Ames - Auditoría técnica da rede de abastecemento

O Concello de Ames iniciou o pasado día nove de xaneiro unha auditoría técnica das redes de abastecemento e saneamento do seu territorio. Os traballos de campo ocuparán unhas cinco semanas aproximadamente, mentres que nos seguintes quince ou vinte días se redactará o informe correspondente. Consistirá nunha memoria explicativa e convenientemente estruturada co obxecto de verificar o correcto estado de conservación e funcionamento, e en caso contrario “identificar os elementos que deben ser reparados ou substituídos”, segundo explican fontes municipais.

En canto ao servizo de abastecemento, inspeccionaranse as ETAPs (Estación de Tratamento de Augas Potables), depósitos municipais, instalacións de bombeo, conducións xerais, rede de distribución, billas, bocas de rega e incendio, válvulas, etcétera. Mentres que no de saneamento, revisaranse as EDARs (Estación Depuradora de Augas Residuais), foxas sépticas, pozos e unidades de bombeo e pozos e colectores xerais.

Ademais, segundo destaca a concelleira de Medio Ambiente, Eugenia Martín, tamén se comprobará a planimetría, é dicir, a exactitude da cartografía das redes ou, no seu caso, a corrección e actualización dos mapas. “É un traballo moi completo –agrega Martín– que procede agora xa que estamos inmersos na transferencia entre empresas, logo de dezasete anos, da xestión do ciclo integral da auga. En termos de eficiencia medioambiental precisamos ter un coñecemento exhaustivo e rigoroso do estado das redes”.

172 e 190 km de rede
A rede de abastecemento de auga esténdese ao longo de case 172 km, cuxas instalacións principais son a captación, ETAP e bombeo de Quistiláns, o bombeo de Aldea Nova e os depósitos do Milladoiro, Aldea Nova, Bosque Animado e Castiñeiro do Lobo. Pola súa parte, a rede de saneamento e augas pluviais alcanza case os 190 km que inclúen 2.524 pozos de rexistro e 21 unidades de bombeo.

Touro - O concello rehabilita o acceso a fonte de San Breixo

O Concello de Touro acondicionou e rehabilitou o acceso á Fonte de San Breixo, denominada tamén Fonte do Santo, na parroquia de Foxás. Neste lugar celébrase a tradicional Romería de San Breixo, que é en honra a Santa Lucía e que todos os outonos, no mes de outubro, cita no campo da festa a romeiros e romeiras de toda a comarca de Santiago. É xa tradición que trala misa, que se celebra la igrexa parroquial de Foxás, teña lugar unha festa campestre con degustación de pulpo á feira.

O Concello de Touro empregou fondos municipais para arranxar o acceso que vai dende o campo da Festa, pasando por diante da Igrexa de Foxás, ata a Fonte de San Breixo. A constructora Couto Fandiño dotou de hormigón este camiño que sirve de acceso ós romeiros e veciños. E que xa poderán utilizar. O proxectvo estivo presupuestado en uns 9.000 euros. Coincidindo coa Romería de San Breixo tamén se celebra un Encontro Cabalar e Concurso de Pura Raza Galega.

Ames - O alcalde recibe a nova comisión de festas da Peregrina

O alcalde de Ames, Santiago Amor, recibiu esta semana na Casa Consistorial aos novos membros da comisión de festas da Virxe da Peregrina. O seu presidente, Andrés Núñez, acompañado do vicepresidente, a secretaria e o tesoureiro, solicitou ao rexedor local a colaboración do Concello na organización das festas patronais de Bertamiráns. 

Os actos celebraranse a segunda fin de semana de agosto -o sábado 8 e o domingo 9- e aínda que non teñen pechada a programación, Núñez adianta que actuarán dúas orquestras cada día, haberá unha sesión vermú, atraccións para os máis pequenos e os tradicionais actos relixiosos. Previamente, no mes de xuño, a comisión organizará unha sardiñada popular para recadar fondos. 

A comitiva recoñece que “aínda hai moito que facer e son tempos difíciles para as familias pero estas datas son festexadas por todos os veciños e é importante continuar celebrando a festa da Peregrina”.

Andaina Pro Saúde Mental - Campaña en Ordes de acompañamento integral

A asociación Andaina Pro Saúde Mental continúa coa súa labor na comarca de Ordes, nesta ocasión grazas á subvención darredor de 2.500 euros por parte do goberno central. Unha cantidade derivada das partidas do IRPF destinadas a fins socias e que se adicará íntegramente á posta en marcha do chamado Programa de Acompañamento Integral. 

Unha medida que pretende traballar con persoas afectadas por problemáticas de distinto tipo no seu ámbito máis íntimo, como o é o propio domicilio, e aqueles espazos cotiás normalmente compartidos coa familia e as persoas máis achegadas. Esta iniciativa levarase a cabo conxuntamente cos servizos sociais da Mancomunidade de Ordes, cuxa labor será fundamental na detección e selección daqueles perfís máis propicios. 

“Un dos aspectos máis beneficiosos que brinda este programa é o de poder acceder a persoas que non teñen contacto con outras plataformas de axuda ou terapias, xa sexan asociacións ou grupos de traballo. O feito de poder traballar no seu ambiente cotiá, rodeados dos achegados, e posteriormente manter un seguimento é algo altamente positivo para os servizos sociais e os beneficiarios deste programa”, comenta Nazaret Davila, traballadora social e cofundadora de Andaina Pro Saúde Mental.

Non é a primeira vez que o equipo de profesionais da asociación pon en marcha este programa, normalmente integrado por un psicólogo, unha educadora e unha traballadora social. Veciños e veciñas das áreas de Dodro, Padrón ou Rois xa se beneficiaron do seu traballo, calificando os resultados de “moi satisfactorios a nivel terapéutico e altamente esclarecedores para coñecer cada caso particular” por parte dos profesionais. Unha metodoloxía que posibilita “poder traballar con cada caso dun xeito máis personalizado, incidindo naqueles puntos máis importantes e necesarios”. Unha vez finalizado o programa a mairía dos participantes pasaron a formar parte dun grupo de traballo ou terapéutico de maneira voluntaria, o que posibilitou o seu avance en cuestións relacionadas coas relacións sociais, a comunicación ou a autoconfianza.

Melide - O concello repartirá máis de 2.500 € en premios este entroido

O departamento de Cultura do Concello de Melide está deixar todo a punto para o próximo Entroido 2015 que terá lugar o vindeiro febreiro. 

Trátase de 2650 € en premios, 650 euros máis que o ano pasado. O primeiro premio será de 1.000 € para a primeira comparsa, 700 para a segunda, 400 para o primeiro grupo, 300 para o segundo, 150 para o primeiro premio individual ou parella e 100 euros para o segundo desta categoría.

O entroido é unha das festas con máis arraigo na tradición cultural galega polo que dende o Concello de Melide se traballa arreo para presentar a programación cultural a principios de febreiro. Con estos premios pretendese atraer ao maior número de visitantes posibles.

Psoe Ames - Miñones traballará cunha axenda aberta si chega o concello

Os socialistas explicaron que están a traballar nas demandas que os veciños e veciñas solicitaron na primeira rolda de visitas realizada ao longo do ano pasado. A escaseza de contedores de reciclaxe, sobre todo, vidro e cartón, o acceso a internet no rural, os defectos no alumeado público e o arranxo de pistas son as preocupacións que teñen en común case todas as parroquias.

