Axenda e tempo do sábado 6 de decembro - Música, teatro, exposicións

Santiago - Casa das Crechas - A singer off songs

Santiago - Área Central - actividades de Nadal

Santiago - Hostal dos Reis Católicos - Pablo Carbollel a favor da cociña económica

Santiago - Multiusos do Sar - Fito e Fitipaldis

Val do Dubra - Teatro - Sede de mal 

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Araguaney - Pintojos II (ata o 7 de decembro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Barriga Verde, de feira en feira (ata o 11 de xaneiro)

Santiago - Auditorio de Galicia - Xulio Maside (ata xaneiro 2015)

O Tempo

Casa das Crechas - concerto do belga A Singer of Songs

Presentará aquí o seu quinto disco, ‘From hello to goodbye’, que vén de publicar
Está de xira por Galicia que o leva a Pontevedra, Lugo, Compostela e Vigo

A Casa das Crechas acolle mañá sábado o concerto de A Singer of Songs, o proxecto solitario de Lieven Scheerlinck, un belga afincado en Barcelona. Comezou como cantautor, pero logo a súa soidade foi diluíndose, e hoxe é unha banda de xeito evidente. 

Laura Räsänen (violín e voz) e Pau (contrabaixo) acompañan a Lieven na presentación do seu cuarto álbum, ‘From hello to goodbye’, editado por Son Canciones, o selo que Lieven cofundou. Un disco sobre deixar a soidade, abrir a porta e atreverse a ver o mundo, que se publicou o pasado 6 de outubro. Xa está en formato dixital en Bandcamp, iTunes e Spotify, e tamén en formato físico (cd e vinilo).

Lieven e o seu grupo están de xira por España e Europa presentando este traballo, e estes días pasan por Galicia: onte en Pontevedra (Pequeño Karma), hoxe venres Lugo (Clavicémbalo), o sábado na Casa das Crechas e o domingo en Vigo (La Casa de Arriba). 


A Singer of Songs: 

Lieven Scheerlinck – voz e guitarra 

Laura Räsänen – voz e violín 

German Gadea – trompeta 

José Roselló – batería

Discografía: 

I dig for gold (2008, auto-editado) 

Old Happiness (2010, Underused Records & HI54LOFI Records) 

LittleNotes (con Tiny Ruins, EP, 2010, HI54LOFI Records) 

There is a home for you (2013, HI54LOFI Records) 

From hello to goodbye (2014, Son Canciones)

Pacto X Ames - 3 anos sen orzamentos

Ames afronta o 2015 sen orzamentos, será a terceira prórroga consecutiva. O alcalde poderíacerrar o mandato coa bagaxe de tan só un orzamento aprobado en catro anos.

Pacto x Ames presentou no mes de agosto unha proposta xenérica aos orzamentos para a súa negociación que aínda non tivo contestación.

Cando faltan tan só 15 días hábiles para rematar o ano, o Concello de Ames segue cos orzamentos prorrogados entrando no terceiro ano consecutivo. Será o terceiro ano que o capítulo 6 relativo a inversións estea paralizado e será o terceiro ano de retroceso non servizos básicos, nos servizos sociais, provocando unha xestión claramente regresiva que ten como graves consecuencias a falla de resolución de temas esenciais como:

Ø Transporte adaptado.

Ø As carencias sanitarias e educativas do Milladoiro.

Ø A situación da rúa Anxeriz do Milladoiro.

Ø O deterioro dos Servizos Sociais.

Ø A ampliación da depuradora de Sisalde (Bertamiráns).

Ø Cemiterio municipal.

Ø Edificio de usos múltiples de Aldea nova.

Ø Servizo de contratación da auga e o saneamento.

Ø A suba de impostos como o IBI.

Ø O abandono do rural.

Ø A falla de mantemento das instalación municipais e o patrimonio.

Ø O deterioro dos 1.200 quilómetros de pistas interiores de Ames.

Ø O retroceso nas escolas deportivas e nos comedores escolares.

Ø A carencia en atención veciñal e social.

Ø A carencia en políticas de emprego e promoción económica.

Todas estas cuestións esenciais, seguen sen resolversepola falta de iniciativa, actitude e aptitude do grupo de goberno popular, de aí que PxA fixera en sede plenaria e nos medios de comunicación constantes referencias á situación crítica que provoca ter os orzamentos prorrogados.

Mentres nos concellos limítrofes van sacando os orzamentos en prazo, en Ames non hai trazas, e si temos en conta a situación inestable e en minoría do actual goberno, o tempo volve a xogar en contra debido a falla de capacidade de negociación do grupo popular.

Dende que o 24 de abril o Alcalde enviara unha convocatoria de reunión sobre os orzamentos municipais do 2014 para o 7 de maio,PxA foi o único partido que presentou propostas e comprometeuse a realizalas por escrito nunha próxima reunión que nunca tivo lugar. Esta foi a primeira e única vez que se falou dos orzamentos do ano 2014 en Ames.

No mes de agosto, e como consecuencia de non convocar a comisión de orzamentos, PxA presentou por rexistro de entrada unha proposta de 8 puntos co obxectivo de facilitar a labor do goberno e comezar a definir o documento económico máis importante pero tampouco tivo resposta.

Parapetado e illado en si mesmo, Santiago Amor vai camiño de converterse no Alcalde dos Récords, todos eles negativos. Récord en dilapidar un goberno en pouco máis de un ano, en contratos desertos que provocan perdas millonarias para o concello, en regresión nos servizos sociais, en perda de subvencións, en ausencia e obras e proxectos novos, en dilapidar os servizos que funcionaban de xeito ordenado como as escolas deportivas ou os comedores escolares, récord en crispación e inestabilidade e agora tamén, récord en prórrogas orzamentarias.

En definitiva, unha falta de capacidade de traballo que estamos pagando moi caro todas as persoas que vivimos en Ames.

BNG Compostela - Rubén Cela tratará de recadar o apoio do Concello ás persoas emigrantes retornadas

“Neste colectivo creou indignación ver que a Axencia Tributaria os trata como defraudadores e non como emigrantes que foron gañar o pancun traballo que se lles negaba no seu propio país”

O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, presentou en rolda de prensa unha moción destinada a recadar o apoio do Concello de Santiago ás persoas que perciben pensións do estranxeiro afectadas pola reclamación da Axencia Estatal Tributaria.

En concreto, require que se demande do Goberno do Estado español que proceda á modificación lexislativa para fixar un mesmo réxime do IRPF para as rendas procedentes de pensións, con independencia de se estas proceden dun estado ou de varios; o recoñecemento de oficio das pensións de invalidez expedidas nos países de procedencia coa finalidade de acreditar a exención na tributación destas pensións; e a revisión dos convenios marco con outros países para evitar que situacións deste tipo poidan volverse producir.

Segundo explicou Rubén Cela, foron milleiros as persoas galegas que se viron obrigadas a abandonaren o noso país dende o século XIX para procurar traballo cara a América; a mediados do século XX a lugares do Estado español e ao resto de Europa, sobre todo a Suíza, Alemaña, Bélxica e Holanda, entre outros. “Quen non ten un familiar emigrante”, preguntou retoricamente o portavoz municipal nacionalista, “unha parte deles retornaron a Galiza e, no caso concreto de Santiago de Compostela, os datos oficiais falan de máis de 3.000 persoas que emigraron e que actualmente residen na nosa cidade”.

Moitas destas persoas, nos últimos tempos, atoparon unha “desagradábel sorpresa”, unha comunicación en forma de requirimento da Axencia Tributaria que lles pedía que declarasen as cantidades percibidas coa finalidade de proceder á regularización ou, no seu caso, á formulación da declaración sobre o imposto das persoas físicas correspondentes aos exercicios de 2008 a 2011. Ademais da sorpresa inicial, “neste colectivo creou indignación ver que a Axencia Tributaria os trata como defraudadores e non como emigrantes que foron gañar honradamente o pan cun traballo que se lles negaba no seu propio país”, cando é evidente que esas persoas non foran informadas debidamente o que confirma a falta de intencionalidade de defraudar, posto que os estados pagadores nunca expediron a certificación que lles reclaman.

Esa contestación social, que o BNG ten apoiado sempre, foi a que conseguiu que o PP recuase parcialmente na súa posición inicial e a que motivou que se introducise na reforma fiscal prevista para 2015 un proceso de regularización deste colectivo aínda que non asegura un trato fiscal equitativo, sinalou Rubén Cela.

Oroso - Prazo para os Campamentos de Nadal 2014

O Concello de Oroso abre o prazo de inscrición no Campamento de Nadal 2014
Terá lugar ao longo de 10 días e inclúe inmersión lingüística en inglés 

O Concello de Oroso convoca o seu Campamento de Nadal 2014, dirixido a nenos de entre 3 e 12 anos e que terá lugar ao longo de dez días, coincidindo coas vacacións escolares (22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro e 2, 5 e 7 de xaneiro). Ás tradicionais actividades lúdicas, manualidades e xogos incorpórase este ano unha novidade: todo o programa terá lugar en inglés.

As cotas de inscrición dependen do número de horas nas que o rapaz participe na actividade (5 ou 8 horas) e de se queda a xantar ou non. A colaboración do Concello de Oroso e a empresa Trastes para a organización desta iniciativa permitirá ampliar o número de opcións para os pais e nais, que poderán escoller a opción que mellor se adecúe ás súas necesidades. Así, os prezos xerais serán de 60 euros (para o horario de 9:00 a 14:00 horas) e de 90 euros (de 7:00 a 15:30 horas). Outra das novidades é que se permite a participación por días soltos, coas tarifas de 7 e 10 euros, respectivamente. 

Ademais, por primeira vez se ofrece tamén a posibilidade de que os pais compatibilicen outros horarios, de xeito que a hora adicional se abonará a 5 euros. Tamén haberá acceso a outros servizos como almorzo (2 euros), xantar (5 euros) ou merenda (3 euros). As persoas interesadas en que os seus fillos e fillas poidan participar neste programa deberán formalizar a inscrición no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro (981 69 09 03) ou en Trastes (881 981 905).

Teo - O concello organiza o tradicional encontro de voces corais cantateo

· Oito formacións corais de Teo participan neste encontro que se celebrará os domingos de decembro no Centro Cultural da Pontevella

O Concello de Teo a través do Departamento de Cultura organiza en decembro o tradicional encontro de voces corais, Cantateo. Trátase dunha serie de concertos que se celebran os domingos do mes de decembro e no que participan as formacións corais de Teo. Este ano concretamente os concertos serán os domingos 7, 14 e 21 e participan oito coros ou corais. 

Teo ten unha importante tradición con moitas parroquias con un ou máis grupos de voces corais. Este domingo 7 de decembro participan a Coral polifóncia da SR de Calo e as Cantareiras da SR de Calo. O domingo 14 contaremos coa actuación do Grupo de canto Aleceia dos Tilos, o Coro parroquial de Cacheiras e a Coral polifónica de Luou. 

Pechan este encontro anual o 21 de decembro o Coro da igrexa evanxélica da Ramallosa, a Coral da Asociación Cultural Cruceiro do Monte e o Coro parroquial de San Francisco de Asís dos Tilos. 

Este ano as actuacións programáronse no Centro Cultural da Pontevella ás 17:00 horas e a entrada é de balde. En anos anteriores fíxose no CSC da Ramallosa, que por mor dunhas obras estaba fóra de servizo nas últimas semanas. Nos últimos días rematábanse os traballos no local da Ramallosa polo que se agarda que a programación municipal nas próximas semanas poida ir recuperando ese espazo. O Concello agradece a disposición amosada neste tempo por asociacións como a Pontevella en Reis ou a Rosalía de Castro en Cacheiras que facilitaron o uso dos seus espazos para actividades municipais.

Silleda - Éxito do certame Silledagasalla

Éxito de participación no certame Silledagasalla con máis de 400 lemas e 200 debuxos
-Os traballos realizados polo alumnado silledense exporanse na Casa da Xuventude a partir do vindeiro día 17
-Escolléronse 30 lemas que se editarán como pegatinas para os regalos en comercios asociados con ECOS

O certame Silledagasalla vén de estrearse este Nadal en Silleda cun gran éxito de participación. Trátase de unha iniciativa posta en marcha dende a Concellería de Normalización Lingüística en colaboración co IES Pintor Colmeiro, o colectivo ECOS e os departamentos de normalización do resto dos centros educativos.

Este certame, para o fomento da lingua, ten dous apartados. Así, por un lado elixiranse os lemas máis orixinais que se repartirán entre os comercios asociados de ECOS para acompañar os agasallos de Nadal dos clientes.

A outra das variantes, pasa pola elección dos mellores debuxos que protagonizarán os cartaces deste programa. O concurso levouse a cabo nos distintos centros educativos, que participar de xeito moi activo.Así, presentáronse máis de 400 lemas e máis de 200 debuxos, realizados polo alumnado deos centros educativos (CEIP Bandeira, CEIP Silleda, IES Colmeiro e Colexio Plurilíngüe María Inmaculada).

Á vista da calidade e do esforzo dos alumnos e alumnas, todos os traballos formarán parte dunha mostra que poderá verse na Casa da Xuventude a partir do vindeiro día 17.

De todos os traballos presentados elixíronse 30 lemas que se transformarán en pegatinas para colocar nos regalos de Nadal nos comercios asociaciados de ECOS que así o soliciten. 

Dende o Concello editaranse 1.000 pegatinas con estes lemas.

“É de agradecer a colaboración dos centros educativos e do alumnado”, sinala a concelleira de Normalización, Margarita Campos, que destaca a orixinalidade nas presentación.

O outro certame escolar de Nadal é o de decoración nos centros, que repite logo do éxito do pasado ano. Os traballos deberán de estar listos o día 17, xornada na que o xurado fará as visitas de valoración. 

Árbores Solidarias
Por outra banda hoxe comezáronse a colocar en varios centros municipais as chamadas árbores solidarias, que baixo o lema Ningunha familia sen Nadal, recibirán ao seu pé alimentos, roupa, xoguetes… complementando así os puntos de entrega do programa municipal Silleda Solidaria.

Melide - Solicitude de subvencións a Deputación

A Xunta de Goberno Local ven de aprobar a solicitude de 393.000€ dentro do programa das suvencións da deportivas, culturais e de promoción económica de cara ao vindeiro ano a través da Diputación da Coruña.

Salientar dentro da área de promoción económica a mellroa da ilumnicación no pazo de congresos e exposicións e mostradores para a venta ambulante , adquisicións de colectores de recollida selectiva así como a súa suxección e a realización dunha campaña de compostaxe domestica. Xa dentro da actividade económica a promoción do comercio e do Turismo sendo esta unha das cantidades maiores destinada a actividades do centro ocupacional para persoas con discapacidade psíquicas , tamen debido ao gran éxito solicitouse unha subvención para arealizar un adosado de cinco módulos para o ximnaasio da piscina municipal.

