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Santiago - Hotel Araguaney - exposición de pintura de Rafael Masiá   +INFO

Silleda - exposición do pintor estradense Santiago Tato Vidal   +INFO

Brión  - exposición de pintura "Entredous"   +INFO

CIPA Padrón - deterioro patrimonial do Santiaguiño do Monte

ABANDONO E DETERIORO PATRIMONIAL NO SANTIAGUIÑO DO MONTE

Plataforma de estafados - petición de dimisión dos deputados do PP

A PLATAFORMA DE COMPOSTELA PIDE A DEMISIÓN DOS DEPUTADOS DO PP POR VOTAR A FAVOR DO ESPOLIO AOS AFORRADORES GALEGOS

Silleda - remisión acordo de preferentes

O Concello de Silleda remitiu a Nova Galicia Banco e á Administración Autonómica o acordo plenario sobre as preferentes e subordinadas
-Os tres grupos acordaron por unanimidade, a proposta da Alcaldía, retirar as contas do Concello na citada entidade se no prazo de tres meses, contados a partir da recepción do acordo, non devolven as cantidades integras invertidas polos silledenses

Ames Novo Ames - acto conmemorativo da proclamación de II Republica

Acto conmemorativo da proclamación da II República
Domingo 14 de abril de 2013

Teo - este domingo celébrase a carreira pedestre Batalla de Cacheiras

A CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS CONSOLÍDASE DUPLICANDO A INSCRICIÓN DE PARTICIPANTES

Brión - este domingo novo rastrillo de obxectos usados

O RASTRIÑO DE ABRIL TERÁ LUGAR ESTE DOMINGO POLA MAÑÁ NA CARBALLEIRA DE SANTA MINIA

Oroso - esta fin de semana celébranse as últimas xornadas do concurso de tapas

MARISCO, POLBO E PORCO PROTAGONIZARÁN AS DÚAS ÚLTIMAS XORNADAS DO CONCURSO DE TAPAS DE OROSO 
As degustacións gratuítas terán lugar en 16 locais, en horario de 12:00 a 15:00 horas e de 19:00 a 22:00 horas

Ames - aprobada a axuda para adquisición de libros de texto e material escolar

A Xunta de Goberno Local aproba a concesión de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de 2º ciclo de educación infantil

Santiago - o equipo de Dinamización Social comenza os seus traballos

O Equipo de Dinamización Social do Urbana inicia o seu programa de competencia social e crecemento persoal

Ames - a Policía Local detén a un home que tentaba roubar gasoleo

A Policía Local de Ames detivo a un home no Milladoiro cando tentaba roubar gasóleo dun camión estacionado

Ordes - a Cruz Vermella crece no concello

Cruz Roja Ordes crece en número de voluntarios, socios y colaboradores 
La Institución puso en marcha diversos proyectos y campañas en 2012 a través de los que atendió a más de 600 personas en situación de vulnerabilidad

Santiago - duas citas para conmemorar o Día Internacional da Danza

Dúas citas coa danza contemporánea no Teatro Principal
Serán de Thomas Noone Dance e da compañía Licenciada Sotelo.

Santiago - mañá domingo Pedro Guerra no Teatro Principal dentro do ciclo Sons13

Música de cantautor no Teatro Principal en Sons13: Pedro Guerra ‘30 Anos’
Un traballo que conmemora os seus trinta anos de profesión

Axenda venres 12 abril - concertos, exposicións, charlas, monólogos

SANTIAGO 
9.30 e 12.00 h No Teatro Principal, Tejido Abierto Teatro presenta 'Bodas de sangre' unha das obras máis representadas do teatro lorquiano en funcións escolares, dentro do Programa Didáctico.

10.30 h No CEIP López Ferreiro, as concelleiras de Xuventude e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e de Educación, María Castelao, asisten á sesión do Certame de Teatro Intercentros de primaria organizado pola coordinadora comarcal de Normalización Lingüística e o Concello na que participan os colexios López Ferreiro, San Jorge, Lamas de Abade e Vite. Punto de encontro: entrada por Xoán XXIII. 

11.15 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar a I BTT Compostela, xunto con representantes do Club Ultreia. 

11.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local. 

12.00 h  Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais e Participación Cidadá, Francisco Noya, para presentar o programa "Imos coa asociación". 

12.15 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, para presentar o programa “Xovesemprende”. 

12.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local. 

17.00 h No Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, clausura o curso de Fotografía en Acción. 

21.00 h No Teatro Principal, a banda Sidonie presenta o seu último traballo 'El Fluído García' no ciclo Íntimo e Acústico.

22.30 h No Jazz Club Dado Dada, no VI ciclo 1906 Jazz, Giulia Valle Group.

ACTIVIDADES
Oroso - cine para mocidade no auditorio de Sigüeiro   +INFO

Santiago - Librería Couceiro - Fascismo e gran capital   +INFO

Ordes - venres de monólogos no BUDA GOLD   +INFO

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén M ar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Santiago - Hotel Araguaney - exposición de pintura de Rafael Masiá   +INFO

Silleda - exposición do pintor estradense Santiago Tato Vidal   +INFO

Brión  - exposición de pintura "Entredous"   +INFO

STOP Desafiuzamentos Compostela - a inmoliaria Urban acosa a unha parella de Brión

URBAN Alkirá S.L., coñecida inmobiliaria de Compostela, corta a auga e a luz dunha parella de Brión, deixando sen fornezo (subministro) á familia, que ten un bebé de 20 meses

PSOE Ordes - solicitude para que se cambie a altura de algunhas sináis de tráfico

O PSOE DE ORDES PEDIRÁ AO CONCELLO QUE MODIFIQUE A ALTURA DALGUNHAS SINAIS DE TRÁFICO PARA EVITAR ACCIDENTES ENTRE OS PEÓNS

Silleda - Isi no mes adicado o Sahara

O humorista estradense Isy toma hoxe en Silleda  o relevo dentro do Mes Cultural de Axuda ao Sáhara
A cita co seu monólogo será ás 21.30 horas no auditorio da Casa da Cultura

O coñecido humorista estradense José Manuel Rodríguez, Isy, ofrecerá mañá un monólogo dentro da programación do Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharaui, que se celebrará durante abril en Silleda. O programa, organizado pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui en colaboración co Concello de Silleda, comezou o pasado venres, da man de Sergio Pazos. O prezo da entrada é de 5 euros. 

O cartel continuará o venres 19 co concerto acústico que ofrecerá Tonhito de Poi no Café Pub Moe’s de Silleda (23.30 horas). Neste recital o polifacético artista presentará o seu disco “Soro da verdade” e tamén o seu libro “Viaxe cósmica á Amazonía”. A entrada neste caso é de 3 euros. O sábado día 20, os contos de Celsiño chegarán á Casa da Xuventude (17.00 horas), para nenos e adultos (entrada 2 euros) e xa o venres 26 voltan os monólogos con Víctor Grande. A cita será no pub Inem de Silleda (23.30 horas) con entradas a 3 euros.

Para estas actuacións haberá a venda bonos por valor de 14 euros. Estes, ao igual que as entradas poderán mercarse en establecementos de Silleda (Salón de Té, A Lareira de Cuíña, Serinter, Bar Mistic, Pub Moe’s, Cafetería Maripepa); na Bandeira (Bar Arume); en Lalín (Café Cantigas, O Café de Mili, O Circo do Mundo); en Rodeiro (Pub Quirós) e en Vila de Cruces (Cafetería Galicia, Bar Coyote). 

Ruxe-Ruxe, no concerto do día 27
Como remate a este mes cultural o sábado 27 de abril terá lugar o concerto Por un Sáhara Libre, na sala Dilema 95 ás 22.00 horas. Sobre o escenario estarán grupos como Skarmento, Tiro na Testa, Zënzar, Kanbotes, aos que se suma como grupo convidado Ruxe Ruxe. As entradas custarán neste caso 8 euros en venda anticipada e 10 euros na taquilla.

Dende o Concello destácase o gran nivel das actuacións do programa e anímase ao público de toda a comarca a secundar esta iniciativa solidaria coa que se recadarán fondos para o programa Vacacións en Paz e para aprovisionar de alimentos e medicamentos ao pobo saharaui.

Oroso - o alcalde garante que o cemiterio da Penela será xestionado polos donos dos panteons sen custo para eles

MANUEL MIRÁS GARANTE QUE O CEMITERIO DA PENELA SERÁ UN CAMPOSANTO VECIÑAL RURAL PARTICULAR, XESTIONADO POLOS DONOS DOS PANTEÓNS E SEN NINGÚN CUSTE ECONÓMICO PARA ELES

PSOE Ames - o concelleiro de educación minte cando di que no se puido chegar a acordos nos comedores escolares

O GRUPO SOCIALISTA DENUNCIA A INCOMPETENCIA E A
INCAPACIDADE DO GOBERNO MUNICIPAL E DO CONCELLEIRO
DE EDUCACIÓN, EN PARTICULAR

Esquerda Unida Santiago - pregunta sobre a vía verde Amio Sigüeiro

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera importante que o Concello ofreza a cidadanía espazos públicos onde desenvolver un ocio alternativo

Santiago - Giulia Valle Group actuará no Jazz Club Dado Dadá ás 20.30h.

 De Giulia Valle sorprenderache todo. Cautivarache a forza desbordante coa que se bota ás costas a todo o grupo, pero tamén a súa extrema sensibilidade para facer cantar ao seu contrabaixo e, como non, o encanto de magníficas composicións como Argentina ou Berenice. Os seus temas contan belas historias das que é moi difícil subtraerse, sementadas de sorpresas, carreiros e climax. Live (FSNT 2012), o seu último álbum rexistrado, retrata á

perfección a súa riqueza e diversidade como compositora e a pegada dun gran line up en mangas de camisa. Postos en faena, os seus espadas elevan a música da contrabaixista con altas doses de entrega pasional e picardía. Barcelona, París e Nova York –nas que bebeu da sabedoría de músicos como Dave Holland, Furi di Castri, Scott Colley...– foron os seus centros de formación, pero sobre o escenario saca a relucir unha bagaxe cosmopolita moito máis ampla. Por tanto fornece a túa maleta con roupa para todos os climas, ritmos e impresións. Volverás como novo da experiencia.

Giulia Valle - Contrabaixo
David Xirgu - Batería
Gorka Benítez - Saxo tenor e frauta
Marco Mezquida - Piano
Marti Serra - Saxo soprano e tenor

Entradas á venda no Teatro Principal: 12 euros (anticipada) / 15 euros (billeteira)
Abono 3 concertos: 30 euros
Dado Dada: 10 euros

Santiago - obras nas rúas Modesto Villafinez e Modesto Brocos

O Concello acometerá diversas melloras nas rúas Pintor Lino Villafínez e Pintor Modesto Brocos

Santiago - hoxe Sidonie no Teatro Principal dentro do ciclo Intimo and Acústico

Unha das bandas de referencia do rock nacional está de volta
SIDONIE presenta ‘El Fluído García’

Axenda xoves 11 - exposicións, teatro, concertos

SANTIAGO 
11.00 h Na Casa do Concello, as concelleiras de Educación, María Castelao, e de Xuventude, Rebeca Domínguez, reciben un grupo de 28 alumnos do instituto Peutinger, de Ausburgo (Alemaña), que están a participar nun intercambio co IES Xelmírez I. 

11.00 h No Auditorio de Galicia, concerto didáctico coa Banda Municipal de Música 'Imos á Banda'. Concerto centrado no bandoneón a través da música do arxentino Alejandro Szabo, solista do concerto.

11.15 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local. 

11.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou, para presentar a danza do mes de abril, acompañado de Nuria Sotelo, da Compañía Nuria Sotelo.

12.00 h No Salón Vermello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside a entrega de premios “Vive a Paixón en Santiago de Compostela”.

12.30 h Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

18.00 h No Hotel San Francisco, o alcalde compostelán, Ángel Currás, dá a benvida aos participantes no XV Congreso da Asociación Española de Riscos Sanitarios.

19.30 h No Salón Vermello, recepción aos participantes no XV Congreso da Asociación Española de Riscos Sanitarios.

21.00 h No Teatro Principal, Tejido Abierto Teatro presenta 'Bodas de sangre' unha das obras máis representadas do teatro lorquiano, no ciclo Teatro e Danza.

21.00 h Na Zona C, concerto de Disco las Palmeras!, que presentan o seu novo traballo 'Ultra' e Telephone Rouges como teloneiros, no Compostela Rock.

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén M ar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Santiago - Hotel Araguaney - exposición de pintura de Rafael Masiá   +INFO

Silleda - exposición do pintor estradense Santiago Tato Vidal   +INFO

Brión  - exposición de pintura "Entredous"   +INFO

Ames - O concello decide abrir o período de matrícula dos servizos complementarios

En total, o Executivo mantivo nas últimas semanas catro reunións con membros da oposición e representantes dasAnpas dos centros educativos. Nestes encontros, o Goberno presentou a súa proposta de modificación daordenanza.

O pasado 14 de marzo, o concelleiro de Servizos Complementarios, Bernardo Moar, iniciou os contactos para fixara primeira reunión coa oposición, que finalmente se produciu o 22 de marzo. O último dos encontros produciuse o 4de abril e nel quedouse de estudar a proposta da oposición. Ademais, o Goberno avanzou que de celebrarse unpleno extraordinario tería que ser con carácter urxente, aínda que en ningún momento se confirmou este extremo,xa que era preciso avaliar a viabilidade da proposta e os prazos para poder abrir a matrícula. Con todo, é necesariosubliñar que non todas as Anpas estaban completamente de acordo con estas modificacións.

O Goberno amiense decidiu non variar as taxas dos comedores e dos servizos complementarios ante a necesidade de abrir o período de preinscrición nestes servizos, tan demandados polos pais e nais do municipio. Unha boa mostra do interese e preocupación das familias é que só na primeira xornada de inscrición, rexistráronse un centenar de solicitudes tanto en Bertamiráns como en Milladoiro. Ante a imposibilidade de alcanzar un acordo a tempo nas reunións levadas a cabo coa oposición e os representantes das Anpas, o Executivo municipal optou por manter as taxas establecidas e abrir xa o prazo de preinscrición e renovación de praza nestes servizos. Con todo, a intención do Goberno é continuar negociando unha vez que se dispoña de datos correspondentes a un curso escolar completo.

En total, o Executivo mantivo nas últimas semanas un total de catro reunións con membros da oposición e representantesdas Anpas dos centros educativos. Nestes encontros, o Goberno do Concello de Ames plantexou unha modificación daordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos complementarios educativos e de conciliación da vidafamiliar e laboral. As principais reformas propostas foron as seguintes:


Proponse a introdución de dous novos tramos cuxa renda per cápita vaia de cero a 25% e de > 25% a 50% doIPREM.

Ata agora estes supostos gozaban dunha bonificación do 100 e 50% respectivamente, calculados sobre acota correspondente ao tramo máis baixo.

A bonificación só se aplicaba no caso de ser solicitada en tempo e forma. Ata que se resolvera mediantedecreto non se aplicaba, o que implicaba que, para usuarios que tiveran a bonificación do 50% seacumularan cotas de varios meses ás que tiñan que facer fronte conxuntamente.

A introdución dos tramos permitiría prescindir das devolucións retroactivas, sendo o resultado da cota aabonar o mesma.

Aos solicitantes encadrados no tramo de 25% ao 50% aplicaríase, se o solicitan e procede, a bonificaciónpor Familia de Especial Consideración (20%). Ate agora aplicábase só a do 50% por ser a máisbeneficiaria para o contribuínte.

Ata o de agora estábanse a calcular as bonificacións en base a renda dun exercicio, e a cota en base a unexercicio anterior.

Proponse unha vía alternativa para que os estranxeiros que non poidan aportar medidas paterno filiais poidanacceder a tramos reducidos da tarifa.

Nos casos de bonificación total por emerxencia social, preténdese que o feito de ter débedas en vía executiva nonimpida o acceso ao servizo .

Cambio de criterio na determinación da Unidade Familiar, considerando os membros na data da solicitude, e non noexercicio fiscal a valorar.

No marco da presentación destas melloras á oposición municipal e ás ANPAS dos centros educativos, plantexáronse aoGoberno dúas reformas das tarifas do servizo. A última delas, presentada o pasado 4 de abril, implica unha suba doimporte a abonar que afectaría a un terzo do censo (no caso dos comedores, o máis significativo), implicando senembargo, no seu conxunto, unha baixa estimada na recadación próxima ao 10%.

No que se refire á tarifa, o Concello debe actuar con dous parámetros irrenunciables: non subir a cota a ningún usuario, enon facer o servizo máis gravoso para o Concello. Ademais, a reforma proposta da tarifa, directamente aplicable atodos os servizos complementarios (e non só aos Comedores), convertería en inviable o servizo Tardes Divertidas.Actualmente, neste servizo o Concello asume o 76% do custe, mentres que as familias soportan o 24%. Coasmodificacións plantexadas pola oposición, o custe deste servizo tería que ser asumido practicamente na súa totalidadepolo Concello.

Con estas reunións, tratábase de dar cumprimento a un acordo do pleno ordinario do mes de outubro de 2012, no que sepropoñía que a ordenanza quedase sobre a mesa e se revisase coa comunidade educativa, o Goberno e os grupospolíticos, xa que era a primeira vez que se introducían os tramos. O concelleiro Bernardo Moar, que asumiu a área deServizos Complementarios no mes de febreiro, acometeu desde o primeiro día no cargo a redacción dunha novaordenanza, xa que a que se levara ao pleno ordinario do mes de outubro supoñía numerosos problemas para moitosusuarios.

O pasado 14 de marzo, o concelleiro iniciou os contactos para fixar a primeira reunión coa oposición, que finalmente seproduciu o 22 de marzo. O último dos encontros produciuse o 4 de abril e nel quedouse de estudar a nova proposta daoposición. Ademais, o Goberno avanzou que de celebrarse un pleno extraordinario tería que ser con carácter urxente,aínda que en ningún momento se confirmou este extremo, xa que era preciso avaliar a viabilidade da proposta e os prazospara poder abrir a matrícula. Con todo, é necesario subliñar que non todas as Anpas estaban completamente deacordo con estas modificacións.

O día 5 de abril iniciábase o período de matrícula dos centros escolares, data que sempre coincidiu co inicio do períodode preinscricións nos servizos complementarios. A modificación desta ordenanza conlevaría a convocatoria dunhacomisión informativa e dun pleno extraordinario e o cambio da aplicación informática, o que suporía un importanteatraso na data de inicio das preinscricións, algo que xa estaba sendo motivo de preocupación para as familiasusuarias destes servizos.

O Goberno amiense traballa, ademais, para que algunhas das modificacións que o Executivo propoñía para estaordenanza se regulen por outras canles e vías, polo interese que supoñen para os veciños e veciñas.

Teo - programación cultural mes de abril na que se inclue unha mostra de autores do concello

O CONCELLO ORGANIZA A I MOSTRA DE LIBROS DE AUTORES NATURAIS E RESIDENTES EN TEO
Ante a cantidade de autores e material bibliográfico do que se dispón trátase dunha primeira edición na que se buscou un equilibrio entre xéneros e entre persoas naturais e residentes no municipio

Brión hoxe inagurase a exposición de pintura "Entredous"

MANUEL AYASO E ALFONSO COSTA INAUGURAN MAÑÁ XOVES A EXPOSICIÓN DE PINTURA “ENTREDOUS”

BNG Santiago - Lucía Vazquez nova responsable local

Lucía Vázquez, nova responsábel local do BNG de Santiago 
“O reto deste novo Consello Local será continuar coa dinámica de manter a presenza na rúa e nos movementos sociais para espallar o nacionalismo”

Santiago - "Bodas de Sangre" de Lorca no Teatro Principal

“Bodas de sangre” é xunto a “La Casa de Bernarda Alba” e “Yerma” unha das obras máis representadas do teatro lorquiano. Este “Bodas de sangre” é unha aposta pola poesía lorquiana inmersa nas raíces flamencas onde a traxedia andaluza convértese en teatro.

Teo - a feira de segunda man fará unha recollida solidaria de alimentos

NA FEIRA DE SEGUNDA MAN DO CONCELLO DE TEO E O MOVEMENTO ASOCIATIVO FARASE UNHA RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA O BANCO VECIÑAL DE ALIMENTOS
Esta actividade será o 13 de abril na Casa Común de Rarís e funcionará entre as 12:00 e as 20:00 horas

Silleda - reunión sobre o traslado da escola de música o recinto da Semana Verde

Paula Fernández mantivo unha reunión co xerente da Semana Verde para falar sobre o traslado da Escola de Música Municipal ás instalacións do recinto feiral

Axenda mércoes 10 abril - exposicións, teatro, música


SANTIAGO 
11.00 h No Auditorio de Galicia, concerto didáctico coa Banda Municipal de Música 'Imos á Banda'. Concerto centrado no bandoneón a través da música do arxentino Alejandro Szabo, solista do concerto.

11.00 h No Salón Nobre, a concelleira de Educación, María Castelao, recibe un grupo de 28 alumnos do Collège Jean Rostand, de Tartas-Aquitania (Francia), que están a realizar un intercambio co IES Eduardo Pondal. 

11.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, para presentar o avance das Festas da Ascensión 2013. 

12.00 h No Ensanche, a concelleira de Obras e Infraestruturas, María Pardo, visita as obras do parque de Ramírez. 

14.00 h En Benestar Social (Galeras), a concelleira de Benestar Social, María Castelao, reúnese coa Asociación de Celíacos. 

19.30 h No salón de actos da Real Sociedade Económica de Amigos do País (praza de Salvador Parga), o alcalde compostelán, Ángel Currás, presenta o libro “A cámara agrícola e pecuaria de Santiago (1903-1929)”, de Antonio Míguez e Miguel Cabo, coeditado polo Consorcio e Sotelo Blanco Edicións. 

19.30 h No Centro sociocultural das Fontiñas, actuación do grupo de teatro do Local Sociocultural da Rocha. Esta actividade busca o intercambio de experiencias e a visiblización dos traballos dos grupos de teatro xurdidos nos centros socioculturais, ao amparo dos clubs de teatro regulares, que funcionan durante todo o curso sociocultural e que son promovidos polo Concello

ACTIVIDADES
Borriquita de Belem - concerto de Tripo   +INFO

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén M ar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Santiago - Hotel Araguaney - exposición de pintura de Rafael Masiá   +INFO

Silleda - exposición do pintor estradense Santiago Tato Vidal   +INFO

PSOE Ames - hipocresía do goberno municipal no tema das tasas de servizos complementarios

O GRUPO SOCIALISTA MANIFESTA O SEU MALESTAR E ENFADO POLO TRATO DISPENSADO POLO GOBERNO DE AMES 

Ames Novo Ames - solicitude de pleno extraordinario sobre as tasas de comedores escolares

Ames Novo solicita a convocatoria dun Pleno sobre comedores para formalizar o consenso acadado coa comunidade educativa 

Oroso - o concello inviste máis de 40.000 euros no local social de Pasarelos

O CONCELLO DE OROSO INICIA AS OBRAS DE REHABILITACIÓN DO LOCAL SOCIAL DE PASARELOS, NAS QUE INVESTIRÁ PRETO DE 40.000 EUROS

PSOE Ames - os sociaistas preguntan no Parlamento de Galicia pola escola infantil de Bertamiráns

OS SOCIALISTAS PREGUNTAN NO PARLAMENTO POLA SITUACIÓN NA QUE SE ATOPA A SEGUNDA ESCOLA INFANTIL DE BERTAMIRÁNS

Ames - aberto o prazo para preinscribirse ou renovar praza nos servizos complementarios

O período para preinscribirse ou renovar praza na rede de comedores e nos programas Bos días cole e Tardes divertidas comezará mañá, mércores 10 de abril, e rematará o vindeiro 10 de maio. Por segundo ano, os interesados poden realizar a tramitación administrativa das súas solicitudes a través do portalwww.conciliames.org, o sistema on line habilitado polo Concello de Ames co obxectivo de facer a xestión máis sinxela.

Santiago - ata o luns se pode presentar traballos o I Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial "Brilla con novas ideas"

Aberto ata o luns 15 o prazo para a presentación de propostas no I Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial

Oroso - este venres o concello celebra o día da xuventude

OROSO CELEBRA ESTE VENRES 12 DE ABRIL O DÍA DA XUVENTUDE COAS ORQUESTRAS OLYMPUS E AMÉRICA

Brión - convocatoria de 3 cursos de informática

O CONCELLO DE BRIÓN OFRECE TRES CURSOS FORMATIVOS SOBRE ACCESS, INTERNET E CONTAPLÚS 

Esquerda Unida - pregunta sobre o fomento da cultura activa

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera necesario que o Concello fomente a cultura de maneira activa e efectiva. 

Silleda - o concello retirará os seus fondos de NGB se non devolve os cartos das preferentes en 3 meses

PROPOSTA DA ALCALDÍA AO PLENO DA CORPORACIÓN SOBRE A INTERPELACIÓN Á ENTIDADE NOVA GALICIA BANCO POLA SÚA RESPONSABILIDADE NO CASO DAS PREFERENTES E SUBORDINADAS

Brión - IV marcha cicloturista polo concello organizada polo club Esfola Arrós

O CLUB CICLISTA OS ESFOLA ARRÓS CONVOCA A SÚA CUARTA MARCHA CICLOTURÍSTICA EN BICICLETA DE MONTAÑA POR BRIÓN, QUE TERÁ LUGAR O 14 DE ABRIL

axenda martes 9 abril - exposicións, charlas, concentracións


SANTIAGO 
.10.00 e 12.00 h No Teatro Principal, función escolar de títeres, 'A Fábula Galénica' de Fantoches Baj, dentro do Programa Didáctico.

11.00 h No Auditorio de Galicia, concerto didáctico coa Banda Municipal de Música 'Imos á Banda'. Concerto centrado no bandoneón a través da música do arxentino Alejandro Szabo, solista do concerto.
11.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo e Economía, Reyes Leis, sobre asuntos da súa área. 
11.15 h No Salón Vermello, a concelleira de Educación, María Castelao, recibe un grupo de 15 alumnos e alumnas do instituto Grimmelshausen Gymnasium, de Gelnhausen (Alemaña), que están a realizar un intercambio co IES Rosalía de Castro. 
11.30 h No Salón de Actos do Edificio Cersia (San Lázaro), a concelleira de Turismo e Economía, Reyes Leis, inaugura o Foro Aeroportuario de Galicia-Norte de Portugal, actividade organizada dentro do programa Santiago Investors Support.
12.00 h En Benestar Social (Galeras), a concelleira de Benestar Social, María Castelao, reúnese coa Asociación Red Madre. 
20.30 h No Paraninfo da Universidade, concerto Solistas 2. 0 Ciclo de Solistas, no que participan Alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais, dentro de 'Escola na Cidade'.
ACTIVIDADES
Santiago - Plataforma Estafados - charla do fiscal xeral no IES fontiñas   +INFO

Santiago - Stop Desahucios - concentración diantee da sede do PP as sete da tarde   +INFO
EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén M ar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Santiago - Hotel Araguaney - exposición de pintura de Rafael Masiá   +INFO

Silleda - exposición do pintor estradense Santiago Tato Vidal   +INFO

PLataforma Estafados Compostela e Comarca - charla do fiscal xeral

Dende a plataforma de Santiago e comarca contra os abusos dos preferentes nos fan chegar esta invitación a participar nunha charla que dará o Fiscal Xeral de Galicia, Carlos Varela, sobre a estafa de preferentes e subordinadas de NGB


Teo - apertura da piscina da Ramallosa

A PISCINA MUNICIPAL DA RAMALLOSA COMEZA A FUNCIONAR CUNHA FESTA DE APERTURA O DÍA 20 DE ABRIL

STOP Desahucios - concentración diante da sede do PP

Este martes 9 de abril, ó igual que no resto de cidades e vilas en tódolos territorios Stop Desafiuzamentos Compostela vai presionar ó partido que ten maioría no goberno para que aproben os mínimos que leva a nosa ILP.

Ames - O concelleiro de Urbanismo visitou a área de reparto S-09 Raíces-Biduído

A execución destas obras permitiu rematar a construción dun ramal viario, así como un tramo de beirarrúa e dunha calzada. Así mesmo, acondicionouse a zona verde desta urbanización coa colocación de diverso mobiliario urbano (bancos e farois)

Brión - ruta de sendeirismo a Cabo Home

O CONCELLO DE BRIÓN ORGANIZA UNHA RUTA DE SENDEIRISMO A CABO HOME-COSTA DA VELA (CANGAS)

Silleda - Rouban tres rodas do remolque que transporta a maquinaria da Mancomunidade Terras do Deza

O vehículo estaba estacionado en Cervaña, preto das obras de mellora  do acceso á AP-53

axenda luns 8 abril - exposicións, debates, flamenco



SANTIAGO 
10.00 e 12.00 h No Teatro Principal, Fantoches Baj presenta 'A Fábula galénica', títeres de luva no programa didáctico dirixido a escolares de Infantil. É necesario reservar.

11.15 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, e da concelleira de Educación, María Castelao, para presentar o fallo do xurado do VI Premio internacional “Compostela” de álbums ilustrados. Tamén estará na rolda o director-xerente da editorial Kalandraka, Xosé Ballesteros. 

12.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos de carácter local. 

14.30 h En Benestar Social (Galeras), a concelleira de Benestar Social, María Castelao, reúnese con representantes de AGADEA. 

19.00 h No Salón Verde, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe a Asociación de Antigos Tunos de Santiago.

ACTIVIDADES
Santiago - hotel Araguaney - tribuna de debate - 2 anos de primaveras árabes   +INFO 

Santiago - Borriquita de Belem - Peña Flores   +INFO 

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén M ar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Santiago - Hotel Araguaney - exposición de pintura de Rafael Masiá   +INFO

Silleda - exposición do pintor estradense Santiago Tato Vidal   +INFO

PSOE Ordes - o repagamento dos comedores escolares afecta especialmente os escolares do concello

O PSOE DE ORDES DENUNCIA QUE O REPAGAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES ESTABLECIDO POLA XUNTA PREXUDICA EN ESPECIAL AOS 400 ESCOLARES DE ORDES 

Santiago - programación infantil e familiar para o mes de abril

antTíteres de luva, teatro infantil, música clásica e teatro musical para disfrutar en familia 
‘A Fábúla Galénica’, ‘Frankenstein’, ‘El Principito’ e a Real Fhilarmonía de Galicia con Thomas Piel, programa de Infantil e Familiar para abril

Brión - medio cento de veciños acudiron a presentación do comic "El fugitivo"

HANS LEUENBERGER E JAIME ASENSI PRESENTARON EN BRIÓN O CÓMIC “EL FUGITIVO” DIANTE MEDIO CENTO DE VECIÑOS E VECIÑAS

Ames - Remata a final da fase comarcal do Club de Debate

Tras moitas horas de debate, repartidas entre a xornada do venres e esta mesma mañá, o primeiro premio recaeu no CPI Plurilingüe dos Dices de Rois, mentres que o segundo galardón foi para o IES Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela. Deste xeito, o grupo de Rois representará á comarca na final do Club de Debate, que terá lugar no concello de Santiago de Compostela o sábado 4 de maio

BNG Santiago . aprobar a liquidación do 2012 en abril é síntoma da situación do concello

O BNG sinala que aprobar a liquidación de 2012 en abril é síntoma de que o Concello de Santiago non funciona con normalidade 
O PP aínda non lle remitiu a documentación dos orzamentos ao grupo municipal nacionalista

Axenda 7 abril 2013 - exposicións, música, teatro


SANTIAGO 
12.00 h No Teatro Principal, a Banda Municipal e o Conservatorio Municipal de Santiago ofrecerán o concerto habitual dos domingos.

12.40 h No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao partido entre o Obradoiro e o Regal Barcelona. Tamén asiste o concelleiro de Deportes, Adrián Varela. 

18.30 h No Teatro Principal, Fantoches Baj presenta 'A Fábula galénica', títeres de luva no programa Infantil e Familiar.

ACTIVIDADES
Santiago -  Na Zona C Ut- Tópico Teatro presenta 'Faust Box', a dualidade do ben e o mal. +INFO 


EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén M ar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Santiago - Área Central - exposición de traxes do Museo Juanjo Liñares de Ordes   +INFO

Santiago - Hotel Araguaney - exposición de pintura de Rafael Masiá   +INFO

Silleda - exposición do pintor estradense Santiago Tato Vidal   +INFO

Teo - o concello garante que non permitirá a apertura da pirotecnia de Calo pese os permisos da Xunta

O CONCELLO DE TEO AMOSA A SÚA SORPRESA POLO CAMBIO DE POSICIÓN DA XUNTA QE ABRE A PORTA A UNHA POSIBLE LEGALIZACIÓN DA PIROTECNIA EN CALO

Ordes - o concello presenta a sua sede elctrónica o próximo martes

O Concello de Ordes presentará oficialmente a súa sede electrónica municipal o vindeiro martes
Entre outros trámites telemáticos poderanse consultar expedientes, obter volantes de empadroamento ou presentar instancias e solicitudes

BNG Santiago - para o BNG é disparatado que non haxa un mapa de rutas aeroportuario en Galicia

Rubén Cela: “O disparatado é que non haxa un mapa de rutas aeroportuario en Galiza”
O BNG considera que o problema da nova terminal de Lavacolla non é o continente, é o escaso contido

Ames - o musical do IES "viaxe no tempo" estará o xoves no Auditorio de Galicia

O alumnado do IES de Ames representa o próximo xoves no Auditorio de Galicia o seu último musical “Viaxe no tempo”

Brión - o vicepresidente da Xunta visita o grumir de Brión

ALFONSO RUEDA E XOSÉ LUÍS GARCÍA VISITAN AS INSTALACIÓNS DO SERVIZO DE EMERXENCIAS E PROTECCIÓN CIVIL DE BRIÓN

Teo - a asociación galega de Editores fixo entrega dunha biblioteca de 3000 volúmenes

O CONCELLO AGRADECE A DOAZÓN DUNHA BIBLIOTECA DE 3.000 LIBROS DA ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORES QUE COMPLETARÁ AS MEDIATECAS DE TEO

Mancomunidade de Ordes . primeira cita en Trazo do programa sobre violencia de xénero

Os alumnos do IES Viaño Pequeno de Trazo, os primeiros en participar no Programa de Prevención de Violencia de Xénero que a Mancomunidade de Ordes realiza co SUP