Dende a oposición, o Grupo Municipal Socialista fai forza para arranxar estes problemas presentando escritos ao goberno, mocións, rogos e preguntas nos plenos, dos que, a gran maioría, non obteñen resposta. “Isto tamén é o que atopamos cando falamos cos veciños e veciñas, quéixanse de que preguntan por rexistro sobre as carencias que observan nas súas aldeas e non reciben resposta, por iso, eu propoño a creación dunha axenda aberta do alcalde”, asevera Miñones. Ao seu entender un servidor público debe de estar presente non só cando é elixido senón, e moi especialmente, ao longo de toda a lexislatura. “Debemos facer un contrato coa cidadanía, adoptar un compromiso real cos veciños e as veciñas, particularmente, e por iso eu comprométome a achegar o goberno ás parroquias, a todos os amesáns e amesás”, engade.

O abandono do rural por parte do goberno de Santiago Amor é unha realidade
Respecto das demandas solicitadas, os socialistas pediron un estudo da ubicación concreta e conservación dos contenedores situados nas parroquias, xa que son moitos os lugares nos que non existen contedores de reciclaxe. Os veciños e as veciñas quéixanse de que dende a administración “che piden que recicles pero non tes maneira de facelo porque non se nos dota de medios”, explica un veciño.

O candidato socialista está seguro de que é preciso dotar de internet ás localidades máis afastadas do núcleo urbano para facilitar o acceso á administración electrónica no rural. “Se todos os locais sociais do concello tiveran banda ancha sería posible ofrecer cursos de internet á veciñanza e explicarlles, por exemplo, como solicitar unha cita médica para o seu centro de saúde, aforrándolles tempo e cartos. Non entendemos como o señor Amor non foi quen de solicitar o plan de banda ancha que sacou a Xunta para ampliar o servizo de internet ao rural ”, sinala Miñones.

Os puntos de luz tamén traen de cabeza aos veciños e veciñas de Ames. “Ás veces as farois están prendidas de día e apagadas pola noite, ou hai algunhas acesas e outras sen luz ou directamente non funcionan. E isto acontece tanto nas parroquias como nos grandes núcleos como Bertamiráns e O Milladoiro ”, explica o candidato socialista. 

Aproveitando a ocasión que lles brindou no mes de setembro o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cando ofreceu a colaboración do goberno autonómico para axudar a aqueles concellos que fixeran unha auditoría da rede eléctrica, os socialistas de Ames pediron a Santiago Amor e os seus concelleiros que tomaran esa iniciativa para poñer ao día o alumeado público, sen embargo o goberno popular segue sen dar sinais do seu traballo.

Outro motivo de malestar é o estado das pistas. “Non pode ser que durante catro anos non se realice ningunha acción a este respecto e agora todo sexan présas sen ningún tipo de coñecemento das deficiencias reais”, critica o portavoz socialista. Miñones considera que é necesaria “unha planificación correcta e axeitada sobre o mantemento das pistas para aforrar tempo e diñeiro na execución das obras”. Neste sentido, el considera que o adecuado sería traballar dende o Concello porque así “aforramos os cartos do proxecto e a contratación de obras”. E aclara, “isto poderíase facer colaborando con outros concellos limítrofes, proxecto que dende os socialistas de Ames estamos a barallar”.

Un regulamento de tala para a conservación dos camiños forestais 

Repercuten economicamente no Concello os danos que se poden ocasionar durante a tala de árbores polas empresas madeireiras, pero son os propios veciños os que padecen o deterioro destas zonas, que observan como as terras do monte van perdendo firme e provocan pequenas enchentas durante a época de chuvia, favorecendo que a auga entre nas casas e que, nalgúns casos, se produzan accidentes de tráfico.

Desta queixa fíxose eco o Partido Socialista de Ames redactando un regulamento de tala que xa foi entregada ás asociacións veciñais interesadas, á oposición e tamén ao propio goberno, que, en boca de José Miñones: “Da a calada por resposta, demostrando novamente o preocupado que está este goberno do PP en buscar solucións para os seus veciños, aínda que o traballo xa se lle dea feito”.

Nesta xuntanzas, tamén se fala de saneamento, xa que son varios os lugares que aínda non están conectados á rede de saneamento do concello por diversas razóns. Os socialistas explican que esta é e foi sempre unha prioridade para eles e que nesta lexislatura estiveron propoñendo de maneira reiterada a realización de obras de saneamento a través dos Plans de Obras provinciais e outros plans existentes, e sempre obtiveron a mesma resposta do goberno do PP: unha negativa. Miñones di que “levamos toda a lexislatura solicitando que se vaian facendo obras de saneamento, pero, esperando polos 4 M€ do fallido contrato da auga, durante estes case catro anos, o goberno de Amor, só fixo unha obra de saneamento. Como no conto da leiteira, caeulle o leite e pechouse o grifo cando non saíu adiante o contrato inicial do ciclo integral da auga”.

Os Socialistas anuncian que continuarán coas súas visitas e contactos cos veciños e veciñas de Ames, como xa veñen realizando durante toda a lexislatura, e explican que eles non se acordan de visitar as parroquias ou incrementar a súa actividade ao achegarse as eleccións, “como fan outras forzas políticas” –din-. Para os próximos días xa teñen planificadas visitas a Tarrío, Piñeiro e Tapia.

BNG Negreira - O BNg levará a promoción dos comerciantes de Negreira a FITUR

O voceiro do Bng, Antonio Ponte, asistirá esta semana á 35 edición da Feira Internacional de Turismo Fitur, en Madrid, e levará o material promocional dos comerciantes de Negreira.

Ponte asegura que “tomamos a iniciativa de ir pola nosa conta a promocionar Negreira, cando soubemos que o Goberno non asistirá nin preparou absolutamente nada, para aproveitar esta gran oportunidade de estar presente na cita máis importante do ano, onde sí estarán outros concellos veciños.”

“Ante a inacción do Goberno, que debe estar moi ocupado en non facer nada”, Ponte asegura que “ten que ser o BNG, outra vez máis, quen se preocupe de promocionar o pequeno comercio e turismo, levando o nome de Negreira a unha das citas máis importantes do ano, onde asisten milleiros de visitantes, 200.000 profesionais de 165 países, e ao redor de 7.300 xornalistas.”

Os comerciantes poderán entregarnos o material promocional do seu negocio, durante todo o luns 26 de xaneiro, de 10 h - 21 h, na primeira planta da Casa da Cultura.

Axenda e tempo do sábado 24 de caneiro - Música, teatro, exposicións,

Santiago - Área central - talleres de cociña para nenos

Santiago - Auditorio de Galicia - concerto familiar da Real Filharmonía

Santiago - Teatro Principal - Pandeiromus

Brión - Maratón solidario de zumba

Santiago - Sala Capitol - Invivo + A New Heaven Arise + 2sisters

Santiago - Auditorio Abanca - El nombre de la rosa

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo Gaias - Cine Galicia25 - (ata o 8 de febreiro)

Santiago - Fundación Granell - A inquietante beleza (ata o 5 de abril)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)

Santiago - Zona C - María Castellanos - Lo Real (ata o  1 de febreiro)

Santiago - Fonseca - Colección Betty Tisinger de libros desplegables (ata o 26 de xaneiro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Retrospectiva sobre o premio Luis Ksado de fotografía (ata o 17 de febreiro)


O Tempo

Área Central - Talleres de cocina en los sábados creativos

La sesión de hoya la tarde de “Sábados creativos” ofrece talleres de cocina creativa, con la elaboración de deliciosas brochetas y la decoración de magdalenas, a partir de las 18.00 horas en la esquina roja del centro comercial. 

Los “Sábados creativos” son sesiones lúdico-educativas que se celebran en Area Central tres sábados al mes de la mano de la Asociación Planeta Shalom. 

Además de participar en diferentes talleres, en las sesiones de “Sábados creativos” los niños asistentes también pueden disfrutar de una zona de lectura y de pintura. En las dos horas que dura la actividad, todos los miembros de la familia pueden estar entretenidos realizando las diferentes acciones que proponen los “Sábados creativos”. 

Los niños asistentes pasan una tarde agradable mientras realizan diferentes manualidades. La temática varía cada semana, siendo una preocupación de las responsables de Planeta Shalom la de ofrecer cada día una actividad original para sorprender tanto a los niños como a sus padres. 

Este fin de semana la Asociación Planeta Shalom celebra su primer aniversario de vida y lo quiere celebrar con todos sus amigos; por eso, a partir de las 20.00 horas, en cuanto termine la sesión de “Sábados creativos”, las responsables de la asociación realizarán una fiesta de cumpleaños en su local (esquina roja de la planta primera) a la que esperan que asista todos sus amigos y las familias participantes en las sesiones de “Sábados creativos”.

Santiago - Concerto familiar da Real Filharmonía de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia celebra mañá sábado, 24 de xaneiro, un concerto dirixido ao público familiar. Comezará ás 18:30 horas no Auditorio de Galicia. A batuta da agrupación levaraa o mestre venezolano Manuel Hernández-Silva, actual director da Orquestra Filarmónica de Málaga.

Os músicos interpretarán a Sinfonía nº 4 do alemán Robert Schumann (1810-1856), considerado un dos máis grandes e representativos compositores do Romanticismo. Esta obra constitúe a cúspide da súa obra sinfónica do compositor. A primeira versión é de 1841 e a definitiva de 1853, cualificada polo propio Schumann como “mellor e máis efectiva” e que co paso dos anos segue a gozar da preferencia do público e da crítica. Esta obra ten como referencia a Quinta Sinfonía de Beethoven e representa a transición entre a música clásica e a moderna.

A batuta de Manuel Hernández-Silva
Manuel Hernández-Silva dirixirá nesta cita á Real Filharmonía de Galicia, coa que mantén unha colaboración periódica. O mestre viviu 20 anos en Viena, en cuxo conservatorio se graduou con Matrícula de Honra. Na actualidade é director titular e artístico da Orquestra Filarmónica de Málaga. Dirixiu a Orquestra de Córdoba, a Sinfónica da Rexión de Murcia e estivo á fronte da Orquestra Simón Bolívar de Caracas durante cinco anos. 

O director venezolano ten colaborado con agrupacións de Francia, Austria, Alemaña, República Checa, Estados Unidos, Canadá, México, Colombia, Chile, Venezuela, Israel e Corea. O ano pasado dirixiu Carmina Burana no Festival de Granada nunha produción con La Fura dels Baus. En España ten dirixido á maioría das orquestras. Ademais, desenvolve unha intensa actividade docente, que inclúe cursos internacionais de dirección e interpretación e numerosas conferencias.

Santiago - Programación cultural na fin de semana

O programa cultural desta fin de semana ofrece cinco propostas que xiran arredor da música clásica, a tradicional, o teatro e o humor. Na xornada do sábado teremos ás 18.30h no Auditorio de Galicia concerto coa Real Filharmonía de Galicia no ciclo Infantil&Familiar; ás 20.30h Pandeiromus presenta o seu novo disco no Teatro Principal enmarcado en Sons’15 e ás 21.00h, chega ao Auditorio Abanca e dentro do ciclo Teatro 2015, ‘El nombre de la rosa. Domingo ás 12.00h no Principal haberá concerto da Banda Municipal de Música e ás 20.00h no Principal, Os 7 Magníficos máis 1 presentan ‘Bivalvos como galegos’ no ciclo Falabaratos.

Real Filharmonía de Galicia no Infantil&Familiar
O director Manuel Hernández Silva e a Real Filharmonía de Galicia achegarán a nenos e familias a obra do compositor Robert Schumann, un compositor que para moitos constitúe a máxima expresión da natureza do Romanticismo, sempre envolta entre o drama, a alegría e a paixón. A composición seleccionada de Schumann é a cuarta e última sinfonía, unha obra que supón a culminación da obra sinfónica dun dos grandes mestres románticos e da historia da música

Pandeiromus presenta ‘Teño días’ en Sons’15
Nado en Compostela en 1992, Pandeiromus dedícase á investigación e interpretación da música galega de tradición oral e por momentos foron o único grupo masculino de pandereteiros. En 2007, Pandeiromus decide dar un paso adiante e voltar aos escenarios para reinterpretar o seu antigo repertorio melódico mesturado con letras de poetas como Sechu Sende ou Xabier Picallo. Agora presentan o seu disco 'Teño días', primeira entrega da triloxía 'Teño días, teño noites'.


‘El nombre de la Rosa’, Teatro 2015
El nombre de la rosa (1980) é a primeira novela do italiano Umberto Eco, quen confesa que a escribiu ao descubrir, en idade madura “aquilo” sobre o cal non se pode teorizar, “aquilo” que hai que narrar. O que narra o autor son as peripecias de frei Guillermo de Baskerville e o seu alumno, Adso de Melk, mentres tratan de desentrañar unha serie de estrañas mortes que se suceden nunha abadía beneditina no século XIV... peripecias que tanto éxito tiveron na versión cinematográfica de Jean-Jacques Arnaud protagonizada por Sean Connery. Coa Idade Media como pano de fondo, El nombre de la rosa é unha orixinal mestura de relato detectivesco e novela culta con apaixonante trama, chea de golpes de efecto, e portentosa reconstrución dunha época, das súas diversas formas de pensar e os seus conflitos.

Música española coa Banda Municipal
O concerto iníciase con dúas obras orixinais para banda; Danza Sinfónica de J. Barnes e El Duende de España de A. Ferriz. O título desta segunda obra fai referencia a ese concepto etéreo e poético que posúen algúns intérpretes de flamenco, difícil de alcanzar na interpretación, pero que de lograrse emociona ao oínte. Esta parte concluirá con dúas danzas das Danzas Fantásticas de J. Turina, Ensueño e Evocación. A Suite Española de I. Albéniz e España de E. Chabrier pecharán o concerto.

‘Bivalvos como galegos’ en Falabaratos
Pedro Brandariz e Fran Rei, coñecidos ultimamente pola súa participación no programa Luar da TVG cos seus aloucados personaxes de O Gordo e o Calvo, presentan un novo espectáculo cómico na liña do seu traballo en televisión. Bivalvos como Galeg@s é O Gordo e o Calvo en esencia pura. O humor retranqueiro e irónico de Pedro Brandariz e Fran Rei sen colorantes nin conservantes.

Frades - Sae a licitación a construcción do Punto Limpo que se compartirá con Mesía

O Concello de Frades celebra que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas saque a licitación a construción do punto limpo que dará servizo aos veciños e veciñas de Frades e de Mesía. Unha obra orzamentada en 264.537,9 euros (IVE non incluído) e que ten un prazo de execución de 4 meses.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, amosa o seu agradecemento “á Xunta de Galicia e, en concreto, á Consellería de Medio Ambiente por seguir facendo investimentos en Frades” e agarda que “as obras poidan comezar canto antes para que os nosos veciños e veciñas teñan un lugar perfectamente acondicionado no que depositar os residuos”. Así mesmo, destaca que “ademais dos contedores metálicos para a recollida dos distintos tipo de residuos, este punto limpo disporá dun recinto pechado con malla metálica para o depósito de plástico agrícola, dado que se trata dunha zona eminentemente agrícola e gandeira onde se produce gran cantidade de residuo deste tipo”.

Emprazamento
O punto limpo de Frades-Mesía emprazarase no lugar de Abeceira, parroquia de Céltigos (Frades), a menos dun quilómetro da estrada N-634. Á parcela accédese por camiño público e dispón de captación de auga (mediante pozo de barrena) e tratamento de augas residuais (mediante foxa séptica e pozo filtrante). O Concello de Frades realizará a acometida eléctrica á parcela dende a liña aérea que pasa pola zona.

O proxecto de construción do punto limpo destaca a idoneidade deste emprazamento pois está próximo ao límite entre os concellos de Frades e de Mesía, polo que dará servizo aos habitantes de ambos municipios que, polo seu número de habitantes, non xustificarían a construción dun punto limpo independente para cada un.

Instalacións
O punto limpo de Frades-Mesía disporá de dúas plataformas a distinto nivel. A plataforma máis elevada (1,45 metros por riba da outra) será a utilizada polos veciños e veciñas de Frades e Mesía para descargar os distintos tipos de residuos: papel, téxtil, vidro, envases, disolventes, aceites minerais e aceites vexetais, pilas, lámpadas, pequenos electrodomésticos, residuos perigosos, aerosois, radiografías... A plataforma inferior será utilizada polos vehículos de retirada destes residuos. O desnivel entre ambas plataformas salvarase mediante un muro de formigón armado de trazado quebrado para facilitar a disposición dos contedores metálicos e a vertedura dos residuos ao seu interior.

Na plataforma superior construirase un depósito de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEEs), mentres que na plataforma inferior se situarán os contedores metálicos de residuos, o recinto pechado para o depósito de plástico agrícola e dúas pequenas edificacións: unha caseta-oficina e un almacén para residuos especiais de escaso volume e líquidos. Estes dous edificios construiranse próximos entre eles para conseguir un mellor control e un menor desprazamento do lixo dentro do recinto.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que xa se encargou da redacción do proxecto, acometerá agora a súa execución, mentres que os Concellos de Frades e de Mesía asumirá a xestión da instalación unha vez rematada e posta en servizo.

Oroso - Retoma a actividade a Escola de pais

Tras a paréntese do Nadal, o Concello de Oroso retoma as actividades da súa escola de pais e nais “Espazo de Familia”, unha iniciativa dirixida ás familias do alumnado do Centro Rural Agrupado (CRA) de Oroso e que se está a consolidar como un punto de encontro para que os pais e nais reflexionen e afonden de xeito colectivo naqueles temas que máis lles preocupan sobre a educación dos seus cativos. Así, a próxima reunión terá lugar o martes 27 de xaneiro, ás 16:15 horas, no local social do CRA de Oroso e terá como tema “Conciencia e alimentación”.

A charla será impartida por Ana Torres, naturópata do herbolario “A Casa Verde” (Sigüeiro), quen durante pouco máis de hora e cuarto falará aos asistentes sobre a importancia de que os rapaces e rapazas adquiran dende pequenos uns bos hábitos alimenticios e resolverá calquera dúbida que lle pregunten. A participación é totalmente libre e de balde para todos os veciños e veciñas que queiran asistir.

Este “Espazo de Familia” é unha iniciativa organizada polo Concello de Oroso e subvencionada pola Deputación Provincial da Coruña que terá lugar os últimos martes de cada mes no local social do CRA de Oroso (na parroquia de Vilarromariz). Durante o seu primeiro curso, “Espazo de Familia” ofertou un total de seis sesións con temáticas moi variadas e de acordo coas peticións dos pais e nais participantes: dende como afrontar o primeiro día de clase ata como resolver os conflitos cos cativos. As sesións restablecéronse o pasado mes de outubro e agora, tras a paréntese das Festas do Nadal, retómase a actividade.

Andaina Pro Saúde Mental - Talleres e escolas de familia

A Asociación Andaina Pro Saúde Mental vén de abrir o prazo de inscrición para poder participar en varios dos seus programas de actividades orientados a familiares e coidadores de persoas con algunha enfermidade ou problemática mental. Deste xeito os vindeiros 13, 14 e 15 de febreiro terá lugar unha fin de semana de respiro familiar na casa rural propiedade de FEAFES, no Concello de Cangas. Cine, debates, saídas á natureza, bos xantares e moito relax é o que lles espera a todos aqueles que queiran participar deste plan. O custo será de 30 € con todo incluído.

Tamén hai que dar conta da Escola de familias, que esta vez se desenvolverá ao longo do próximo mes de febreiro, estando aínda pendente de concreción as datas. Unhas xornadas formativas que serán impartidas por persoal especializado do Sergas na área de saúde mental. Para acadar máis información pódese visitar o seguinte enlace: http://bit.ly/1CtOO2D.

En ambos casos o prazo para poder inscribirse finalizará o 31 de xaneiro. Para elo é necesario contactar a través do teléfono 650270824. 

PP Santiago - Agustín Hernández participa na convencion de Madrid

. O presidente do Partido Popular de Santiago, Agustín Hernández, participará esta tarde na Convención Nacional que o PP celebra en Madrid cunha ponencia na que falará das posibilidades que está a ofrecer o turismo no proceso de recuperación da economía.

A súa intervención comezará despois das 18:00 horas, momento no que se iniciarán os traballos previstos e que arrancan cunha mensaxe clara: Xuntos por un gran país.

Para o presidente do Partido Popular de Santiago está claro que “no marco do proceso de recuperación que se ven constatando na economía española, o turismo está ofrecendo quizais as mellores cifras e ofrece as mellores perspectivas, dentro do conxunto de sectores da nosa economía”.

Para Hernández “o turismo segue a ser, hoxe máis que nunca, un dos principais sectores á hora de xerar crecemento na nosa economía”, 

Galicia e Santiago de Compostela
Agustín Hernández falou dos datos de Galicia e de Santiago de Compostela. “O ano pasado se acadaron cifras históricas, superando ampliamente o millón de turistas internacionais (un incremento do 16%), elevando as pernoctacións un 11% (máis de 8 millóns de pernoctas ata novembro), e un incremento do gasto dun 20% respecto ao ano anterior, situándose no entorno dos 900 millóns de euros en Galicia”, indicou. 

Tamén indicou que o número de turistas nacionais creceu un 3,5%, co que a cifra total se aproxima aos 4 millóns de visitantes, que supoñen un 7% máis que en 2013.

Canto a cidade de Santiago de Compostela, Agustín Hernández indicou que os resultados tampouco ofrecen ningunha dúbida desa contribución económica, achegando un balance moi positivo, sólo equiparable ao rexistrado durante o último Año Santo de 2010. 

