Ames – mercado de troco en bertamiráns

O mercado de troco chega esta fin de semana a Bertamiráns e Milladoiro

Ames, 16 decembro de 2011. O Concello de Ames organiza un Nadal máis un mercado de troco. Este ano será o día 17 de decembro na Casa da Cultura de Bertamiráns e o día 18 na Casa da Cultura de Milladoiro. O horario no que as persoas poderán depositar aqueles obxectos que desexen (ferramentas, electrodomésticos, libros, xoguetes...) será dende as 11.00 horas ás 14.00h e dende as 16.00 ás 17.00 horas. Cando deixen o seu obxecto ou obxectos unha persoa daralles un número. A partir das 17.00 horas comezará o troco, que vai consistir en ir sorteando os obxectos na orde que vaian saíndo os números dos participantes no intercambio.

O troco é un invento tan antigo como a roda e existe dende tempos ancestrais. O ser humano sempre tivo a necesidade de cambiar aqueles obxectos que posuía, pero que non necesitaba, por aqueles outros que realmente desexaba. No comercio intercámbiase materia prima por artigos artesáns. Nos pequenos mercados era onde tiña lugar o verdadeiro troco e era alí onde se podían adquirir todo tipo de utensilios como as ferramentas de sílex, lanzas, zapatos, colares e ata produtos agrícolas.

Esta práctica tradicional segue estando vixente na nosa vida, e quizais máis que nunca, xa que todos temos unha gran variedade de obxectos nas nosas casas que non precisamos e mediante o troco pódense obter outros aparellos de maior utilidade para cada un. Co motivo de facerlle comprender á veciñanza amiense que este tipo de mercado é tan válido e útil coma calquera outro, celébrase esta actividade que terá lugar o sábado na Casa da Cultura de Bertamiráns e o domingo na Casa da Cultura de Milladoiro.

Os veciños e veciñas que queiran participar no mercado de troco poderán deixar todos os obxectos que queiran. Nese mesmo intre asignaráselle un número que lle servirá para facer o troco por outro utensilio. Esta actividade está dirixida a todos os públicos e poderán entregarse xoguetes, ferramentas, libros e outros obxectos, sempre e cando estean en bo estado.

É usual que esta actividade teña moita aceptación entre os nenos, por iso dende o Concello se anima dun xeito especial a que os adultos tamén participen neste tipo de actividade coa que se busca valorar as cousas pola súa utilidade e non soamente polo prezo.

Auditorio de Galicia – ciclo xoves intérpretes galegos

Será no Teatro Principal ás 12.00h e estará dirixido por Xosé Carlos Seráns

A Banda Municipal celebra este domingo un novo concerto do ciclo de Xoves Intérpretes Galegos

  • O ciclo inclúe sete concertos ao longo da temporada cada un co seu solista

  • Este domingo o solista será o trompetista Víctor Manuel Vilariño Salgado

Santiago de Compostela, 16/12/2011.- A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela celebra este domingo un novo concerto do ciclo de Novos Intérpretes, unha das novidades mais esperadas da programación 2011-2012. Este ciclo inclúe sete concertos nos cales a Banda Municipal contará ao longo de toda a tempada con sete solistas diferentes e este domingo o solista será o trompetista Víctor Manuel Vilariño.

Trátase de sete mozos galegos con idades comprendidas entre os 15 e os 25 anos e que están levando a cabo os seus estudios musicais tanto en Galicia como no estranxeiro. Con esta iniciativa a Banda Municipal pretende poñer en valor o gran talento dos mozos galegos e o sacrificio e a continuidade que supón estudar unha carreira musical. O primeiro concerto deste ciclo co flautista André Cebrián Garea, tivo unha moi boa acollida por parte do público habitual da Banda Municipal e ademáis atraeu a un número importante de persoas interesadas por esta nova iniciativa.

Nesta ocasión, o domingo 18, o solista convidado é Víctor Manuel Vilariño Salgado, que inicia os seus estudos musicais á idade de dez anos co mestre Bernardo Hermida. Posteriormente ingresa na escola de música Unión Musical Ponteledesma e no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela. Durante estes anos recibe aula dos mestres Roberto Hermida, Luís González, Guillermo Sabarís e Fernando Rey Mayo. Víctor Manuel Vilariño

No 2003 ingresa na escola de Altos Estudios Musicais de Galicia, no 2006 pasa a formar parte da Xoven Orquestra da Sinfónica de Galicia e no 2008 da Joven Orquesta Nacional De España. Durante estes anos formouse con diversos solistas coma Javier Simó, Ramón, LLátser, Luis González Amosa, Aigi Hurn, Javier Viceiro…. Foi galardoado co primeiro premio no concurso “Xosé Valcárcel” da Estrada e no concurso que organiza a Fundación Paideia e os estudios Mans.

Colabora con numerosas orquestras; Orquesta Joven Teresa Carreño (Venezuela), Orquesta Filarmònica de Pontevedra, Orquesta Sinfònica de Galicia, Joven Orquesta Simòn Bolívar (Venezuela), Orquesta Ciudad de Granada, Real Filharmonìa de Galicia, Orquesta sinfònica de Castilla y Leòn…

Actuou baixo prestixiosas batutas como Rafael Freibürk de Burgos, Jordi Mora, Jim Ross, Ali Gröen, Lütz Koller ,X. Carlos Seràns, Miguel Rodríguez Barrio, Vìctor Pablo Pérez, Javier Viceiro, Pablo Gonzàlez, Roberto Hermida, Rubèn Jimeno, Gustavo Dudamel, Alberto Zedda, Josep Pons, Maximino Zumalave, Vicente Egea, Ross Marbà, Alejandro Posada, Cristóbal Halffter, Pietro Rizzo, Miguel Romea, Cristian Zacarìas, Vasily Petrenko…

Actualmente realiza un máster en especialización orquestal na EAEM, o cal compaxina coa sua labor coma docente en diferentes escolas de música.

A cita para este concerto, que ten entrada de balde, será no Teatro Principal o 18 de decembro ás 12 da mañá co seguinte programa:

I parte

- Patrie (abertura) de Georges Bizet e transcrición de Xosé Carlos Seráns (1º vez pola banda)

- Time Remembered de Philiph Sparke

- Concerto para Trompeta de Johann Nepomuk Hummel (1º vez pola banda)

Trompeta solista: Victor M. Vilariño Salgado

II parte

- Goddess of Fire, Steven Reineke (1º vez pola banda)

- 1812 de Peter Illych Tchaikovsky

Comite empresa Ames – petición de retirada da proposta de despedimentos

O Comité de Empresa esíxelle ao goberno municipal que retire a proposta de despedimentos

A situación económica non xustifica a proposta. Son despedimentos selectivos aducindo falsas causas económicas

Ames, 17 de decembro de 2011. Despois de consultar a documentación facilitada polos servizos económicos do concello, o Comité de empresa do Concello de Ames conclúe que detrás dos despedimentos propostos non hai unha motivación económica obxectiva, feito que reafirma que os despedimentos se propoñen por cuestións sindicais e políticas. Entre os datos económicos destaca o aumento de recadación producido en dous dos sustentos fundamentais dos municipios. A recadación por IBI (Imposto de bens inmobles) entre 2006 e 2010 aumentou nun 75% e a efectuada polo IVTM (imposto de vehículos de tracción mecánica) incrementou nun 60%. A débeda de Ames é inferior á media galega e a capacidade de rexeneración que ten este concello para si a quererían moitos dos concellos do país. Con todo, para intentar desbloquear esta situación a parte social puxo sobre a mesa de negociación celebrada o pasado martes, 19 de decembro, diversas propostas. A vontade da parte social encontrouse cun goberno que deu mostras de inmobilidade e de ter a decisión tomada. Esta actitude apoia a postura de que detrás desta proposta agóchanse motivacións sindicais e políticas e que esta é unha proposta de despedimentos selectivos aducindo falsas causas económicas.

Plan integral de saneamento económico e financeiro

Se o goberno municipal pretende levar a cabo unha política de diminución do gasto, a primeira proposta sería a elaboración dun plan integral de saneamento económico e financeiro do Concello de Ames, un plan integral que analice a situación global do concello para ver en que capítulos e partidas se pode diminuír o gasto, sen ter que tocar o capítulo I, e con especial atención nas revisión dos gastos efectuados polo concello en contratacións a empresas externas.

O cadro de persoal estrutural do concello non aumentou desde 2006

O persoal do Concello de Ames, igual que todos e todas os traballadores públicos, sufriu xa un recorte do 5% nos seus salarios, un recorte, en teoría, destinado a amortizar débeda. A Relación de Postos de Traballo aprobouse en novembro de 2006 e ata o día de hoxe non sufriu ningunha ampliación, polo tanto, o cadro de persoal estrutural do concello non medrou nos últimos anos. Na RPT do concello segue habendo prazas vacantes orzamentadas que non están cubertas.

Supresión de prazas vacantes orzamentadas e non cubertas

Se o goberno entende que se debe revisar o capítulo I do orzamento (gastos de persoal) o Comité de empresa considera que esa revisión non pode implicar de ningún xeito despedimentos de persoal estrutural, dado que hai aínda prazas vacantes orzamentadas e non cubertas que se poderían suprimir.

Conxelación temporal da contratación

Antes de nada cumpriría analizar globalamente os servizos que presta o concello e o cadro de persoal no seu conxunto, para determinar cales servizos son deficitarios e cales están sobredimensionados. Este estudo tería como obxectivo racionalizar o cadro de persoal e os servizos e permitiría temporalmente a conxelación da contratación de persoal no Concello de Ames.

Partidas de produtividade, gratificacións e remanentes de axudas sociais

Se fose necesario, incluso se podería revisar a partida de produtividade que mantén consignación no orzamento (120.000 euros en 2011), malia non repartirse entre o persoal municipal desde o ano 2006 (aos 120.000 anteriores habería que engadirlle o importe consignado nos orzamentos de anualidades anteriores que non se pagaron aos traballadores), a partida de gratificacións ou parte dos sobrantes das axudas do Fondo de Acción Social.

Reorganización do persoal

Nalgúns servizos podería reorganizarse o persoal, por exemplo, as dúas persoas afectadas da brigada de medioambiente poderían integrarse na brigada de obras, un servizo deficitario no Concello de Ames dado que todos os anos teñen que contratarse arredor de 40-60 persoas para realizar tarefas de mantemento de vías públicas, conservación de patrimonio natural e cultural, etc. Un servizo, ademais, no que cada ano os traballadores teñen que realizar un elevado número de horas extra para cumprir coas súas funcións.

Publicidade na radio municipal e posiblilidade de ampliación do servizo a varios concellos

No tocante á Radio Municipal, púxose enriba da mesa que se realizasen estudos de viabilidade económica, que se mirase a posibilidade de compartir o servizo con outros concellos aumentando o horario de programación ou que se buscasen fórmulas de introducir capital privado a través de patrocinios ou de publicidade.

Na mesa de negociación deste luns 19 de decembro, o Comité de empresa manterá as propostas presentadas na pasada xuntanza e esixiralle ao goberno municipal que retire a proposta de despedimentos para rematar con esta farsa de negociación e comezar un proceso negociador serio e de boa fe.

Diminución do custo do goberno municipal

Ademais, o Comité porá enriba da mesa que se o goberno pretende reducir gastos, debe comezar pola diminución do custo do goberno municipal.

Para isto, o primeiro paso sería que o alcalde de Ames, Santiago Amor, renunciase á dedicación exclusiva que posúe no Concello de ames e pola que cobra 49.716,66 euros brutos anuais, xa que ao ser tamén deputado provincial dispón de dous soldos ao final de mes. Na Deputación da Coruña Santiago Amor cobra 591 euros por cada sesión plenaria e 370 euros por cada comisión informativa ou Xunta de Goberno. Estas contías son públicas e pódense consultar no BOP nas seguintes ligazóns: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2011/08/19/2011_0000010640.html

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2011/09/06/2011_0000011434.html

Ordes – os paxes reais vsitarán este luns as unitarias

Os paxes reais visitarán o vindeiro luns as escolas unitarias de Ordes

O luns 19 visitarán as escolas unitarias e o martes 20 a escola infantil “Sorrisos” para recoller as peticións dos pequenos para os Reis Magos

Ordes, 16 de decembro de 2011: Un ano máis os paxes dos Reis Magos visitarán aos máis pequenos do municipio días antes da noite de Reis. Será o vindeiro luns 19 de decembro cando os paxes visiten as escolas unitarias do municipio, co fin de que os máis pequenos lles fagan as súas peticións de cara á noite do vindeiro 5 de xaneiro.

Pero non só visitarán aos nenos e nenas das escolas unitarias, senón que ao día seguinte, o martes 20 de decembro a visita realizarase aos pequenos da escola infantil “Sorrisos”.

As visitas terán lugar pola mañá cumprindo así cunha das tradicións que ano tras ano cada Nadal o Concello leva a cabo no municipio

Silleda – a banda municipal ofrece o espectáculo “Sinfonía das fábulas”

A Banda Municipal de Silleda ofrece este sábado Sinfonía das fábulas, un espectáculo que combina música con monicreques, contos, ilustracións, danzas e coros

-O recital navideño da agrupación terá lugar ás 21.00 horas no auditorio Semana Verde

Silleda, 14 de outubro de 2011. A Banda Municipal de Silleda celebrará o vindeiro sábado día 17 o seu XII Concerto de Nadal cunha velada moi especial, na que a música se combinara con outras artes. A peza central do recital, que terá lugar ás 21.00 horas no auditorio do recinto ferial Semana Verde, será Sinfonía das fábulas, creada pola compositora americana Julie Giroux e inspirada nun espectáculo de Walt Disney.

Nesta proposta anovadora conflúen ademais da música o baile, monicreques, un contacontos, un ilustrador que usará area e como broche de ouro a actuación do coro da Escola Municipal de Música. O tema central contará con 5 movimentos: O león e o rato, con escenificación de Títeres Cachirulo; O frautista de Hamelin, co solo de frauta de Francisco Seoane e a voz de Celso F. Sanmartín; O patiño feo, coas ilustracións en area de Marcos Escudero, de M’arte; A lebre e a tartaruga, coa danza do Centro Coreográfico Galego; e Os tres cabritillos Billy, con marionetas de tamaño humano.

No concerto tamén debutarán 13 novos músicos coa banda municipal, que dirixe Rafael Agulló. O concerto, que será presentado por Valentín García, comezará coa interpretación da peza Fanfarria para un aniversario, e logo da Sinfonía das fábulas, pechará o coro da Escola Municipal de Música co tema Celtic Child.

O concelleiro de Cultura, Matías Rodríguez da Torre destaca o traballo, calidade e creatividade da Banda e a Escola Municipal de Música, unha disciplina chamada a ser tamén embaixadora do municipio trasdezán.

Ames –festival de maxia esta fin de semana

Esta fin de semana celébrase o VI Festival de Maxia Ames Máxico

As rúas e as prazas de Bertamiráns e do Milladoiro acollen durante o sábado 17 e o domingo 18 de decembro un festival de maxia que está dirixido a todos os públicos. Esta actividade organizada pola concellaría de Cultura, Educación e Patrimonio intenta achegar á cidadanía amiense o espectacular mundo dos magos. Cinco ilusionistas intentarán sorprender a todos os amienses e amiensas con diferentes trucos e obradoiros de maxia. As actividades desenvolveranse nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, así como no Mago Móbil (un camión no que os magos realizarán diferentes trucos e espectáculos), que estará estacionado na praza de Chavián e no aparcadoiro que está diante do pavillón polideportivo do Milladoiro.

Un ano máis o Concello de Ames organiza unha nova edición do Festival de Maxia que se desenvolverá durante os días 17 e 18 de decembro nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro, respectivamente. Nesta edición serán cinco os magos que creen ilusión nos amienses. Obradoiros, espectáculos de maxia na rúa e o espectáculo do mago Marín Varela “15 ilusións para unha noite” compoñen o programa deste ano.
A programación de actividades do festival comezará o 17 de decembro en Bertamiráns e repetiranse o 18 no Milladoiro. Os dous días entre ás 11:00 h e as 12:00 horas haberá un obradoiro de maxia que impartirán os magos Cali e Kiko Pastur. Estes dous ilusionistas achegaranlle os segredos da maxia aos rapaces e rapazas de 8 a 14 anos. Para participar nesta actividade é preciso estar inscrito. Todos os nenos e nenas deben chamar ao número de teléfono 981 535 940 ata o 16 de decembro, en horario de 9:00 h. a 15:00 horas. Para este obradoiro ofértanse un total de 50 prazas (25 para Bertamiráns e 25 para O Milladoiro). Ambos os dous obradoiros desenvolveranse nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro.

Despois deste obradoiro os espectáculos de maxia continuarán, pero esta vez desenvolveranse na rúa. Este espectáculo, que se realizará entre as 12:30 h e as 13:30 horas, está pensado para que as persoas de todas as idades poidan asistir. Para evitar que a choiva impida a realización do espectáculo, os magos Cali, Kiko Pastur, Gran Pedrini e o Mago da Boina actuarán no Mago Móbil (un camión no que os magos realizarán diferentes trucos e espectáculos), que estará estacionado na praza de Chavián e no aparcadoiro que está diante do pavillón polideportivo do Milladoiro. AMES - MAXIA 2011

Espectáculo central
A actividade estrela será ás 18:00 horas nos auditorios das casas da cultura dos dous núcleos, coa celebración do espectáculo “15 ilusións para unha noite”, que correrá a cargo do mago Martín Varela. Este espectáculo está dirixido a todos os públicos. Para asistir haberá que marcar unha entrada nas Casas da Cultura de Bertamiráns ou do Milladoiro, dende o luns 12 ata o venres 16 decembro, en horario de 9:00 h a 14:00 horas e de 17:00 h a 22:00 horas. Tamén se poden mercar o sábado 17 de decembro (en Bertamiráns) ou o domingo 18 (no Milladoiro) en horario de 17:00 h a 18:00 horas.

O prezo das entradas e de 2 euros para o público en xeral, mentres que os menores de 12 anos, estudantes e maiores de 65 anos tan só terán que pagar un euro. O aforo dos auditorios é limitado. No auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns hai 216 butacas, mentres que no do Milladoiro existen de 150 butacas.

Santiago – axenda do 17 o 19 e cortes de tráfico

Sábado 17

Ao longo do día

Na Casa Grande do Bachao (Santa Cristina de Fecha), xuntanza do goberno municipal.

Ás 12.00 h, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, fará declaracións aos medios e poderán tomarse imaxes.

11.00 h

CSC FONTIÑAS Acción formativa dirixida a pais e nais COMO CONTAR CONTOS

PROGRAMA ANIMACIÓN Á LECTURA BIBLIOTECA PÚBLICA JOSÉ SARAMAGO]

12.00 h

CSCXM O ENSANCHE Xogos Populares na praza Roxa

18.00 h

LSC FIGUEIRAS Contacontos nenos/as [PROGRAMA ANIMACIÓN Á LECTURA BIBLIOTECA PÚBLICA JOSÉ SARAMAGO]

21.00 h

No Teatro Principal, Teatro do Noroeste presenta 'Último cowboy' de Eduardo Alonso [RGTA]

Domingo 18

12.00 h

No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns enmarcado no ciclo de Novos Intérpretes Galegos que ten como protagonista ao trompetista Víctor Manuel Vilariño Salgado.

Luns 19

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar o programa Todo Lírica 2011 que se celebra do 23 de decembro ao 3 de xaneiro.

12.30 h

Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, fai entrega dos premios do concurso do Cartel de Nadal 2011.

13.00 h

Na Casa do Concello, a voceira adxunta da Xunta de Goberno Local, María Castelao, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

20.00 h

No Auditorio de Galicia (Sala Mozart) primeira xornada do programa 'Corais de Compostela no Nadal'. Nesta xornada, actúan: Coral Asubío; Asociación Coral Pontemantible-Guadalupe; Asociación Cultural-Musical Solfa; Coro Santa Susana; Coral Polifónica de Lavacolla; e Coral A Xuntanza.

21.00 h

No Teatro Principal, concerto de despedida de Nordestinas.

ASUNTO: corte de tráfico na rúa Tras Santa Isabel

Con motivo da realización de obras de canalización na rúa Tras Santa Isabel, cortarase ao tráfico a devandita rúa dende o 19 ao 30 de decembro. Permitirase o acceso a residentes e garaxes.

O tráfico que entre pola rúa Tras Cuartel de Santa Isabel fará a saída por esta misma rúa, quedando de dobre dirección ata o remate das obras.

O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.


ASUNTO: corte de tráfico na rúa do Campo de Santo Antonio

Por mor da realización de obras de reparación do pavimento, a rúa do Campo de Santo Antonio permanecerá cortada ao tráfico no tramo comprendido entre os números 1 e 8 desde o 14 ao 28 de decembro.

Os residentes poderán acceder durante este tempo desde a Trisca en sentido contrario ao habitual.

O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.

BNG Forcarei – petición de regulamento interno

A formación nacionalista está farta do menosprezo e dos problemas coa acceso á información e propón a elaboración dun regulamento interno para mellorar o sistema e facilitar o traballo a todo o mundo.

Hoxe no pleno do concello de Forcarei , produciuse un feito novidoso , que propiciou que o pleno se alongara case até as 14:30 horas da tarde.

Todo isto ten que ver co feito acontecido onte. Antes do pleno é costume do BNG consultar a documentación para o debate en pleno. Solicitase en función da cantidade e dos temas 5 copias que faría a propia concelleira do BNG (sen molestar a ningún funcionario). Unha delas sobre a moción do PSOE e outras 4 copias de certas resolucións. A sorpresa ven cando se comunica que non autorizan as copias. O BNG pensa que este feito é moi grave e solicita por rexistro esa orde por escrito posto que atenta directamente contra o artigo 84 do ROF

“Toda a documentación dos asuntos incluídos na orde do día que debe servir de base ao debate e, no seu caso, votación deberá estar a disposición dos membros da Corporación desde o mesmo día da convocatoria na Secretaría da mesma. Calquera membro da Corporación poderá, en consecuencia, examinala e incluso obter copias de documentos concretos que a integre, pero os orixinais non poderán saír do lugar no que se atopen postos de manifesto”

Ao negar as copias , o grupo municipal do BNG pediulle a tenente de alcalde que lese unha por unha as resolucións , agardando non ter que volver a pasar este trance , pero advertindo que dende o BNG non se permitirá ni unha soa traba no funcionamento ordinario nin na preparación nin no desenvolvemento do pleno.

UN REGULAMNETO INTERNO PARA O PLENO:

Unha das mocións que presentaba o BNG era a realización, entre os tres grupos políticos ,dun regulamento interno de funcionamento interno .

Para evitar que se produzan tantos retrasos nas respostas de preguntas en plenos ou na entrega da documentos .

O BNG quere facer constar que non queren causar prexuízos aos traballadores do concello e máis estamos dispostos a agradar pola información sempre que haxa un motivo xustificado, de aí , a idea de regular o funcionamento ordinario , para deste xeito poder traballar todos con marxe e eficazmente.

O PP rexeitou esta proposta alegando que até o de agora había normalidade, custión incerta e facilmente comprobábel co relatado nos primeiros parágrafos da nota.

COMISIÓNS INFORMATIVAS:

Neste o pleno o PSOE , preguntou sobre dous temas importantes ao noso entender , a cuestión da salubridade da auga subministrada para contra restar os efectos da seca deste verán no Cachafeiro e tamén se introducía a cuestión da ilegalidade nas asignacións polas horas extras dalgún traballador.

O BNG, despois de seguir este tema polos medios , propuxo tratar este tema en comisión informativas, con toda a documentación en riba da mesa en vez de tratalo na prensa, sobre todo tendo en conta a gravidade dos asuntos. E despois de ter tratado o tema facer as valoracións aos medios que cada grupo estime oportuno .

CIGA Ames – eleccións sindicáis concello de Ames

Dende a Confederación Intersindical Galega do Concello de Ames (CIG) queremos agradecer a participación de tod@s os traballadores/as do Concello de Ames nas eleccións sindicais, que se celebraron este mércores 14 de decembro, xa que un total de 222 persoas exerceron o seu dereito ao voto. O censo electoral está composto por 254 persoas. Polo tanto houbo unha participación do 87,40 %. Ademais queremos agradecer o apoio que amosastes unha vez máis nas candidaturas que presentou a CIG nos colexios de técnicos e administrativos; no colexio de especialistas e no colexio de persoal funcionario. A CIG obtivo un total de 106 votos, o que representa o 47,75% dos votos totais. Estes votos traducíronse na elección dun total de 7 delegados sindicais que ían nas listas da CIG (3 no colexio de especialistas; 2 no colexio de técnicos e 2 no colexio de funcionario). Deste xeito, a CIG volve a ter maioría absoluta no Comité de Empresa e conta con dous representantes na Xunta de Persoal de Funcionarios. Tal e como se recolle no noso programa dende a CIG comprometémonos a defender con honestidade e firmeza os intereses de todo o persoal municipal.

Participación total- 222 persoas.

Censo electoral- 254 persoas.

CIG- 106 votos.

CSIF- 42 votos.

UGT- 40 votos.

SPPME- 26 votos.

En branco- 8 votos.

Resultado das eleccións sindicais no Concello de Ames:

-Comité de Empresa:

CIG: 5 representantes.

UGT: 2 representantes.

CSIF: 2 representantes.

-Xunta de Persoal de Funcionarios:

CIG: 2 representantes.

SPPME: 2 representantes.

CSIF: 1 representante.

Resultado das eleccións sindicais por Colexios:

Colexio de técnicos e administrativos:

Votantes: 68 persoas.

Electores: 80 persoas.

CIG: 2 representantes (26 votos).

UGT: 1 representante (24 votos).

CSIF: 1 representante (17 votos).

En branco: 1 voto.

Colexio de especialistas:

Votantes: 77 persoas.

Electores: 93 persoas.

CIG: 3 representantes (42 votos).

UGT: 1 representante (16 votos).

CSIF: 1 representante (15 votos).

En branco: 4 votos.

Colexio de persoal funcionario:

Votantes: 77 persoas.

Electores: 81 persoas.

CIG: 2 representantes (38 votos).

SPPME: 2 representantes (26 votos).

CSIF: 1 representante (10 votos).

En branco: 3 votos.

Estamos á vosa disposición:

Rosa Moreiras Cuñarro

Iván Pereira Cutrín

Mª Sonia Moure Oliveira

Xoán Manuel Pérez Lijó

Jorge Couñago Castro

Flor Divina Fernández Canosa

Mª Carmen Iglesias Pardiñas

José Ramón López Liñares

José Luís Dopazo Regueiro

Concepción Barca Seage

Javier Arufe Vidal

Eusebio Pérez Barreiro

Juán M. González Pérez

Domingo Antonio Alborés Alborés

Rosa Isabel García Agrelo

Mª Teresa Arufe Vázquez

Sara Blázquez López

Mª Ofir Aboy García

Pilar Villaverde Cutrín

Juan Carlos Carreja Iglesias

Oroso – o concello desenvolverá por fases o polígono San Martiño II

O CONCELLO DE OROSO VAI DESENVOLVER POR FASES O POLÍGONO INDUSTRIAL SAN MARTIÑO II

O alcalde Manuel Mirás reunirase a vindeira semana cos propietarios dos terreos para poñer en marcha o 30% do proxecto durante 2012

O Concello de Oroso fixo un sondeo e detectou que hai cando menos catro empresas interesadas, que poderían crear uns 150 empregos

15 de decembro de 2011.- O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, anuncia que “o Concello de Oroso vai intentar desenvolver por fases o polígono empresarial San Martiño II, de xeito que nun primeiro momento poidamos poñer en marcha o 30% do proxecto e despois seguir avanzando de acordo coa demanda real de solo industrial”. De feito, o propio alcalde orosán reunirase a vindeira semana con propietarios do sector número 10, no que se asenta o polígono empresarial San Martiño II, para trasladarlles esta proposta.

Mirás Franqueira explica que “en principio fixemos un sondeo e as expectativas de ocupación son boas, xa que hai empresas que teñen a intención de instalarse aló e temos que buscar a maneira de que o podan facer”. En concreto, o Concello de Oroso ten constancia de cando menos catro empresas interesadas en instalarse no polígono San Martiño II, que ocuparían un 30% de superficie (uns 155.000 metros cadrados) e que poderían supoñer a creación duns 150 postos de traballo no municipio.

Iniciar os traballos en 2012

Manuel Mirás indica que “o obxectivo da reunión da vindeira semana é conseguir o apoio dos propietarios dos terreos para ver de sacar adiante esta primeira fase durante o vindeiro ano 2012”. Neste sentido, asegura que “dende o Concello de Oroso estamos traballando sen descanso en sacar adiante o polígono empresarial do San Martiño II porque unha das apostas principais deste Goberno, e miña persoal, é a de dotar a Oroso de máis solo industrial”.

De feito, a aprobación do enlace sur da AP-9 en Sigüeiro (publicado xa no BOE de 24 de novembro) incrementou notablemente o atractivo do polígono empresarial San Martiño II ao supoñer unha significativa mellora nas comunicacións das empresas que se instalen aló. Unhas melloras na rede de comunicacións en Oroso ás que tamén contribuiron a rotonda na N-550 ou o enlace directo dos polígonos empresariais San Martiño I (Sigüeiro) e Oroso Pequeno coa autopista.

Características do polígono San Martiño II

A crise económica actual motivou a ralentización da execución do polígono empresarial San Martiño II. O “Plan Parcial de Ordenación do sector número 10, polígono empresarial San Martiño II” foi aprobado polo pleno municipal en marzo de 2008. Contempla unha extensión de 517.211 metros cadrados, dos que nesta primeira fase se executaría o 30%, e un aproveitamento industrial de 250.470 m2. O Concello de Oroso actúa como promotor desta iniciativa e a xestión do chan realizarase polo sistema de cooperación, ao igual que o acontecido no caso do polígono empresarial Oroso Pequeno. Neste caso, os futuros propietarios das parcelas terán un prazo máximo de 2 anos para edificar dende a recepción das obras de urbanización, de xeito que se garante a ocupación efectiva e productiva das parcelas.

Ademais, o Plan Parcial de Ordenación do polígono empresarial San Martiño II conta cunha superficie de 97.000 m2 de suelo rústico adscrito que quedará como zona verde, ao que hai que sumar outros 40.000 m2 de zonas verdes dentro do polígono. O San Martiño II contará tamén cun parque deportivo de 8.900 m2 e con outros 4.400 m2 para equipamento social.

Así mesmo, o polígono empresarial San Martiño II disporá de case 2.400 prazas de aparcamento, das que 967 serán públicas. “Faremos beirarrúas e prazas de aparcamento, polo que tamén melloraremos a seguridade vial na zona”, explica Manuel Mirás. Finalmente, o propio polígono encargarase de xestionar os seus propios residuos, xa que estará adaptado á lei de sostenibilidade.

O plan parcial do polígono empresarial San Martiño II é un dos primeiros froitos do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Oroso. De feito, o propio PXOM recolle que con este plan parcial preténdese “impulsa-la actividade económica do Concello e fomenta-la creación de postos de traballo”. O parque industrial estará situado nunha posición estratéxica en canto á súa posibilidade de relación e integración no eixo de comunicación rexional entre o norte e o sur. Ademais, ubicarase nun terreo cunhas calidades topográficas de escasa pendente, coas mellores posibilidades de conexión coas infraestructuras viarias e de abastecemento de auga e de enerxía, nunha zona distante dos espazos agrícolas dos principais asentamentos e sen ningún tipo de afectación medioambiental nin no patrimonio cultural.

Silleda – notas venres 16 decembro

Presentadas máis de 250 postais e 63 cartas solidarias aos Reis Magos nos certames para escolares

-A entrega de premios será o vindeiro mércores día 21 e os traballos formarán parte dunha exposición na Casa da Cultura de Silleda

Silleda, 15 de decembro de 2011. Os certames creativos para escolares, organizados pola Concellería de Cultura, continúan a ter un grande éxito de participación en Silleda. No concurso de postais presentáronse un total de 256 creacións e outras 63 no das cartas solidarias aos Reis Magos. Estes traballos foron realizados polos alumnos da Escola Infantil A Galiña Azul (que presentaron 38 postais); os do Colexio María Inmaculada e os do IES Pintor Colmeiro.

Non participaron os dous CEIP do municipio (Silleda e A Bandeira), xa que tanto nos Claustros como nos Consellos Escolares, estes dous colexios que amosaron as súas desculpas, decidiron non participar en actividades extraescolares logo das medidas adoptadas pola Consellería de Educación en relación aos horarios do profesorado e recortes no ensino público. “Dende a Concellería de Cultura non só entendemos a postura destes dous centros, senón que ademais apoiamos as súas xustas reivindicacións”, apunta o concelleiro de Cultura, Matías Rodríguez da Torre. O fallo e a entrega de premios nas distintas categorías por idades terá lugar o vindeiro mércores día 21 ás 18.00 horas na Casa da Cultura, onde ao día seguinte, o xoves 22, se abrirá a exposición cos traballos realizados polos alumnos e alumnas silledenses. En canto aos premios, haberá tres por categoría e un para cada centro escolar que participe. Así mesmo, todos os participantes recibirán un diploma e os gañadores material escolar, mentres que os centros levarán lotes de libros doados polo Concello de Silleda.

remata o prazo para anotarse ao I Trofeo de Petanca “Concello de Silleda”

-O certame, dentro da programación de Nadal, terá lugar o sábado na Bandeira a partir das 10.30 horas

Silleda, 15 de decembro de 2011. Mañá venres remata o prazo para participar no primeiro torneo de Petanca “Concello de Silleda. O campeonato disputarase pasado mañá sábado a partir das 10.30 horas no campo da petanca da Bandeira, coa modalidade de dupletas (equipos de dous xogadores). As incripcións poden realizarse antes das 20.30 horas no Bar Trécola, a Casa da Xuventude, ou no teléfono 669 599777. Este torneo, organizado polo departamento municipal de Deportes, que dirixe Klaus Brey, é un das novidades do programa de Nadal deste ano. Dende o Concello anímase aos afecionados a este deporte a participar no torneo.

Traballadores concello Ames – proposta entregada polo goberno

os traballadores do concello de Ames entregan publican a proposta que o goberno municipal levou a última reunión.

DESCARGAR

Boqueixón – sae a rua “Xanela Inverno”

SALE A RÚA A XANELA DE INVERNO.

 

DESCARGAR XANELA INVERNO

Dende o día de hoxe xa está na rúa a a Xanela de inverno, unha nova edición da axenda cultural do Concello de Boqueixón, que como cada trimestre informa sobre as actividades que van a levar a cabo os diferentes departamentos do Concello de Boqueixón.

Nesta Xanela cobran grande importancia as actividades que se van a desenrolar durante o Nadal onde como ven sendo habitual van a ter un grande espazo as actividades lúdicas e de tempo libre encamiñadas ó ámbito da conciliación familiar, así como todos os anos a estrela vaia a ser o Nadal Activo, o espazo lúdico educativo para as vacacións de nadal, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, e que estará en marcha durante as semanas período vacacional dos escolares. Estas actividades levaranse a cabo nos centros sociais de Camporrapado, Sergude, Lestedo e O Forte, darán comezo o 22 de decembro e durarán ata o 5 de xaneiro.

Xunto co Nadal Activo realizaranse outras xornadas lúdicas dentro das xornadas de Nadal como un Nadal de Cine na que se poderán ir ata santiago a ver a película El Gato Con Botas.

As actividades navideñas para os mais cativos rematarán o 6 de xaneiro, coa tradicional visita dos Reis Magos, que trala súa longa noite de traballo chegarán a Boqueixón para estar con todos os nenos e maiores. Os reis magos chegaran o día 6 ás 19:00 h ó pavillón do Forte, no que dende as 17:00 haberá inchables, xogos e actividades para todos.

Tamén nesta época de nadal Cándido Pazó chegará a Boqueixón coa súa obra Memorias dun Neno Labrego, adaptación da obra de Neira Vilas que chegará a Boqueixón o 18 de decembro ás 17:30. Para cerrar o nadal o 15 de xaneiro o Encontro de Grupos folclóricos reunirá na Casa da Cultura de Camporrapado a todos os grupos tradicionais do noso municipio.

Xunto coas actividades de Nadal a Xanela tamén recolle todo a programación de actividades para os vindeiros 3 meses, nos que destacan os obradoiros de arte floral e xardinería, gaita, percusión, informatica ,…

Tamén nesta xanela se recollen os horarios das reunión que van a ter lugar polo concello para levar a cabo o proxecto Boqueixón no Tempo, a creación do arquivo fotográfico histórico que busca así a colaboración de todos os veciños e veciñas do Concello, aportando a sus fotografías. De cara ó 15 e o 22 de Xaneiro terá lugar a mostra de todos os fondos seleccionados na Casa da Cultura de Camporrapado.

Fundación Araguaney – reunión del patronato

El patronato de la Fundación Araguaney-Puente de Culturas ha convocado una reunión ordinaria mañana viernes 16 de Diciembre, a las 18,30 h, en el Salón Cunqueiro del Araguaney Gran Hotel. En dicha reunión se procederá a la lectura y aprobación de la memoria de actividades del año 2011. También se presentará el plan de actuación para el 2012, procediéndose a la lectura y aprobación de la propuesta de nuevas actividades para el próximo año.

Será una reunión ordinaria, en la que se mostrará, además, el trabajo de la Fundación a lo largo del año. La Fundación continua promoviendo iniciativas para lograr un acercamiento entre el mundo árabe, Latinoamerica y nuestro país, mediante propuestas como la novena edición del Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, que ha tenido lugar entre el 24 y el 29 de Octubre. Además, colabora también con otras iniciativas que apuestan por la formación, el arte, la divulgación y el diálogo entre culturas.

El patronato de la Fundación Araguaney–Puente de Culturas está integrado por sus miembros fundadores: Ghaleb Jaber Ibrahim, Constantino Martínez Schnackig, Mónica Martínez Schnackig y Requina Martínez de Jaber.

Forman también parte del patronato Ramón Domínguez Rego (Licenciado en Ciencias  Económicas y Empresariales. Presidente de la Asociación de Empresas Gallegas del Audiovisual) Elías Rodríguez (Periodista. Vicepresidente del grupo Soundub), Rahid Jaber Martínez (Director de la Agencia Gráfica Polbographix), Xosé Luis Barreiro Rivas (Doctor en Ciencias Políticas y Sociología. Licenciado en Filosofía. Director de la sede de la UIMP en Galicia), Luis Caramés Viéitez (Doctor en Economía. Catedrático de Economía Aplicada. Director de la Cátedra Bolivar. Presidente de la Organización de Economistas de la Enseñanza-OEE), el médico cirujano Javier Herández Pasín, Óscar Fernández Refoxo (Abogado. Miembro del Consejo Social de la Universidad de Santiago), Encarna Otero Cepeda (Doctora en Geografía e Historia), la abogada Delfa Losa García, el médico oftalmólogo Ghanem Al Droubi, Angel Sicart Profesor de la Facultad de Geografía e Historia de la Universidad de Santiago de Compostela y Ghaleb Jaber Martínez (Director del Festival Internacional de Cine EuroÁrabe Amal). La Directora de la Fundación es Ana Staton.

Ames – actividades de nadal

Un Nadal con actividades para toda a familia

O concello de Ames presenta o programa de Nadal

Ames, 13 de decembro de 2011. O Concello de Ames preparou un programa de Nadal con actividades para toda a familia, pero pensado especialmente para que os máis pequenos da casa gocen nunhas datas que se antollan moi especiais durante a infancia. A programación conta con actividades moi diversas para todos os públicos; obradoiros, teatro, deporte, a chegada dos Reis Magos de Oriente e moita maxia acompañarán aos amienses durante este Nadal. As actividades comezarán o próximo venres día 16 de decembro co Obradoiro Xuventude en Acción: Intercambio e Iniciativas Xuvenís e rematarán o 7 de xaneiro cun partido benéfico de Baloncesto. As actividades do programa desenvolveranse coma sempre tanto en Milladoiro coma en Bertamiráns e farán as delicias dos máis novos.

As festas do Nadal propician o lecer e o entretemento. Con ese motivo o Concello de Ames deseñou o Programa de Nadal 2011. Este programa comeza o vindeiro venres co Obradoiro Xuventude en Acción: Intercambio e Iniciativas Xuvenís” que será na Casa da Cultura de Bertamiráns dende as 18.30 horas ás 20.30 horas; ese mesmo día ás 19.00 horas levarase a cabo o acendido das luces de Nadal na Praza do Concello e ás 21.00 horas chegará á Casa da Cultura do Milladoiro a obra teatral “O Florido Pensil”, cos actores X.Manuel Oliveira “Pico”, Josito Porto, Federico Pérez e Antonio Durán “Morris”.

O sábado 17 de decembro celebrarase o IX Trofeo de Nadal de kárate Concello de Ames. Será no pavillón de Bertamiráns á 16.30 horas. Tamén en Bertamiráns haberá un Festival de Maxia con varias actividades: de 11.00 a 12.00 horas os nenos de 11 a 14 anos poderán gozar dun Obradoiro de Maxia na Casa da Cultura (para participar nel hai que incribirse chamando ao teléfono 981 535 940 ata o venres16); de 12.30 a 13.30 a Praza de Chavián acollerá Maxia na Rúa no Mago Móbil, unha actividade aberta a tódolos públicos. Tamén o día 17 se celebrará o Mercado de Troco solidario, xusto, de troco e local. Os que asistan a este mercado poden levar ferramentas, pequenos electrodomésticos, xoguetes, libros etc. que non precisen e trocalos por outros que sexan da súa utilidade. Os obxectos deixaranse de 12.00 horas a 17.00 e a partir das 17.00 é cando se trocarán.O 17 tamén é xornada de teatro coa obra Obradoiro Intercultural de teatro do Milladoiro: “Bla, bla bla”, que será tamén na Casa da Cultura do Milladoiro.

O domingo 18 tócalle á localidade do Milladoiro acoller o festival de maxia, tamén cun obradoiro de 11.00 a 12.00 horas no que todos os que o desexen se poderán inscribir ata o día 16 no teléfono 981 535 940, máis tarde haberá Maxia na rúa no Mago Móbil no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro (de 12.30 a 13.30) e logo, a partir das 18.00 celebrarase o festival de maxia no auditorio.

O venres 23 haberá un festival de Nadal de Corais na casa da cultura de Bertamiráns ás 20.30 horas e un obradoiro de postais ecolóxicas de Nadal na Aula da Natureza, dende as 16.30 ás 19.30. O luns 26 celebrarase na Casa da Cultura do Milladoiro un taller de danza moderna e hip-hop e tamén alí, ás seis, hai un espectáculo de danza moderna; todo elo a cargo de As Dríadas, In-nova danza. O 27 haberá unha sesión de teatro infantil na Casa da Cultura de Bertamiráns con Teatro del Andamio e a obra Area e Auga.

O día 28 será a quenda da música tradicional. Os grupos A subela e Follas Novas actuarán na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20.30 horas. Ese mesmo día na Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 17.00 horas proxectarase a película infantil “Cars2”. O xoves 29 hai un taller de danza moderna e hip-hop na casa da Cultura de Bertamiráns ás 11.00 para tódolos públicos e para o que se requirirá previa inscripción no teléfono 981535 940 entre os días 19 e 22 de decembro. O espectáculo de danza moderna IN-NOVA chegará á casa da Cultura de Bertamiráns ás 18.00 horas ese mesmo día. A xornada do 30 de decembro será para xogos acuáticos na piscina municipal da Telleira. Haberá varios grupos segundo as idades e será preciso inscribirse no 981 884 991 antes das 14h do xoves 29.

Chega o mes de xaneiro e a diversión e as actividades seguen. O luns día 2 haberá un obradoiro de adornos e agasallos de Nadal na Aula da Natureza dende as 16.30 ás 19.30 horas. O martes 3 a compañía Panamesiana Teatro achega á casa da cultura de Milladoiro a obra “Oh que bonito é Panamá” ás 17.00 horas.

O Xoves día 5 de xaneiro chegan os Reis Magos de Oriente a Ames. Estarán no Pavillón de Milladoiro ás 18.00 horas e chegarán ao de Bertamiráns media hora máis tarde. Antes da recepción das súas maxestades haberá animación infantil. O colofón final do programa será o día 7 de xaneiro cun Partido Benéfico de Baloncesto Concello de Ames no pavillón polideportivo de Bertamiráns ás 20.00h.

Ademais das actividades descritas o Concello de Ames preparou unha Campaña de recollida de xoguetes, con puntos de recollida na Casa da Cultura de Bertamiráns e no Milladoiro ata o dous de xaneiro, o tradicional concurso de cartas aos Reis Magos, e os bailes para maiores que se celebran cada domingo lo local social de xuvilados e que teñen unha grande afluencia nestas datas festivas. É de interese para os pais fillos entre os 2 e 12 anos de idade saber que contarán cun servizo de ludoteca os días 19 e 26 de decembro e o 2 de xaneiro dende as 16.15h ás 20.15h; e o 5 de xaneiro dende as 11.00 horas ás 14.00 horas nos Centros de ocio Educalia en Bertamiráns e O Bosque Animado no Milladoiro.

Santiago – axenda venres 16 de decembro

ASUNTO: corte de tráfico na rúa do Campo de Santo Antonio

Por mor da realización de obras de reparación do pavimento, a rúa do Campo de Santo Antonio permanecerá cortada ao tráfico no tramo comprendido entre os números 1 e 8 desde o 14 ao 28 de decembro.

Os residentes poderán acceder durante este tempo desde a Trisca en sentido contrario ao habitual.

O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.

Venres 16

9.30 h

No Hotel Monumento San Francisco, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á charla-coloquio, “Claves da competitividade da economía galega”, a cargo do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

11.00 h

Na rúa dos Castiñeiros, a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, visita o albergue de Xoán XXIII.

11.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, e da deputada Ana Pontón, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes e Xuventude, Adrián Varela, para presentar o Torneo de Nadal “Todo é deporte: igualdade de xénero e non violencia” organizado pola Sociedade Deportiva A Gaiola.

18.00 h

No Centro Sociocultural do Castiñeiriño, Cine El viaje a chihiro.

18.00 h

Na praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao acto de encendido das luces de Nadal.

19.30 h

No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao Festival de Nadal da Escola Municipal de Música.

21.00 h

No Teatro Principal, Teatro do Noroeste representa 'Ultimo Cowboy' de Eduardo Alonso [RGTA]

Ames – as asociacións de comerciantes financian parte do alumeado de nadal

As asociacións de comerciantes de Ames financian este ano parte do alumeado de Nadal debido a que o anterior goberno gastou toda a partida orzamentaria que destinara a ese fin

O Concello de Ames acenderá as luces de Nadal o próximo venres 16 de decembro

O Concello destina 4.000 euros máis que o ano pasado a promoción comercial

Ames, 14 de decembro de 2011. Esta mañá reuniuse a Mesa Local de Comercio de Ames na que se abordou o tema da campaña de Nadal e a subvención ao comercio 2011 que conta cunha partida de 37.000 euros. O concelleiro de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo, Bernardo Moar, explicou que este ano a subvención “é moi superior a anterior que tiña un orzamento de 42.000 euros pero cubría os anos 2009 e 2010”. Moar dixo tamén que esta subvención inclúe importantes novidades. No período 2009-2010 a subvención contaba con tres capítulos, un de cursos e estudos cunha dotación de 3.000 euros, outro para infraestruturas e equipamento para o que se destinaban 9.000 euros, e outro de 30.000 euros para promoción comercial a repartir entre as dúas anualidades. Este ano a subvención conta cunha partida para a iluminación de Nadal de 12.000 euros, outra de 6.000 euros é para infraestruturas e equipamento, e unha terceira para o apartado de promoción comercial á que se destinan 19.000 euros, o que supón un incremento de 4.000 euros respecto aos anos anteriores.

Outro dos puntos que se pecharon esta mañá foi o tema do alumeado de Nadal. Este ano o Concello de Ames gozará de alumeado grazas en parte ao esforzo e á colaboración das asociacións de empresarios que estiveron dispostos a destinar os 12.000 euros da subvención municipal ás luces de Nadal, complementando así o custe total das luces. Bernardo Moar explica que o anterior goberno desviou a partida de 65.000 euros que tiña destinada a este fin a outros pagos, deixando o capítulo correspondente ás luces de Nadal sen orzamento. A Mesa Local de Comercio tamén deu conta da posta en marcha do concurso de escaparatismo que acadou este ano o maior número de inscricións dende que se leva a cabo esta iniciativa. Do mesmo xeito na reunión desta mañá pecháronse as condicións do servizo de ludoteca de Nadal para os nenos de dous a doce anos que se levará a cabo os días 19 e 26 de decembro e o 2 de xaneiro de 16:15 a 20:15 e o Xoves 5 de xaneiro de 11.00 a 14.00 horas.

A concellería de Promoción Económica tiña intención de acender as luces de Nadal o día 12 de decembro, pero os problemas presupostarios fixeron que se atrasase ata o próximo venres día 16 cando se celebrará o acto de acendido ás 19.00 horas na Casa do Concello. Bernardo Moar agradece o esforzo dos comerciantes e valora positivamente que este ano conten con máis diñeiro para promoción comercial, aínda que lamenta que queden soamente con 25.000 euros de subvención.

Brión – aforro na RPT

A MODIFICACIÓN PUNTUAL DA RPT DO CONCELLO DE BRIÓN PERMITIRÁ UN AFORRO DE 600.000 EUROS ESTA LEXISLATURA SEN DESPIDOS NIN PERXUIZOS NAS CONDICIÓNS DE TRABALLO DOS TRABALLADORES

O alcalde Xosé Luís García agradece “o esforzo e a boa predisposición dos traballadores do Concello de Brión que fixeron posible o acordo”

O acordo foi rubricado co apoio unánime dos representantes dos traballadores e dos sindicatos

14 de decembro de 2011. O alcalde de Brión, Xosé Luís García, ven de asinar unha modificación puntual da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Brión co apoio unánime tanto dos representantes dos traballadores e dos funcionarios como das forzas sindicais. Un acordo que permitirá un aforro de 152.344 euros anuais, o que representa un aforro de algo máis de 600.000 euros durante esta lexislatura.

O alcalde brionés destaca que “este aforro consíguese mediante a optimización dos recursos dispoñibles e sen afectar ás condicións laborais dos traballadores, que non teñen que sufrir ningún tipo de merma de dereitos”. Ademais, Xosé Luís García agradece especialmente “o esforzo e a boa predisposición amosada polos traballadores do Concello de Brión e os seus representantes, que fixeron posible este acordo”.

A RPT en detalle

Así, a modificación puntual da RPT permite unha reordenación e actualización da estrutura administrativa municipal e dos recursos humanos dispoñibles, dando lugar a un organigrama administrativo renovado e adaptado ás necesidades actuais do Concello de Brión. Unha reorganización que en ningún caso prevé o incremento de postos de traballo, senón unha optimización dos efectivos dispoñibles.

Deste xeito, a proposta asinada aposta pola polivalencia, flexibilidade e amplitude funcional dos postos de traballo. Un exemplo é a sustitución dos traballadores habilitados por persoal do propio Concello de Brión que se encargará, por exemplo, de cubrir unha baixa por maternidade repartindo o traballo a facer entre varios empregados municipais.

Cambios nos departamentos

Así mesmo, procédese á restruturación de varios departamentos, especialmente nos casos de Intervención e de Urbanismo. Así, no Departamento de Intervención suprímese o posto de Tesoureiro-Recadador, cuxas funcións serán asumidas por un posto xa existente: o Auxiliar Tesoureiro-Recadador. Ademais, no Departamento de Intervención, Urbanismo e Medio Ambiente desaparecen os postos de Xefe de Departamento e de Auxiliar Administrativo, éste último reasignado a Negociado de Persoal. Ademais, unirase este departamento co de Obras e Servizos, de xeito que o novo departamento pasará a denominarse: Departamento de Obras, Urbanismo e Medio Ambiente.

Finalmente, nesta modificación puntual da RPT do Concello de Brión non se realizou ningunha revisión das valoracións económicas dos postos, polo que seguirá vixente o nivel retributivo determinado na RPT que se atopa actualmente en vigor. A modificación puntual da RPT foi asinada polo alcalde de Brión, Xosé Luís García, os catro representantes do comité de empresa do Concello de Brión, o representante dos funcionarios do Concello, o representante da Sección Sindical do Sindicato Profesional de Policías Municipais e os representantes dos sindicatos maioritarios.

BNG A Estrada – apoio a plataforma queremos galego

Consello Local do BNG, reunido onte martes, no que se analizaron diversas cuestións da actualidade política municipal, quere facer público o seguinte comunicado de apoio ás mobilizacións da plataforma cidadá Queremos Galego:

A plataforma Queremos Galego vén de convocar unha serie de mobilizacións por mor da decisión do Valedor do Pobo que censurou un libro de texto no que se afirma que “a lingua propia de Galiza é o Galego”, citando textualmente o artigo 5ª do Estatuto de Galiza.

Esta é a pinga que colma o vaso dos ataques da institución que debería defender o pobo galego, e en especial a súa lingua e cultura, dos ataques que continuamente está a sufrir. Mais, como cando foi o Prestige, ficamos nós sós, as galegas e os galegos, para defender o noso pobo, daquela do chapapote, hoxe dos que atacan reiteradamente o noso idioma, ataques que veñen das institucións que teñen a obriga legal de o defender.

Ante esta situación, temos que facer un esforzo colectivo importante para tentar virar esta situación. Eles teñen as institucións e os medios de comunicación afíns. Pero nós temos a rúa. E non podemos deixar que paseniñamente se oculte e se aparte a nosa lingua do lugar que lle corresponde, e se criminalice a todo aquel que a defende.

Polo tanto, non só está en perigo a nosa lingua, tamén o noso pobo, e neste sentido, pedimos a todos os veciños e veciñas o apoio ás seguintes mobilizacións da plataforma Queremos Galego:

  • Concentración este xoves ás 11.30 h diante da sede do Valedor do Pobo(rúa do Hórreo, en Santiago). Ao finalizar, entregaremos un escrito exixindo a súa dimisión.

  • Mobilización este sábado ás 17 h na praza do Toural (Santiago de Compostela), exixindo o cesamento do Valedor do Pobo e do Conselleiro de Educación, que deu amparo á censura dun libro de texto por dicir que o galego é a lingua propia de Galiza.

Santiago – axenda xoves 15 decembro 2011

ASUNTO: corte de tráfico na rúa do Campo de Santo Antonio

Por mor da realización de obras de reparación do pavimento, a rúa do Campo de Santo Antonio permanecerá cortada ao tráfico no tramo comprendido entre os números 1 e 8 desde o 14 ao 28 de decembro.

Os residentes poderán acceder durante este tempo desde a Trisca en sentido contrario ao habitual.

O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.

Xoves 15

11.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marisa del Río, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, xunto coa concelleira de Parques e Xardíns, María Castelao, visita a rúa de Santo Domingo de la Calzada (costa das camelias).

12.15 h

Na praza das Praterías, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, visita a Casa do Cabido logo das obras de rehabilitación levadas a cabo polo Consorcio de Santiago.

13.00 h

Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, saúda os nenos que forman o xurado do concurso do Cartel de Nadal 2011.

18.00 h

No Centro Sociocultural do Ensanche, obradoiro de caligrafías esquecidas Club de lectura [PROGRAMA ANIMACIÓN Á LECTURA BIBLIOTECA PÚBLICA JOSÉ SARAMAGO]

19.00 h

No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao desfile solidario Xuntos Podemos, organizado pola asociación Vagalume.

20.00 h

No Colexio de Fonseca, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á inauguración da exposición fotográfica “Compostela, un ano de Voz”.

20.00 h

Na Cámara de Comercio de Santiago (rúa San Pedro de Mezonzo, 44, baixo), entrega da XII edición dos Premios Manuel Beiras. Asisten: Jesús Asorey, presidente da Cámara de Comercio de Santiago; Ángel Currás, concelleiro de Cultura, Educación e Normalización Lingüística; Evaristo Rodríguez, vicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago e presidente do xurado.

21.00 h

No Teatro Principal El Óbolo Producciones presenta 'Torvaldo Furioso' de Lucía Vilanova dentro de Teatro en Xira 2011.

21.00 h

No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Juanjo Mena con Pablo Sáinz Villegas, guitarra. [Mozart, Rodrigo, Schubert]

Ames – o goberno califica de decepcionante o encontro cos sindicatos

O goberno de Ames califica de DECEPCIONANTE a terceira reunión da Mesa de Negociación debido a que os sindicatos non presentaron ningunha proposta

Ames, 13 de decembro de 2011. O goberno e os representantes sindicais mantiveron esta mañá a terceira Mesa de Negociación. O alcalde de Ames, Santiago Amor, manifestou en días anteriores que desta xuntanza esperaba propostas e alternativas por parte dos sindicatos, pero hoxe estes non fixeron ningunha proposta. É por iso que o goberno amiense manifesta unha “profunda decepción ante esta reunión da que se desprende que aos sindicatos non lles interesa nin se molestan en estudar nin entender a situación económica do Concello” segundo explica Amor, que tamén deduce da reunión mantida esta mañá que “os sindicatos non teñen unha preocupación real e efectiva pola Institución para a que traballan”.

O goberno amiense reitera que coas medidas propostas se manteñen e garanten os servizos básicos. Non é certo que se vaian pechar as bibliotecas, pois seguirían quedando traballadores nelas. En todo caso, na reforma que propón o Concello non se tocan servizos obrigatorios nin esenciais e para facela o goberno baséase na reorganización de servizos orzamentarios e aspectos económicos. É unha proposta xustificada que, se non se levou a cabo antes, foi porque se “tiveron os ollos pechados a unha realidade que agora ten unha solución difícil de tomar pero necesaria polo ben dos veciños que precisan os servizos básicos que ofrece este Concello e para garantir os demais postos de traballo”.

A actitude dos sindicatos fai pensar que queren dilatar o procedemento no tempo, proba diso é que un dos representantes sindicais alegou que lle faltaba información referida aos contratos dos traballadores e ao custe dunha hipotética indemnización. O goberno respondeu a isto que a figura da copia básica do contrato implica a obrigatoriedade de entregarlle aos representantes sindicais unha copia de cada contrato que se realiza nunha empresa ou institución. Polo tanto, ese representante sabe que pide algo que xa ten.

Esta mañá quedou convocada a cuarta reunión para o vindeiro luns día 19 de decembro ás 13.30. O goberno espera que para daquela sí haxa algunha proposta e que se adiante algo neste proceso, xa que ata o de agora non se puido avanzar nada.

Fórum Gastronómico – presentación del programa profesional

El Fórum Gastronómico Santiago 2012 presenta el programa profesional

Los mejores profesionales ya están comprometidos en esta cita que se desarrollará del 26 al 28 de febrero

El Fórum Gastronómico Santiago 2012 ha presentado esta mañana el programa profesional para la cita que se celebrará en la capital gallega del 26 al 28 de febrero de 2012.

Pep Palau y Jaume von Arend, co directores de Fórum, y Reyes Leis, concejala de Economía, Comercio, Turismo y Mercados, Reyes Leis, se dieron cita en el Hostal de los Reyes Católicos.

Jaume von Arend comenzó su intervención explicando la situación actual del Fórum y cómo se ha llegado hasta aquí. Señaló que “el Fórum está despertando un gran interés en el sector agroalimentario y prueba de ello es que el 90% del espacio ferial disponible en el Palacio de Congresos y Exposiciones de Galicia se encuentra vendido –con más de 200 empresas representadas, el 705 de las cuales son gallegas- y de seguir el actual ritmo de ventas, la organización se está planteando la posibilidad de ampliar el espacio ferial y así poder dar cabida a las empresas que aún quieren estar presentes en la feria del Fórum”.FORUM GASTRONOMICO - PRESENTACION PROGRAMA PROFESIONAL 2012

El co director también destacó que “los sectores de la hostelería y los vinos, a través de sus asociaciones y colectivos, han manifestado públicamente su voluntad de colaboración con el evento para que, una vez más, el Fórum se convierta en el escaparate de la gastronomía gallega. Una muestra más de la solidez y el arraigo del Fórum en Santiago”.

Von Arend quiso destacar también el papel que las administraciones de Galicia y Catalunya tendrán en esta cita pues “ambas apuestan por potenciar la presencia de sus distintos consejos reguladores, indicaciones protegidas, marcas de calidad y productores” y tuvo palabras de afecto para los distintos patrocinadores.

Los patrocinios institucionales son Xunta de Galicia, Concello de Santiago, Deputación de A Coruña, Consorcio de Santiago y Turgalicia; el patrocinador principal es Estrella Galicia y el resto de patrocinadores del Fórum Gastronómico Santiago 2012 son Paradores, Chocolate Academy (Barry, Callebaut, Chocovic), Schweppes, Asociación Hostelería Compostela y Rosareiro-Angelo Po. Por otra parte,los técnicos corren a cargo de Bragard, Josmaga, Castey y Aceites Abril

Por su parte, Pep Palau destacó que el programa está construido desde la voluntad de servicio al sector y con la vocación de seguir contribuyendo a la formación y el aprendizaje y de ofrecer nuevas herramientas. Así mismo explicó que en el Fórum se hablará de cocina, agricultura, pesca, economía pero también de ciencia. Destacó el papel que Galicia tendrá en esta edición del Fórum Gastronómico y la puesta en valor que en él conseguirán los productos gallegos.

Palau desgranó los distintos espacios en los que acontecerán las actividades.

En los Talleres tendrán lugar las demostraciones protagonizadas por los mejores especialistas, con auténticas degustaciones de los platos elaborados por el cocinero. Se trata de un espacio reducido, cercano, que permite interactividad, con un límite de 60 plazas que precisa de inscripción previa. Su duración es de 1 hora. El precio de las jornadas profesionales es de 20€.

Una novedad destacada en Santiago de esta edición del Fórum es el Aula Activa. Es un espacio experimental e interactivo en el que los asistentes tendrán el privilegio de estar junto al maestro y probar sus platos. Su duración es de tres horas, con capacidad exclusiva para 20 personas tras inscripción previa. El precio será de 50€.
El Auditorio es el gran espectáculo de la cocina en directo. En él tendrán lugar sesiones magistrales a cargo de ponentes de reconocido prestigio. Cabe destacar también que en el Fórum 2012 el acceso al Auditorio será gratuito con la entrada al recinto ferial, lo que supone una novedad en Galicia.

Durante la presentación del Fórum 2012 también se subrayó el papel que jugarán Fórum Vino y Fórum Dulce, dos miradas específicas a la enología y el mundo dulce.

Ponentes confirmados

Pep Palau avanzó un listado de ponentes ya confirmados. Desglosados por días se anunció a:

Lunes

Joan Roca (El Celler de Can Roca, Girona) 3 * Michelin

Jean-François Piege (Thoumieux, París) 2 *Michelin

Javier Olleros (Culler de Pau, O Grove)

Santiago Pérez (La Finca de los Cuervos, Castres)

Rodrigo de la Calle (Restaurante De la Calle, Aranjuez) 1*

Santiago Horts (Viveros Huerto de Elche)

Ángel León (A Poniente, El Puerto de Santa María)1*

Paco Morales (Paco Morales-Hotel Ferrero, Bocairent)1*

Nuno Mendes (El Viajante, Londres)1*

Josean Martínez Alija (Nerua, Bilbao)1*

Martes

Dani García (Calima, Marbella) 2estrellas Michelin

Paco Pérez (Miramar, Llançá) 2*

Pepe Solla (Solla, San Salvador de Poio) 1*

Xosé Cannas (Pepe Vieira, Sanxenxo) 1*

Marcelo Tejedor (Casa Marcelo, Santiago de Compostela)1*

Alberto González (Silabarium, Tui)1*

Xavier Pellicer (Can Fabes, Sant Celoni)2*

Jaume Estruch (Soc. Española de Ciencias Sensoriales)

Josep de Haro (Soc. Española de Ciencias Sensoriales)

Antonio Muiños (Porto Muiños, Cerceda)

Fórum Dulce

Josep Maria Ribé (Asesor técnico de Callebaut)

Jordi Farrés (BCN Cookies, Barcelona). Embajador de Callebaut

Ramon Morató (Director de Chocolate Academy y Asesor técnico de Barry)

Jordi Roca (El Celler de Can Roca, Girona) Embajador de Barry. 3*

Rubén Álvarez (Asesor técnico de Chocovic)

Sergio Torres (Dos Cielos, Barcelona) Embajador de Chocovic. 1*

Por su parte, la concejala de Economía, Comercio, Turismo y Mercados, Reyes Leis, ha subrayado una vez más el compromiso del gobierno local con el Fórum Gastronómico Santiago 2012.

Fórum Gastronómico Santiago 2012 está promovido por Fòrum Gastronòmic S.L. y cuenta con la colaboración de la empresa asociada con sede en Santiago Trevisani S.L. En el portal web www.forumsantiago.com se seguirán introduciendo las novedades para esta cita de referencia en el sector.

Oroso – a escola deportiva traballa para a creación dun equipo feminino de futbol

A ED XUVENTUDE OROSO TRABALLA NA CREACIÓN DUN EQUIPO DE FÚTBOL FEMININO NO MUNICIPIO

Preto dun cento de rapaces e rapazas participaron na charla impartida en Sigüeiro pola futbolista Verónica Boquete

13 de decembro de 2011.- A Escola Deportiva Xuventude Oroso traballa na creación dun equipo de fútbol feminino en Oroso, polo que anima a todas as rapazas do municipio a participar nesta iniciativa. Así o anunciou Hugo Rama, coordinador da ED Deportiva Xuventude Oroso durante a charla impartida pola futbolista compostelá Verónica Boquete, que reuniu a preto dun cento de rapaces e rapazas no centro cultural de Sigüeiro.

O concelleiro de Deportes de Oroso, Luis Rey Villaverde, felicitou á ED Xuventude Oroso pola súa iniciativa e polo seu traballo xa que “cando se fai un bo traballo, chegan os éxitos, como demostran as clasificacións nos periódicos todos os luns”, aínda que insistiu en que “o que queremos é que os nenos e nenas xoguen ao fútbol, que o pasen ben, que sexan compañeiros e adquiran uns valores que lles servirán para o día de mañá”.

Así mesmo, Rey Villaverde manifestou o compromiso do Concello de Oroso co deporte: “a meta é que nos orzamentos de 2012 non se recurte nada en materia de deportes. É un compromiso persoal do alcalde, que pensa que é fundamental non recurtar en deportes e seguir traballando para ter unhas mellores instalacións nas que practicar todo tipo de deportes”.

Preguntas dos rapaces

Pola súa banda, Verónica Boquete agradeceu a invitación da ED Xuventude Oroso xa que “as nenas e os nenos queren ser Messi ou Cristiano, non teñen referentes femininos”. Boquete celebrou a iniciativa de crear un equipo feminino en Oroso: “será un pracer volver outro día a facer unha demostración no campo de fútbol e ver que xa hai un equipo feminino en Oroso” e lembroulles ás rapazas que “o camiño non é fácil pero, con traballo, chégase”.

A dianteira do Energy Voronezh da Top División de Rusia fixo unha breve presentación do seu currículum, dende que comezou a xogar no Xuventude Aguiño ata a súa experiencia no Philadelphia Independence, da mellor liga do mundo: a Women´s Professional Soccer. Un campionato na que foi elixida como MVP, o que a converte na mellor xogadora de fútbol do mundo. Despois desa breve presentación, Verónica respostou as distintas preguntas plantexadas polos rapaces e rapazas de Oroso.

Así, destacou as grandes diferencias entre a liga feminina española e as do resto do mundo. “En Estados Unidos a igualdade é práctica, non teórica. Nós tiñamos 5.000 persoas de público e a final xogouse ante 20.000 persoas. Aquí van a verte os teus familiares e amigos”. Boquete tamén sinalou as grandes diferencias en materia de preparación e adestramentos: “en España non se traballa como se debería. Non podes entrenar ao mesmo nivel cunha alemana, cunha rusa ou cunha americana e por iso non podes competir con elas. Iso notámolo a nivel de seleccións: en sub-17 somos moi destacadas pero a nivel absoluto non conseguimos nada. Iso si, estamos mellorando e intentamos cubrir a diferencia física co tiki-taka”.

Preguntada por unha hipotética liga mixta, Verónica indicou que “estou convencida de que non é posible. Eu podo competir a nivel técnico e táctico con calquera home, pero non a nivel físico. Por iso, un equipo mixto é imposible”. Finalmente, Boquete aproveitou para presentarlles aos rapaces e rapazas presentes o I Campus Veronica Boquete, que terá lugar en Santiago os días 27, 28 e 29 de decembro. Unha iniciativa dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos.

Ames – Alber Ponte presentou o corto “Me llamo Rama”

Alber Ponte presentou o seu corto “ Me llamo rama” en Bertamiráns

Ames, 13 de decembro de 2011. Os amienses puideron asistir onte á presentación da curtametraxe “Me llamo rama” do director Alber Ponte que gravou o filme en Trasmonte hai xa dous anos. Á presentación da curta, que foi na Casa da Cultura de Bertamiráns asistiron ademais do director, os actores Fran Grela, Archana Patel Castro e Celia Guerrero, así coma varios dos técnicos que traballaron na curta. O alcalde de Ames, Santiago Amor, a concelleira de Xuventude, María González, e membros do goberno municipal e da oposición tamén estiveron presentes na presentación.

Alber Ponte agradeceu a colaboración dos veciños de Trasmonte e explicou que a esencia da curtametraxe é que “entre xente de ben, todos nos levamos ben”, pois trátase dunha peza que fomenta o entendemento e o respecto entre persoas de distintos países e razas. “É importante deixar atrás os prexuízos” afirmou o cineasta.AMES - PRESENTACION RAMA

A productora de Alber Ponte, Sierra Madre, foi a encargada de producir e gravar esta curta no ano 2009 en Trasmonte. Alber elixiu Ames porque é un lugar que coñece moi ben posto que aquí vive Fran Grela que é un dos actores protagonistas deste filme xunto a Camila Bossa. A.Ponte agradeceu a colaboración do anterior goberno municipal, que rexía Carlos Fernández e a continuidade e boa acollida que tivo este proxecto cultural co goberno de Santiago Amor.

A curtametraxe

"Me llamo Rama" é unha comedia que narra o momento no que unha moza (Camila Bossa) se presenta na casa dos seus pais para facer, por sorpresa, a presentación do seu noivo, Rama, un hindú da relixión sij (os que sempre levan turbante), co que leva seis meses vivindo en Santiago. Como é de esperar, sucédense varios malentendidos e os prexuízos non tardan en aparecer. Por sorte e como os tempos están cambiando, o amor pon as cousas no que sitio, e ao final prevalecerá a apertura de miras que nos ensina a convivir en paz.

Ademais de Camila Bossa e Fran Grela, que serán os protagonistas do filme, os demais personaxes estarán interpretados por Mabel Rivera, Xosé Manuel Olveira "Pico", Celia Guerrero, Archana Patel, que é unha muller india que vive desde fai anos en Bertamiráns, e Celso Bugallo. Tamén intervirá unha veciña do lugar de Carballo, que ao marxe de permitir a gravación dunha das súas vacas, terá unha liñas de diálogo.

Ordes – aberta inscripción para as actividades de nadal

O Concello de Ordes ten aberto xa o prazo de inscrición para unha nova edición das actividades de conciliación de Nadal

As actividades terán lugar dende o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro

Ordes, 13 de decembro de 2011: O Concello de Ordes ten aberto dende onte o prazo de inscrición para unha nova edición do programa “Conciliar será fácil e divertido” que se celebrará nestas vacacións de Nadal.

Trátase de actividades dirixidas aos pequenos do municipio nas mañás das vacacións de Nadal, co fin de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das familias ordenses, á vez de que os nenos e nenas participantes teñan un tempo de diversión e ocio con xogos e obradoiros.

As actividades terán lugar dende o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro en horario de 9 a 14 horas. Poderán participar nestas actividades os nenos e nenas escolarizados nalgún dos centros educativos do municipio en educación infantil ou primaria no curso 2011/2012. Haberá prazas limitadas e a inscrición deberá realizarse no departamento de Educación, situado no primeiro andar do Concello ata o vindeiro 20 de decembro.

Non é a primeira vez que se leva a cabo este programa de actividades de conciliación, que ademais de celebrarse no Nadal tamén organiza o Concello de Ordes noutras épocas de vacacións escolares como a Semana Santa e o verán. Tal e como explicaron dende o departamento de Educación, con estas actividades procúrase facilitar ás familias ordenses a conciliación entre o traballo e a vida familiar nuns días nos que os pequenos teñen vacacións escolares o que dificulta aos pais o seu coidado ao ter que compaxinalo co traballo.

Para máis información pódese chamar ao teléfono do Concello 981680002 ou dirixirse directamente ao departamento de Educación do mesmo.

Ames – programación teatral decembro

Os veciños e veciñas de Ames poderán gozar dunha ampla programación teatral durante o mes de decembro

Este venres a Casa da Cultura do Milladoiro acolle a representación da última obra da compañía Eme2, O florido pénsil

Ames, 13 de decembro de 2011. A Concellaría de Cultura xa ten pechada a programación teatral do mes de decembro. A veciñanza amiense poderá gozar de catro representacións teatrais repartidas entre as Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Ademais está pensada tanto para o público infantil como adulto. Esta programación está incluída dentro das obras de teatro que ofrece a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Ao mesmo tempo o Concello de Ames forma parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios, o que permite traer a Ames obras de teatro de gran calidade e sona como é o caso da peza teatral O florido pénsil da compañía Eme2, que se está representando nos mellores salóns de teatro de Galicia.

No mes de decembro a programación teatral comezará ao grande xa que a Casa da Cultura do Milladoiro acollerá o 16 de decembro, ás 21:00 horas, a representación da última obra da compañía Eme2, O florido pénsil, que conta cun elenco de luxo. Esta obra está dirixida por Fernando Bernués e Mireia Gabilondo, vinculados á compañía vasca Tantakka Teatroa e interpretada polos actores Xosé Manuel Olveira 'Pico', Antonio Durán 'Morris', Federico Pérez, Josito Porto e Alfonso Agra. Trátase dunha obra que adapta o texto orixinal de Andrés Sopeña sobre a educación no franquismo en clave humorística. A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) é o principal impulsor desta adaptación ao contexto galego da obra, estreada en 1996 en castelán, con posteriores versións en euskera e catalán, e que suman máis de 3.000 representacións en total.
Para a época de Nadal hai tres representacións. A compañía As Dríadas representará a obra IN-NOVA, Danza Moderna e Hip-Hop. As Dríadas innovan un espectáculo de fusións no que o hip-hop, new estyle e a danza moderna son os protagonistas. Complementado con outros estilos, este espectáculo pretende expresar a liberdade e a espontaneidade da mocidade. Este espectáculo será representado na Casa da Cultura do Milladoiro o luns 26 de decembro, ás 17:00 horas, e o xoves 29 de decembro na Casa da Cultura de Bertamiráns. A obra está pensada para todos os públicos.
Entre estas dúas representacións a compañía Teatro del Andamio volverá a levar o teatro infantil á Casa da Cultura de Bertamiráns. O martes 27 de decembro, ás 17:00 horas, representará a peza Area e auga. Hai xente que bebe area, pero non porque lles guste, senón porque nunca probaron a auga. ¿Que se conta? O que lle pasa a catro persoas que viven a cada lado dunha parede e un día empezan a vincularse cos seus veciños. ¿Que se rescata? O valor de vencer o medo, as situacións novas e descoñecidas ás que nos enfrontamos a diario.

Santiago – axenda mércores 14 decembro e corte de tráfico

ASUNTO: corte de tráfico na rúa do Campo de Santo Antonio

Por mor da realización de obras de reparación do pavimento, a rúa do Campo de Santo Antonio permanecerá cortada ao tráfico no tramo comprendido entre os números 1 e 8 desde o 14 ao 28 de decembro.

Os residentes poderán acceder durante este tempo desde a Trisca en sentido contrario ao habitual.

O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.

Mércores 14

10.30 h

No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao acto inaugural da V Xornada Debate do Observatorio Estatal da Discapacidade.

11.00 h

No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á presentación do libro “Las raíces del humanismo europeo y el Camino de Santiago”.

12.30 h

Na Praza do Obradoiro, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Benestar Social, Paula Prado, e de Medio Ambiente, María Castelao, para presentar a campaña de reciclaxe “Retorna. En Santiago de Compostela, ningún envase ao chan”.

18.30 h

LSC O EIXO Contacontos nenos/as [PROGRAMA ANIMACIÓN Á LECTURA BIBLIOTECA PÚBLICA JOSÉ SARAMAGO]

21.00 h

No Teatro Principal Marañao Teatro representa 'Ópera Pánica (Cabaret Tráxico)' dentro do X Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán.

Santiago – a peatonalización do Ensache repetirase na fin de semana

 

República do Salvador foi unha das rúas peonalizadas na última fin de semana.12/12/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, amosouse satisfeito pola experiencia de peonalización da última fin de semana das rúas República do Salvador (tramo entre Doutor Teixeiro e a Praza Roxa) e Xeneral Pardiñas (entre a República Arxentina e Montero Ríos). A experiencia repetirase nas mesmas rúas o sábado 17 e o domingo 18, segundo anunciou.

De "positiva" cualificou o alcalde esta primeira experiencia de peonalización no Ensanche. Serviu tamén para "detectar problemas" e perfilar "cousas que hai que corrixir". Neste sentido, indicou que durante esta semana se manterán reunións coas asociacións de comerciantes para "ir avanzando cara un deseño definitivo".
Sobre a experiencia da última fin de semana destacou que propiciou "dar un paseo e comprar con tranquilidade" nas rúas peonalizadas. Ademais, valorou a axilización do transporte público que supuxo a ausencia de vehículos.
Volvendo ás complexidades dunha iniciativa piloto como esta, Conde Roa apuntou que "non hai ningunha peonalización en ningunha cidade na que non tiveran xurdido dificultades". En calquera caso, dixo, a posta en marcha da experiencia en fins de semana permite "evitar colapsos de tráfico".
Alta velocidade
Preguntado pola posta en marcha da liña de alta velocidade entre A Coruña, Santiago e Ourense, o rexedor municipal cualificouna como un "acontecemento histórico" co que "temos que estar contentos". Agradeceu aos que fixeron posible este fito e indicou que "vai cambiar a mobilidade en Galicia". "Nisto Santiago ten moito que gañar pola súa centralidade", engadiu.

Fundación Araguaney – actividades de navidad

Navidades cargadas de eventos en el Araguaney Gran Hotel

Santiago de Compostela, Lunes 12 de Diciembre de 2011. El Araguaney Gran Hotel será el escenario de celebración de las comidas, cenas y cotillones de muchos compostelanos y turistas esta Navidad. El equipo del Araguaney ha trabajado durante estos meses para confeccionar los mejores menús de nochebuena, navidad y fin de año. Se pueden consultar en www.araguaney.com o en la página de Facebook del Araguaney Gran Hotel.

Fiesta navideña de El Corte Inglés

Como ya es tradicional, familias, grupos de amigos y empresas eligen al Araguaney para celebrar las fiestas. Precisamente mañana Martes 13 de Diciembre, 500 empleados de El Corte Inglés de Santiago harán una gran fiesta-baile de Navidad en el Araguaney. Una velada en la que además de buen ambiente habrá música. El Espacio Araguaney, una de las salas del hotel, acogerá esta gran fiesta de celebración de la Navidad. El Centro Comercial ha elegido este hotel por su gran oferta a la hora de organizar eventos, la capacidad de sus salones para acoger a medio millar de personas y por la situación privilegiada, en pleno centro de la ciudad.

Presentación de libros en el Araguaney

El próximo miércoles 14 de Diciembre, a las 20,00 horas, el Salón de Actos del Araguaney Gran Hotel acogerá la presentación de “Formas da indefinición” y “Roxe de sebes”, ambos libros del ensayista Ignacio Castro Rey.

Una presentación en la que estarán, además del autor, el filósofo Alberto Sucasas, Alberto Ruiz de Samaniego y Rafa Xaneiro.

Ignacio Castro Rey (Santiago de Compostela, 1952). Filósofo, escritor, crítico de arte y profundo amante de la música. Actualmente reside en Madrid, donde ejerce como profesor de Filosofía en un instituto. Doctorado en Filosofía por la Universidad Autónoma de Madrid, durante cuatro años de modo intermitente vivió retirado en el corazón de la Serra do Courel, en una cabaña arreglada por él. De esa experiencia para su ser, resultó el libro Roxe de Sebes (reeditado por la Fundación Luis Seoane, 2011). Tiene publicados varios libros de ensayo, tanto en gallego como en español, como Alén da Fenda; por unha filosofía do absoluto sensible (Espiral Maior, 1994), Neste Silencio: arredor de Uxío Novoneyra (Noitarenga, 2000), Crítica de la Razón Sexual (Ediciones del Serbal, 2002) o Votos de Riqueza; la multitud del consumo y el silencio de la existencia (Antonio Machado Libros, 2007).

Boqueixón – programa de prevención da dependencia

Boqueixón un programa pioneiro en Galicia para previr e retrasar a dependencia nos maiores

O Concello de Boqueixón vén realizando no Centro Sociocultural de Sergude un programa pioneiro en Galicia para a prevención da dependencia no proceso de envellecemento das persoas, ao que asisten dous días á semana, 16 persoas maiores de 70 anos.

Estas actividades son dirixidas por dúas terapeutas ocupacionais acompañadas pola educadora social do Concello e teñen como obxectivo, tal e como o seu nome indica, poner en marcha accións encamiñadas a minimizar ou/e atrasar a aparición ou agravamento de situación de dependencia en persoas afectadas por enfermedades ou trastornos que xeran minusvalidez.

Se ben o desexable sería, mediante prevención primaria, evitar a enfermidade ou o trastorno xerador de dependencia, hai situación nas que tal prevención non se fixo, ou non alcanzaron os seus obxectivos. Así nace este programa, co fin de retrasar a situación de dependencia actúase agora dende distintos niveis.

En primeiro lugar, trátase de minimizar e atrasar o déficit no funcionamento; en segundo lugar, intentar que o déficit funcional cause a menor limitación na actividade posible e en terceiro lugar, conseguir que, en calquera caso, a axeitada adaptación do ámbito permita a participación nas actividades da vida cotiá.

A estrutura das actividades que se realizan están baseadas en actividades relacionadas coa estimulación sensorial (estimulación dos sentidos), estimulación motora (flexibilización, lateralidade, coordinación motora e cognitiva) e atención á linguaxe e memoria. Todas elas centradas en dous grandes bloques de traballo baseados en aprender a reter na memoria e expresar para darse a entender por medio da palabra.

Este é o segundo ano que se leva a cabo este programa, que deu comezo no mes de outubro e continuará ata o mes de xullo.

Ames – aprobada en pleno a cesión de terreo para a nova escola infantil

O pleno aproba por unanimidade a cesión da parcela para a nova escola infantil en Bertamiráns

Ramón Argibay: “ deberiamos felicitarnos todos porque nun tempo record de seis meses fomos quen de poñer a disposición da Xunta unha parcela para a nova escola infantil”

Ames, 12 de decembro de 2011. Tras máis dunha hora de debate, principalmente entre a voceira nacionalista, Pilar Candocia e o portavoz popular e edil de urbanismo, Ramón G. Argibay; os tres grupos políticos con representación na corporación amiense achegaron posturas e aprobaron por unanimidade a cesión da parcela para que a Xunta de Galicia constrúa unha nova escola infantil en Bertamiráns. O concelleiro de urbanismo, Ramón García Argibay explicou que os membros da corporación “deberían felicitarse porque esta parcela se poña a disposición da Xunta nun tempo record”, idea que enfatizou o alcalde, Santiago Amor, explicando que é moi importante a cesión á Xunta dunha para a que existe un compromiso por parte do Consorcio para construír a escola. Neste senso, Amor recordou que moitos concellos cederon parcelas hai xa anos nas que non se construíu nada.

O goberno local comprometeuse a loitar para que no excedente da parcela, que ten 3.389 metros cadrados dos que se empregarán preto de 2.000, se faga outra dotación; aínda que Argibay matizou que é imposible que agora se saiba cando e como, e hai que ter en conta que tamén depende de terceiros, en referencia á Xunta. A voceira nacionalista, Pilar Candocia, explicou que o tamaño da parcela é maior que o que se pide e que o que se precisa para construír a escola e pediu que o terreo sobrante revertera no Concello. Candocia expresou as reticencias dos nacionalistas polo feito de que non apareza especificamente no informe urbanístico a reversión ao Concello do terreo restante, algo que levou ao BNG a ter intención de absterse no voto, aínda que matizaron que quería unha escola infantil para Bertamiráns. Argibay respondeulle á nacionalista que o excedente de metros cadrados da parcela non debía ser motivo para a abstención do voto. Finalmente os nacionalistas votaron tamén a favor no punto de cesión da parcela á Xunta.

Pola súa parte o socialista Carlos Fernández, que manifestou que o seu grupo tamén considera que “é unha pena que de 3.400 metros so se usen uns 2000”. Os socialistas tamén expresaron que é importante que haxa intención de urbanizar a zona, opinión que comparte o goberno que afirmou que está avanzada esa intención.

Aprobáronse dous recoñecementos extraxudiciais de crédito

O pleno celebrado esta mañá tamén aprobou dous recoñecementos extraxudiciais de crédito para pagar facturas previas ao ano 2011. Un deles correspondente a facturas da empresa Espina y Delfín por un importe de 362.662,34 euros, o outro corresponde a facturas pendentes con distintos provedores pola cantidade de 455.653,83.

O alcalde de Ames, Santiago Amor, explicou que o goberno traballará para que os novos orzamentos axuden a regularizar os pagos das facturas nun prazo razoable de tempo e se axusten á realidade económica do Concello.

Oroso – ábrese o prazo para recoñecemento de competencias por experiencia profesional

OROSO ABRE O PRAZO DE SOLICITUDES PARA O RECOÑECEMENTO DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA PROFESIONAL

Na convocatoria inclúense traballadores en atención sociosanitaria no domilicio ou en institucións sociais, fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial e operacións de restaurante-bar

12 de decembro de 2011.- O Concello de Oroso vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para inscribirse na segunda convocatoria do recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral. Unha convocatoria á que poderán concurrir todas aquelas persoas que teñan experiencia laboral e/ou formación non formal relacionadas coas competencias profesionais en: atención sociosanitaria a persoas no domicilio, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, confección e mantemento de redes e aparellos, fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial e operacións básicas de restaurante-bar.

As persoas que desexen solicitar o recoñecemento dalgunha destas competencias profesionais deberán dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Oroso (981 688 950). Os prazos de presentación de solicitudes rematan o 31 de decembro (para atención sociosanitaria e mantemento de redes e aparellos) e o 31 de marzo de 2012 (nos outros dous casos).

En todo caso, para presentar esta solicitude será preciso encher a folla de inscrición, presentar un historial persoal de acordo co modelo currículum vitae europeo, informe de vida laboral, declaración responsable de non estar matriculado ou cursando un curso de FP e unha fotocopia compulsada do contrato de traballo ou certificación da empresa onde adquirise a experiencia laboral.