Sufriu durante os últimos meses acoso e discriminación laboral
Despedida por defender o seu dereito a conciliar
Nélida Pisco, condutora de Autobuses de Calo (Hedegasa), foi finalmente despedida pola empresa, logo de ter sufrido un rosario de discriminacións e ameazas por exixir o cumprimento da lei de Igualdade. Pisco solicitou, logo da baixa por maternidade, unha redución de xornada por coidado de fillos, as horas de lactación e o desfrute das vacacións que tiña pendentes, todos dereitos que lle foron denegados. A cambio conseguiu, antes de ser despedida, que a empresa a deixara sen traballo efectivo, que se lle prohibira o uso dos lugares comúns dos condutores e verse obrigada a pasar a xornada laboral no seu coche particular no exterior da nave. Todo isto, ás portas do 8 de marzo.
A CIG xa denunciara con anterioridade a situación de acoso laboral e a discriminación por razóns de xénero que estaba sufrindo esta traballadora. Unha situación que deu finalmente no seu despedimento o pasado luns día 22 de febreiro, segundo explica Inácio Pavón, membro da Executiva da FGAMT, por uns motivos que alega a empresa “delirantes”.
Esta situación viu provocada porque Nélida Pisco, a raíz da súa maternidade solicitou unha redución de xornada. A empresa primeiro intenta convencela de que deixara o posto de traballo e se dedicara á súa filla, asegurando que despois podería volver, se quería. A traballadora negouse a aceptar esta proposta e reiterou a súa demanda de redución de xornada e o mantemento do seu posto de traballo.
A partir de aí, Pisco foi obxecto de discriminacións, ameazas e mesmo denuncias falsas contra o seu home. A empresa denegou entón a redución de xornada, as vacacións que tiña pendentes e as horas de lactación, dereitos que foron recoñecidos posteriormente polo xulgado.
A razón alegada pola empresa para negarlle o desfrute destes dereitos é que non había ningún servizo que se adaptara ás súas necesidades horarias. Na sentenza, a xuíz recolle, nos feitos probados “máxime se temos en conta que a actora concreta a súa xornada laboral nunha ruta que si existe na empresa e que polo tanto, podería asumir, e que con esta non estaría prexudicando a ningún outro compañeiro”.
Tras deste xuízo e da súa reincorporación –tres días no mes de decembro- non se lle dá traballo efectivo e cando se reincorpora definitivamente tras das vacacións que tiña pendentes, o 11 de xaneiro, volve estar non só sen ocupación efectiva, senón que mesmo se lle prohibe empregar as dependencias dos condutores a sala de descanso e os medios, cando nun momento puntual non están realizando ningunha función.
Isto obrígaa a pasar a xornada de traballo no seu coche particular diante da empresa. Unha situación que dura até que se denuncian publicamente estes feitos. A partir desa denuncia a empresa dálle 45 minutos de traballo á entrada, de 7:45 a 8:30, e outros 45 minutos a saída, de 14:00 a 14:45. “Todo o resto da mañá sen facer nada, sen poder falar cos compañeiros, porque llo teñen prohibido, sen poder estar na nave, nos mesmos espazos no que están o resto dos compañeiros e sen traballo efectivo, que é o que solicitabamos que se recuperara”, explica Pavón.
Respecto desta imposición horaria, Anxo Noceda, secretario comarcal da CIG de Compostela, lembra que quen escolle o horario laboral, nos casos de conciliación con redución de xornada, é a traballadora, dentro dos horarios que adoita desenvolver e, en caso de discrepancia, quen ten que determinar é a autoridade laboral competente, que sería o Xulgado do Social de Compostela, que ademais xa determinou.
A partir dese momento aumentan as presións ata que finalmente se produce o despedimento. Entre os motivos alegados, a empresa acúsaa de facer pública a situación. Pola súa banda, Pavón xustifica esta decisión porque “non se poden permitir estes comportamentos discriminatorios”.
Hedegasa (Autobuses de Calo) traballa para as administracións pública, tanto para a Xunta de Galiza, nomeadamente para a consellaría de Educación, como para os concellos de Teo e Ames, polo que desde a CIG se lles pide que a presionen para que situacións discriminatorias como esta non se produzan. Dada a gravidade do caso, Noceda demanda destas administracións que, cando menos, se dignen a contestar aos escritos que hai xa máis de 20 días que foron remitidos .
Accións legais
A CIG anuncia ademais o inicio de accións legais -“porque ter un fillo/a non é un delicto e pedir que se cumpra a lei de conciliación tampouco”, insiste Pavón-, e mobilizacións para exixir que recupere o seu posto de traballo e que teña traballo efectivo nas mesmas condicións que tiña antes e nas mesmas condicións que o resto dos seus compañeiros/as.
Respecto das accións legais, Anxo Noceda explica que algunhas xa están en marcha, como a denuncia perante a Inspección de Traballo por non facilitarlle a Nélida Pisco traballo efectivo, máxime cando hai unha sentenza que así o obriga; unha demanda por vulneración de dereitos fundamentais e estase a ultimar a demanda por despedimento na que se vai demandar a nulidade. “Entendemos que se vulneran preceptos recollido na propia Constitución e na Lei Orgánica de Liberdade Sindical”.
A CIG anuncia tamén que iniciará mobilizacións que concretará en vindeiras xornadas.
PSOE SILLEDA
OS SOCIALISTAS LAMENTAN QUE REY NON ACUDISE A UNHA INAUGURACION A QUE FORA CONVOCADA POLO DELEGADO DE GOBERNO ANTON LOURO
O socialistas lamentan que Rey non acudise a apertura do ultimo tunel do tramo do AVE Dornelas-Vedra, unha vez que fora invitado polo delegado do goberno Anton Louro.
Os socialistas afirman que foron convidados o acto pola propia secretaria da alcaldesa quen lles comunicou que dende o gabinete da Delegación do Goberno se informara da asistencia do delegado a dito acto, e que fora convidada toda a corporación.
No acto, estaban presentes todos os alcaldes dos territorios afectados por este tramo, Boqueixon, Vedra e A Estrada, asi como portavoces municipales e concelleiros da oposición de estos concellos “somentes faltaba a alcaldesa de Silleda quen nin siquera xustificou a sua ausencia xa que o delegado estuvo esperando no punto de encontro un cuarto de hora antes de dirixirse ata o tunel, por ver se chegaba”.
Os socialistas lamentan que “Rey desaproveite ocasións como esta, para poder plantexarlle o máximo responsable do goberno de España en Galicia novas propostas ou para interesarse polos proxectos ou infraestructuras que están en marcha no noso concello”
A portavoz socialista aproveitou a súa asistencia para falar co delegado e facer con el unha valoración de varios proxectos e infraestructuras que afectan o Concello de Silleda.

PP SANTIAGO
A débeda do Concello ascende a 73 millóns de euros
Arquivado en: Notas de prensa— sbaston @ 7:32 pm
O Grupo Popular considera que o Pacto ofertado ó alcalde en materia económica é necesario para saír desta situación
O Concello ten préstamos contratados con case tódolos bancos
O PP se suma á declaración institucional por mor da morte de Orlando Zapata (pulsa aquí para consultala)
A concelleira do Grupo Municipal Popular responsable do seguimento da área de Economía, Cecilia Sierra Rey, cualificou hoxe de desmesurada a débeda do Concello que ascende a 73 millóns de euros, e considera que agora máis que nunca o Pacto ofertado polo Grupo Popular ó equipo de goberno en materia económica é necesario para saír desta situación.
Así o expresou no debate do pleno ordinario que tivo lugar esta tarde en Raxoi, que engade, no punto catro da orde do día, a aprobación do proxecto de expediente de suplemento de crédito para o exercicio 2010, por valor de 4.135.000 euros para financiar convenios plurianuais coas Consellerías de Vivenda e Solo e de Administración Territorial.
Considera que se recorre de novo ó endebedamento para cubrir os convenios xa firmados, en vez de realizar as correspondentes reservas de crédito dentro do orzamento do exercicio de 2010, porque este “nin está nin se lle espera”.
O Grupo Popular votou en contra deste punto porque “non podemos votar a favor en todo este dislate e converternos en cómplices dun caos financieiro de tal envergadura”, e lembrou os datos económicos do Concello a data 9 de febreiro no que a débeda viva ascende a 73 millóns de euros, cunha media por habitante de 768 euros. Si sumamos os gastos e os intereses orixinados polo este novo crédito, o total ascende a 83 millóns de euros, cunha media por habitante de 875 euros.
Deste xeito, explicou que o Concello de Santiago superaría a media dos Concellos de Galicia en 539 euros; estaría por diante da media dos Concellos de España en 202 euros, en 74 por diante das entidades locais de España e en 456 por diante das entidades locais de Galicia.
A concelleira popular explicou que para lograr a execución destes convenios o Concello está a recorrer, unha vez máis á débeda con entidades financieiras, unha das causa á que atribúe os graves problemas económicos que atravesa a facenda municipal, “unido a unha longa cadea de despropósitos”.
Na súa intervención resumiu o momento económico do Concello que cualificou de “delicado por deixarse levar o alcalde polo boom inmobiliario e o endebedamento como recursos de obtención de ingresos”, indicou Sierra Rey, para quen existe unha merma de ingresos importante debido ó parón do sector da construción a pesar de que o Grupo Popular leva pedindo toda a lexislatura un cambio de estratexia na obtención de ingresos.
Para Sierra Rey esta situación levou á actual situación de caos contable do Concello e como consecuencia directa apuntou a non elaboración do orzamento do 2010 nun ano tan importante para o Concello. Lembremos que a día de hoxe, ó non existir orzamento, o Concello está sometido a unha prórroga, é dicir, se cubren os gastos comúns de funcionamento do Concello pero non se poden acometer proxectos novos.
Liña de bus ó aeroporto
O concelleiro do Grupo Municipal Popular encargado do seguimento da área de transporte, Javier Sánchez-Agustino, amosou hoxe a súa satisfación porque en breve se arranxe o servizo de transporte ó aeroporto de Lavacolla, na actualidade “calamitoso”. Engadiu que o que non fixo o bipartito en catro anos vaise a resolver agora pola Xunta.
Así o acordaron na sesión ordinaria do pleno na que o PSdeG-PSOE retirou a súa proposición ó respecto e o Grupo Popular a súa moción, despois de que o alcalde se decidira definitivamente a asumir as necesidades de mellorar esta liña despois de catros anos de inactividade da Xunta do bipartito, como recoñeceu nos medios de comunicación.
Dende fai dous anos, o Grupo Popular viña insistindo neste grave problema que estaba a prexudicar a imaxe da cidade, queixa que consegíu, por fin, que se introducira no debate da cidade a situación deficitaria do transporte público ó aeroporto, o que propiciou que o alcalde se dicidira definitivamente a asumir as necesidades de mellorar .
Así aclarou que esta é a razón pola que o grupo socialista retirou da orde do día a súa proposición e o grupo popular a moción que sobre este tema se incluía tamén no debate.

AYUNTAMIENTO DE AMES
Apróbanse as bases do VII Certame Literario Concello de Ames
[25/02/2010] A Xunta de Goberno local aprobou este mércores as bases do VII Certame Literario Concello de Ames de narrativa e poesía. Nelas regúlanse tanto os premios que se van conceder nas diversas categorías como os requisitos esixidos para participar no concurso ou a composición do xurado. Como nas edicións anteriores, poderá participar no concurso calquera persoa que presente textos inéditos escritos en lingua galega. Estes textos deberán presentarse antes do 17 de abril.
Logo de examinar detidamente cada un dos puntos, a Xunta de Goberno local, aprobou as bases redactadas para o VI Certame Literario Concello de Ames de narrativa e poesía. Todas aquelas persoas que desexen participar, poden comezar xa a debuxar na súa mente a que será a historia que presenten ao certame, tendo de prazo para remitilo ao concello ata o 17 de abril.
O Certame Literario Concello de Ames de narrativa e poesía é xa un referente para os novos creadores e creadoras, e supón unha boa oportunidade para todas aquelas persoas que desexen medir a súa capacidade para escribir e os límites da súa imaxinación. Ao igual que nas anteriores edicións, son tres as categorías existentes en cada modalidade do certame. Os nenos e nenas que teñan ata 13 anos poderán participar na primeira categoría, mentres que a segunda está dirixida a rapaces de 14 a 18 anos e a terceira ás persoas de máis 18 anos. Haberá tres premios en metálico por cada unha das categorías en todas as modalidades.
Requisitos para participar
A extensión mínima para as composicións será de dúas páxinas en narrativa e de 20 versos en poesía. En canto á extensión máxima será de 6 páxinas en narrativa e de 50 versos en poesía. Os participantes só poderán presentar un traballo en cada unha das modalidades, enviando catro copias do mesmo.
O tema da historia que se envíe a concurso é libre, e o único requisito para participar no certame é presentar textos inéditos escritos en lingua galega. Ademais, para garantir o anonimato nos textos non poden aparecer os datos persoais do autor nin a súa sinatura. Así, nas catro copias da composición que envíen deberán constar a modalidade na que participa, a categoría e o pseudónimo do autor. Os datos persoais introduciranse nun sobre pechado no que, por fóra, figuren de novo modalidade categoría e pseudónimo. Por último, o sobre cos datos persoais e as catro copias introduciranse noutro sobre indicando de novo os mesmos datos de modalidade, categoría e pseudónimo.
Os textos deben remitirse antes do 17 de abril de 2010 ao enderezo concello de Ames (Servizo de Normalización Lingüística). Avda. de Azcárraga, nº 5, Bertamiráns, 15220 Ames, A Coruña.
En canto ao xurado, estará formado por tres membros de recoñecido prestixio dentro do mundo da cultura e por un secretario, con voz e sen voto, representante do concello de Ames. A súa decisión anunciarase publicamente o 11 de maio, entregándose os premios o 17 de maio, nun acto público que se levará a cabo na Casa da Cultura do Milladoiro.
O Concello de Ames publicará os traballos premiados nunha antoloxía creada para tal efecto, sen apercibimento de dereitos de autor e compensando os autores ou autoras con tres exemplares do volume que se edite

PSOE ARZUA
OS SOCIALISTAS CONSIDERAN QUE SERIA UN VALOR ENGADIDO AO CAMIÑO DE SANTIAGO UBICAR OS ANTIGUOS FORNOS DE CAL DA CASTAÑEDA.-
A tal efecto instarán por escrito á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta e a Universidade de Santiago (usc), que se estudie esta zona para situar estes fornos de cal. mediante prospeccións arqueolóxicas que demostren vestixios da súa existencia .-
Como é sabido o Codex Calistinus ou Liber Sancti Iacobi, manuscrito de mediados do século XII, que se conserva na Catedral de Santiago.No seu Libro V, -guia do peregrino-, recolle que na Castaniolla (Castañeda) cocíase cal destinada ás obras da basílica do Apóstolo, participando os peregrinos co seu esforzo , carrexando pedras calizas que recollian nos montes de Galicia para depositar neste fornos.-
Deste e outros temas relacionados con este Codice, xa ten feito estudios o investigador e canónigo do cabildo catedralicio D. Antonio López Ferreiro, sen que ata de agora se poidese con certeza ubicar estos fornos nesta parroquia do Concello de Arzúa.-
“Sería un valor patrimonial a maiores para esta universal ruta xacobea, que aportaria mais alicientes promocionales que beneficiarian a Galicia en xeral e a Arzúa en particular, pois non esquezamos que hoxendia os peregrinos que transitan o Camiño, son un dos soportes económicos de maior relevancia municipal” – Afirma Xabier Pintor, voceiro socialista.-
Os fornos de cal, son construccións tradicionais de pedras, cun proceso para obtener cal mediante pedras calcareas por altas temperaturas durante varios dias, usando leña como combustible.-
“O importante dato documental que nos da este Codice, demostra que estos fornos de cal abastecian algunas das necesidades de morteiro da basílica catedralicia, polo que entendemos que a súa localización mediante os vestixios que amosen a sua existencia,poderia dar lugar a sua reconstrucción ou, alomenos,sinalizalos cun panel informativo, como, a modo de exemplo, se ten noutros lugares como na provincia de Segovia.- rematan dende a Agrupación local do psoe.-

AYUNTAMIENTO DE MELIDE
O voceiro do Partido Socialista do goberno de Melide, e primeiro tenente de alcaldesa, fixo hoxe unhas declaracións ao respecto das acusacións do Partido Popular, con respecto á paralización da obra de instalación dunha depuradora no parque empresarial da Madanela. O concelleiro de Medio Ambiente e primeiro tenente de alcaldesa afirmou que “o goberno local actuou e actúa sempre en beneficio dos intereses de Melide, pois despois de quince anos sen depuradora no parque empresarial, por fin o goberno actual de Melide fixo todas as xestións necesarias para acadar un convenio que fixera posible a súa instalación”. O edil socialista “lamentará profundamente se sé anula este convenio, porque supón a perda dun servizo básico para Melide.”
Manuel Prado tamén quixo facer fincapé en que “no momento no que o Partido Socialista teña coñecemento de que o Bloque Nacionalista Galego actúa en contra do beneficio de Melide, será o primeiro en denuncialo, pero sei que as xestións realizadas pola rexedora municipal tiñan por finalidade dotar a Melide dun servizo que se levaba demandando quince anos, e polo que seguiremos traballando”.

