PSOE Ordes - o Psoe satisfeito cos acordos sobre o POS 2013

O PSOE AMOSA A SÚA SATISFACCIÓN POLA INCLUSIÓN NO POS 2013 DAS SÚAS PROPOSTAS: O ARRANXO DO VIAL DO QUINTO E O REMATE DA URBANIZACIÓN NO PIÑEIRO 
O voceiro municipal dos socialistas de Ordes, Xesús Pedreira, amosa a súa satisfacción pola inclusión no POS 2013 das dúas propostas de actuacións realizadas polos socialistas e que hoxe foi aprobada por unanimidade polo pleno municipal en sesión extraordinaria. Xesús Pedreira considera que “son dúas obras moi necesarias e pedidas polos veciños e veciñas destas parroquias e cuxo custo foi asumido polo Concello con cargo ao POS 2013”.

As dúas obras conseguidas polos socialistas ordenses son o remate da urbanización no Laranxal (no barrio ordense do Piñeiro e que inclúe a creación de beirarrúas na zona) e o arranxo da pista do Quinto, que comunica coas localidades de Parada e de Castenda dende a estrada AC-413 (Ordes-Carballo), un vial moi utilizado e que se atopa en malas condicións.

Ningún comentario: