Axenda e tempo do sábado 31 de outubro - baile, cine, teatro, exposicións

Santiago - Numax

Santiago - Zona C - Los Duguis

Santiago - Amal

Ames - proxección de A Esmorga

Santiago - Área Central - Campionato Galego de breakdance 

Ames - Finais do Campeonato Galego de Padel

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - retrospectiva Montero Ríos (ata o 31 de outubro)

Santiago - Colexio de psicólogos - Elana ivonne Daprá (ata finais de novembro)

Santiago - Auditorio de Galicia - Salto de páxina (ata febreiro 2016)

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

O Tempo

Lalín - Acondicionamento de ceminterios

A Brigada Municipal de Obras e Servizos procedeu onte ao acondicionamento integral dos dous cemiterios municipais de Lalín, con vistas a mantelos nas mellores condicións de cara á celebración do día de defuntos o próximo 1 de novembro.

As labores de mantemento executáronse tanto no cemiterio vello, ubicado na zona da Cacharela, como no cemiterio de A Romea, situado na zona de Donramiro. As tarefas que se levaron a cabo consistiron basicamente en accións de xardinería como o segado da herba, a limpeza de bordes ou o acicalado de diferentes plantas, así como na limpeza con auga de pasillos e das capelas que hai en cada camposanto. Tamén se retiraron macetas en malas condicións así como restos de lixo, cascotes ou outros refugallos. Non obstante e, ante a sensibilidade que isto pode despertar, o acondicionamento dos nichos é realizado polas familias. Por outro lado tamén se procedeu á revisión das luminarias da rúa que une a Avenida de Montserrat co camposanto de A Romea, para comprobar que todas están en boas condicións de funcionamento. 

O concelleiro de Urbanismo e tenente de alcalde, Nicolás González Casares, visitou esta mañá o cemiterio anteriormente mencionado para comprobar a boa execución dos traballos de acondicionamento. Ante a gran afluencia de cidadáns que se prevé para os próximos días aos camposantos, tamén anunciou que se incrementará a vixilancia policial nestas zonas, sobre todo, para regular a seguridade no tráfico.

Santiago - Centenario da Casa da Troia

Con motivo do centenario da primeira edición da novela La casa de la Troya de Alejandro Pérez Lugín (1915), esta mañá o Museo Casa da Troia acolleu a presentación dos actos que a Asociación de Antiguos Tunos Composteláns, entidade que xestiona o museo, está a organizar para conmemorar esta efeméride. A vindeira semana, os días 6 e 7 de novembro, celebraranse os “II Encontros Troianos en Compostela”. No marco desta cita, terá lugar o Festival do Centenario no Auditorio Abanca de Santiago. 

No acto de presentación interviron Benigno Amor, presidente da Asociación de Antigos Tunos Composteláns; Fernando Reyes, director do Grupo de pulso e púa do Museo Casa da Troia; Sara Santos, presidenta da Asociación Hostelería Compostela; Jorge Duarte, segundo tenente de alcalde de Santiago; e Ramón Mariño, director da Zona de Santiago de Abanca.

Benigno Amor indicou que o obxecto destes encontros é “conmemorar o centenario da primeira edición da novela La Casa de la Troya e promocionar Santiago como unha das principais cidades universitarias da Península, atraendo a persoas que estudaron na Universidade de Santiago e a visitantes en xeral para que veñan gozar coas súas familias e amigos do ambiente musical e universitario de Compostela durante a vindeira fin de semana. Ademais, queremos recuperar o interese suscitado polo “I Encontro”, que tivo lugar en 2002, incrementado o seu carácter internacional”. Nesta liña, salientou que nesta ocasión reuniranse máis de 250 persoas integrantes de agrupacións de pulso e púa de tunas veteranas procedentes de diferentes puntos de España, Portugal, Holanda e México. 

Tunas de España, Portugal, Holanda e México
Amor explicou que na selección destas agrupacións tivéronse en conta factores históricos vencellados á novela e ao seu tempo. Así, de Portugal estarán a Quarentuna de Coimbra -que naceu pola influencia da viaxe que a Tuna Compostelá fixo a Portugal en 1888- e a Tuna Veterana da Universidade Portucalense. 

Co obxecto de contar coa presenza de persoas procedentes de diferentes cidades ligadas a Pérez Lugín como Madrid, Valencia, Sevilla… participará Tuna España, conformada por tunos veteranos de diversas universidades españolas, declarada en 2013 “institución de interese para a Marca España”.

A este festival tamén están convidadas tres agrupacións mexicanas, a Cuarentuna de la Ciudad de México, a Cuarentuna de Oro de la Universidad de Guanajuato e a Estudiantina de los Decanos de la Universidad de Querétaro. Tal como sinalou Amor, “a presenza de tunas mexicanas ten a súa razón de ser na divulgación que a novela ten en América Latina, así como no feito de que das cinco versións cinematográficas que se fixeron da publicación, unha era mexicana. Ademais, do mesmo xeito que Santiago de Querétaro é unha cidade irmandada coa de Santiago de Compostela, a Tuna Compostelá estao coa de Querétaro”. Completan o programa a Tuna Ciudad de Luz de Holanda e o Grupo de pulso e púa da Asociación de Antigos Tunos Composteláns-Casa da Troia.

Actuacións nas rúas e prazas de Santiago
Os actos comezarán o venres 6 pola tarde, coa recepción aos directores da agrupacións participantes no Museo Casa da Troia. Deseguido realizarase unha ofrenda ao Apóstolo na Misa do Peregrino e, ao remate, os grupos iniciarán un pasarrúas na Praza das Praterías, cun percorrido polo casco histórico que rematará na Praza do Obradoiro.

O sábado 7 pola mañá actuarán de novo en diversas rúas e prazas de Santiago, co fin de facer partícipe do ambiente troiano á cidadanía e aos visitantes. Este pasarrúas concluirá no Pazo de Fonseca, onde terá lugar un acto académico presidido polo reitor da USC. Logo as agrupacións tocarán na Praza de Fonseca e a continuación realizarán unha ofrenda floral a Rosalía de Castro na Alameda.

O sábado pola tarde, ás 18:30 horas, comezará o “Festival do Centenario” no Auditorio Abanca. As entradas poden adquirirse a 5 euros para butaca e a 3 euros para o anfiteatro en diversos establecementos da cidade: Librería Toural, Amboa, café Zum Zum, Librería Couceiro e no Casino. Cada agrupación interpretará catro pezas, alomenos unha do repertorio musical galego e outra típica da súa universidade de procedencia. Pola noite actuarán de novo polas rúas de Compostela e os encontros rematarán de madrugada cunha sesión musical no Casino.

“A través destas actuacións búscase achegar a música galega para agrupacións de pulso e púa á poboación; e enriquecer o noso patrimonio musical, de xeito que se logre imbuír ao espectador na época e no ambiente musical de finais do século XIX e comezos do XX, promovendo que o público sexa parte activa e implicada na experiencia” -salientou Benigno Amor-.

O debuxo que ilustra o cartel do Festival é do deseñador galego Xosé Vizoso. Ademais, Sargadelos vai sacar unha nova tiraxe da medalla que fixera no ano 1993 para conmemorar a inauguración do Museo Casa da Troia.

Este proxecto está patrocinado polo Concello de Santiago, a Consellería de Cultura, a Deputación da Coruña e a Fundación Abanca. E conta coa colaboración da Universidade de Santiago e a Asociación Hostelería Compostela. O Museo Casa da Troia, que permanece pechado durante os meses de inverno, abrirá especialmente para a ocasión dende o xoves 5 ata o domingo 8 de novembro.

Ordes - Homenaxe ao Soldado Lois

Este vindeiro domingo, Día de Todos os Santos, o Concello de Ordes celebrará a tradicional misa e ofrenda floral ante a tumba de Manuel Lois García, coñecido popularmente como o ‘Soldado Lois’. Trátase dun dos actos cerimoniais máis destacados dos que se celebran no municipio, o cal se vén ofrendo ininterrompidamente nesta data dende o ano 1989. Deste xeito numeroso público mostra o seu respecto e admiración ao que é o militar máis popular e admirado do municipio, condecorado coa Cruz Laureada de San Fernando. 

O acto dará comezo ás 12 horas no cemiterio municipal do Piñeiro, lugar onde repousan os seus restos mortais e onde está erixido un monumento na súa memoria, onde se levará a cabo unha ofrenda floral. Estará presidido polo alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e polo coronel do Terzo Norte da Mariña do Arsenal de Ferrol, Alejandro Ferreira Velón. Fiel a esta cita non faltará este corpo militar cuxos integrantes levarán a cabo formacións, salvas de honor e interpretacións musicais a cargo da súa banda de música. 

Na lista de convidados e autoridades tamén figuran numerosos mandos e dirixentes de corpos como a Garda Civil ou a Policía Local. Tamén están convidados os alcaldes dos demais concellos da Mancomunidade, así como concelleiros da corporación, membros do equipo de goberno e representantes eclesiásticos.

Historia do Soldado Lois

Nado no municipio de Ordes en maio de 1912, Manuel Lois García ingresa no Grupo das Forzas de Infantería da Mariña en Ferrol. Ese mesmo ano pasa a servir no cruceiro Baleares, asignándoselle como posto de combate o de telefonista do canón 4. 

Será a comezos do mes de setembro de 1937 cando navegando por costas alxerianas avisten unha formación cun importante cargamento de material de guerra con destino Cartaxena e Alacante, composta por 4 vapores, 2 cruceiros e 7 destrutores. O Baleares decide atacar, recibindo un impacto que provoca que un cascote penetre na parte alta da caixa de urxencia que contén proxectís iluminadores, esbourando un deles. Como consecuencia prodúcese unha acumulación de gases no seu interior, o que supón un elevado risco tanto para a embarcación como para a súa dotación. Ante esta situación o alférez de navío D. Miguel Pardo de Donlebun solicita un voluntario para abrir a dita caixa, sendo o ‘Soldado Lois’ o primeiro en asumir o requirimento. Nada máis facelo unha enorme labarada envolveuno completamente quedando todo o seu corpo abrasado. As crónicas narran que “coas súas mans agarrou o proxectil. Os seus músculos, que non lle obedecen por estar totalmente carbonizados, fan que caia ao chan. Aínda así co seu peito empurrou o proxectil, o cal rodou pola cuberta ata caer ao mar, pasando así o perigo”. 

Ese mesmo día Manuel Lois García falecía na enfermaría do buque mentres o comandante lle impoñía a Medalla Naval, título oficialmente confirmado o 27 de novembro dese mesmo ano. Posteriormente, en maio de 1939, foille concedida a Cruz Laureada de San Fernando. Ademais da súa tumba-monumento o ‘Soldado Lois’ dispón dun monumento no centro da vila, concretamente na Alameda de Ordes.

Amal - “Lawrence de Arabia” pecha o festival

La Semana de Cine Euroárabe Amal15 llega a su fin hoy sábado, día 31, con la proyeccion de la mítica “Lawrence de Arabia”, a las 17:30 horas en el Teatro Principal. La organización introdujo en la programación de Amal este clásico en homenaje al actor egipcio Omar Sharif, que interpretaba en el film al Sherif Alí, fallecido este pasado mes de julio en el Cairo. 

El director de Amal, Ghaleb Jaber Martínez, anima a todos los compostelanos, a las familias y a los más jóvenes a descubrir esta obra maestra y verla en pantalla grande tal y como se estrenó en 1962 en el Teatro Principal, cuando un joven proyeccionista de 17 anos, Manuel Neira, era el encargado de manejar las cintas. La película, que dura más de tres horas, cuenta con un intermedio para descanso entre la primera y segunda parte. 

“Lawrence de Arabia” se basó en el relato autobiográfico de Lawrence, “Los siete pilares de la sabiduría”, en la que militar, nacido en Gales en 1888, hacía memoria de sus andanzas en el norte de África y Oriente Medio. El largometraje de ficción, dirigido por David Lean en 1962, cuenta como durante la I Guerra Mundial, en el Cairo en 1917, T.E. Lawrence, interpretado por Peter O'Toole, un conflictivo y enigmático oficial británico, es enviado al desierto para participar en una campaña de apoyo a los árabes contra Turquía. 

Él y su amigo Sherif Alí (Omar Sharif) pondrán en esta misión toda su alma. Los nativos adoran a Lawrence porque ha demostrado sobradamente ser un amante del desierto y del pueblo árabe. En cambio, sus superiores británicos creen que se ha vuelto loco. A pesar de que los planes de Lawrence se ven coronados por el éxito, su sueño de una Arabia independiente fracasará. 

La película consiguió siete Oscar de la Academia de Hollywood, incluyendo mejor película, dirección, fotografía y música. Se alzó con cuatro Globos de Oro a mejor drama, director, actor secundario para Omar Sharif y fotografía. Y también recibió cuatro Premios BAFTA (mejor film británico, film internacional, actor y guión) y entró en el Top 10 de las mejores peliculas y mejor director del National Board of Review. 

► Sábado-31. 17:30 horas. Teatro Principal. Entrada Gratuita 

“Lawrence de Arabia”. Largometraje de ficción. David Lean/ Gran Bretaña y EEUU/ 1962/ 217 minutos 

Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=XgmdcZEz_b0

Ames - Finais do campionato galego de Padel

O concello de Ames será escenario, esta fin de semana, da celebración da fase final do Campionato Galego Absoluto de Pádel. Preto de 100 parellas procedentes de toda a comunidade participan desde a pasada fin de semana nun evento que que organiza Let Pádel Ames en colaboración co Concello de Ames. É a primeira vez que o Campionato Galego de Pádel se celebra no noso municipio. O campionato, no que participan arredor de 70 parellas masculinas e máis de 30 femininas, desenvólvese nas instalacións que a empresa Let Pádel Ames ten no lugar de Firmistáns, na parroquia de Bugallido. A pasada fin de semana celebráronse as roldas previas e esta fin de semana, o sábado 31 de outubro e o domingo 1 de novembro, desenvolveranse os cadros finais. O Campionato outorgará 7.200 euros en premios e varios agasallos máis, entre eles reloxos dunha importante marca. 

Hoxe sábado, 31 de outubro, terán lugar os partidos de cuartos de final. Os partidos desenvolveranse a partir das 17:00 horas en categoría feminina e a partir das 19:00 horas en categoría masculina. Para o domingo, 1 de novembro, quedan os partidos de semifinais e finais. As semifinais disputaranse en horario de mañá. Serán ás 10:00 e 11:00 horas en categoría feminina e ás 12:00 e 13:00 horas en categoría masculina. As finais serán pola tarde. Ás 17:00 horas a final feminina e ás 19:00 horas a final masculina.

Premios e agasallos
A partir das 18:30 horas do domingo comezarase a entrega de premios con catering e o sorteo de agasallos entre os asistentes ás finais. Repartiranse 7.200 euros en premios e, ademais, o público participará nun sorteo de agasallos que inclúe dúas escapadas rústicas, dúas escapadas pintorescas e dúas palas Drop Shot. Está previsto que ao remate das competicións se celebre unha festa que, en palabras do xerente de Let Pádel, Miguel Martínez, será "a gran festa do pádel galego”. 

A iniciativa de traer o Campionato Galego de Pádel 2015 a Ames partiu da empresa Let Pádel Ames, radicada no concello desde hai tres anos. Cunha superficie de 3.200 metros cadrados construídos e preto de 4.200 exteriores e 8 pistas de pádel indoor, este recinto deportivo é o club de pádel máis grande de toda Galicia. Dáse a circunstancia de que ademais Led Pádel Ames conta cunha pista panorámica, a primeira posta en marcha en Galicia. O Concello de Ames e a Xunta de Galicia, ademais de varias empresas privadas, colaboran con este evento deportivo.

Área Central - Hoxe campeonato gallego de breakdance

El escenario principal de Area Central acoge hoy sábado, a partir de las 16.00 horas, la cuarta edición de “Santiago Street Battles”, campeonato gallego de breakdance en la modalidad 1VS1, organizado por la Asociación Vella Escola y el Concello de Santiago que llenará a Area Central de cultura urbana.

En esta cuarta edición el Santiago Street Battles celebrará su segunda edición Open España y contará con la participación de competidores de breakdance de diferentes puntos del país, aspirando a convertirse en un referente a nivel nacional. 

El compostelano Mil será el dj de amenice esta competición en la que ejercerán de jurado Valen (Barcelona), Mono (Vitoria) y Marcel (Santiago). Además de las batallas de breakdance, habrá un show de hip hop con beatbox. 

Por segundo año, este evento será también el marco de la final del concurso de graffiti Xuventude Crea, organizado por la Xunta de Galicia, en la que participarán artistas de prestigio que transformarán varios paneles ubicados en la esquina verde de Area Central en obras de arte urbana. También habrá una exhibición de graffiti a cargo de O Ras (Pontevedra), Pow One (Vigo) y Asten (A Coruña).

La cuarta edición de “Santiago Street Battles” promete reunir en Area Central a centenares de aficionados al breakdance este sábado. El día siguiente, domingo, será una jornada en la que los establecimientos comerciales estarán abiertos en su horario habitual.

Psoe Trazo - A Deputación arranxará o tramo que circula por Trazo na DP-8401 A Tablilla-Agro do Mestre

O deputado provincial de Economía, Facenda, Contas, Persoal e Réxime Interior, Antonio Leira, vén de realizar unha visita a Trazo para comprobar sobre o terreo as actuacións que a Deputación da Coruña ten previsto realizar no municipio. Unha visita na que estivo acompañado por membros da Agrupación Socialista de Trazo, polo alcalde en funcións, Eugenio Lamas, e por persoal do Servizo de Obras e Servizos da Deputación.

A comitiva visitou a estrada DP-8401 A Tablilla-Agro do Mestre, onde a Deputación da Coruña ten previsto mellorar a capa de rodadura a través dunha mestura bituminosa en quente dende Castenda ata o seu final. Na actualidade, o firme desta estrada está feita en rego superficial, polo que precisa un reforzo urxente para soportar o elevado tráfico de vehículos pesados que soporta a diario. 

Unha obra que o deputado provincial cifrou en algo máis de 430.000 euros, xa que a cifra definitiva se coñecerá tras un modificado do proxecto para incluír un pequeno tramo de estrada que discorre polo veciño concello de Tordoia. Unha vez aprobado este modificado, o proxecto será elevado ao Pleno da Deputación para a súa aprobación. A intención da Deputación Provincial é realizar un bacheo, rasanteo e nivelación con mestura asfáltica en quente do firme actual para, posteriormente, estender unha capa de mestura asfáltica en quente de 6 centímetros de espesor en todo o ancho da calzada, previa limpeza de paseos e cunetas.

A voceira municipal do PSOE de Trazo, Beatriz Domínguez, destacou que “esta obra é unha das peticións que lle trasladamos nunha reunión previa a Antonio Leira, como deputado provincial da comarca, e na que tamén lle pedimos o reforzo do firme da estrada DP-7804 Agro do Mestre-Ponte Albar, xa que é a principal vía de comunicación dos veciños e veciñas de Trazo con Santiago”. 

Paralización das beirarrúas en Agro do Mestre
Leira Piñeiro aproveitou a visita para coñecer sobre o terreo a problemática que ten paralizadas as obras de construción das beirarrúas en Agro do Mestre, uns traballos que acomete a Deputación da Coruña sobre un proxecto elaborado polo Concello de Trazo. A comitiva puido comprobar como o proxecto do Concello só contemplaba unha capa de mestura bituminosa en quente de 6 centímetros como pavimento desta travesía, cando as grandes deformacións que existen no seu firme actual fan necesario rasantear a superficie cunha capa previa de regularización que non estaba contemplada. Ademais, o proxecto tampouco contemplaba a retirada dos postes de Fenosa, polo que é preciso que o Concello de Trazo elabore un modificado do proxecto inicial.

Beatriz Domínguez aproveitou para instar ao Concello de Trazo “a que axilicen o máis posible a elaboración do modificado porque se acerca o inverno e as obras non poden quedar sen rematar, prolongando innecesariamente as molestias que están a sufrir os veciños e veciñas de Agro do Mestre”. A voceira municipal socialista agradeceu a visita do deputado provincial xa que “fronte a despreocupación que no caso das beirarrúas de Agro do Mestre amosaron tanto o alcalde Dafonte como do concelleiro de Obras, José M. Castiñeiras Sánchez, Antonio Leira preocupouse de vir a Trazo para resolver os problemas que provoca a deixadez do Goberno do PP”. 

Así mesmo, agarda que este clima de cooperación coa Deputación se poida manter para poder arranxar as distintas estradas provinciais de Trazo, tal e como lle trasladaron ao deputado provincial os representantes da Agrupación Socialista de Trazo.

Ames - O Futbol Club Meigas colabora na campaña de recollida de alimentos do concello

O Fútbol Club Meigas organizou para este luns, 2 de novembro, un acto deportivo no que ademais de ver as rapazas deste club amesá xogar contra o Santiago Fútsal se poderá colaborar na campaña de recollida de alimentos posta en marcha polo Concello de Ames. Esta iniciativa, que comezará ás 10:00 horas, desenvolverase no pavillón polideportivo de Bertamiráns.

Ao longo da mañá do luns 2 de novembro haberá tres partidos de fútbol sala entre as rapazas do Fútbol Club Meigas e os integrantes do Santiago Fútsal. Ás 10:00 horas xogarán as rapazas benxamín do FC Meigas contra os rapaces desta mesma categoría do Santiago Fútsal. Unha hora máis tarde será a quenda das rapazas infantís do Meigas que disputarán un partido contra os rapaces desta mesma categoría do Santiago Fútsal.

O acto principal terá lugar ás 12:00 horas cun partido entre as rapazas da categoría sénior do FC Meigas e o equipo feminino do Santiago Fútsal. Ademais, o adestrador do equipo masculino do Santiago Fútsal, Santiago Valladares, e algún dos xogadores do primeiro equipo deste club tamén estarán en Bertamiráns para participar nesta iniciativa.

Por outra banda, haberá unhas caixas no pavillón polideportivo de Bertamiráns para colaborar coa campaña de recollida de alimentos que puxo en marcha o Concello de Ames. 

Esta campaña denominada “Ames, concello solidario” desenvolverase de xeito ilimitado no tempo, coa recepción en diferentes establecementos comerciais do concello de alimentos non perecedoiros como aceite, tomate frito, leite, conservas, galletas ou cereais. Neste caso o FC Meigas faranse cargo da recepción dos alimentos, e posteriormente, o Concello encargarase de recollelos a vindeira semana no pavillón de Bertamiráns.

Partido Galeguista Padrón - Demandas sobre a piscina municipal

Resume de antecedentes do acontecido coa xestión da Piscina Municipal Cuberta do Concello de Padrón. 

Por acordo da Xunta de Goberno Local do 19 de outubro de 2004 adxudícase a xestión do servizo da piscina municipal á empresa “ Gimnasios Pazos S.A.” por un prezo de 24.000 euros ao ano IVE incluído, e un prazo de 5 anos. O 9 de decembro de 2004 formalízase o contrato de xestión do servizo público en documento administrativo en triplicado exemplar. Unido a un dos exemplares do contrato consta o “ Informe del estado de la piscina-municipal cubierta Campo do Souto “ asinado o 2 de novembro de 2004 polo representante de dita empresa Gym Pazos S.A. polo representante da empresa SIDECU ( anterior concesionaria do servizo ) o Concelleiro e a secretaria Municipal.

Por acordo do Pleno da Corporación Municipal adoptado na sesión realizada o 30 de abril do 2009, aprobouse un aumento do canon concesional de 14.000 euros. 

Por providencia deste Alcalde do 12 de setembro de 2014 solicítase informe á secretaria Municipal sobre a posibilidade de denunciar este contrato, o cal resulta emitido o 18 de setembro de 2014. En Xunta de Goberno Local con data 22 de setembro de 2014 apróbase declarar extinguido o contrato de xestión do servizo público da piscina Municipal do Concello de Padrón ca empresa Gimnasios Pazos S.A..

EXPÓN:

O Concello de Padrón viña prestando o servizo público de piscina cuberta municipal mediante a xestión da empresa mencionada anteriormente, que por problemas de índole laboral e económico acolleuse a un ERE polo que cesou na súa actividade, deixando a moitos usuarios sen servizo e a moitas familias do Concello sen ingresos, no que se refire aos traballadores que pederon o seu posto de traballo. Esta actividade municipal é moi demanda polos propios veciños do Municipio e da súa bisbarra, polo que existe un malestar crecente ante a demora no reinicio da apertura da piscina cuberta.

Aproveintando o parón na actividade de piscina, por parte do Concello, pola cal se gastaron aproximadamente 230.000 euros de carto público a través da Deputación para adaptala ás necesidades actuáis, acometéronse nela obras necesarias encamiñadas ao seu mantemento e viabilidade.

Por outra banda no informe redactado polo interventor técnico, no seu estudio económico-financieiro , reflexa que é mais viable aumentarlle a aportación do concello de 40.000 euros a 86.000 euros, máis o incremento das taxas dos usuarios a favor da empresa, o que suporía un pago doble para os veciños de Padron, como usuarios da piscina e como contribuinte municipal pagando dúas veces, o que fai darnos a razón co respecto de municipalizar a xestión da piscina municipal cuberta para ter os datos reais sobre os custes do servizo e decidir o que é o mellor para o concello.

Neste momento hai certa pasividade por parte do gobernó municipal na reapertura da piscina o que ocasiona malestar entre os usuarios e tamén por parte dos antigos traballadores, veciños de Padrón, que sufriron a perda do seu posto de traballo.

Este Grupo Municipal, entende que o servizo debe ser reposto á maior breviedade. Entendemos que se debería estudiar a posibilidade, con carácter transitorio e urxente que se xestione este servizo directamente polo Concello. Se por razón de incumprimento da Regra de Gasto ou que se poña en perigo a estabilidade orzamentaria, podíase artellar este problema por medio do Programa de Emprego subvencionado pola Deputación Provincial así como doutros tipos de posibilidades e búsqueda de solucións ao problema en sí.

Para rematar con respecto a Piscina Municipal Cuberta de Padrón, dende o PGD queremos denunciar públicamente a incapacidade e ineptitude da xestión do actual goberno do PP, dado que a piscina leva pechada máis de un ano ca consecuencia de falta de dito servizo ao cidadá, pola cal se gastaron aproximadamente 230.000 euros de carto público a través da Deputación para adaptala ás necesidades actuais.

O PGD de Padrón propuso en pleno para a viabilidade da piscina a xestión directa, xa que suporía unha maior estabilidade e control da xestión do gasto da mesma, dado que o PP quere privatizala aumentando o canón que aporta o Concello a empresa de 40.000 euros anuais a 86.000 euros anuais, sendo dito importe o que pasaría aumentar en 46.000 euros o déficit o que ven dando a razón ao Ministro Montoro de que o noso Concello aumenta o déficit. E tamén aumentar a cuota de cada usuario, o que suporía un gasto dobre aos usuarios de Padrón, xa que estaría pagando dúas veces, unha a través dos impostos municipais e outra ca propia cuota do servizo.

Para o PGD a privatización da piscina municipal cuberta é unha saída a tempo parcial, xa que a empresa que veña terá os mesmos problemas que a anterior. 

E unha vergoña que a día de hoxe aínda non se sepa cando se vai abrir a piscina según os datos que manexamos, e que gran parte dos usuarios fixos da piscina de Padrón xa buscaron unha alternativa noutros concellos.

SOLICITAMOS:

“Esixir a apertura o antes posible do servizo público de piscina municipal cuberta, porque así o solicitan os usuarios e a cidadanía. Mediante o sistema de xestión directa por parte do Concello de Padrón.”

E para apoiar a nosa postura facemos entrega aos servizos técnicos-xurídicos municipas do noso Concello de toda a documentación do proceso de Municipalización da Piscina Cuberta do Concello de Outes, para que se teñan en conta.

Axenda e tempo do venres 30 de outubro - Cine, teatro, exposicións

Santiago - Numax

Santiago - Zona C - Los Duguis

Santiago - Amal

Santiago - Libraría Pedreira - presentación de O Coitelo de Pedra Fundida

Santiago -Cidade da Cultura - Día do emprendedor

Ames - Bertamiráns - O Furancho de Ibuprofeno Teatro

Santiago - Abanca - Taxi con Josema Yuste e Felisuco

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - retrospectiva Montero Ríos (ata o 31 de outubro)

Santiago - Colexio de psicólogos - Elana ivonne Daprá (ata finais de novembro)

Santiago - Auditorio de Galicia - Salto de páxina (ata febreiro 2016)

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

O Tempo

Amal - Hoxe Atlantic e Villa Tourna

La Fundación Araguaney-Puente de Culturas afronta sus últimos días de cine euroárabe Amal15. Para hoy viernes, en su primera sesión de las 20:00 horas, los espectadores que acudan al Teatro Principal podrán ver el largometraje de ficicón “Atlantic” (94 minutos). Se trata de un film de cine independiente coproducida por Luxemburgo, Bélgica, Marruecos, Holanda y Alemania en 2014 y dirigida por el holandés Jan-Willen van Ewijk. 

La película cuenta como un joven de un pequeño pueblo de la costa marroquí, Moulay Bouzarqtoun (Essaouira) emprende en solitario un peligroso viaje en tabla de windsurf a través del océano Atlántico a Europa. "Atlantic" navega en aguas trascendentes con su susurrada voz en off y rostros contemplativos, con su itinerante trabajo de cámara en mano al estilo GoPro, sus arrebatadores jump-cuts (montaje que supone un salto visible en la continuidad de la acción) o sus impresionantes imágenes del mar capturan a la perfección la relación simbiótica entre Fettah y las olas.

El joven pescador Fettah, que interpreta el famoso windsurfista marroquí Fettah Lamara, ha hecho amistad con los windsurfers europeos que visitan cada verano su pequeño pueblo de la costa atlántica de Marruecos, Moulay. De forma entusiasta, ha adoptado su forma de vida y, con el viejo material que los turistas han ido dejando se ha convertido en un increíble windsurfer. Pero cuando sus amigos europeos se van dejan atrás un insoportable vacío que impulsa a Fettah a soñar con otra vida. 

Además, un verano Fettah se enamora de Alexandra (Thekla Reuten), la pareja holandesa de uno de los turistas. Es consciente de que ella está fuera de su alcance, pero cuando se va algo se rompe. Su bello pueblo se convierte en una prisión. La pérdida de Alexandra da a Fettah la fuerza que necesita para liberarse. Con una mochila y una tabla de windsurf emprende un viaje épico por la costa del Atlántico más cercana a Europa. Con el viento desplazándolo hacia al norte y en medio del océano, Fettah se da cuenta que ningún sueño llega sin sacrificio. 

Jan-Willem van Ewijk nació en Delft, Holanda en 1970. Pasó sus años de infancia en los Holanda y California, donde desarrolló un gran interés en la exploración de la aviación y el espacio después de ver Star Wars. En 1989 se trasladó de nuevo a Delft para estudiar ingeniería aeroespacial en la Universidad Tecnológica de Delft y se graduó como diseñador de aviones siete años más tarde. Jan-Willem fue seleccionado para participar en el Laboratorio de Sundance, en junio de 2009 con su segundo largometraje “Atlantic".

Polémica en el Festival de Venecia con la nacionalidad de “Villa Touma”
Y para cerrar la jornada, Amal15 proyectará a las 22:00 horas "Vila Touma" (85 minutos). La guionista palestina Suha Arraf sorprende con su ópera prima como directora. Se trata de un proyecto palestino, rodado en 2014, que no habla sobre religión, pero si cuenta una historia feminista sobre mujeres palestinas que no están casadas. 

La cinta está envuelta en la polémica desde su presentación en el Festival de Cine de Venecia, donde fue catalogada como "la película sin nacionalidad", debido a las desavenecias entre Arraf y la ministra israelí de Cultura, Limor Livnat. En este sentido Arraf explicaba: "Toda mi película, desde la primera palabra hasta el final, es en árabe. Todas las actrices son palestinas. La historia tiene lugar en Ramallah. ¿Cómo quieren que la presente como una película israelí?".

La película narra la historia de tres hermanas de Ramallah, aristocráticas y solteras, que no han sido capaces de asimilar la nueva realidad de la ocupación y la emigración en masa de la aristocracia palestina. Para sobrevivir, se encierran en su mansión aferrándose a la nostalgia de sus glorias pasadas. La llegada de su sobrina huérfana lo cambia todo en sus vidas. 

Suha Arraf es una guionista y directora palestina nacida en Israel. Dirigió y produjo el documental “Mujeres de Hamás” (2010), ganador de varios premios en certámenes internacionales. Es la autora de los guiones de “La novia siria” (2004) y “Los limoneros “(2008), dirigidas ambas por Eran Riklis, con quien ha colaborado asiduamente, y con los que ganaron respectivamente el Premio del Público en Locarno y el Premio del Público de la sección Panorama de la Berlinale. El guión de “Los limoneros” obtuvo el Premio al Mejor Guión de los Asia Pacific Screen Awards y fue nominado al premio al Mejor Guión de los Premios del Cine Europeo.

La entrada para las dos películas es de dos euros, a la venta el propio día de la proyección en la taquilla del teatro, hasta completar el aforo de la sala. La recaudación se donará íntegramente a las familias sirias que lleguen a Compostela (#RefugeesWelcome).

TRAILERS

- Atlantic (Viernes-30, a las 20:00 horas)


- Villa Touma (Viernes-30, a las 22:00 horas)


Libraría pedreira - Presentación do libro O coitelo de Pedra Fundida


Ames - Maña sábado no Milladoiro unha nova proxección de A Esmorga

O auditorio da Casa da Cultura de Milladoiro acolle este sábado, 31 de outubro, ás 20:00 horas, a proxección do filme “A Esmorga”. Baseada na novela de Eduardo Blanco Amor, a película está dirixida por Ignacio Villar e interpretada nos seus principais papeis por Karra Errejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán Morris. O veciño de Ames, Pepo Suevos, tamén forma parte do elenco. O filme, nomeado ao premio de mellor guión adaptado na edición dos Premios Goya de 2014, narra 24 horas na vida de tres compañeiros de farra. O prezo da entrada é de 5 euros. Logo deste segundo pase no Milladoiro, o alumnado do IES do Milladoiro terá a oportunidade de ver a película o martes 10 de novembro.

A novela de Eduardo Blanco Amor na que se basea a película de Ignacio Villar, foi publicada en Buenos Aires en 1959 e en Galicia en 1970. Foi unha das primeiras novelas galegas de posguerra e marcou un fito na historia da literatura galega. O libro foi adaptado tamén ao teatro e traducido a varias linguas. 

A historia está ambientada na cidade de Ourense, lugar onde se rodou a película, e onde transcorre a noite de troula dos tres personaxes principais: Cibrán o Castizo, Xanciño o Bocas, e Aladio Milhomes, que botan de bebedela un día enteiro e máis a súa noite, unha noite que rematará traxicamente co falecemento de dous deles e o axuizamento do terceiro.

O filme, que ten unha duración de 111 minutos, está interpretado polos actores galegos Miguel de Lira, Antonio Durán “Morris”, Ledicia Sola, Sabela Arán, Monti Castiñeiras, Mela Casal, Santi Prego, Alfonso Agra, Mónica García, Elena Seijo, Covadonga Berdiñas, Lois Soaxe, Amelia Guede e Melania Cruz. Tamén forman parte do elenco Karra Elejalde e o veciño de Ames Pepo Suevos.

Da adaptación do guión encargáronse Carlos Asorey e o propio director da película, Ignacio Vilar. A música é de Zeltia Montes e a dirección de fotografía correu a cargo de Diego Romero.

A Esmorga é unha coprodución de Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia e TVG. En Ames xa se proxectou en Bertamiráns o pasado 17 de outubro. Este sábado, día 31 de outubro, poderá verse no Milladoiro e o día 10 de novembro farase un pase para os alumnos/as do IES desta localidade.

Santiago - Taxi con Josema Yuste e Felisuco no Auditorio Abanca

A adaptación feita por Josema Yuste e Alberto Papa-Fragomén da obra de Ray Cooney, ‘Taxi’, chegará a Compostela hoxe venres no Auditorio Abanca

Por dúas mulleres… sempre á carreira…! O protagonista, taxista de profesión, está casado con dúas mulleres e vive con cada unha nun barrio diferente. Isto obrígao a levar unha planificación de horarios moi estrita e a facer verdadeiros xogos malabares para contentar a ambas. Está namorado das dúas e non quere perder ningunha.

Todo o seu plan vense abaixo cando acaba por accidente no hospital e o seu nome aparece por partida dobre na comisaría de cada distrito e comeza o enredo… A máis exitosa comedia de Ray Cooney, Run for your wife, estreouse no West End londiniense en 1983 e permaneceu en cartel durante 12 anos interpretada polos máis populares cómicos británicos… Saltou a Broadway e contabilízanse máis de 500 producións en todo o mundo en máis de 30 linguas… “Déixense seducir e crean no incrible desta historia, sen esquecer nunca que o incrible non supera moitas veces a realidade. Por iso Taxi é un vodevil realmente incrible… ou non…?” (Josema Yuste).

Rafael Moreno Josema Yuste
Alfonso Alfredo Cernuda
Inspector Gervasio García Felisuco
Lucía Esther del Prado
Carmen Diana Lázaro
Inspector Molero Javier Losán

Josema Yuste / Alberto Papa-Fragomén adaptación e dirección

Ana Garay escenografía

Carlos Alzueta iluminación

Cobre Producciones

Olympia Metropolitana

Nearco Producciones (Madrid)

Ames - Ibuprofeno Teatro presenta O Furancho en Bertamiráns

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle hoxe venres 30 de outubro, ás 21:00 horas “O Furancho” de Ibuprofeno Teatro. A obra, dirixida por Santiago Cortegoso e interpretada polas actrices Marián Bañobre e Isabel Risco, acadou o premio ao mellor espectáculo na 26ª edición do FETEGA, o Festival de Teatro Galego do Carballiño. Ademais Isabel Risco acadou o premio á Mellor Actriz. Esta obra está dirixida ao público adulto e xuvenil. As entradas para asistir a este espectáculo poden reservarse ata o venres 30 de outubro, ás 14:00 horas, a través do teléfono 981 53 59 40 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.org.

Dúas mulleres fortes, con carácter e desbordante personalidade, que definen a la perfección a esencia enerxética e desvergonzada das pallasas protagonizan “O Furancho”. A peza basease neses dous personaxes femininos que queren ser fonte de inspiración para todas esas loitadoras que poñen o mundo patas arriba para conquerir que os seus soños se fagan realidade.

Segundo a Compañía Ibuprofeno Teatro “O Furancho é un espazo cargado de ‘agroglamour’ no que se fusionan as tendencias más ‘trendies’ con elementos propios da máis pura tradición, como los zocos e o pololo. Cada un dos detalles é parte dun todo harmónico configurado a partir de estilismos minimalistas e cálidos que sintetizan o pasado co presente, o rural co cosmopolita, o loureiro coas novas tecnoloxías”.

“O Furancho” foi ideado polas actrices Marián Bañobre e Isabel Risco. Santiago Cortegoso encargouse de escribir o texto, dirixir a montaxe e crear, xunto con Marian Bañobre, o espazo escénico. Da iluminación encargouse Salvador del Río e da imaxe Diego Seixo. O movemento escénico correu a cargo de Carmela Bueno, o vestiario é obra de Marián Bañobre e a relización do vestiario é de María Negreira. As zocas foron ideadas por Elena Ferro. O deseño de son é de Quito e a música foi creada por Radio Cos. Ningures Producción encárgase da cobertura técnica e na produción, que corre a cargo de Ibuprofeno Teatro, colaboran AAAG e o Centro Dramático Galego.

O Furancho gañou o premio ao mellor espectáculo no FETEGA, despois de que o público do Carballiño a considerara como o mellor espectáculo da 26ª edición do Festival de Teatro Galego. Ademais o xurado concedeulle a Isabel Risco o premio á Mellor Actriz desa edición do certame. 

Santiago - Los Duguis na Zona C

Tres improvisadores crearán os argumentos, as tramas, os conflitos, os xiros... no tempo que dura a función, irán pedindo comentarios e palabras ao público para construír cada vez unha historia diferente. Un técnico de son improvisará en directo a música de fondo perfecta para cada situación. Isto farán Los Duguis Impro en ‘Spin Off’, o espectáculo de improvisación teatral que poderemos ver esta fin de semana na Zona “C”. En total serán 3 funcións, mañá venres e de novo sábado ás 20.30 h e domingo ás 19.30 h. O prezo das entradas é de 8 euros e poden mercarse na billeteira do Teatro Principal no seu horario habitual ou unha hora antes de cada función na Zona “C”.

Un compromiso urxente dun escritor coa súa editorial. Ao final o escritor non só terá un, senón dous libros distintos e novos en cada función. Novela histórica, romance, drama... todos os xéneros son posibles neste espectáculo, pero sobre todo a comedia, a diversión e a creación no momento.

Sempre se fixo a película ou a obra teatral a partir do libro, en SPIN OFF faranse primeiro as escenas e despois, quen sabe, se cadra publícase o libro. Iso será, como sempre, decisión de vostedes, O PÚBLICO.  

A Improvisación teatral é a habilidade de contar historias que se crean e desenvolven no instante mesmo de actualas. Tamén coñecida como ‘Impro’, é unha depurada técnica con normas e motores para facer dela un espectáculo en si mesmo.

O improvisador en escena é ao mesmo tempo: actor, director, escenógrafo e dramaturgo da súa propia historia-espectáculo de salas para público adulto.

A COMPAÑÍA: Los Duguis Impro é unha compañía de teatro de improvisación que nace no ano 2012, formada por Oswaldo Digón (actor e director), Marita Martínez, Noemi Miranda e Marta Igrexas. Cada un dos membros provén de diferentes camiños das artes escénicas, monólogos, teatro, contacontos, circo, clown... Xuntos comezaron o seu camiño no mundo da improvisación no ano 2010 formándose coa compañía ImproMadrid Teatro, discípulos de Keith Johnstone, creador desta revolucionaria técnica teatral.

Elenco: 

Oswaldo Digón
Marita Martínez
Noemi Miranda 
Marta Iglesias

Técnico: Javi Brandido

Duración: 80' aprox.

Idioma: español

Ordes - Luto oficial polo pasamento de Ramiro Recouso

O Concello de Ordes quere manifestar publicamente a súa consternación ante o pasamento do voceiro do BNG Ramiro Recouso Liste, falecido no día de hoxe. Lamentamos a perda do que é un dos referentes políticos locais máis importantes dos últimos anos, o cal sobresaíu pola defensa dos seus ideais e principios dun xeito íntegro, sincero e democrático. Todo o noso apoio e ánimo aos familiares, amigos, achegados, así como a membros, militantes e simpatizantes do BNG neste duro momento.

Coa ansia de recoñecerlle o mérito e a débeda que este municipio ten coa súa persoa e co labor desenvolto en prol dos seus veciños e veciñas o Concello de Ordes declara dous días de loito oficial, que rematarán ás 24 horas de hoxe 30 de outubro. A dita decisión comporta tamén que as bandeiras ondeen a media hasta con crespón negro en todos os edificios municipais, e a suspensión de todos os actos públicos previstos.

PP Ordes - Pesar polo falecemento de Ramiro Recouso

O Partido Popular expresa o seu pesar polo falecemento do portavoz municipal do BNG no Concello de Ordes, Ramiro Recouso, e traslada a súa solidariedade e afecto á familia, amigos e compañeiros do edil falecido.

“Ramiro Recouso foi un home coherente, fiel aos seus principios e sempre comprometido na defensa dos intereses de Ordes e dos seus veciños”, afirma a portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular, Susana García. 

En opinión de García Gómez, “Ordes perdeu hoxe un home de ben, un concelleiro que sempre traballou con honestidade e co que se podía falar, coa seguridade de que cumpría coa palabra dada”, agrega García Gómez.

Silleda - O Plan de Garantia Xuvenil chega ao concello

A aula móbil do Plan de Garantía Xuvenil recalará en Silleda a vindeira semana. A cita será o xoves día 5 ás 12.00 horas na Casa da Cultura de Silleda, e está dirixida a mozos e mozas de 16 a 29 anos que buscan traballo ou formación.

Con esta iniciativa búscase mellorar a situación dos máis novos no mercado laboral así como facilitar a súa inserción no mercado de traballo. Este plan deseñado pola Xunta pretende garantizar a igualdade de oportunidades no mercado laboral, ademais de ofrecer experiencia en materia laboal, formación ou cursos de idiomas e TIC. Para participar hai que chamar ao teléfono 881 995 700.

