Psoe Teo – melloras no colexio rural

MELLORAS NO COLEXIO RURAL AGRUPADO DE TEO

Uxía Lemus, concelleira do PSdeG-PSOE no Concello de Teo ven de presentar unha iniciativa para mellorar as instalacións do Colexio Rural Agrupado (CRA) de Teo.

Nos últimos tempos recibíronse pola Agrupación socialista de Teo diversas queixas sobre o estado de varios centros que compoñen o CRA de Teo. As necesidades dos/as usuarios/as son moi concretas e pasamos a describilas:

- REIS: Paso de peóns que de servizo aos nenos/as e familiares; acondicionamento dos baños.

- RECESENDE: Retirar as tubaxes da antiga calefacción; construír un cuberto para os días de choiva; Podar a herba no patio.

- CASALONGA: Arranxar a placa do segundo piso.

- RAXÓ: Arranxar o portal da entrada; acondicionamento nos baños.

- CACHEIRAS: Un novo baño.

- SOLLÁNS: Arranxo do conxunto das instalacións; material: un novo ordenador, un fax e una fotocopiadora en cor.

Así mesmo, os Socialistas de Teo queremos facer notar a necesidade de melloras na conexión a internet, estudando a posibilidade da instalación de WIFI nos centros.

Sendo as instalación de titularidade municipal e dada a importancia destes centros para os e as teenses, consideramos que o Concello de Teo debe comprometerse a acometer, no menor tempo posible, as reformas que sexan de urxencia, é dicir, aquelas que supoñan melloras para a seguridade dos/as nenos/as e familiares tanto na contorna dos centros como no interior dos mesmos.

Por outro lado, sería necesario un estudo das necesidades dos/as usuarios/as dos centros que forman o CRA de Teo, cunha planificación a longo prazo das melloras a acometer.

Os Socialistas de Teo consideramos que a existencia deste tipo de planificación evitaría que no futuro teñamos que esperar a recepción de queixas para actuar neste tema de tanta relevancia.

Oroso – o alcalde crítico coa asociación de hostelería no caso de Amio

MIRÁS AMÓSASE “SORPRENDIDO E DECEPCIONADO” POR QUE A ASOCIACIÓN DE HOSTELERÍA APOIE A DESAPARICIÓN DO MERCADO DE GANDO DE AMIO

O alcalde orosán segue defendendo a permanencia do mercado en Santiago, ou na comarca, e considera que o pronunciamento da asociación “está motivado por intereses políticos, non dos hosteleiros”

11 de novembro de 2011.- O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, amósase “moi sorprendido e profundamente decepcionado” diante do comunicado emitido onte pola Asociación de Hostelería de Santiago, quen apoiou o traslado da feira de gando de Amio. Mirás Franqueira considera que o pronunciamento realizado pola asociación “está máis motivado por intereses políticos, que dos propios hosteleiros”.

O alcalde orosán non comprende “cómo unha asociación pode decidir non defender os intereses dos seus propios asociados, pois en Oroso sabemos que o mercado de gando de Amio xera un tránsito de persoas polo noso municipio e que a nosa hostelería nota e se beneficia deses días nos que hai mercado”. Mirás entende que “en Oroso temos moi claro que a desaparición do mercado de gando de Amio suporía un perxuizo para os nosos gandeiros e para os nosos hosteleiros, pois sería outra cousa máis que marcha da zona e iso significa menos riqueza”.

Manuel Mirás lembra que “a feira de Amio dálle un movemento importante a esta zona, non só para os gandeiros, senón que tamén beneficia de xeito indirecto a outros sectores como hostalería, restauración, etc polo que sería unha mágoa que desaparecera. Por iso nós imos defender con todas as nosas forzas que quede en Santiago”.

Contas da leiteira

O alcalde de Oroso entende que dende a Asociación de Hostelería de Santiago se fale das moitas posibilidades que ofrece o recinto feiral para acoller outras actividades, pero advirte dos riscos deste posicionamento, pois lembra que o mercado de gando “é algo real que estivo funcionando e xerando riqueza en Santiago nos últimos 130 anos, pero agora se fala de cambiar as cousas pensando no que podería ser pero aínda non é”. Así, o alcalde orosán teme que “ao final imos quedar sen mercado de gando en Santiago e nos vai pasar algo parecido á fusión das Caixas, que nos venderon como un éxito e a realidade é e o tempo demostraron que non é así”.

O alcalde orosán insiste en que o Concello de Oroso seguirá actuando en defensa do sector gandeiro e dos seus hostaleiros ao seguir esixindo que o mercado de gando permaneza en Amio e, de non ser finalmente así, que sexa reubicado na comarca. Unha reivindicación que non é só de Manuel Mirás, senón que é compartida por toda a corporación municipal (composta por PSOE, PP, BNG e PG), tal e como se aprobou no pleno do pasado 29 de setembro.

Silleda – ampliación da exposición micolóxica

A exposición micolóxica amplía a súa presenza na Casa da Xuventude

-Algúns dos paneis divulgativos e material non perecedeiro da mostra, que hoxe visitaron escolares do municipio, trasladaranse ao CEIP da Bandeira

Silleda, 11 de novembro. A exposición micolóxica que está estes día na Casa da Xuventude de Silleda ampliarase durante varias xornadas á vista do éxito entre o público. Hoxe un total de 60 alumnos CEIP de Silleda e un do colexio María Inmaculada visitaron esta mostra, cun percorrido ameno e didáctico polas distintas especies micolóxicas realizado polos alumnos e alumnas do ciclo de monitor en Educación Ambiental. A mostra abrirá mañá sábado e o domingo de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas.

Ademais, algúns dos paneis divulgativos e material non perecedeiro da mostra trasladaranse unha vez rematadas as actividades ao CEIP da Bandeira.

A concelleira de Formación e Emprego, Margarita Campos Espiño, destaca o éxito da mostra, realizada polos alumnos e alumnas do curso de monitor de Educación Ambiental, para desempregados e que espertou un grande interese entre o alumnado.

Ames - Preto de 2.000 persoas nas actividades deportivas e obradoiros culturais

Preto de 2.000 persoas participan nas actividades das escolas deportivas e obradoiros culturais 2011-2012

Aeróbic, ximnasia de mantemento, baloncesto, fútbol sala, natación, actividade física para discapacitados, pilates, obradoiros de teatro, xadrez ou manualidades son algunhas das actividades que se desenvolverán ao longo do curso 2011 - 2012 dentro do programa das escolas deportivas e obradoiros culturais. O deporte e os obradoiros culturais son unha boa forma de desenvolver unha vida saudable e adquirir valores tan importantes como a deportividade, o respecto e a tolerancia. Por este motivo, o Concello de Ames aposta polo desenvolvemento destas actividades que sempre acadan uns resultados positivos. Durante este curso 1.811 persoas participan nas actividades das escolas deportivas e obradoiros culturais. Dende o mes de outubro estas actividades xa se desenvolven con total normalidade en Bertamiráns, O Milladoiro, Aldea Nova e varias parroquias do rural amiense co fin de que este programa chegue a toda a veciñanza amiense.

O Concello de Ames ofrece un amplo abano de actividades deportivas e culturais co fin de mellorar a calidade de vida de toda a cidadanía amiense. Para iso púxose en marcha unha nova edición das escolas deportivas e obradoiros culturais, que se desenvolven nas localidades de Bertamiráns e O Milladoiro, así como en diferentes lugares do rural.

En total son 1.811 persoas as que están inscritas en algunha das preto de vinte actividades que se ofertan dentro deste programa municipal. O servizo municipal das escolas deportivas atende a un total de 1.477 usuarios/as. Este servizo non é exclusivo só para a mocidade senón que os adultos tamén dispoñen de varias actividades físicas que se imparten tanto nas localidades de Bertamiráns e O Milladoiro, así como en diferentes lugares do rural. Deste xeito, 738 son nenos e nenas que realizan algún tipo de actividade deportiva, mentres que 739 son persoas adultas que tamén practican deporte. Por outra banda nos obradoiros culturais participan 334 persoas.
A oferta de actividades deportivas que ofrece o Concello de Ames caracterízase pola súa variedade e por estar pensadas para todos os grupos de idade. Así, os e as amantes do deporte poden escoller entre trece actividades: aeróbic; ximnasia de mantemento; baloncesto; fútbol sala; natación; predeporte; pilates; tenis de mesa; spinning, abdominais e glúteos; patinaxe; tenis; voleibol e actividade física para discapacitados.
Nas escolas deportivas impártense deportes como poden ser o fútbol sala, o baloncesto, patinaxe, tenis, predeporte, tenis de mesa, voleibol e natación. Son moitos os cativos/as que asisten polas tarde aos pavillóns de Bertamiráns e do Milladoiro para practicar estes deportes. Un dos obxectivos deste servizo é iniciar aos nenos e nenas na práctica deportiva para que adquiran o hábito de realizar exercicio a miúdo. As actividades que máis rapaces atenden son a de patinaxe con 188 usuarios/as, tenis (174), baloncesto (117), predeporte (85) e fútbol sala (78). Cun menor índice de participación están as actividades de natación (46), voleibol (27) e tenis de mesa (23).
Actividades para adultos
Por outra banda existen unha serie de actividades físicas dedicadas ás persoas adultas que tamén teñen unha gran demanda entre a cidadanía amiense. Deste xeito son moitos os veciños que acoden as clases de aeróbic; pilates; spinning, abdominais e glúteos; ou ximnasia de mantemento. A actividade máis demandada é a de pilates con 241 usuarios/as. Este adestramento físico e metal serve para corrixir problemas no lombo ou aprender a adoptar as posturas correctas e estirar adecuadamente os músculos. Ademais hai 205 persoas que asisten ás clases de ximnasia de mantemento, 185 persoas que asisten as actividades de aeróbic, e 108 que están apuntados en spinning, abdominais e glúteos.
É importante destacar que para facilitar a asistencia de todos os participantes hai grupos tanto en Bertamiráns como no Milladoiro, pero ademais a actividade de pilates impártese na urbanización de Aldea Nova e a de ximnasia de mantemento nos lugares de Aldea Nova, Aguapesada, Ameixenda, Biduído, Tapia, Trasmonte e Covas.

Obradoiros culturais
As actividades culturais ofertadas polo Concello de Ames caracterízanse pola súa diversidade e por estar pensadas para todos os grupos de idade. Así, neste curso 2011- 2012, os e as amienses poden gozar de cinco obradoiros como son o de baile e música tradicional, baile de salón, manualidades, teatro e xadrez. Estas actividades contan con 334 usuarios/as.

O obradoiro de baile e música tradicional é o que ten maior demanda con 108 usuarios/as. Este obradoiro impártese nas parroquias de Bugallido, Biduído, Trasmonte e na localidade de Bertamiráns. A Concellería de Cultura, Educación e Patrimonio de Ames asinou un contrato coa asociación cultural amiense Os Castros polo cal esa asociación asume o obradoiro municipal de baile tradicional, gaita e pandeireta. O contrato supón un aforro duns 14.000 euros con respecto ao que había con anterioridade, pero, principalmente, supón transparencia e unha clara aposta polas asociacións do propio municipio. O contrato inclúe 15 actuacións dos Castros repartidas entre o que queda de ano e durante todo o 2012.

De preto séguelle o obradoiro de manualidades que tamén esperta a paixón de moitos veciños e veciñas de Ames. Cómpre salientar que nesta actividade son maioría as mulleres. Participan un total de 94 persoas que están divididas en dous grupos. En Bertamiráns hai 43 persoas inscritas e no Milladoiro participan 51 usuarios/as.

Nos bailes de salón participan 73 persoas (en Bertamiráns 25 e no Milladoiro 48), no obradoiro de xadrez son 24 usuarios/as (en Bertamiráns 9 e no Milladoiro 15), e no obradoiro de teatro 35 inscritos (en Bertamiráns 10 e no Milladoiro 25).

Silleda - programa Aurora para fomentar a empregabilidade das mulleres no rural

O Concello de Silleda e o Instituto da Muller poñen en marcha o programa ‘Aurora’ para fomentar a empregabilidade das mulleres no rural

-O ciclo, con itinerarios de formación e de emprego, será desenvolvido pola Federación de Mulleres Rurais (Fademur)

-Participarán un total de 25 mulleres desempregadas do municipio. A entrevista cas primeiras seleccionadas será o vindeiro luns

-A iniciativa foi presentada hoxe pola alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, a presidenta de Fademur Galicia, Rosa Arcos e a concelleira de Formación e Emprego, Margarita Campos

Silleda, 11 de novembro de 2011. O Concello de Silleda e o Instituto da Muller, organismo adscrito á Secretaría de Estado para a Igualdade, veñen de firmar un convenio para a posta en marcha no citado municipio do programa Aurora, que ten como principal obxectivo promover a empregabilidade das mulleres no ámbito rural. SILLEDA - PROGRAMA AURORA

A iniciativa, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, busca mellorar o acceso deste sector da poboación ao mercado laboral a través da participación das mulleres en itinerarios mixtos (de formación e emprego), deseñados tendo en conta as necesidades das participantes no proxecto.

En total, serán 25 as veciñas de Silleda que participarán neste programa, que tamén busca mellorar a autoestima, confianza e outros aspectos persoais, tales como habilidades sociales e comunicativas. “Trátase de traballar con elas para que sexan protagonistas no proceso de inserción laboral, de motivalas”, sinala a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, que presentou o proxecto xunto con Rosa Arcos, presidenta de Fademur Galicia , a entidade que desenvolverá o plan formativo.

Outra das premisas pasa por ofrecer unha formación ocupacional que se adecue ás novas demandas do mercado de traballo. Así mesmo, preténdese fomentar o traballo individual e en grupo, con asesoramento e formación.

Durante a presentación do programa Aurora, a alcaldesa, Paula Fernández explicou que o proceso de selección das 25 participantes xa está en marcha. Tamén se recurriu para elo á bolsa municipal do programa Silleda Emprega, buscando o perfil prioritario do programa: residentes no rural e sen formación específica. “Aínda así, se algunha muller que esté desempregada e non figure na bolsa de emprego, ou calquera outra que esté interesada, aínda que resida nos cascos urbanos silledenses, poden achegarse ata o Concello”, explicou a rexidora, aclarando ademais que a asistencia ao ciclo non está remunerada.

O vindeiro luns comezarán as entrevistas coas primeiras 40 seleccionadas na Casa da Xuventude, en horario de 10.00 a 14.00 horas. As mulleres interesadas en sumarse a esta iniciativa poden informarse nas dependencias municipais.

Formación ‘ad hoc’ e contacto con empresas

O ciclo formativo comezará nas vindeiras semanas e continuará ao longo de 2012. Será nesta segunda anualidade cando as participantes reciban unha formación adaptada ás necesidades laborais no municipio e na comarca do Deza, establecendo tamén conexión coas empresas. De feito un dos sectores que está no punto de mira é o da atención xerontolóxica, para o que xa se contactou con empresas deste sector. “Xa tempos unha empresa do ámbito sociosanitaria interesada en formar a estas mulleres, e con compromiso de contratar a 4 persoas”, avanzou Paula Fernández.

Pola súa banda, Rosa Arcos, lembrou que con esta iniciativa se loita contra a “invisibilidade das mulleres do rural” que dificulta o seu acceso ao emprego.

Fademur encargarase de todo a parte técnica e formativa . Tamén se desenvolverán accións formativas que lle permitan acceder a nichos de emprego. Ademais do sector de xerontoloxía, unha das partes do programa inclúe a realización do diagnóstico das necesidades do mercado laboral, polo que se podería establecer contacto con outros sectores empresariais.

O presuposto do convenio firmado entre o Concello de Silleda e o Instituto da Muller ascende a un total de 34.000 euros, dos que 4.000 serán aportados pola Administración Local (1.000 este ano e 3.000 en 2012). A colaboración suscrita estabrece, por parte do ente estatal, o compromiso de poñer a disposición a metodoloxía de intervención para o empoderamento das mulleres rurais, así como elaborar e adaptar os instrumentos técnicos, entre outros.

Mentres, o Concello de Silleda, neste caso a través de Fademur, encargarse do desenvolvemento das actuacións, información e difusión do programa, e tamén da intermediación laboral contactando con empresas que constitúan un oco de mercado con postos de traballo susceptibles de ocupar por parte das participantes neste programa.

“Consideramos que se trata dunha iniciativa moi proveitosa para un colectivo como é o das mulleres rurais que, grazas a prospostas coma estas, terán unha oportunidade tanto de obter formación como de buscar emprego nun momento de especial dificultade”, apuntou a concelleira Margarita Campos.

Silleda será pois un dos 12 municipios que contan con este programa do Instituto da Muller, no que figuran outros catro concellos galegos, os de de Boimorto (A Coruña), Coles, Carballeda de Avia e Calvos de Radín, estes últimos na provincia de Ourense.

Asociación veciños de Senra - magosto

A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE SENRA CELEBRA UN MAGOSTO E CEA NO LOCAL

SOCIAL DA PARROQUIA

11 de novembro de 2011.- A asociación de veciños de Senra celebrará hoxe sábado 12 de novembro, a partir das 21:00 horas, o seu tradicional magosto. Unha celebración que esta asociación veciñal leva organizando dende hai case unha década e que se ten convertido nun punto de encontro ineludible para os veciños e veciñas da parroquia de Senra.

A festa comezará ás 21:00 horas no local social de Senra onde, ademais do magosto, terá lugar unha cea entre os veciños. O magosto está organizado pola propia asociación de veciños de Senra e conta coa colaboración do Concello de Oroso.

Brión – este sábado teatro en Ons

A MÁMOA TEATRO REPRESENTA EN ONS (BRIÓN) A COMEDIA “A CASA DOS LÍOS”

O cuarto ciclo de teatro afeccionado organizado pola asociación cultural “Pedra do Moucho” mantén a media de cen participantes por actuación

11 de novembro de 2011.- A compañía A Mámoa Teatro representará hoxe sábado 12 de novembro, ás 20:30 horas, a súa comedia “A casa dos líos” no teleclube de Ons (Brión). Unha actuación que está incluída no IV Ciclo de Teatro Afeccionado “Pedra do Moucho”, organizado pola asociación cultural e deportiva “Pedra do Moucho”. A entrada é libre e de balde.

“A casa dos líos” é “unha comedia de enredo dirixida a todos os públicos. Dura uns noventa minutos e é unha sucesión de bromas e cachondeos”, explica Ramón Parajó, director da compañía teense. Unha representación na que participarán oito actores e tres técnicos deste grupo de teatro afeccionado de Luou.

O Ciclo de Teatro Afeccionado “Pedra do Moucho” está organizado pola asociación cultural e deportiva do mesmo nome, afincada na parroquia de Ons e unha das máis activas do municipio. Conta coa colaboración do Concello de Brión, da Deputación Provincial da Coruña, da Consellería de Cultura e Turismo e da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA).

Na súa primeira sesión, celebrada o pasado 29 de outubro coa actuación de Tiruleque Teatro, o festival mantivo o seu éxito de público de anos anteriores, con case cen asistentes. A terceira e última representación desta edición terá lugar o vindeiro sábado 26 de novembro, data na que Candelexas Teatro porá en escea “En busca da chacha perdida”.

Fundación Araguaney – presentación de “Regalo de memoria”

Presentación a los medios de la novela biográfica “Regalo de memoria” de GhalebJaber Ibrahim y Noe Martínez

Santiago de Compostela, Viernes 11 de Noviembre de 2011. La Galería Caroní de la Fundación Araguaney ha acogido esta mañana la presentación a los medios de la novela biográfica “Regalo de memoria”, escrita conjuntamente por GhalebJaber Ibrahim y Noe Martínez, y editada por Teófilo Comunicación.

José Luis Teófilo, editor, fue el primero en intervenir ante los medios de comunicación. Comentó que se trata de una novela que habla de los valores principales, la familia y la enfermedad. Sobre los autores no dudó en comparar a Noe con Rosalía de Castro o Coco Chanel. “Noe Martínez es la Rosalía de Castro de nuestros tiempos. Ella ha confeccionado una obra como hacía Coco Chanel con sus conjuntos. Es una artista que, además, tiene el don de emocionar con todo lo que escribe”. De GhalebJaber, dijo, “es un palestino que llegó hace años a Compostela y que con esta obra nos desvela capítulos de su vida desconocidos. Además, es un profeta en su tierra”.FUNDACION ARAGUANEY - GALEB

El protagonista de la rueda de prensa, así como de la novela, declaró que “con esta novela me he desnudado ante mucha gente. Cuento en ella historias de mi infancia, momentos buenos y sufrimientos reales. Se la dedico a mi hermana Karime”, dijo. Jaber decide contar sus vivencias en un libro en el que además plasma todo lo que le enseñó a lo largo de su vida su abuelo Ibrahim, su mayor maestro.

“Regalo de memoria” es una obra escrita conjuntamente por Noe Martínez y GhalebJaber. La escritora ourensana fue la encargada de transcribir todas las historias que Ghaleb le contó a lo largo de muchos “cafés”, en los que se reunían y él le contaba, siguiendo la tradición oral de su lugar de origen, todas las historias que ahora aparecen reflejadas en el libro.

“Regalo de memoria” se presenta un día como hoy, 11 del 11 del 2011, por coincidir con el 7º aniversario de la muerte de Yasir Arafat (que murió el 11 de Noviembre de 2004), Presidente de la OLP (Organización para la Liberación de Palestina), amigo y familiar de GhalebJaber.

Jaber no dejó de nombrar a Karime, de la que dijo fue su compañera y hermana mayor, “yo era el héroe de Karime, una persona llena de bondad que perdió los recuerdos que yo intenté regalarle acompañándola en el hospital donde estuvo ingresada hasta la fecha de su muerte”. Recuerdos que se pueden leer en este libro.

Noe Martínez, como coautora intervino comentando que para ella fue un reto escribir una biografía, puesto que siempre se dedicó a hacer ficción, y cree que “Regalo de memoria es un regalo de GhalebJaber a todo el mundo, en especial a su hermana, donde cuenta todo aquello que por culpa del alzheimerésta no podía recordar”.

“La memoria es el disco duro de los recuerdos”, dijo Ghalebjaber. Y lo que realmente pretende con esta novela es que todos esos recuerdos permanezcan plasmados para siempre.

Ordes – curso de manipulador de alimentos

Ordes celebra un curso de manipulador de alimentos o vindeiro mes de decembro

O prazo para inscribirse xa está aberto na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello

Ordes, 11 de novembro de 2011: Ordes acollerá o vindeiro día 22 de decembro un novo curso de manipulador de alimentos.

Trátase dun curso obrigatorio para todas aquelas persoas que traballen no sector da industria alimentaria como panadeiros, camareiros, cociñeiros, dependentes de conxelados, charcuterías, persoal de supermercados, repartidores, traballadores de queixerías, persoal de guarderías, comedores de colexios, persoal de residencia de anciáns, etcétera, e de aí a súa importancia de cara ao mercado laboral.

Todos aqueles que estean interesados en participar poderán recibir máis información na Axencia de Emprego e Desenvolvmento Local do Concello de Ordes, situada no 1º andar da Casa do Concello ou chamando ao 981680002 e 981680157. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 21 de decembro e as prazas serán limitadas.

O curso terá lugar o 22 de decembro en horario de 16 a 19 horas na aula do primeiro andar da Casa da Cultura de Ordes. Consistirá nunha charla informativa de 3 horas presenciais nas que se tratarán aspectos prácticos sobre a seguridade alimentaria, a manipulación de alimentos e as normas mínimas a cumprir na industria alimentaria.

Máis información no Concello.

Ordes – visita de escolares a biblioteca

ORDES - ESCOLARES NA BIBLIOTECA Preto dun cento de escolares ordenses visitaron esta semana a Biblioteca Municipal de Ordes

Co fin de visitar a mostra do gañador do V Premio de Banda Deseñada Castelao e a nova colección de cómics cos que conta o centro

Ordes, 11 de novembro de 2011: Preto dun cento de alumnos e alumnas de 1º da ESO do IES Nº1 e o IES Maruxa Mallo de Ordes visitaron esta semana a Biblioteca Municipal. O Obxecto destas visitas foi coñecer a exposición do gañador do V Premio de Banda Deseñada Castelao, promovido pola Deputación, que acolle ata o vindeiro día 15 de novembro a Biblioteca Municipal.

A mostra, que está aberta a todo o público, pode visitarse no horario habitual da biblioteca de luns a venres de 8:30 a 14:30 e de 15:30 a 20:30 horas e os sábados de 10 a 14 horas, e consta de 20 cadros nos que se pode observar o traballo premiado polo ente provincial e titulado “Sen mirar atrás”.

Aproveitando esta ocasión, as responsables do centro deron a coñecer aos rapaces e rapazas o fondo de cómics novos cos que conta o centro. Un fondo no que se inclúen tanto títulos clásicos como “Superman”, “Mortadelo”, etc, como reedicións de cómics antigos e unha extensa colección de cómic Manga.

Ademais durante estas visitas escolares á biblioteca, as responsables da mesma tamén explicaron aos rapaces e rapazas todos os servizos cos que contan como o préstamo de libros, ordenadores con acceso a internet gratuíto e un fondo bibliográfico de máis de 16.000 exemplares ao que se suma outro material audiovisual.

O obxectivo desta iniciativa é incidir unha vez máis no fomento da lectura entre os mozos e mozas, dándolles a coñecer as facilidades coas que contan no municipio para poder desenvolver esta actividade, así como ensinándolles os atractivos da lectura.

Santiago – corte de tráfico desde o luns

corte de tráfico na avenida do Camiño Francés e na rúa do Lavadoiro

  • Con motivo das obras que se están a realizar na avenida do Camiño Francés para a construción dun túnel, é preciso cortar o tráfico na devandita vía a partir do luns, 14 de novembro, e durante 5 días. Os desvíos faranse polas rúas Monte dos Postes, Fontiñas e avenida de Xoán Pablo II. Permitirase o paso aos garaxes dende a rúa do Valiño.
  • Por mor das obras do aparcamento para a Escola Infantil de Salgueiriños, cortarase ao tráfico a rúa do Lavadoiro dende o día 14 ao 30 de novembro. Os desvíos faranse pola rúa do Río. Permitirase o paso aos residentes.

O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.

Santiago – axenda 12, 13 e 14 novembro

Sábado 12

19.00 h

No Centro Sociocultural das Fontiñas, Compañía Femme Fatale “Bonjour Borjour! A fermosa perruquería”.

Domingo 13

12.00 h

No Local Social da Gracia, A Mámoa Teatro “Só unha noite/ Casa dos líos”.

12.00 h

No Teatro Principal, cocnerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

Luns 14

12.00 h

Na Consellería de Sanidade, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, e a concelleira de Benestar Social e Familia, Paula Prado, presentan o programa de Traballos para a Comunidade.

12.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h

Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.30 h

Na Praza do Toural, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e a concelleira de Benestar Social e Familia, Paula Prado, participan nos actos con motivo do Día Mundial da Diabete.

17.45 h

Na Sede da Fundación Novacaixagalicia, Mesa de debate '25 anos de Cineuropa: Pasado, presente e futuro dos festivais de cinema' coa participación de Jaime Pena (Cahiers du Cinema, Programador CGAI); Martin Pawley (Director da Mostra de Cinema e Ciencia); José Manuel Sande (Programador CGAI) e Marta Gómez (Periodista cinematográfica da TVG). Modera o director do festival, José Luis Losa.

Toda a programación da XXV edición de Cineuropa en http://cineuropa.compostelacultura.org

Brión – exposición na casa da cultura

19 ARTISTAS EXPOÑEN A SÚA OBRA NOS BAIXOS DA CASA DA CULTURA DE BRIÓN

10 de novembro de 2011. Un total de 19 pintores e pintoras galegos participan nunha mostra de pintura que abrirá as súas portas mañá venres 11 de novembro, ás 20:30 horas, na nova sala de exposicións de Brión, situada nos baixos da casa de cultura. Unha mostra que poderá visitarse ata o 15 de decembro.

A exposición conta con obras dos artistas Alfonso Costa, Antón Sobral, Ayaso, Barreiro, Beatriz Ansede, Carmen Hermo, Chelo Rodríguez, Isabel Pintado, Jano Muñoz, Laureano Vidal, Luís Romero, María Manuela, María Xesús Díaz, Masiá, Morquecho, Pardiñas, Rafael Úbeda, Ricardo Rilo e Xosé Vázquez Castro. A entrada é libre e de balde.

Silleda – visita de escolares a exposición micolóxica

Sesenta escolares silledenses visitan a exposición micolóxica na Casa da Xuventude

-O ciclo, realizado polos alumnos do curso de monitor en Educación Ambiental, comezou esta tarde coa primeira sesión de recolección de cogumelos

Silleda, 10 de novembro de 2011. Un total de 60 escolares pertencentes ao CEIP de Silleda e ao Colexio María Inmaculada visitarán mañá venres na Casa da Xuventurde a exposición micolóxica realizada polos alumnos e alumnas do ciclo de monitor en Educación Ambiental. Os alumnos percorrerán a mostra e asistirán a outras actividades en dúas quendas, de 11.00 a 12.00 (logo doutra sesión para recoller os cogumelos) e de 12.00 a 13.00 horas. Ás xornadas que comezaron hoxe coa primeira sesión de recolección guiada de especies na carballeira das Pedrosas foron convidados todos os centros educativos do municipio. A mostra estará aberta ao público en xeral tamén na xornada do sábado, en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas.

A concelleira de Formación e Emprego, Margarita Campos Espiño, explica que con esta iniciativa se pretende complementar o ciclo teórico para desempregados que rematará o vindeiro día 16, “ao tempo que se lles ofrece aos escolares unha visión amena e divertida de asignaturas como a de Coñecemento do Medio”, engade.

Teo – San Martiño

O CONCELLO DE TEO ULTIMA OS PREPARATIVOS PARA A FEIRA DO SAN MARTIÑO

· Máis de 25 persoa en quendas, dos servizos da policía local, protección civil e voluntarios participan no dispositivo dende esta tarde noite

· Este ano cóntase con vinte postos comerciais máis que o ano pasado e máis prazas de aparcamento gratuíto

· O Concello organiza por primeira vez unha feira ecolóxica no entorno da festa

10 de novembro de 2011. O Concello de Teo ultima os preparativos para a tradicional feira do San Martiño, que se celebra mañá 11 de novembro na carballeira de Francos. Este evento, que concentra todos os anos a milleiros de persoas en Calo –Teo- precisa dun operativo coordinado pola policía local e protección civil que dende esta tarde noite xa estarán de xeito permanente no recinto ata que remate a celebración.

Este ano máis de 25 persoas, entre persoal da policía local, protección civil e voluntarios participan neste operativo, que se centrará en labores de regulación de tráfico, información e vixiancia. Tamén se destaca a colaboración doutras forzas de seguridade como a Garda Civil, que terá presencia na feira e no entorno.

A feira do San Martiño contará este ano con máis postos comerciais que en anos anteriores. Segundo as estimacións da policía local, polo menos colocaranse vinte postos novos, destacando a presenza de produtores de agricultura ecolóxica e artesanía. Nesta edición de festa o Concello, en colaboración co Sindicato Labrego Galego, pon en marcha unha feira ecolóxica na que se realizarán talleres de elaboración de produtos alimentarios ademais de ofrecer charlas sobre os beneficios do consumo ecolóxico e de producción local e actividades para os máis pequenos con monitores especializados.

Ademais destas novidades, na carballeira de Francos no faltarán os postos de venda de polbo así como outros postos comerciais onde se poderán mercar téxtil, calzado, bixutería, ou alimentos como rosquillas, castañas, embutidos, churros ou turrón. Outros puntos de venda tradicional nesta feira son a maquinaria agrícola, ferramentas ou material de xardinería.

Aínda que a feira do San Martiño é sobre todo unha feira cabalar de compravenda de animais, polo que dende moi cedo os animais irán chegando ó recinto. Este mercado tradicional de gando continúa a ser un dos elementos centrais deste evento.

Este ano como en anos anteriores o acceso ó recinto feiral estará regulado coa intención de preservar a carballeira só para os peóns. Os vehículos contan sen embargo con amplas zonas de aparcadoiro, debidamente sinalizadas, no entorno próximo da feira. Este ano incrementáronse tamén as prazas de aparcadoiro gratuíto coordinado dende o Concello, con 250 prazas máis dispoñibles. A Policía Local destaca que os vehículos que incumpran algunha indicación ou molesten serán denunciados e retirados por un guindastre.

Ames – comisión especial de contas

Convócase a Comisión especial de contas que examinará e ditaminará a conta xeral do 2010 É a primeira vez dende o ano 2003 que a conta se rendirá antes de que remate o ano

A situación económica de Ames vese agravada por un remanente de tesoureiría negativo de case 1 millón de euros

Ames, 10 de novembro de 2011. O alcalde de Ames, Santiago Amor, convocou a Comisión especial de contas para o vindeiro día 18 de novembro ás 13.00 horas. O rexedor aplicou a vía de urxencia á tramitación do expediente da Conta Xeral do Exercicio 2010, de xeito que o período previo requerido para a primeira comisión puido reducirse de 17 días hábiles que normalmente se requiren a 8 días hábiles. Este ano, e tras varios exercicios nos que a contabilidade municipal veu sufrindo un severo retraso, o Concello está en disposición de retomar a senda do cumprimento nos prazos de rendición da Conta Xeral. Aínda que non será posible cumprir co prazo do quince outubro para a remisión da Conta, si será posible que dita remisión teña lugar dentro do exercio 2011, o que ten gran importancia. Consello de Contas establece unha tripla distinción no tocante ao cumprimento do deber de rendición por parte das entidades locais: o das entidades que cumpriron co prazo legal do 15 de outubro, o das que remitiron a Conta dentro do exercicio correspondente, e o das que o fixeron nun ano diferente, a inclusión neste útimos grupo é o que o Concello considera realmente grave, e é precisamente o que se evitará por primeira vez dende o ano 2003.

A rendición da Conta dentro do ano correspondente garante que o Concello de Ames poida recibir suvbencións da Xunta o vindeiro ano, xa que o recente Decreto 193/2011 do 6 de outubro, establece no seu artigo 4.1 que será requisito indispensable para a concesión de subvencións que as entidades locais haxan cumprido o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio.

Os prazos

O día 18 a Comisión examina e ditamina a conta xeral para que a continuación se envíe ao Boletín Oficial da Provincia (BOP) por urxencia, vía internet, e a continuación quede 23 días hábiles o informe en exposición pública. De haber reclamacións sería precisa outra reunión da Comisión, se non as hai o paso posterior, e o último antes do envío ao Consello de Contas, será someter a conta a votación en pleno.

Análise da conta

A liquidación desta conta amosa un remanente de tesoureiría negativo de -916.310,68 euros e un resultado orzamentario de -198.291,88. Cun remanente de Tesoureiría negativo, a administración local terá que levar a cabo obrigatoriamente a reducción de gastos do novo orzamento por cuantía igual ao déficit producido; e se esta medida non fose posible, poderase acudir ao concerto de operación de crédito polo importe do remanente, e de non adoptarse ningunha das medidas anteriores o orzamento do exercicio seguinte terá que aprobarse cun superávit inicial de contía igual ou superior neste caso a preto de un millón de euros. AMES - OFICINA INTERVENCION

Segundo reflicten os informes dos servizos económicos é a primeira vez que o resultado orzamentario presenta déficit. A súa evolución dende o ano 2008 tamén é negativa, presentando nos exercicios 2008 e 2009 resultados positivos e no 2010 un déficit de -198.291,88 euros. Polo tanto, a liquidación do ano 2010 indica que a situación do Concello de Ames é “realmente grave”, segundo explica o alcalde, Santiago Amor, quen explica que as arcas municipais presentan agora mesmo “ unha clara insuficiencia económica que require dun Plan de Saneamento Financiairo que permita recuperar a nun prazo de tres anos a senda de equilibrio que perdeu co anterior goberno Socialista”. O informe dos servizos económicos municipais reflicte problemas estucturais que amosa o orzamento correste deficitario e q foron insitentemente advertidos ao longo destes anos, sen ser escoitados polo anterior goberno socialista e sen ser adoptadas medidas de corrección.

Ante esta situación o alcalde de Ames, Santiago Amor, asegura que os próximos presupostos do Concello, terán que ir acompañados dun plan de equilibrio financieiro que contemple un calendario de pagos para os proveedores.

Santiago Amor explica tamén que de cara aos próximos presupostos se regularizará o rendemento da conta por parte do Concello e que ademais se contemplarán as liñas mestras dun plan de saneamento e equilibrio económico que permita a medio prazo mellorar a grave situación económica na que o anterior goberno socialista deixou immerso ao concello de xeito irresponsable.

Silleda – mesa do comercio

Silleda constituirá este mes a Mesa Local do Comercio, con representantes da Administración e do sector

-O acordo tomarase no pleno do vindeiro xoves día 24

Silleda, 10 de novembro de 2011. A Mesa Local do Comercio quedará constituida este mes no municipio de Silleda. O órgano, créase en todos os concellos en virtude da Lei 13/2012 do Comercio Interior de Galicia, aprobada polo Parlamento de Galicia e que entrou en vigor en xaneiro deste ano. Estará presidido pola alcaldesa, Paula Fernández, e contará cun representante da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS), outro da asociación provincial da Federación de Usuarios e Consumidores Independentes de Galicia (Fuciga); un represenantes da Xunta e outros dous co Concello, entre eles o concelleiro de Industria e Comercio, Klaus Brey.

A Mesa Local do Comercio actuará como órgano colegiado de participación, coordinación, cooperación e colaboración entre a Administración Local e os axentes representativos do sector comercial. Segundo figura na normativa, o órgano reunirase como mínimo unha vez ao ano, correspondendo a súa convocatoria ao Concello.

A proposta da Alcaldía para a constitución da mesa debatiráse na comisión informativa de Emprego, Industria e Comercio, antes de elevala ao próximo pleno ordinario que se celebrará o vindeiro xoves día 24.

Está previsto que na sesión constitutiva, que terá lugar días despois da celebración do pleno, se poida incluir na orde do día cuestións de importancia do sector. Así, barállase a posibilidade de aproveitar a celebración desta primeira xuntanza para tratar asuntos de interese para o sector do comercio de cara a vindeira campaña de Nadal, coma o concurso de escaparates ou outras iniciativas.

Ames – concerto dos grupos Drexandrex e The Black kimballs

Os grupos amienses Drexandrex e The Black Kimballs actúan este sábado na Casa da Cultura do Milladoiro

As actuacións enmárcanse dentro da programación cultural municipal de outono

No pasado mes de outubro o Concello de Ames puxo en marcha a programación cultural de outono. Dentro desta programación de actividades inclúense exposicións, música, representacións teatrais, etc. Esta programación está repartida entre Bertamiráns e O Milladoiro. Ademais está pensada tanto para o público infantil como adulto. Deste xeito, os grupos Drexandrex e The Black Kimballs actuarán no Milladoiro este sábado, 12 de novembro. Posteriormente, o 10 de decembro, celebrarase este mesmo concerto pero en Bertamiráns. Os concertos celebraranse nos auditorios das Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro ás 20:00 horas.AMES - CARTEL CONCERTO

O Concello de Ames ofrece a toda a veciñanza amiense unha ampla programación cultural para todos os públicos. A miúdo organízanse numerosas actividades nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. A estas actividades tamén se suman en moitas ocasións varias exposicións de pintura ou outro tipo de artes que normalmente se poden visitar no Pazo da Peregrina. 
Deste xeito, a Concellaría de Cultura preparou para os meses de outono un programación cultural na que hai teatro, música, exposicións, etc. Durante os meses de novembro e decembro a veciñanza amiense poderá gozar de diferentes concertos nos auditorios das Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Esta programación está pensada tanto para o público infantil como para as persoas adultas.
A programación musical comezará co grupo Drexandrex e co grupo The Black Kimballs que actuarán no Milladoiro este sábado, 12 de novembro, e o 10 de decembro en Bertamiráns. Estes grupos amienses terán a oportunidade de presentar os seus últimos temas en directo ante o seus veciños e veciñas. Ambos os dous concertos serán ás 20:00 horas. A través desta iniciativa o Concello de Ames pretende achegar a música en directo a veciñanza amiense. Ademais, a estes grupos sérvelles de promoción e axuda para darse a coñecer.
Para a época de Nadal, o Concello de Ames, ten preparada unha programación especial na que haberá diferentes actuacións musicais. Esta programación darase a coñecer nas vindeiras semanas.

Brión – a piscina municipal acada os 1000 socios

A PISCINA MUNICIPAL CUBERTA DE BRIÓN ACADA OS 1.000 SOCIOS E MÁIS DE 300 ASISTENTES A CURSOS NOS SEUS PRIMEIROS 100 DÍAS EN FUNCIONAMENTO

Para agradecer a confianza dos aboados, a concesionaria porá en marcha unha campaña de regalo de invitacións gratuitas

10 de novembro de 2011. A piscina municipal cuberta de Brión vén de cumprir os seus primeiros cen días en funcionamento, algo más de tres meses nos que conseguíu acadar xa os 1.000 socios e superar os 300 asistentes a cursos. Entre a súa oferta de cursos, os máis demandados son os dunha clase semanal para nenos, así como os de aquaeróbic, aquaxim e cursos para bebés.

Para agradecer a confianza de todos os aboados, a empresa adxudicataria da piscina municipal de Brión, Aquafit Gestión SL, vai poñer en marcha unha campaña de regalo de invitacións gratuitas. Deste xeito, vaise regalar unha invitación para facer uso das instalacións situadas en Pedrouzos a todos os abonados para que poidan así convidar a un amigo. Así mesmo, de cara ao Nadal está previsto tamén un sorteo entre todos os abonados dunha fin de semana nunha casa de turismo rural para dúas persoas e de catro bonos de dous meses para asistir de balde aos cursos de aquaeróbic.

Melloras nas instalaciónsBRION - PISCINA E MAIORES

Por outra banda, nestes primeiros cen días de funcionamento Aquafit Gestión SL puxo en marcha unha serie de melloras no equipamento da piscina municipal, adaptándose ás demandas dos usuarios. Un dos investimentos máis destacados foi a instalación dun sistema de desinfección da auga mediante luz ultravioleta, unha medida que permite reducir os niveis de cloro na auga.

As instalacións da piscina municipal cuberta de Brión contan cun vaso de 25x12,5 metros, un ximnasio de 150 metros cadrados con equipamento Life Fitness e vestiarios con saunas. As instalacións están abertas ao público en horario de 7:30 a 13:00 e de 18:30 a 22:00 horas (de luns a venres), de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas (sábados) e de 9:00 a 14:00 horas (domingos e festivos).

Os abonos mensuais custan 22 euros (individuais), 28 euros (familiar) e 17 euros (reducido ou social, é dicir, menores de 18 anos, maiores de 65 e colectivos desfavorecidos). Así mesmo, establécense unhas matrículas anuais polos mesmos importes nos tres casos. Tamén se contempla o acceso libre ás instalacións, que custa 3,8 euros (individual) e 2,7 euros (reducido ou social). O prezo dos cursos é de 10 euros (iniciación), 15 euros (perfeccionamento), 20 euros (bebés), 6 euros (escolares) e 5 euros (outros).

Boqueixón – proposta de nomes para novas rúas

O Concello de Boqueixón ven de abrir unha consulta a través da súa páxina web www.boqueixon.com.

A consulta ten por finalidade que os veciños e veciñas de Boqueixón e particularmente do núcleo de Lestedo, aporten ideas e nomes para poñerlle ás rúas desta localidade.

O crecemento que a parroquia de Lestedo ten experimentado nos últimos anos fixo que se tivesen que construír novas vías urbanas para dar servizo ás novas vivendas, así como mellorar e habilitar rúas xa existentes polo que se modifico a estrutura da parroquia. Polo tanto é necesario mellorar a sinalización e a identificación do rueiro para facilitar tamén o traballo dos servizos de correos e paquetería. BOQUEIXON - RUA LESTEDO

O concello de Boqueixón quere que sexan os propios veciños da parroquia de Lestedo e de Boqueixón en xeral os que propoñan os nomes das rúas, atendendo sobre todo a criterios como son a tradición, historia, cultura, persoeiros ilustres ou os veciños que se destacasen polo seu traballo comunitario.

Para recibir esas suxestións habilitouse a seguinte dirección de correo electrónico concello@boqueixon.com , debendo poñer no asunto Rúas Lestedo.

Santiago – Nadalxogo 2011 – ficha e información

NADALXOGO 2011. PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACION 

Ábrese o prazo para a formalización da matrícula entre o 11 e o 21 de novembro (ambos os dous inclusive), para os nenos e nenas que solicitaron participar no programa NadalXogo 2011, no prazo comprendido entre o 30 de setembro e o 17 de outubro de 2011.


descargar ficha inscripción


descargar información xeral

BNG Negreira – perigosidade de estrada

O BNG DE NEGREIRA ALERTA DA PERIGOSIDADE DA ESTRADA ENTRE A PENA E XALLAS VISIBILIDADE NULA POLA ESPESA NÉBOA, NUNHA VÍA QUE ESTÁ SEN PINTAR

Negreira, 10 novembro:

O Bloque Nacionalista Galego de Negreira alerta ó Goberno Local do perigo que supón para a circulación a estrada local entre A Pena e Xallas, pola espesa néboa que dificulta a visibilidade da vía, que ademáis está sen pintar.

O voceiro nacionalista, Antonio Ponte, aconsella “iniciar urxentemente os traballos de pintado da estrada, porque xa se produciron varias saídas de vía dende que comezou o mal tempo”. Ademáis lembra Ponte “que os veciños que utilizan esa vía tódolos días, non deben resignarse ó abandono do Concello e contan co BNG para defender os seus dereitos e reclamar melloras na seguridade vial.”

Membros do BNG sufriron as malas condicións da vía cando acudiron ó mitin celebrado en Xallas o pasado martes, tardando case 25 minutos en cubrir un traxecto de 8 km, nunha noite cunhas condicións meteorolóxicas especialmente malas.

Silleda – ITV agrícola

Silleda é un dos municipios con máis vehículos agrícolas da provincia de Pontevedra

-O municipio conta cun censo de 1.988 unidades e case 1800 remolques

-A unidade móbil da ITV estará en Marzo en catro localidades silledenses, ampliando calendario e horarios

Silleda, 9 de novembro de 2011. A unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos (ITV) agrícolas visitará o concello de Silleda en marzo do vindeiro ano. Dende o departamento municipal de Medio Rural, que dirixe o concelleiro Antonio Couso, solicitouse á entidade que realiza as visitas ampliar o percorrido respecto ao ano pasado, así coma os horarios. Así, ademais das parroquias de Laro, A Bandeira e Escuadro, a unidade móvil para pasar a revisión aos vehículos agrícolas estará o vindeiro ano na capital municipal, en Silleda, “ao ser un punto importante para cubrir as parroquias da súa área de influencia”, engade o concelleiro Antonio Couso.

Así mesmo, a petición formulada dende o departamento municipal vén respaldada polo alto volumen de maquinaria existente no municipio, un dos máis elevados da provincia de Pontevedra. No padrón municipal figuraban , a día 1 de xaneiro 1.988 vehículos agrícolas censados, e un total de 1799 remolques.

Á vista deste número de vehículos, a ITV de vehículos agrícolas supón un servizo imprescidible para os veciños de Silleda, con gran peso no sector agrario.

O calendario proposto comezaría os días 8 e 9 de marzo na parroquia de Laro (campo da festa) ; o 12 e 13 en Silleda (detrás do ambulatorio); os días 14,15, e 16 en A Bandeira (xunto ao CEIP), e os días 19, 20 e 21 en Escuadro (fronte ao cemiterio). O horario será nos catro casos de 09.00 a 18.00 horas.

Mesía – punto limpo

O Concello de Mesía instala un mini punto limpo para intensificar a recollida selectiva de residuos

08-11-2011.- Reducir, Reutilizar e Reciclar. A clásica regla dos tres R que inspira os sistemas de tratamento do lixo máis avanzados e ecolóxicos incorpórase cada vez con máis forza ás políticas ambientais do Concello de Mesía. Pódese constatar coa instalación dun mini punto limpo, o primeiro no municipio, que xá está a disposición dos cidadáns na Praza do Concello, en Xanceda.

Características do mini punto limpo
Esta instalación conta con cinco depósitos distintos para outros tantos tipos de residuos que é absolutamente convinte que non vaian parar aos contedores convencionais do lixo. As tipoloxías que admite o mini punto limpo son: lámpadas de baixo consumo, pilas, cartuchos de impresora, móbiles ou aparellos electrónicos de pequeno formato (tamén baterías de móbil e cargadores), e casetes e discos tipo cedé ou deuvedé.
O equipo conta cunha boca de entrada independente para cada depósito, convintemente rotulada para depositar adecuadamente cada tipo de residuo. As súas dimensións son de 2,10 metros de alto, 1,20 metros de ancho e 0,30 metros de fondo.
Baixo o lema "Cada cousa no seu sitio", a nova instalación pretende contribuír á mellora da recollida selectiva no municipio. Facilítalles aos cidadáns desfacerse dunha serie de residuos que mal xestionados supoñen unha fonte de contaminación moi grave para a natureza. MESIA - PUNTO LIMPO
Ubicación idónea
O Concello explica que optou por colocar o mini punto limpo na praza pública de Xanceda por dous motivos esenciais: practicidade e seguridade. Practicidade porque se trata dun lugar céntrico ao que con bastante frecuencia acoden practicamente todos os veciños, ao situárense nela servizos como o centro médico e a administración municipal, ou tamén unha entidade financieira e varios establecementos comerciais e hosteleiros. E seguridade porque a súa ubicación nun lugar público e bastante transitado axudará a evitar posibles actos de vandalismo, máis habituais en emprazamentos apartados.
En principio, o Concello optou por instalar un único mini punto limpo para economizar, pero en función da súa acollida e demanda valorará nun futuro a posible instalación dalgún máis noutras zonas do municipio. En todo caso, ao tratarse de residuos que non se degradan con rapidez, como sería o caso dos orgánicos, os cidadáns poden separalos e telos sen problemas durante un tempo na casa, ata que teñan que acudir a Xanceda por calquera motivo e aproveitar así para desfacerse deles de forma ecolóxica.
Programa 'RecicloMesía'
A instalación deste mini punto limpo forma parte do programa 'RecicloMesía' e conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas máis do programa FEDER da Unión Europea. A empresa que se encarga do novo equipamento é Nagar Servicios.
Dentro de 'RecicloMesía', o Concello xa implantou nos últimos meses un programa de compostaxe doméstica, co fin de reducir a presenza dos residuos orgánicos nos contedores tradicionais de lixo, e outro programa para fomentar a recollida selectiva, mediante a disposición de colectores amarelos específicos nas zonas máis poboadas e ao longo das principais estradas.
Valor educativo e concienciador
O mini punto limpo pretende exercer ademais unha función de concienciación e sensibilización ambiental. Por eso, no seu panel frontal inclúe unha rotulación na que, ademais de explicar os tipos de residuos que admite, difunde o principio dos tres R, máis aconséllalles aos cidadáns pensar e actuar de maneira ecolóxica no seu día a día, mediante pequenos pero poderosos xestos.
Faino con este texto, rotulado: "Reducir, reutilizar, reciclar. Estas son as tres formas de alongar a nosa presenza no planeta. Sé parte activa no proceso: pódelo facer mercando produtos a granel, obxectos feitos con materiais reciclados, ou útiles que poidas usar máis dunha vez. PENSA GLOBAL. ACTÚA LOCAL".

Galería Caroni – exposición de joyas “Eclepsia”

Un abogado y diseñador de joyas expone su colección “Eclepsia” en la Galería Caroní

Santiago de Compostela, Miércoles 9 de Noviembre de 2011. La Galería Caroní de la Fundación Araguaney acoge estos días una colección de joyas de plata diseñadas por el abogado Roberto Lastra Mier, que desde hace poco se ha incorporado al mundo de la joyería.

SOBRE LA MUESTRA

“Eclepsia” es el nombre de la muestra. Se trata de una colección cuyas piezas están realizadas completamente en plata, en algunos casos plata dorada, y ocasionalmente en oro amarillo, con mucho trabajo de perlas, como símbolo eterno de pureza, pero adicionalmente con la idea de transmitir audacia en el estilo. Otras piedras frecuentes en esta colección son las turquesas, aventuritas, amatistas, ónix y ágatas de diversos colores, se trabajan las texturas y las formas, y se complementan con cueros y cauchos que dan a cada pieza un toque de modernidad muy actual.

Eclepsia es una mezcla de estilos, las piezas no tienen una narrativa única, sino que cada una de ellas es particular y especial, surgida en un momento especifico y con un concepto individual, es decir, cada pieza tiene su propia historia.

El trabajo realizado cobija diferentes técnicas y muy variadas, soldadura, construcción texturizados, ensamblaje y lapidación, las piezas van revestidas con un baño en rodio que impide que las piezas de plata se deterioren como suele ser habitual.

SOBRE EL ARTISTA

Su incorporación en el mundo de la joyería es más bien reciente. De formación abogado, con un doctorado en historia por la Universidad de Vigo, especializado en planificación regional por el CERUR de Israel y master en Proyectos de Desarrollo social por la Universidad del Norte en Colombia. 10 años en el ámbito laboral en el campo de la protección medio ambiental desde la perspectiva pública. Sin embargo da un giro de 360 grados y da inicio a sus actividades en el mundo de la orfebrería en el año 2004, durante un largo período de estancia en Sicilia, Italia, en donde dio sus primeros pasos de formación en este arte. Posteriormente continuó sus estudios específicos en la Escuela de Artes y Oficios de Vigo, completando el ciclo de formación y realizando diferentes cursos posteriores en instituciones del ramo.

Ha expuesto en la Viena Travel Galery de Viena, Austria, y en la actualidad trabaja de forma independiente dedicado básicamente a la creación y a la exploración e investigación de materiales innovadores dentro de la joyería contemporánea y de autor.

FECHAS: Del 7 de Noviembre al 7 de Enero

HORARIO: De 10,30 a 14,00 h – De 16,30 a 20,00 h

LUGAR: Galería Caroní, Rúa do Vilar, 21. Santiago de Compostela.

Ordes – actividades culturáis

Centos de ordenses participan nas actividades culturais e deportivas promovidas polo Concello

Informática, ioga, pilates, bailes de salón, debuxo e pintura, ximnasia de mantemento e aeróbic son as actividades ofertadas polo Concello a través do circuíto trimestral deportivo e cultural e a programación de actividades anuais

Ordes, 9 de novembro de 2011: Preto de medio milleiro de veciños e veciñas de Ordes están a participar xa nas actividades culturais e deportivas postas en marcha polo Concello. Unhas actividades enmarcadas en dous bloques diferenciados, as do circuíto deportivo e cultural que teñen carácter trimestral, e as actividades de carácter anual.

En canto ás actividades trimestrais deron xa comenzo as clases de ioga nas que participan un total de 37 persoas, as de pilates con 25 participantes e as de bailes de salón nas que participan un total de 50 persoas nas modalidades de parella e en liña.ORDES - ACTIVIDADES CULTURÁIS

Ademais tamén deron comenzo diferentes cursos de informática, unha das iniciativas máis demandadas polos veciños e veciñas do municipio. Estanse a celebrar un curso de iniciación a Windows XP no que participan 21 alumnos e alumnas, outro de iniciación a internet con 11 participantes, e está previsto que o vindeiro luns 14 de novembro dea comenzo outro curso de Windows XP nivel medio e avanzado con 12 participantes.

A estas actividades trimestrais hai que engadir ademais as actividades con carácter anual postas tamén en marcha polos departamentos de Cultura e o de Deportes do Concello, entre as que se encontran as clases de ximnasia de mantemento que teñen lugar os martes e xoves de 19:30 a 20:30 horas e que contan con 31 participantes; as de aeróbic os mesmos días de 20:30 a 21:30 horas nas que participan unha trintena de veciños; e finalmente as de debuxo e pintura que se celebran os venres e sábados e que contan cun total de 142 alumnos e alumnas entre nenos e adultos.

Dende o Concello mostraron a súa satisfacción pola gran acollida que un ano máis teñen estas actividades entre os veciños e veciñas do municipio.

Santiago – peche de paso peonil no campus sur

ASUNTO: PECHE TEMPORAL DO PASO PEONIL QUE UNE O CAMPUS SUR COA RÚA POZA DE BAR

O Concello de Santiago vén de decretar o peche temporal durante 90 días do canellón peonil que une o Campus Sur coa rúa Poza de Bar e que transcorre paralelo ao insitutuo Xelmírez I.

O peche, que conta co informe favorable da Polícía Local, realízase por motivos de seguridade dada a proximidade dunha obra de construción dunha gardería e tendo en cando que o paso é utilizado diariamente por un amplo número de escolares deste instituto e do Pío XII.

Durante este período os usuarios poderán empregar como alternativa un canellón paralelo situado a 150 metros que desemboca na mesma rúa.

No proxecto da devandita obra está prevista a urbanización do entorno así como a construción dunha rampa para minusválidos e melloras do acceso, reivindicación histórica dos veciños da zona.

O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.

Santiago – corte de tráfico na avenida da liberdade

corte de tráfico na avenida da Liberdade

Por mor da colocación dunha vidreira nun edificio á altura do número 11 da avenida da Liberdade, ésta permanecerá pechada ao tráfico durante todo o sábado, 12 de novembro.

O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.

Santiago – axenda 11 novembro 2011

Venres 11

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xose A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Albino Vázquez, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h

En San Martiño Pinario, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste aos actos con motivo da festividade de San Martiño Pinario.

18.00 h

No Centro Sociocultural do Castiñeiriño, Pedalea Compostela.

20.00 h

No Hotel Araguaney, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á presentación do libro “Regalo de memoria” de Ghaleb Jaber Ibrahim e Noe Martínez.

21.00 h

No Auditorio de Galicia, concerto especial XXV aniversario de Cineuropa coa Real Filharmonía de Galicia dirixida por Melanie Levy-Thiébaut sobre a proxección do filme 'A Nova Babilonia'. [A nova Babilonia, D. Shostakovich]

Toda a programación da XXV edición de Cineuropa en http://cineuropa.compostelacultura.org

Brión – o concello usará codigos QR

O CONCELLO DE BRIÓN VAI UTILIZAR OS CÓDIGOS QR PARA AXILIZAR O ACCESO Á INFORMACIÓN AOS VECIÑOS E VECIÑAS DO MUNICIPIO DENDE OS MÓBILES

Os códigos comezarán a utilizarse en distintos soportes como web, bandos, postes informativos ou paradas do autobús

9 de novembro de 2011. Consultar os horarios do Transporte Metropolitano, ver a programación cultural do día ou ollar as distintas webs municipais será moito máis sinxelo a partir de agora para os veciños e veciñas de Brión. O Concello de Brión está iniciando unha campaña para potenciar o uso dos Códigos QR para así axilizar o acceso á información aos veciños e veciñas do municipio dende os seus dispositivos móbiles.

A intención do Concello de Brión é utilizar os Códigos QR en distintos soportes (web, bandos, postes informativos, paradas do autobús, etc) para poder poñer información actualizada que calquera veciño, a través do seu dispositivo móbil, poderá consultar in-situ e en tempo real.BRION - CODIGOS QR

Códigos QR

Un Código QR (Quick Response Barcode) é un sistema para almacenar información nun código de barras bidimensional. Caracterízanse polos tres cadrados que se atopan nas esquinas e que permiten detectar a posición do código ao lector. A diferenza dun código de barras convencional, a información está codificada dentro dun cadrado, permitindo almacenar gran cantidade de información alfanumérica.

Aínda que o desenrolo inicial dos códigos QR tiña como obxectivo principal a súa utilización na industria da automoción, hoxe en día a posibilidade de leer códigos QR dende teléfonos e dispositivos móbiles permite o seu uso nun sinfin de aplicacións. Para poder leer eses códigos QR dende o dispositivo móbil, o veciño só terá que seguir dous sinxelos pasos:

- Descargar no móbil, se non dispón xa del, un lector de códigos bidimensionais. Na web municipal do Concello de Brión hai un enlace web a "i-nigma" de 3G visión, xa que é gratuito, está moi completo e está dispoñible para a maioria de dispositivos.

- Unha vez instalado, só hai que iniciar o programa e dirixir a cámara do teléfono cara o código QR para dispoñer de toda a información na palma da man.

Teo – mellora do punto limpo

O CONCELLO DE TEO REALIZA TRABALLOS DE MELLORA NO PUNTO LIMPO MUNICIPAL

· As obras contan co co-financiamento da Consellería de Medio Ambiente, a través dunha orde de axudas que subvenciona os proxectos en materia de residuos

09 de novembro de 2011. O Concello de Teo está realizando durante estes días obras de mellora no Punto limpo municipal, situado na Lagoa. Trátase duns traballos moi necesarios na instalación sobre todo de cara a cumprir coas futuras esixencias autonómicas nesta materia. TEO - MELLORA DO PUNTO LIMPO

Os traballos consisten fundamentalmente na adquisición e colocación de dous colectores de vinte metros cúbicos, a instalación dunha estrutura metálica para cubrir o colector de Residuos de aparatos técnicos e electrónicos –RAEEs-, facer o revestimento lateral da caseta de residuos perigosos ademais de colocar unha canaleta para a recollida de pluviais.

A concellería de Medio Ambiente municipal, dirixida por Manuel Anxo Fernéndez Baz, solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para executar estas actuacións, ó abeiro da orde do 29 de decembro de 2010 pola que se financian proxectos en materia de residuos. O importe solicitado triplicaba a cantidade subvencionada, que é de 11.523 euros. Unha das principais obras incluídas na solicitude era o cerramento exterior do perímetro do punto limpo, moi necesario debido ós constantes roubos e destrozos detectados na instalación. Sen embargo o importe subvencionado, bastante menor que o solicitado, obrigou a priorizar as actuacións na zona dos residuos e dos colectores. As melloras no punto limpo deben estar rematadas e xustificado o pago a finais do mes de novembro, precisamente para dar cumprimento ós requisitos da subvención.

O Punto Limpo é un servizo gratuíto para persoas empadroadas que funciona de martes a venres de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas e os sábados de 10 a 13 horas e de 16 a 19 horas. Os luns, domingos e festivos permanece pechado.

No Punto Limpo, situado no lugar da Lagoa, na carretera A Ramallosa-Luou, hai colectores específicos para cada tipo de residuo de cara a que estes elementos se poidan reciclar. Dende o Departamento de Medio Ambiente lémbrase que no Punto Limpo non se poden depositar infecciosos ou radioactivos e tampouco pode ser usados polas empresas sendo só para particulares.

BNG Ordes – debate electoral no salón de plenos

ORDES CELEBRARÁ UN DEBATE ELECTORAL SOBRE AS ELECCIÓNS XERAIS NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO

- O debate terá lugar o mércores 16 de novembro, ás 20:00, e será retransmitido por Radio Ordes.

- Tanto o BNG como o PSOE confirmaron no último Pleno a súa participación no debate, quedando pendente de confirmar a participación do PP.

O último Pleno da Corporación Municipal, celebrado o pasado 27 de outubro, acordou a celebración dun debate electoral entre as formacións políticas que concurren ás eleccións xerais do vindeiro 20 de novembro.

A proposta foi tomada en consideración a iniciativa do Bloque Nacionalista Galego (BNG), e no citado Pleno anunciaron a súa participación no debate tanto o BNG como o PSOE, quedando pendente de confirmar a participación do Partido Popular.

A proposta dos nacionalistas instaba ao alcalde a poñer o salón de Plenos a disposición dos grupos políticos que concorren ás eleccións xerais para realizar un debate electoral aberto ao público e emitido por Radio Ordes, anunciándose a celebración do mesmo por parte da emisora municipal.

Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG e promotor da iniciativa, anunciou que “o alcalde de Ordes ven de comunicar ao BNG que o vindeiro mércores, 16 de novembro, ás 20:00 horas, o salón de plenos do Concello e a Radio Municipal estarán a disposición dos partidos políticos que concurren ás eleccións xerais para a celebración dun debate electoral”.

Gonzalo Castro amosou a súa satisfacción pola celebración deste debate e manifestou que “o 20 de novembro celébranse unhas importantes eleccións xerais, e desde o BNG consideramos que os veciños e veciñas de Ordes teñen dereito a estar informados deste proceso electoral, e que mellor para conseguir este obxectivo que confrontar os diferentes proxectos políticos nun debate público con presenza dos representantes locais das forzas políticas que concurren a estas eleccións”.

O portavoz nacionalista ratificou a presenza do BNG neste debate e amosou a súa convición de que “os representantes das demáis formacións políticas con presenza no noso Concello amosarán o seu respecto democrático aos veciños e veciñas de Ordes participando deste debate”.

Santiago - corte de tráfico na avenida do Camiño Francés

Con motivo das obras que se están a realizar na avenida do Camiño Francés para a construción dun túnel, é preciso cortar ao tráfico a devandita avenida no tramo comprendido entre Rodríguez de Viguri e Monte dos Postes entre as 23.30 h do venres 11 e as 12.00 h do sábado 12. Os desvíos faranse polas rúas Monte dos Postes, Fontiñas e pola avenida de Xoán Pablo II.

O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.

Santiago axenda 10 de novembro

Xoves 10

9.30 h

Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe o Nobel de Química en 2005, Richard Schrock, dentro do programa ConCiencia. Ás 10.00 h, recepción da Corporación municipal.

12.00 h

No Auditorio de Galicia, Ensaio Aberto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

11.30 h

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, xunto co conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, realiza unha viaxe no autobús da liña de transporte público ao aeroporto. Saída desde a estación de autobuses.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h

No edificio Cersia (San Lázaro), inauguración das Xornadas Internacionais de Coaching. Asisten a concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis; a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato; a directora de BIC-Galicia, Maite Cancelo; e un dos organizadores da Xornada, Joaquín Dosil.

16.30 h

No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao acto de inauguración do congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito.

20.00 h

Na Aula Magna da Facultade de Química, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á conferencia maxistral que pronunciará Richard Schrock baixo o título ‘Todo sobre o Premio Nobel de Química 2005’.

20.15 h

No Salón Teatro, encontro do público co director de cinema Günter Schwaiger tras a proxección do seu filme 'Ibiza Occidente' dentro da programación de Cineuropa.

21.00 h

No Auditorio de Galicia, concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia dirixida por Michal Nesterowicz con Guillermo Pastrana, violonchelo [Vayo, Lalo, Prokofiev]

Toda a programación da XXV edición de Cineuropa en http://cineuropa.compostelacultura.org

BNG Negreira – solidariedade cos socialistas

O Bloque Nacionalista Galego de Negreira quere mostrar a súa solidaridade co grupo socialista e cos veciños afectados, polos destrozos sufridos na sede do Psoe e vivendas colindantes. O voceiro nacionalista, Antonio Ponte, subliña que “actos deste tipo non teñen sentido nunha sociedade democrática e o único que consiguen é o rexeitamento unánime de todos os cidadáns.“ Ademáis o grupo do BNG de Negreira está a disposición do Psoe e dos afectados, pra o que poidan necesitar.

Negreira – un artefacto estalla de madrugada en la sede del PSdeG

de Concello de Negreira, el miércoles, 09 de noviembre de 2011, 15:14

Un artefacto de fabricación casera y de escasa potencia hizo explosión esta madrugada en la sede del PSdeG de Negreria sin causas daños personales. El explosivo estaba formado por una traca de petardos y una bomba de palenque junto a dos pequeñas bombonas de camping gas, si bien éstas no llegaron a explosionar.

Fue detonado entorno a las 3:20 horas provocando desperfectos en los edificios de enfrente de la sede, con la caída de algunos cascotes y daños en canalones.

La sede local del PSdeG se encuentra en la Carreira de San Mauro. Todos los grupos políticos han mostrado su repulsa ante este acto vandálico. Se da la circunstancia de que enero de este año la sede fue apedreada por desconocidos. Miembros de PSdeG local han anunciado que la sede cambiará en breve de ubicación.

Silleda – periodo voluntario de pago de tasas

Xa están en periodo de cobro voluntario as taxas por recollida de lixo, entrada de vehículos e reserva de aparcamento do ano 2010

Silleda, 8 de novembro de 2011. Dende o pasado día 2 e ata o 2 de decembro están a exposición pública os padróns das taxas por recollida de lixo, entrada de vehículos e reserva de aparcamento do ano 2010 do Concello de Silleda. Segundo o anuncio do Organismo Autónmo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), o período para efectuar o pago das citadas taxas continuará ata o 3 de xaneiro de 2012. O pagamento pode efectuarse a través de calquera entidade bancaria ou na caixa dos Servizos Centrais do ORAL, presentando os correspondentes recibos. No caso de perda do recino, as persoas obrigadas a abonar estas taxas poderán obter un duplicado ata o 2 de xaneiro de 2012 na oficina periférica do ORAL en Lalín.

Tordoia – campaña “un sorriso para Aitana”

O CONCELLO DE TORDOIA HABILITA UN PUNTO DE RECOLLIDA PARA COLABORAR NA CAMPAÑA “UN SORRISO PARA AITANA”

A iniciativa de recollida de tapóns de plástico está orientada a sufragar o custe da operación que precisa a nena, valorada en 300.000 euros

8 de novembro de 2011.- O Concello de Tordoia, e no seu nome o seu alcalde, Antonio Pereiro, anima aos veciños e veciñas do municipio a colaborar coa Campaña de Reciclaxe Solidaria “Un sorriso para Aitana”. O obxectivo é recadar o maior número de tapóns de plástico, que serán postos a disposición dunha empresa de reciclaxe para poder costear unha intervención quirúrxica para Aitana, unha nena de nove anos de Tarazona (Zaragoza) que sofre unha complexa dolencia cardíaca, e que así poderá costear unha operación que costa 300.000 euros. Por cada tonelada de de tapóns recollidos a recicladora entrega 300€.

Aitana naceu cunha cardiopatía conxénita - atresia pulmonar sin tronco pulmonar con colaterales.civ, comunicación interventricular e fisura paulatina. Tras varias operacións, seis cateterismos e múltiple probas médicas dende o ano 2006, a única solución que lle aportan os médicos é un dobre trasplante de pulmón e corazón que cree posible o doutor Pedro del Nido do Chilcren´s Hospital de Boston.

As veciñas e veciños que o desexen, poden deixar os tapóns no lugar habilitado nos Servizos Sociais municipais (Centro Médico).

Brión – magosto gardería 2011

UN TOTAL DE 55 CATIVOS DA GARDERÍA MUNICIPAL DE BRIÓN CELEBRAN O SEU TRADICIONAL MAGOSTO

8 de novembro de 2011.- Un total de 55 cativos e cativas da gardería municipal de Brión, aqueles que teñen entre dous e tres anos de idade, celebraron esta mañá o seu tradicional magosto da man dos seus mestres. Unha festa na que os profesores comprobaron que os pequenos que participaron en edicións anteriores xa se teñen afeito ao sabor das castañas, mentres que algúns dos máis pequenos as descubriron esta mesma mañá. BRIÓN - MAGOSTO GARDERÍA 2011

Os rapaces, divididos por aulas, sairon a un dos patios exteriores da gardería para ver como se asaban as castañas. Unha saída para a cal todos os rapaces prepararon cadanseu sombreiro ou diadema de papel, coloreados polos meniños ben cos seus nomes, ben con distintas formas. Despois, todos eles se xuntaron no patio cuberto da gardería para degustar as castañas, que lles pelaron con paciencia os seus mestres, e mesmo levaron algún cucurucho para as súas casas.

Silleda – petición de reposición de sinais a demarcación de estradas

Antonio Couso solicita á Demarcación de Estradas do Estado a reposición e colocación de sinais nas dúas vías nacionais que conflúen en Silleda

-Hai casos urxentes coma o de Escuadro, onde a falta de indicadores no acceso dende a N-640 fai que moitos conductores elixan outro acceso para o que hai que realizar un cambio de sentido

-Tamén se solicita a colocación de indicadores de situación en Taboada e Chapa ou a corrección do topónimo Cervaña, que figura con “b”

Silleda, 8 de novembro de 2011. O concelleiro de Medio Rural de Silleda, Antonio Couso Álvarez, remitiu un escrito ao xefe de Demarcación de Estradas do Estado, José Manuel Piris Ruesga, no que solicita unha mellora na sinalización de viais que son competencia do Ministerio de Fomento.

Na misiva explícase que, logo de realizar un traballo de campo sobre a sinalización integral do municipio de Silleda, obsérvanse unha serie de deficiencias de información nas estradas nacionais N-525 (Santiago-Ourense) e N-640 (Chapa-Carril), que conflúen nun tramo de 8 kilómetros.

A falla de información en determinados puntos, ben de situación ou para indicar direccións, ou a desaparición de indicadores, como ocorre en Chapa logo da recente construcción do novo cruce, son algúns dos aspectos advertidos nesta petición.

Entre as necesidades máis urxentes figura a sinalización da parroquia da Escuadro para os conductores que circulan pola N-640. A única indicación atópase nun cruce onde unha liña continua impide aos vehículos xirar (se circulan en dirección A Estrada) a altura de Senra, tendo que facer un cambio de sentido e percorrendo varios kilómetros. Por iso, se pide ao organismo estatal que dote de sinalización o cruce cara a Escuadro situado na recta de Rellas (no lugar coñecido como Brañas de Romeo). “É sen dúbida un dos casos máis apremiantes, xa que con este sinal evitaríamos que os conductores tivesen que cambiar de sentido no alto da Rocha”, apunta Antonio Couso.

Tamén se pide a revisión da sinaléctica de entrada en Taboada e Lamela, as dúas localidades que marcan o límite municipal na N-525, e en Moalde (Xindiriz) na N-640.

No caso de Chapa, circulando en dirección a Santiago, só hai a día de hoxe un sinal que indica fin de poboación. En Taboada, non hai tampouco indicador de situación.

Outra das peticións pasa por sinalizar, na N-525 as direccións cara a parroquia de Margaride (entrada por Vilanova e xunto á fábrica de Nudesa) e cara a Rellas (accedendo por Riocalvo).

Tamén se solicita no escrito que se realicen as correccións no caso do topónimo Cervaña (así figura no nomenclator oficial), que aparece nas dúas vías nacionais reseñado coa letra “b”.

“Esperamos que dende a Demarcación se atenda esta petición, ao igual que se fixo con outras solicitudes propostas nos últimos meses, xa que unha boa sinalización é tamén básica á hora de falar do estado das nosas infraestruturas”, engade o concelleiro.

Informe policial sobre o cruce de Escuadro

Por outra banda, dende o Concello tamén se encargou nos últimos días un informe á Policía Local sobre a situación do cruce das Brañas de Romeo (Escuadro) coa N-640, ante as queixas veciñais pola perigosidade deste punto, para ver a posibilidade de reducir riscos cunha sinalización axeitada ou outras medidas.

Ordes – ultimos días de inscripción no curso de voluntariado

Últimos días para inscribirse no curso sobre voluntariado que se celebrará en Ordes os vindeiros días 25 e 26

Os interesados poden inscribirse ata o vindeiro 18 de novembro

Ordes, 8 de novembro de 2011: O Concello de Ordes, a través da concellería de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible organiza, en colaboración coa plataforma de Voluntariado Galego da Consellería de Traballo e Benestar, un curso de voluntariado que leva por título “Xestión de proxectos de voluntariado”.

O curso terá lugar o venres 25 de novembro de 16:15 a 20:15 horas e o sábado 26 de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. As clases impartiranse na sala de conferencias do Punto de Encontro de Ordes (baixos da Alameda).

O prazo de inscrición todavía permanecerá aberto ata as 14:30 horas do día 18 de novembro debendo realizarse ou ben na web www.voluntariadogalego.org ou no departamento de Medio Ambiente do Concello de Ordes, situado no primeiro andar da Casa Consistorial, onde tamén se poderá recibir máis información ao respecto ou chamando ao 981680002.

O curso é totalmente gratuíto.

Contidos do curso:

Módulo 1. O proxecto como marco da acción voluntaria

Módulo 2. A acción voluntaria como proxecto

Módulo 3. Áreas clave de traballo na xestión do voluntariado

Módulo 4. A construción de equipos de voluntariado no marco dun proxecto

Módulo 5. Recomendacións aplicables á xestión de calquera proxecto de voluntariado

Módulo 6. Bibliografía e webgrafía de referencia

Modalidade: Presencial

Santiago – axenda mércores 9 de novembro

Mércores 9

11.30 h

Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández. SÓ GRÁFICOS.

Ás 12.00 h, ROLDA DE PRENSA para informar do contido do encontro.

12.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Mercedes Rosón, sobre asuntos de carácter local.

20.30 h

Cineuropa 2011

No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á Gala de inauguración e entrega do Premio Cineuropa a Aitana Sánchez-Gijón.

Santiago – imposto de vehiculos mais doado para os novos enpadroamentos

Convenio coa Xefatura de Tráfico para facilitar que os novos empadroados paguen o imposto de vehículos en Santiago

07/11/2011 A Xunta de Goberno aprobou na súa sesión ordinaria un convenio entre o Concello e a Xefatura Provincial de Tráfico para facilitar o correcto pago do imposto de vehículos dos novos empadroados. Ademais, adxudicouse a obra de mellora da mobilidade no entorno da nova escola infantil de Salgueiriños.

Segundo explicou a voceira da Xunta de Goberno, Paula Prado, o convenio asinado coa Xefatura Provincial de Tráfico facilitará que os datos dos vehículos propiedade dos novos empadroados pasen ás bases de datos do Concello de Santiago. Deste xeito, pagarán o imposto sobre vehículos de tracción mecánica onde deben facelo.
Xa en materia educativa, adxudicouse a obra de mellora de mobilidade e a accesibilidade á escola infantil de Salgueiriños, incluída no Programa Urbana Santiago Norte, cofinanciado pola Unión Europea con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). O importe desta actuación é de 19.652 euros.
A propósito desta escola infantil, Paula Prado indicou que o Concello está a estudar cal será finalmente o modelo de xestión elixido. Unha opción é a cesión ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, se ben considerou máis probable que se elixa a xestión propia municipal a través dunha concesión. Sobre esta alternativa estase traballando, engadiu.
Centros Socioculturais
En materia de Centros Socioculturais, aprobouse a prórroga por un ano, ata o 15 de xullo de 2012, do contrato de aluguer do local situado no número 19 da calzada das Cancelas, que vén funcionando como centro sociocultural. Neste punto, a voceira da Xunta de Goberno explicou que o Concello pactou co propietario non revisar o IPC durante esta prórroga, polo que o prezo do aluguer non sofre variación.
Tamén se prorrogou por un ano o aluguer do local situado na rúa Fraguas, 37, que o Concello utiliza como centro sociocultural no barrio de San Pedro. Ao igual que no ac a prórroga anterior non haberá revisión do IPC.
No ámbito do mesmo departamento, deuse conta do segundo pago da subvención da Deputación da Coruña para financiar o sostemento de catro centros socioculturais do rural durante 2010. O pago é de 56.000 euros do total da subvención, que ascende a 140.000 euros.
Deportes
A proposta do concelleiro de Deportes, concedeuse á Federación Galega de Baloncesto o uso dos polideportivos de Vite e Lorenzo de la Torre para a práctica do minibásquet na temporada 2011/2012. A FGB tamén poderá organizar outras actividades nestes recintos.
Do mesmo xeito, concedeuse o uso de diversos pavillóns municipais e campos de fútbol durante a tempada 2011/2012 á Asociación de Deportistas Veteranos, para as diferentes actividades que realizarán no devandito período.
Benestar Social
Na sesión ordinaria tamén se deu conta da sinatura do convenio de colaboración entre o Concello e a Deputación Provincial da Coruña para facilitar os procesos de erradicación do chabolismo ou infravivenda. Para cofinanciar o custo das retribucións do persoal dos equipos a Deputación achega 30.000 euros.
Turismo
Outro dos convenios asinados coa Deputación Coruñesa é o relativo a financiamento do Plan de Competitividade Turística. A Xunta de Goberno tomou coñecemento do acordo para esta iniciativa, que contén programas de calidade, promoción de actividades e produtos, e publicacións, entre outros. Contará cun financiamento de 437.500 euros, dos que a Deputación achegará 350.000.
Normalización Lingüística
O Goberno local ratificou igualmente a solicitude de adhesión á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. O representante político neste órgano será o concelleiro de Educación e Normalización Lingüística, e a representante técnica do Concello será a técnica de Normalización Lingüística.
Comercio
Por urxencia, aprobouse a convocatoria de Nadal do Concurso de Escaparatismo SCQ Shopping, que premia a orixinalidade, ambientación e eficacia comunicativa dos escaparates e locais comerciais. Haberá un premio de 3.653 euros para primeiro clasificado, outro de 2.892 euros para o segundo e un de 1.779 euros para o terceiro.
Finalmente, deuse o visto bo á reprogramación do proxecto Park Altantic, consistente na organización de horas de traballo dos funcionarios municipais.

Santiago - O Concello colabora co Bacharelato Internacional do IES Rosalía de Castro

07/11/2011 O Concello de Santiago financia con 7.760 euros parte do custo das taxas do Bacharelato Internacional do IES Rosalía de Castro. Esta ensinanza vénse impartindo dende 1989 e dela benefícianse 50 alumnos cada curso en Compostela.

En palabras do concelleiro de Educación, Ángel Currás, este Bacharelato Internacional ofrece unha "formación óptima" aos alumnos. Destacou a importancia dunha aposta como esta para unha cidade educadora como Santiago de Compostela e comprometeuse a seguir mantendo o apoio municipal a esta iniciativa.
Á formación desta variante de estudo referiuse a directora do Bacharelato Internacional do IES Rosalía de Castro, Ana Quintáns, prestando especial atención á aprendizaxe do inglés e doutros idiomas. Ademais, definiu o perfil do alumno deste curso como o dunha persoa que "non ten medo a arriscarse", cunha "mente internacional" e cun carácter solidario, xa que debe ter unha parte de "creatividade, acción e servizo".
O Bacharelato Internacional forma parte da oferta educativa dun centro como o IES Rosalía de Castro que sobresae polo seu carácter "dinamizador", tanto no eido educativo como cultural, segundo expresou Ángel Currás. Así o referendou tamén o director do instituto, Ubaldo Rueda, recordando os seus programas tanto na liña científica como na lingüística e literaria.
Unha modalidade de prestixio
Este programa creouse pola Organización do Bacharelato Internacional (OBI), que é unha fundación educativa privada non gobernamental creada no ano 1968 por un grupo de educadores internacionais motivados por un ideal: a esperanza de que unha experiencia académica compartida fixera fincapé no pensamento crítico e que no contacto cunha variedade de punto de vista fomentara nos mozos e mozas a tolerancia e o entendemento intercultural. O seu proxecto ten a determinación de construír unha comunidade mundial de alumnos/as preparados para afrontar os desafíos do mundo actual. É unha organización sen ánimo de lucro, recoñecida polo Consello de Europa. Ten a súa sede en Suiza e ofrece o Programa do Diploma para os estudantes dos dous últimos anos de educación secundaria. Conta co auspicio da Unesco e de importantes fundacións internacionais, ademais involucra aproximadamente a 1.000 colexios e institucións de máis de 100 países.
En España hai 45 centros que ofrecen esta modalidade, nalgunha das súas tres modalidades. De todos eles, 20 son centros públicos. O IES Rosalía de Castro incorporou este tipo de ensino no ano 1989. Cada ano teñen unha media de 50 alumnos/as matriculados neste tipo de Bacharelato, que elixen o BI non só polo seu rigor académico, senón tamén porque se axusta ás necesidades educativas.
O seu currículo prepara para a obtención do Diploma e para a obtención do Bacharelato nunha condicións moi completas, que permite aos seus graduados cumprir cos requisitos de varios sistemas europeos de educación. O modelo do seu programa de estudos non se basea no de ningún país concreto, aínda que integra os mellores elementos de moitos deles.

Teo – feira ecolóxica no San Martiño

O CONCELLO ORGANIZA UNHA FEIRA ECOLÓXICA DENTRO DA FESTE DO SAN MARTIÑO EN FRANCOS

· Instalarase unha carpa no que se poderán mercar produtos ecolóxicos

· Tamén se realizarán talleres durante a xornada para ver como ser elabora dun xeito sostible o pan ou o marmelo

07 de novembro de 2011. Achégase o 11 de novembro e con esa data a celebración popular máis importante do Concello de Teo, a feira cabalar do San Martiño. Este ano dende o Concello estanse realizando actividades de promoción desta festa con séculos de historia e a propia xornada festiva non será unha excepción. O venres 11 está previsto realizar unha feira ecolóxica dentro do entorno da carballeira de Francos.

Esta I Feira Ecolóxica desenvolverase nunha carpa municipal colocada para esta actividade. Durante todo o día nese espazo poderanse mercar produtos ecolóxicos. No entorno da carpa tamén se colocará un pequeno mercado de artesanía. Sen embargo na carpa realizaranse actividades máis aló da compra venta. Haberá monitores que organicen xogos populares para os máis pequenos/as durante todo o día. E seguro que os máis novos/as da casa tamén estarán atentos ós talleres gastronómicos sobre a elaboración de produtos como o pan, o marmelo ou a marmelada dun xeito sostible.

Nesta I Feira ecolóxica do San Martiño, que conta coa colaboración do Sindicato Labrego Galego, haberá dúas charlas didácticas relacionadas co cultivo da agricultura ecolóxica. Ás 12:00 horas poderase escoitar unha sobre O consumo responsable no marco da soberanía alimentaria, mentres que ás 16:00 horas será o momento de falar da Producción local como alternativa de futuro.

A feira cabalar de Francos celébrase todos os 11 de novembro na carballeira da Francos. Segundo quedou demostrado documentalmente trátase dunha festa con séculos de historia. Este ano o Concello apostou por realizar actividades de dinamización ó carón desta celebración, para pór en valor este importante patrimonio inmaterial do Concello de Teo.