Axenda martes 27 - tráfico, transfusión de sangue, exposicións, curtas, concursos


SANTIAGO

Martes 27
9.30 h
No Parlamento de Galicia, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto de investidura do presidente da Xunta. 
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, e do xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, sobre asuntos da súa área. 

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marisa del Río, sobre asuntos de carácter local. 

12.30 h
Na avenida de Xoán XXIII, acto organizado polo Equipo de Dinamización Social do Urbana Santiago Norte co gallo do Día Contra a Violencia de Xénero. Nesta actividade de concienciación e sensibilización poderán participar todos e todas as cidadás que se acheguen á avenida Xoán XXIII colaborando na formación dun gran lazo violeta feito con máis de mil flores artesanais co que se simbolizará a implicación e a unión da cidadanía en contra desta realidade.

18.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese coa asociación de veciños A Xuntanza. 

19.30 h
No Museo das Peregrinacións, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á conferencia de Xerardo Estévez “Compostela de onte a hoxe”. 

20.00 h
No Hotel Araguaney, sesión informativa para os comerciantes e hosteleiros locais sobre o sistema de fidelización para comercio e hostelería “Feirón”. Coa participación da Concellería de Comercio. 

20.00 h       
Na Zona C de Bonaval, inauguración da exposición 'Cento oitenta segundos' de Jesús de la Iglesia comisariada por Rocío Figueroa. Participan, ademais do artista e comisaria, o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e Pedro de Llano, en representación do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da USC.

TRAFICO
Corte de tráfico na Cruz de San Pedro e Corredoira das Fraguas
Con motivo da reparación da calzada na Cruz de San Pedro e na Corredoira das Fraguas, no tramo que remata nos Concheiros, é preciso o corte do tráfico destas rúas, comezando pola Cruz de San Pedro. Durante o tempo que dure este corte darase acceso á rúa dos Lagartos pola Corredoira das Fraguas
Unha vez rematado o traballo cortarase á circulación o tramo entre a Cruz de San Pedro e a Corredoira das Fraguas, quedando a última parte desta rúa de dobre sentido. Unha vez finalizada a actuación neste tramo pasarase a reparar a Corredoira das Fraguas, que se fará en dúas etapas. Prohibirase aparcar durante as obras tanto na Cruz de San Pedro como na zona afectada da Corredoira das Fraguas.
Os traballos empezarán o mércores 28 de novembro e teñen unha duración estimada total de 30 días. Os desvíos estarán debidamente sinalizados. Así mesmo, a carga e descarga que se facía na Cruz de San Pedro realizarase provisionalmente na rúa de San Pedro, á altura da rúa da Angustia

CINEUROPA      +INFO

CENTRO DE TRANSFUSIÓN
F. ODONTOLOXÍA (SANTIAGO)
UNIDADE MÓBIL DIANTE DA ENTRADA PRINCIPAL DA F. MEDICINA
09:30 - 14:30
15:30 - 21:00

TRAZO
UNIDADE MÓBIL DIANTE DO CENTRO DE SAÚDE (VIAÑO PEQUENO)
16:00 - 21:00

ACTIVIDADES E CONCURSOS
Charla coloquio sobre a situación en Palestina   +INFO

sorteamos o novo disco de Rodrigo Romaní firmado polo autor      +INFO

Mostra de Curtas de Noia     +INFO

A Nave de Vidán - 3º NerdNite SCQ      +INFO 


CONCERTOS
Santiago - Borriquita de Belem - Dinero Negro, concerto e Jam session   +INFO

EXPOSICIÓNS
Santiago - No Centro Sociocultural de Cornes, exposición fotográfica “Así e como vivo”, con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero

A biblioteca municipal de Melide pon a disposición do público máis de 1.500 volumes doados polos Padres Pasionistas    +INFO

Santiago - "180 segundos" de Jesús de la Iglesia ábrese na Zona C      +INFO 

Fundación Araguaney - Exposición do artista libanés Diab El Dick      +INFO

Oroso - exposición sobre Alexandre Boveda    +INFO

Brión - exposición de debuxos "Os fillos de Butades"    +INFO

Ames - Casa da Cultura de Bertamiráns, exposición Miradas, impulsada pola Fundación Down Compostela   +INFO

COPAS, TAPAS, GASTRONOMÍA
. 

Ningún comentario: