Axenda sábado 6 abril - exposicións, concertos, teatro, debate

SANTIAGO 
10.00 h Na Escola Galega de Administración Pública, a concelleira de Educación, María Castelao, asiste á apertura do seminario “Adolescentes e novas teconoloxías. Unha responsabilidade compartida”. 


11.00 h  Con saída da praza de Galicia (diante do Banco de Santander), ruta “Parroquias I, Conxo, Vidán e Laraño; a través dos sendeiros e camiños culturais descubriremos a historia e transformación dalgúns importantes elementos patrimoniais das parroquias compostelás”, dentro do Programa educativo Cultura Viva, fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá.

12.00 h Na sede da Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar), inauguración do Outlet do Libro Galego.

12.00 h No salón amarelo, a concelleira de Educación, María Castelao, fai entrega dos premios do certame escolar de redacción e debuxo organizado por La Voz de Galicia. 

14.00 h Na Casa da Cultura de Bertamiráns, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asiste á entrega de premios da final da fase comarcal do Club de Debate. Concederase un premio ao equipo gañador e outro ao finalista das fases comarcais. Os premios consistirán en material cultural en galego por valor de 500 euros (primeiro clasificado) e 300 euros (segundo clasificado). O premio para o equipo gañador da fase final galega consistirá nunha viaxe de fin de semana, para un máximo de 25 persoas, con contidos culturais que contribúan aos obxectivos deste proxecto.

17.00 h a 20.00 h Nas instalacións do Centro Xuvenil Don Bosco, a Concellaría de Centros Socioculturais organiza unha tarde con xogos e actividades deportivas para todos os nenos e adultos que participaron nas actividades dos centros durante as festas de Nadal e Antroido. Asiste o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya. 

ACTIVIDADES
Santiago -  Na Zona C Ut- Tópico Teatro presenta 'Faust Box', a dualidade do ben e o mal. +INFO 


Santiago - 20.30 h No Teatro Principal, Pradairo presenta 'Pateado', unha proposta chea de tradición e innovación, sentimento e creatividade en Sons13.  +INFO

Santioago - 20.30 hNa Sala Capitol, Nick Lowe presenta One man band, voz, guitarra e cancións no Compostela   +INFO 

Teo - mercado de productos galegos en Os tilos

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén M ar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Santiago - Área Central - exposición de traxes do Museo Juanjo Liñares de Ordes   +INFO

Santiago - Hotel Araguaney - exposición de pintura de Rafael Masiá   +INFO

Silleda - exposición do pintor estradense Santiago Tato Vidal   +INFO

BNG Comarcal - o BNG renova a sua executiva na comarca nun 50%

O BNG de Compostela elixe novo Consello e Executiva Comarcal e terá como Responsábel a Alexandre Pérez Queiro

Mancomunidade de Ordes - demanda de arranxo da N-550

O pleno da Mancomunidade de Ordes demanda una inmediata reparación da N 550 o seu paso por Ordes, Sigüeiro e Santiago

Veciños Boqueixón - sinaturas en contra do tanatorio de Camporrapado


219 SINATURAS CONTRA DA CONSTRUCIÓN DO TANATORIO NOS BAIXOS DA CASA DE CULTURA DE CAMPORRAPADO

Silleda - campaña de recollida de material escolar

A Concellería de Educación e o programa Silleda Solidaria poñen en marcha unha campaña de recollida de material escolar
-Os puntos de entrega estarán nas librarías e centros escolares do municipio

Santiago - mañá no auditorio a Fábula Galénica

Títeres de luva domingo 7 no Teatro Principal con ‘A Fábúla Galénica’ de Fantoches Baj
As entradas están á venda a 5 euros cunha oferta de entrada familiar: 4 entradas por 15€, na billeteira do Teatro Principal (18-21h, de martes a sábado). Teléfono da billeteira: 981 542 349

Oroso - este fin de semana o concello celebra o seu concurso de tapas

O POLBO E O POLO SERÁN OS DOUS GRANDES PROTAGONISTAS DA PRIMEIRA FIN DE SEMANA DO IV CONCURSO DE TAPAS DE OROSO 
As degustacións gratuítas que terán lugar en 16 locais, en horario de 12:00 a 15:00 horas e de 19:00 a 22:00 horas

