Oroso - homenaxe a Sofía Zapata campiona de uropa da Kempo Cup 2012

O CONCELLO DE OROSO HOMENAXEA HOXE VENRES A SOFÍA ZAPATA, CAMPIOA DA EUROPEAN KEMPO CUP 2012
O Concello de Oroso homenaxeará a Sofía Zapata, veciña de Oroso de 14 anos, polo seu éxito na European Kempo Cup 2012, onde a representante orosá acadou a medalla de ouro en combate e a medalla de bronce en formas. Unha recepción oficial que terá lugar hoxe venres 21 de decembro, ás 20:30 horas, no salón de plenos de Oroso.
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, será o encargado de entregarlle un recoñecemento polos seus éxitos deportivos. Unha recepción oficial na que estará acompañado polos concelleiros orosáns. Sofía Zapata, taekwondista orosá do club ITF Oroso, é actualmente cinto vermello.

Ningún comentario: