Pacto x Ames enviou o 9 de decembro, unha carta aos candidatos pola provincia da Coruña das cinco forzas políticas, de ámbito estatal que se presentan as eleccións xerais, para que digan con total claridade que van a facer coa estrada Nacional 550 ao seu paso polo Milladoiro.
Pacto X Ames considera que os candidatos do noso entorno están pasando de largo ante os problemas máis próximos aos veciños e considera que non están a cumprir coa súa misión de informar.
Chama a atención como os partidos que teñen representación no concello e que se presentan as eleccións Xerais, ben sexa de forma individual ou coalición, como é o caso do PP, PSOE, Ames Novo, Podemos, BNG e Cidadáns, ata o de agora, dean a calada por resposta e non se mollan por Ames.
------------------------------
A formación independente de Ames considera que é o mellor momento para que logo de 20 anos sen solucións, as formacións políticas deixen claro de unha vez a súa postura coa Rúa Rosalía de Castro (N550) do Milladoirode tal xeito que os veciños saiban as alternativas para poder decidir o voto o 20 D, xa que estas actuacións son competencia do Estado.
Pacto X Ames enviou unha carta aos candidatos da provincia de A Coruña Miguel Lorenzo Torres (PP), Pilar Cancela Rodriguez (PSOE), Antonio Gómez-Reino Varela (EN MAREA), Antonio Rodríguez Vázquez (CIDADÁNS) e Carlos Oliva Castelló (UPyD) para que se manifesten con total claridade sobre as súas propostas para rematar co grave problema da Nacional 550 ao seu paso polo Milladoiro.
Pacto X Ames considera que os representantes dos partidos políticos que aspiran a ser elixidos,teñen a obriga de informar aos veciños sobre as cuestións máis importantes e de maior transcendencia como o caso concreto da Rúa Rosalía de Castro (N550), xa que ata o de agora, os candidatosdo noso entorno están pasando de largo evitando pronunciarse sobre os problemas máis próximos aos veciños e incumprindo de forma deliberada coa seu deber de informar
Pacto X Ames pretende chamar a atención sobre unha campaña que soamente émediática, na que se están tocando temas xenéricos. Tanto a “nova como a vella política” non cambiaron a súa forma de comunicar, esquecéndose de que os candidatos ao congreso son elixidos por circunscricións provinciais e o seu deber é informar na rúa de cales son as súas propostas, si as teñen.
O que máis chama a atención é que a “nova e a vella” política volven a coincidir nas formas de facer política porque en vez de facer chegar as súas propostas aos veciños de Ames de forma detallada e específica para cada zona, dedícanse a falar doutras cousas que, si ben son interesantes, vense máis na distancia.
Unha vez máis volve a ser Pacto X Ames, único partido que non se presenta ás Eleccións Xerais, o que se preocupa polos intereses de Ames e interpele aos partidos con representación no noso concello ,PP, PSOE, Ames Novo, Podemos, BNG e Cidadáns, para que se preocupen por Ames, en vez de participar continuamente en actos electorais por toda Galicia deixando en barbecho ao noso concello, sen que ata o de agora fixeran unha soa proposta específica para Ames.