OROSO – V MOSTRA DE OBRADOIROS CULTURAIS

UNS 200 VECIÑOS E VECIÑAS DA COMARCA DE ORDES PARTICIPARÁN ESTE LUNS EN OROSO NA APERTURA DA QUINTA MOSTRA DE OBRADOIROS CULTURAIS

O acto terá lugar ás 20:00 horas e contará coa presenza do presidente da Mancomunidade e o alcalde de Oroso

23 de abril de 2011.- O centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro acollerá este luns 25 de abril, ás 20:00 horas, o acto de apertura da quinta edición da Mostra de Obradoiros Culturais da Comarca de Ordes. Un acto que estará presidido polo presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, Miguel Prado Patiño, e polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, que farán entrega dun agasallo a cada un dos 200 veciños e veciñas participantes nesta mostra.

O acto rematará coa actuación musical de Mijail Moriatov, un dos violinistas de maior proxección e prestixio residentes en Galicia. Creador e director único da Orquestra Solistas de Galicia, leva realizadas máis de 2.500 actuacións nos 17 anos que leva traballando en España.

Estes 200 veciños pertencen ás dezaséis escolas municipais e asociacións de veciños dos municipios de Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo que participan na mostra deste ano. Unha exposición que inclúe traballos de debuxo, pintura, cesteiría, manualidades, bolillos... Poderá visitarse ata o vindeiro 30 de abril no centro cultural de Sigüeiro en horario de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas; e o sábado 30 de abril, de 10:00 a 13:00 horas.

Nesta V Mostra de Obradoiros Culturais da Comarca de Ordes participan:

- obradoiro de manualidades de Frades

- obradoiro municipal de bixutería de Frades

- escola municipal de manualidades e encaixe de Camariñas do Concello de Mesía

- Unidade Galega de Veciños e Mulleres rurais de Santa Cruz de Montaos (Ordes)

- Obradoiro municipal de debuxo e pintura de Ordes

- Asociación de Amas de Casa de Ordes

- Obradoiro municipal de bolillos de Oroso

- Obradoiro municipal de debuxo e pintura de Oroso

- Obradoiro municipal de manualidades de Oroso

- Obradoiro municipal de arte floral de Oroso

- AAVV de Senra (Oroso)

- Asociación de mulleres labregas “As Medorras” (Oroso)

- Asociación de Mulleres “A Ponderosa” (Tordoia)

- Asociación de Mulleres “Pedralonga” (Tordoia)

- Asociación de Mulleres de Trazo

- AAVV “A Carballeira” de Chaián (Trazo)

AMES – NOVAS SABADO 23

O Concello de Ames elabora un proxecto que recolle a execución dun novo aparcadoiro para O Milladoiro

O proxecto recolle á construción dun novo aparcadoiro en superficie de 154 prazas de aparcamento

Este novo aparcadoiro situarase no contorno da rúa Agro do Medio

As 154 prazas deste novo aparcadoiro súmanse ás máis de 400 prazas de aparcamento que existen na zona norte deste localidade

O goberno municipal está traballando para dotar de novas bolsas de aparcamento á localidade do Milladoiro. Actualmente xa se dispón dun proxecto onde se recolle á construción dun novo aparcadoiro en superficie de 154 prazas de aparcamento das cales catro estarán adaptadas para persoas con mobilidade reducida. Este proxecto tamén contempla a dotación de novas luminarias de baixo consumo que irán conectadas á rede xa existente. Para sufragar este proxecto a Mesa Local de Comercio aprobou a solicitude dunha subvención que se enmarca no Plan Ágora, agora Re-comercia 2010-2013, para a potenciación do eixo comercial do Milladoiro coa adecuación do seu espazo urbano. Este novo aparcadoiro situarase no contorno da rúa Agro do Medio, unha zona moi céntrica desta localidade, que se atopa entre o sector parcial S-14 e o S-15.

O pequeno comercio instalado no termo municipal de Ames ten un papel fundamental no desenvolvemento do tecido económico e social. Desempeña un papel de relevancia dentro da economía local como xerador de riqueza e emprego, ademais de xogar unha importante función social de cohesión, vertebración e dinamización das rúas e prazas, tornándoas máis atraentes para a veciñanza e fomentando as relacións de convivencia tanto para a cidadanía amiense como para as persoas que chegan de fóra do concello.
O goberno municipal é consciente de que Ames posúe un comercio de calidade e debido a iso elaborou un proxecto para potenciar o eixo comercial de Bertamiráns e do Milladoiro coa adecuación do seu espazo urbano. Este plan ten por obxecto impulsar o desenvolvemento económico e estimular unha mellor actividade comercial, mediante a dotación de novos equipamentos para facer máis atractiva a oferta do comercio polo miúdo. Deste xeito vaise potenciar o eixo comercial de Ames coa creación de novas bolsas de aparcamento.

No mes de decembro de 2010 habilitouse un novo aparcadoiro público na rúa Lodeiro, en Bertamiráns, que dispón de 122 prazas das que 4 son prazas de aparcamento adaptadas a persoas con mobilidade reducida. Este aparcamento tamén dispón de prazas para motocicletas. Esta obra enmarcouse dentro do proxecto de potenciación do eixo comercial de Bertamiráns coa adecuación do seu espazo urbano. O novo aparcadoiro executouse sobre dúas parcelas de dominio público que dispoñen dunha superficie total de 3.336 metros cadrados.

Espazo urbano do Milladoiro

Agora tócalle a quenda ao espazo urbano do Milladoiro. Para ter unha oferta comercial variada e suficiente, é necesario adecuala ás necesidades de todos os posibles clientes, polo que non se pode deixar ningún nicho de mercado sen cubrir. A dinamización das zonas comerciais constitúese como un dos aspectos fundamentais para garantir o seu éxito. O Concello de Ames xa adoptou varias medidas para mellorar o espazo urbano do Milladoiro, como poden ser a reurbanización das rúas Travesa e Anxeriz. Estas obras comprenderon a peonalización da rúa Travesa e aumento da anchura das beirarrúas da rúa Anxeriz co fin de dar prioridade aos peóns sobre o tránsito rodado.

Seguindo esta mesma liña de actuación o goberno municipal elaborou un proxecto de “potenciación do eixo comercial do Milladoiro coa adecuación do espazo urbano”, que dotará ó Milladoiro de 154 prazas de aparcamento das cales catro estarán adaptadas para persoas con mobilidade reducida. Este proxecto tamén recolle a colocación de tres luminarias de baixo consumo que irán conectadas á rede xa existente. Tendo en conta os criterios de comodidade e accesibilidade, preténdese crear un hábitat máis racional e adaptado aos hábitos da veciñanza desta localidade e de consumo da clientela.

Este aparcamento habilitará novas prazas de aparcamento tanto para os comerciantes como para a clientela. Hai que destacar que un de cada cinco traballadores utiliza o seu vehículo propio, sen ter en conta o alto porcentaxe de residentes na area de influencia. Dos usuarios dos servizos estimase que o 50% utilizan o vehículo propio. O total de establecementos na zona que corresponden a comercio polo miúdo son 118. Isto supón un total de 1.227 usuarios de aparcamento, sen ter en conta residentes nin traballadores doutros sectores de actividade diferente ó comercio. Debido a iso faise imprescindible habilitar novas áreas de aparcamento. AMES Plano Milladoiro

Para evitar a masificación de vehículos, que saturan as prazas de aparcamento en superficie, o Concello de Ames realizará de novo unha campaña para que os propietarios con praza de garaxe nos sotos dos edificios empreguen a súa praza de garaxe e non deixen o seu vehículo estacionado na vía pública, xa que entre os comerciantes e os veciños/as desta localidade chegan a colapsar, en moitas ocasións, as prazas de aparcamento existentes.

O novo aparcadoiro público estará situado entre as rúas Agro do Medio e Curuxa, ao lado do centro comercial SuperCor. Deste xeito vaise facer un novo aparcadoiro nunha zona moi céntrica desta localidade, que estará situado entre o sector parcial S-14 e o S-15. Este aparcadoiro será temporal xa que nesta zona está previsto desenvolver unha rotonda de grandes dimensións. Fernández destaca que "mentres non se desenvolve este proxecto está zona pódese usar para habilitar unha bolsa de estacionamento".
Ademais, está previsto que nesta zona, onde actualmente se están executando este proxecto, se constrúa un aparcadoiro subterráneo. Mentres non se pode desenvolver este proxecto o aparcadoiro ao aire libre ofrecerá novas zonas para os vehículos. Dende a Alcaldía manifestan que xa se iniciaron as xestión para poder construír o devandito aparcadoiro subterráneo, pero ata o de agora non existe ningunha iniciativa privada que o execute.

Preto de 600 prazas de estacionamento AMES Aparcadoiro Milladoiro

As 154 prazas deste novo aparcadoiro súmanse ás máis de 400 prazas de aparcamento que existen na zona norte desta localidade. Neste momento O Milladoiro dispón de máis de 400 prazas de aparcamento gratuítas, que están repartidas entre o contorno da Casa da Cultura, o aparcamento que linda coa travesía do Porto e que está enfronte da Escola de Educación Infantil do Milladoiro, e as prazas de aparcamento que hai ao longo da Travesía do Porto e na rúa Palmeiras.

Nesta zona hai dúas grandes zonas de aparcamento. Por unha banda está o aparcamento da Casa da Cultura con 92 prazas, das cales 3 están reservadas para persoas con mobilidade reducida, e por outro lado pódese estacionar no aparcamento que se atopa enfronte da Escola Infantil Milladoiro que conta con 231 prazas, das cales 4 están reservadas para persoas con mobilidade reducida. Ademais ao longo da Travesía do Porto hai arredor de 30 prazas e na rúa Palmeiras hai arredor de 50 prazas para aparcar en batería e e en liña.

-----------------------------------------

Ames supera a media de 35 vodas anuais

Ames rexistrou ao longo do ano pasado un total de 40 unións civís. O Pazo da Peregrina foi o escenario predilecto das parellas que decidiron dar este paso adiante na súa relación. Con esta cifra, o Concello de Ames supera a súa media de 35 vodas por ano rexistrada ao longo de 2008 e 2009. Como de costume a época predilecta para celebrar estas unións é o verán e o Concello de Ames segue sendo o escenario que moitas parellas elixen para darse o "si quero". O propio alcalde, Carlos Fernández, oficiou moitos destes casamentos.

O 2010 deixou corenta novos casamentos polo civil en Ames. Corenta parellas elixiron o noso concello para darse o “si, quero”, unha cifra que supera ás de anos anteriores e que sen dúbida ten moito que ver co gran número de xente moza que vive en Ames, un municipio onde a idade media se sitúa entre os 36 e os 37 anos. A pesar de que moita xente pense hoxe en día que casar é algo anticuado, o certo é que os datos falan por si sós. Actualmente, Ames lidera o número de vodas que se celebran na comarca.

O grande número de casamentos do ano pasado foi superior á media que rexistrou o Concello en anos anteriores. Así, en 2008 e 2009 rexistráranse unha media de 35 casamentos por ano. Como ven sendo habitual, moitas parellas escollen datas no verán para o seu casamento. Parece que eses meses seguen a ser os máis propicios para as vodas. Porén, e malia ser agosto o mes por excelencia do verán, moitas parellas optaron por xullo, con seis vodas, e xuño, con cinco. A calor é un dos factores que levan ás parellas a escoller estas datas, tendo en conta que moitas das noivas casan co tradicional traxe de vodas.

Nas unións civís do Concello destaca un escenario elixido por moitas parellas para un día tan especial debido á súa beleza e ao contorno que ofrece para a voda. Trátase do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Este emblemático edificio acolleu varios enlaces ao longo do ano, nun marco incomparábel e seguramente inmellorábel para un día tan especial. O edificio, que é propiedade do Concello, é un conxunto arquitectónico encadrado nun gran espazo axardinado que goza dun encanto innegábel que non pasa desapercibido para moitas das parellas que deciden casar.

