O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA DE CONCILIACIÓN “DIVER NADAL” DO CONCELLO DE OROSO ESTARÁ ABERTO ATA O VINDEIRO 18 DE DECEMBRO
O Concello de Oroso mantén as tarifas e establece descontos do 20% para familias numerosas e para o segundo irmán anotado na actividade
O Concello de Oroso ten aberto o prazo de inscrición no programa de conciliación familiar “Diver Nadal”. Unha iniciativa dirixida a nenos e nenas en idade escolar e que terá lugar nas instalacións do CEIP de Sigüeiro ao longo de 9 días correspondentes ás vacacións de Nadal (concretamente os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro, así como os días 2, 3, 4 e 7 de xaneiro de 2013).
As persoas interesadas en que os seus fillos e fillas poidan participar neste programa deberán formalizar a inscrición no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro, en horario de 9 a 14 horas, antes do vindeiro 14 de decembro. Consciente da difícil situación económica actual, o Concello de Oroso decidiu manter as mesmas tarifas da edición anterior. Deste xeito, os prezos oscilarán entre os 55 e os 130 euros. Ademais, o Concello de Oroso mantén o desconto do 20% para familias numerosas e para aquelas nas que participen dous irmáns.
As cotas de inscrición do número de horas nas que o rapaz participe na actividade (5 ou 8 horas) e se vén xantado da casa ou non. De feito, o Concello de Oroso ten programados dous horarios (de 7:30 a 15:30 horas e de 9:00 a 14:00 horas) para que os pais poidan elixir aquel que mellor se adapte ás súas necesidades. Os prezos son de 55 euros para os que acudan de 9:00 a 14:00 horas e de 88 euros para os que opten polo horario de 7:30 a 15:30. Con xantar, as tarifas son de 100 e 130 euros, respectivamente.
O “Diver Nadal” ten preparado un amplo programa de actividades para os nenos e nenas que inclúe obradoiros, xogos e visitas culturais, entre outras. Con esta iniciativa, o goberno de Oroso pretende “axudarlles aos pais e nais a conciliar a vida laboral e familiar durante eses primeiros días de setembro nos que aínda non deron comezo as clases e ofrecerlles tamén aos pequenos unha oferta de lecer”, tal como explica o concelleiro de Familia e Benestar, Antonio Leira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario