Ames - o goberno municipal estrañase polas acusacións do Psoe

O Goberno de Ames continúa traballando e sacando adiante cuestións prioritarias para a cidadanía amiense
O Executivo conseguiu nestes meses pechar temas que o anterior Goberno foi incapaz de completar, conseguindo un importante aforro e optimizando os recursos económicos limitados.

Silleda - os datos dos Padrons por impostos directos indican a realidade de orzamento

Paula Fernández advirte que os padróns por impostos directos de 2012 demostra que o orzamento municipal está axustado á realidade
-“Con este datos queda desacreditada a tese do PP, que insistiu no debate orzamentario en que estabamos a inflar os ingresos”, sinala a alcaldesa

BNG Dodro - homenaxe a Moncho Reboiras

O BNG de Dodro homenaxea a Xosé Ramón Reboiras, recoñecido líder sindical asasinado pola policía fascista

Organiza unha charla-coloquio mañá, sábado 11, baixo o nome ‘Loita política e sindical. Pasado e presente’

Silleda - o concello solicita subvencións por máis de 27000 euros para actividades culturáis

O Concello de Silleda solicitará un total de 27.700 euros para financiar distintas actividades culturais ao abeiro do Programa de Acción Municipal (PAM)
 O concelleiro de Cultura, Matías Rodríguez da Torre, agarda que a Deputación de Pontevedra manteña a súa liña de colaboración, “xa que é a forma de que estas actividades poida subsistir”, engade

Ames - este ano inscrbíronse 33 parellas de feito no concello

O rexistro municipal de parellas de feito contabilizou 33 inscricións no último ano
Desde a posta en marcha deste rexistro no ano 2003, un total de 290 de parellas elixiron en Ames este xeito de legalizar a súa unión. 

No que vai de 2012, inscribíronse 20 parellas no rexistro, unha cifra substancialmente superior á contabilizada en anos anteriores.

Ordes - este domingo celébrase o Día da Muiñeira

Ordes rendiralle a súa homenaxe ó folclore galego este domingo coa celebración do 'Día da Muiñeira' 

Participarán o Grupo de Danza Asociación Cultural Veciños de Leira, a Asociación Cultural Os Xeitosos de Trazo, a Asociación Cultural Camiño Real de Poulo e a Agrupación Folclórica Cultural Sementes do Arte.

Silleda - as piscinas municipáis celebran hoxe unha xornada de portas abertas

As piscinas municipais de Silleda e da Bandeira celebran hoxe sábado unha xornada de portas abertas
A entrada será gratuita e haberá actividades, xogos e unha merenda para os máis pequenos/as

Ames - comezaron as festas en Bertamiráns e Agrón

Bertamiráns e Agrón comezaron tres días de festa
O prato forte das festas da Peregrina será hoxe, coa celebración dunha Gran Gala Musical na que actuarán artistas de renome como David Civera, La Década Prodigiosa e Astarot.
En Agrón os veciños e veciñas poderán gozar de tres xornadas de música, baile e diversión con orquestras como Ciclón ou El Combo Dominicano.

Santiago - axenda venres 10 e corte de tráfico


11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros Francisco Reyes e Mercedes Rosón, sobre asuntos de carácter local.

Psoe Ames - o Psoe mostra a sua preocupación pola paralización do concello


O GRUPO SOCIALISTA AMÓSASE PREOCUPADO POLA PARALIZACIÓN DO CONCELLO DE AMES
A crise de goberno está levando a municipio a un importante estado de descoido

 O grupo municipal do PSdeG-PSOE amosa a súa preocupación pola crisis e as súas consecuencias no Concello de Ames, debido á loita interna de poder que vive o goberno local.

Sindicato de Policía - concentración hoxe diante da comisaría


El comité local del Sindicato Unificado de Policía de Santiago de Compostela convoca para el día 10 de agosto, a partir de las 12:00 horas, una concentración delante de la Comisaría de Policía, sita en la avenida Rodrigo de Padrón.
El motivo es llevar a cabo una protesta en contra de los recortes salariales y de derechos, bajo el lema “En defensa de la seguridad pública”.
Al finalizar la concentración se leerá un comunicado Acudirán representantes del Sindicato Unificado de
Policía de toda Galicia.
Trabaja según te pagan, trabaja según te tratan.

BNG Ordes - a deputación discrimina a Ordes

O BNG DENUNCIA QUE O PP DISCRIMINA GRAVEMENTE A ORDES NOS CONVENIOS DA DEPUTACIÓN PARA SERVIZOS SOCIAIS, MENTRES O ALCALDE PERMANECE EN SILENCIO
Gonzalo Castro acusou ao alcalde de Ordes de “incapacidade para defender aos veciños de Ordes, ao manter un silencio cómplice con esta discrimInación do PP”

Ames - o punto de atención o peregrino do Milladoiro recibiu más de 1300 no que vai de verán


O punto de atención ao peregrino do Milladoiro recibiu a máis de 1.300 camiñantes en dous meses
A capela da Madalena acolle este punto de atención polo que pasaron en xuño e xullo máis dun milleiro de peregrinos chegados desde diferentes puntos da xeografía española e tamén de Europa, como Reino Unido ou Alemaña.

Santiago - hoxe no Verán na Rúa Rudi Dudi

RudiDudi, un clown, formado na Escola de Mimos, Antwerpen-Belgica.
84-90 director, guionista e actor en teatros en Bélxica.
90-99 conta-contos e actor no circuíto "Teatro na Educación" enIrlanda.
No 2000 decidiu dedicarse por completo ao clown, viaxando por toda Europa, actuando en infinidade de lugares.
Desde o 2005 vive en Galicia, actuando contratado por concellos,colexios, festivais, asociacións, etc.

Ordes - hoxe concentración de apoio o sector lácteo


Hoxe o Campo da Feira de Ordes será o punto neurálxico dunha concentración en apoio ó sector lácteo. A cita está posta para as 11.30 horas e está respaldada polos principais sindicatos agrarios e gandeiros de Galicia,Unións Agrarias, Sindicato LabregoGalego e Xóvenes Agricultores. Taméncontacoapoio do Concello de Ordes, quen ven de poñer a disposición dos manifestantes toda a infraestructura e medios organizativos necesarios para levar a cabo a convocatoria. Destexeito o Goberno encabezado por Manuel Regos pretende contribuir activamente nesta reivindicación en pro dun dos principais sectores económicos do municipio. Posteriormente, ás 13 horas a marcha ten previsto desenvocarna Alameda de Ordes onde se leerá un manifestó por parte dos principais representantes do sector.

Silleda - aprobación inicial de ordananzas municipáis


O BOP de Pontevedra publica hoxe o anuncio de aprobación provisional de oito ordenanzas municipais de Silleda
 Os textos foron aprobados inicialmente no último pleno ordinario. Con estes anuncios ábrese un prazo de 30 días dende mañá venres para formular alegacións, e de non haber reclamacións, quedarán aprobadas de xeito definitivo

Santiago - axenda xoves 9 e dous cortes de trafico


12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, sobre asuntos da súa area.

12.30 h
Na Casa do Concello, a concelleira María Castelao exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

BNG Ordes - as obras da casa do concello están paradas pero se segue a pagar o prestamo

O BNG DENUNCIA QUE AS OBRAS DE REFORMA DA ANTIGA CASA CONSISTORIAL LEVAN 9 MESES PARALIZADAS, MENTRES O CONCELLO ESTÁ PAGANDO UN CRÉDITO BANCARIO DE 700.000 EUROS PARA FACER ESA OBRA 
 Gonzalo Castro acusou ao alcalde de “ter gastado o diñeiro dese crédito noutras cousas e por iso agora existen dificultades para executar esa obra”. 

Silleda - novo sabotaxe o alumeado do concello

Detectado un novo caso de sabotaxe no alumeado público de Silleda
A manipulación dos cadros eléctricos deixou sen luz a rúa Venezuela e a rúa Trasdeza durante a pasada noite

Tordoia Cerceda - Tordoia e Cerceda solicitan de forma conxunta un programa de inserción laboral


O CONCELLO DE TORDOIA E CERCEDA SOLICITAN UN PROGRAMA CONXUNTO DE INSERCIÓN LABORAL

A súa posta en marcha dependerá dunha subvención da Consellería de Traballo e Benestar
O Concello de Tordoia ven de asinar un convenio de colaboración co Concello de Cerceda co obxectivo de solicitar unha serie de accións formativas dirixidas aos colectivos con risco de exclusión social.

Silleda - o domingo celebrase en Carboeiro a tradicional misa en honor a San Lorenzo


A igrexa de Carboeiro acolle o vindeiro domingo a tradicional misa en honor a San Lourenzo. A entrada ao mosteiro silledense será gratuita durante esta xornada, tal e como se recolle na ordenanza reguladora 

Teo - protección civil sinala máis de 400 puntos para toma de auga en caso de incendio


PROTECCIÓN CIVIL DE TEO SINALIZA CASE 400 HIDRANTES, PARA FACILITAR O TRABALLO EN CASO DE INCENDIOS

·    Neste momento xa está lista a zona norte, dende Os Tilos, Parque Montouto, San Sadurniño e parte de Cacheiras
·        Dende o Concello reitérase a importancia da prevención de riscos para evitar incendios nestas xornadas de intenso calor

Santiago - programación do Verán na Rúa

Achegamos información  da programación de Verán na Rúa na que teremos:
- 19.30h na Praza da Quintana, Grupo Electrógeno presenta 'Comedio Circense'. (Achégase dossier)
- 22.30h na Praza de Cervantes, proxección de 'Feito en España' en Curtocircuíto na Rúa. (No seguinte enlace http://curtocircuito.org/pdf/curtocircuito_na_rua_completo.pdf pódese descargar o dossier completo no que aparecen os filmes que poderemos ver mañá. Lembramos que o público votará e a curta gañadora levará 1.000 euros)

Ordes - éxito de participación no Día do Neno


Centenares de nenos e nenas convertiron o Campo da Feira de Ordes no epicentro da diversión no seu día grande
  Centenares de rapazas e rapaces fixeron posible na tarde do luns que o Campo da Feira de Ordes se convertera no maior centro de divertimento de toda a comarca.

Fundación Araguaney - presentación do libro "Carné de Identidade"


Presentación do libro "Carné de identidade" de Darwish na Fundación Araguaney Santiago de Compostela, Hoxe xoves 09 de Agosto, Natalja Dudek, das Edicións Barbantesa, e Moncho Iglesias, tradutor, presentarán a primeira tradución a galego do libro de Mahmud Darwix "Carné de identidade" en Santiago de Compostela. 

Redacción SantiagoyComarca - temos para ti fondos de escritorio dos fogos do Apostol 2012

Temos para ti 4 fondos de escritorio dos fogos do Apostol 2012, se os queres solo tés que pinchar aquí



a noite máis esperada en Compostela cada día na tua pantalla



Licencia Creative Commons
santiagoycomarca2012 por loli fernandez se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-SinDerivadas 3.0 Unported.


 










Santiago - axenda mércores 8 e corte de tráfico


12.00 h
Na rúa Berlín, a concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, realiza unha visita ás hortas das Fontiñas.

Ames - o concello fará un estudo do tráfico que circula pola avenida Rosalía de Castro no Milladoiro


O Concello de Ames realizará un estudo do tráfico que se rexistra diariamente na avenida Rosalía de Castro do Milladoiro
Este estudo levarase a cabo mediante a instalación dun aforador, un sensor de infravermellos que rexistra os movementos do tráfico e que estará colocado na vía durante unha semana. O aforador medirá o tráfico que se rexistra nos dous carrís e gardará os datos estatísticos.

Mancomunidad de Ordes - o subdelegado do goberno na Coruña reunese co presidente da mancomunidade de Ordes

Reunión del subdelegado del Gobierno en A Coruña con el alcalde y presidente de la Mancomunidad de Ordes
A Coruña, 7 de agosto de 2012.- El subdelegado del Gobierno en A Coruña, Jorge Atán, se reunió con el alcalde de Ordes, Manuel Regos, con quien analizó la prevención y lucha contra la violencia de género en el municipio coruñés y en los municipios integrantes de la mancomunidad de Ordes, de la que Regos es presidente.

Brión - a comisión de contas aproba a conta xeral do 2011


A COMISIÓN ESPECIAL DE CONTAS APROBA A CONTA XERAL 2011 PARA A SÚA EXPOSICIÓN PÚBLICA
A liquidación do Orzamento de 2011 contempla un remanente de Tesourería para gastos xerais de 21.198 euro

BNG A Estrada - o BNG presentará unha proposta para recuperar a paga extra dos funcionarios


O BNG da Estrada presentará unha proposta para recuperar a paga extra dos funcionarios municipais
A decisión do Goberno Rajoy, secundada polo grupo de goberno do PP, de eliminar a paga extra -imposta ao Executivo español pola Unión Europea e por Berlín- é inxusta porque as e os empregados públicos non son os responsábeis da crise, senón que son vítimas dela. Desde o Goberno Aznar, levan perdido un 26 por cento do seu poder adquisitivo.

Santiago - Os arxentinos Grupo Electrógeno estarán hoxe no Verán na Rúa

Os arxentinos Grupo Electrógeno estarán hoxe no Verán na Rúa co seu espectáculo Comedia Circense, a cita é as 19.30 na praza de San Martiño

Ames - esta fin de semana festas en Bertamiráns e Agrón


Bertamiráns e Agrón estarán de festa a próxima fin de semana
O municipio de Ames continúa celebrando as festas estivais. Tras as celebracións da Madalena no Milladoiro, esta fin de semana será a quenda de Bertamiráns e Agrón, que celebrarán a Peregrina e San Lourenzo con tres días de música e baile.

Ames - os nenos da escola de verán visitaron o concello


Os nenos e nenas que participan na Escola de Verán visitaron a Casa do Concello
Máis de cen rapaces e rapazas que asisten a esta iniciativa en Bertamiráns e no Milladoiro foron recibidos polo alcalde de Ames, Santiago Amor, e por catro concelleiros/as do goberno municipal.

Silleda - limpeza do río oisa


Tragsa realiza a limpeza do paseo do río Oisa, logo do convenio asinado co Concello de Silleda 
O acordo permite o uso da base do Grumir a cambio destas tarefas xunto ao citado cauce e nas áreas do parque empresarial Área 33

Ames - un centenar de mozos participaron na semana da xuventude


Un centenar de mozos e mozas amienses participaron nas actividades programadas na Semana da Xuventude
Os participantes puideron gozar durante toda a semana de obradoiros, charlas informativas, deportes de aventura e exhibicións de cultura urbana.

CIPA Padrón - a CIPA pide que se limpe o casco vello de cartéis

PARA QUE NON SE REPITA E SE POÑA REMEDIO
O ESPALLADO DE CARTEIS POLO CASCO VELLO DE PADRÓN
Ven sendo práctica habitual o pegado de todo tipo de carteis nas fachadas dos inmobles do casco vello de Padrón, asi como nas portas dos puntos de información existentes. O que resulta preocupante é que o goberno municipal non só consinta dar unha imaxe deplorable en canto a limpeza e ornato da Vila, senón que incluso se converta en incumplidor da propia ordenanza municipal, colocando Bandos e Anuncios nas fachas de inmobles e escaparates esparcidos por todo o caso urbano.

Santiago - axenda martes 7 e corte de tráfico


11.00 h
Na Casa do Concello, a alcaldesa en funcións, Reyes Leis, e a concelleira María Castelao reciben a representantes do Real Colexio Maior de San Bartolomé e Santiago da Universidade de Granada.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

Ordes - ábrese a exposición "O patrimonio marítimo de Galicia"


'O patrimonio marítimo de Galicia' bota amarras nos distintos andares da Casa Consistorial de Ordes
Esta mostra permanecerá aberta ata o 31 de agosto e poderá visitarse de 8 a 15 horas completamente de balde

Brión - entrega de diplomas das actividades de verán os máis novos


ENTREGADOS OS DIPLOMAS DE PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE VERÁN DESTINADAS AOS MÁIS NOVOS
O Concello de Brión pechou o seu programa de actividades de verán coa entrega dos diplomas de aproveitamento aos máis pequenos que durante o mes de xullo tomaron parte das distintas actividades baixo a denominación "Obradoiros de verán e piscina".

Tordoia - actividades de verán


TRINTA RAPACES DO CONCELLO DE TORDOIA PARTICIPAN NAS ESCOLAS DE VERÁN MUNICIPAIS
Aberto o prazo para inscribirse nas excursións da Terceira Idade
Teatro, obradoiros e música enchen estes días o tempo de lecer dos rapaces e rapazas do Concello de Tordoia que estas semanas estanse desenvolvendo no marco do campamento urbán promovido polo Concello. Os 30 pequenos de entre 4 e 12 anos que participan nestas actividades desplázanse diariamente á Casa da Cultura ou ao Polideportivo municipal para participar destas actividades ata o vindeiro 18 de agosto.

Silleda - máis de 2000 persoas visitaron Carboeiro desde o 15 de xuño


Máis de 2.000 persoas visitaron xa o mosteiro románico de Carboeiro entre o 15 de xuño e o 31 de xullo
A maioría realizaron a visita en grupo ou en familia, e moitos deles coñecían xa o emblema turístico e patrimonial de Silleda

Circo Nove - programación de circo de Gorra no mes de agosto

Programación de agosto de circo de Gorra nas prazas de Composela

Teo - mozos do concello marcharon de campamento a Oleiros


CASE TRINTA MOZOS/AS MARCHARON DE CAMPAMENTO MUNICIPAL A OLEIROS

·        Durante os días que estarán fóra realizarán actividades de aventura, deportivas ademais de aproveitar a praia se o tempo acompaña
·        O alcalde de Teo, Martiño Noriega a e concelleira de Educación, María Álvarez Garea, estiveron na Ramallosa para despedilos

Oroso - clausura dos cursos de natación


UNHAS 150 PERSOAS PARTICIPARON NA FESTA DE ENTREGA DOS DIPLOMAS DOS CURSOS DE NATACIÓN
O concelleiro de Deportes, Luís Rey, entregou os diplomas acreditativos aos máis de cen nenos participantes

Santiago - axenda luns 6


Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.  

Silleda - este mércores concerto do grupo arxentino Chimango


A xira do grupo arxentino Chimango recala en Silleda o vindeiro mércores día 8 de agosto
-A Concellería de Cultura trae á banda, cun traballo no que colaboraron Manu Chao e Tonino Carotone, entre outros, e que será presentardo ás 22.00 horas na praza da Feira Vella

Ames - plan contraincendios


O Concello de Ames conta un ano máis cun completo plan de prevención e defensa contra incendios forestais
Como cada ano, o Concello de Ames conta cun amplo plan para colaborar nas labores de prevención e extinción de incendios forestais durante os meses de verán.

Ordes - celebrouse o XIII Festival de Bandas


A XIII Xuntanda de Bandas de Música preséntase como a cita máis musical do 'Verán Cultural' de Ordes 
A Banda de Amigos da Música de Ordes e a Banda Municipal de Boiro atrouxeron hoxe ata a Casa da Cultura a un público chegado de toda a comarca e de distintos puntos de Santiago e A Coruña

Silleda - punto de lectura nas piscinas municipáis


A Concellería de Mocidade e Infancia e a Asociación Avanza Trasdeza instalan un punto de lectura nas piscinas municipais
-A concelleira Margarita Campos e a presidenta do colectivo, Pilar Peón, levaron ata as instalacións de Silleda e da Bandeira exemplares da biblioteca itinerante

Ames - a aula CEMIT aofrece dous cursos no mes de setembro


A Aula CeMIT do Concello de Ames organiza dous cursos para o mes de setembro
A Aula CeMIT do Concello de Ames celebrará dous cursos no mes de setembro nos que os asistentes poderán aprender a empregar follas de cálculo e a levar a cabo trámites electrónicos. Ademais, a aula, que estará cerrada durante o mes de agosto, continuará coa programación multimedia e audiovisual do ano 2012.

Santiago - axenda domingo 5


20.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura o Curso universitario “Música en Compostela”. 

BNG Ordes - o BNG esixe que o alcalde faga público o orzamento das festas patronáis


O BNG ESIXE AO ALCALDE QUE FAGA PÚBLICO O ORZAMENTO DA FESTAS PATRONAIS
  • O BNG afirma que os veciños teñen dereito a coñecer o custo dunhas festas de Ordes, onde o alcalde contratou ás orquestas máis caras do País.

PP Melide - o Partido Popular esixe perdón o BNG polas falacias publicadas sobre a paga extra de nadal

O grupo municipal do partido popular de Melide esixirá perdón público polas falacias publicadas polo BNG de Melide sobre a paga extra de Nadal do goberno municipal

BNG A Estrada - para o goberno non é prioritario adicarlle unha rúa os concelleiros fusilados en 1937


Para o PP non é prioritario adicarlle unha rúa ao alcalde e concelleiros fusilados en 1937
Xosé Magariños acusa ao alcalde de falta de sensibilidade perante o fusilamento dun alcalde da Estrada e varios dos seus concelleiros, elixidos democraticamente, e asasinados por defenderen a liberdade e a democracia

Ordes - este luns celébrase o Dia do Neno e da Nena


Obradoiros, animacións, títeres, festa da espuma e moito máis no Día do Neno e da Nena que terá lugar mañá luns en Ordes
As actividades, que forman parte do Verán Cultural e que son completamente de balde, terán lugar no Campo da Feira dende as 17 horas