Anunciou que de cara ao futuro, ao igual que o Goberno de España e o Goberno de Galicia, “o Concello de Santiago de Compostela vai continuar co impulso ao sector turístico a través da planificación, para o que temos comprometido un novo Plan Estratéxico de Turismo 2015-2021, que nos conduza a afianzar e ampliar este crecemento nol horizonte no vindeiro Ano Santo do ano 2021”.

“Para ese fin, resultará decisiva a contribución do Goberno Popular do Estado que recentemente comprometeu 17 millóns de euros para rehabilitar a Catedral compostelá, monumento emblemático de Santiago e de Galicia”, engadíu.

Santiago Futsal - El equipo no consigue traerse los tres puntos de Santa Coloma

Apenas habían transcurrido dos minutos desde el comienzo del encuentro, el equipo local se adelantó en el marcador con un tanto de Eric Martell, que no erró en el disparo a portería tras pase de Dani Salgado.

El conjunto de Santiago no estaba cómodo en la pista catalana en los primeros compases del partido, pero generaba ocasiones de peligro en acciones de robos de balón y salidas a la contra. Así fue como Diego Quintela logró darle la vuelta al marcador en dos minutos. Primero igualaría el luminoso en el minuto 9 de partido en una salida a la contra y remate al segundo palo del capitán del equipo gallego. Y, tan sólo unos segundos después, el de Arzúa firmaría el segundo gol gallego sobrepasando al portero local Didac.

Segura rompería la remontada gallega al hacer el empate para Marfil Santa Coloma en el minuto 12 tras una jugada por la banda de Rafa López.

Sólo dos minutos, en una acción del meta Marcos Vara con Dani Salgado que finalizaría con un penalti favorable al conjunto local, el pívot catalán no fallaría desde los 6 metros y volvería a adelantar a los suyos antes del descanso.

La segunda parte comenzaría con el segundo gol de Dani Salgado, cuarto para los suyos, cuando apenas se cumpliera un minuto de la segunda mitad el jugador visitante aprovechó un rechace tras una primera parada de Marcos Vara. 

Pese a la expulsión de Dani ‘Chino’ con doble tarjeta amarilla, el conjunto gallego insistía en ataque buscando reducir distancias en el marcador. En los mejores minutos del Santiago Futsal en la segunda parte, el tercero de los gallegos pudo llegar de las botas de Borja primero, y de Iván Rumbo después, pero Didac estuvo acertado bajo palos para evitar el tanto visitante.

Con portero jugador en pista por parte del Santiago Futsal, Dani Salgado haría el quinto para los locales con un remate a puerta vacía aprovechando el cambio de portero del conjunto gallego.

En el ataque de cinco, Santiago Futsal recuperó intensidad y se hizo con el dominio del balón, pero no lograba rematar su dominio en gol. Cuando restaban un minuto para el final del encuentro, Iván Rumbo firmaría el tercero para los suyos, pero sin tiempo ya para lograr la igualada.

Ficha del partido

Marfil Santa Coloma : Didac, Rubén, Rafa López, Eric y Dani Salgado –cinco inicial- Sepe, Charlie, Segura y A.Medina

Santiago Futsal: Marcos Vara, Lucas Bolo, Borja, Iván Rumbo y Diego Quintela –cinco inicial- Pablo Tallón, Dani ‘Chino’, Kike, Hugo Sánchez, Santi, Gallego e Iker.

Árbitros: Bernabeu Haro y Sánchez Ayala. Expulsaron con doble tarjeta amarilla a Dani ‘Chino’ del Santiago Futsal y amonestaron con tarjeta amarilla a Pablo Tallón.

Incidencias: Partido correspondiente a la 19ª Jornada de Liga celebrado en el Pavelló Nou de Gramanet (Barcelona)

Goles: 1-0 min.2 Eric Martell, 1-1 min.9 Diego Quintela, 1-2 min.10 Diego Quintela, 2-2 min.12 Segura, 3-2 min.14 Dani Salgado, 4-2 min.21 Dani Salgado, 5-2 min. 35 Dani Salgado, 5-3 min.39 Iván Rumbo.

Axenda e tempo do venres 23 de xaneiro - Música, teatro, exposicións

Brión - Concerto gratuito de guitarra clásica por Damian Cairo

Ames - teatro para bebés - baobab presenta Babs 

Santiago - Sala Capitol - Inaugüración do ciclo Blue Nite

Santiago - CS O Pichel  - Folk con Fiandola 

Santiago - Sala Moon - Belen y Joni

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo Gaias - Cine Galicia25 - (ata o 8 de febreiro)

Santiago - Fundación Granell - A inquietante beleza (ata o 5 de abril)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)

Santiago - Zona C - María Castellanos - Lo Real (ata o  1 de febreiro)

Santiago - Fonseca - Colección Betty Tisinger de libros desplegables (ata o 26 de xaneiro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Retrospectiva sobre o premio Luis Ksado de fotografía (ata o 17 de febreiro)


O Tempo

Ames - Baobab presenta no Milladoiro Babs

A nova programación cultural do Concello de Ames arranca hoxe venres cunha obra de teatro para o público infantil. Trátase do espectáculo Babs, que chega da man da agrupación teatral Baobab. Representarase ás 18:30 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. As entradas teñen un prezo de 4 euros para os maiores de 12 anos e os menores desa idade terán un desconto do 50%, así como os que posúan carné de estudante e os maiores de 65 anos. Poden reservarse ata hoxe venres ás 14:00 horas, a través do correo electrónico cultura.milladoiro@concellodeames.org ou no teléfono 981 53 59 40.

Xurxo Cortázar e Andrea Bayer protagonizan este espectáculo duns corenta minutos, recomendado para nenos e nenas de entre 1 e 6 anos de idade, e que eles mesmos definen como “unha obra tenra e acolledora para gozar en familia”. A historia acontece en Babs, un planeta moi pequeno que só ten tres habitantes: Mamá, Papá e Babo. Babo é un ser moi pequeno que quere descubrir o mundo, pero Papá e Mamá teñen medo e protéxeno. Non queren que lle pase nada malo a Babo e sempre lle din “non”, pero Babo necesita investigar, descubrir e explorar o mundo… 

Baobab Teatro é unha compañía creada en 2010 por Andrea Bayer e Óscar Ferreira. Ambos teñen unha amplísima experiencia no eido do teatro infantil, logo de ter pasado por diferentes agrupacións teatrais galegas. Babs é o seu segundo traballo, un espectáculo para os máis pequenos que foi seleccionado en 2013 para participar na Feira Europea de Artes Escénicas para Nenos e Nenas de Xixón.

Cámara de Comercio - Acordo para ofrecer produtos e servizos financeiros ás empresas asociadas á entidade cameral

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela e Banco Pastor asinaron hoxe un convenio de colaboración para financiar aos asociados camerais. As máis de 42.000 empresas e autónomos inscritos na demarcación comarcal da Cámara, que abarca 32 municipios da zona sur da provincia da Coruña, son as beneficiarias potenciais do acordo e poderán optar á oferta completa de produtos e servizos da entidade financeira.

O presidente da Cámara de Comercio compostelá, Jesús Asorey, e o director rexional do Banco Pastor, Luis Álvarez, acompañados polo director Comercial da entidade, Domingo Martín Aparicio, e polo secretario Xeral da Cámara, Fernando Barros, asinaron este acordo destinado a favorecer a dinamización do tecido empresarial, que terá un ano de vixencia.

En Galicia, Pastor e Popular volven ser líderes absolutos do sistema financeiro español en préstamos ICO

O catálogo de produtos e servizos inclúe un anticipo de exportacións en euros ou en divisa, un servizo de financiamento de importación en euros ou divisa, créditos documetarios de exportación ou importación e avais ou remesas documentarias para importación. Outros produtos que ofrece o Banco Pastor aos asociados da Cámara de Comercio de Santiago son unha conta crédito para o financiamento inmediato da empresa, un préstamo “Leasing Emprendedores” que permite o financiamento de investimentos produtivos, ademais da tramitación das liñas oficiais ICO 2015. Neste ano, Banco Pastor e Popular son por tercer año consecutivo líderes absolutos del sistema financiero español en préstamos ICO en Galicia.

Para aprobar ou denegar as operacións financeiras coas empresas, o Banco Pastor estudará cada caso de forma individualizada, segundo os seus libres criterios de valoración do risco e establecendo as garantías que estime necesarias para a formalización do contrato.

Brión - Este sábado Maratón solidario de Zumba

O pavillón municipal de Brión acollerá este sábado 24 de xaneiro o II Maratón Solidario de Zumba, unha iniciativa solidaria organizada pola Piscina Cuberta Municipal de Brión en colaboración co Concello de Brión para recoller alimentos destinados ás familias máis vulnerables do municipio e que serán entregados a través do programa Brión Solidario. Trátase dunha clase aberta de Zumba, entre as 20:00 e as 21:00 horas, na que poden participar veciños e veciñas de todas as idades cunha única condición: doar un quilo de alimentos non perecedoiros e ben empaquetados para o programa Brión Solidario (pasta, legumes, cereais, leite, conservas, aceite, galletas...).

Para facilitar a participación do maior número de persoas, a Piscina Cuberta Municipal de Brión ofrecerá as súas instalacións para que os participantes poidan cambiarse antes da actividade e que poidan facer uso das duchas unha vez rematada a clase de zumba. A participación é totalmente libre e de balde, polo que non é preciso anotarse previamente. 

Esta clase aberta de zumba é a primeira das moitas actividades solidarias que organiza a piscina municipal de Brión ao longo do ano, como o Día da Bicicleta ou as recollidas especiais no Nadal. O que se recade esta fin de semana permitirá completar a achega que o programa Brión Solidario ten previsto facer o vindeiro mes de marzo, para a que xa dispón dunha importante cantidade de alimentos grazas á extraordinaria solidariedade amosada pola veciñanza brionesa durante este Nadal, ás achegas realizadas pola Unión Deportiva Bastavales tras o seu triangular de fútbol e ás importantes contribucións que fai o Banco de Alimentos.

Fundación Araguaney - Acta Fundacional del Círculo Hispano Árabe

El pasado día 15 de enero se presentó y se firmó en la sede de Casa Árabe en Madrid el acta fundacional del Círculo Cultural Hispano Árabe. 

Una nueva institución que nace con el objetivo de ser el punto de encuentro entre ciudadanos españoles y árabes del que Ghaleb Jaber Ibrahim (Presidente de la Compostelana Fundación Araguaney-Puente de Culturas) es miembro fundador junto a María Victoria Caro Bernal (gestora cultural), Ghanem Aldroubi Chaban Kabakibo (médico oftalmólogo), Jesús Antonio Núñez Villaverde (Codirector del Instituto de Estudios sobre Conflictos y Acción Humanitaria IECAH, Abdel-Wahhab Tounsi Mohd (editor de la revista Palestina Digital). 

Entre los socios honoríficos, se encuentran personajes de reconocido prestigio como el profesor Federico Mayor Zaragoza o el arabista Pedro Martínez Montávez así como Carmen Ruiz Bravo-Villasante, Pilar Tormo Martín y Mahmud Sobh Al-Kurdi.

Proyecto que echa a andar en unos momentos complicados para la imagen del mundo árabe y de sus conciudadanos. Pretende ser un eje para el fomento cultural de forma independiente y autónoma.

Las actividades que este círculo desarrollará serán diversas, cubriendo todo el espectro cultural: Literatura, Artes, Ciencias… En definitiva, conocimientos que harán posible crear un espacio común. Premios al periodismo, a la literatura o a las artes. Y también se contará con festivales, conferencias y talleres. Que tendrán lugar en varios puntos de la geografía española.

BNG Compostela - Ducias de persoas concentráronse no Xulgado en solidariedade con Renato Nunes e Manuel Dacal

O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sinalou ao inicio do xuízo oral a Renato Nunes (CIG) e Manuel Dacal (Federación Rural Galega) que “nunha democracia, merecente de tal nome, ninguén debería sufrir este tipo de represión, nin de sanción por defender estes dereitos fundamentais”, como son a liberdade de expresión, o dereito de reunión e de manifestación. O xuízo quedou visto para sentenza, o vindeiro 29 de xaneiro.

“Por desgraza”, engadiu, “en Santiago de Compostela e noutros lugares do país, temos moitos compañeiros e compañeiras con causas xudiciais abertas por defender a liberdade de expresión, o dereito de reunión e de manifestación”.

Naquela concentración pacífica, organizada en coincidencia co acto de investidura de concelleiros non electos do PP, que integran o Goberno de Agustín Hernández sen contar co aval democrático do paso polas urnas, foron detidos Renato Nunes e Manuel Dacal como participantes nun acto simbólico que uniu centos de persoas de diversos colectivos da cidade.

USC - Santiago atópase entre as dez universidades españolas cun maior compromiso medioambiental

O GreenMetric University Ranking, clasificación que compara os esforzos de máis de 360 universidades de 62 países en materia de sustentabilidade e xestión medioambiental dos seus campus, sitúa á Universidade de Santiago no posto 149. Nesta listaxe figuran un total de 21 universidades españolas, de entre as que a de Santiago é a única galega e a novena de España.

Para o cálculo dos resultados finais asignados a cada institución utilizouse a información proporcionada en liña polas propias universidades. Nesta edición, a información se organiza baixo seis categorías principais, entre os que o de maior valor é o relativo á xestión do uso da enerxía e cambio climático (21% da nota final), seguido polas actividades de tratamento e reciclaxe de residuos (18%), políticas de transporte e emisións á atmosfera (18%), presenza da cuestión ambiental na actividade docente (18%), estatísticas sobre axustes e infraestruturas (15% da nota total) e utilización da auga (10 % ).

Nesta clasificación a universidade española mellor posicionada é a de Alcalá (posto 28), seguida por Autónoma de Madrid (33), Autónoma de Barcelona (44), Politécnica de Valencia (63), Zaragoza (89), Jaume I (101, Barcelona (110), Oviedo (123), USC e Valencia (170) que se sitúan como as dez primeiras, e seguidas por Valladolid, Navarra, Rovira i Virgili, Salamanca ou Granada, entre outras, ata un total de 21 universidades. 

Para a súa elaboración, seleccionáronse unha serie de criterios relacionados coa sustentabilidade e valorados tendo en conta o tamaño básico da institución, o seu emprazamento (urbano, suburbano ou rural) e o grao de espazos verdes de que dispón. Entre os datos valorados, tamén se avaliou o consumo de electricidade, auga ou xestión de refugallos, entre outras cuestións. O obxectivo é alcanzar unha imaxe de como a universidade está respondendo ou afrontando os requirimentos da sustentabilidade a través de programacións ou accións concretas.

Santiago - Triple concerto de músicos galegos para inaugurar o ciclo Blues Nite

O Blues Nite by 1906 arranca neste 2015 cunha tripla proposta de blues feito en Galicia… Tres músicos moi experimentados como Víctor Aneiros, Pardo e Piti Sanz presentan os seus novos proxectos nunha noite especial de blues. VÍCTOR ANEIROS DÚO ACÚSTICO con A soidade pide copas nos bares, PARDO presenta Let it stay e PITI SANZ trae o Galego-Go Blues (divertimento improvisado). Será mañá, venres 23, ás 21.30h na Sala Capitol. As entradas teñen un prezo de 7 euros anticipada e 9 euros o día do concerto e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, na Reixa Tenda e na Sala Capitol.

VÍCTOR ANEIROS
Considerado un dos pioneiros do blues-rock en galego, VÍCTOR ANEIROS comezou a súa andaina en solitario hai máis de 15 anos e o seu novo disco podería considerarse en certo xeito un resumo destes frutíferos anos de carreira. A soidade pide copas nos bares inclúe versións acústicas tiradas de tres dos seus anteriores seis discos: O blues do amencer (2004), Heroe secreto (2008) e Brétemas da memoria (2010). Xuntas, na súa nova forma acústica –pero en absoluto desenchufadas– as pezas de A soidade pide copas nos bares compoñen un sublime fresco arredor da melancolía.

NÉSTOR PARDO
Inquedo e activo músico, o coruñés NÉSTOR PARDO creou bandas como The Loveless Cousins (rockabilly) e All Night Workers (R&B e swing). En 2013 decide comezar a súa carreira en solitario que axiña dá como froito un disco íntimo e sincero (Waitin’ to the other side) no que xa amosa todo o seu talento. O pasado outubro entra de novo no estudio, agora acompañado por Miguel Martínez e Adrián Seijas, para gravar 12 novos temas. Nesta noite de blues, Pardo presenta en primicia Let it stay, un traballo no que poderemos aprezar a variedade das influencias que definen o estilo propio dunhas cancións cheas de personalidade.

PITI SANZ 
Nesta ocasión, proponnos cantar blues cas cancións populares de sempre… Nun exercicio de improvisación e divertimento, entraremos no folk sen decatarnos de que estamos facendo blues –e viceversa– con esta singular figura da música feita en Galicia. En palabras de Piti Sanz, “O público coñecerá as escalas pentatónicas (ou pentáfonas) e saberemos porqué podemos incrustar Na beira do mar no blues My Mojo Working ou A Carolina no Crawling King Snake sen apenas decatarnos e sen cambiar melodía nen acordes”. Piti Sanz quere estimular a nosa curiosidade co seu atrevido experimento Galego-Go Blues… Sen rede, sen dúbida, improvisando, bluseando, folkloreando… Quén dixo medo?

Oroso - O campo municipal de Sigüeiro acolleu un adestramento da Selección Galega de fútbol gaélico

A Selección Galega de fútbol gaélico adestrou na noite de onte mércores no campo municipal de fútbol de Sigüeiro (Oroso). Un adestramento preparatorio do primeiro Mundial desta modalidade, que combina aspectos de fútbol cos do rugby, e que se celebrará do 5 ao 8 de marzo en Abu Dhabi.

O Concello de Oroso puxo a disposición da Asociación Galega de Fútbol Gaélico as instalacións municipais de Sigüeiro para realizar este adestramento, no que participaron un total de 30 xogadores que se dedicaron a preparar a que será a primeira participación oficial dunha selección galega nun Campionato do Mundo. 

Na categoría masculina, Galicia quedará encadrada no grupo de Arxentina, África do sur e o Golfo Pérsico e, a falta de confirmación, tamén Italia, Francia e India. Na categoría feminina haberá un só grupo. A selección nacional de fútbol gaélico xa ten disputado encontros internacionais contra Bretaña ou Irlanda, berce deste deporte.

BNG Compostela - O BNG cuestiona que se poida modificar o proxecto de Carreira do Conde sen retrotraelo na tramitación

O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, a preguntas de xornalistas sobre a posíbel modificación do proxecto de Carreira do Conde anunciada polo alcalde para eliminar as bancadas e manter o tránsito de vehículos cando estaba prevista facela peonil, indicou que “é todo un disparate, porque neste Concello cambian as caras dos alcaldes e dos concelleiros pero seguen gobernando do mesmo xeito que Conde Roa e Ángel Currás”.

“É moi gráfico o que pasou en Carreira de Conde, a alguén lle parece normal que o alcalde se reúna coa veciñanza e cos comerciantes cando as piquetas xa están traballando alí?”, preguntouse, “esa reunión tiña que producirse hai seis meses, non cun proxecto e cunha obra en marcha, senón cun anteproxecto”. 

Para Rubén Cela, o que teñen que facer o alcalde e a concelleira de Urbanismo é “falar, chegar a acordos e consensuar posicións coa veciñanza e cos usuarios, cos comerciantes e ter unha predisposición a escoitar e atender as reivindicacións que sexan sensatas”.

“Vaise dedicar máis a Carreira do Conde que á renda social”

Ademais, puxo en dúbida se poden facer agora un modificado dese proxecto sen retrotraelo na súa tramitación. Para o BNG, hai unha serie de problemas estruturais nesta actuación que seguen vixentes, como o investimento de 640.000 euros, “que é unha cantidade desproporcionada” nestes tempos, máis tendo en conta que a medida estrela do PP nos Orzamentos de 2015 é a chamada renda social, unha axuda para parados de longa duración e pensionistas, dotada con 600.000 euros. “Vaise dedicar máis a Carreira do Conde que á renda social”, explicou.

Mesmo no plano das obras, hai outro tipo de actuacións prioritarias, antes que Carreira do Conde, co problema engadido de que se van suprimir prazas de aparcadoiro en superficie o Concello de Santiago tiña que dar alternativas antes do inicio da actuación, engadiu Rubén Cela.

BNG Teo - Solicitude para que se dedique o mes de febreiro a Rosalía de Castro

O BNG de Teo presentou unha moción no Concello para que se dedique o mes de febreiro a Rosalía de Castro, propoñendo actividades e actuacións nas que participe a veciñanza de Teo, ademais de facer un chamamento a participar nas mobilizacións en defensa do idioma que se celebren en febreiro.

O 24 de febreiro de 2015 cúmprense 178 anos do nacemento de Rosalía de Castro, a escritora máis representativa da nosa lingua que marcou o camiño a seguir para a recuperación do galego devolvéndolle a dignidade da que fora desposuído. Hoxe, cando os datos obxectivos indican un alarmante descenso no uso do galego, a difusión da obra de Rosalía é fundamental, en especial para as xeracións máis novas, para fomentar a utilización da nosa lingua, achegarse á nosa idiosincrasia e comprender a nosa identidade cultural. Cómpre, pois, aproveitar a reivindicación desta data para estendela a un mes de febreiro de firme e inequívoco compromiso co idioma, sumando todos os esforzos posíbeis para situar o galego no lugar que lle corresponde como a lingua na que nos expresamos, na que desenvolvemos toda a nosa actividade profesional, na que participamos na cultura universal.

Por isto, preséntase un acordo no que se solicita ao goberno de Teo que emprenda a realización de actividades de promoción da obra de Rosalía que impliquen a veciñanza. Realizar lecturas públicas da obra rosaliana en lugares destacados do concello nas que participen o alumnado dos centros escolares e persoas destacadas pola súa actividade cultural. Desenvolver actividades para promover o coñecemento de actualizacións da obra rosaliana a través da música, o teatro, a literatura ou a danza, así como seminarios, mesas redondas e/ou conferencias sobre a súa obra e figura.

Así mesmo,na moción que se debaterá no pleno do 29 de xaneiro, faise un chamamento a participar na mobilización en defensa do galego convocada para o 8 de febreiro pola Plataforma Queremos Galego.

Ames - Iniciada a redacción do proxecto de saneamento en parroquias de Ames e A Baña

O alcalde de Ames, Santiago Amor, e o seu homólogo en A Baña, José Andrés García, mantiveron onte un encontro co director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira. Ambos rexedores expuxeron a súa intención de acometer, en conxunto, o proxecto para dotar de saneamento ás parroquias de Tapia e Piñeiro, en Ames, e Troitosende, en A Baña. Mosqueira confirmou que a redacción do proxecto xa está iniciada e a partir de agora haberá que analizar os aspectos técnicos da obra.

Con este plan de recollida, transporte e tratamento das augas residuais beneficiaranse uns cincocentos veciños e veciñas destes dous municipios. O proxecto percorre as parroquias amesás de Tapia (núcleos de Frenza e Vilouta), Piñeiro-San Mamede (lugares de Rúa, Vilaverde, Fernande, Balindo, Covas e San Mamede) e a bañesa de Troitosende (nos núcleos de Menlle de Arriba, Menlle de Abaixo, Vilela, Quintáns, Troitosende, Portochán e Vilacoba).

Psoe Silleda - La Agrupación socialista de Silleda habilitará la Casa del Pueblo para que los emigrantes retornados puedan tramitar las devoluciones de las sanciones

La Agrupación socialista de Silleda, habilitará la casa del Pueblo, el próximo martes día 27 de Enero, en horario de 16:00 a 20:00 horas, como oficina de atención personalizada a los emigrantes retornados, para que puedan realizar la reclamación de las “sanciones, recargos e intereses que el Gobierno les cobró indebidamente”

Además, una asesora perteneciente a la Plataforma de Afectados del Ulla Umia, Fátima Monteagudo, atenderá personalmente a los afectados para resolver todas las dudas que tengan sobre su situación fiscal de cara a poder regularizarla en el periodo de 6 meses por el gobierno en la Reforma Fiscal el pasado mes de Noviembre.

Los socialistas han decidido iniciar esta campaña de información y ayuda a los emigrantes retornados a la vista del anuncio de la Xunta de que habilitará oficinas en Pontevedra para atender estas reclamaciones, obligando a los silledenses afectados a asumir el coste del desplazamiento para resolver un trámite que puede hacerse por Internet “la xunta de Galicia pretende salvar los muebles del ministerio haciendo creer que están ayudando a un colectivo al que llevan años tratando como delincuentes fiscales”

Añade la secretaria xeral que si la Xunta de Galicia quiere ayudar a este colectivo lo que debiera hacer es “instar al gobierno a que devuelva las multas de oficio. Si tenían las direcciones de los afectados para cobrárselas también las tendrán para devolvérselas” o en todo caso obligar al Ministerio a hacer “una campaña informativa potente para que ningún gallego se quede sin que le devuelvan el dinero por falta de información” 

Una falta de información evidente en Silleda ya que de las 42 personas a las que el Ministerio reclamó las declaraciones fiscales de los últimos 4 años, y de las que 23 fueron sancionados con cantidades que en casos llegan a los 4.000 euros, de ellos “sólo 3 nos han confirmado que ya iniciaran el procedimiento para hacer la reclamación de las sanciones mientras que el resto o bien no tenía información de sus derechos o bien la tenía sesgada”, lo que demuestra que el Montoro “se acuerda de reclamarle sus deberes pero se olvida de que tienen derechos, entre ellos, el derecho a la información y derecho a que les pidan perdón”

Y es que aseguran los socialistas Silledenses que no es entendible que el Ministerio de Hacienda reconozca que se equivocó y que va a devolver las sanciones, recargos e intereses impuestos a este colectivo y no lo haga de oficio, si no que obligue a los afectados a tener que hacer una reclamación previa “Les obliga a reclamar lo que les cobraron injustamente. Lo que pretenden Montoro es que la gente no se entere y no tener que devolverles nada”. 

Esta acción de ayuda e información se hará también en el resto de Concellos del Deza a través de las agrupaciones socialistas en los próximos días, aunque la Secretaria Xeral Paula Fernández dice que “por supuesto la casa del pueblo de Silleda estará abierta a todos los afectados, sean de donde sean, tanto para recibir información como para tramitar las reclamaciones”

Moción en el senado:
La senadora silledense lamenta que “El ministerio siga tratando de esta forma a este colectivo y seguiremos trabajando en todos los ámbitos para exigir que la rectificación del gobierno sea total”. En esa línea recuerda que registró una moción con la que reclamará al Ejecutivo que equipare las condiciones fiscales de los emigrantes jubilados retornados a las de los jubilados nacionales. 

Además para evitar que ningún emigrante retornado se quede por falta de información sin reclamar las multas que le cobraron sin necesidad, Fernández Pena también ha hecho hincapié en la necesidad de que la Agencia Tributaria devuelva la totalidad de lo cobrado en materia de sanciones, recargos e intereses, realizando de oficio todas aquellas devoluciones que no hayan sido tramitadas al finalizar el plazo establecido.

La palamentaria del PSOE pide, además, al Gobierno que reconozca la irretroactividad de la norma para las liquidaciones que resulten de la regularización de las pensiones del extranjero no declaradas en los años no prescritos y que se devuelvan las cantidades cobradas al efecto.

Por otra parte, solicita que se ponga en marcha una campaña informativa de la Agencia Tributaria sobre la regularización de estas rentas y la condonación de las sanciones, recargos e intereses de demora pagados. “Esta campaña, ha puntualizado, también debe servir para reparar, de alguna forma, el daño moral causado al colectivo de emigrantes retornados”.

Por último, Paula Fernández Pena subraya que es necesario que se homologuen las incapacidades reconocidas en los países de origen laboral de los emigrantes retornados, estableciéndose para ello, los convenios de regulación con los organismos públicos que sean necesarios, para evitar la disparidad en los grados de invalidez entre países.

Axenda e tempo do xoves 22 de xaneiro - Música, teatro, exposicións

Santiago - Casa das Crechas - Deliria Teatro

Santiago - Auditorio de Galicia - Real Filharmonía de Galicia

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal

Santiago - Salón Teatro - O amor dos infelizes

Santiago - Kunsthalle - Azogue 

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo Gaias - Cine Galicia25 - (ata o 8 de febreiro)

Santiago - Fundación Granell - A inquietante beleza (ata o 5 de abril)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)

Santiago - Zona C - María Castellanos - Lo Real (ata o  1 de febreiro)

Santiago - Fonseca - Colección Betty Tisinger de libros desplegables (ata o 26 de xaneiro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Retrospectiva sobre o premio Luis Ksado de fotografía (ata o 17 de febreiro)


O Tempo