Amosando publicacións coa etiqueta FRADES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FRADES. Amosar todas as publicacións

Este sábado celébrase o Día da Bicicleta do Concello de Frades

Unha imaxe da edición do 2014
Frades, 25/08/2016 - O Concello de Frades celebra este sábado, 27 de agosto, o seu Día da Bicicleta, para o que aínda mantén aberto o prazo de inscrición nas oficinas da casa consistorial ou directamente chamando ao 981 69 55 67. As anotacións son de balde. 

O Xuventude Frades gaña o XIX Maratón de Fútbol do Concello de Frades

Frades, 24/08/2016 - O equipo Xuventude Frades proclamouse campión do XIX Maratón de Fútbol do Concello de Frades, co seu triunfo na final ante o Paboi por 2 goles a 0. Os campións derrotaran nunha semifinal ao Combinado Frades or 1-0, mentres que o Paboi gañou na outra semifinal ao Veteranos Abellá por 1-0.

Frades e a Xunta invisten preto de 40.000 euros no mantemento no CPI da Ponte Carreira

Frades, 17/08/2016 - O Concello de Frades e a Xunta de Galicia invisten durante estas semanas preto de 40.000 euros en diversos traballos de reparación e mantemento das instalacións do Colexio Público Integrado (CPI) da Ponte Carreira. Os traballos acométense durante os meses de xullo e agosto para non interferir no desenvolvemento do curso lectivo, aproveitando as vacacións escolares.

Frades organiza unha excursión gratuíta para nenos para coñecer as mariscadoras do Anllóns

Frades, 30/07/2016 - O Concello de Frades organiza unha excursión gratuíta para nenos e nenas de 3 a 14 anos que terá lugar o próximo xoves 8 de agosto e que terá como destino o río Anllóns, na costa de Bergantiños.

O alcalde de Frades celebra a saída a licitación da senda peonil de Vista Alegre

Frades, 22/07/2016 - O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe o anuncio de contratación mediante procedemento aberto das obras de mellora da seguridade viaria na estrada DP-3802 Ordes-Ponte Carreira ao seu paso pola localidade de Vista Alegre, parroquia de Galegos (Frades). Unhas obras orzamentadas en 149.159.10 euros e que teñen un prazo de execución de seis meses.

Últimos días para inscribirse no proceso selectivo do obradoiro de emprego 'Ordes-Frades'

Ordes, 22/07/2016 - O vindeiro martes, 26 de xullo, remata o prazo de inscrición para participar na selección dos alumnos-traballadores que participarán no obradoiro de emprego 'Ordes-Frades'.

Medio Ambiente destinará 800.000 euros a unha nova rede de abastecemento en Frades

Frades, 21/07/2016 - A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de Frades, Roberto Rey, asinaron un convenio de colaboración, dotado cun 800.000 euros, que permitirá rematar a rede de abastecemento de auga do municipio. Este convenio permitirá levar o abastecemento de auga ás parroquias de Moar e de Añá, así como outros dous núcleos de poboación cercanos: Campoduro (Céltigos) e Cadaval (Ledoira).

Frades autoriza un convenio coa Xunta para o abastecemento das parroquias de Moar e de Añá

Frades, 12/07/2016 - O pleno municipal de Frades aprobou esta tarde por unanimidade en sesión extraordinaria autorizar a sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello de Frades e a Augas de Galicia para levar o abastecemento de auga ás parroquias de Moar e de Añá, así como outros dous pequenos núcleos de poboación: Campoduro (Céltigos) e Cadaval (Ledoira).

O XIII campionato municipal de pesca infantil do Concello de Frades duplica a súa participación

Frades, 12/07/2016 - A decimoterceira edición do Campionato Municipal de Pesca Infantil, organizado polo Concello de Frades, acadou esta fin de semana todo un récord de participación, con case corenta nenos e nenas menores de 16 anos.

Papucín acolle mañá o “Día do Neno” de Frades

Fest do Neno no 2014
 Frades, 08/07/2016 -  A piscina municipal de Papucín acollerá este sábado 9 de xullo, a partir das 16:00 horas, a celebración do “Día do Neno”, organizado polo Concello de Frades. Unha gran festa que se realiza por oitavo ano consecutivo e na que os rapaces e rapazas poderán xogar tanto cos tradicionais xogos de inchables de terra como con inchables de auga, que adoitan ter moito éxito entre os pequenos. 

Frades entrega as bolsas que benefician a 12 alumnos máis co ano pasado

Frades, 24/06/2016 - O Concello de Frades incrementou en 600 euros as súas axudas para transporte escolar e para a compra de material escolar para o curso académico 2015-2016, que beneficiarán a un total de 41 familias do municipio, 12 máis ca na convocatoria de 2015.

Frades convoca os seus campamentos de verán para nenos e nenas de máis de 4 anos

Frades, 22/06/2016 - O Concello de Frades vén de convocar os seus campamentos municipais de verán para nenos e nenas maiores de 4 anos, que terán lugar do 11 de xullo ao 8 de agosto, en horario de 9:30 a 13:30 horas.

Frades aproba un convenio con Medio Rural para a reconstrución de 3 pontes

Frades, 18/06/2016 - O pleno municipal de Frades aprobou por unanimidade a adhesión do municipio ao Plan Especial de Emerxencias 2016, polo que asinará un convenio coa Consellería de Medio Rural para a reposición de tres pontes caídas durante os fortes temporais do pasado mes de xaneiro.

Frades celebrará hoxe o Día do Deporte no polideportivo de Ponte Carreira

Frades, 11/6/2016 - O Concello de Frades celebrará o Día do Deporte mañá sábado 11 de xuño, de 16:00 a 20:00 horas, no polideportivo de Ponte Carreira. Un acto que comezará ás 16:00 horas cuns xogos tradicionais para todas as idades, que ás 18:00 horas darán paso á clausura das escolas deportivas municipais.

Frades solicita a Deputación o arranxo das beirarrúas entre o colexio e Ponte Carreira

Frades, 10/6/2016 -  O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, reuníuse co presidente da Deputación Provincial da Coruña, Valentín González Formoso, para solicitarlle a súa colaboración no arranxo das beirarrúas que unen Ponte Carreira co colexio, na estrada CP-3082 Ordes-Ponte Carreira.

400 participantes no XVI Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala Base 2016

 Frades 9/6/2016  Uns catrocentos nenos e nenas participaron na fase final do XVI Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala Base 2016, celebrado no pavillón polideportivo do Concello de Frades durante a pasada fin de semana.

Frades informa sobre as normas e os permisos para facer as cacharelas de San Xoán e San Pedro

7/6/2016 - O Concello de Frades vén de informar á veciñanza das normas e permisos necesarios para a realización de cacharelas nas noites de San Xoán e San Pedro. Unhas cacharelas cuxa celebración terá que ser comunicada previamente ao Concello (981 69 55 67) antes do venres anterior á celebración da festa.

Frades leva desbrozados máis de 100 kms

21/5/2016 - As estradas principais e os lugares onde se farán as primeiras festas do ano foron os primeiros lugares nos que se traballou.

Frades conmemorará o Día das Letras Galegas cun espectáculo sobre tres obras de Manuel María

A peza está creada por  “Os 7 magníficos +1” e está dirixido a un público familiar, a actuación terá lugar mañá  luns 16 de maio, ás 17:00 horas, no Multiúsos de Frades

O Papucín campión da X Liga de Futbol Sala de Frades

Goleu na final ao Paboi e representará ao concello no torneo intermunicipal que se disputará en Tordoia os días 28 e 29 de maio