Oroso, 27/08/2016 - Antigos alumnos e alumnas da escola de Senra (Oroso) homenaxearon ao seu mestre Ramón Antonio Tojo García, que traballou no centro escolar entre os anos 1967 e 1976. Foi unha xornada de reencontro na que rememoraron vivencias e recoñeceron unha vez máis a gran vocación pedagóxica do seu mestre.
Amosando publicacións coa etiqueta OROSO b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta OROSO b>. Amosar todas as publicacións
Homenaxe a Ramón Antonio Tojo, mestre en Senra nos anos sesenta e setenta
Oroso, 27/08/2016 - Antigos alumnos e alumnas da escola de Senra (Oroso) homenaxearon ao seu mestre Ramón Antonio Tojo García, que traballou no centro escolar entre os anos 1967 e 1976. Foi unha xornada de reencontro na que rememoraron vivencias e recoñeceron unha vez máis a gran vocación pedagóxica do seu mestre. Oroso ofrece hoxe xoves inchables na piscina e unha Festa da Escuma
Oroso, 25/08/2016 - A Semana Cultural de Oroso ofrece hoxe xoves, 25 de agosto, unha xornada de xogos inchables na piscina municipal en Sigüeiro. Durante todo o día, o acceso ás instalacións será gratuíto, e os xogos estarán dispoñibles entre as 11 e as 13 horas pola mañá e entre as 16 e as 19 horas pola tarde. E a partir das 19:15 horas, está prevista unha Festa da Escuma para nenos e nenas maiores de catro anos. A Aula de Música de Oroso abre o prazo para novas matrículas
Oroso, 23/08/2016 - A Aula de Música do Concello de Oroso abrirá o prazo de presentación de solicitudes para novas matrículas no curso 2016-2017 entre o 22 de agosto e o 9 de setembro. As prazas son limitadas e outorgaranse segundo a orde de entrada das solicitudes no rexistro municipal. Terán preferencia sempre as persoas empadroadas no municipio de Oroso. A Semana Cultural trae a Oroso unha vintena de actividades para todos os públicos
Oroso, 20/08/2016 - A programación da Semana Cultural do Concello de Oroso ofrecerá unha vintena de actividades para todos os públicos desde o vindeiro luns 22 de agosto ata o venres 2 de setembro.
Inaugurada a exposición de pintura dos cativos do ‘Summer Camp’ de Oroso
Teo, 19/08/2016 - Os nenos e nenas participantes no programa de conciliación ‘Summer Camp’, do Concello de Oroso, inauguraron unha exposición de arte no Museo Hortensia Ramos, situado no centro cultural de Sigüeiro. Na inauguración estiveron acompañados polos concelleiros de Deporte e Cultura, Luis Rey, e de Ensino e Benestar, Beatriz Rodeiro. O Concello de Oroso pon en marcha un punto de información para peregrinos
Oroso, 13/08/2016 - O Concello de Oroso vén de poñer en marcha un punto de información sobre o Camiño Inglés, emprazado no exterior da piscina municipal de Sigüeiro e que ofrecerá información e asesoramento aos centos de peregrinos que se achegan ata o municipio. No acto de posta en funcionamento participaron esta mañá o alcalde, Manuel Mirás, e a concelleira de Turismo, Vanesa Boo.O alcalde de Oroso responsabiliza a Fomento do caos de tráfico
Oroso, 11/08/2016 - O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, amosa o seu malestar e contrariedade co Ministerio de Fomento, ao que responsabiliza do grave atasco de circulación que se produciu durante esta mañá na estrada N-550 ao seu paso por Sigüeiro, por mor da avaría dun camión de gran tonelaxe na ponte sobre o río Tambre. A Cámara Municipal de Góis otorga a Medalla de Ouro ao Concello de Oroso
Oroso, 05/08/2016 - A Cámara Municipal de Góis vén de aprobar por unanimidade outorgarlle a Medalla de Ouro deste municipio portugués ao Concello de Oroso.
Manuel Mirás e Carlos Mouriño clausuran o Campus do Celta de Vigo en Oroso
Oroso, 1/08/2016 - O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o presidente do Real Club Celta de Vigo, Carlos Mouriño, clausuraron o campus de fútbol da Fundación Celta de Vigo en Oroso, que se celebrou durante o mes de xullo e no que participaron un total de 52 nenos e nenas de entre 4 e 16 anos. Un acto no que tamén participaron o director da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta Torres; polo presidente da ED Xuventude Oroso, José Ferro Calvo; así como directivos do Sigüeiro FC e do equipo técnico do campus.O alcalde de Oroso reclama explicacións do retraso na apertura da saída da AP-9
Oroso, 29/07/2016 - O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, acompañou esta mañá a unha delegación do PsdG-PSOE, encabezada polo candidato dos socialistas á Presidencia da Xunta de Galicia, Xaquín Fernández Leiceaga, nunha visita ás obras da xaída sur da AP-9 en Sigüeiro, paralizadas dende outubro de 2016. Unha delegación na que tamén participaron os deputados nacionais Pilar Cancela e Ricardo García Mira, así como o senador Ángel Mato.Oroso aproba unha modificación de crédito de 201.000 euros para alumeado e abastecemento
Oroso, 29/07/2016 -A unanimidade marcou o pleno municipal de xullo en Oroso, pois todas as cuestións na Orde de Día foron aprobadas co apoio dos catro grupos municipais. Así, o pleno acordou unha modificación de crédito por 201.252 euros, cuberto con remanente de Tesourería para gastos xerais, para a realización de diversas actuacións no municipio.Oroso clausura este venres os seus cursos de natación cunha festa con inchables
Oroso, 27/07/2016 - O Concello de Oroso celebrará este venres 29 de xullo a clausura dos seus cursos de natación cunha gran festa con inchables na piscina municipal de Sigüeiro. Uns cursos nos que tomaron parte un total de 156 persoas (140 nenos e 16 adultos), o que supón un significativo incremento da participación con respecto a anos anteriores.
A nova senda peonil de Oroso estará rematada antes de finais de ano
Oroso, 20/07/2016 - O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, asistiu á acta de replanteo das obras de mellora da seguridade viaria na DP-3801 de Sigüeiro a San Mauro. Unhas obras orzamentadas en 148.381,77 euros e que contemplan a construción dunha nova senda peonil de 2 metros de ancho, que discorrerá pola marxe dereita da calzada e que servirá de conexión dos distintos tramos de beirarrúas xa existentes entre os puntos quilométricos 2 e 3+280 desta estrada provincial.Oroso organiza un taller gratuito de formación sobre drons
Oroso, 14/07/2016 - O Concello de Oroso, a través da súa Aula CeMIT, ofrece un taller de formación para achegar coñecementos acerca da tecnoloxía dos drons durante a próxima semana, de luns a xoves en horario de 10:00 a 12:00 horas. Un obradoiro que orientará dun xeito sinxelo e práctico a calquera persoa con interese no ámbito dos vehículos aéreos non tripulados, tanto con unha finalidade profesional como lúdica. Mirás cualifica de “auténtico esperpento” a nova paralización das obras da AP-9 en Sigüeiro
Oroso, 08/07/2016 - “O que está pasando é un auténtico esperpento. Nos anos que levo de alcalde non vin cousa semellante”. Así resume o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, a situación que se está a vivir no municipio coa paralización das obras da saída sur da AP-9 en Sigüeiro, que o vindeiro mes de agosto cumpriran un ano de atraso sobre a primeira data ofrecida polo Ministerio de Fomento para a súa inauguración.Cativos de Oroso participaron nos dous obradoiros do programa “Todocosmos”
Oroso,
03/07/2016 - Unha trintena de nenos e
nenas de Oroso, de entre os 3 e os 9 anos, participaron estes días nos dous
obradoiros gratuítos de “Todocosmos”, o programa de divulgación da ciencia
astronómica do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de
Santiago de Compostela, que conta coa colaboración do Concello de Oroso e da
FECYT.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