AYUNTAMIENTO DE OROSO
O CONCELLO DE OROSO ORGANIZA A PRIMEIRA EDICIÓN DA FEIRA DOS OFICIOS E DA ARTESANÍA
NO MARCO DA FESTA DA TROITA
A feira estará aberta a todos os artesáns galegos que o desexen, sempre que se comprometan a ofrecer demostracións en vivo do seu oficio diante dos milleiros de asistentes á Festa da Troita
25 de febreiro de 2010.- O Concello de Oroso convoca a primeira edición da Feira dos Oficios e da Artesanía, que terá lugar en Sigüeiro no marco da XIV Festa da Troita os vindeiros días 7, 8 e 9 de maio. Unha iniciativa que xurde das peticións realizadas polos propios artesáns, e ao interese espertado por estes oficios na pasada edición da Festa da Troita, e na que poderán participar todos os artesáns de Galicia que o desexen e estén dispostos a mostrar á xente o seu oficio en directo.
“Con esta feira pretendemos axudar a recuperar estes oficios e achegalos aos milleiros de persoas que visitan Sigüeiro neses días de festa”, explica Antonio Leira, coordinador da Festa da Troita, “ao tempo que lles ofrecemos aos artesáns un excepcional escaparate para os seus produtos”. O Concello de Oroso acondicionará un espazo axeitado para que os participantes poidan instalar os seus postos. Un espazo totalmente de balde pois “o único compromiso que lle pedimos aos artesáns é que elaboren algunhas das súas pezas no stand e traballen en directo para poder amosar os seus produtos e traballo ao público visitantes”, sinala Antonio Leira.
Obradoiros e talleres
Os postos desta primeira Feira dos Oficios e da Artesanía instalaranse no entorno da praza Isaac Díaz Pardo, con acceso directo á Alameda de Góis, espazo que centralizará as actividades da XIV Festa da Troita. O seu horario de apertura ao público será de 11:00 a 22:00 horas, estando os postos vixiados por parte da organización entre as 22:00 e as 9:00 horas. O coordinador da Festa da Troita sinala que “durante estes días poderemos presenciar en vivo como os oficios e a artesanía volven á vida, como esta feira nos traslada a outras épocas e formas de vida e nalgún caso, incluso, poder participar nos obradoiros e actividades”.
Así, o Concello de Oroso espera contar nesta Feira dos Oficios e da Artesanía con obradoiros de vimbio e cana, esparto, olería, marroquinería, madeira, cerámica, tapices, encadernación e xoiería. Ademais, tamén estará aberto aos alimentos artesáns coma o queixo, o mel ou o pan, sempre que amosen en directo como se elaboran. Finalmente, tamén se agarda a participación de talleres que xa visitaron con gran éxito Sigüeiro en anteriores edicións (como o taller do ferreiro ou o taller de coiro), aos que se agarda que se unan tamén talleres do torneiro, do canteiro ou da navalla.
“Deste xeito gañaremos todos”, explica Antonio Leira, “por unha banda os milleiros de visitantes da Festa da Troita, que poderán achegarse a oficios que descoñecían ou que daban por desaparecidos, e por outra banda os propios artesáns, que disporán do mellor escaparate para vender as súas creacións”. Por iso, o Concello de Oroso xa se puxo en contacto con distintas asociacións e agrupacións de artesáns de Galicia, que se amosaron interesados en participar nesta feira. Así mesmo, o Concello de Oroso decidiu abrir a participación a todos os artesáns galegos, en xeral, que poderán anotarse na Concellería de Cultura, no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro. A folla de solicitude pode descargarse a través da web municipal (www.concellodeoroso.com). Máis información nos teléfonos 981 69 09 03 ou 981 69 14 78.
NO MARCO DA FESTA DA TROITA
A feira estará aberta a todos os artesáns galegos que o desexen, sempre que se comprometan a ofrecer demostracións en vivo do seu oficio diante dos milleiros de asistentes á Festa da Troita
25 de febreiro de 2010.- O Concello de Oroso convoca a primeira edición da Feira dos Oficios e da Artesanía, que terá lugar en Sigüeiro no marco da XIV Festa da Troita os vindeiros días 7, 8 e 9 de maio. Unha iniciativa que xurde das peticións realizadas polos propios artesáns, e ao interese espertado por estes oficios na pasada edición da Festa da Troita, e na que poderán participar todos os artesáns de Galicia que o desexen e estén dispostos a mostrar á xente o seu oficio en directo.
“Con esta feira pretendemos axudar a recuperar estes oficios e achegalos aos milleiros de persoas que visitan Sigüeiro neses días de festa”, explica Antonio Leira, coordinador da Festa da Troita, “ao tempo que lles ofrecemos aos artesáns un excepcional escaparate para os seus produtos”. O Concello de Oroso acondicionará un espazo axeitado para que os participantes poidan instalar os seus postos. Un espazo totalmente de balde pois “o único compromiso que lle pedimos aos artesáns é que elaboren algunhas das súas pezas no stand e traballen en directo para poder amosar os seus produtos e traballo ao público visitantes”, sinala Antonio Leira.
Obradoiros e talleres
Os postos desta primeira Feira dos Oficios e da Artesanía instalaranse no entorno da praza Isaac Díaz Pardo, con acceso directo á Alameda de Góis, espazo que centralizará as actividades da XIV Festa da Troita. O seu horario de apertura ao público será de 11:00 a 22:00 horas, estando os postos vixiados por parte da organización entre as 22:00 e as 9:00 horas. O coordinador da Festa da Troita sinala que “durante estes días poderemos presenciar en vivo como os oficios e a artesanía volven á vida, como esta feira nos traslada a outras épocas e formas de vida e nalgún caso, incluso, poder participar nos obradoiros e actividades”.
Así, o Concello de Oroso espera contar nesta Feira dos Oficios e da Artesanía con obradoiros de vimbio e cana, esparto, olería, marroquinería, madeira, cerámica, tapices, encadernación e xoiería. Ademais, tamén estará aberto aos alimentos artesáns coma o queixo, o mel ou o pan, sempre que amosen en directo como se elaboran. Finalmente, tamén se agarda a participación de talleres que xa visitaron con gran éxito Sigüeiro en anteriores edicións (como o taller do ferreiro ou o taller de coiro), aos que se agarda que se unan tamén talleres do torneiro, do canteiro ou da navalla.
“Deste xeito gañaremos todos”, explica Antonio Leira, “por unha banda os milleiros de visitantes da Festa da Troita, que poderán achegarse a oficios que descoñecían ou que daban por desaparecidos, e por outra banda os propios artesáns, que disporán do mellor escaparate para vender as súas creacións”. Por iso, o Concello de Oroso xa se puxo en contacto con distintas asociacións e agrupacións de artesáns de Galicia, que se amosaron interesados en participar nesta feira. Así mesmo, o Concello de Oroso decidiu abrir a participación a todos os artesáns galegos, en xeral, que poderán anotarse na Concellería de Cultura, no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro. A folla de solicitude pode descargarse a través da web municipal (www.concellodeoroso.com). Máis información nos teléfonos 981 69 09 03 ou 981 69 14 78.
PSOE SILLEDA
OS SOCIALISTAS LAMENTAN QUE REY NON ACUDISE A UNHA INAUGURACION A QUE FORA CONVOCADA POLO DELEGADO DE GOBERNO ANTON LOURO
O socialistas lamentan que Rey non acudise a apertura do ultimo tunel do tramo do AVE Dornelas-Vedra, unha vez que fora invitado polo delegado do goberno Anton Louro.
Os socialistas afirman que foron convidados o acto pola propia secretaria da alcaldesa quen lles comunicou que dende o gabinete da Delegación do Goberno se informara da asistencia do delegado a dito acto, e que fora convidada toda a corporación.
No acto, estaban presentes todos os alcaldes dos territorios afectados por este tramo, Boqueixon, Vedra e A Estrada, asi como portavoces municipales e concelleiros da oposición de estos concellos “somentes faltaba a alcaldesa de Silleda quen nin siquera xustificou a sua ausencia xa que o delegado estuvo esperando no punto de encontro un cuarto de hora antes de dirixirse ata o tunel, por ver se chegaba”.
Os socialistas lamentan que “Rey desaproveite ocasións como esta, para poder plantexarlle o máximo responsable do goberno de España en Galicia novas propostas ou para interesarse polos proxectos ou infraestructuras que están en marcha no noso concello”
A portavoz socialista aproveitou a súa asistencia para falar co delegado e facer con el unha valoración de varios proxectos e infraestructuras que afectan o Concello de Silleda.
O socialistas lamentan que Rey non acudise a apertura do ultimo tunel do tramo do AVE Dornelas-Vedra, unha vez que fora invitado polo delegado do goberno Anton Louro.
Os socialistas afirman que foron convidados o acto pola propia secretaria da alcaldesa quen lles comunicou que dende o gabinete da Delegación do Goberno se informara da asistencia do delegado a dito acto, e que fora convidada toda a corporación.
No acto, estaban presentes todos os alcaldes dos territorios afectados por este tramo, Boqueixon, Vedra e A Estrada, asi como portavoces municipales e concelleiros da oposición de estos concellos “somentes faltaba a alcaldesa de Silleda quen nin siquera xustificou a sua ausencia xa que o delegado estuvo esperando no punto de encontro un cuarto de hora antes de dirixirse ata o tunel, por ver se chegaba”.
Os socialistas lamentan que “Rey desaproveite ocasións como esta, para poder plantexarlle o máximo responsable do goberno de España en Galicia novas propostas ou para interesarse polos proxectos ou infraestructuras que están en marcha no noso concello”
A portavoz socialista aproveitou a súa asistencia para falar co delegado e facer con el unha valoración de varios proxectos e infraestructuras que afectan o Concello de Silleda.
PSOE SILLEDA
O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA PRESENTARÁ UNHA MOCION NO PROXIMO PLENO PARA SOLICITAR QUE SE CONTINUE CO PROCESO DE HUMANIZACION DAS VILAS DE SILLEDA E BANDEIRA
PEDIRAN QUE SE MELLOREN AS RUAS PROXIMAS AS VIVENDA DE PROTECCION OFICIAL DENTRO DO ACORDO ASINADO COA ANTERIOR CONSELLERIA DE VIVENDA
24 de febreiro de 2010.- O grupo municipal socialista pedirá a traves dunha moción no proximo pleno que se continúe co proceso de humanizacion das vilas de Silleda e Bandeira, co arranxo de mais rúas para dotalas de espazos amplos para disfrute dos cidadáns.
Dende o grupo municipal, solicitarase que a Xunta manteña “o compromiso que existía entre concello, a asociación Olaia e a anterior conselleria de vivenda e solo” para dotar economicamente o concello para o arranxo das contarnas das vivendas de protección oficial.
No ano 2009 este acordo permitiu o arranxo da rúa Dos castros de Toiriz (antiga Rúa G), da Praza Mestre Mateo(antigamente fin ada rúa Moron) e a Praza Benito Rivas, cun importe total de 120.000 €.
O goberno socialista tiña o compromiso de recibir outros 120.000 € para esta anualidade 2010 para executar obras para mellorar o entorno urban dentro do plan de humanizacion das vilas de Silleda e Bandeira, dando así resposta con estas obras a resolución dos aspectos estructurais e funcionais das zonas próximas as vivendas promovidas pola Xunta de Galicia “ e que esperamos que co voto a favor do tódolos concelleiros a Xunta a manteña”
Co goberno socilista estes cartos íanse destinar o arranxo das rúas na contorna da vivendas de Protección Oficial do Concello de Silleda, promovidas na década dos 90 polo IGVS, e en concreto o arranxo da Rúa Campo de Arriba (antiga rua E).
A elección de esta rúa basease en que Campo de Arriba, e paralela a carretera N-525 no primeiro dos tramos, cunha curva caseque a 90 graos e ten doble sentido de circulación, dispón de aceras estreitas e as alturas dos inmobles fan de ela unha calle pouco soleada o que a convirte nunha rua pouco atractiva para disfrutar.
Outro dos valores que fan necesario o arranxo de esta rúa e que o é a primeira que ven os visitantes a Silleda que chegan pola N-525 dende Lalin, “e a imaxen dun pobo sempre é importante”
A proposta prantexada polos socialistas, e que lle fora presentada o delegado provincial de vivenda, incluía a posibilidade de eliminar un sentido de circulación co que pódense ampliar as aceras na marxen das vivendas con árboles, bancos e incluso algunha pequena zona de xogo o que melloraría o entorno e a calidade de vida dos usuarios.
Na calle producese un salto de nivel o estar no primeiro tramo lixeiramente encostada respecto a N525 quedando un pequeño reducto de terreo axardinado que tamén debería recuperarse
A inversión en esta rúa supón pouco custo xa que dispón de tódolos servizos de abastecemento de auga, evacuación de augas residuais e pluviais, e non é preciso a súa mellora
Os socialistas recordan que tamén son necesarias facer inversións en outras rúas como a Rua Morón de Silleda ou a Rúa Maceira Boa da Bandeira, e irán presentando as súas propostas de humanización de aquí ata a celebración do pleno do mes de marzo
MEMORIA URBANÍSTICA
O planeamento urbanístico en vigor neste concello é o Plan Xeral de Ordenación Municipal
O chan en que intervimos está clasificado como chan urbano edificación pechada.
Xustificación:
Titulo IX Condicións de urbanización
Capítulo I Proxectos de urbanización
Tívose en conta na redacción do proxecto todos os puntos deste capítulo.
Capítulo II Normas a observar en obras e servizos
Viarios: Proxectáronse cumprindo as normas deste capítulo
Abastecemento de auga potable: Cúmprense as esixencias con conexión á rede de abastecemento municipal.
Evacuación de auga e saneamento: Cúmprense as esixencias con conexión á rede separativa de saneamento municipal.
Servizos eléctricos: Proxectouse cumprindo as normas deste capítulo
Capitulo III Inspección das urbanizacións
Cumprirase coas esixencias definidas neste capítulo con respecto a fiscalización das obras, control de calidade, revogación de licenzas e clasificación do construtor..
MEMORIA CONSTRUCTIVA
Demolicións
Realizarase a demolición das medianas que ocupa parcialmente a calzada con retirada de cascallos a vertedoiro autorizado.
Levantarase o pavimento de baldosa existente.
Movementos de terra
A orde, a forma de execución e os medios a empregar en cada caso, para o movemento de terras, axustarase ao establecido na documentación técnica e aos criterios da D.F.
Adecuarase o terreo ao establecido en proxecto.
Procurarase facer os movementos de terra mínimos necesarios para levar a bo cabo a realización do proxecto tal e como se indica nos planos que se achegan.
Cimentacións
Realizaranse zapatas para que sirvan de apoio ás luminarias Estes elementos uniranse mediante armaduras de aceiro aos elementos que sobresairán en superficie.
Baixo os bordos execútase unha base de formigón.
Pavimentos
O firme estará constituído polo existente cunha capa de rodaxe de mestura bituminosa tipo D-20k para nivelación e reparación. Nas zonas onde non existe calzada executarase unha base de zahorra natural de 25 cm. e posterior pavimentación segundo documentación gráfica.
O pavimento das beirarrúas estará constituído por beirarrúa de baldosa de terrazo decorativo de 40x40 cm como a das beirarrúas existentes, asentada sobre morteiro de cemento e soleira de formigón de 15 cm de espesor, contida lateralmente no seu lado de calzada mediante bordo de formigón prefabricado.
Xardinería
Protexeranse as árbores novas con estacas de madeira para evitar na medida do posible o seu desprazamento ata que as raíces aseguren a estabilidade da árbore. Procurarase elixir especies de tamaño superior a dous metros e plantaranse na estación que permita a súa supervivencia.

BNG ORDES
O BNG PRESENTARÁ O MANIFESTO “GALIZA TEN DEREITO” AOS SECTORES SOCIAIS E ECONÓMICOS DE ORDES
A presentación realizarase este xoves nun acto público que contará coa participación de Carlos Aymerich
O BNG de Ordes está a desenvolver unha activa campaña de divulgación da Lei de Caixas no concello, así, xunto co reparto de folletos informativos na rúa, os nacionalistas celebrarán un acto público, este xoves, 25 de febreiro, ás 21:00, no Restaurante O Túnel, que contará coa participación de Carlos Aymerich, portavoz do Grupo Parlamentario do BNG.
No citado acto os nacionalistas presentarán aos diferentes sectores económicos e sociais de Ordes o manifesto “Galiza ten dereito”, que foi presentado formalmente no Parlamento Galego por parte do portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, e foi asinado tamén polos representantes do PPdeG, da CIG, de UXT, de CC OO e da Confederación de Empresarios de Galiza.
Este manifesto defende que Galiza ten dereito a ter un sistema financeiro eficiente ao servizo do País, a que o Estado respecte o seu autogoberno e a propiciar a fusión das súas caixas.
Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG, salientou no anuncio deste acto que “este manifesto constitue para o BNG a expresión de que a sociedade galega non está disposta a deixarse asoballar, porque Galiza ten dereito a ter un sistema financeiro eficiente ao servizo do País, a elaborar leis en beneficio da sociedade e da economía galegas e a que o Estado respecte o noso autogoberno.”
Castro criticou ao Goberno do Estado, por pretender, co recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Caixas de Galiza, “paralisar a fusión das caixas galegas, favorecer a súa deslocalización e provocar o espolio do aforro galego”.