Oroso - o concello convoca a I Carreira Pedestre

O CONCELLO DE OROSO ABRE A INSCRICIÓN NA PRIMEIRA EDICIÓN DA CARREIRA PEDESTRE “CONCELLO DE OROSO”, QUE TERÁ LUGAR O SÁBADO 27 DE ABRIL

Santiago - hoxe na Capitol Nick Lowe dentro do Compostela Rock (vídeo)

Este sábado cita imprescindible no Compostela Rock co Mestre Nick Lowe
‘One man band’

Santiago - mañá domingo a Banda Municipal estará acompañada no seu concerto por alumnos do conservatorio

Banda Municipal e Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela darán un oncerto este domingo no Teatro Principal

Santiago - prazo de inscrición para unha excursión a Baiona e A Guarda

Viaxe a Baiona e A Guarda dentro do programa "Imos de excursión"

Tordoia - o alumnos do CPI Pecalama coñecerán como se desenrola unha investigación sobre violencia de xénero

O ALUMNOS DO CPI PECALAMA DE TORDOIA ABORDARÁN A INVESTIGACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO CUN SEMINARIO IMPARTIDO POLO SUP

Axenda venres 5 abril - exposicións, teatro, música


SANTIAGO 
9.30 h Na Casa da Cultura de Bertamiráns, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asiste á final da fase comarcal do Club de debate. O equipo gañador representará a esta comarca na final, que terá lugar no Concello de Santiago de Compostela o sábado 4 de maio. O Club de Debate é unha iniciativa impulsada dende os servizos de Normalización Lingüística municipais na que participan os Concellos de Ames, Carballo, Cee, Ferrol, Pontevedra, Ourense, Rois, Santiago, Teo e Vigo.

10.45 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Luis Bello, sobre asuntos da súa área. 

11.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, para presentar a liquidación do orzamento de 2012.

11.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local. 

12.00 h  Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local. 

12.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, para presentar o Outlet do libro galego que se inaugura o sábado na sede da Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar). Na rolda tamén estará Belén López, vicepresidenta da Asociación Galega de Editores, e Antón Pedreira, vicepresidente da Asociación de Libreiros de Santiago. Tamén asiste o responsable da comisión de promoción do libro da Asociación Galega de Editores, Xulio Amigo.

12.45 h Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou, para presentar o concerto da Banda Municipal de Música e o Conservatorio Profesional de Santiago, acompañando de Alejandra Escolante Mujico, vicedirectora do Conservatorio, e Carlos Seráns Olveira, director da Banda.

13.00 h No CERSIA (San Lázaro), o alcalde compostelán, Ángel Currás, saúda o xurado do VI Premio Internacional "Compostela" de Álbums Ilustrados, xunto coa concelleira de Educación, María Castelao. 

17.00 h No CSC do Ensanche, inauguración do curso de fotografía en acción organizado pola Concellería de Xuventude. 

21.00 h No Auditorio de Galicia, no Programa de Abono, a Real Filharmonía de Galicia estará acompañada polo pianista Nicolai Lugansky e dirixida por Christoph König.

TRANSFUSIÓN DE SANGUE
TORDOIA
UNIDADE MÓBIL DIANTE DO CONCELLO
16:00 - 21:00

ACTIVIDADES
Santiago - 20.30 h Na Zona C Ut- Tópico Teatro presenta 'Faust Box', a dualidade do ben e o mal.   +INFO

Ames - Pequenos Artistas de Tralará  +INFO 

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén M ar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Santiago - Área Central - exposición de traxes do Museo Juanjo Liñares de Ordes   +INFO

Santiago - Hotel Araguaney - exposición de pintura de Rafael Masiá   +INFO

Silleda - exposición do pintor estradense Santiago Tato Vidal   +INFO

Santiago - Fausto Box na Zona C ata o domingo dentro do teatro & danza

Teatro contemporáneo / experimental na Zona C
‘Faust Box’ con Ut- Tópico Teatro

BNG Santiago - o BNG buscará apoios para recuperar o vo a Madrid de primeira hora

O BNG buscará o apoio da Corporación e das forzas económicas e sociais para recuperar a conexión aérea con Madrid de primeira hora
Era un enlace estratéxico que permitía ir e volver no mesmo día

Esquerda Unida - pregunta sobre a promoción do deporte de base e as carreiras populares

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera necesario que o Concello fomente a práctica deportiva entre a cidadanía. 

Ames - reunese a comisión de seguimento que tera que licitar o servizo de saneamento e abastecemento

O Concello de Ames acolle a reunión de organización da comisión de seguimento do saneamento e abastecemento
O obxectivo desta comisión, convocada polo Goberno municipal o pasado luns, é abordar o contrato deste servizo, cuxo período de prestación remata este ano, de cara a sacalo a licitación

Silleda - Sergio Pazos abre hoxe a programación adicada o Sahara

Sergio Pazos abre mañá en Silleda o Mes Cultural de Axuda ao Sáhara
A cita co seu monólogo “Sé galego, my friend”, será ás 21.30 horas no auditorio da Casa da Cultura

BNG Santiago - o goberno municipal non amosa os orzamentos 3 meses despóis de presentalos

O alcalde de Santiago é incapaz de amosar os orzamentos municipais tres meses despois de presentalos

Brión - presentación do comic "El fugitivo"

A SALA DE EXPOSICIÓNS DE BRIÓN ACOLLE HOXE A PRESENTACIÓN DO CÓMIC “EL FUGITIVO”

Axenda xoves 4 abril - concertos, exposicións, teatro, monologos


SANTIAGO 
11.30 h Na Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES, Salgueiriños), a concelleira de Benestar Social, María Castelao, recibe un grupo de 72 alumnos de 2º de Educación Social da USC que visitan o centro para coñecer o funcionamento dos servizos sociais do Concello.

12.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo e Economía, Reyes Leis, xunto coa emprendedora Mariela Villar para presentar o novo proxecto empresarial Ccamina.

12.30 h Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

19.00 h Na Galería Sargadelos, a concelleira de Educación, María Castelao, participa no encontro co ilustrador Emilio Urberuaga, Premio Nacional de Ilustración e membro do xurado do VI Premio Internacional "Compostela" de Albums Ilustrados. Creador da imaxe do célebre personaxe 'Manolito Gafotas', ilustrou máis de medio cento de libros infantís en varias editoriais, entre elas, Kalandraka, para a que ilustrou “As catro estacións” e “Discurso do oso”. 

20.30 h No Teatro Principal Manuel Manquiña e Luis Zahera presentan 'Monólogos inocentes', sobre a crise económica, a televisión e a ciencia, o amor e a familia. Todos os temas do noso tempo, tratados con humor e sarcasmo no Falabaratos.

20.30 h Na Zona C Ut- Tópico Teatro presenta 'Faust Box', a dualidade do ben e o mal.

TRANSFUSIÓN DE SANGUE
15901 F. FARMACIA (SANTIAGO)
UNIDADE MÓBIL DIANTE DA FACULTADE
09:30 - 14:30
15:30 - 21:00 

15045 IES FONTIÑAS (SANTIAGO)
UNIDADE MÓBIL NA ENTRADA PRINCIPAL
09:30 - 14:30

ACTIVIDADES
Val do Dubra - ata o domingo ruta das tapas   +INFO

Santiago - festival de gorra - caravana de emerxencias na sala Capitol   +INFO

Santiago - Cachan Club - Los Thysen   +INFO

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén M ar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Santiago - Área Central - exposición de traxes do Museo Juanjo Liñares de Ordes   +INFO

Santiago - Hotel Araguaney - exposición de pintura de Rafael Masiá   +INFO

Silleda - exposición do pintor estradense Santiago Tato Vidal   +INFO

BNG Teo - pese as promesas do alcalde o concello seguirá sen taxis adaptados

O BNG denuncia que Teo seguirá sen taxis adaptados 
O alcalde comprometeuse no pleno a garantir o servizo de eurotaxi en Teo

Ames - O concello acolle os días 5 e 6 de abril a final da fase comarcal do Club de debate

Un total de 114 estudantes e 11 profesores/as dos institutos de Santiago de Compostela, Ames, Rois, Padrón e Teo participarán na competición comarcal que se desenvolverá este venres 5 e o sábado 6 de abril na Casa da Cultura de Bertamiráns

BNG Santiago - valoración da ameaza do alcalde de "tirar da manta"

Rubén Cela, sobre a ameaza do alcalde de tirar da manta: “Quen non ten por qué preocuparse non ten problema polo filtro da Xustiza” 

Silleda - exposición do pintor estradense Santiago Tato Vidal

A Casa da Cultura acolle dende hoxe unha mostra de pintura do estradense Santiago Tato Vidal
-A exposición poderá verse durante todo o mes de abril na sala Pintor Colmeiro

Teo - entrega dunha biblioteca de 3000 volumenes

A ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORES ENTREGA UNHA BIBLIOTECA CON 3.000 VOLUMES Ó CONCELLO DE TEO

Ames - A Aula da Natureza organiza un obradoiro de conservación caseira e natural dos alimentos

Esta actividade estará divida en dúas xornadas. O obradoiro comeza o sábado 6 de abril. Durante o primeiro día explicaranse distintas nocións sobre a conservación de doces. A segunda xornada, que se desenvolverá o sábado 13 de abril, dedicarase ao afumado e á conserva en vinagre

Santiago - hoxe na galería Sargadelos encontro co ilustrador Emilio Urberuaga

Encontro co ilustrador Emilio Urberuaga  na Galería Sargadelos

BNG Ames - petición de dimisión de Santiago Amor

O BNG de Ames avoga por unha recomposición da corporación consonte á vontade expresada polos cidadáns 

Brión - o concello convoca 6 obradoiros de informática

O CONCELLO DE BRIÓN OFRECE AOS VECIÑO SEIS OBRADOIROS PRÁCTICOS DE INFORMÁTICA 

Frades - axudas para o transporte

O CONCELLO DE FRADES CONVOCA AS AXUDAS  PARA TRANSPORTE E MATERIAL ESCOLAR

As Cancelas SXXI - tempo para as mascotas no centro comercial

As Cancelas programa divertidas e espectaculares actividades con cans para todos os venres de abril

Santiago - este sábado actua Pradairo no teatro Principal dentrod do Sons13

PRADAIRO presenta ‘Pateado’
O ciclo Sons13 presenta sábado 6 de abril ás 20.30h ‘Pateado’ que é a reafirmación das nosas músicas como punto de partida irrenunciable para chegar a unha proposta musical diferente coa que nos poidamos sentir identificados

Oroso - as próximas duas fins de semana celebrase "De tapa en tapa"

DEZASEIS LOCAIS PARTICIPARÁN DURANTE AS DÚAS PRÓXIMAS FINS DE SEMANA NA CUARTA EDICIÓN DO CONCURSO DE TAPAS DE OROSO 

Silleda - Recollidas preto de 70 toneladas de plásticos agrícolas en tan só 8 días no rural de Silleda

O servizo, que pasará a establecerse durante todos os meses do ano, atendeu nesta queda xeral un total de 122 peticións

Santiago - o pago fraccionado do IBI foi utilizado por 1250 persoas este ano

O pago fraccionado dos recibos do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) beneficiará a 1.259 persoas neste 2013

Axenda mércores 3 abril - exposicións, club lectura

SANTIAGO 
9.00 h No Centro Sociocultural das Fontiñas, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, participa na reunión de barrio das Fontiñas coas entidades sociais, educativas e sanitarias que traballan na zona. 

11.00 h Na Galería Sargadelos, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, participa na presentación da memoria de actividades do ano 2012 da Plataforma polo Emprego.

11.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local. 

11.30 h Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou, para presentar a programación de Infantil e Familiar do mes de abril, acompañado por Ignacio Vilariño, director e actor da compañía Fantoches Baj, e por Pedro Pablo Patiño, director e actor de Teatro dos Ghazafelhos, que presentarán, respectivamente, dous dos eventos: 'A fábula Galénica' e 'Frankenstein'.

13.00 h En Zarramacedo (Bando), o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Medio Ambiente, María Pardo, visitan o Refuxio de Animais. 
Lugar de encontro: porta principal. 

17.00 h No Centro Sociocultural de Santa Marta, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, inaugura o curso de Xestión eficaz das redes sociais organizado pola Concellería.

TRANSFUSIÓN DE SANGUE
F. FARMACIA (SANTIAGO)
UNIDADE MÓBIL DIANTE DA FACULTADE
09:30 - 14:30
15:30 - 21:00

ACTIVIDADES
Ames - Club de lectura no Milladoiro   +INFO

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén M ar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Santiago - Área Central - exposición de traxes do Museo Juanjo Liñares de Ordes   +INFO

Santiago - Hotel Araguaney - exposición de pintura de Rafael Masiá   +INFO

SantiagoyComarca . reprobado o alcalde de Ames, Santiago Amor, por 12 votos e 4 abstencións

O pleno extraordinario de onte aprobou a reprobación de Santiago Amor como alcalde con 12 votos a favor e as catro abstencións de Ames Novo. A moción de reprobación chega a pleno a instancias do grupo socialista que a argumenta polos perxuizos ocasionados despóis da ruptura do grupo municipal. 

Ames - a Xunta emite informe favorable para a dotación da cidade deportiva do Real Aero Club

A Xunta comunícalle ao Concello de Ames a emisión de informe favorable sobre o plan especial de dotacións da cidade deportiva do Real Aero Club de Santiago

Esquerda Unida Santiago - pregunta sobre o fomento do uso da bicicleta

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela defende, unha vez máis, un novo modelo de mobilidade sustentable, no que o fomento do uso da bicicleta ten que ter moita relevancia

Ames - aprobado o S-15 do Milladoiro que destinará terreos a igrexa e o centro de saude

O pleno de Ames aproba o plan parcial do S-15, que permitirá contar con terreos para o centro de saúde do Milladoiro, e a desafectación dunha parcela para cumprir o convenio asinado co Arcebispado de Santiago

BNG Santiago - o BNG demándalle o alcalde que mire polos parados da cidade

Rubén Cela demándalle ao alcalde que mire polas 9.776 persoas que buscan traballo na nosa cidade

Frades . o pleno solidarizase cos afectados polas preferentes e pide que non se fagan quitas

O PLENO MUNICIPAL SOLIDARÍZASE COS AFECTADOS POLAS PREFERENTES, PIDE QUE NON SE FAGAN QUITAS NIN CANXES E ESIXE A NOVAGALICIA BANCO QUE ATENDA AS PETICIÓNS DE ARBITRAXE

Silleda - o 15 de abril comeza un novo curso de poda

A Concellería de Medio Ambiente e Medio Rural organiza con Unións Agrarias un curso de poda

Trazo - a cooperativa Horsal de Ordes presenta o seu sistema de socios colaboradores

Horsal presenta o seu novidoso sistema de socio colaborador a través da Oficina de Fomento do Cooperativismo da Mancomunidade de Ordes

Oroso - 20 persoas aprenderon a manexar carretillas elevadoras

VINTE VECIÑOS PARTICIPARON NO CURSO DE CONDUTOR DE CARRETILLA CONVOCADO POLO CONCELLO DE OROSO

Ordes - O Club Luar acada dúas medallas no Campionato Galego de Taekwondo

Recentemenete a cidade de A Coruña foi sede do Campionato Galego de Taekwondode onde unha vez máis os membros do Club Luar demostraron o seu bo nivel.

Axenda martes 2 de abril - exposicións, charlas,

SANTIAGO 
11.00 h Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese co director do CEIP López Ferreiro, Lois Trigo. 

11.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación da programación de teatro do mes de abril. Na rolda estarán Fran Godón, director e autor de “Faust Box”, da compañía Ut-Tópico teatro, e Nelson Quinteiro, director da compañía Femme Fatale, coa obra “Masterclass cabaret”, acompañados do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, que tamén presentará “Bodas de sangre”, unha cita co teatro clásico. 

12.00 h  Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área. 

12.30 h Na Cámara de Comercio, a concelleira de Turismo e Economía, Reyes Leis, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación do VI Foro Open Your Mind.

18.00 h No Cersia, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, visita o curso de lingua galega CELGA 3, que organiza a Concellaría de Normalización Lingüística en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

TRANSFUSIÓN DE SANGUE
BRIÓN UNIDADE MÓBIL FRONTE AO CONCELLO (DIANTE DE CASA FILIBERTO)
15:30 - 21:00

ACTIVIDADES
Trazo - charla da coopertiva Horsal de Ordes   +INFO

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén M ar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Santiago - Área Central - exposición de traxes do Museo Juanjo Liñares de Ordes   +INFO

Santiago - Hotel Araguaney - exposición de pintura de Rafael Masiá   +INFO

Oroso - ciclo de cinema para a mocidade

A CONCELLERÍA DE XUVENTUDE DE OROSO ORGANIZA UN CICLO GRATUÍTO DE CINE QUE TERÁ LUGAR TODOS OS VENRES DO MES DE ABRIL

Mancomunidade de Ordes - presentado o programa de sensibilización sobre violencia de xénero

A Mancomunidade de Ordes presenta o programa de sensibilización sobre a violencia de xénero que se desenvolverá nos centros educativos da comarca
Trátase dunha medida preventiva e de concienciación na que os alumnos adoptarán o rol de investigadores. En cada instituto se elaborarán documentos de conclusións que se farán públicos a través das redes sociais

Brión - a escola municipal de música Magariños abre o prazo de inscrición

A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA MAGARIÑOS ABRE HOXE MARTES O PRAZO DE RESERVA DE PRAZA PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2013-2014

aMES - Abre o prazo de solicitude de praza nas escolas infantís municipais para o curso 2013-2014

O prazo de inscrición estÁ aberto dende onte e ata o 15 de abril. Haberá que pasar polas escolas infantís para recoller e entregar o modelo de solicitude (carpeta de cartón). O persoal das escolas prestará a axuda necesaria para cubrir debidamente o impreso.

Son susceptibles de matricularse os nenos e nenas que teñan entre tres meses e tres anos. O horario para recoller e entregar a documentación será de 9:00 h a 14:00 horas, nos propios centros de ensino.

As dúas escolas infantís dispoñen de 215 prazas, pero este non é número total de prazas dispoñibles porque moitas xa están ocupadas polos nenos e nenas de 1 e 2 anos que pasan de curso.

A Escola infantil municipal O Bosque, de Bertamiráns, e a Escola infantil municipal A Madalena, do Milladoiro, comezan hoxe a recoller as solicitudes de admisión para todos os pais e nais interesados en gozar dos seus servizos de cara ao vindeiro curso escolar. Son susceptibles de matricularse os nenos e nenas que teñan entre tres meses e tres anos. O prazo de inscrición rematará o próximo día 15 de abril. Cómpre lembrar que é preciso pasar polas escolas infantís para recoller a documentación que hai que cubrir para realizar o proceso de inscrición. O horario para recoller e entregar a documentación será de 9:00 h a 14:00 horas, nos propios centros de ensino. As dúas escolas infantís dispoñen de 215 prazas, pero este non é número total de prazas dispoñibles porque moitas xa están ocupadas polos nenos e nenas de 1 e 2 anos que pasan de curso.

As escolas infantís municipais ofertan novas prazas para que as familias interesadas poidan deixar aos seus fillos e fillas nestes centros durante o seu horario de traballo. Ademais, estas escolas están capacitadas con todo tipo de instalacións para cubrir perfectamente todas as necesidades do alumnado: sala de berces, comedor, cociña, lavandería, un almacén e aseos, sen esquecer un parque infantil exterior para os xogos dos máis pequenos.

As clases distribúense por franxas de idades: de 0 a 1 anos, de 1 a 2 anos e de 2 a 3 anos. Nas escolas infantís municipais son susceptibles de ser admitidos todos os nenos e nenas que teñen entre tres meses e tres anos, sempre e cando cumpran os tres anos antes do 31 de decembro de 2013. Para inscribirse tan só é necesario pasar polo centro a recoller a carpeta de inscrición, cubrir o modelo e achegar a documentación necesaria. É preciso entregar todo antes do día 15 de abril. O horario para recoller e entregar a documentación será de 9:00 h. a 14:00 horas.

Documentación que hai que achegar
As solicitudes deberán ir acompañadas da documentación acreditativa da situación familiar con dúas fotocopias compulsadas do libro de familia onde figure o alumno ou alumna para o que se solicita o ingreso e os seus irmáns. Ademais, achegará a fotocopia do DNI ou pasaporte dos pais/nais ou titores. Nas oficinas da escola solicitarase o certificado de empadroamento e convivencia que será expedido e incorporado ao expediente polo Concello de Ames.

Por outra banda, deberá presentarse a documentación acreditativa da situación económica con dúas copias cotexadas da última declaración da renda, de todos os membros da unidade familiar, ou, no seu defecto, o certificado emitido pola delegación de Facenda que avala a súa non presentación.

No caso dos profesionais autónomos deberase acreditar tamén os pagamentos fraccionados do ano correspondente, mentres que nos casos de nulidade, separación ou divorcio matrimonial a renda será a de quen exerza a patria potestade do pequeno. No caso de cursar estudos oficiais, acreditarase tal circunstancia, de igual forma que as persoas desempregadas achegarán o certificado do INEM.

Outra documentación complementaria que hai que presentar é a autorización para consulta de datos en facenda (modelo de aceptación do RRI), que xa está incluída na carpeta de documentación que se recolle nas escolas infantís, o expediente do organismo correspondente por deficiencia física, psíquica ou sensorial ou enfermidade do neno/a ou dalgún membro da unidade familiar; e outros documentos se proceden no que consten incidencias susceptibles de puntuación no baremo.

Prazo de presentación das solicitudes 
O prazo de inscrición estará aberto dende o día 1 ata o 15 de abril. Haberá que pasar polas escolas infantís para recoller e entregar o modelo de solicitude (carpeta de cartón). O persoal das escolas prestará a axuda necesaria para cubrir debidamente o impreso.

A mediados do mes de maio publicaranse as listas provisionais de admitidos/as e haberá un prazo de dez días para presentar posibles reclamacións. Posteriormente, entre o 1 e o 15 de xuño abrirase o prazo de matrícula. Unha vez aceptada a solicitude, os nenos/as admitidos na escola presentarán seis fotografías tamaño carné, a fotocopia do calendario de vacinas, a fotocopia da tarxeta sanitaria e o certificado médico.

Para máis información, os interesados ou interesadas poden dirixirse aos propios centros: a EIM O Bosque situada no número 28 da Avenida da Peregrina, en Bertamiráns; e a EIM A Madalena situada no número 16 da Praza da Madalena, no Milladoiro. Ou ben utilizar os teléfonos 981 891 111 e 981 538 433, respectivamente.

Ordes - Ábrese o prazo de inscrición para o curso 2013-14 na escola infantil municipal

Os interesados poderán formalizar as súas matículas ata o día 15 deste mes. Publicadas no DOG as axudas para familias con fillos menores de 3 anos

Ames - Bertamiráns acolleu a celebración do II Torneo de fútbol base Ames Cup

No torneo, que contou cunha destacable afluencia de público e deportistas, participaron un total de 52 equipos das categorías prebenxamín, benxamín e alevín pertencentes ás zonas da Coruña, A Estrada, Ames, comarca do Barbanza e da comarca de Santiago de Compostela

Axenda luns 1 de abril - exposicións


SANTIAGO
11.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía, Reyes Leis, para presentar a nova sección da Asociación de Jóvenes Empresarios, AJE Santiago. Asisten tamén o presidente de AJE A Coruña, Óscar Valcuende, e o presidente de AJE Galicia, José Manuel Valenzuela. 

Día de Santiago en Padrón
12.00 h Saída da praza do Obradoiro do autobús con destino Padrón.
13.00 h Recepción á Corporación de Santiago, intercambio de bastóns de mando e pendóns.
13.05 h Palabras dos alcaldes de Santiago e Padrón no salón de plenos do Concello de Padrón. Sinatura do alcalde de Santiago no Libro de Ouro.13.25 h Saída aos balcóns da Casa do Concello. Interpretación do Himno de Galicia. Actuacións das bandas municipais de Santiago e Padrón na praza de Macías

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén M ar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Santiago - Área Central - exposición de traxes do Museo Juanjo Liñares de Ordes   +INFO

Silleda - os orzamentos 2013 se debatirán no pleno do próximo xoves

A politica social e o pago de sentencias marcan o orzamento municipal de Silleda, que se sitúa en 4,7 millóns de euros
-A cautela nos ingresos e a contención no gasto volven a marcar a liña de traballo 
-Entre as inversións previstas figura o arranxo da cuberta do pavillón da Bandeira ou a dotación de 23.000 euros para o traslado da Escola de Música

Ames - programación cultural e deportiva do segundo trimestre do ano

A programación cultural e deportiva de Primavera recolle preto de 40 actividades para todos os públicos
Durante o segundo trimestre do ano, o Concello de Ames desenvolverá un completo programa de actividades deseñado para ofertar unha gran variedade de alternativas de ocio para todo tipo de públicos

Ordes - convenio para dixitalizar todo o arquivo videográfico e sonoro do museo Juanjo Liñares

O Museo do Traxe Juanjo Liñares asina un convenio para dixitalizar todo o seu legado videográfico e sonoro 
A Federación Española de Agrupacións de Folclore (FEAF) traballará coas recopilacións que o bailarín ordés realizou por toda España. Unha copia deste traballo quedará depositado na Biblioteca Nacional

Santiago -A danza de Tomas Noone estará en Santiago o 17 de abril

Thomas Noone presenta a súa máis recente creación para púbico adulto, ‘Lugares extrañamente desastrosos’, a danza máis dinámica, irónica e extrema

Santiago - recoñecemento internacional para o gañador do V Premio Compostela de Álbums Ilustradossantiago

Recoñecemento internacional para Bandada, o libro gañador do V Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados

Melide -éxito do II Congreso Nacional de Categorías Inferiores

Gran éxito de participación no II Congreso Nacional de Categorías inferiores celebrado en Melide o pasado fin de semana
Á vila de Melide trasladaronse directivos da Asociación Nacional de Entrenadores de Fútbol Sala (ANEFS) co fin de celebrar unha xornada adicada ao fútbol sala

Axenda domingo 31 marzo - deportes, festas, concertos


ACTIVIDADES
Ames - Ames Cup no campo de fútbol de Bertamiráns +INFO

Melide - II Aberto de Tenis Concello de Melide +INFO

Padrón - Festas de Pascua 2013 +INFO

Santiago - 20.00 h No Auditorio de Galicia, as orquestras Nova e de Nenos da Sinfónica de Galicia ofrecen no Festival de Músicas Contemplativas un programa arredor dos ritos fúnebres e a resurrección con obras de Vivaldi, Tchaikovski e Mahler.

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén M ar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Santiago - Área Central - exposición de traxes do Museo Juanjo Liñares de Ordes   +INFO

Ames - a oficiña de voluntariado pon en marcha un curso de castelán para inmigrantes

A Oficina do Voluntariado de Ames pon en marcha no Milladoiro un curso de castelán para persoas estranxeiras
As clases impartiranse na Casa da Cultura do Milladoiro os luns e os mércores en horario de 10:00 a 11:30 horas. As clases do nivel de iniciación comezarán mañá luns 1 de abril

Melide - xestións para conseguir que a Festa do Melindre teña o rango de interés turístico

Melide traballa pola consecución da mención de Festa de interese turístico para a Festa do Melindre.

Ames - mañá irá a pleno a aprobación definitiva do plan parcial S-15 do Milladoiro

O Concello de Ames levará a Pleno a aprobación definitiva do plan parcial S-15 do Milladoiro

Trazo - a cooperativa Horsal de Ordes dará unha charla este martes sobre o seu funcionamento

O Concello de Trazo acollerá o martes unha charla informativa da cooperativa Horsal o vindeiro martes