Axenda e tempo do sábado 18 de outubro - teatro, música, exposicións

Santiago - Curtocircuito

Ames - La Cesta Natural - cata de vermut Lodeiros

Santiago - Amal - gala infantil

Santiago - Teatro Principal - Wild Wild Wilde

Santiago - Paraninfo da universidade - Cactusworkestra

Santiago - Salón teatro - A Tempestade


Exposicións

Brión - Metagénesix - (Ata o 29 de outubro)

Santiago - Bus Station Space - Imaxinar que soño (ata o 4 de nadal)

Santiago - Auditorio de Galicia - Xulio Maside (ata xaneiro 2015)

Santiago Ánxel Casal - Preistoria polos rapacesdo colexio de Calo (ata o 31 de outubro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - fotografía de Elisa Gianni (ata o 26 de outubro)

O Tempo

Oroso - A nova escola infantil estará remata antes de final de ano

A nova escola infantil de Oroso estará rematada antes de finais de ano e poderá abrir en abril a matrícula para o curso 2015-2016

O alcalde, Manuel Mirás, destaca a gran colaboración ofrecida tanto pola empresa construtora como pola Consellería de Traballo e Benestar para o correcto e rápido desenvolvemento das obras 

As obras da nova escola infantil municipal de Oroso, que deron comezo o pasado mes de abril, estarán finalizadas antes de que remate este ano. Así llo confirmaron os responsables da empresa adxudicataria destes traballos, Obras y Servicios Gómez Crespo SL, ao alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e ao concelleiro de Obras, Eduardo Veiras, durante unha visita ás instalacións.

Manuel Mirás e Eduardo Veiras amósanse moi satisfeitos tanto polo ritmo das obras como pola execución das mesmas xa que “así non haberá unha apertura tan precipitada como a do novo colexio, senón que poderemos abrir a matrícula o vindeiro mes de abril e empezar a funcionar no curso 2015-2016”, explica o alcalde orosán, quen destaca que “deste xeito, espero que todos os nenos e nenas de entre 0 e 3 anos poidan estar escolarizados en Oroso”. “Temos a sensación que vai ser unha gardería moi acolledora para os nosos cativos, vendo como están distribuídos os distintos espazos e como se están a executar as obras”, engade o concelleiro de Obras, Eduardo Veiras.

Colaboración
Así mesmo, Mirás agarda que “as obras poidan quedar certificadas este ano para así poder pagarlle xa ao Consorcio e non ter que volver a incluír esta partida nos Orzamentos do 2015, pois xa levamos catro anos seguidos cos cartos orzamentos e espero que non teñamos que chegar a un quinto”.

O alcalde de Oroso destacou especialmente a colaboración ofrecida tanto pola empresa adxudicataria das obras como pola Consellería de Traballo e Benestar. “Esta colaboración é esencial para que os traballos poidan desenvolverse da mellor maneira posible”, incide Manuel Mirás, “así aconteceu co centro de saúde, onde a colaboración coa empresa e coa Consellería de Sanidade foi exquisita, e tamén se está a producir coa construción da nova gardería”. Este tipo de colaboración permitiu, por poñer un exemplo, coordinar as obras de instalación das tomas de auga e electricidade cos traballos de xardinería exterior, de xeito que se evitou ter que escavar dúas veces ou ter que volver a plantar o céspede.

Unha actitude de total colaboración que Mirás contrapón á mantida pola Consellería de Educación e a empresa construtora do novo colexio de Oroso, que en ningún momento se puxeron en contacto co Concello para informar sobre o estado dos traballos nin para solicitar ningún tipo de colaboración. Isto xerou distintos problemas, como que a Xunta non fixera a correspondente petición de enganche a Gas Natural ou que o peche exterior do recinto non fose o axeitado, que xa poderían estar solucionados hai tempo pero que agora están a atrasar o remate das obras de urbanización exterior. 

Gardería
A posta en marcha da que será a segunda escola infantil pública de Oroso é unha obra moi agardada pola veciñanza, xa que o municipio rexistrou no último lustro unha media duns cen nacementos anuais e a poboación menor de idade representa máis da quinta parte do censo. O centro suporá un investimento de 410.000 euros, dos que 164.000 os vai achegar o Concello de Oroso e os restantes 246.000 euros serán financiados pola Xunta e pola Administración Central do Estado. Así estaba acordado no marco do Plan Educa3 do ano 2011, no que o Concello se comprometeu tamén a facilitar a parcela para a gardería, tal e como fixo en setembro de 2013. 

A nova escola infantil terá tres unidades, cun total de 41 prazas. Complementará a actual gardería da Ulloa, que dispón de 61 prazas (8 para bebés, 13 para nenos de 1 a 2 anos; e 40 para rapaces de 2 a 3 anos). Sesenta e unha prazas que son por tempo completo (mañá e tarde), o que supón que o número final de admitidos sempre depende das necesidades e peticións das familias beneficiadas (cunha media duns 75 alumnos matriculados por curso). A gran demanda de prazas que se rexistra cada ano fixo que o Concello de Oroso tomara a iniciativa de solicitar da Xunta a creación desta nova gardería. A reclamación víñase presentando dende 2007 e confirmouse en outubro de 2010 cun acordo a tres bandas entre o Concello, o Ministerio de Educación e Xunta de Galicia.

O Concello de Oroso empregará parte do remanente de tesourería positivo dos orzamentos de 2013 para a urbanización dos accesos á nova gardería, que terá unha ampla entrada propia desde a Avenida da Grabanxa a través dun novo camiño que se urbanizará. Deste xeito, garántese unha entrada doada ao recinto e tamén unha zona de aparcadoiro espazosa. Estas obras de urbanización están programadas para os meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2015.

A escola infantil xa dispón dos servizos de auga, saneamento e luz, xa que o Concello de Oroso xa instalara aló un transformador con capacidade para dar servizo á nova gardería cando fixo a ampliación do CEIP de Sigüeiro.

USC - Medicina conmemorou o 125 aniversario de Francisco Asorey

A Facultade de Medicina pechou este venres o programa de actos organizados con motivo da festividade do seu patrón cunha sesión na que tamén se conmemorou o 125 aniversario de Francisco Asorey (1889-1961), escultor anatómico da Facultade. 

Os actos comezaron coa inauguración da nova Aula de Microscopía de Anatomía Patolóxica e prosegueron cun acto académico no que o catedrático de Anatomía Javier Jorge Barreiro pronunciou a conferencia ‘Asorey e a Facultade de Medicina’. Ao remate, descubrirase no Claustro baixo da Facultade un monumento conmemorativo obra de Cándido Pazos.

A xornada puxo o broche a un conxunto de actos que comezaron o pasado martes coa presentación do libro Fuentes documentales y recursos docentes en Odontopediatría y Ortodoncia, do que son autores Xosé Antón Regos Varela, Jacobo Limeres Pose, Juan Seoane Romero e Marcio Diniz Freitas. Neste mesmo contexto tamén se presentou o libro do doutor Avelino Franco Grande titulado La medicina compostelana. 1847-1950. Retazos históricos.

Santiago - música contemporánea na fin de semana

Debut do Wiener Klaviertrio, CactusWorkestra e concerto da Banda Municipal nas X. de Música Contemporánea
Cactusworkestra foto Paulo Gi

No programa das Xornadas de Música Contemporánea desta fin de semana poderemos asistir ao debut en Galicia do prestixioso Wiener Klavertrio, experimentar coa Cactus Workestra dentro de Adestempo, o apartado didáctico das Xornadas, ou escoitar o ‘Wind Band’ da Banda Municipal de Música de Santiago. Os tres concertos son de balde e para os da Banda e o Wiener Klavertrio hai que retirar previamente invitacións no despacho de billetes do Teatro Principal ou desde unha hora antes do comezo dos concertos no lugar de celebración dos mesmos.

Tendencias XXI: Austria_España

WIENER KLAVIERTRIO

Paraninfo da Universidade

Facultade de Xeografía e Historia

sábado 18 outubro

20.30

Máis de 20 anos de intensa actividade con actuacións nos máis prestixiosos escenarios de todo o mundo avalan a consolidada reputación do Wiener Klaviertrio que nestas xornadas se presenta por primeira vez en Galicia. O seu variado programa, centrado principalmente na creación musical da primeira década deste século XXI, combina compositores españois e do país de orixe do trío, Austria, nun concerto que culminan coa Sonata de cámara escrita en 1948 polo recordado gran mestre alemán Hans Werner Henze.

PROGRAMA

Reinhard Fuchs (1974)

Tox * (2012/13)

Jesús Torres (1965)

Trío (2001)

Johannes Maria Staud (1974)

10 miniatures* (2007/10)

Mauricio Sotelo (1961)

Venta Varga (2007)

Michael Maria Gredler (1984)

Funk * (2011)

Hans Werner Henze (1926-2012)

Kammersonate (1948)

* estrea en España

WIENER KLAVIERTRIO

Bogdan Božovic violín

Matthias Gredler violonchelo

Stefan Mendl piano

Wind Band

BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO

JUAN MIGUEL ROMERO director

Teatro Principal

domingo 19 outubro

12.30

Moitos son os compositores actuais que dirixen a súa atención cara as bandas de música ou, como se está a extender a súa denominación, wind band. Cada vez é máis frecuente atopar programas de concerto de bandas nos que os compositores están en activo, vivos ou de plena actualidade compositiva. Neste programa a Banda Municipal de Música de Santiago ofrece unha selección de compositores dos séculos XX e XXI, o máis coñecido Paul Hindemith, quen coa súa Sinfonía en Si bemol para banda de música, en 1950 colocou unha pedra angular e un cambio de rumbo para estas orquestras de ventos.

PROGRAMA

Juan Alborch (1973)

Obertura Inversemblant * (2014)

Johan de Meij (1953)

La Quintessenza (1998)

Hidas Frigyes (1928-2007)

Suite for Wind Band (1981)

Paul Hindemith (1895-1963)

March, de Metamorfosis Sinfónica sobre temas de Carl Maria von Weber (1940)

Dmitri Kabalevski (1904-1987)

Les Comedians op 26 (1938-40)

Alberto Ginastera (1916-1983)

Malambo (1942)

estreno absoluto

CactusWorkestra

instalación sonora

JOÃO RICARDO DE BARROS OLIVEIRA

CGAC Centro Galego de Arte Contemporánea

Sábado 18 outubro 12.30/17.30/19.00

domingo 19 outubro 12.30/17.30

recomendado: 8-14 anos

CactusWorkestra é unha creación plástico-sonora. Oír partindo dunha instrumentación de 20 cactos preparados e sonorizados (out of tune), en diversas constelacións, e con 20 participantes (nen@s ou moz@s). CactusWorkestra é unha experiencia baseada na performance e na acción directa: cada participante busca a mellor unión sonora e visual e axusta novos tons e sons. João Ricardo de Barros Oliveira motiva ao público para desenvolver a sensibilidade sonora e valorar o espazo envolvente e intenta espertar a curiosidade sobre sons perdidos que non se espera encontrar.

Santiago - Teatro e jazz na fin de semana

‘Wild Wild Wilde’ con Los Lunes e concerto de Yul Ballesteros Cuarteto esta fin de semana 

Na programación cultural desta fin de semana, ademais das propostas das Xornadas de Música Contemporánea temos tamén teatro e Sons’14 Jazz. A compañía madrileña Los Lunes presenta ‘Wild Wild Wilde’ no Teatro Principal dentro do ciclo Teatro&Danza. Será o sábado ás 21.00h cando poderemos ver esta obra de José Ramón Fernández sobre textos de Óscar Wilde. Tamén no Principal pero xa o domingo, estará en concerto Yul Ballesteros dentro do ciclo Sons’14 Jazz. As entradas para ambos espectáculos poden mercarse no Teatro Principal, en entradas.abanca.com ou no 902 434 443. Para o teatro a un prezo de 12€ (10€ presentando a entrada de ‘Cuerdas’ da mesma compañía) e as de Ballesteros a 10€ anticipada e 12€ o día do concerto. 
Yul Ballesteros

‘Wild Wild Wilde’ en Teatro&Danza 
Ata 1895 Oscar Wilde era un afamado escritor celebrado pola flor e a nata da intelectualidade europea. Entón Wilde foi declarado culpable de vergoñosas indecencias e condenado a dous anos de traballos forzados. Durante a súa estancia no cárcere escribiu De Profundis, carta dirixida a Lord Alfred Douglas. Nela, máis alá de revisar a relación sentimental que os uniu, entrégase á reflexión sobre a natureza do amor e do odio, da traxedia e da comedia, do público e do privado, da excepción e da norma. A reflexión, en fin, sobre o paradoxo que constitúe o mero feito de vivir... “De profundis é un texto inesperado en Oscar Wilde. Unha carta dende o cárcere. Unha renuncia ao pracer en prol da dor. E aí radica a enorme atracción que esperta”, explica a directora da obra, a compostelá Fefa Noia. 

José Ramón Fernández / Óscar Wilde * 

teatro/drama 

Los Lunes Madrid 

español 75’ 

* de José Ramón Fernández, con textos de Óscar Wilde 

Oscar Wilde David Luque 

Constance Carlota Ferre 

Robie Ross Óscar de la Fuente 

Fefa Noia dirección 

Wladimir Wagener música orixinal 

Silvia de Mata escenografía 

Alejandro Andújar / Ana López-Cobos vestiario 

Pedro Yagüe iluminación 

Javier Almela espazo sonoro 

Francisco Ledo caracterización 

Carlota Ferrer coreografía 

Yul Ballesteros Cuarteto en Sons’14 Jazz

Domingo ás 20.00h Yul Ballesteros Cuarteto ofrece o seu jazz enraizado no blues e infestado de grooves. Nesta ocasión, preséntanos un novo proxecto co que interpretarán composicións dos seus anteriores discos, ademais dun adianto do que será o seu próximo traballo discográfico. Cabe destacar a participación de dous nomes propios do Jazz Galego, Pablo Castaño e Carlos López. 

YUL BALLESTEROS guitarra

DAVID GONZÁLEZ contrabaixo

JOSÉ ALBERTO MEDINA piano

CARLOS LÓPEZ batería

artista invitado: PABLO CASTAÑO saxofón

CEMATI - Sogama acorda rebaixar nun 10 por cento o canon aos concellos a partir de xaneiro

A Sociedade Galega de Medio Ambiente, participada nun 51% pola Xunta de Galicia, vén de aprobar a revisión do plan de viabilidade 2013-2022, que rexerá as súas actuacións nos vindeiros anos

Esta revisión á baixa da taxa é posible, en gran medida, grazas ao éxito negociador da Xunta ante o Ministerio de Industria, que logrou minorar o impacto inicial da reforma do sector eléctrico sobre Sogama

A xestión do Goberno galego evitou ter que acometer unha nova suba do canon do 25% en 2015

Así mesmo, o plan de acción posto en marcha pola sociedade para incrementar a súa eficiencia garante unha redución de gastos e un incremento de ingresos para os vindeiros anos

O Consello de Administración de Sogama vén de acordar unha rebaixa do 10 por cento no canon que cobra aos concellos adheridos, que terá efecto a partir do vindeiro mes de xaneiro. A Sociedade Galega de Medio Ambiente, participada nun 51% pola Xunta de Galicia, adopta esta medida no marco da revisión do plan de viabilidade 2013-2022, que rexerá as súas actuacións durante os vindeiros anos.

Deste xeito, o canon que Sogama repercute aos concellos pasará dos 74,64 euros actuais por tonelada de lixo a 67,18 euros por tonelada a partir de xaneiro de 2015. 

Esta revisión á baixa da taxa sobre o transporte e tratamento dos residuos urbanos é posible grazas a dous factores: o primeiro, o éxito acadado pola Xunta de Galicia na súa negociación ante o Ministerio de Industria, na que se logrou minorar o impacto inicialmente previsto da reforma do sector eléctrico sobre Sogama, que tería obrigado a acometer unha nova suba do canon do 25% en 2015. Froito das xestións do Goberno galego, modificáronse os parámetros retributivos da correspondente orde ministerial nuns termos máis favorables para a Sociedade. 

Xunto con isto, a rebaixa do canon é tamén consecuencia do plan de acción posto en marcha por Sogama para incrementar os ingresos e diminuír os gastos, co que xa se conseguiu que as perdas do exercicio 2013 fosen menores do previsto. Con logros como o incremento da reciclaxe ou o aumento da venda de enerxía grazas á redución das paradas técnicas no complexo industrial, e outras novas medidas que se implementarán nos vindeiros exercicios, garántese o incremento da eficiencia.

Grazas a estas novas condicións, é posible aplicar unha redución do canon, blindando ao mesmo tempo a viabilidade futura de Sogama e, deste xeito, a prestación dun servizo básico e esencial para a cidadanía.



Santiago Futsal - terceira victoria consecutiva do equipo

· El Santiago Futsal logra vencer a un Uruguay Tenerife que no puso las cosas fáciles

· En la segunda parte los de Santiago fueron superiores a su rival

· Santi Valladares “En la segunda parte fuimos el Santiago que vimos siempre, sobre todo en defensa”

Gran victoria de los Santi Valladares, que hicieron un partido muy completo y en el que el esfuerzo colectivo se vio recompensado con 5 goles que sirvieron para llevarse la victoria.

Comenzó el partido con un Uruguay que llegaba a meta local con peligro en acciones de Carlos Corvo, pero a las que respondía el Santiago Futsal con acciones de Iván Rumbo y Hugo pero que detenía el portero visitante. El gol no tardó en llegar en un encuentro que estaba totalmente abierto. Ayose marcaría en propia puerta tras un tiro de Gallego que rebotó en el jugador tinerfeño y se coló en la portería visitante.

Tras el gol, llegaba con insistencia el conjunto de Francis Arocas y el tanto visitante no tardó en llegar. Lolo Suazo haría el primero para los suyos tras una buena combinación con Luis Jara en el minuto 12. Tan sólo un minuto después, Chus protagonizaría una gran jugada individual que remataría en gol, tras pegarle al balón desde fuera del área y batir a Iago Barro. Se llegaría al descanso con el 2-1 en el marcador y todo por decidir en la segunda parte.

Sólo un minuto después de dar comienzo la segunda parte, Lucas Bolo haría el tercero para el Santiago Futsal en un rechace a la parada de Iago Barro en un tiro de Dani ‘Chino’. Con el 3-1 en el marcador, el Santiago se hizo con el dominio del juego y llegaba a meta contraria generando las ocasiones de peligro más claras del encuentro. 

En el minuto 29, Hugo realizaría una jugada individual por la banda en la que superaría a dos jugadores visitantes y cedería el balón a Iván Rumbo para poner el 4 a 1 en el marcador. Con los dos conjuntos con 5 faltas en su casillero, el Uruguay Tenerife apuraba sus opciones en tiros lejanos de Lolo Suazo. El conjunto visitante realizaría la sexta falta, pero Gallego se encontraría, por primera vez y no la única en el partido, con el travesaño. El palo volvería a ser protagonista en un tiro de Iván Rumbo que se estrelló en la madera. En el minuto 36, Borja marcaría el quinto y último gol de los locales tras un robo de balón de Lucas Bolo en una mala salida del equipo de Tenerife.

Sin apenas tiempo para más, llegaría el segundo gol de Uruguay Tenerife en el tiro de doble penalti de Carlos Corvo que superaría a Iker López.

Tercera victoria consecutiva del Santiago Futsal en Liga, que se pone con 9 puntos y le permite mantenerse, una semana más, en los puestos de permanencia.

Sala de prensa

Tras el partido, Santi Valladares compareció ante los medios y analizó el encuentro; un encuentro en el que, para el entrenador del Santiago Futsal “la victoria es justa”. Añadió también que “quizás en la primera parte no estuvimos bien, con 4 o 5 ocasiones claras de Uruguay tras el 1-0 nuestro. Pero la segunda parte fuimos muy orgullosos en la defensa de uno para uno, y en defensa estuvimos muy bien. A partir de ahí, eso mina la moral del contrario y además tuvimos una puntería excelente. Cuando defiendes bien, y en la finalización estás fino lo normal es que lleguen los 3 puntos”.

El entrenador del Santiago Futsal destacó la buena segunda parte de los suyos “en la segunda parte fuimos un equipo rocoso, pegajoso. Fuimos el Santiago que vimos siempre, sobre todo en defensa”.

Valladares remarcó, también, que la victoria es resultado de un buen trabajo semanal “la victoria es el resultado del trabajo de día a día, sesión a sesión, el trabajar, el adquirir hábitos que no teníamos, eso lleva su tiempo. También hemos crecido a la hora de competir”.

Ficha Técnica

Santiago Futsal 5: Iker López, Borja, Hugo, Iván Rumbo y Dani ‘Chino’ – cinco inicial- Lucas Bolo, Chus, Gallego, Tallón, Kike y Santi

Uruguay Tenerife FS 2: Iago Barro, Ayose, Pablo, Javi Rodríguez y Carlos Corvo- cinco inicial- Luis Jara, Josué Cancio, Lolo Suazo, Jacinto Delgado y Pedro Toro.

Árbitros: Lumbreras González y Lope Díaz. Amonestaron con tarjeta amarilla a Lolo Suazo y Luis Jara por el Uruguay Tenerife, y a Hugo Sánchez por el Santiago Futsal.

Incidencias: Partido correspondiente a la 6ª Jornada de Liga en el Multiusos Fontes do Sar con una entrada de 1000 personas.



Goles: 1-0 min.5 Ayose p.p, 1-1 min.12 Lolo Suazo, 2-1 Chus min.13, 3-1 min.21 Lucas Bolo, 4-1 min.29 Iván Rumbo, 5-1 min.36 Borja, 5-2 min.38 Carlos Corvo.

Axenda e tempo do venres 17 de outiubro - música, teatro, exposicións

Santiago - Curtocircuito

Santiago - Capitol - La M:O:D:A: & Heavy Tiger

Ames - Carlos Blanco Luis davila - Menú do día

Santiago - Auditorio de Galicia - concerto aniversario pola Real Filharmonía

Santiago - Paraninfo da universidade - concerto homenaxe a Said armesto

Santiago - Teatro Principal - Cuerdas

Santiago - Salón teatro - A Tempestade

Brión - O Xiansela - Duo Savoy


Exposicións

Brión - Metagénesix - (Ata o 29 de outubro)

Santiago - Bus Station Space - Imaxinar que soño (ata o 4 de nadal)

Santiago - Auditorio de Galicia - Xulio Maside (ata xaneiro 2015)

Santiago Ánxel Casal - Preistoria polos rapacesdo colexio de Calo (ata o 31 de outubro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - fotografía de Elisa Gianni (ata o 26 de outubro)

O Tempo

Psoe Ames - Alegacións a conta xeral do concello

D. Jose Miñones Conde, maior de idade, con DNI número concelleiro e voceiro do Grupo Municipal Socialista do Concello de Ames, con domicilio a efectos de notificación Casa do Concello s/n. Praza do Concello, en relación coa aprobación inicial da Conta Xeral do Concello no exercicio 2013,e informada pola Comisión de Presidencia, Réxime Interior, Facenda e especial de Contas, comparece e EXPÓN:

PRIMEIRO.- Que foi publicado no BOP de A Coruña en data 19 de Setembro do 2014 o anuncio de exposición pública da Conta Xeral do Concello do exercicio 2013. 

Que segundo o exposto no artigo 212.3 do Texto Refundido da lei de facendas locais e na Regra 102 da Instrucción de contabilidade Modelo Normal (Orden EHA/4041/2004 de 23 de novembro) durante o dito prazo de 15 días e 8 mais, a Conta xeral e o informe da Comisión se expoñerán ao público para que os interesados poidan presentar, reclamacións, reparos ou observacións.

ALEGACIÓNS E RECLAMACIÓNS 

PRIMEIRA.- A regra 103 apartado a) da Instrucción de contabilidade Modelo Normal (Orden EHA/4041/2004 de 23 de novembro) establece como “Cuentadante” ao Presidente da Entidade Local .

Na normativa legalmente establecida: Artigo 212.1 do Texto Refundido da Lei de Facendas Locais e na Regra 102.1 da Instrucción de contabilidade Modelo Normal (Orden EHA/4041/2004 de 23 de novembro) se establece que antes do 15 de Maio do exercicio seguinte ao que corresponda, os estados e contas da entidade local e dos organismos e sociedades mercantís cuxo capital pertenza integramente á entidade local serán rendidas polo Sr. Alcalde.

O artigo 212.2 do Texto Refundido da lei de facendas locais regula que, a conta xeral formada pola Intervención será sometida antes do 1 do Xuño a informe da Comisión especial de Contas da entidade local. Ademais os artigo 212 e 223 da TRLRFL establecen que a remisión da conta aos órganos de fiscalización externa (Consello de Contas) debe realizarse antes do 15 de Outubro.

Pois ben, foron incumpridos polo Cuentadante (Regra 103 da Instrucción de contabilidade) os prazos establecidos legalmente como queda de manifesto da documentación sometida a exposición ao público. 

Queremos deixar patente que na anterior lexislatura incrementouse os efectivos de persoal dos servizos económicos do Concello co obxectivo de cumprir cos prazos legalmente establecidos na presentación das contas de cada ano, ase como dinamizar a área económica que se atopaba cunha deficiencia de persoal neste departamento. Froito disto o Concello presentou en entre Agosto de 2009 e Abril de 2011 un total de 4 contas xerais, o cal amosa a efectividade da medida e a capacidade do departamento. Durante a actual lexislatura o grupo de goberno decidiu non incrementar o persoal do devandito departamento estimando o seu número o correcto e necesario para cumprir coa labor encomendada. Ademais este mesmo grupo de goberno decidiu aprobar de maneira unilateral un plan de axuste que imposibilitaba a contratación de novo persoal, independentemente das necesidades particulares de cada área do Concello. No mesmo plan, na súa medida 13 de Gastos, planeábase unha modificación da organización da corporación local cun novo deseño en determinados departamentos, co fin de maximizar o rendemento da plantilla. É evidente que o feito de non incorporar maior persoal ao departamento económico nese novo deseño foi motivado por terse considerado como suficiente, o cal coincide cos datos amosados na lexislatura anterior, poñendo de manifesto a probada capacidade do persoal existente. 

Significar, unha vez mais, que o PP foi especialmente crítico na oposición sobre a presentación das contas xerais, cas dificultades engadidas que o anterior equipo de goberno tivo ao terse incorporada unha nova interventora coa lexislatura xa iniciada, e a falta de persoal co que se contaba, moi diferente da que dende o inicio da lexislatura goza o goberno actual. Toda esta situación fai que non nos quede mais que destacar, obxectar e reprobar a formulación desta conta fora dos prazos establecidos para elo cando temos a convicción de que están sendo mal aproveitados os recursos humanos especializados dos que dispón o Concello para levar a cabo tarefas económico –financeiras de tanta transcendencia como é a formulación e rendición das contas anuais, e tendo un retraso na presentación das mesmas. Si a este feito se lle suma que o actual Goberno non foi quen de presentar un orzamento municipal neste mesmo ano 2013 no que se están a presentar as contas, nin parece que o vaia a facer no actual 2014 visto as datas nas que estamos, aínda esixe unha maior reprobación no retraso contable. Ademais, o feito de que dúas das traballadoras do departamento estiveran de baixa durante o presente ano e non foran cubertas as mesmas con outro persoal, ven directamente motivado da aprobación dun plan de axuste responsabilidade única e exclusiva do propio goberno. 

SEGUNDA: Na conta, 413. “Acredores por operacións pendentes de aplicar o orzamento”, cuxo saldo acredor segundo a información que se expón no informe do interventor a 31 de decembro de 2013, importa a cifra de 404.272,27 euros correspóndese con débedas contraídas polo Concello que non contan con cobertura orzamentaria, ou que se omite a súa contabilización no exercicio de orixe das obrigas polo que o seu abono terá que producirse mediante a substanciación dos correspondentes procedementos de recoñecemento extraxudicial de créditos. 

O non recoñecemento orzamentario de facturas en contía de 404.272,27 euros nesta anualidade, fai que o Estado de liquidación do exercicio 2013 e o Resultado orzamentario, non representen a imaxe fiel da situación da Entidade Local ata tal punto que de terse contabilizados os mesmos o resultado orzamentario cambiaría do signo positivo ao negativo, tal e como constata o interventor no seu informe 141-14, quedando unha cantidade final próxima aos -350.000 euros, moi lonxe dos +54.289,12 euros presentados.

SOLICITA
Que se estimen as presentes observacións, alegacións e reclamacións que se interpoñen de conformidade co establecido no artigo 212 punto 3 do R/D lexislativo 2 / 2004 de 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais.

BNG Compostela - As ordenanzas fiscais non axudan os que teñen dificultades económicas

Rubén Cela: “As ordenanzas fiscais non entran no máis urxente nin importante, que consiste en axudar a quen ten dificultade económica”

O BNG bota en falta “novas bonificacións” para atender as necesidades das 7.000 persoas desempregadas e con pensións mínimas

O portavoz do grupo municipal do BNG de Santiago cualificou o anuncio da rebaixa fiscal para 2015 de “electoralista” e de estar “baseado nunha das grandes mentiras deste mandato”. “Non era certo que o Concello estivese en bancarrota á chegada do PP e non é certo que uns meses despois sexa todo unha marabilla”, explicou Rubén Cela.

Esa será a mensaxe que trasladará o BNG ao Pleno extraordinario do vindeiro martes. Así, sinalou que está de acordo tanto con algunha das rebaixas fiscais presentadas, que foran reclamadas con anterioridade pola formación nacionalista, como co novo calendario de pago fraccionado. Mais Rubén Cela indicou que a proposta do PP “non entra no máis urxente nin importante, que consiste en axudar a quen peor o está a pasar economicamente”, nin en introducir “variábeis de equidade con bonificacións sociais” nos segmentos máis desprotexidos.

O BNG bota en falta “novas bonificacións” para atender as necesidades das 22.000 persoas en risco de exclusión social, as 4.000 en pobreza extrema e as 7.000 desempregadas. Rubén Cela concretou a proposta de bonificacións dos impostos para unidades familiares por baixo do salario mínimo interprofesional, parados e paradas de longa duración, pensións mínimas ou actuacións que favorezan o aforro enerxético, entre outras.

“Cómpre tamén afondar nas facilidades de pagamento, onde por fin aceptaron evitar que coincidan no calendario o imposto de vehículos, IRPF e contribución como aconteceu o ano pasado; para abrir a posibilidade de fraccionamento en 12 pagos mensuais e coa bonificación por domicialización”, engadiu.

Outra medida que defende o BNG consiste en gravar máis as vivendas baleiras, pois “non é lóxico que se pague o mesmo IBI por unha terceira ou cuarta vivenda que pola habitual, co fin de que pague máis quen máis ten e de dinamizar o mercado de alugueiro para lle dar uso ás máis de 8.000 baleiras que o Goberno municipal ten cifrado na nosa cidade”.

Cesta natural - Proba de vermut Lodeiros mañá sábado

Cata de vermut Lodeiros en la Cesta Natural, mañana sábado en Bertamiráns.

Lodeiros es una empresa familiar asentada desde 1910 en Santiago de Compostela, nos contarán como es la elaboración de un buen vermut

La cata estará además acompañada por empanada gallega artesanal.


Plataforma emigrantes - Reunión e manifestación

A Plataforma de Emigrantes Retornados de Compostela únese a manifestación de tod@s @s emigrantes galeg@s retornad@s en Santiago de Compostela o vindeiro martes 28 de outubro 

A Plataforma de Emigrantes Retornados de Compostela fai un chamamento a tod@s @s emigrantes galegos retornad@s para participar masivamente na manifestación, que se vai celebrar en Santiago de Compostela, o vindeiro martes, día 28 de outubro a partir das 11h da mañá, con saída da Alameda e remate diante do Parlamento de Galiza, onde nos concentraremos, para entregar un Documento, coas nosas reivindicacións ao Presidente da Xunta, a entrega de sinaturas, recollidas por todas as Plataformas que conformamos a Coordinadora Nacional Galega de emigrantes retornad@s, e para rematar, lerase un manifesto. 

Son máis de 250.000 os emigrantes galeg@s retornados con pensións de Países Estranxeiros, que continuamos a recibir da Axencia Tributaria Española, a comunicación con carácter retroactivo, que nos obriga a ter que facer a declaración de cinco anos: 2008/2013, e a multas e xuros. 

Con esta manifestación os emigrantes retornados queren solicitar que no paquete de modificacións legais se inclúan as modificacións na Lei 35/2006, necesarias para garantir un trato igualitario. Concretamente, o artigo 96 en relación co 17, de tal forma que se estableza a obriga de declarar a partir de 22.000€/ano de ingresos, e que para os restantes se estableza un réxime de retencións idéntico ao do resto das e dos pensionistas do Estado Español. 

@s emigrantes retornad@s reclaman un trato xusto e igualitario, asemade coa entrega de sinaturas, solicitan do Goberno do Estado Español: 

- A modificación lexislativa que fixe un mesmo réxime do IRPF, con independencia de se estas proceden dun Estado ou de varios Estados. Para que se cumpra co principio de igualdade, modificando a Lei 35/2006, para que as súas pensións sexan iguais que a do resto d@s galeg@s

- Non ao carácter Retroactivo. 

- Recoñecemento de oficio das pensións de Invalidez, recoñecidas, nos países de procedencia. 

- Que a Axencia Tributaria inicie unha campaña de información á cidadanía e persoal a todas as persoas afectadas das súas obrigas tributarias futuras. 

- Revisión dos convenios marco con outros Países, para evitar que situacións deste tipo, poidan volverse a producir. 

- Devolución por Oficio de todo o pagado e os seus intereses. 

- A anulación de todos os expedientes. Borrón de todo. Volta a empezar a partires de 2014 e trato igualitario e xusto entre xubilad@s. Fóra lei “dous pagadores”. 

- Desculpas e devolución da honra aos Emigrantes Retornados. 

A Plataforma de Emigrantes Retornados de Compostela chama a asistir á concentración do martes 28 a tódalas afectadas e afectados, por esta inxusta decisión, xa que nin a propia Axencia Tributaria lle meteu a pensión aos emigrantes retornados na declaración do IRPF, por poñer un exemplo. É ademáis de inmoral a imposición de sancións a un colectivo perceptor das pensións máis baixas despois de traballar toda unha vida no estranxeiro.

Santiago - A Real Filharmonía de Galicia conmemora o 25º aniversario do Auditorio de Galicia

Levará a batuta o director titular da orquestra, Paul Daniel, que antes do concerto manterá un encontro co público asistente 

Os músicos estarán acompañados polo pianista norteamericano Nicholas Angelich, que con sete anos xa deu o seu primeiro concerto 

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebra esta semana dous concertos. O primeiro será hoxe venres en Santiago, ás 21:00 h para conmemorar o 25º aniversario do Auditorio de Galicia. E o sábado a orquestra actuará no Palacio da Ópera da Coruña, ás 20:00 h. En ámbalas citas levará a batuta o director titular e artístico da agrupación, Paul Daniel. 

O concerto comezará coa obra Chain I de Witold Lutoslawski (1913-1994), considerado o compositor polaco máis eminente despois de Chopin. Segundo declaraba el mesmo, quería “pescar almas” coa súa música. Elixiu a palabra chain (cadena) para referirse a un modelo de composición que descubriu nos anos 80 e que describe como un traballo escrito como unha estrutura con dúas partes independientes; no interior de cada unha delas as seccións empezan e rematan en diferentes momentos e en medio de cada sección comeza a seguinte e así sucesivamente, simbolizando os elos dunha cadea. 

