Axenda sádo 15 - Santiago, Silleda, Ordes, Teo


SANTIAGO

Sábado 15

12:30
Galería Sargadelos: 
Kalandraka - roteiro guiado por David Pintor sobre a exposición "Compostela"  +INFO 

20.30 h
Na Zona "C", Queda terminantemente prohibido sufrir nas paredes, con Clara Gayo, Rula Blanco e Rocío González, dentro do ciclo Teatro&Danza.     +INFO

Ames - o equipo de goberno renuncia o cobro da extra de nadal

O alcalde e os concelleiros do grupo de Goberno de Ames con dedicación exclusiva renuncian ao cobro da paga extra de Nadal
O alcalde e concelleiros do grupo de Goberno do Concello de Ames con dedicación exclusiva anunciaron hoxe a súa renuncia ao cobro da paga extra de Nadal, en solidariedade coas medidas que afectarán aos funcionarios municipais. O grupo de Goberno tomou este acordo e así llo trasladou aos representantes dos traballadores do Concello

Ames - alerta sobre unha posible estafa

O Concello de Ames alerta sobre unha posible estafa na colocación de aforradores de enerxía

 O Concello de Ames ten constancia de que nos últimos días varios veciños e veciñas de diversas parroquias amienses recibiron a chamada dunha empresa nos seus domicilios para ofertarlles a colocación dun aforrador de enerxía doméstico.

Silleda - o concello agradece os sindicatos agrarios a doazon de productos para as familias máis necesitadas

Paula Fernández agradece aos sindicatos agrarios a doazón de productos lácteos para as familias necesitadas
O vehículo de Servizos Sociais trasladou hoxe dende Lalín, onde se celebrou a manifestación en apoio do sector gandeiro, 13 caixas de iogures e varias de leite

Melide - resultado da xunta de voceiros convocada para clarexar a situación da escola infantil

A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez maila concelleira de Benestar Social, María Jesús López, portavoz do Partido Popular de Melide, mantiveron unha xunta de voceiros locais convocada pola alcaldesa cun único punto na orde do día a situación na Escola Infantil. 
A alcaldesa cos papeis na man desbancou todas as mentiras que o BNG está vertendo a través dos medios de comunicación sobre a Escola Infantil. 
Ánxeles Vázquez instou ao representante local do BNG á que respondera as acusación vertidas sobre a súa persoa e sobre o grupo popular sobre ameazas e presións as traballadoras da gardería. 

Santiago - texto do discurso do alcalde na entrega das medallas de ouro da cidade

Ten escrito Michel de Montaigne que as “recompensas honoríficas non deben ser concedidas con largueza”.

E o certo é que, nos últimos tempos, a Corporación Municipal parece ter seguido tal consello; non en vano son éstas as primeiras medallas de ouro que se conceden no actual mandato, e escasas foron as outorgadas en anos anteriores.

Ames - peche das piscinas municipáis


Remata a temporada estival en Ames co peche das piscinas descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro
Dende a Concellaría de Deportes calculan que arredor de 6.500 persoas empregaron as piscinas municipais descubertas durante estes tres meses, dos cales 4.000 eran persoas maiores de 18 anos, mentres que 2.500 eran rapaces e mozos/as de entre 10 e 18 anos.
Ademais, un total de 1.257 persoas fixeron o carné de socio para poder empregar estas instalacións durante a época estival (378 carnés realizáronse en Bertamiráns e 879 no Milladoiro).

Silleda - I torneo de fútbol base

Hoxe comeza o I Torneo de Fútbol Base de Silleda 
Participarán 16 equipos en cada cada categoría (Alevín e Benxamín) .Ademais da escola anfitriona e outros equipos da comarca estarán o Balaídos, de Vigo, o Bertamiráns ou o Conxo cun equipo íntegramente feminino

Brión - a fin de semana do 22 e 23 chega a XXX edición da Festa do Cabalo

A FESTA DO CABALO DE BRIÓN CELEBRA A SÚA 30 EDICIÓN COA PARTICIPACIÓN DE 300 EXEMPLARES
A festa terá lugar na fin de semana do 22 e 23 de setembro no monte Rañalonga