Para participar neste plan hai que ter nacionalidade española e estar empradoado/a en calquera localidade do territorio nacional, ter entre 16 e 29 abnos e non estar traballando nin recibindo formación. 

Os participantes contarán con orientación e información laboral, acompañamento e asesoramento a través de orientadores especialistas en garantía xuvenil.

Poderán acceder a programas formativos así como adquirir experiencia a través de práctivas laborais.

Tamén se axudará en materia de emprendemento, axudando aos participantes que o desexen a iniciar un proxecto de forma autónoma ou colectiva, en cooperativas ou sociedades laborais.

“Nesta xornada ofrecerase aos veciños e veciñas de Silleda información sobre este plan que consideramos de intereses”, indica a concelleira de Emprego, Ana Luisa González.

Obradoiro CAB - El Rio Natura Monbus Obradoiro suma a #ocamiñoilusion una nueva peña: Miudiños

El Rio Natura Monbus Obradoiro contará a partir de ahora con una nueva peña de aficionados: “Miudiños”. Los ya más de 70 miembros de la misma se suman así como colectivo a #ocamiñodailusion.

Los nuevos peñistas estuvieron apadrinados en su presentación por el jugador Jesús Chagoyen, cuya familia también se ha sumado a los Miudiños. Tampoco faltaron Pepe Pozas y Fran Cárdenas, así como los tres técnicos del Rio Natura Monbus Obradoiro: Moncho Fernández, Gonzalo R. Palmeiro y Víctor Pérez.

La idea de crear la agrupación surge, como explica su presidenta Susana Botana, porque “muchos de nosotros ya éramos amigos o conocidos, de vernos en Sar animando al equipo desde que está en Liga Endesa. El año pasado lo hablamos, para juntarnos cuando el equipo juegue fuera, hacer cenas y otras actividades”. Además de eso, muchos son“padres y madres de niños de las categorías base del club, otro punto más a favor para unirnos apoyándolo”, añade.

Aunque la mayoría de los peñistas están situados en Fondo 2, también los hay en otras secciones del pabellón, por lo que “estamos abiertos a recibir a cualquiera, quiera seguir en su sitio habitual o con intención de reagruparse en algún momento”, declara. Para sumarse a la peña o recibir información sobre sus futuras actividades, se podrá contactar con ellos a través del correo electrónico de su presidenta: susanabotanaperez@gmail.com.

Los Miudiños nacen con “mucha ilusión” puesta en la temporada. “Iremos paso a paso con el equipo, pero tiene muy buena pinta”, afirma.

De este modo, la nueva peña se une a las cinco ya existentes: All Sar, Eskornabois, Obracadabra, Obraiados y Zona Norte, que también se encuentra en proceso de captación de nuevos miembros junto a su patrocinador Blusens.

Numax - programación do 30 de outubro ao 5 de novembro

Estrea en Compostela d'O aniversario de Ariane, de Robert Guédiguian

Esta semana estreamos no Cinema NUMAX O aniversario de Ariane. O filme deRobert Guédiguian puido verse en España este pasado verán e aproveitamos para estrealo na cidade, unha vez que está a piques de saír o seu último e moi esperado traballo, Une histoire de fou, presentado en Cannes 2015 e con grande acollida crítica na SEMINCI 2015 que remata este domingo 31

Últimos pases e próximas estreas

Tamén despediremos 3 filmes da nosa grella esta semana: Os 400 golpes de François Truffaut, que remata o martes 3 de novembro ás 22:30; Loubia Hamra, de Narimane Mari, que remata o xoves 5 de novembro ás 21:00 e Un día perfecto para voar, de Marc Recha, o xoves 5 de novembro ás 22:30.

Entretanto, continuarán as proxección de El complejo de dinero, de Juan Rodrigáñez, mentres agardamos a estrea o venres 6 de novembro da Palma de ouro do Festival de Cannes 2015: Dheepan e o mércores 11 de novembro de Videofilia, que recibiu o máximo galardón Hivos Tiger Award no IFFR Rotterdam 2015.

Presentación de 'ensaios',
de Daniel Salgado

O vindeiro venres seis de novembro, ás oito do serán na libraría NUMAX presentamos o libro de artesán ensaios, de Daniel Salgado, un fermoso volume confeccionado por Inés Pallares e Afonso R. Castro a partir de dez poemas do poeta e xornalista dos que se tiraron un cento de exemplares. No acto falarán os editores, a poeta María do Cebreiro e o propio autor.

O aniversario de Ariane
(Robert Guédiguian, 2014)


O día do seu aniversario, Ariane nunca se sentiu tan soa na súa fermosa casa. Na torta alumean as candeas, pero os convidados xa se excusaron. Non van vir... Ariane colle o seu cochiño e deixa o arrabaldo para se perder na gran cidade.

Programación

VOSI: Versión orixinal subtitulada en inglés
VO: Versión orixinal sen subtítulos

Venres 30 de Outubro

12:00 Un día perfecto para voar
16:00 Os 400 golpes
18:00 El complejo de dinero [VO]
19:30 O aniversario de Ariane
21:30 Loubia Hamra
 

Sábado 31 de Outubro

12:00 O aniversario de Ariane
16:00 Un día perfecto para voar
17:30 Loubia Hamra
19:00 El complejo de dinero [VO]
20:30 O aniversario de Ariane
22:15 Os 400 golpes
 

Domingo 1 de Novembro

12:00 O aniversario de Ariane
16:00 Loubia Hamra
17:30 Un día perfecto para voar
19:00 El complejo de dinero [VO]
20:30 O aniversario de Ariane
22:15 Os 400 golpes

Martes 3 de Novembro

12:00 Loubia Hamra
16:00 El complejo de dinero [VO]
17:30 Un día perfecto para voar
19:00 O aniversario de Ariane
20:45 O aniversario de Ariane
22:30 Os 400 golpes [Último pase]
 

Mércores 4 de Novembro

12:00 O aniversario de Ariane
16:00 Un día perfecto para voar
17:30 El complejo de dinero [VO]
19:00 Un día perfecto para voar
20:30 Loubia Hamra
22:00 O aniversario de Ariane
 

Xoves 5 de Novembro

12:00 El complejo de dinero
16:00 O aniversario de Ariane
17:45 O aniversario de Ariane
19:30 El complejo de dinero [VO]
21:00 Loubia Hamra [Último pase]
22:30 Un día perfecto para voar
[Último pase]