As vodas civís en Ames son oficiadas por algún membro da corporación ou por un xuíz dun xulgado de paz. Ademais dos concelleiros, moitas veces é o propio alcalde, Carlos Fernández, quen oficia a unión. Moitas parellas solicitan expresamente que sexa o alcalde quen as case. Carlos Fernández sempre se mostra disposto, xa que lle encanta oficiar este tipo de cerimonias e ser testemuño da sinatura dun compromiso entre dúas persoas, algo que define como “emocionante”.

No que vai de ano tan só se oficiaron tres vodas civís, pero ao achegarse os meses estivais este número vai incrementarse xa que para a última semana de abril e para o mes de maio xa están previstas sete vodas máis. Isto reflicte ben as claras que as parellas elixen os meses de primavera e de verán para realizar o seu casamento. O que está claro é que Ames, e en concreto o Pazo da Peregrina, é un dos lugares elixidos con maior frecuencia para contraer en matrimonio.

PP BRION - NOTA DE APOIO OS TRABALLADORES

EL PP DE BRIÓN APOYA A LOS TRABAJADORES Y TILDA DE "DEMAGOGIA" LA PROPUESTA DEL ALCALDE QUE PRETENDE SILENCIAR LO QUE NO LE INTERESA.

 

El Partido Popular de Brión ha enviado una nota de prensa, aclarando lo ocurrido con algunos trabajadores municipales y tranquilizándolos, por este nuevo "paripé" malintencionado de García.

 

En el pleno ordinario de anteayer, el alcalde José Luis García daba lectura a un escrito de los trabajadores municipales, referido a una revista publicada por el Partido Popular. El Alcalde propuso que se separasen los temas políticos de los relativos a los empleados municipales.

 

El portavoz popular Carlos Tomé afirmó que no es nada agradable hablar de casos irregulares, extraños o actuaciones dudosas de comportamiento de algún empleado, como tampoco lo es, dar a conocer datos económicos. Y manifestó su intención de evitar repetir estas publicaciones, pero siempre y cuando, de existir algún comportamiento extraño o alguna duda sobre alguna actuación de un empleado, el Alcalde respondiera a las preguntas requeridas, y si procediera, adoptase las medidas pertinentes. Cuestión que según Tomé, hasta ahora no ha sucedido y han provocado una queja admitida por el Valedor do Pobo y por la D.X. de Administración Local.

 

El PP de Brión se mostró de acuerdo con el contenido del escrito, en cuanto a separar los temas políticos de los relativos a los trabajadores municipales, pero matizando 4 puntos:

 

1.- Parece que la vara con la que se mide las actuaciones de los grupos políticos, es diferente.

 

Cuando el Alcalde expedientó hace unos años a un empleado, nadie dijo nada. Cuando tuvo serios problemas con los policías locales y expedientó a uno de ellos, derivando en una manifestación ante el Ayuntamiento, nadie dijo nada. Y apenas hace un año, cuando intentó variarle las condiciones laborales de otro trabajador, cuando le hizo un despido nulo, y pese a tener sentencias judiciales ese empleado a su favor, siguió sufriendo presiones municipales que terminaron en la renuncia del puesto de trabajo indefinido, tampoco nadie dijo nada.

 

2.- La demagogia del Alcalde en este asunto está demostrada. Si habla de separar lo político de los empleados, que explique porqué envió un escrito al Delegado del Gobierno pidiendo medidas disciplinarias si procedieran contra Carlos Tomé, funcionario desde hace 21 años, por utilizar el fax de su trabajo para enviar unas mociones, pese a tener autorización de su jefe superior.

 

3.- Reiteramos nuestro acuerdo en separar estos temas, pero hay algún caso o comportamiento que nunca podremos dejar pasarlo desapercibido, mientras no tengamos respuesta del Alcalde y se intente silenciar.

 

Nunca callaremos casos como el de un empleado que hizo obras sin licencia en un terreno público, al que se le abrió expediente sancionador por la Xunta, y que terminó según pruebas de los vecinos, amenazándolos, coaccionándolos y condenado con arresto domiciliario. Si casos como éste, no son reprimidos por la Alcaldía, y si no se responden a las más de 20 preguntas formuladas sobre el caso, está claro que el PP de Brión, apoyará a los vecinos y no silenciará estos abusos.

 

Y justo por eso, por ser empleados municipales, entendemos que se deben y cobran de los vecinos, por lo cual su actitud y respecto hacia ellos debe ser ejemplar.

 

4.- El Partido Popular ha apoyado a los trabajadores desde el principio. Cuando pedimos la RPT, fue justo para ofrecerles una plaza fija, sin esperas de renovaciones o miedos a despidos inesperados, y para garantizar una estabilidad laboral, económica y familiar.

 

Si damos datos económicos de algún trabajador, es justo para hacer hincapié en la aparente diferencia de trato y oportunidades entre los trabajadores. (ejemplo claro.- un auxiliar que promocionó dos veces y llegó a técnico de urbanismo ocupando una plaza de diplomado, se le otorgó el mismo nivel, y los mismos complementos de destino y específico, que el propio arquitecto municipal, que tiene mayor categoría profesional, y siendo el máximo responsable de urbanismo. La gran mayoría de trabajadores, a penas tienen promoción interna o no la tuvieron, y tienen niveles y complementos muy bajos).

 

Si denunciamos abusos sufridos por un trabajador municipal, incluyendo un despido nulo por parte del Ayuntamiento y presiones varias, es justo para defender a todos por igual. No aceptamos que a unos se les abra expediente por lo más mínimo, y a otros, se les permita todo y no se adopte ninguna medida contra ellos, pese a haber sentencias judiciales condenatorias.

 

Ante la actitud del Alcalde en el pleno y dadas sus manifestaciones, Carlos Tomé comenta: " los trabajadores pueden estar bien tranquilos, ya que seguiremos trabajando por ellos y pidiendo sus mejoras e igualdad de oportunidades si hiciera falta. Otra cosa es que a García no le gustase que publicásemos casos, que nunca antes nadie se ha atrevido a publicar y que poco a poco, reflejan lo que realmente ocurre en Brión".

 

Según el líder popular: "parece que García pretende que los que tienen sentencias en contra, hacen obras sin licencia, se les abren expedientes sancionadores, y son condenados judicialmente, sean los buenos. Y los que defendemos a los vecinos y demandamos estos casos, somos los malos".

PP MELIDE - ARRANXO CASA DAS COLES

Cultura destinará 44.000 euros para arromba-la fachada e o teito da Casa das Coles

 

·        A voceira popular reuniuse co conselleiro Roberto Varela para trasladarlle a súa preocupación polo estado do inmoble

 

Melide, 21 de abril de 2011. A voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, acompañada por Dolores Gómez, mantivo unha reunión co conselleiro de Cultura, Roberto Varela, co fin de trasladarlle a súa preocupación polo estado no que se atopa a Casa das Coles. Neste senso, subliñou a importancia de acometer traballos de mellora na fachada e no tellado do inmoble, co fin de rematar co feísmo existente nunha das prazas máis emblemáticas de Melide.

 

A representante popular acadou un compromiso do conselleiro de investir 44.000 euros para arromba-lo inmoble da Casa das Coles. Un proxecto que comezará a executarse previsiblemente o vindeiro mes de xuño e que versará sobre a construción dunha nova cuberta, a colocación duns novos canlóns, o revestimento con morteiro, cal e pintura da fachada principal, limpeza, reparación e fixación das pezas do aleiro e balcóns de pedra en mal estado, así como das varandas e eliminación do cascallo interior. Posteriormente, realizarase co Concello e os axentes sociais un estudio para determinar a qué se vai destinar o uso do inmoble

 

A voceira popular resalta a  importancia do compromiso da Xunta de Galicia con Melide coas numerosas actuacións que se están a executar das cales está previsto que neste ano 2011 se destinen 21.000 euros ademais para o Camiño Francés e 2.000 euros para o Camiño Primitivo, así como o acondicionamento de diversos tramos do camiño francés ao seu paso no termo municipal de Melide, en concreto no entorno da ponte do Río Seco e o núcleo do Leboreiro. A isto temos que engadirlle 240.000 euros na actuación que se vai levar a cabo en Santa María, co soterrado do cabreado e saneamento.

PP ARZUA - DENUNCIA CONTRA A CANDIDATURA DO BNG

O PP presenta unha denuncia contra a proclamación de Xaquín García Couso como candidato ás Eleccións

 

·        O actual alcalde de Arzúa está condenado a seis meses de inhabilitación para cargo público por un delicto de desobediencia á Administración Pública

 

Arzúa, 21 de abril de 2011. O Partido Popular presentou unha denuncia na Xunta Electoral de Zona de Santiago de Compostela contra a proclamación do actual alcalde de Arzúa, Xaquín García Couso, como candidato ás Eleccións Municipais. Instan a que se declare a García Couso inelexible, por estar condenado a seis meses de inhabilitación para cargo público por un delicto de desobediencia á Administración Pública. Neste senso e tal e como explican os populares, no artigo 6.2 da LOREX (Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral) figura que todos aqueles condenados por sentencia, anque esta non sexa firme, por delictos contra a Administración Pública, son inelexibles. Os populares recordan que a condena non foi cumprida en tanto o agora candidato veu exercendo a súa función como Alcalde de Arzúa dende a data en que se dictou a sentencia condenatoria e ata a actualidade.

 

Os populares subliñan que a Xunta Electoral Central xa ten precisado que, salvo que a pena fose integramente cumprida, non cabe que unha persoa que estea incursa en causa de inelexibilidade poida presentarse como candidato. Así, no Acordo da Xunta Electoral Central de 4 de febreiro de 1999 recóllese que: “A persoa á que condena a sentencia podería ser candidato se o día da presentación da candidatura tivera cumprido integramente as penas de prisión e de inhabilitación que lle impón a sentencia”. Por iso mesmo, os populares reclaman que se declare a Xaquín García inelexible por non ter cumprido a condena de inhabilitación de 6 meses.

 

Do mesmo xeito, os populares instan á Xunta Electoral a que se requira ó BNG para que, no prazo legal habilitado, subsane a irregularidade derivada da presentación dun candidato incurso na situación de inelexibilidade.

 

BRION - NOVO PASEO RIO PEGO

ACONDICIONADO UN NOVO ESPAZO DE

OCIO EN BRIÓN ÁS BEIRAS DO RÍO PEGO

 

A Xunta de Compensación do Polígono 8 acondicionou unha área entre a ponte da AG-56 e as beiras do río Pego

 

20 de abril de 2011.- A Xunta de Compensación do Polígono 8 (Urban) vén de rematar as obras de acondicionamento dun novo espazo de ocio en Brión, concretamente ás beiras do río Pego. Trátase dunhas obras que esta entidade está obrigada a executar en compensación polos aproveitamentos urbanísticos acometidos na urbanización Lamas de Albariño e que veñen a complementar as obras de acondicionamento do paseo do Río Pego realizadas polo Concello de Brión.

 

Así, ao longo desta semana, empregados da Xunta de Compensación do Polígono 8 acondicionaron unha gran área verde delimitada polo río Pego, a ponte da AG-56 e a estrada AC-451, xusto a carón da entrada/saída sur da autovía Brión-Noia. Os operarios habilitaron unha zona de paseo a carón do río Pego e dotaron á zona de diverso mobiliario urbano (bancos e papeleiras), arbolado e iluminación pública, tanto para a zona de ocio como para a zona do paseo.

 

Estes traballos veñen a completar as obras de acondicionamento do paseo do Río Pego realizados polo Concello de Brión, nos que se investiu preto de 50.000 euros. Uns traballos que incluiron a limpeza das marxes do río, así como do propio cauce fluvial. Así mesmo, realizáronse tamén traballos de reforzamento do muro de contención do río Pego, especialmente naqueles puntos que se atopaban máis deteriorados.

 

O Concello tamén habilitara un paseo peonil, duns 2,5 quilómetros de lonxitude, que bordea o río Pego entre a rotonda da saída da autovía (xusto enfronte do que se acondicionou esta semana) e a estrada Santiago-Noia. Un entorno no que tamén se colocou diverso mobiliario urbán como oito bancos, catro papeleiras (incluida unha especial para depositar as deposicións dos cans) e alumeado público ao longo do paseo.