Ordes - festas en Leira

A parroquia ordense de Leira ultima detalles para celebrar esta fin de semana a súa tradicioal romería de Santa Eufemia 
As orquestas Fania Blanco Show, La Bámbola, Estrellamar e París de Noia participan nesta cita, que tamén estará animada por Embruxo de Leira 

BNG Ames - o BNG solicita que se manteña o poder adquisitivo dos empregados públicos

O BNG de Ames demanda ao concello que compense a perda da paga extra de Nadal dos empregados públicos de Ames
O BNG de Ames, a través do seu responsábel local Alberte Souto, solicitou ao concello que nun vindeiro Pleno aprobe un acordo que permita manter o poder adquisitivo dos empregados públicos do concello, e rexeite os novos recortes impostos polo Goberno central a este colectivo.

Teo - roteiro polo monte Piquilño en Lampai

O CONCELLO DE TEO ORGANIZA UNHA RUTA DE SENDEIRISMO POLO MONTE PIQUIÑO EN LAMPAI
As persoas interesadas poden anotarse ata o 27 de setembro
Trátase dun roteiro por unha área arqueolóxica con preto de 100 bens patrimoniais, principalmente petróglifos e xacementos megalíticos

Ordes - o concello acolle o "seminario dinamizar para emprender"

Ordes acollerá o seminario ‘Dinamizar para emprender. Seminario para a difusión da cultura emprendedora’
Terá lugar ó 10 de outubro na Casa da Cultura e entre os seus obxetivos máis inmediatos está o fomento do autoemprego. Poderán participar estudantes, parados e traballadores en activo

Ames - segundo prazo para inscribirse nas escolas deportivas e culturáis

Este luns, 17 de setembro, abre o segundo prazo para inscribirse nas escolas deportivas e obradoiros culturais municipais
Todas as persoas que o desexen poderán inscribirse nas prazas libres e grupos de nova creación que se ofertan dentro deste programa deportivo e cultural. O prazo de inscrición estará aberto ata o 21 de setembro.

Santiago - roteiros Cultura Viva

Comezan as rutas guiadas do programa  “Cultura Viva. Fai a túa Compostela”

hoxe sábado comezan as rutas guiadas do programa educativo “Cultura Viva. Fai a túa Compostela”, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá. O grupo de persoas participantes nesta primeira saída, co título "Os gremios de Compostela na actualidade", sairá ás 11:00 horas dende o Centro Sociocultural de Conxo, visitando un obradoiro artesán, percorrendo a pé un antigo camiño histórico preto do río Sar, e rematando coa visita a outro artesán.

Axenda, Santiago, Tráfico, Silleda, Ordes, Centro de Transfusión

SANTIAGO

Venres 14

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local. 

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local. 

Ordes - festas en Santa Cruz de Montaos

A cantante Lucía Pérez animará esta fin de semana as festas de Santa Cruz de Montaos, no Concello de Ordes
As orquestas Principal, Salsa Rosa e Bahía Blanca tamén estarán presentes nas celebracións que terán lugar este venres e sábado

Ames - segundo prazo de inscricións nas escolas deportivas e culturáis

O 17 de setembro abre o segundo prazo para inscribirse nas escolas deportivas e obradoiros culturais
Todas as persoas que o desexen poderán inscribirse nas prazas libres e grupos de nova creación que se ofertan dentro deste programa deportivo e cultural. O prazo de inscrición estará aberto ata o 21 de setembro.
Despois de que rematase o prazo de renovación aínda quedan 1.139 prazas libres para o segundo prazo de inscrición.

Silleda - o IGVS permite o uso do centro social de maiores da Bandeira

O IGVS autoriza o uso do Centro Social de Maiores da Bandeira
Na sala, que ocupa o baixo das vivendas sociais, instalarase tamén a oficina de Correos
O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) vén de autorizar ao Concello de Silleda a ocupación temporal do local situado nos baixos das vivendas sociais da Bandeira, onde se ubica o Centro Social dos Maiores nesta localidade. 

Oroso - inscricións para actividades gratuitas para a terceira idade

OROSO ABRE A INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES GRATUÍTAS DA TERCEIRA IDADE: XIMNASIA, TAICHÍ, INFORMÁTICA, MEMORIA E MÚSICA E MOVEMENTO 

As clases están dirixidas a maiores de 60 anos, empadroados en Oroso, que poden anotarse antes do 28 de setembro 

Ames - subvención de 32000 euros para o saneamento de Oca

O Concello de Ames recibe unha subvención de 32.000 euros para mellorar a rede de saneamento de Oca

Esta axuda, enmarcada na liña de subvencións en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, permitirá solucionar unha serie de deficiencias que dificultan o correcto funcionamento desta rede de saneamento.

Teo - cata de tomates no mercado de productos galegos nos Tilos


O MERCADO DE ALIMENTO LABREGO DOS TILOS ORGANIZA UNHA CATA DE TOMATES PARA ESTE SÁBADO
Coincidindo co mes de setembro os produtores poñen en marcha iniciativas que atraian ós visitantes despois do verán
O mercado funciona todos os sábados pola mañá nos Tilos dende o pasado mes de xuño

Ordes - recollida de material escolar

O Concello de Ordes leva a cabo unha campaña de recollida de material escolar para as familias máis desfavorecidas
Nela tamén participan Cruz Vermella e Cáritas. Todo o recadado repartirase entre os usuarios do servizo municipal de alimentos 

Ames - o grupo de teatro municipal actúa no forum metropolitano da Coruña

O grupo municipal de teatro de Ames actuará mañá no Fórum Metropolitano da Coruña coa obra O Médico a paus
O grupo municipal de teatro retoma a súa actividade despois dunha pequena parada durante a época estival. Este venres, 14 de setembro, representan a súa última produción O Médido a paus no Fórum Metropolitano da Coruña. A representación terá lugar a partir das 20:30 horas e as entradas terán un custo de 2 euros. O Médico a paus é o nome da última peza que preparou este grupo de teatro afeccionado, que naceu hai nove anos en forma dun obradoiro de interpretación. Ademais, este ano representarán esta mesma obra en Ribeira, Porto do Son e abrirán a VI Mostra de teatro Afeccionado de Ames o próximo 5 de outubro.

Ordes - curso de socorristas

O Concello de Ordes forma ós novos socorristas acuáticos 
A Casa da Cultura de Ordes acollerá ata o próximo mes de decembro un curso formativo sobre socorrismo en instalacións acuáticas. 

Fundación Araguaney - obradoiros de danza e caligrafía no festival Amal

Aprender danza e caligrafía árabes é doado co Festival Amal
O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal abre o plazo para inscribirse aos seus obradoiros de danza e caligrafía árabes
Os obradoiros desenvolveranse o sábado 13 de Outubro no Hotel Eurostars Araguaney, en pleno centro de Santiago de Compostela

Axenda xoves 13 - Santiago, Tráfico, Oroso, Ames

SANTIAGO

Xoves 13

11.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese coa presidenta de Paradores de Turismo de España, Ángeles Alarcón. Declaracións ao remate.

Brión - o concello destinará máis de douscentos mil euros as parroquias

BRIÓN DESTINARÁ OS 205.000 EUROS DO PLAN DTC 94 
A MANTEMENTO DE ACCESOS ÁS ALDEAS, REBACHEO DE PISTAS E GASTOS DE ALUMEADO PÚBLICO
Unanimidade en todos os puntos da sesión, que estableceu como festivos locais para 2013 a Ascensión (9 de marzo) e Santa Minia (27 de setembro) 

Mancomunidade de Ordes - aprobación da conta xeral do 2011

O PLENO DA MANCOMUNIDADE DE ORDES APROBA POR UNANIMIDADE A CONTA XERAL DE 2011 
A entidade acordou dotarse dun regulamento de ficheiros de datos persoais 

Silleda - remate das obras o carón da estación eléctrica de Carboeiro

Rematan as obras de mellora xunto a subestación eléctrica da parroquia de Carboeiro
O concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Cuíña, visitou hoxe co director do proxecto de Red Eléctrica as inmediacións da instalación, onde os veciños reclamaron dotacións como a canalización de augas

Club San Francisco de Rugby - comenzo da tempada

"O PRóXIMO MARTES 18 DE SETEMBRO áS 20:30H, TERá LUGAR NA SEDE
SOCIAL DO CLUB SAN FRANCISCO TEO, (RúA AMENEIRO 8 BAIXOS PARROQUIAIS)
EN OS TILOS, TEO, O COMEZO DA TEMPADA 2012-2013 DA ESCOLA DE FUTBOL
AMERICANO DO CLUB. 

Oroso - cambios no tráfico pola Volta Ciclista a Galicia

PROHIBICIÓN DE ESTACIONAR EN DOUS RÚAS DE SIGÜEIRO E CORTES PUNTUAIS DE TRÁFICO NOUTRAS SETE ESTE VENRES DURANTE A CELEBRACIÓN DA PRIMEIRA ETAPA DA XI VOLTA CICLISTA A GALICIA 
O estacionamento estará prohibido entre as 8:00 e as 18:00 horas do venres e faranse cortes puntuais do tráfico ás 14:00 horas (saída) e ás 17:30 horas (chegada)
hoxe xoves, ás 20:30 horas, terá lugar a presentación dos equipos na praza Isaac Díaz Pardo e a actuación do grupo folclórico Buxos Verdes

Silleda - mañá comeza unha xira galega en Bandeira o músico braisileiro Paulinho Lemo

O músico brasileiro Paulinho Lêmo inicia a súa xira galega o venres cun recital en A Bandeira
A presentación do séptimo traballo do patriarca da música brasileira en Barcelona, Café con xeo, será na Carballeira de Silva

Santiago - Estrea de ‘Queda terminantemente prohibido sufrir nas paredes’ na Zona “C”

Estrea de ‘Queda terminantemente prohibido sufrir nas paredes’ na Zona “C”
A proposta teatral, moi cercana á performance, está dirixida e protagonizada por Clara Gayo, Rula Blanco e Rocío González e reflexiona arredor do ben e o mal
As entradas, a 8 euros, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal de martes a sábado de 18.00 a 21.00h e na Zona “C” os días de espectáculo a partir das 18.00h 

Santiago - Ana Curra este sábado na Capitol

Ana Curra inaugura a nova temporada do Compostela Rock presentando ‘El Acto’
Na que será a súa única cita en Galicia, repasará en directo o mítico disco que gravou con Parálisis Permanente.
As entradas, 16€ anticipada e 20€ o día, poden mercarse na billeteira do Principal, en A Reixa Tenda, www.codetickets.com, Portobello Discos, Elepé Discos e Tipo.

Axenda mércores 12 - Santiago, tráfico, centro de transfusión

Santiago

Mércores 12

10.30 h
No Salón Verde da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asinan un convenio para a coordinación e intercambio en materia de información xeográfica e territorial a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET). (SÓ GRÁFICOS). Declaracións ao remate. 

Silleda - escolas deportivas

A oferta das Escolas Deportivas Municipais, con trece modalidades, abren o prazo de inscrición
Entre as novidades haberá clases de defensa personal, pádel e danza do ventre
Os prezos das actividades son os mesmos ca os do pasado ano

Ordes - máis de 1000 nenos comezan o curso no concello

Máis de 1.000 alumnos e alumnas inaugurarán mañá o curso académico 2012-13 no Concello de Ordes
Este ano rexístrase un incremento de máis de 45 alumnos con respecto ó ano pasado. Novamente o Concello asume tarefas de mantemento e consevación co fin de poder iniciar o curso sen problemas

Ames - dispositivo especial da policía local con motivo do comezo do curso

O Concello e a Policía Local de Ames poñerán mañá en marcha un dispositivo especial de tráfico con motivo do inicio do curso escolar
Os axentes situáranse nas inmediacións dos centros educativos nas horas de entrada e de saída co obxectivo de facer máis doado o inicio do curso escolar e o traslado por parte dos pais e nais dos alumnos e alumnas.

Brión - o pleno ordinario aprobará a conta xeral 2011

O PLENO APROBARÁ UN EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO DE 8.000 EUROS PARA CONECTAR A FOSA SÉPTICA DE ROMARÍS COA REDE MUNICIPAL
A sesión plenaria ordinaria aprobará a Conta Xeral de 2011 

Oroso - festa fin de curso do Verán Lúdico

UNHA VINTENA DE NENOS E NENAS PARTICIPAN NA FESTA DE FIN DE CURSO DO ‘VERÁN LÚDICO’ DE OROSO 
Un total de 22 nenos e nenas disfrutaron esta mañá na gran festa de fin de curso do “Verán Lúdico”, o programa de conciliación da vida familiar e laboral organizado polo Concello de Oroso para este verán. Durante algo máis de dúas horas, estes pequenos, de idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos, participaron nos distintos xogos organizados no centro deportivo Juanito Amigo de Sigüeiro. 

Fundación Araguaney - curso maxistral sobre o mundo árabe

O prestixioso investigador D. Jesús Núñez Villaverde impartirá un curso maxistral sobre o mundo árabe en Santiago
“El despertar árabe visto desde Europa: ¿sueño o realidad?” é o título do curso maxistral que organizará a UIMP (Universidad Internacional Menéndez Pelayo) en Santiago

Esquío no Piñeiro - recollidos cen kilos de alimentos para os máis desfavorecidos

O “ESQUÍO NO PIÑEIRO” RECOLLEU CEN QUILOS DE ALIMENTOS NA I RUTA BTT RÍO TAMBRE, QUE OS SERVIZOS SOCIAIS DE BRIÓN REPARTIRÁN ENTRE AS FAMILIAS MÁIS NECESITADAS DO MUNICIPIO
O Concello de Brión porá en marcha o vindeiro mes de outubro unha campaña municipal de recollida de alimentos 

Ames - chega o concello o tour Galicia Calidade

O vindeiro xoves 13 de setembro chega a Ames o Tour Experiencias Galicia Calidade

Unha unidade móbil situarase durante o xoves, 13 de setembro, no aparcamento da rúa Pesqueiras, diante do supermercado Carrefour, para ofrecer información de primeira man sobre a marca Galicia Calidade, a súa aposta pola innovación e a internacionalización das empresas galegas e os produtos e servizos asociados.

Oroso - aberto o prazo de inscrición na aula de música

A AULA DE MÚSICA DE OROSO ABRIU O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO 2012-13, QUE PERMANECERÁ ABERTO ATA O VENRES 14 DE SETEMBRO 
A aula de música de Oroso abríu o luns 10 de setembro o prazo de inscrición no curso 2012-2013. Trátase das últimas prazas dispoñibles, despois da renovación de praza por parte dos alumnos do pasado curso, polo que a inscrición realizarase por rigorosa orde de anotación.

Santiago - este venres se entregan as medallas de ouro da cidade

Jesús Precedo Lafuente e Manuel Sánchez Salorio recibirán a Medalla de Ouro da cidade o vindeiro venres
O Hostal dos Reis Católicos acollerá o vindeiro venres, 14 de setembro, a partir das 19:00 horas, o acto de entrega das Medallas de Ouro da Cidade ao oftalmólogo Manuel Sánchez Salorio e, a título póstumo, ao que fora coengo e deán emérito da Catedral, Jesús Precedo Lafuente. O outorgamento destas distincións fora aprobado, a proposta da Alcaldía, no Pleno da Corporación do 26 de xullo.

Santiago - inicio do curso na escola municipal de música

INICIO DO CURSO ESCOLAR, 2012-2013 

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
hoxe mércores 12 de setembro, iníciase un novo curso na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela, sita na Rúa Betanzos, 55 na Almáciga. 
Neste novo curso, a EMM incrementa notablemente a súa matrícula, superando xa os 300 alumnos/as, aínda que non ten finalizado o período de matrícula, que seguirá aberto ata finais de mes.

Axenda martes 11 - Santiago, tráfico, Centro transfusión

Santiago

Martes 11

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local. 

Mesa educación no rural - convocatoria de manifestación

A MESA GALEGA DE EDUCACIÓN NO RURAL denuncia os improcedentes recortes no ensino impostos pola Consellería de Educación, nomeadamente, nos centros e escolas do rural.

Teo - últimos lotes para 5º de primaria no banco de libros

A CONCELLARÍA DE EDUCACIÓN INFORMA QUE AÍNDA QUEDAN LOTES NO BANCO DE LIBROS DO CONCELLO PARA 5º DE PRIMARIA

As familias interesadas poden achegarse á Aula de informática e cubrir a ficha de solicitude

BNG A Estrada . o alcalde non se posiciona sobre o IBI dos veciños de Lagartons

O alcalde contesta con evasivas á proposta do BNG sobre o IBI dos veciños de Lagartóns

Os informes dos técnicos municipais avalan a iniciativa do BNG sobre os recibos do IBI dos veciños de Lagartóns. O PP vai apostar por esta solución ou non?

Silleda - o concelleiro de educación acusa o PP de clientelismo político

Matías R. Da Torre advirte ao PP que está “a continuar co seu clientelismo político” ao posicionarse nos procesos de adxudicación
O concelleiro de Educación sinala que “o PP non ten ningún tipo de rigor ante o que significa un concurso público”, e pide ao seu voceiro, José Luis Espiño, “que non semente confusión, e que fale dos temas con sentido e cando teña algo de idea”

Teo - cursos de ximnasia terapéutica para maiores

O CONCELLO DE TEO ORGANIZA CURSOS DE XIMNASIA TERAPÉUTICA PARA MAIORES EN VARIAS PARROQUIAS

Entre o 17 e o 20 de setembro haberá reunións informativas en Vilariño, Teo, Oza e Bamonde

Ames - gañador dos 600 euros de premio das festas da Madalena

Un veciño do Milladoiro foi o gañador do sorteo de 600 euros en compras que se realizou con motivo das festas da Madalena
Juan Luís Lugo, un veciño do Milladoiro, foi o agraciado neste sorteo e gañou os 600 euros para mercar nos comercios do Milladoiro.
Dende a Asociación A Madalena do Milladoiro calculan que se repartiron preto de 85.000 boletos.

Frades - curso homologado de monitor de tempo libre

O CONCELLO DE FRADES CONVOCA UN CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE DE 350 HORAS LECTIVAS E HOMOLOGADO POLA XUNTA DE GALICIA 

Ten un custe de 260 euros e desenvolverase entre outubro e xaneiro no centro multiusos de Frades

Silleda - o concello asume o arranxo do vial de Pordodabalde

O Concello de Silleda asumirá integramente o arranxo do vial de Pordodabalde, debido á grave situación na que se atopa e os riscos que supón
Xa se solicitou autorización a Augas de Galicia para retirar as tubaxes da ponte, cun deterioro moito maior do que se pensaba inicialmente

Kalandraka - roteiro guiado por David Pintor sobre a exposición "Compostela"

A EXPOSICIÓN DAS ILUSTRACIÓNS DE ‘COMPOSTELA’ EN SARGADELOS 
REMATA O SÁBADO 15 CUN ROTEIRO GUIADO POR DAVID PINTOR 
O público poderá comparar as representacións gráficas cos espazos reais da cidade monumental 

Ames - novas plazas na escola de música municipal

A Escola de Música de Ames saca novas prazas para a materia de música e movemento, destinadas a nenos e nenas nados nos anos 2008 e 2006
A inscrición, que se levará a cabo entre os días 18 e 26 de setembro, poderá realizarse no Pazo da Peregrina de Bertamiráns e na Casa da Cultura do Milladoiro.

Silleda - fútbol 8 na fin de semana de Silleda

A Escola de Fútbol de Silleda organiza a vindeira fin de semana un torneo na modalidade de Fútbol 8
O certame de fútbol base comezará o sábado día 15 na categoría benxamín e seguirá o domingo día 16 na de alevís

Ames - máis de douscentos rapaces no setembro lúdico

Un total de 201 nenos e nenas participan no Setembro Lúdico
Deste total, 119 participantes acoden ao servizo que se presta no Milladoiro, mentres que a Bertamiráns acoden 83 participantes.

Ordes - iniciada a reforma da casa do concello

Iniciada a remodelación do antigo consistorio de Ordes
Manterase a antiga fachada exterior e dotarase cunha nova estructura interna

Axenda luns 10 - Santiago, tráfico, Centro Transfusión

Santiago


9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao almorzo informativo organizado por Fórum Europa no que participa como ponente o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. 

Ames - máis de 1000 nenos na rede de comedores escolares

Durante o curso 2012-2013 a Rede Municipal de Comedores Escolares prestará servizo a uns 1.104 nenos e nenas
Este servizo, que está dirixido ao alumnado de infantil e primaria, ofrécese nos centros de ensino do CEIP Agro do Muíño, CEIP A Maía, EEI Milladoiro, CEP de Ventín e CEIP de Barouta.

Santiago - Nacho Vegas inagura o ciclo Íntimo and Acuústico

Nacho Vegas inaugura a nova temporada de ciclo Íntimo&Acústico
O cantautor dará o concerto acompañado, desta vez, pola súa banda ao completo
As entradas están xa a venta na billeteira do Principal e en Novagaliciabanco a un prezo de 20€ (18€ no anfiteatro) anticipadas; e o propio día a 22€ (20€ no anfiteatro)

Axenda domingo 9 - Santiago, tráfico, Silleda, Brión, Oroso

Santiago


20.00 h

No Teatro Principal, segunda xornada do certame de corais Compostela Canta. Interveñen as corais La Salle, Asubío, Coto da Nai, Irmán Gómez e Castrosúa.

Cambios polo horario de inverno dos autobuses urbáns       consultar

Psoe Teo - moción para a implantación do rexistro telemático no concello

IMPLANTACIÓN DO REXISTRO TELEMÁTICO NO CONCELLO DE TEO
Uxía Lemus, concelleira do PSdeG PSOE, ven de presentar unha moción na que solicita que se aprobe unha ordenanza municipal para que o Concello de Teo adquira no seu ámbito organizativo e conforme ás súas competencias, o compromiso de desenrolar a implantación da administración electrónica, nomeadamente nos aspectos de rexistro telemático.

BNG Ordes - o BNG levará a pleno unha proposta para compensar os funcionarios pola supresión da extra

O PLENO DEBATIRÁ A PROPOSTA DO BNG PARA COMPENSAR AOS TRABALLADORES MUNICIPAIS POLA ELIMINACIÓN DA PAGA EXTRA
Gonzalo Castro afirmou que “a redución salarial agravará aínda máis a crise ao reducir o poder de compra dos empregados públicos afectando moi negativamente ao comercio, e, en xeral, ao tecido económico deste concello”.

Silleda - mañán comezan as obras do campo de futbol do Laro

A Concellería de Deportes inicia mañán as obras para dotar de herba natural ao campo do Laro F.C. 
A alcaldesa, Paula Fernández, e o presidente do clube silledense, Manuel Luis Gil Castro, asinaron hoxe o convenio sobre a cesión e uso das instalacións

Oroso - o concello remata a primeira fase da senda peonil de Porto Avieira

O CONCELLO DE OROSO REMATA AS OBRAS DA PRIMEIRA FASE DA SENDA PEONIL DE ACCESO A PORTO AVIEIRA, CUN INVESTIMENTO DE 78.000 EUROS 
O concelleiro de Vías e Obras, Eduardo Veiras, explica que “nunha segunda fase pretendemos levar as sendas peonís ata a entrada principal de Porto Avieira e á localidade do Piñeirón” 

Brión - club de lectura para nenos de 3 a 6 anos

O CONCELLO DE BRIÓN ORGANIZA UN CLUBE DE ANIMACIÓN Á LECTURA PARA NENOS DE 3 A 6 ANOS ACOMPAÑADOS DOS SEUS FAMILIARES

Comezará a funcionar en outubro, reunirase os últimos venres de cada mes e a participación é totalmente gratuita

Ordes - actividades extraescolares organizadas opolo concello

Baloncesto, patinaxe, manualidades e aerobic, actividades extraescolares organizadas polo Concello
O Concello de Ordes ven de facer públicas as actividades extraescolares que ofertará este ano e que complementan ás organizadas polas ANPAS dos centros académicos.

Teo - boa acollida da tarxeta social para o transporte metropolitano


O CONCELLO DE TEO DESTACA A BOA ACOLLIDA DA TARXETA SOCIAL METROPOLITANA NOS TRES PRIMEIROS MESES DE FUNCIONAMENTO

A tarxeta bonifica o 50% dos 20 primeiros viaxes de autobús cada mes para colectivos como xubilados, persoas con discapacidade ou parados de longa duración