A maior cuantia e o plan de dinamización de servizos sociais comunitarios básico do concello de Melide, subvención de 132.217€ na que hai que engadirlle as actividades do programa de maiores activo.

Axenda e tempo do venres 5 de decembro - música, teatro, desfiles, exposicións

Santiago - Hostal dos reis Católicos - desfile benéfico

Santiago - Salón Teatro - Aula de teatro da USC

Auditorio - Real Filharmonía de Galicia 


Santiago - Sonar - tributo a Platero y Tu

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Araguaney - Pintojos II (ata o 7 de decembro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Barriga Verde, de feira en feira (ata o 11 de xaneiro)

Santiago - Bus Station Space - Imaxinar que soño (ata o 4 de nadal)

Santiago - Zona C - Ukelele Project (ata o 5 de nadal)

Santiago - Auditorio de Galicia - Xulio Maside (ata xaneiro 2015)

O Tempo

Área Central - Papá Noel e hinchables hoxe no centro comercial

Tras el arranque la semana pasada de la campaña de Navidad, Area Central continúa este fin de semana con sus actividades. Además de la visita diaria de Papá Noel, mañana viernes los niños podrán saltar en tres hinchables que estarán distribuidos en diferentes puntos del centro comercial. 

Hoy  viernes, en horario de 17.30 a 20.30 horas, tres hinchables se colocarán en diferentes espacios del centro comercial: uno de ellos en la esquina roja, otro en la esquina amarilla y el último en la esquina verde de la planta primera. Se tratan de tres hinchables diferentes, idóneos para edades diferentes para que todos los niños que quieran puedan brincar y pasar un rato agradable en Area Central.

Además, durante dos horas, de 18.00 a 20.00 horas, Papá Noel se puede visitar enfrente de la cabina de información para saludar y repartir caramelos a todos los niños que se acerquen a él. Las actividades continuarán el sábado, jornada festiva en la que los establecimientos comerciales abrirán en su horario habitual.

En estas Navidades Area Central ha vuelto a realizar un gran esfuerzo para elaborar un amplio programa de actividades pensado para todos los públicos, en especial para los niños, que son los verdaderos protagonistas de estas fechas.

viernes 5

De 17:30 a 20:30 horas 
SESIÓN DE HINCHABLES
Los niños podrán saltar y disfrutar en tres hinchables repartidos por el centro comercial.
De 18:00 a 20:00 horas 
CABINA DE INFORMACIÓN  RECEPCIÓN Y VISITA DE PAPÁ NOEL
Los niños podrán conocer a Papá Noel, quien repartirá caramelos entre los visitantes.

Sábado 6

De 17:30 a 20:30 horas
SESIÓN DE HINCHABLES
Los niños podrán saltar y disfrutar en tres hinchables repartidos por el centro comercial.

De 18:00 a 20:00 horas
CABINA DE INFORMACIÓN  RECEPCIÓN Y VISITA DE PAPÁ NOEL
Los niños podrán conocer a Papá Noel, quien repartirá caramelos entre los visitantes.

De 18:00 a 20:00 horas
“SÁBADOS CREATIVOS” CON PLANETA SHALOM
La Asociación Planeta Shalom continúa con sus “sábados creativos”, esta vez centrados en la Navidad. Los niños podrán realizar manualidades y demás actividades lúdico-educativas.

De domingo 7 a jueves 11

De 18:00 a 20:00 horas
CABINA DE INFORMACIÓN  RECEPCIÓN Y VISITA DE PAPÁ NOEL
Los niños podrán conocer a Papá Noel, quien repartirá caramelos entre los visitantes.

Cociña Económica - Concerto benéfico de Pablo Carbonell a favor da cociña económica

PABLO CARBONELL E A DENOMINACIÓN DE ORIXE RIBEIRO OFRECEN UN CONCERTO E CATA DE VIÑOS A BENEFICIO DA COCIÑA ECONÓMICA DE SANTIAGO ESTE SÁBADO

A Capela Real do Parador Hostal dos Reis Católicos acollerá o Concerto Enoacústico Solidario Pablo Carbonell & Ribeiro o 6 de decembro as entradas donativo custan 12 euros

A Denominación de Orixe organiza un concerto enoacústico de Pablo Carbonell a prol da cociña económica de Santiago, que se celebrará o 6 de decembro na Capela Real do Parador Hostal dos Reis Católicos da capital galega. O evento consistirá na cata comentada de dous viños brancos da D.O.Ribeiro, Vilerma 2013 e Viña Mein 2013 da man do director técnico do C.R.D.O. Ribeiro, Pablo Vidal e o posterior concerto en acústico de Pablo Carbonell de, aproximadamente, 90 minutos. Así mesmo, haberá varias sorpresas para o público asistente.

A cita comezará ás 21.30 horas, aínda que o recinto abrirá portas ás 21.00, e xa ten as súas entradas donativo á venda, a un prezo de 12 euros, na Reixa Tenda (Rúa de Mazarelos, 9). Todos os beneficios do concerto serán destinados á Cociña Económica de Santiago.

Durante o concerto, que está organizado pola D.O. Ribeiro e conta co patrocinio de Banco Sabadell Gallego e a colaboración de Paradores, os asistentes poderán gozar dos viños previamente presentados acompañados por pinchos preparados polo Hostal dos Reis Católicos exclusivamente harmonizados para enxalzar o saboroso dos ribeiros brancos a prezos populares.

Touro - Reparacións no interior e nos accesos a oito aldeas


El Concello de Touro destinará 164.000 euros al POS 2015, que también impulsará el mantenimiento y reparación de la red viaria del municipio

El Concello de Touro reparará el interior y los accesos de un total de ocho pequeños núcleos de población repartidos por el municipio. La mayoría de las actuaciones consiste en reparar el firme del interior de esas aldeas con una capa de asfalto y también sus accesos. El arreglo afecta a los siguientes núcleos de población: Vilanova (Loxo), aldea de Loxo, Campelo, Corneda, Dioño, Castelo, Abelenda y Foxás de Abaixo. Estas obras figuran en el presupuesto del Plan de Obras e Servizos (POS 2015) para el próximo ejercicio que aprobó recientemente el pleno del Concello de Touro. La inversión total de este plan suma 164.000 euros. Las obras se ejecutirán a partir del próximo ejercicio de 2015 y están incluidas en el presupuesto del Concello de Touro para el año que viene.

El alcalde de Touro, Ignacio Codesido, destaca que el primer semestre de 2014 fue muy lluvioso y el mal tiempo fue generalizado, incidiendo sobre algunas infraestructuras viarias y sobre el interior y los accesos de algunas aldeas. “Esto provocou que entrase moita auga nos pequenos núcleos de poboación do Concello”. Por eso el POS de 2015 incide en la reparación del interior de un total de ocho aldeas así como de sus vías de comunicación. La mayoría de las actuaciones radica en la reparación del firme del interior de los núcleos y de los accesos.

Entre otras actuaciones del POS 2015 también figuran la rehabilitación y reparación de un total de 300 metros de un tramo de la senda peatonal en Fonte Díaz, que cuenta con un ancho de dos metros. Los trabajos consistirán en la limpieza de cunetas y dotarla de un firme de hormigón. Esta obra tiene un presupuesto de unos 14.000 euros.

El resto de actuaciones del POS 2015 consisten en la reparación de la red viaria, dontándola en su mayoría de una nueva capa asfáltica. Entre esos proyecto está la infraestructura viaria que lleva hasta la cima de O Coto (Loxo), la cota más alta del Concello de Touro, desde la localidad de As Goritas. Son un total de 600 metros y el presupuesto es de casi 7.000 euros.

Las demás actuaciones sobre la red viaria de Touro son: camino de Barreiriña a Bugalleira, camino de la carretera de la Diputación a Andeade, vía de Margaride hasta el límite con el Concello de O Pino (Beseño), carretera en Agra de Calvos, carretera en Agra de Beseño, ampliación del camino en Calvos de Arriba, camino de O Castro a Mariana, carretera en Sanguiñedo y cuneta revestida en Andeade. Los presupuestos de estas obras van desde los 12.000 hasta los 2.500 euros. En su práctica totalidad incluyen el asfaltado además de la reparación de cunetas. El Concello de Touro trata de mantener al día su red viaria a través de estas inversiones. Así consigue favorecer la movilidad de los vecinos y vecinas que habitan en el municipio e impulsar también su desarrollo económico, basado fundamentalmente en el sector primario.

Foto: Indicador que señala la dirección hacia Vilanova, una de las aldeas cuyo firme será reparado.

Ordes - O PSOE de Ordes presenta emendas por máis de 2,8 millóns de euros aos Orzamentos da Xunta

Ás reclamacións en materia de obras e saneamento, este ano os socialistas ordenses solicitan 7.000 euros para a posta en funcionamento do ascensor do IES nº 1 

A Agrupación Socialista de Ordes vén de presentar no Parlamento de Galicia, a través do grupo parlamentario socialista, unha serie de emendas aos orzamentos da Xunta para 2015 por un importe de 2.871.000 euros. O secretario xeral dos socialistas ordenses, Xesús Pedreira, indica que “un ano máis e xa van cinco seguidos, a Xunta de Galicia volve a castigar a Ordes sen ningún tipo de investimentos no seu proxecto de Orzamentos para 2015” e ironiza dicindo que “aínda que este ano o PP poderá presumir de que a comarca de Ordes si que está contemplada nos Orzamentos, cunha partida de 420 euros para mantemento de aplicacións informáticas e a repartir entre os sete concellos da comarca”.

Para o secretario xeral dos socialistas ordenses, “a Xunta volve a actuar de xeito partidista e castiga aos municipios que non teñen un Goberno do Partido Popular, aínda que iso supoña deixar á veciñanza sen obras fundamentais, que xa estaban comprometidas pola propia Xunta e que non se acometen por razóns meramente de interese electoral”. Por esa razón, os socialistas de Ordes presentaron no Parlamento de Galicia unha serie de emendas aos Orzamentos da Xunta de 2015. “Para que non critiquen que pedimos demasiado, desta vez incluso baixamos as nosas peticións en máis de dous millóns de euros, aínda que nos tememos que nos toparemos unha vez máis coa intransixencia do PP, que incluso será quen de negarlle aos estudantes do IES nº 1 de Ordes os 7.000 euros precisos para a posta en marcha do ascensor, aínda que iso supoña incumprir as leis que a propia Xunta dicta”.

Relación de investimentos
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas é a que concentra o maior número de emendas. Este ano, a preocupación do PSOE de Ordes céntrase en materia de saneamento e abastecemento de augas, nas que solicitan a execución de catro proxectos por un importe de 1.134.000 euros. Así, os socialistas de Ordes solicítanlle á Xunta de Galicia que teña en conta a petición aprobada polo pleno municipal ordense e destine 600.000 euros á mellora da estación de tratamento de auga potable de Ordes, unha instalación antiga e que na actualidade se atopa con fendas que fan temer pola súa integridade. Ademais, solicítanse 239.000 euros para mellorar a calidade da auga dos veciños e veciñas do Mesón do Vento (Ardemil), que teñen que aturar unhas augas moi ferrosas nas súas billas.

Os socialistas de Ordes solicitan 160.000 euros para rematar o abastecemento de auga e o saneamento de Reboredo-A Gorita, obra que xa foi iniciada polo Concello de Ordes con cargo ao POS da Deputación diante da inacción da Xunta de Galicia; así como outros 135.000 euros para o abastecemento e saneamento dende A Brea (por Orelláns, Porta do No) e con depuradora no encoro de Vilagudín (onde se dá o paradoxo de que existe unha instalación pero non pode ser utilizada pola veciñanza porque non están rematadas as obras). 

Así mesmo, os socialistas de Ordes volven solicitarlle á Xunta 1,2 millóns de euros para a mellora e ampliación da estrada Ordes-Cerceda por Mercurín, despois de que o Goberno Central recoñecese recentemente que o convenio comprometido en 2008 ao abeiro do Plan Míner caducara por falta de vontade política por parte da Xunta de Galicia.

Finalmente, os socialistas manteñen a súa reclamación de 500.000 euros para a elaboración dun Plan Estratéxico para o Sector Téxtil da Comarca de Ordes e unha achega de 30.000 euros para o Museo do Traxe Juanjo Liñares, “que nunca recibiu achega ou axuda ningunha por parte da Xunta de Galicia e está sufrindo problemas de humidades”, denuncia o concelleiro socialista.

Val do Dubra - O sábado no auditorio de Bembibre "Sede de Mal"

O auditorio mnicipal de Val do Dubra, en Bembibre, acolle o próximo sábado, día 6 de decembro de 2014, a obra ‘Sede de mal’, interpretada por Luís Iglesia B e por Xabier Deive. 

Será a partir das 21.00 horas e de entrada libre. 

A representación da obra, “unha comedia de 12 cordas sobre o lado escuro da vida”, foi impulsada polo Concello de Val do Dubra e conta co apoio da Deputación da Coruña.

 ‘Sede de mal’ é unha producción de Boneca lareta, está dirixica por Pesudónimo e os seus autores son: Carlos Santiago, Xabier Deive e Luís Iglesia B.

Negreira - O expediente das obras da xa famosa Praza das Brañas non deixa de sorprendernos.

Recentemente tivemos acceso ao informe de fiscalización que se redactou para dar validez ao convenio asinado no seu momento entre a Deputación da Coruña e o Concello de Negreira, e mediante o cal o organismo provincial subvencionaba dita obra.

Dito informe aporta mais dúbidas, ao xa estraño e sospeitoso expediente, e pon de manifesto que quen asina dito escrito entenden que o Convenio entre o Concello e Deputación contén irregularidades varias.

Así podemos dicir que o Informe de Fiscalización da Deputación da Coruña di textualmente “ si bien el art. 22.2 de la Ley General de Subvenciones y los arts. 65 a 67 del Reglamento del citado texto legal contemplan la posibilidad de otorgar suvbenciones nominativas de concesión directa, debe recordarse que los principios generales para su concesión son los de publicidad, concurrencia, igualdad y no discriminación y solo razones extraordinarias de interés público que deben acreditarse expresamente pueden justificar su excepción. En documentación aportada no se incluye la motivación y la acreditación de las causas que justifican la subvención nominativa propuesta, la cuantía otorgada y la imposibilidad o no conveniencia de participar en los programas generales de convocatoria pública. Por tanto, concurren las circunstancias contenidas en el art. 216.2. c del Real Decreto Legislativo 2/2004, por el que se aprueba el T.RL.R.H.L., al haberse omitido en el expediente requisitos o trámites esenciales, por lo que se formula nota de reparos a la formalización del presente convenio.”

Noutro párrafo o mesmo informe di textualmente: “ Cómo ya se indicó al inicio de este informe, los certificados de terceros están caducados por lo que se ignora si el ayuntamiento está al día en sus obligaciones tributarias y con la seguridad social, y por tanto si se podría incumplir lo prescrito en el art. 34.5 de la Ley 38/2003 general de subvenciones en caso de que se aprobara en estas condiciones.”

Visto o informe de fiscalización elaborado pola Deputación da Coruña non nos queda mais remedio que preguntar ao Alcalde do Concello de Negreira si segue a dicir que o expediente en cuestión está perfectamente elaborado e confeccionado.

Así mesmo non nos queda mais remedio que preguntar ao Presidente da Deputación da Coruña e a tódolos grupos políticos con representación na entidade provincial ( incluído o Psg-Psoe ) por que apoiaron incondicionalmente esta obra sen advertir das deficiencias existentes no expediente de tramitación da subvención ou polo menos por qué non solicitaron por escrito ao Concello de Negreira que subsanase as irregularidades que o informe de fiscalización da Deputación da Coruña sinala.

Unha vez mais podemos dicir que todo o que rodea a obra da Praza das Brañas é dun color escuro que esperamos se vaia clarexando pouco a pouco.

Ames Novo - O Concello duplica os tempos medios de morosidade municipal

O Estado ven de publicar, por primeira vez, os datos do Pago Medio a Proveedores das CCAA e Entidades Locais na web do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas, A consulta desta publicación permite constatar que o periodo medio de pago das Comunidades Autónomas sitúase en 42,89 días,e o das Corporacións Locais e en 24,84.

No Concello de Ames, cuxo goberno tanto presume de boa xestión, o período medio de pago está situado en 55,81 días, é dicir mais do dobre da media do Estado, sendo a 5ª entidade máis morosa da provincia da Coruña. Esta situación xera un claro e directo prexuízo, en primeiro lugar, para os provedores (moitos deles pequenas empresas) que agardan a que o concello lles liquide as débedas contraidas. Pero pode, ademais, ter consecuencias graves para toda a cidadanía xa que, caso de que na próxima publicación deste indicador de morosidade que se efectuará unha vez rematado o presente ano, se constate que o Concello de Ames continúa superando o límite máximo de 30 días establecido pola lei, o Estado pode practicar unha retención dos recursos derivados da participación en tributos estatais para corrixir esa mora e, aínda máis, obrigar ao Concello a acceder aos mecanismos adicionais de financiamento previstos polo Ministerio na normativa que rexe a morosidade nos pagamentos a provedores das administracións públicas. É dicir, se os datos correspondentes ao cuarto trimestre de 2014 constatan a mesma situación de morosidade por parte do Concello de Ames, a consecuencia directa será unha perda de ingresos xestionados desde o propio organismo municipal e, xa que logo,unha importante minoración da súa autonomía financeira.

E mentres, en lugar de atender a situacións que poñen en perigo o funcionamento futuro da institución, os membros do goberno se enlean en disputas polas migallas do Plan de Obras da Deputación, o único investimento real efectuado, de acordo coas Contas Xerais que eles mesmos veñen de someter a Pleno. O uso electoralista e caciquil deses fondos xa precipitou unha escisión no PP local que deixou o goberno en mans dunha minoría de só cinco edís. Agora, coincidindo coa aprobación, no límite dos prazos, dun Plano de obras en pleno inicio do período electoral, previa componenda cos que antes se escindiron, prodúcese un novo abandono no goberno que queda en mans de catro concelleiros nunha corporación de 21 membros.

A realidade é que no Concello de Ames non se inviste, o goberno sacou adiante un Plano de Axuste que, dicían, ía convertelo nunha administración solvente mais que só se concretou nun incremento da débeda, un empeoramento dos servizos e estar no grupo dos concellos peor pagadores. Pero o goberno de Amor, non ten tempo nin capacidade de ocuparse dos problemas de solvencia municipal e, por conseguinte, para atender as necesidades da cidadanía, abafado como está polas continuas liortas e divisións internas no seu grupo desde a celebración das anteriores eleccións municipais.

Obradoiro cab - Moncho Fernández: “Mi sueño como compostelano era estar muchos años en este proyecto”

El técnico hace sus primeras declaraciones en la cervecería más histórica de Estrella Galicia, tras el anuncio de su renovación realizado ayer en el Basket & Cheese por el presidente Raúl López

El entrenador del Rio Natura Monbus Obradoiro, Moncho Fernández, ha afirmado hoy antes los medios sentirse“enormemente agradecido, pero también responsabilizado” tras el anuncio de su renovación de contrato con el club santiagués hasta el año 2016.

Raúl López, presidente del club, abrió la comparecencia agradeciendo el recibimiento a Estrella Galicia en “la casa de la mejor cerveza del mundo”. “Estamos aquí, en A Coruña, donde la próxima temporada tendrá lugar la cita más importante del baloncesto español: la Copa del Rey con el Rio Natura Monbus Obradoiro como anfitrión. Este es un éxito de mucha gente: del Ayuntamiento de A Coruña, que ha sabido proyectar la visión tremenda dimensión que tiene para una ciudad un acontecimiento como este; y también estoy especialmente satisfecho por el Consejo de Administración del club, que ha conseguido aunar una serie de voluntades que van dotando al proyecto Obradoiro de viabilidad y permanencia en el tiempo”, recordó. “Nada más cerrarse el acuerdo entre la ACB y el Ayuntamiento de A Coruña, en el siguiente Consejo de Administración se acordó de forma unánime ofrecer la renovación al equipo técnico, que encabeza Moncho, para que ellos puedan disfrutar de preparar y dirigir al equipo en la cita”.

Haciendo referencia ya a la noticia, el presidente aseguró que han sido dos las claves de la decisión de proponer la continuidad al técnico: “en primer lugar, su contribución a la implantación de una filosofía de club. Somos un club modesto que ha llegado a la Liga Endesa a través del esfuerzo de mucha gente, y queremos que determinados valores que nos hacen reconocibles se vean reflejados en el equipo. Y en segundo lugar, su compromiso con el proyecto, que se demuestra en el día a día”.

Correspondido fue el aprecio por parte de Fernández: “gracias a Estrella Galicia por recibirnos y gracias a todos los que hicieron posible traer a Galicia un evento deportivo que solo puede ser bueno desde todos los puntos de vista”.Sobre su continuidad, se mostró “enormemente agradecido porque el club haya decidido confiar en nosotros y siga creyendo en nosotros como comandantes de este proyecto deportivo tan maravilloso llamado Rio Natura Monbus Obradoiro. También estamos responsabilizados por todo ese apoyo, y de lo que no cabe duda es de que trabajaremos y nos dejaremos la piel en el intento”, declaró.

“Fue muy fácil y breve, cuando alguien te da lo mejor que tiene, no puedes pedir más. Llevamos cinco años juntos, ambas partes teníamos claro que queríamos seguir juntas, por lo que al final tenía que acabar pasando”, explicaba.“Mi sueño como compostelano era estar muchos años en este proyecto porque sería sinónimo de que lo había y de que las cosas estarían saliendo bien. Fuimos logrando retos poco a poco y por eso lo estamos consolidando. La consecución de la Copa del Rey, por ejemplo, es una piedra más en eso. El Obra esta viviendo los mejores años de su historia, y eso es gracias al trabajo de todas la parte que lo componen, que son muchas, desde todos los demás miembros del cuerpo técnico al Consejo de Administración”, remató.