O Pleno debaterá a cesión de dúas parcelas de titularidade municipal á Xunta de Galicia
[24/02/2010] A sesión plenaria de febreiro preséntase cargada de temas que serán debatidos e aprobados se procede pola corporación municipal. O principal punto que inclúe a orde do día é a cesión de dúas parcelas á Xunta de Galicia para construír unha nova escola infantil en Bertamiráns e un centro dedicado á terceira idade no Milladoiro. Ademais darase conta ao Pleno da renuncia que fixo o concelleiro Santos Lorenzo do seu cargo de edil. Tamén haberá tempo para atender as tres mocións presentadas polos grupos municipais e para dar resposta aos rogos e preguntas.
No Pleno de mañá debateranse varios temas entre os que destacan dous puntos relativos ao inicio de expediente para posta a disposición de dúas parcelas, situadas nas localidades de Bertamiráns e no Milladoiro, en favor da Xunta de Galicia para construír unha escola de educación infantil e un edificio destinado a terceira idade. O expediente de cesión gratuíta destas parcelas requiren do voto favorable da maioría absoluta do número legal de membros da corporación municipal.
Este é un trámite imprescindible para que as parcelas poidan pasar a ser de titularidade autonómica. Previamente o Concello xa estivo negociando coa Xunta de Galicia para que acometa a construción dunha nova escola infantil en Bertamiráns e dun centro dedicado á terceira idade no Milladorio. Deste xeito daríase solución as deficiencias que existen neste senso. Estas conversas xa están moi avanzadas e o goberno municipal acadou o compromiso da Xunta de Galicia para levar a cabo estes proxectos.
A escola infantil que se pretende construír en Bertamiráns estará situada no contorno do centro de saúde e da Casa da Cultura desta localidade. O goberno municipal xa ten moito andado neste proxecto posto que conta co compromiso da Concellaría de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, a través do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar, para construír esta nova instalación.
O Concello de Ames é propietario dunha parcela resultante das operacións de segregación e agrupación autorizadas na Xunta de Goberno o pasado 10 de febreiro de 2010. A parcela de titularidade municipal resultante ten unha superficie de 1.500 metros cadrados, unha vez detraído o espazo destinado á rede viaria. A finca que se pretende ceder para construír a devandita escola está situada na Travesía do Pedregal, pertencente ao núcleo de Bertamiráns.
Centro de día
Ademais o goberno municipal conta co compromiso da Xunta de Galicia para a construción no Milladoiro dun edificio dedicado á terceira idade. Esta instalación está previsto que se constrúa no sector urbanístico S-15, Travesía do Porto Sur, aprobado definitivamente o día 22 de agosto de 2007. A parcela dedicada a este fin ten unha superficie de 3.452 metros cadrados. Coa construción deste edificio darase cumprimento á demanda dunha gran parte das persoas maiores de Ames.
Outros dos temas que se van abordar é a resolución de alegacións e aprobación definitiva da ordenanza reguladora das tarxetas de estacionamento e accesibilidade do concello de Ames. Cómpre lembrar que na sesión plenaria ordinaria celebrada o 24 de setembro de 2009 prestouse aprobación inicial a esta ordenanza. Posteriormente, someteuse a exposición pública durante un prazo de trinta días hábiles a efectos de exame e reclamacións. Agora toca elevar esta aprobación a definitiva.
Tamén se poñerá en coñecemento do Pleno a renuncia que fixo o concelleiro Santos Lorenzo do seu cargo de edil. Por último haberá tempo para abordar as tres mocións presentadas polos grupos políticos municipais. As mocións presentadas polos grupos nacionalistas e popular reclaman a adhesión do Concello de Ames ao manifesto Galicia ten dereito.
Segundo recolle a moción presentada polo BNG, os concellos galegos, como entidades representativas dos cidadáns e ademais directamente interesadas en contar con entidades financeiras solventes e galegas, non poden quedar á marxe do proceso de defensa das caixas de aforro galegas.
O grupo municipal socialista tamén presentou unha moción, pero esta aborda o día internacional da muller, que se celebrará o vindeiro día 8 de marzo.

En relación á nota de prensa enviada polo Partido Popular e aparecida no xornal La Voz de Galicia o mércores 24 de febreiro, sobre as preguntas presentadas pola oposición ao Pleno do Concello de Melide, o equipo de goberno local quere manifestar o seguinte:
1. É rotundamente falso que a alcaldesa de Melide afirmase “non ter tempo para buscar os datos en non se ter decatado de responder ás preguntas presentadas polo Partido Popular”, tal e como pode comprobarse nas actas oficiais dos plenos. Nunca a rexedora deu tales contestacións ao PP polo que, novamente están mentindo e inventando respostas.
2. Nos últimos cinco plenos celebrados, o Partido Popular formulou un total de 82 preguntas escritas. Dáse a circunstancia de que o Partido Popular ten por costume presentar, case sempre, as preguntas o día anterior ao pleno, dificultando así de forma notable e intencionada a súa resposta en forma e prazo. Sirvan como exemplo que as preguntas presentadas polo PP para o pleno do mes de agosto foron rexistradas ás 14.15h do 4 de agosto, estando o pleno convocado para as 13 horas do día seguinte, 5 de agosto. Con esta praxe, o Partido Popular incumpre a lei no artigo 97 do ROF (Regulamento de Organización e funcionamento), no que se di expresamente que “as preguntas escritas deben ser presentadas con alomenos vinte e catro horas de antelación ao pleno”. O PP esquécese de dar estes datos nas súas acusacións públicas e que son os que provocan realmente que, algunhas preguntas, non poidan ser contestadas na mesma sesión plenaria. Esta maneira de actuar non pode entenderse máis ca como un intento de paralizar o funcionamento normal do Concello de Melide, e en especial do seu servizo de Intervención.
3. En concreto, e en relación ás declaracións realizadas polo Partido Popular sobre as preguntas sobre a situación económica feitas no pleno deste mes febreiro, a realidade, tal e como pode constatarse nas actas dos plenos é que a resposta do equipo de goberno foi a seguinte: “A nova interventora municipal tomou posesión do seu cargo o 1 de febreiro, polo que non é posible que dea resposta a estas preguntas no pleno do día 4 do mesmo mes”.
4. Por todo o anteriormente exposto, o equipo de goberno local de Melide rexeita rotundamente todas as acusacións de falta de transparencia denunciadas polo Partido Popular, ao tempo que insta ao grupo da oposición a deixar de mentir sobre as supostos argumentos dados pola Alcaldesa, e sobre os prazos das respostas. A este respecto, cómpre dicir que agás nos casos nos que se produciu a incorporación de persoal novo ao departamento de Intervención, ou cando foi materialmente imposible pola non dispoñibilidade de tempo, todas as preguntas foron respondidas.
5. A día de hoxe, das 84 preguntas formuladas polo Partido Popular nos últimos plenos, só resta unha por dar resposta, e que será comunicada ao grupo da oposición nos vindeiros días, unha vez sexa facilitada a información polo Servizo de Intervención ao equipo de goberno.
6. A alcaldesa de Melide, Socorro Cea, lamenta que o PP estea agora tan preocupado pola situación económica do Concello de Melide cando a anterior alcaldesa do PP, Ángeles Vázquez, deixou sen pagar máis de 1,8 millóns de euros en facturas e 1.051.612 euros de dous préstamos bancarios dos que nunca amortizou nin un só céntimo nos seus anos como alcaldesa. Lembrar tamén que o Consello de Contas, despois de analizar as contas municipais correspondentes ao ano 2006, gobernando o PP, situou a Melide entre os corenta concellos galegos en risco de insolvencia financeira.
7. Por último, o goberno local pídelle ao PP que faga oposición, pero que deixe gobernar e tentar así solucionar o desastre económico que deixaron os populares no concello.

PP MELIDE
O PP de Melide insta ó Tenente de Alcalde a que se sitúe publicamente sobre as irregularidades de Cea no proxecto da depuradora de Madanela
• A Voceira Popular insta a Manuel Prado a que aclare a súa relación coas certificacións falsas do remate da depuradora, remitidas á Consellería de Industria o 28 de decembro
• Ánxeles Vázquez considera un tempo máis que prudencial o dado ó concelleiro para que explique a súa vinculación
Melide, 24 de febreiro de 2010. A Voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, insta ó concelleiro socialista, Manuel Prado, socio de goberno da actual alcaldesa, Socorro Cea, a que reflicta publicamente a súa posición con respecto a situación da depuradora de Madanela e ás certificacións falsas de fin de obra, enviadas á Consellería de Industria o pasado 28 de decembro, sen terse, tal e como denuncia Vázquez, comezado as obras.
Para a voceira do PP, “o Goberno Local de Melide é cousa de dous partidos: BNG e PSOE”, polo que, pasado un tempo prudencial e sen que a rexedora dera explicacións ó respecto, considera que é hora de que Manuel Prado, Tenente de Alcalde e responsable á vez da área de Medio Ambiente, lle explique ós melidenses cómo se chegou á situación actual, así como tamén as medidas que o Concello ten pensado tomar ó respecto.
O PP de Melide esixe unha resposta de inmediato ó PSOE, debido a que, ante un problema tan grave como é a falsidade documental, non pode permanecer impasible, xa que, pola contra, estaría facendo unha política seguidora do BNG e, polo tanto, tamén sería responsable por omisión. Segundo Ánxeles Vázquez, “o que está a ocorrer en Melide é lamentable”, de aí que lle esixa explicacións ós actuais gobernantes e os motivos polos que esgotaron os prazos sen face-las obras e falsearon a documentación, infrinxindo así a lei.

PP COMARCAL
El PP pone en marcha un Comité Comarcal para trabajar en un programa ambicioso cuyo eje central será el empleo
• El Secretario de Organización destacó el impulso que la nueva Xunta le está dando a la comarca y se mostró satisfecho por los proyectos que está llevando a cabo en los ayuntamientos
Vedra, 24 febrero 2010.- El Secretario de Organización, Manuel Alvarez Campana, ha participado en una reunión de trabajo con los alcaldes y portavoces del Partido Judicial de Santiago Sur (Ames, A Baña, Boqueixón, Brión, Dodro, Negreira, Padrón, Rois, Santa Comba, Santiago, Teo, Val Do Dubra y Vedra), para preparar las elecciones de 2011. El líder provincial anunció la creación de un Comité comarcal que, desde hoy, se reunirá de forma periódica para empezar a trabajar en los programas electorales y para preparar los comicios del próximo año. En esta línea, apuntó que uno de los objetivos prioritarios de este comité será sentar las bases de un programa ambicioso, cuyo eje central será el empleo, reflejando así las necesidades de la comarca. Para ello, el Secretario de Organización apuntó que “vamos a darle voz a los ciudadanos, ya que van a ser los protagonistas. Queremos que, además de las propuestas municipales, se recojan también las necesidades conjuntas de toda la comarca”, de forma que se fortalezcan las señas de identidad de la zona. En este sentido, adelantó que el PP presentará un programa comarcal que recogerá las actuaciones que afectan de forma común a toda la comarca.
Otro de los temas abordados en la reunión, fue la satisfacción de todos los asistentes por el cambio que ha supuesto para la comarca la llegada del nuevo Gobierno de la Xunta. Concretamente, el representante provincial destacó la gran noticia del compromiso del Gobierno Autonómico de que los concellos de Boqueixón, Brión, Teo, Val do Dubra y Vedra, entre otros, se integren en el futuro Plan de Transporte Metropolitano, que entrará en vigor a principios de verano. En este sentido, Campana hizo hincapié, además de las ventajas económicas para el usuario, ya que el precio del billete se reducirá de 1,25 a 0,72 céntimos de euro, en que los ayuntamientos colindantes con la capital gallega conectarán con el centro urbano de la misma y establecer así la posibilidad de cambios de bus sin incrementar el coste del billete.
Asimismo, el representante popular destacó las inversiones en Boqueixón, Brión, Teo y Vedra par la ejecución de proyectos de infraestructuras consideradas estratégicas en el medio rural. En este sentido, Campana indicó que el objetivo de estos convenios es mejorar la calidad de vida de la población que reside en estas zonas y contribuir, además, a arreglar las deficiencias que presientes en determinadas áreas rurales de Galicia. Del mismo modo, el representante popular recalcó el Plan de Formación de la Xunta en 2010 que, pondrá en marcha la Consellería de Traballo e Benestar, y que, en el municipio de A Baña, procederá a la promoción y divulgación de la agricultura ecológica y en la que se da prioridad a aquellos parados cuyas prestaciones por desempleo ya se hubieran agotado. En esta misma línea, destacó que una de las claves en las que está trabajando la Xunta es en la creación de empleo y en la dinamización económica, “porque la mejor política social que podemos hacer en estos momentos es crear puestos de trabajo”, sentenció el Secretario de Organización. Por último, hizo referencia al apoyo de la Xunta a la nueva EDAR de Negreira y a la reactivación del Parque Eólico Singular de A Baña, como algunos de los ejemplos de la apuesta del Gobierno Autonómico por la comarca.

COMEZAN AS OBRAS DA SEGUNDA FASE DA ALAMEDA DE GÓIS, ORZAMENTADAS EN 101.000 EUROS
Os traballos incluirán a adecuación da alameda como plaza de eventos e espazo de recreo, con xardíns, alumeado público e mobiliario urbán
Manuel Mirás apunta que as obras “estarán totalmente rematadas para a Festa da Troita”
23 de febreiro de 2010.- Os veciños e veciñas de Oroso poderán disfrutar nun par de meses dun renovado espazo de ocio no centro mesmo de Sigüeiro. Hoxe deron comezo as obras da segunda fase da Alameda de Góis, orzamentadas en 101.925 euros e que serán levadas a cabo pola empresa Jstop Obras y Servicios SL. Unhas obras que teñen un prazo de execución de dous meses, polo que “estarán totalmente rematadas para ser o escenario da Festa da Troita”, apunta o alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira.
As obras consistirán en acondicionar a Alameda de Góis, que ocupa unha parcela triangular xunto ao paseo do río Carboeiro, o centro urbán de Sigüeiro e a N-550. Un espazo que o Concello de Oroso quere que poida ser utilizado como parque, como praza para acoller eventos e tamén como espazo de recreo para os veciños e veciñas do municipio.
Características das obras
Así, o gran espazo central da Alameda de Góis levará un pavimento en pedra natural, que estará rodeado por uns parterres que se adaptarán á topografía do lugar. Uns pequenos xardíns rodeados por bordillos de aceiro corten, moito máis resistentes á oxidación e ao desgaste. Ademais, as obras tamén incluirán a dotación de mobiliario urbán á zona (bancos, papeleiras, etc), así como de alumeado público. Así mesmo, tamén se dotará á alameda das canalizacións para a recollida de augas pluviais e para o abastecemento de auga potable, “xa que a nosa idea é construír aló unha fonte nun futuro próximo”, adianta Manuel Mirás.
As obras da segunda fase da Alameda de Góis están orzamentadas en 101.925 euros, que serán financiados en gran parte grazas a unha subvención de 100.000 euros da Deputación Provincial da Coruña. Uns traballos que darán continuidade aos realizados en 2009 polo obradoiro de emprego “Paseo Fluvial Rego Carboeiro Fase II”, un proxecto orzamentado en máis de 1,1 millóns de euros e que permitíu a recuperación ambiental de 30.000 metros cadrados situados na maxe dereita do río Carboeiro. Unha vez rematadas as obras da segunda fase da Alameda de Góis, os veciños e veciñas e Sigüeiro poderán disfrutar de máis de 60.000 metros cadrados dunha superficie verde e de lecer situada no mesmo centro da capital municipal.

SINDICATO CIGA
Traballadores de instalacións deportivas péchanse nos concellos de A Coruña, Ferrol, Pontevedra e Ames
Compostela, 23 de febreiro de 2010
Ás 11:00 horas da mañá de hoxe, martes día 23 de febreiro, traballadores e traballadoras de instalacións deportivas pecháronse nos concellos de A Coruña, Ferrol, Pontevedra e Ames, concello do que acaban de ser expulsados pola policía municipal e a Garda Civil, aínda que permanecen concentrados diante da casa consistorial. Neste último, Ames, onde tamén están en folga as/os traballadoras/es da instalación deportiva de Bertamiráns, xustifican o peche porque o alcalde, Carlos Fernández, é ademais Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias.
Con estes peches pretenden que os concellos que teñen instalacións deportivas concesionadas a empresas do sector, presionen para obrigalas a sentar a negociar. Máis logo de que onte, a patronal do sector non se dignara sequera a aparecer na xuntanza convocada no Consello Galego de Relacións Laborais para intentar desbloquear o conflito.
Os traballadores e traballadoras entenden que os concellos tamén deben asumir a súa parte de responsabilidade do momento no que son quen outorgan as concesións para a explotación das instalacións deportivas, que son públicas, e os afectados, máis de 100.000 en toda Galiza, son os seus veciños e veciñas.
As reivindicacións do persoal céntrase basicamente en catro aspectos: o estabelecemento dun convenio que cubra todo o sector, a modificación das condicións da Incapacidade Temporal, melloras salariais e a regulación da xornada laboral. Cómpre lembrar que os traballadores están suxeitos a até 5 convenios diferentes: limpeza, sidero-metalúrxica, ensino privado non regulado, hostalaría e o estatal de instalacións deportivas.
Pola súa banda, a patronal oferta uns salarios que son inferiores aos que cobraban os traballadores/as no ano 2003, cando aínda estaba vixente o anterior convenio. Axidega ofrece un salario base de 700 euros que, sumando as porcentaxes dun 2,3% para 2010, e dun 3,3% para o ano 2011, acadaría nese ano a cantidade de 800 euros.
O sector das instalacións deportivas vén mobilizándose dende hai máis de tres anos en demanda da negociación dun convenio colectivo. Hai dous anos, os traballadores e as traballadoras da provincia de A Coruña xa realizaran unha convocatoria de folga para acadar un convenio provincial.
En febreiro de 2008 constituíuse a mesa negociadora para tratar que ese convenio tivese aplicación en toda Galiza e incluía non só ás instalacións deportivas, senón ao sector de espectáculos e deportes. Por fin, en maio de 2009 conseguise a constitución de dúas mesas negociadoras diferentes: unha para centros deportivos e outra para espectáculos e eventos.
Nesta última, segundo informan dende a CIG-Servizos, producíronse certos avances, pero na de instalacións deportivas a negociación “está atrancada por mor das posicións da patronal, que non está disposta a aceptar unhas demandas que son esenciais. Todo isto coa condescendencia das administracións, que permiten esta situación de precariedade en centros de titularidade pública”.
Neste colectivo os salarios apenas superan o salario mínimo, traballando sábados, domingos e festivos e o obxectivo é acadar que os traballadores cheguen cando menos a ser “mileuristas” a tres anos vista, respectando as condicións daqueles que teñen salarios superiores neste intre e que a xornada laboral se axuste aos salarios que perciben.

BNG MUROS - NOIA
NOTA IMPRENSA BNG SOBRE A LEI DE CAIXAS E FUSIÓN GALEGA
O BNG da comarca Muros-Noia organizou o pasado venres, 19, na Casa da Cultura Avilés de Taramancos de Noia, unha charla informativa sobre a Lei de Caixas e fusión galega. Nesta charla participaron ademais do Responsábel Comarcal do Bloque, Manuel González López, a deputada no Parlamento Galego, Ana Pontón Mondelo e o profesor na Facultade de Económicas, Xesus Veiga Buxán.
Comezou o señor Veiga Buxán, explicando que as Caixas de Aforro son entidades de carácter semipúblico que concentran máis da metade do aforro dos galegos e das galegas. Así, mentres os Bancos son entidades privadas, é decir, son propiedade dunha persoa ou dun grupo moi reducido de persoas, as Caixas de Aforro son propiedade de todos os seus impositores, e os seus xestores incluídos os presidentes son simples traballadores das mesmas; non os seus donos, como asi acontece cos Bancos. Esta condición fai que as Caixas se preocupen máis polo investimento dos seus beneficios en obras sociais que en repartilo entre os seus accionistas, como fan os Bancos privados. O exemplo máis claro de que as Caixas procuran en maior medida o servizo aos cidadáns que o simples lucro como ocorre no caso dos Bancos, témolo na ubicación de moitas destas oficinas en núcleos de escasa poboación e pouco rentábeis desde o ponto de vista económico, mais que prestan un servizo moi importante aos cidadáns que viven nestes lugares.
Pola sua parte, a deputada Ana Pontón, afirmou que grazas á iniciativa do BNG, Galiza xa ten unha nova Lei de Caixas. Esta nova Lei de Caixas pon o aforro dos galegos ao servizo da economia produtiva do País; garante a renovación dos órgaos directivos e o control democrático da xestión das Caixas através da representación pública, e serve para democratizar e facer máis transparentes estas entidades.
Asegurou tamén que o BNG defende unha fusión paritaria e equilibrada das duas Caixas (Caixa Galicia e Caixanova), sen vencedores nen vencidos. A fusión galega é portanto a única alternativa que garante que o centro de decisión do sistema financeiro do País fique aquí e non vaia a Madrid.
Rematou decindo que, unha vez máis, mentres o Bloque está a defender un sistema financeiro propio e que os aforros dos galegos e das galegas valla para poderen acceder a créditos tanto empresas como particulares, o PSOE está entregado dun xeito descarado aos intereses foráneos de Madrid e outras partes do Estado. Entretanto o PP, móvese na ambigüidade, condicionado polas estratexias estatais do seu partido, claramente inclinado pola desaparición das Caixas galegas como tais.

O BNG PRESENTA UNHA MOCIÓN NA QUE PROPÓN A AMPLIACIÓN E MELLORA DAS INSTALACIÓNS DA PISCINA CLIMATIZADA
As actuais instalacións non dan resposta á demanda existente no municipio
Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes, anunciou a presentación dunha moción na que se insta ao alcalde a aprobar e realizar os investimentos que permitan que as instalacións da piscina poidan dar cobertura á demanda existente na actualidade, en concreto, o portavoz nacionalista, fixo fincapé en que “faise necesario moi necesaria a modernización das instalacións da piscina climatizada e do seu equipamento, así como a ampliación substancial das súas instalacións”.
Castro salientou que “os usuarios e usuarias das instalacións da piscina climatizada de Ordes levan moito tempo sufrindo as consecuencias da falta de espazo e do deficiente estado das mesmas.”
O portavoz nacionalista manifestou que “son comúns e moi reiteradas as queixas pola falta dunhas instalacións adecuadas á demanda existente para a realización de actividades físicas, sobre todo nos horarios de máis afluencia de xente, onde as instalacións se amosan manifestamente insuficientes para albergar con certa comodidade a todos os usuarios.”
Castro lembrou que “os veciños levan moito tempo demandando a realización de investimentos para mellorar e ampliar as instalacións da piscina municipal nos distintos Orzamentos Municipais, chegando a presentar alegacións aos mesmos para que se incluisen estes investimentos”.

Apúntate nas actividades da Primavera Lúdica
[22/02/2010] Como en anos anteriores, o Concello de Ames, pon en marcha a Primavera Lúdica, dirixida aos nenos e nenas escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria, e que estean empadroados no concello de Ames. Con este programa preténdese ofertar unha alternativa que, ademais de ocupar o tempo de lecer dun xeito divertido e educativo durante as vacacións escolares, permita as nais e pais conciliar a vida laboral e familiar. A Primavera Lúdica desenvolverase nos días 29, 30 e 31 de marzo e 5 de abril en horario de 07:30 h. a 16:00 horas. O prazo de inscrición comeza hoxe e estará aberto ata o vindeiro 6 de marzo.
A Primavera Lúdica, como o resto de programas lúdicos levados a cabo polo Concello nos últimos anos, busca ao mesmo tempo a diversión dos rapaces no seu tempo de vacacións e a conciliación da vida laboral e familiar dos seus pais. Estas actividades realizaranse durante os días 29, 30 e 31 de marzo e 5 de abril dende as 07:30 h. ata as 16:00 horas. O horario comprende os tramos Bos Días, de 07:30 h. a 09:00 horas (con opción de almorzo), Lúdicos, de 09:00 h. a 14:30 horas e Comedor e xogo libre, de 14:30 h. a 16:00 horas.
Este programa está dirixido aos nenos e nenas escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria e que estean empadroados no concello de Ames. Aínda así, poderán acceder tamén a esta oferta lúdica e educativa os fillos e fillas de persoas que, estando empadroadas noutro concello, teñan os seus postos de traballo neste municipio. Esta situación acreditarase cun certificado da empresa ou institución e tendo en conta a preferencia dos empadroados no Concello de Ames. A táboa de prezos da Primavera Lúdica pode ser consultada na sección de avisos desta páxina web. Os solicitantes que sexan membros de familias numerosas poderán verse beneficiados cunha redución dun 50% no custo do programa, pero só no caso de acollerse ao programa completo.
Prazo de inscrición
Todos os pais e nais que estean interesados en apuntar aos seus fillos/as neste programa de actividades que se desenvolverá durante a Semana Santa deben saber que o prazo de inscrición estará aberto dende hoxe ata o vindeiro 6 de marzo. Para iso poden recoller a documentación necesaria no departamento de Educación en Bertamiráns ou na Oficina Municipal do Milladoiro e entregala a posteriori no Rexistro Xeral do Concello en Bertamiráns e na Oficina Municipal do Milladoiro, en ambos os casos en horario de 09:00 h. a 14:00 horas. O aboamento do custo do programa realizarase mediante ingreso na conta nº 2080-0215-41-0040000056 de Caixanova, indicando o nome e os apelidos do neno ou nena e o nome do programa correspondente, neste caso Primavera Lúdica.
Para poder participar na Primavera Lúdica deberán presentar a ficha de inscrición correspondente, o resgardo de ter aboado o custo do programa, a fotocopia da tarxeta sanitaria do neno ou nena, a autorización asinada conforme o modelo achegado polo Concello e o título de familia numerosa, se é o caso. Na ficha de inscrición deberán sinalar se queren apuntarse ao programa completo ou anotarse por días soltos e indicar ademais o horario ao que desexan apuntarse de entre as opcións e franxas ofertadas.
Unha vez rematado o prazo de inscrición publicarase unha lista de admitidos na que se indicarán ademais os lugares nos que terán lugar as actividades e os grupos de idade nos que foron organizados os rapaces. Tanto os grupos como a localización dependerán do número de nenos e nenas inscritos. Cómpre lembrar tamén que os horarios solicitados na ficha de inscrición non poderán ser modificados unha vez rematado o prazo de inscrición.
Para máis información poden chamar ao teléfono 981 891 476, visitar a sección de avisos desta páxina web ou enviar un correo electrónico ao departamento de educación

OS SOCIALISTAS DEMANDAN MAIS DILIXENCIA NA PROMOCIÓN DA XXXV FESTA DO QUEIXO.-
Consideran que esta edición debería ser modélica e singular, por numerosas razóns, entroutras, por cumplirse o 30 aniversario en que inicia a súa organización o Concello, e xa que logo, da sua institucionalización. Por cumplirse igualmente o 30 aniversario da refundación da Banda municipal (fundada en 1850, e después da sua desaparición, reaparece na festa do queixo de 1980).Tamén polo 30 aniversario da creación do Conservatorio e tamén da estrea da Coral de Arzúa.-
Os socialistas que dispoñen dun fondo documental de todas as Festas, coidan que esta edición pola sua simboloxia, deberian ser exemplar, e lamentan que a falla de 15 dias para a XXXV festa, ainda non se distribuise o cartel do festival, nen se sepa quen vai a ser o pregoeiro.-
“A razón de estado que acuñou o Alcalde Xesus Garcia Vázquez, debe prevalecer, contando con todos para esta festa, polo que dende esta agrupación local socialistas, toda vez que o goberno do bloque, presenta o programa xa pechado, pedimos un recoñecemento á musica local nesta edición pola efemérides suliñadas anteriormente”-indica Xabier Pintor, voceiro da agrupación local.-
A pesar distas incapacidades do goberno, aspiramos a que sexa outra edición histórica, como a foi aquela de 1980, que, con todos esos alicientes, e as restantes actuacións musicais, conseguiuse unha afluencia de 50.000 mil visitantes, a maior de todos os tempos e iso, “cun millón de pesetas de orzamento, pero, eso si, con moitas mais de vontades e ilusións que unánimemente empuxaban a prol da mesma, o que hoxe, por desgracia, sentimos en falta polo desinterés deste goberno do bloque” –rematan dende o psoe local.-

O PP pide a apertura urxente de viais en Pontepedriña e Fontiñas
Arquivado en: Actualidade municipal— sbaston @ 1:42 pm
Para evitar o caos circulatorio que se está a producir nestes momentos
Informa que na rúa de Mónaco, os veciños levan trece anos esperando por 25 metros de vial ( pulsa aquí para ver a imaxe)
O concelleiro do Grupo Municipal Popular encargado do seguimento da área de Infraestruturas, Albino Vázquez Aldrey, solicitou hoxe a apertura urxente dun vial en Pontepedriña, no ámbito do novo colexio, e outro de conexión da rúa de Mónaco coa de Monte dos Postes, en Fontiñas, para evitar o caos de tráfico que se está a producir xa nestas zonas.
Os rogos irán ó pleno ordinario que se celebra en Raxoi este xoves ás 18:30 horas.
En rolda de prensa, o concelleiro explicou que, canto a Pontepedriña, nestes momentos nos que se están a desenvolver as obras de urbanización do SUP-7 e a construción do novo colexio no ámbito deste solo, que acollerá ós alumnos do actual e o que está ubicado na colexiata de Sar, non se estabrece a conexión exterior coa rotonda, que considera vital para que os autobuses do futuro colexio, poidan ter saída.
Por este motivo pide que se executen os trámites e obras oportunos para que ó comezo do vindeiro curso académico o vial de conexión exterior do SUP-7 coa rotonda de Pontepedriña sexa unha realidade, posto que os autobuses do futuro colexio non terán onde dar a volta na urbanización actual, e evitar así o caos circulatorio que se vai producir se non se ten en conta esta iniciativa.
Vázquez Aldrey indicou que “me parece necesario incidir nesta obra, coñecendo o modus operandi da concellaría de urbanismo e os retrasos de moitos anos que aplican na execución de moitas obras”.
Canto a rúa de Mónaco, o concelleiro popular lembrou que “unha vez máis atopámonos ante promesas incumpridas”, xa que pasaron 13 anos dende que se aprobou a modificación da ordenación do plan parcial de Fontiñas no que se estabreceu a conexión viaria exterior desta coa rúa de Monte dos Postes e todavía, na actualidade, atópase sen executar, o que ocasiona en horas punta serios problemas de tráfico.
Considera que “non é de recibo levar 13 anos esperando por 25 metros de vial”, sobre todo cando os cartos para acometer esta obra foron pagados pola xunta de compensación no ano 1997, e que somente se chega a esta situacion pola desidia e falla de entusiasmo do grupo de goberno.
Este vial, executado pola urbanización do plan parcial, fíxose tendo en conta a conexión exterior polo que está pensado para a circulación nun so sentido, pero se está a utilizar en dobre, nunha zona de alta densidade de poboación, posto que na rúa de Mónaco hai 6 bloques de vivendas polo que en horas punta se producen serios problemas de tráfico.
Ruela de Salvadas
No pleno deste xoves, o grupo popular presenta tamén outro rogo no que solicita o arranxo urxente da ruela das Salvadas, saída natural dos usuarios do polideportivo Santa Isabel, polo mal estado no que se atopa, tanto canto ó firme, cheo de buratos, como a falla de beirarrúas.
Por eso solicita limitar e regular o tráfico existente na actualidade ata que se leven a cabo as obras de urbanización do SUNP-8, nas que se inclua a mellora deste vial.
O Grupo Popular recolle así as queixas dos cidadáns que veñen defendendo dende fai tempo que se corrixa esta situación por razóns de seguridade vial.

O CONCELLO DE OROSO PROMOVE UN NOVO CURSO DE FORMACIÓN NO MARCO DA AULA MENTOR
Ofrécese aos orosinos a posibilidade de actualizar o seu perfil profesional con coñecementos en ferramentas de sofware libre
22 de febreiro de 2010.- O Concello de Oroso vén de informar da ampliación da súa oferta formativa cun novo curso formativo: Autoedición con Scribus, cunha certificación de 90 h. Esta actividade inscríbese no marco da Aula Mentor “Educaoroso”, que pon a disposición dos veciños e veciñas de Oroso a posibilidade de ampliar os seus coñecementos.
Neste novo curso, en concreto, trabállase a publicación e maquetación de documentos. O obxectivo deste curso é dar a coñecer as prestacións do software de edición Scribus, moi útil para crear grande variedade de documentos como formularios e imprimir en diferentes formatos (dixitais, pdf e exportación de arquivos).
Con Scribus pódense crear calquera tipo de documentos e publicacións: murais ou posters, fichas de traballo, carteis, dípticos, trípticos, folletos, e-books (libros e revistas electrónicas), xornais ou revistas impresas. O curso destínase a persoas interesadas en introducirse no mundo da autoedición utilizando software libre con funcións avanzadas para o deseño de páxinas, manexo de bloques de textos, tratamento de imaxes, utilización de estilos, etc.
Para o seu eficaz aproveitamento requírense coñecementos previos -a nivel de usuario- do sistema operativo dende o que se traballe (Windows, Linux) , así como familiarización co uso dalgún procesador de textos. Ademais, resulta conveniente -aínda que non imprescindible- o coñecemento de utilidades de deseño gráfico de traballo con capas.
Con esta oferta formativa, o Concello de Oroso pretende facilitar aos veciños e veciñas do municipio a oportunidade de actualizar o seu perfil profesional, potenciar o seu acceso ao emprego e aumentar a súa formación básica. A Aula Mentor de Oroso conta con máis de 130 cursos que, unha vez superados, dan dereito a unha certificación de aproveitamento emitida pola Consellería de Educación e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

BNG A ESTRADA
O PP utiliza manobras de distracción para non concretar a data de construción da Cidade do Móbel
Se gobernara o BNG a Cidade do Móbel xa estaría en construción
A Estrada, 22 de febreiro de 2010: O BNG da Estrada saíu hoxe ao paso das declaracións do Deputado e Concelleiro do Partido Popular, José López, a respecto da Cidade do Móbel. O BNG asegura que “no Proxecto en trámite elaborado pola Consellaría de Vivenda e Solo, que dirixía a nacionalista Teresa Táboas na pasada lexislatura, xa contemplaba o centro de negocios e a exposición permanente” que agora o PP quere incluír no proxecto da Cidade do Móbel”.
Para os nacionalistas “esta é unha manobra de distracción do PP para seguir dilatando o proceso e non concretar a data de construción do citado polígono sectorial”, que se atopaba, a finais da lexislatura pasada nos últimos meses de tramitación, e que hoxe, en 2010, xa estaría en construción de seguir gobernando o BNG a Xunta de Galiza”.
Segundo os nacionalistas, “o PP, nada máis chegar á Xunta, optou por paralizar este proxecto e deixalo no limbo, e agora utiliza estas manobras dilatorias para non concretar unha data de construción da Cidade do Móbel”.
“Proba do escaso interese que ten a Cidade do Móbel para o Partido Popular e para o Goberno de Núñez Feijóo”, engade a nota do BNG, “é o rexeitamento por parte do PP ás emendas que presentou o Bloque Nacionalista Galego ao orzamento da Xunta, que multiplicaba por dez o consignado polo PP para a Cidade do Móbel”. Para o BNG “este rexeitamento demostra que ao PP non quere construír a Cidade do Móbel, e utiliza as manobras de distracción para que se vexa que fai, pero o PP xa ten demostrado sobradamente que é un partido inútil para A Estrada e inútil para Galiza”.
O BNG da Estrada engade que “a Cidade do Móbel é un proxecto estratéxico e de vital importancia para sector do móbel e para o Concello da Estrada, xa que sería un xerador de emprego moi importante nestes intres de crise económica”.

AS XUVENTUDES SOCIALISTAS PRESENTÁRONSE ONTE SABADO EN SILLEDA.
A AGRUPACIÓN CONTA CUNHA EXECUTIVA DE 14 MEMBROS REPARTIDOS EN 10 SECRETARÍAS POLÍTICAS.
ABREN AGORA O PERÍODO Á AFILIACIÓN.
21 de febreiro de 2010.- As Xuventudes socialistas de Silleda presentáronse o sábado oficialmente coa presenza de María Torres, Secretaria Xeral das Xuventudes Socialistas de silleda; Modesto Pose Mesura Secretario Xeral do PSdG-PSOE Provincial de Pontevedra e Pablo García García Secretario de Organización do PSdG PSOE, así como de varios dirixentes de Xuventudes de toda Galicia.
Ademais a nova executiva estivo arroupada polo Grupo Municipal Socialista, a executiva local e un gran número de mozos e mozas de todo o Concello.
A nova executiva está repartida na Secretaría Xeral, Secretaría de Organización e Política Municipal, Secretaría de Igualdade, Secretaría de Educación, Secretaría de Deportes, Secretaría de Medio Ambiente e Medio Rural, Secretaría de Cultura, Secretaría de Novas Tecnoloxías, Secretaría de Participación cidadá e Secretaría de Emprego.
Os seus integrantes son universitarios, estudiantes de bacharelato, estudantes de secundaria de secundaria, traballadores e incluso algún mozo empresario. As súas idades oscilan entre os 14 e os 26.
O seu Secretario Xeral, Klaus Brey Montaña, é natural de Cira e leva xa varios meses na política activa como afiliado na agrupación local, e foi o elixido por Avanza Trasdeza na lectura do manifesto durante a manifestación contra a Moción de Censura.
Traballa na directiva dunha empresa familiar e ten no seu haber un carácter loitador e de diálogo.
“Klaus converterase nun referente político neste Concello en pouco tempo. É rápido, intelixente moi maduro” afirmou Paula Fernández Pena, Secretaria Xeral do PSdG-PSOE de Silleda.
Dende a Agrupación Local silledense destacan que se logrou reunir a un equipo de mentes brillantes, con ganas de traballar e con ansias de ver mellorar ó seu Concello.
Nacen ademais con unha executiva potente en personalidade e en número, o que xa a converte nun referente en Galicia.
Para os socialistas, en palabras de Paula Fernández, “a impronta que se lle está dando á agrupación socialista silledense coa creación das Xuventudes fan que as miras no ano 2011 sexan cada día máis seguras”

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)