Danza, teatro, música, unha chea de cousas para facer este sábado na bisnarra


Axenda

Que
Onde
Cando
Cine
De Luns a Domingo desde as 12 do mediodía
Talleres en torno ao vento
Hoxe desde as 18:00
Danza
Teatro Principal
Hoxe 20:30
Teatro
Teo - CSC Ramallosa
Chevere presenta
1/2/3/8/9/10 de abril
Música brasileira
Casa das Crechas
Hoxe  21:00
Música Folk
Ames - Casa da Cultura de Bertamiráns
Hoxe 20:00 horas
Aula de Cine
Numax
Hoxe 11:30
Música Gypsy Punk
Sala mala Testa
Hoxe 21:30
Plantación de Carballos polo Día Forestal Mundial
De 10:00 a 14:00
Ciclismo
Touro - I Trofeo de ciclismo Concello de Touro Camiño do Holandes
3 de abril desde as 10:30
Música tradicional
Ordes
3 de abril desde as 10 da mañá
Concentración de protesta
SOS Sanidade Compostela
Xoves 14 de abril
20:00 horas
Fotografía
Santiago - Fundación Araguaney
Ata o 24 de abril no Hotel Araguaney
Fotografía
Santiago Colexio de Fonseca
Ata finais de abril

O Tempo




El Rio Natura Monbus Obradoiro se suma al #DiaMundialAutismo

El Rio Natura Monbus Obradoiro apoya el Día Mundial de Concienciación sobre el Autismo, que se celebra hoy sábado 2 de abril. 



















Bajo el lema ‘inclusión, tolerancia e respecto’, jugadores y cuerpo técnico han tomado los testigos de la campaña para pasárselos simbólicamente, demostrando que estos tres aspectos son responsabilidad de todos. Cualquiera puede sumarse a la campaña subiendo su foto de apoyo a redes sociales con el hashtag #pasaloporelautismo.

Los miembros del equipo obradoirista han aprovechado para conocer más de cerca esta enfermedad y abogar por la inclusión social de quienes la sufren. La organización Autismo Galicia trabaja continuamente por dar a conocer este Trastorno del Espectro del Autismo, que provoca habitualmente dificultades en la comunicación e interacción social, así como flexibilidad de conducta. 

La campaña llevada a cabo por la asociación también cuenta este año con el apoyo institucional, que iluminará de azul en la noche de hoy el Concello de Santiago y la Cidade da Cultura, simultáneamente a otros edificios emblemáticos de varias ciudades europeas.

O Obradoiro acolleu o acto de celebración do Día Mundial de Concieciación sobre o Autismo

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, participou esta mañá no acto de celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, organizado polas once asociacións que integran a Federación Autismo Galicia.

A Asociación de Pais e Nais de Persoas con Trastorno Autista da Provincia da Coruña (Aspanaes) reuniu a un grupo de familiares e persoas con TEA (Trastorno do Espectro do Autismo) para que se sumasen a este acto. Incluíu a lectura dun manifesto por parte do presidente de Autismo Galicia, Antonio de la Iglesia.

A concelleira de Políticas Sociais amosouse "especialmente contenta de participar nesta xornada e de encontrarse con persoas coñecidas coas que teño compartido reflexións, formación e experiencias sobre TEA e xustiza social". Na súa intervención quixo destacar que "as persoas con diversidade son o principal motor e exemplo de loita polo recoñecemento de dereitos sociais e de cidadanía".

Solta de globos 

Os e as participantes no acto ían ataviados cun pano de cor azul, a cor do autismo, e realizaron unha solta de globos da mesma cor para dar remate ao acto.

Ademais, fíxose a entrega simbólica da testemuña #pasaloporelautismo, un xesto que se enmarca dentro da exitosa campaña, de eido europeo, que se levou a cabo a través de redes sociais e que consiste en pasar unha testemuña azul como símbolo de que a inclusión é cousa de todos e de todas. Concha Fernández quixo "recoller e pasar esta testemuña desexando que sirva para, desde a diversidade, se vaia constituíndo a igualdade".

Por último, durante a noite deste venres cara o sábado 2 de abril, día que a ONU recoñeceu como o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, os edificios da praza do Obradoiro iluminaranse de azul dentro da campaña mundial "Light it up blue". É o caso do Pazo de Raxoi, da Catedral, do Hostal dos Reis Católicos, do Colexio de San Xerome e das Torres da Cidade da Cultura.

Ames pon en marcha o "Festival Folk de artistas emerxentes Val da Maía"

 "Presentamos hoxe oficialmente, coincidindo co inicio da apertura de prazo para o envío de maquetas, o Festival Folk de artistas emerxentes Val da Maía". Así falaba onte o concelleiro de Cultura e Educación de Ames David Santomil, na rolda de prensa que ofreceu ás 12:00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Na presentación deste festival acompañárono Rafael Feáns, representante da produtora Carpe Diem encargada de organizar o evento, e Roberto Rama, representante de Os D'Abaixo. "Un grupo que queremos que sirva de exemplo aos artistas nobeis que nos acheguen o seu traballo", recalcou o concelleiro.

O Festival Folk de artistas emerxentes Val da Maía é unha proposta que, para Santomil, "reforza o compromiso do Concello e a súa aposta pola música dos grupos nobeis". O concelleiro engadiu que, a pesar de que este ano o Concello de Ames decidiu centrarse no ámbito do folk, decisión materializada na organización deste festival, o seu propósito é "estender esta labor a outros estilos musicais, como o rock coa recuperación do Millarock, ou mesmo doutras disciplinas artísticas".

Aproveitando a apertura hoxe do prazo para o envío de maquetas, tres como máximo por grupo musical que deberán remitirse ao enderezo artistasemerxentes@concellodeames.gal, o concelleiro convidou ás persoas participantes "a poñerllo complicado ao xurado, sinónimo da calidade dos traballos que enviedes". O prazo de envío de maquetas remata o xoves 31 do mes de abril e será un xurado composto por tres persoas os que decida as tres mellores agrupacións, tendo en conta non só a calidade técnica senón tamén a orixinalidade dos arranxos ou das composicións enviadas. 

A formación do xurado aínda está en proceso, como sinalaba Rafael Feáns, incidindo en que "as persoas escollidas procederán de distintos ámbitos da música folk, non só músicos senón tamén críticos ou produtores". 

Pola súa banda Roberto Rama agradeceu á organización "ter contado con Os D'Abaixo para participar neste festival, iniciativa imprescindible e necesaria para fomentar a música galega". O representante do grupo convidado ao festival recoñeceu así mesmo ao Concello e á produtora "a escolla da hora", que considera moi acertada xa que "ao ser ás 21:00 horas permite que asistan tamén os máis pequenos coas súas familias, e eles e elas son o futuro da música". O horario do concerto que terá lugar o día 21 de maio no Pazo da Peregrina, as citadas 21:00 horas, é para Roberto Rama un bo exemplo "de conciliación dos horarios" do público novo e o adulto. 

Anuncio dos tres finalistas para participar no concerto do 21 de maio

As bases completas do festival pódense consultar no banner da páxina web municipal. O día 10 de maio o xurado anunciará os tres grupos escollidos para tocar no mesmo escenario que Os D'Abaixo, o día 21 de maio no Pazo da Peregrina. Unha actuación de vinte minutos por cada grupo será decisiva para que o xurado escolla á agrupación gañadora deste primeiro Festival Folk de artistas emerxentes Val da Maía.

Talleres en torno al viento en Área Central

Area Central ofrecerá hoy sábado varias actividades de ocio pensadas para todos los miembros de la familia: talleres sobre el viento en los “Sábados creativos” y el juego del foamball. 

La sesión de los “Sábados creativos” se centrará en el viento y en ella los pequeños elaborarán cometas, mariposas gigantes, pajitas voladoras, etc. La actividad se celebrará mañana sábado en la esquina amarilla de Area Central, de 18.00 a 20.00 horas.

Por otro lado, la esquina verde de Area Central cuenta estos días con el juego del foamball, una modalidad de paintball adaptado para los niños, con proyectiles de goma espuma y compuesto de un espacio en el que los pequeños corren, juegan, saltan y se divierten. En el foamball todos los obstáculos son de goma espuma y desmontables por lo que los niños pueden hacer y deshacer el campo de juego a su antojo. Su horario es de 17.30 a 20.30 horas.

A concellaría de Acción Cultural convocará subvencións de apoio a actividades culturais

A concellaría de Acción Cultural está traballando nas bases reguladoras dunha convocatoria aberta de subvencións de apoio, en metálico ou en especies, a actividades culturais para este ano, 2016. Serán presentadas nos vindeiros días pola concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra.

A Concellaría de Acción Cultural quere contribuír con elas á recuperación da vitalidade da cidade mediante a identificación e promoción de iniciativas que xorden do tecido cultural de Compostela, e fomentar o seu desenvolvemento autónomo e consolidación.

Con esa finalidade, esta convocatoria tenta favorecer a diversificación de propostas e potenciar novos ámbitos de creación artística e o diálogo entre tradición e vangarda, promocionar espazos que acollan as actividades e integrar nestas á Rede de Centros Socioculturais, potenciar novos usos doutros ámbitos privados e públicos como parques, prazas, rúas, mercados, bibliotecas, centros escolares, etc. Asemade, a convocatoria persigue a remuneración xusta do traballo dos axentes creativos e culturais, tendo en conta a situación de precariedade do tecido cultural.

As bases, que se presentarán a vindeira semana en rolda de prensa, conterán os criterios e o procedemento de concesión das subvencións dirixidas á promoción de actividades culturais e artísticas de amplo espectro orientadas a todo tipo de públicos e idades, que responsan aos criterios xerais de valor artístico, interese social, diversidade, redistribución territorial, desestacionalización e traballo en rede.

Pleno de abril no concello de Oroso

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, informou no pleno municipal ordinario celebrado na tarde/noite de onte xoves dos avances de cara á reanudación das obras do enlace sur da AP-9 en Sigüeiro, paralizadas dende o pasado mes de outubro. Mirás Franqueira explicou que “Fomento, Demarcación de Carreteras en Galicia, Audasa e as empresas construtoras se enzarzaron por un reformado do proxecto, xa que os técnicos de Fomento dicían que o carril de deceleración da AP-9 para a saída dos vehículos de Santiago non comezaba onde debía. Finalmente, o proxecto xa saíu de Demarcacións de Carreteras a Madrid e, cando lle dean o visto bo poderase reanudar as obras”.

O alcalde orosán non quixo poñer datas nin ao reinicio das obras nin ao seu final pois “foron moitas as datas que nos deron, incluso compromisos públicos da propia ministra de Fomento, que non se cumpriron”. Neste sentido, Manuel Mirás lamentou que “o PP nos estea facendo boicot con esta obra, porque ben o poderían ter sacado adiante pero se empeñaron en dicir que as obras non estaban paradas. Pois ben, ao final parece que a obra nin comenzou co PP nin vai acabar co PP”.

Mocións

Na quenda de mocións, as tres propostas do Partido Popular foron rexeitadas polo pleno municipal. As dúas mocións xenéricas, sobre a regularización do Catastro e en defensa das Deputacións, foron rexeitadas por todos os grupos municipais (PSOE, BNG e Anova). O voceiro do PP, Alexander Doval, defendeu “pedir que se ralentice a regularización do Catastro para que se atendan as peculiaridades de Galicia”, plantexando cuestións como establecer unha bonificación do 95% a todas as instalacións indispensables para as explotacións agrogandeiras e aplicarlles o coeficiente do 0,3% de tributación sobre o valor catastral.

Manuel Mirás indicou que “para nós é inasumible porque é unha moción xenérica e chea de tecnicismo. Nós o que pedimos é a degoración da Lei”. Un punto no que coincidiron o resto de grupos municipais. Así, o voceiro do BNG, Xosé Manuel Pérez, indicou que “coincido coas palabras do alcalde: o que hai que facer é derogar esta lei”; mentres que o voceiro de Anova, Siverio Mirás, insistiu en “pedir a derogación da lei, que xa teñen os labregos cargas dabondo”. O voceiro do PP rexeitou pedir a retirada da lei porque “a lei pode ser fácil de aplicar noutras zonas”. A moción foi rexeitada cos 3 votos a favor do PP e cos 9 votos en contra de PSOE, BNG e Anova.

Na moción en defensa das Deputacións, Alexánder Doval explicou que buscaba “reivindicar el valor institucional de las Diputaciones” e “exigir al Gobierno que respete la institución”. O alcalde orosán valorou esta moción como “un brindis ao sol. Os concellos pequenos necesitamos as Deputacións, que fan un labor extraordinario. Pero, ademais, esta moción é un brindis ao sol porque para a súa desaparición serían precisos dous tercios do Parlamento e iso non é posible porque o PP xa anunciou que o bloquearía”.

Pola súa banda, o voceiro do BNG indicou que “o PP só quere as Deputacións para proveer de poder a determinados alcaldes”; mentres que o voceiro de Anova indicou que “as Deputacións deberían desaparecer porque manteñen un niño de caciques”. Finalmente, o voceiro do PSOE, Antonio Leira, defendeu ás Deputacións como “un ente para defender os Concellos pequenos” e insistiu en que os socialistas buscan “que sexan máis eficaces e trasparentes”, rexeitando a moción do PP porque “é unha moción partidista, desgastadora e presentada nun momento para poñer dúbidas sobre a conformación do novo Goberno estatal”. A moción foi rexeitada cos 3 votos a favor do PP e cos 9 votos en contra de PSOE, BNG e Anova.

Petición ao ADIF

Por último, a moción do PP para que o ADIF limpase a contorna das vías do tren foi rexeitada polo grupo de Goberno por cuestións formais, xa que o Secretario Municipal non acepta emmendas “in voce” e a moción do PP pedía, no seu segundo punto, “instar ao ADIF a dar unha solución, ben que limpe ou habilite ao Concello para facelo”. “Xa lle solicitamos ao ADIF que limpen. Pero o Concello non o vai limpar porque cada administración ten que ter a súa competencia. Se nos queren trasladar esa competencia, que habiliten a correpondente partida económica. Do contrario, non o faremos”, explicou Manuel Mirás. 

O alcalde reprochoulle ao voceiro do PP: “quérelle ben pouco ao Concello cando pide isto a sabendas de que o Concello non é responsable” e lembroulle que “é competencia de Medio Rural esixirlle ao ADIF que limpe iso, sobre todo cando se achega o verán e hai risco de lume. Se vostede coñece a Ánxeles Vázquez podería pedirllo porque o Concello xa fixo o que lle tocaba e lle diriximos ao ADIF un requerimento para que limpe esas zonas”.

O voceiro do BNG tamén insistiu en que “é o ADIF quen ten que facelo, non a Deputación nin o Concello de Oroso”, polo que o voceiro do PP amosouse disposto a eliminar ese punto da súa moción e aprobar outra moción na que o pleno instase ao ADIF a limpar o perímetro das vías do tren entre Trasmonte e Oroso. Unha cuestión que non se puido facer xa que o novo Secretario Municipal non acepta emmendas “in voce” ás mocións, polo que foi rexeitada cos 7 votos en contra do PSOE, os 4 votos a favor de PP e Anova e a abstención do BNG.

Silleda presenta a Relacion de Postos de Traballo a sindicatos e comité de empresa

Despois de varios meses de traballo, o Concello de Silleda ven de presentar ante sindicatos e comité de empresa a Relación de Postos de Traballo municipais.

Este estudio, para o cal se mantiveron entrevistas personalizadas con tódolos traballadores, recollendo tódolos plantexamentos propostos polos mesmos, presentou unha relación de postos coa que se pretende regularizar e reorganizar a plantilla de acordo coas funcións de cada traballador.

O traballo, que estuvo dirixido por Francisco Jesús Ferreiro Seoane, profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago e profesor da Escola de Relacións Laborais da Universidade de A Coruña, tivo así o seu primeiro contacto co comité. Nunha próxima reunión, se tratarán as distintas diferencias ou aclaración que poidan existir, co fin de que o estudio sexa aprobado.

A elaboración da RPT éunha das aspiracións do goberno municipal, un traballo “necesario para regularizar a plantilla municipal de Silleda”, comenta o alcalde, Manuel Cuiña.

O loitador de Touro Damian Iglesias participa no Campionato de Europa sub-23

O deportista de Loxo (Touro), participa por segundo ano consecutivo no Cto. de Europa Sub-23, na modalidade de Loita Libre Olímpica en 97 kg.

Damián está becado no CGTD de Pontevedra, onde adestra as ordes de Alexander Kachelaev e Marcos Miragaya. Durante estas últimas semanas, estivo afinando a súa preparación nas instalacións do CGTD.

Tras a última convocatoria co equipo preolímpico nacional, Damián Iglesias non perde de vista os Xogos Olímpicos de Río 2016, pero tampouco descoida as competicións propias do seu grupo de idade. É un deportista moi novo o que temos que coidar de cara a un futuro próximo, afirma Pablo Pintos dende a Dirección Técnica da Federación Galega de Loita e D.A.

O BNG de A Estrada consegue que a reforma de Fernando Conde sexa estudada a finais de ano


A comisión de urbanismo acorda deixar sobre a mesa co compromiso do goberno do PP de estudar a proposta a finais de ano

A comisión de urbanismo acordou onte xoves que a moción do BNG do proxecto integral para a zona da Avenida Fernando Conde quedara sobre a mesa co compromiso do goberno municipal de retomala cando se debatan os orzamentos municipais.

Segundo explicou o portavoz municipal do BNG, Xosé Magariños, “somos escépticos sobre a vontade real do PP de acometer as melloras que propón o BNG para a zona da Avenida Fernando, pero estamos dispostos a concederlle ao goberno o beneficio da dúbida, porque a outra alternativa sería un voto en contra por parte do grupo maioritario que liquidaría definitivamente o proxecto”.

“De todos os xeitos”, indicou o concelleiro nacionalista, “estaremos vixilantes de aquí a fin de ano, porque hai unhas semanas o PP anunciou unha serie de obras que afectan tamén a esta zona, e o que non aceptaremos é que se empece a casa polo tellado”.

“Xa dixemos no seu momento”, engadiu Magariños, “que Fernando Conde necesita unha remodelación integral, coa apertura dunha rúa desde as Colonias á Rúa 25 de Xullo, coa urbanización da Rúa do Muíño, rematar a Rúa Yrida, rematar as rúas transversais até a Avenida Benito Vigo, crear zonas de aparcadoiro e zonas verdes... e só ao final de todo este proceso se poderá acometer a humanización da Avenida Fernando Conde”.

Por outra parte, o concelleiro do BNG defendeu a necesidade de que “sexa o concello o que tome a iniciativa e non agarde da iniciativa privada deseñar urbanisticamente a vila”. “Neste sentido”, engadiu Magariños, “cómpre recordar que foi a iniciativa do BNG de cando estivo no goberno municipal de Tallón, cando se prolongou a rúa de Xusto Martínez até a rúa San Antón, por exemplo, dando saída á rúa Calvo Sotelo, e ninguén dubida hoxe de que foi unha medida beneficiosa e útil para os veciños e veciñas da Estrada”.

Pleno de abril no concello de Ames

Este xoves pola tarde celebrouse o pleno ordinario do mes de marzo no que os concelleiros e concelleiras da corporación municipal déronlle luz verde á aprobación inicial do regulamento do Consello Escolar Municipal de Ames. Ademais, aprobouse por unanimidade a modificación do sistema de prórroga do contrato asinado con Urbaser SA, para a xestión da limpeza viaria e do punto limpo do Concello de Ames, e mailo inicio de expediente para a elección de xuíz/a de paz. Por último aprobouse un recoñecemento extraxudicial de crédito, para pagar facturas pendentes, e unha moción presentada por vía de urxencia polo grupo municipal Pacto por Ames, para celebrar o vindeiro 22 de abril o IV centenario da morte de Miguel de Cervantes. Outra moción presentada por Pacto por Ames sobre a problemática do río Sar e as consecuencias que xera a súa contaminación, así como o futuro da EDAR do Souto, quedou encima da mesa á espera de elaborar unha moción conxunta e unánime entre todos os grupos da corporación. 

O pleno de marzo comezou co debate do regulamento do Consello Escolar Municipal de Ames. O encargado de introducir este asunto foi o concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, que en primeiro lugar deulle os parabéns a todas as compañía de teatro que pasaron ou van pasar por Ames polos galardóns recibidos na Gala dos XX Premios María Casares de teatro. Santomil invitou a todos os presentes a acudir a ver o espectáculo "O Principio de Arquímedes" de Teatro do Atlántico, que será representado este venres, ás 21:00 hora, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, xa que esta obra foi galardoada con 5 premios.

Sobre o regulamento do Consello Escolar Municipal de Ames, Santomil, destacou “o interese común de aprobar un regulamento ou poñer en marcha un consello escolar municipal que servirá de altofalante da comunidade educativa para todo o referido ao ámbito da educación. Trátase dunha ferramenta formal para canalizar as demandas en materia educativa”.

“Tratamos de ser ambiciosos na elaboración deste documento, se o comparamos co regulamento aprobado no ano 2004 que nunca se chegou a poñer en marcha, xa que incorporamos unha cláusula importante que é a participación de todos os membros da corporación e da comunidade educativa que desexen estar presentes nos plenos deste consello escolar”, destacou David Santomil.

Este regulamento é froito dun amplo proceso de participación no que colaboraron as ANPAS, o profesorado e todos os grupos políticos da corporación. Este órgano será o principal punto de encontro da comunidade educativa para a toma de decisións no ámbito municipal. O conselleiro de Educación tamén incidiu en que “se realizaron dúas xuntanzas, celebradas o 6 de novembro de 2015 e mailo 15 de febreiro de 2016, para chegar a un consenso na elaboración deste documento. Traballouse cun borrador inicial que se enviou a todos os axentes implicados para que realizasen as súas achegas”.

Este punto foi aprobado cos votos a favor dos membros do grupo de goberno, así como dos concelleiros e concelleiras dos grupos municipais do Partido Popular, Pacto por Ames e Ciudadanos. Os edís de Ames Novo votaron en contra porque segundo explicou a súa voceira, Pilar Candocia, “non estamos de acordo con este modelo. A nosa posición é contraria a existencia deste regulamento porque cremos que é unha forma de dar participación sen dala realmente. Segundo nos indican os integrantes dos consellos escolares dos centros de ensino é imposible modificar nada nun consello escolar. Consideramos que é un modelo coxo polo que cremos que é necesario un consello educativo de participación real e que non sexa tan só consultivo”.

Modificación do sistema de prórroga no contrato de Urbaser 

Outros dos asuntos tratados neste pleno foi a modificación do sistema de prórroga do contrato asinado con Urbaser SA, para a xestión da limpeza viaria e do punto limpo do Concello de Ames. Este punto foi exposto polo concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, Blas García, que lembrou que en xullo de 2006 aprobouse a adxudicación á empresa Urbaser SA do concurso convocado para a xestión do servizo de limpeza viaria e do punto limpo. Posteriormente, a devandita empresa comezou a prestar este servizo en xaneiro de 2007. 

Tendo en conta que en xaneiro de 2017 remata dito contrato, dende a concellaría de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, pensaron na posibilidade de modificar o réxime de prórroga co obxectivo de que esta se realice de xeito anual, por mutuo acordo de ambas partes, ata un máximo de 10 anos, en lugar dos 10 anos seguidos previstos no contrato. 

Segundo explicou Blas García “unha prórroga cun prazo único de dez anos consecutivos faría inasumible a mesma e obrigaría ao goberno a ter que volver a licitar o servizo de limpeza viaria e a xestión do punto limpo, o que consideramos agora inviable, debido a que nos atopamos inmersos na licitación do ciclo integral da auga, e en negociacións para a xestión dos residuos sólidos urbanos. A nosa intención é realizar unha serie de estudos técnicos e económicos para valorar o tipo de xestión coa que se desenvolvería nun futuro este servizo”. 

Todos os grupos municipais apoiaron esta iniciativa e votaron a favor polo que este asunto saíu adiante por unanimidade. Ademais, o concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos adiantou que nos vindeiro días a empresa Urbaser presentará unha proposta para ampliar o servizo de limpeza a determinadas rúas e lugares do concello que non están incluídos actualmente. Nesta proposta tamén se recollerá unha cambio nas frecuencias do servizo. Está previsto que está proposta vaia proximamente a Pleno.

Recoñecemento extraxudicial de crédito 1/2016

Por outra banda, aprobouse o recoñecemento extraxudicial de crédito 1/2016 para pagar dúas facturas, correspondentes a gastos efectuados en exercicios anteriores por un importe de 7.512,59 euros, e que a día de hoxe se atopan pendentes de aprobación. Este punto saíu adiante cos votos a favor dos membros do goberno, así como dos concelleiros e concelleiras dos grupos municipais do Partido Popular, Ames Novo e Ciudadanos. Os edís de Pacto por Ames abstivéronse. A concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, explicou que foron gastos efectuados polo anterior equipo de goberno, pero que quedaron sen conformar polo que na actualidade estaban sen aprobar.

Por último, a corporación municipal aprobou por unanimidade o inicio de expediente para a elección de xuíz/a de paz. 

Apartado de mocións

A moción presentada por Pacto por Ames sobre a problemática do río Sar e as consecuencias que xera a súa contaminación, así como o futuro da EDAR do Souto, quedou encima da mesa á espera de elaborar unha moción conxunta e unánime entre todos os grupos da corporación. Este mesmo grupo municipal presentou outra moción por vía de urxencia para celebrar o vindeiro 22 de abril o IV centenario da morte de Miguel de Cervantes. Esta moción foi aprobada por unanimidade. O pleno rematou á media noite despois de abordar o apartado de rogos e preguntas.

O Campo da Feria de Ordes conta hoxe cun punto informativo 'Creative' sobre drogadicción

Hoxe sábado, 2 de abril, o Campo da Feira de Ordes acollerá un punto de información sobre a prevención da drogadicción que estará operativo dende as 23.30 ata as 3 horas. Trátase dunha inciativa desenvolvida pola responsable de dita área da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes.

A dinámica de campo que se levará a cabo, e que xeralmente se sitúan en espazos de ocio nocturno, falarase de todo tipo de drogas, incluíndo as máis habituais como o alcohol, as denominadas de deseño e o cánnabis. O denominado programa 'Creative' vai especialmente dirixido a mozos e mozas entre os 14 e 24 anos, cos que tamén se abordarán aspectos asociados ás noites de festa como son os ruídos, a sucidade nos espazos públicos, o vandalismo etc. Todo isto enfocado baixo a perspectiva de redución de riscos, baseándose a concepción do traballo preventivo no respecto á autonomía das persoas e na liberdade persoal. Iso si, deixando ben claro que aínda que a decisión de consumir é tomada por cada persoa o mellor é non facelo, baseando o dito razoamento en información obxectiva e veraz e cun asesoramento desinteresado.

Para promover condutas responsables fomentaranse encontros entre os mozos e mozas no posto que se instalará especialmente para a ocasión. Dende este punto distribuirase material gráfico e folletos informativos, ademais de manter contactos e comunicación directa co público que ata alí se achegue.

O programa 'Creative' ten carácter gratuíto ao estar subvencionado pola Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública (Consellería de Sanidade).Cada fin de semana sitúase en diversos puntos da movida galega para contactar co maior número de persoas posible, para o que se soen situar nas zonas habituais de botellón. 

Ademais de aplicarse nas grandes cidades tamén se desenvolve en pobos e vilas que os equipos de prevención de drogodependencias consideren puntos de interese, tal e como decidiu a Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública no caso da Mancomunidade de Ordes.

O PP de Santiago reclama melloras na comunicación sobre o tráfico da cidade

O concelleiro do Grupo Municipal do PP, Alejandro Sánchez-Brunete, ofreceu esta mañá unha rolda de prensa para presentar unha proposición -para o seu debate no vindeiro pleno- para que o concello mellore a comunicación cidadá sobre o influxo que teñen as obras no tráfico da cidade. 

Neste senso, propuxo unha serie de medidas -de fácil implantación e sen custe excesivo para o concello- co fin de “ofrecer unha información máis clara, detallada e en tempo real das incidencias que se produzan aos veciños e visitantes”.
Unha desas medidas sería a de introducir cambios na páxina web www.santiagodecompostela.gal, realzando a presenza do apartado de tráfico da Policía Local, incorporando máis claridade nas incidencias de tráfico, facilitando a visualización e ofrecendo, tamén, un gráfico individualizado de cada unha das principais obras co deseño das alternativas viarias sobre o mapa, que sería un axeitado complemento. “Queda marxe de mellora. A páxina web tamén ten que facer referencia a obras de reposición de servizos que provocan cortes de vías e alteracións de tráfico”, explicou.

Alejandro Sánchez-Brunete puxo de manifesto que son moitas as persoas, residentes e visitantes, que se queixan da insuficiente información por parte do concello e que reclaman que se comunique os itinerarios alternativos que eviten acceder a esas zonas saturadas polo efecto das obras. O concelleiro popular, que destacou e valorou de forma positiva a labor que dende a Policía Local se está a desenvolver, a través da súa páxina web, para minimizar as molestias producidas; considera que é preciso incrementar os canles de información e de apoio aos condutores.

Nesta mesma liña, referiuse a obras que, como o paso inferior de Conxo, inflúen no tránsito interurbano, e outras, como as de Montero Ríos, dunha incidencia máis local; teñen en común a necesidade de arbitrar solucións alternativas para paliar as dificultades que supoñen para a circulación rodada. “Propoñemos tamén a creación dunha conta en Twitter dedicada á mobilidade municipal, que fomente a creación dunha comunidade ao servizo dunha eficaz información sobre esta materia no ámbito municipal. Este perfil podería denominarse @movescq, tal e como xa se prevía nos traballos desenvolvidos no anterior mandato”, explicou o concelleiro do grupo popular. “A creación desta conta -engadiu- permitiría unha interactuación directa entre o cidadán e a administración local, facilitando a participación e a participación”.

Por outra banda, o grupo popular aposta tamén pola “constitución dun grupo técnico de traballo -formado por TUSSA, Tráfico, Policía Local, a empresa encargada dos sistemas de xestión de tráfico, Informática ou Innovación-, que avance na incorporación das novas tecnoloxías á xestión de mobilidade”.

Retención de tráfico no túnel do Hórreo

O grupo popular formulará, tamén, unha pregunta sobre a evolución do tráfico na rotonda de Conxo, con especial atención ás posibles retencións no túnel do Hórreo, por tratarse este dunha infraestrutura “moi sensible” en relación á seguridade viaria.

Presentado o Anuario do Euro 2015

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e a delegación do Instituto Español de Analistas Financeiros en Galicia presentaron este venres na USC o Anuario do Euro 2015, un estudo realizado pola Fundación de Estudos Financeiros en colaboración coa Fundación ICO.O estudo presentouno o seu director, o profesor de Economía e Estabilidade Financeira do IE BusinessSchool,Fernando Fernández Méndez de Andés,e participou como moderador do debate o catedrático de Economía Aplicada da USC Luis Caramés Vieitez.

O obxectivo desta colaboración tradúcesena confección dunha publicación anual para pór a disposición do lector os importantes cambios que se produciron en 2015 na unión monetaria, fiscal, económica e política, sinalando os acertos, as limitacións e as súas posibles insuficiencias.

Contido do estudo

O traballo é o terceiro da colección e articúlase en doce capítulos que recollen os aspectos esenciais da construción europea. Nos tres primeiros pásase revista á realidade actual da Unión Monetaria e cuantifícase a utilización do euro nas operacións de comercio internacional enos mercados financeiros. Á súa vez, analízanse os avances no proceso de integración financeira europea e cómo se desenvolveu a política monetaria do euro.

Nos cinco capítulos seguintes repásanse os avances e novidades de 2015. Así,faise unha primeira avaliación da supervisión das entidades bancarias por parte do BCE. Á súa vez analízaseo marco de resolución bancaria europea como un paso definitivo aínda que incompleto cara á integración europea. Trátase o novo obxectivo das autoridades europeas de pór en marcha o proxecto da unión do mercado de capitais e analízanse os retos que representan a unión fiscal, económica e social en Europa con especial atención ao programa de infraestruturas. 

Nos últimos capítulos formúlanse algunhas cuestións pendentes como o papel das institucións europeas na xestión das crises económicas e financeiras nacionais, a conveniencia e efectos dun mecanismo de reestruturación de débeda soberana en Europa, o atractivo da unión monetaria como referencia política en países emerxentes e, por último, unha aproximación ás consecuencias legais e económicas dunha hipotética saída do Reino Unido da Unión Europea.

El traballo inclúe un resumo executivo que sistematiza as diferentes achegas realizadas polos colaboradores que participaron nele un decálogo de conclusións que remarca as principais cuestións que se queren transmitir.

Finalizan os cursos infantís de cociña organizados polo Concello de Ordes

As clases de cociña que o Concello de Ordes imparte para os pequenos e pequenas do municipio van chegando á súa fin. 

Ao longo destes últimos meses aprenderon a realizar moitas receitas, a cada cal máis deliciosa e divertida. Foron moitas horas de diversión con compañeiros e compañeiras que sempre remataron do mesmo xeito, chupando os dedos. 

As ditas clases, que contaron cun gran número de asistentes, o que obrigou a organizar máis grupos dos previstos nun primeiro momento, impartíronse nas instalacións situadas no primeiro andar da Praza de Abastos.

Santiago organiza a XVI Campaña municipal de animación a lectura

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugurou esta mañá na Galería Sargadelos, a XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura, que este ano leva por título "Contos para despois da choiva", en referencia á obra de Miguel Rico gañadora do VIII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. A dia de hoxe están inscritos nas diversas actividades 5.774 escolares, pero a previsión e alcanzar os 7.000 participantes.

A Campaña Municipal de Animación á Lectura é organizada pola Concellaría de Educación e Cidadanía e Kalandraka Editora, en colaboración coa Fundación Sargadelos. Esta XVI edición desenvolverase ata o 14 de maio e comprende un conxunto de iniciativas en prol da animación á lectura para as familias, o profesorado e os nenos e as nenas de Santiago.

Nesta xornada inaugural, 43 escolares do CEIP Mestre Rodríguez Xixirei realizaron unha visita didáctica á exposición da Galería Sargadelos e participaron nunha sesión de contacontos. Ao tempo, 23 nenos e nenas do CEIP Monte dos Postes tomaron parte nun obradoiro de escrita creativa, e outros/as 24 do CEIP Vite I nun taller de ilustración.

Ata o momento están inscritos nas diversas actividades 52 centros escolares, dos que 38 son de Santiago e outros 14 da comarca: CEIPs de Roxos, Cardeal Quiroga Palacios, As Fontiñas, López Ferreiro, Arquitecto Casas Novoa, Vite I, Mestre Rodríguez Xixirei, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas, Apóstolo Santiago, Pío XII, Lamas de Abade, Monte dos Postes, Xacinto Amigo Lera, Vedra, Oroso, Sigüeiro, Barouta e Pedrouzos; colexios San José de Cluny, Vilas Alborada, Juventud, Nosa Señora dos Remedios, A Inmaculada, San Francisco Javier, La Salle, San Pelayo-Emma, Santa Apolonia, Compañía de María, A Raiola, Manuel Peleteiro-Dolores Ramos, Divino Maestro, San Jorge e Oroso; escolas infantís Agasalle, Paparolo, San Roque, Conxo, Salgueiriños-Meixonfrío, Polígono do Tambre, Tras Parlamento, Fontiñas, Casa do Neno, Os Pequerrecho-Hospital, A Madalena, A Ulloa, Rial, A Igrexa, Os Ánxeles, Sabaxáns e A Igrexa

Presentación ao profesorado 

No acto de presentación participaron tamén, ademais do alcalde, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios; o director xerente de Kalandraka, Xosé Ballesteros; e o director da Fundación Sargadelos.


Ademais, o próximo martes 5 de abril, ás 18:30 horas, terá lugar unha xuntanza de presentación da campaña ao profesorado. Será tamén na Galería Sargadelos e participarán 170 profesores/as dos centros escolares.

Música e teatro no menú da axenda diaria da bisbarra


Axenda

Que
Onde
Cando
Cine
De Luns a Domingo desde as 12 do mediodía
Teatro infantil
Brión Aula Polivalente
Títeres Alakran estrea "Os soños na gaiola"
Hoxe 19:00
Música galega
Sala Mala Testa
A Mesa pola Normalización presenta en concerto o CD A voz do Vento
Hoxe 21:30
Danza
Teatro Principal
Sábado 2 de abril 20:30
Teatro
Teo - CSC Ramallosa
Chevere presenta
1/2/3/8/9/10 de abril
Música brasileira
Casa das Crechas
Sábado 2 de abril 21:00
Música Folk
Ames - Casa da Cultura de Bertamiráns
Sábado 2 abril
20:00 horas
Aula de Cine
Numax
Sábado 2 de abril 11:30
Música Gypsy Punk
Sala mala Testa
Sábado 2 de abril 21:30
Ciclismo
Touro - I Trofeo de ciclismo Concello de Touro Camiño do Holandes
3 de abril desde as 10:30
Música tradicional
Ordes
3 de abril desde as 10 da mañá
Concentración de protesta
SOS Sanidade Compostela
Xoves 14 de abril
20:00 horas
Fotografía
Santiago - Fundación Araguaney
Ata o 24 de abril no Hotel Araguaney
Fotografía
Santiago Colexio de Fonseca
Ata finais de abril


O Tempo