Melide - O concello aproba os orzamentos para 2015 por un importe de 5.502.956,88 €

· O máis salientable é a diminución substancial da débeda bancaria que durante o ano 2011 diminuiu en 1.768.940,04 € sendo a débeda viva para o 2015 de 723.264,04 €

· O goberno popular demostra con este presuposto que acadou a súa finalidade dando estabilidade orzamentaria á administración local, cumplindo os prazos establecidos pola lexislación, dando prelación de pagamentos á provedores, media de pago que se sitúa en 25 dias dende o rexistro da FRA no Concello

A día de hoxe o Concello de Melide pode dicir que non existe ninguha FRA pendente de pago sendo aprobadas todas as FRa na XGL previa a celebración do pleno dos orzamentos. Por outra banda, grazas a situación económica de boa saúde o Concello será quen de pagar a paga extra correspondente ao ano 2012 cos vindeiros orzamentos, destinandose ademáis unha bolsa global de 30.000 € para posibles negociacións na RPT local. Subliñase tamén o esforzo inversor deste exercicio 2015 que acada un importe de 503.187,16 €. As obras máis importantes que se acometerán será a posta en valor de R/ San Antón cun investimento de 126.000 €, ou o POS 2015, así como un número considerable de acondicionamento de pistas no rural onde as comunicacións son o primordial. No capítulo de investimentos reais se supón un aumento considerable con respecto a anos anteriores. Nestos orzamentos asegurase o futuro de cada un dos servizos dos que depende a Administración Local. Mateñense igualmente os 15.000 € destinados a asociación por segundo ano consecutivo despois de recuperarse o pasado exercicio. Para acción social tamén se segue na mesma liña, unha subvención de 3.000 € nominativa para Cáritas Parroquial Melide. Dentro do capítulo de Festas orzamentanse 50.000 € co fin de divulgar a cultura, a gastronomía, a música e o ocio melidá. A esto hai que engadir que non se suben os impostos e a débeda viva disminuíu considerablemente. O capítulo de gastos distribuese da seguinte maneira: Gasto en persoal: 1.904.000 €; Gasto corrente 2.739.677 €; Gastos financieros: 11.000 €, Transferencias de capital 243.775,69 €; Investimentos reais 503.187,16 € e Pasivos financieros 101.094,54 €.

Axenda e tempo do xoves 4 de decembro - Música, teatro, libros, exposicións

Santiago - Teatro Principal - Oscar Ibáñez

Santiago - Salón Teatro - Aula de teatro da USC

Santiago - Crechas - Cata de libros e viños


Ames - Asamblea Cidadá 

Santiago - Capitol - Moreland & Arbuckle e The Soul Jacket

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Araguaney - Pintojos II (ata o 7 de decembro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Barriga Verde, de feira en feira (ata o 11 de xaneiro)

Santiago - Bus Station Space - Imaxinar que soño (ata o 4 de nadal)

Santiago - Zona C - Ukelele Project (ata o 5 de nadal)

Santiago - Auditorio de Galicia - Xulio Maside (ata xaneiro 2015)

O Tempo

Psoe Ames - regulamento para cortas forestais

Os socialistas elaboran unha ordenanza para regular as cortas forestais e preservar as vías públicas de Ames

Recollen con esta ordenanza a preocupación de moitos veciños e veciñas polos danos que se ocasionaban nas pistas e camiños coa corta, saca e transporte de árbores.

A ordenanza fixa unha fianza de entre 1500 e 3000 euros en función do peso dos vehículos empregados.

O documento foi remitido ás AA.VV de Ames e as grupos municipais e concelleiros e concelleiras non adscritos para que fixeran achegas

Miñones: No noso sentir está facer un documento participativo e consensuado con todos e todas, porque este é un problema conxunto que afecta a propiedades municipais.

Os Socialistas de Ames veñen de elaborar unha Ordenanza para regular as actividades de corta e saca de madeira. Explican os Socialistas que en varias parroquias do municipio durante as visitas que realizaron foron moitos os veciños e veciñas que lle trasladaron a súa preocupación polo estado no que quedaban as pistas forestais e municipais despois de que a empresas madeireiras realizasen as labores de corta e transporte, xa que na actualidade non existía ningunha ordenanza que regulase esa actividade.

Tal e como explican os membros do PSdeG na exposición de motivos do documento, esta ordenanza pretende facer compatible estas actividades forestais coa preservación das vías públicas, seguridade vial, bens municipais e medio natural do Concello; ademais de protexer e velar pola debida conservación dos camiños e vías públicas de titularidade municipal, tamén, pretende protexer as persoas, vivendas e outras edificacións nos supostos de incendios forestais; e, para o cal é imprescindible que as vías de acceso ás zonas forestais se atopen sempre en perfecto estado.

Así mesmo indican que os veciños e veciñas de Ames teñen dereito a que os camiños e vías públicas se atopen en perfectas condicións, e para elo é necesaria unha intervención administrativa que regule as operacións de corta e saca de madeira e usos equiparables nos montes e parcelas de Ames, tanto públicos como privados; xa que, desgraciadamente, son moi frecuentes os danos que con estas actividades se ocasionan nos camiños e pistas municipais.

O portavoz socialista, José Miñones, explica que esta ordenanza “pretende facer compatible a actividade de aproveitamento forestal coa preservación do medio natural, a protección da paisaxe, e a conservación das vías públicas”, e, continúa dicindo, “que o concello non pode quedar ao marxe, e moito menos permitir que se destrúan en varias ocasións vías e pistas municipais sen que se tomen medidas contra os infractores”.

Solicitude de autorización municipal
Esta ordenanza fixa a obrigatoriedade da obtención de autorización municipal previa para a realización de cada operación de corta ou tala forestal e transporte de Madeira, e a solicitude da mesma deberá ser realizada nas dependencias municipais cunha antelación mínima de quince días hábiles. Nesta comunicación deberase facer constar, entre outra información, a referencia e plano catastral das parcelas onde se van desenvolver os labores, a especie da madeira obxecto de tala, así como toneladas a extraer, ou os lugares, días e horarios no que se van desenvolver os traballos de corta, almacenaxe e transporte da carga. Unha vez presentada a solicitude e a documentación completa, os servizos técnicos urbanísticos municipais ou ben os funcionarios da Policía Local comprobarán, en compañía dos solicitantes, o estado físico dos camiños e vías que vaian ser utilizados, obtendo as fotografías que sexan pertinentes para acreditar a súa realidade física.

Garantías e fianza
Con esta ordenanza os solicitantes de cada autorización de corte e saca de madeira deberán presentar coa solicitude o xustificante de ter aboada unha fianza a favor do Concello de Ames, por calquera dos procedementos co fin de responder do amaño dos danos que puideran producir nas vías ou a súa limpeza. Fíxanse dúas contías atendendo ao peso máximo autorizado do maior dos vehículos ou conxunto de vehículos empregados: vehículos con peso máximo autorizado inferior ás 16 Tm, 1.500 €; e, con peso máximo autorizado superior ás 16 Tm, 3.000 €.

Esta fianza será reintegrada e/ou cancelada previo informe favorable dos servizos técnicos municipais, unha vez finalizada a corta forestal.