O pianista Nicholas Angelich

A continuación a orquestra interpretará o Concerto para piano nº 1 do compositor polaco Frédéric Chopin (1810-1849). Para os artistas do século XIX, o piano era o perfecto medio de expresión dos sentimentos propios do Romanticismo. Esta peza xorde no verán de 1830 e estreouse ese mesmo ano en Varsoia con Chopin ao piano.

Os músicos estarán acompañados nesta obra polo pianista Nicholas Angelich. Nacido nos Estados Unidos en 1970, comezou a estudar piano coa súa nai aos cinco anos. Aos sete ofreceu o seu primeiro concerto e aos trece ingresou no Conservatorio Nacional Superior de Música de París. Ao longo da súa carreira recibiu multitude de premios en certames internacionais. En 2003 debutou coa Filarmónica de Nova York no Lincoln Center e en abril deste ano realizou unha xira por Xapón coa Orquestra Nacional de Francia.

Angelich ten actuado con orquestras de Norteamérica, Francia, Suíza, Alemaña, Suecia, Holanda, Reino Unido, España, Rusia, Corea do Sur, Xapón, China… baixo a dirección dos mestres máis prestixiosos. Grande intérprete do repertorio clásico e romántico, tamén se interesa por toda a música do século XX.

De Polonia a Finlandia
O concerto rematará coa renovadora Sinfonía nº 3 de Jean Sibelius (1865-1957), pai do nacionalismo musical finés. Reflicte nos seus primeiros acordes a influencia da música folclórica do seu país, na que o compositor indagou de maneira particular. 

Os asistentes ao concerto de Santiago poderán manter un encontro previo co director titular da RFG, Paul Daniel

Antes da celebración do concerto de Santiago, o director titular e artístico da orquestra, Paul Daniel, manterá unha charla cos asistentes á cita musical. Será ás 20:15 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Esta iniciativa enmárcase dentro da experiencia “CONvers@ndo con”, que promove a RFG antes de cada concerto, coa finalidade de achegar a música ao público de xeito informal e distendido. Poderase participar neste encontro presentando a entrada do concerto.

Santiago - Novos obradoiros para nenos no museo das peregrinacións

Nenos de entre 6 e 12 anos poderán construír a Compostela actual e futura con materiais reciclados no Museo das Peregrinacións e de Santiago
Esta fin de semana celebraranse tres novos obradoiros para que os máis pequenos coñezan mellor a cidade

O Consorcio de Santiago vai celebrar no Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede Praza das Praterías) un total de 36 obradoiros didácticos para nenos, todas as fins de semana dende outubro ata mediados do mes de decembro. Esta iniciativa diríxese a rapaces de entre 6 e 12 anos. Ten como obxectivo achegar a historia de Compostela aos máis pequenos, mediante experiencias lúdicas e enriquecedoras artelladas en torno a unha serie de propostas diferentes. 

Todos os obradoiros teñen unha duración de entre unha hora e media e dúas horas. Cada sábado programaranse dous talleres, que pola mañá comezarán ás 12.00 horas e pola tarde ás 18.00 horas. E os domingos tamén haberá un obradoiro ás 12.00 horas.

Cada taller ten un custo de 3 euros e será necesaria a inscrición previa para participar en calquera deles, a través do enderezo visitasguiadas@consorciodesantiago.org, no número de teléfono 981 566 110 ou tamén una propia recepción do Museo das Peregrinacións e de Santiago. Os obradoiros terán un máximo de quince participantes cada un e un mínimo de seis para poder celebrárense. 

Buscar tesouros agochados nun labirinto coa axuda dun GPS
Esta fin de semana haberá tres propostas diferentes. O sábado 18 de outubro, ás 12.00 horas, terá lugar o obradoiro titulado “Construímos cidade”. Os máis pequenos terán a oportunidade de construír unha nova Compostela empregando materiais reciclados da vida cotiá. Así, coa aportación de todos os participantes, poderase ter unha visión do Santiago actual e tamén do do futuro dende unha mirada diferente.

Tamén o sábado, pola tarde, ás 18:00 horas, celebrarase o taller “Un labirinto en Compostela”. Nesta ocasión as salas do museo converteranse nun labirinto. A través dunhas coordenadas, os rapaces terán que buscar os tesouros agochados e, por medio de diferentes pistas, conseguir chegar á meta coa axuda dun GPS. 

A Compostela medieval
O domingo pola mañá, ás 12:00 horas, terá lugar o obradoiro “Sopa medieval”. Comezará cunha breve visita á exposición permanente do museo “Compostela Dicitur. A Cidade da Catedral”, unha recreación do Santiago do século XIII. Logo de achegarse ao ordenamento urbanístico da Compostela medieval, os rapaces buscarán en grupo os principais nomes -como os das portas da antiga muralla- e lugares dos grandes momentos históricos que viviu a cidade nunha gran sopa de letras.


OBRADOIROS ESTA FIN DE SEMANA

l Sábado 18 de outubro

-12:00 Construímos cidades

-18:00 Un labirinto en Compostela

l Domingo 19 de outubro

-12:00 Sopa medieval

Santiago - Los Lunes presenta ‘Cuerdas’ en Compostela dentro do ciclo Teatro&Danza

· Tras a representación haberá no propio Teatro Principal, un Encontro co público da autora do texto, Bárbara Colio, e os actores da obra 

A compañía madrileña Los Lunes ofrece hoxe e mañá dúas obras dentro do ciclo Teatro&Danza 2014, ambas dirixidas pola compostelá Fefa Noia. Mañá será ‘Cuerdas’, un texto de Bárbara Colio, arredor da historia de tres irmáns que camiñan pola corda frouxa da súa vida. Será a partir das 21.00h no Teatro Principal. As entradas para este espectáculo son de 12 euros e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h), en entradas.abanca.com ou no 902 434 443. Xa o sábado poderemos ver, tamén ás 21h no Principal, ‘Wild Wild Wilde’ de José Ramón Fernández, con textos de Óscar Wilde. O prezo tamén é de 12 euros, 10€ se se presenta a entrada de ‘Cuerdas’. 

