TEO – PISCINAS MUNICIPAIS

O CONCELLO ABRE O PRAZO O UN DE XUÑO PARA REALIZAR O CARNÉ DE ACCESO ÁS PISCINAS MUNICIPAIS DE TILOS E LUOU

· Está previsto que abran as instalacións a partir do 15 de xuño, funcionando en horario de tarde durante esa quincena

25 de maio de 2011. O Departamento de Deportes municipal informa de que o 1 de xuño abre o prazo para realizar os carnés de acceso ás piscinas municipais dos Tilos e Luou que funcionan durante o verán. Está previsto que as instalación comecen a funcionar o 15 de xuño, en horario de tarde de 16:00 a 21:15 durante esa última quincena de xuño. Nos meses de xullo e agosto o horario será de mañá e tarde, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:15 horas.

Para formalizar o carné de usuario hai que entregar no Departamento de Deportes do Concello unha fotografía tamaño carné, o xustificante de ter pagado as taxas municipais e os datos, chegando co nome e apelidos.

As taxas establecidas para o acceso ás piscinas son de 15 euros para o primeiro membro da unidade familiar, 10 euros para o segundo e 5 euros para o terceiro. A unidade familiar é a formada polos proxenitores e os seus fillos e no caso de que vaian máis de tres persoas o cuarto e sucesivos irían de balde. O pago destas taxas da dereito a ir ás piscinas durante toda a tempada e a participar nos cursiños de natación que se realizan durante os meses de xullo e agosto.

Tamén están exentos de pagamento as familias que presenten a tarxeta do paro de todos os seus membros, os maiores de 60 anos presentando o DNI, e os menores de 5 anos, para o que deben presentar o libro de familia. As persoas que queiran ir en días soltos poden adquirir a entrada nas propias instalacións das piscinas por 2 euros/día.

AMES – MAPA XEOREFERENCIADO DO CONCELLO

Xa está dispoñible o primeiro mapa xeorreferenciado de recursos turísticos do Concello

O Concello de Ames dispón dun mapa turístico xeorreferenciado que recolle os principais puntos de interese patrimonial. Este mapa recolle unha ficha por cada un dos case 50 elementos xeorrefenciados que contén o mapa. O contido destas fichas, que varía en función do carácter de cada elemento, inclúe datos relativos a súa localización, a historia, as principais características artísticas, ou incluso teléfonos de contacto, correos electrónicos e páxinas web no caso das empresas que ofertan servizos turísticos. As fichas que se recollen neste mapa compuxéronse coa información do estudo de patrimonio e co diferentes fotografías que foron seleccionadas do arquivo fotográfico elaborado polo fotógrafo Adolfo Enríquez. Este traballo pódese atopar na nova web municipal. Para iso tan só hai que premer no banner mapa multimedia.

O Concello de Ames a través da área de Turismo, integrada na Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Turismo e Medio Ambiente, no seu empeño por valorizar os seus recursos turísticos foise dotando, nos últimos anos, de distintas ferramentas que fan posible dispoñer deste novo e innovador instrumento para dar a coñecer, tanto os principais elementos de valor patrimonial como as infraestruturas e servizos, que poden ser de interese para as persoas que nos visitan, así como para os veciños e veciñas amienses.

Para a creación deste mapa xeorreferenciado foi preciso, en primeiro lugar, realizar un traballo de cartografía que contempla diferentes capas de información como por exemplo: límites municipais, principais vías de comunicación, espazos naturais, recursos turísticos, etc. e que posibilitou elaborar, e editar en papel, un mapa en formato despregable que permite un manexo cómodo e práctico. Este mapa impreso vai complementado con dous planos de rúas, un de Bertamiráns e outro do Milladoiro.

Paralelamente o Concello encargou á empresa Dehistoria a realización dun estudio, que foi apoiado economicamente pola Deputación da Coruña, para a catalogación e documentación dos bens patrimoniais que se espallan ao longo e ancho do noso territorio, e que na maior parte dos casos, eran uns grandes descoñecidos. Este traballo desenvolveuse por parroquias, e comprendeu un recoñecemento do territorio municipal, así como a consulta e investigación bibliográfica e arquivística que permitiu coñecer a historia de cada lugar e os seus elementos patrimoniais.

O seguinte paso que foi necesario dar para achegarnos ao noso propósito foi a elaboración dun arquivo fotográfico profesional, encargado a Adolfo Enríquez, un dos fotógrafos máis prestixiosos de Galicia e gañador de varios premios. Esta iniciativa ten como obxectivo contar cun banco de imaxes do que botar man á hora de elaborar e editar todos aqueles materiais de carácter promocional e divulgativo do noso concello. Unha desas ferramentas fundamentais é, por suposto, este mapa.

Unha vez acadadas as pezas, soamente faltaba montar o quebracabezas. Así, o departamento de Turismo púxose mans a obra na recompilación de información, selección das fotografías e a redacción dos textos para elaborar unha ficha por cada un dos case 50 elementos xeorrefenciados que contén o mapa. O contido destas fichas, que varía en función do carácter de cada elemento, inclúe datos relativos a súa localización, a historia, as principais características artísticas, ou incluso teléfonos de contacto, correos electrónicos e páxinas web no caso das empresas que ofertan servizos turísticos.

A seguinte, e última fase, foi a integración de todos estes elementos na web municipal. Esta tarefa, ao igual que a cartografía, foi realizada por Signo, Ingeniería del Territorio, empresa con ampla experiencia no campo de sistemas de información xeográfica, na ordenación do territorio e o medio ambiente. Para facilitar a localización do mapa no portal web municipal www.concellodeames.org creouse un banner. Iso vai axilizar e mellorar a capacidade de resposta do departamento de Turismo para atender as demandas de información que se reciben desde diferentes localidades e ao longo de todo o ano.

O manexo do mapa e fácil e sinxelo, basta con picar sobre os pictogramas, e de xeito automático, aparece a ficha cos textos e as fotografías. É posible ampliar cada unha destas imaxes premendo dúas veces sobre elas. Na parte final, tamén aparece a opción de ampliación de datos.

“Este mapa é froito dun traballo de moitos anos. Despois de ter a idea fixo falta ir acadando cada unha das pezas necesarias. Esta é unha ferramenta moi importante non só para a dinamización do turismo en Ames, senón para valorizar e achegar a riqueza patrimonial do noso territorio a todos os veciños e veciñas amienses, aproveitando as vantaxes que nos achegan as TICS, que cada vez son empregadas por máis persoas”, declara a Concelleira de Turismo, Úrsula Seijas.

Hai dous pictogramas que non conteñen información. Son os relativos aos establecementos de restauración de Bertamiráns e O Milladoiro. “O motivo que explica esta circunstancia é que non contamos cunha relación actualizada destes establecementos, e dado o elevado número que existen nos dous núcleos, pensamos que require un estudio de campo previo. O Concello xa solicitou unha axuda á Deputación da Coruña para levar a cabo esta iniciativa, xunto cun programa de dinamización da hostalaría, que está pendente de resposta”.

AMES – ESCOLAS DEPORTIVAS

800 nenos e nenas participaron este ano no programa das escolas deportivas

O Concello de Ames pon fin este sábado 28 de maio ao programa de escolas deportivas que se está desenvolvendo dende o pasado mes de outubro. O acto de clausura comezará a partir das 16:30 h. no pavillón polideportivo do Milladoiro. Os 803 nenos e nenas que participaron neste programa deportivo desenvolverán varias exhibicións sobre os deportes que practicaron durante este curso. A empresa VV Xestión de Actividades SL é a encargada de impartir estas actividades deportivas ás que asisten máis de 1.700 persoas entre cativos e adultos. Durante o curso 2010-2010 a Administración local investiu uns 410.000 euros nas escolas deportivas e obradoiros culturais.

Chegado o mes de maio o Concello de Ames clausura unha nova edición do programa das escolas deportivas. Este acto terá lugar este sábado, 28 de maio ás 16:30 horas, no pavillón polideportivo do Milladoiro. O deporte e os obradoiros culturais son unha boa forma de desenvolver unha vida saudable e adquirir valores tan importantes como a deportividade, o respecto e a tolerancia. Por este motivo, o Concello de Ames aposta ano tras ano polo desenvolvemento destas actividades que sempre acadan uns resultados moi positivos. Para facerse unha idea da gran acollida que teñen estas actividades entre os amienses só hai que botar unha ollada ao número de usuarios/as que se inscribiron este ano neste servizo municipal.

Os 800 nenos e nenas que participaron neste programa realizarán varias exhibicións. Ás 16:30 h. comezará o acto coa presentación de todos os nenos e nenas que participarán neste evento. Trala presentación realizaranse varias exhibicións sobre os deportes que practicaron durante este curso os rapaces e rapazas de Ames. Así haberá exhibicións de voleibol, tenis, baloncesto, fútbol sala, tenis de mesa, predeporte, patinaxe e intervirá o grupo de aeróbic infantil de Barouta. Dende as 18:30 h. ata 18:50 horas realizarase a entrega de agasallos. O acto rematará coa actuación da Asociación de break dance “A Vella Escola” e a Escola Municipal de Break Dance de Ames.

Nesta edición son máis de 1.700 persoas as que acoden todas as semanas as actividades das escolas deportivas. O servizo municipal das escolas deportivas atende a un total de 803 nenos e nenas. Pero este servizo non é exclusivo só para a mocidade senón que os adultos tamén dispoñen de varias actividades físicas que se imparten tanto nas localidades de Bertamiráns e O Milladoiro, así como en diferentes lugares do rural. A estas actividades acoden 968 usuarios/as. En total son 1.771 persoas as que se benefician deste servizo.
A oferta de actividades deportivas que ofrece o Concello de Ames caracterízase pola súa variedade e por estar pensadas para todos os grupos de idade. Así, os e as amantes do deporte poden escoller entre trece actividades: aeróbic, ximnasia de mantemento, baloncesto, fútbol sala, natación, voleibol, actividade física para discapacitados, predeporte, tenis, pilates, tenis de mesa e patinaxe.
Nas escolas deportivas impártense deportes como poden ser o fútbol sala, o baloncesto, patinaxe, tenis, predeporte, tenis de mesa, voleibol e natación. Son moitos os cativos que asisten polas tarde aos pavillóns de Bertamiráns e do Milladoiro para practicar estes deportes. Un dos obxectivos deste servizo é iniciar aos nenos e nenas na práctica deportiva para que adquiran o hábito de realizar exercicio a miúdo. As actividades que máis rapaces atenden son a de patinaxe con 176 usuarios/as, tenis (173), baloncesto (129), predeporte (123) e fútbol sala (85). Cun menor índice de participación están as actividades de natación (65), tenis de mesa (32) e voleibol (20).

Actividades para adultos
Por outra banda existen unha serie de actividades físicas dedicadas ás persoas adultas que tamén teñen unha gran demanda entre a cidadanía amiense. Deste xeito son moitos os veciños que acoden as clases de aeróbic, pilates, spinning ou ximnasia de mantemento. A actividade máis demandada é a de pilates con 347 usuarios/as. Este adestramento físico e metal serve para corrixir problemas no lombo ou aprender a adoptar as posturas correctas e estirar adecuadamente os músculos. Este método céntrase no desenvolvemento dos músculos internos para manter o equilibrio corporal e dar estabilidade e firmeza na columna vertebral polo que é moi usado como terapia en rehabilitación e para previr e curar a dor de lombo. Ademais hai 166 persoas que asisten as actividades de aeróbic, 154 que están apuntados en spinning e 301 que asisten as clases de ximnasia de mantemento.
É importante destacar que para facilitar a asistencia de todos os participantes hai grupos tanto en Bertamiráns como no Milladoiro, pero ademais a actividade de pilates impártese na urbanización de Aldea Nova e a de ximnasia de mantemento nos lugares de Agrón, Aguapesada, Covas, Trasmonte, Tapia, Biduído, Aldea Nova e Ameixenda.

TEO – VALORACIÓN DE MARTIÑO NORIEGA DOS RESULTADOS ELECTORAIS

MARTIÑO NORIEGA CRITICA O USO PARTIDISTA DAS INSTITUCIÓNS EN CAMPAÑA ELECTORAL E ANIMA Á XUNTA DE GALICIA A ASUMIR AS SÚAS RESPONSABILIDADES CO CONCELLO

  • O alcalde en funcións reivindicou o investimento na planta potabilizadora, o desbloqueo do centro de día e o futuro centro de saúde na Ramallosa, dependentes da Xunta de Galicia
  • Aproveitou a comparecencia diante dos medios de comunicación, acompañado dos outros oito concelleiros electos do BNG, para agradecer os resultados electorais e destacou a “responsabilidade de non defraudar aos veciños e veciñas”

23 de maio de 2011. O alcalde en funcións de Teo, Martiño Noriega, realizou esta mañá unha rolda de prensa para valorar os resultados electorais nos que o BNG acadou nove concelleiros facéndose coa maioría absoluta da corporación teense. Na súa primeira intervención o rexedor criticou o “uso partidista das institucións en campaña electoral” en clara alusión á Xunta do Partido Popular.

“As institucións deben cumplir o seu papel e colaborar, polo que animamos á Xunta de Galicia a cumplir cos compromisos pendentes co Concello de Teo” explicou Noriega. “Confiamos en que se poidan desbloquear temas como o investimento da potabilizadora, o centro de día ou o centro de saúde da Ramallosa” continuou o alcalde. Noriega dixo “é hora de que cada quen asuma os seus roles institucionais e a súa responsabilidade”. Nese senso dixo que xa existe unha reunión solicitada do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, de hai meses para abordar a ampliación da ETAP de Pontevea.

Os primeiros momentos da comparecencia foron para amosar “o agradecemento e a satisfacción polos resultados obtidos” pero destacou que “agora somos máis vulnerables xa que temos a responsabilidade de non defraudar a toda esa confianza dada polos veciños e veciñas”. Explicou que “demostramos que outra forma de gobernar é posible e sen vender motos, se non baixo o principio da honestidade e lanzando unha mensaxe de realidade a cidadanía entendeu a mensaxe e deunos o seu apoio”. Agradeceu “a confianza e a ilusión e recordou que o compromiso coa cidadanía é o do día a día”.

Martiño Noriega estivo acompañado dos outros oito concelleiros/as electos que formarán o novo grupo de goberno, e de Andrés Fernández, que pechaba a lista e neste momento aínda está en funcións.

Retos de futuro

Entre as prioridades do seu futuro goberno, que non ten o organigrama de reparto de áreas definido aínda, Noriega destacou que Teo debe convertirse nun Concello de máis de 20.000 habitantes. Este salto no padrón municipal permitirá “incrementar os ingresos ordinarios de xeito moi importante o que redundaría nunha mellor prestación de servizos”. Ademais deste reto de futuro explicou que as liñas de traballo da súa xestión serán de continuidade priorizando “servizos básicos, políticas sociais seguindo no camiño marcado nestes últimos catro anos”. Tamén fixo mención á importancia de “apostar pola democracia participativa, explicando que é necesario facer política escoitando á xente”.

Analizando o reparto de forzas na corporación o alcalde teense tamén quixo destacar que o apoio co que contou a súa forza “é un apoio amplo, plural e diverso e así o entendemos, non querendo patrimonializalo”.

RESULTADO MUNICIPALES 2011

                             
                             
           

Cerceda

               
               

Ordes

           
             

Tordoia

 

Frades

         
       

Santa Comba

                   
         

Val do dubra

Trazo

 

Oroso

           
       

A Baña

                   
           

Santiago De Compostela

 

O Pino

   

Arzúa

Melide

   
   

Negreira

           

Touro

         
         

Ames

                 
       

Brion

   

Boqueixón

             
           

Teo

   

Vila de Cruces

         
         

Rois

 

Vedra

             
   

Noia

                       
       

Lousame

 

Padrón

               
                 

Silleda

         
                             
             

A Estrada

             
                       

Lalín