Trámite e procedemento
Explican os Socialistas que esta ordenanza foi elaborada por membros e colaboradores do PSdeG de Ames, e que se empregaron outras ordenanzas xa existentes e en vigor noutros concellos; ademais, indican, que se lle dou traslado da mesma ás asociacións veciñais amesás para que fixeran as achegas que consideraran oportunas. Posteriormente, se lle dou traslado aos grupos municipais e concelleiros e concelleiras non adscritos para que a coñeceran e poidan realizar todas as suxestións que consideren necesarias. Di Miñones que “no noso sentir está facer un documento participativo e consensuado con todos e todas, porque este é un problema conxunto que afecta a propiedades municipais”.

A principios de ano, os socialistas manifestan a súa intención de poñerse en contacto co goberno para coñecer as súas intencións sobre o documento e debatelo nun pleno. “Está claro que a potestade para realizar a orde do día dos plenos e fixar a orde do día é do alcalde, e por iso esperamos que esta ordenanza que beneficia ao concello sexa presentada e debatida en pleno”, apunta o portavoz do Grupo Socialista.

Santiago - O gaiteiro pontevedrés Oscar Ibáñez presenta ‘Alén do mar’ dentro do ciclos Sons’14

Oscar Ibáñez presenta o seu primeiro traballo discográfico en solitario baixo o título “Alén do mar” (VIR, 2012). Neste disco o gaiteiro e frautista pontevedrés invítanos a unha viaxe sonora que discorre polo Atlántico chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade, a través dunha magnífica selección de melodías galegas e latinoamericanas enriquecidas con elementos propios da música celta. O concerto será mañá, xoves 4 de decembro, ás 21.00h no Teatro Principal, dentro do ciclo Sons’14. As entradas, a 10 euros, poden mercarse no despacho de billetes do Principal, aberto de 18.00 a 21.00h, en entradas.abanca.com ou no 902 434 443.

Oscar Ibáñez mestura muiñeiras ancestrais recollidas polo gaiteiro boticario Perfecto Feijóo, composicións celtas do virtuoso violinista Manuel Quiroga ou un tema dedicado ao pirata da Moureira Benito Soto, co arin-arin, un xénero xerado no Camiño de Santiago Norte ou Camiño da Costa ao seu paso por Euskadi, o flamenco e outras músicas denominadas de ida e volta coma a habanera, o choro, o valse venezolano ou o tango, que atopou na outra ribeira. Para esta nova proposta Oscar Ibáñez inspirouse no poema “O fillo de Celt” do cambadés Ramón Cabanillas aclamado como “Poeta da Raza”. Tras descubrir este poema Oscar Ibáñez, tamén de Porto Santo (San Salvador de Poio, Pontevedra) e bo coñecedor de América, recoñeceuse nos seus versos e asumiu emocionado a tarefa de irmandar musicalmente o Vello e o Novo Mundo, a través das músicas de ida e volta e temática da emigración galega a América latina, nunha mestizaxe fresca, moderna e innovadora. Para poñer son a esta epopea transatlántica Oscar Ibáñez desenvolveu unha labor a medio camiño entre a investigación e a creación realizando así unha fusión sen límites, que ten coma resultado un novo e único son.

Para gravar “Alén do mar” Oscar Ibáñez contou cos excelentes músicos da súa Tribo formada por Fernando Fraga, Harry Price, Carlos Calviño, Paco Dicenta e Andrés Vilán, e coa colaboración doutros magníficos músicos experimentados entre os que figuran os galegos Javier Cedrón, Marcos Teira, Pedro Pascual, Xulio Abal, Alba Barreiro, Simón García, Carlos Castro, Luís Prego, Cristóbal Pascual, Xan Pampín, Moisés Fernández, María Rial e Pedro Rial, o gaditano Francisco Benítez, o navarro Íñigo Aguerri, o vasco Xabier Berasaluze “Leturia”, o irlandés Diarmaid Moynihan, o cubano Oscar Rodríguez, os brasileiros Sergio Tannus e Paulo Silva, os arxentinos Juan Rivero, Federico Santisteban, Nicolás Tabbush e Ángel Bonura e os venezolanos Pablo Camacaro e Néstor Gil. Para a coprodución diste traballo Oscar Ibáñez confiou na creatividade do guitarrista vigués Carlos Calviño.

Oscar Ibáñez. Nado en Pontevedra en 1976. Mestre en Educación Musical, Especialista Universitario en Música Tradicional Galega, Especialista Universitario en Arquivística, Grao Profesional LOE na especialidade de gaita de fol galega e cursou estudos oficiais de frauta de bico. Dende 2004 traballa no Arquivo Sonoro do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra onde foi quen de reunir unha colección de 9.000 gravacións sonoras galegas que están a disposición dos cidadáns para a súa consulta

Comezou a tocar a gaita en 1984 con Laureano Mera no grupo "Treboada" de Poio que en 1987 pasou a chamarse “Cristóbal Colón”. Entre 1989 e 2004 formou parte da "Agrupación Folclórica Celme" de Pontevedra coa que participou en numerosos festivais internacionais por toda Europa, nos que entrou en contacto con gaiteiros asturianos, escoceses, irlandeses, bretóns ou búlgaros. Dende 1995 dirixe o "Grupo de Música Tradicional Pai da Cana" co que actuou por toda Galicia e gravou varios traballos. En 1997 comeza a colaborar coa Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia impartindo cursos de gaita e percusión nos centros galegos de América e Europa.

Acadou máis de corenta de premios nos concursos de gaita galega de maior prestixio converténdose nun dos gaiteiros galegos máis galardoado tanto en dixitación aberta como pechada. En 2008 crea a Asociación de Toque Pechado de Pontevedra, unha iniciativa para a recuperación e difusión das formas de expresión musical gaiteiras propias e diferenciais de Pontevedra como o sistema pechado de Manuel Villanueva, Perfecto Feijóo e Xan de Campañó ou o sistema semipechado de Ricardo Portela.

Como músico e produtor aparece en numerosos traballos discográficos como: Alén do mar (VIR, 2012), Son de Poio (Ed. do Cumio, 2009), Musgafol: gaita e piano (Dos Acordes, 2009), Foliada nas Rías Baixas: Homenaxe a Ricardo Portela, o Mestre (Ed. do Cumio, 2008), Agrupacións de Pontevedra: Agrupacións da Provincia (Deputación de Pontevedra, 2008), A música que facemos (Xunta de Galicia, 2008), Himnos e Marchas Procesionais de Galicia (Clave Records, 2007), paidacana12 (Ed. do Cumio, 2006), De ruada en Bos Aires (Ed. do Cumio, 2006), In Mare (Ed. do Cumio, 2003) y Ruta Folk: Terra Galega (Disco Trompo, 1998) entre outros.

Realiza traballos como investigador musicólogo e é o creador e organizador do "Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste", e mais dos espectáculos "MUSGAFOL" (gaita-piano, gaita-banda e gaita-orquestra), e "JUELLES: Encuentro de Gaitas Europeas". En 2010 organizou os concertos dos "JUEGOS NÁUTICOS ATLÁNTICOS CANTABRIA 2010".

Participou en importantes festivais coma o Festival Intercéltico de Lorient, Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, Festival Intercéltico do Morrazo ou o Festival Folk Canarias. Así mesmo colaborou en diferentes proxectos con gaiteiros galegos de renome como Paulo González, Iván Costa, Edelmiro Fernández ou Pablo Devigo e cos internacionais Patrick Molard, Diarmaid Moynihan, Ventzislav Andonov.

Na actualidade está a presentar a seu primeiro disco en solitario “Alén do mar” coa súa banda de directo "Oscar Ibáñez & Tribo", formada por músicos galegos de recoñecida traxectoria como Fernando Fraga, Harry Price, Carlos Calviño, Paco Dicenta e Andrés Vilán, cos que actuou en distintos puntos da península como Galicia, Cantabria, Cataluña, León, Madrid, Andalucía e Canarias, así coma en Bretaña e Italia.

FERNANDO FRAGA acordeón

HARRY PRICE violín

CARLOS CALVIÑO guitarras

PACO DICENTA baixo

ANDRÉS VILÁN percusión / batería

ÓSCAR IBÁÑEZ gaita / frautas

Santiago Futsal - El Santiago Futsal cede el dinero de sus multas a la Asociación Centinelas

· Lucho, capitán del equipo, entregó el dinero recaudado a la presidenta de la Asociación Ana María Robles

El Santiago Futsal, con Lucho como representante de la plantilla, acudió ayer por la tarde a la Asociación Centinelas, una asociación de apoyo a las mujeres que se encuentran en una situación de riesgo de exclusión social o en situaciones sociales difíciles en Santiago de Compostela y comarca, para hacer entrega de la recaudación de las multas internas del equipo como donativo a la Asociación.

Plantilla y cuerpo técnico, decidieron ceder el dinero recaudado en las multas internas del equipo, aquellas que tanto jugadores como entrenadores tienen que pagar por incumplir normas de régimen interno, como llegar tarde u olvidarse algún objeto de entrenamiento, y cederlo así a esta Asociación, demostrando el espíritu solidario del Santiago Futsal, siempre comprometido con las causas sociales.

USC - I Concurso de Fotografía do programa de maiores da USC

O alumnado matriculado no IV Ciclo da Universidade de Santiago está convocado a participar no I concurso fotográfico de Nadal, cuxo prazo remata o 22 deste mes de decembro.

As persoas que desexen participar deberán enviar un máximo de dúas fotografías dixitais orixinais acompañadas do título e da categoría á que se presenta –Nadal solidario, Comercial ou Familiar–. A identidade do autor ou autora e os seus datos persoais (enderezo, teléfono e correo electrónico) introduciranse nun sobre pechado indicando no exterior o título do traballo e depositarase na secretaría do IV Ciclo (Facultade de Enfermaría. Avda. Xoán XXIII s/n. 15782 Santiago).

O xurado do premio, sen contía económica, estará composto polo vicerreitor de Oferta Académica e Innovación Educativa, a directora do IV ciclo, un/unha xornalista e unha persoa do Centro Galego de Artes da Imaxe.

Saniago - Moreland & Arbuckle e The Soul Jacket, pechan o Blues Nite by 1906 deste 2014

As bandas Moreland & Arbuckle e The Soul Jacket son as protagonistas do concerto de peche do ciclo Blues Nite by 1906 neste ano 2014. Será hoxe, xoves 4 de decembro, ás 21.30h na Sala Capitol. As entradas poden mercarse xa no despacho de billetes do Teatro Principal, Ticketea, Miranda, A Reixa Tenda e salacapitol.com a un prezo de 14 euros anticipada e 17 euros o día do concerto.

O incrible trío de Kansas, Moreland & Arbuckle, visita o noso país en 4 únicas datas presentando o seu mellor disco 7 Cities, altamente recomendado para fans de ZZ Top, George Thorogood ou Buddy Guy. "Definitivamente é o noso traballo máis forte, "di o guitarrista Aaron Moreland. E a banda galega The Soul Jacket amosa o seu ultimo traballo, máis honestos e inspirados que nunca.

Moreland & Arbuckle 
O guitarrista Aaron Moreland e o harmonicista e vocalista Dustin Arbuckle pasaron máis dunha década explorando os límites da música de raíces americanas. No proceso, Moreland & Arbuckle forxaron un son incesante e inquietante que combina blues do Delta, folk, rock, country tradicional, soul e outros numerosos ecos dunha narrativa música chea de matices que abarca máis dun século.

A viaxe de Moreland & Arbuckle comezou cando os dous se atoparon nunha sesión de micrófono aberto nun club en Wichita, Kansas, en 2001. Moreland acabábase de mudar á cidade uns meses antes desde Emporia, unha cidade situada a unhas oitenta e cinco millas ao nordés. Guitarrista desde os 15 anos, o seu material de orixe era realemente diverso –Led Zeppelin, Creedence Clearwater Revival, Black Sabbath, Charley Patton, Motley Crue– pero centrouse no blues tradicional desde o momento en que chegou a Wichita na metade da vintena.

Arbuckle, un nativo de Wichita, estivera tocando nunha banda de rock de bar durante moitos anos, pero a súa sensibilidade estaba xeracións atrás, no corazón do Delta do Mississippi. As súas influencias son harmonicistas como Little Walter e Sonny Boy Williamson e guitarristas Son House. Despois do lanzamento de Flood o seu terceiro album, Moreland e Arbuckle compartiron escenarios e xiras con ZZ Top, George Thorogood, Jonny Lang, Buddy Guy, Robert Cray, Los Lonely Boys e outros bluesmans e veteranos do rock.

7 Cities é o seu último disco que presentarán en Santiago nesta primeira xira por España. Producido por Matt Bayles, o novo álbum de Moreland and Arbuckle editado por Concord Music Group / Telarc Records conta a historia do explorador español Coronado e a súa incansable procura das Sete Cidades de Ouro na súa terra natal, Kansas. "É definitivamente o noso traballo máis forte", di o guitarrista Aaron Moreland, quen con Arbuckle e o novo baterista Kendall Newby asociouse co produtor asentado en Seattle Matt Bayles (Mastodon , The Sword) para gravar este disco no estudo de Stone Gossard.

A sensación de que estamos ante dunha as bandas que marcará as formas do blues no século XXI é constante e a oportunidade de gozalos en directo imprescindible.

The Soul Jacket
En novembro de 2014 The Soul Jacket sacan o seu terceiro e esperado disco de estudo, ao que titularon “Black Cotton Limited”. De novo con Hendrik Röver aos controis da mesa de son, este novo traballo ofrece 15 cortes (constará dun dobre LP na súa edición en vinilo) e preséntanos a uns The Soul Jacket que se deslizan libremente entre os estilos desa Norte América mítica que tan ben souberon absorber e incorporar a un rexistro propio xa de seu rico en matices.

A banda comezou a súa andaina no ano 2004 e con este o seu terceiro álbum de estudo –precedérono "Wood Mama" en 2012 e "Gunpowder Valley" en 2013– celebran dez anos de traxectoria musical, unha traxectoria con lixeiros cambios de formación, pero que conserva a tres dos seus integrantes orixinais –Toño López á voz, Jann Zerega ao baixo e Mauro Comesaña á batería– aos que se suman as guitarras de Jorge Mizer e Guillermo Gagliardi, e desde hai pouco máis dun ano a sabedoría e o bo facer dun veterano teclista da escena viguesa como é Xabier Vieitez (Transilvanians, Foggy Mental Breakdown, etc.)

O bo sabor de boca que deixou "Wood Mama" tanto a público como a prensa especializada –un disco debut que recibiu os eloxios de publicacións como Ruta66, Popular1 ou o diario El País– é unha das razóns polas que a banda decidiu porse de novo nas mans de Hendrik Röver para dar forma aos temas deste novo traballo. Sen dúbida o músico cántabro líder dos Deltonos coñece como ningún ese son puramente americano que se desprende da música de The Soul Jacket.

O último traballo da banda galega é, en definitiva, un disco redondo, que excede o listón deixado polos seus predecesores e que nos mostra a uns The Soul Jacket máis expostos, honestos e inspirados que nunca.