"Cuerdas fálanos dos fillos sen pais e dos pais sen fillos, da xordeira que produce escoitarse con demasiada atención durante demasiado tempo, da dor que encerran as palabras que nunca se chegan a dicir e do bálsamo do silencio para as feridas abertas polas palabras ditas, de calarse antes de tempo ou de falar demasiado tarde", di a directora compostelá Fefa Noia. Bárbara Colio, autora do texto, defíneo así: “Trátase dunha historia de viaxe, un paso ao baleiro, a eses ocos da infancia que buscan encherse de adultos, sen éxito. Iso é o que nos move a obter respostas sen saber exactamente cal é a nosa pregunta É apenas un reflexo roto de tres homes únicos. É unha obra á que quero de máis”. Bárbara Colio e os actores da obra, manterán un encontro co público ao remate da representación. 

Sinopse 
Tres irmáns reciben unha carta do seu pai, funambulista de fama internacional, anunciándolles a súa retirada e invitándoos a ver a súa última actuación. Ás súas costas unha ringleira de reproches e rancores. Ante eles unha viaxe cargada de dúbidas e esperas, de carreiras cara a diante e pasos atrás, de equilibrios e desequilibrios sobre a corda. Ata que chegue o gran salto... 


FICHA TÉCNICA E ARTÍSTICA 

Los Lunes Madrid

español 75’

Elenco

Peter David Luque

Paul Quique Fernández

Prince Óscar de la Fuente

Fefa Noia dirección

Silvia de Mata escenografía

Alejandro Andújar / Ana López-Cobos vestiario

Fran Ledo caracterización

Pedro Yagüe iluminación

Javier Almela son

César Barló axuda dirección

Espectáculo enmarcado no programa 'PLATEA, Programación Estatal de Artes Escénicas', promovido polo INAEM, Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Santiago - Concerto de LA M.O.D.A. e o trío feminino sueco HEAVY TIGER dentro do Compostela Rock

O ciclo Compostela Rock ofrece hoxe unha nova proposta na Sala Capitol no que poderemos escoitar a La Maravillosa Orquesta del Alcohol, un orixinal sexteto que mestura música acústica e instrumentos como acordeón, banjo, mandolina e saxofón. Cun son que bebe do folk, o blues, o country e o rock & roll, esta banda burgalesa (tamén coñecidos como La M.O.D.A) leva case 3 anos sen parar de facer cancións e actuar por todo o país: en festivais, como teloneiros de artistas internacionais (Dropkick Murphys, Frank Turner), en salas, bares e na rúa. Abre o concerto HEAVY TIGER un power trío de mozas de rock and roll de Estocolmo.

A Sala Capitol abrirá as súas portas para este espectáculo ás 21.00h. O prezo das entradas é de 8€ anticipada e 10€ o día do concerto e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, da Sala Capitol, en Ticketmaster, A Reixa Tenda, Miranda así como nas web de entradas.abanca.com e salacapitol.com ou no 902 434 443.

La M.O.D.A fórmase na primavera de 2011 de forma espontánea tras a volta a casa de David Ruiz (voz, guitarra) despois dunha temporada buscándose a vida como músico rueiro en Dublín. Ao seu regreso, inspirándose no espírito das bandas da capital irlandesa, decide reunir a un grupo de amigos sen outra pretensión que facer cancións e tocalas en directo.

Hoxe, a banda deu máis de 120 concertos e editou 2 Ep's e un álbum: '¿Quién nos va a salvar?' (Mús Records/ Gran Sol), gravado por Kaki Arkarazo (Los Coronas, Vetusta Morla, Berri Txarrak) e masterizado en Nova York por Greg Calbi (Bon Iver, Bruce Springsteen). O seu primeiro LP, publicado en outubro de 2013 e producido polo músico de folk Diego Galaz, recolle dez temas en castelán nos que o grupo dá un paso adiante na procura da súa identidade, combinando unha base instrumental de influencia anglosaxoa coa distintiva voz rasgada do seu cantante.

A resposta de público e crítica foi unánime: '¿Quién nos va a salvar?' cultivou reseñas moi favorables nos principais medios nacionais (Mondosonoro, Rockzone, Ruta 66, O País), e a xira de presentación do disco está a ser todo un éxito con máis de 70 concertos por todo o país, incluíndo actuacións en festivais como BBK Live, Cruïlla ou Sonorama 2014.

En definitiva, estamos ante unha proposta á que custa atopar comparacións na música de hoxe en día. Con influencias dispares que van desde The Clash a Springsteen pasando por The Pogues, Dylan, Calexico ou Eskorbuto e impulsados por un directo que destila enerxía e paixón, La Maravillosa Orquesta del Alcohol está cada día en boca de máis xente. De feito, poderían ser o grupo que todos estamos a esperar. Ou quizá non, pero iso a eles dálles igual. Publicaron 3 singles e vídeos até a data: Vasos vacíos, Los hijos de Johnny Cash e Nómadas

HEAVY TIGER son un power trio de mozas de rock and roll de Estocolmo. Tres mozas guerreiras que teñen un impresionante show e as ideas moi claras, con tan só 20 anos crearon unhas cancións realmente fantásticas. O seu estilo poderiamos dicir que está entre Glam e Hardrock 70s, influenciadas claramente por bandas como Thin Lizzy e Kiss. Estiveron por Escandinavia e Reino Unido, algunhas persoas falan de "as Novas Runaways". Tocaron con bandas como, Imperial State Electric, The Flaming Sideburns, Jim Jones Revue, Soundtrack Of Our Lives y Stevie Klasson. En 2013 encabezaron o escenario de novos talentos do prestixioso festival sueco Bråvalo, a marca Orange fichounas como imaxe as súas amplificadores de guitarra e os medios de comunicación nórdicos seguen con atención as evolucións dunha carreira prometedora .

O seu álbum debut “Saigon Kiss” (marzo 2014, HR Records) recolle ese auténtico espírito de rocanrolero sen artificios. Gravado e producido polo ex Hellacopters Nicke Andersson está a cultivar grandes críticas na prensa especializada europea e en directo Heavy Tiger prometen un autentico show de ‘101% power rock and roll girls’