Axenda e tempo do sábado 14 de marzo - Música, caravaning, teatro, exposicions

Santiago - Casa das Crechas - Thais Morell

Ames - VII Festival da Maía

Fundación Araguaney - cea solidaria da soprano Laura Alonso 

Brión - Teatro... e punto

Santiago - Área Central - feira caravaning

Santiago - Festival Atlántica

Santiago - Auditorio de Galicia - Ara Malikian

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Ames - Berros e olladas (ata o 24 de marzo)

Santiago - Fundación Granell - A inquietante beleza (ata o 5 de abril)

Santiago - USC - Miscela Vitrea (ata o 11 de abril)

Santiago - Fundación Granell - Miradas que falan (ata o 15 de marzo)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Fundación Araguaney - Cea solidaria organizada pola soprano Laura Alonso

El Hotel Eurostars Araguaney acogerá hoy sábado, día 14, una cena solidaria en beneficio de la asociación Juntos Podemos para celebrar los veinte años del inicio de la carrera profesional de la soprano gallega Laura Alonso Padín, a las 21:00 horas.

Juntos Podemos recaudará fondos para el Albergue de San Francisco al recibir la mitad del importe de una cena elaborada por el chef del restaurante Caney, Siro González. “Cada cena se corresponderá a la estancia de una persona durante una noche en el albergue” –explica Laura Alonso, que anima a los compostelanos a participar en esta actividad solidaria pensada para concierciar a los vecinos de las necesidades del hospicio. La recepción contará también con una maravillosa actuación de Laura Alonso.

Las entradas están a la venta en la Joyería Jael y en el Hotel Eurostars Araguaney.

Casa das Crechas - Hoxe concerto de Thais Morell

A Casa das Crechas acolle hoxe sábado o concerto da brasileira Thaïs Morell. Cun carisma radiante e unha voz fascinante, a cantautora e multiinstrumentista brasileira Morell lanza o seu primeiro disco, ‘Cancioneira’, e presenta un universo de sons brasileiros con toques de jazz e folclore, deixando lonxe os clichés. 

Cun directo impresionante, á vez intenso e delicado, mestura a bossa-nova cunha diversidade doutras músicas, conquistando os máis variados públicos. Nesta ocasión estará acompañada do polifacético percusionista brasileiro Paulo Silva, afincado en Galicia desde hai anos. 

Thaïs Morell naceu em Curitiba (Brasil) e pertence á nova xeración de músicos brasileiros, con extensa formación e capaces de se mover con facilidade en calquera estilo musical. Cun show ao vivo impresionante, ao mesmo tempo intenso e delicado, mistura a MPB (música popular brasileira) cunha diversidade de outras músicas, conquistando os máis variados públicos. Destaca polo seu dominio da guitarra, aínda que tamén canta e compón os seus propios temas.

Na Casa das Crechas presentará o seu primeiro disco, ‘Cancioneira’, que inclúe colaboracións de múltiples músicos, e que ten amosado en festivais de varios continentes.

BNG Compostela - Reunión sobre mobilidade

Unha representación da Comisión de Mobilidade que elabora o programa electoral do BNG-Asembleas Abertas de Santiago de Compostela mantivo unha reunión co pedagogo italiano Francesco Tonucci, un experto en mobilidade e educación ambiental recoñecido internacionalmente pola súa concepción de facer as cidades a escala das persoas.

En declaracións aos medios ao remate da xuntanza, o candidato Rubén Cela explicou que contrastaron as alternativas que o BNG-Asembleas Abertas van incluír na proposta de programa electoral para as municipais. “Para o BNG, Tonucci sempre foi unha referencia en materia de mobilidade para concibir unha cidade onde as persoas sexan absoluta prioridade e, de feito, onde temos responsabilidade de Goberno como en Pontevedra os piares expostos na publicación ‘A Cidade dos Nenos’ xa se aplican cunha perspectiva de pacificar o tráfico e de facer unha cidade máis humanizada, onde os nenos e nenas poidan ir sos, non só á escola senón en calquera ámbito da vida”.

Así, explicáronlle a Tonucci as especificidades de Santiago de Compostela para coñecer a súa valoración das propostas do BNG á hora de elaborar a alternativa programática “da man dunha persoa coa súa experiencia, prestixio e recoñecemento”.

“Unha cidade boa para os nenos e nenas é unha cidade para as persoas”, afirmou Tonucci. Explicou que o erro que se cometeu na reconstrución das cidades, nomeadamente despois da Segunda Guerra Mundial, foi escoller “un modelo de cidadán que podemos definir como varón, adulto e traballador”; por este parámetro creouse “a cidade moderna e o seu xoguete preferido, o coche, ten un papel moi importante nas decisións urbanísticas”.

Segundo afirmou, isto produciu “desastres até diminuír a esperanza de vida, pois nós seremos a primeira xeración da historia da humanidade que vai legar unha menor esperanza de vida aos nosos fillos e netos e iso é unha vergoña que non se pode tolerar”, indicou, por iso “é necesaria a urxencia do cambio, que significa que se queremos que os nosos fillos e fillas poidan vivir nunha cidade ben gobernada, xusta e democrática temos que cambiar as cidades”. Mais enfatizou que “non se trata de incrementar os servizos para a infancia con máis parques infantís, estes son para os adultos que non saben onde pór aos nenos e nenas”. A solución proposta por Tonucci pasar por “cambiar a cidade para que sexa acolledora para todos e todas, é necesario que as crianzas poidan saír soas da casa e vivir experiencias fundamentais como é o xogo, estratexias e actitudes que o leven a afrontar a vida”.

O modelo urbano de Pontevedra, con Alcaldía do BNG, está inspirado no seu ideario, en que destacan os denominados "camiños escolares", onde se impulsaron criterios de mobilidade para primar a seguridade peonil, a autonomía infantil e a sustentabilidade, ademais de gañar espazos da cidade para as persoas sobre o uso dos vehículos, onde se favorece o pequeno comercio e os espazos para o encontro e o lecer.

"A cidade dos nenos", unha das súas publicacións, ofrece solucións concretas de mobilidade e expón resultados aos problemas urbanos que, con frecuencia, se dan nas cidades que supeditan o uso dos vehículos ao tránsito peonil, en detrimento da calidade de vida e da economía local.

Á reunión, ademais de Rubén Cela, asistiron Goretti Sanmartín, número 2 da candidatura e responsábel de Implantación e Estratexia Municipal; e Pilar Lueiro, número 6 da candidatura e responsábel de campaña.

Ames - VII Festival Val da Maía

A Asociación Cultural e Xuvenil Val da Maía, en colaboración co Concello de Ames, organizan este sábado o VII Festival Val da Maía. A través deste evento cultural preténdese reunir a diferentes grupos galegos de música tradicional, buscando sempre a novidade e a variedade de estilos entre os artistas convidados. Nesta ocasión actuarán os grupos Os Coribantes (A Lama), O Ghusto do Boi (Boqueixón), Os do Pilón (Arzúa), Pousos da Area (Marín) e o grupo anfitrión, As Maianas. Terá lugar ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. A entrada é gratuíta. 

Unha das integrantes das Maianas, Lidia Gallas, anima a todos os veciños e de Ames a que acudan a esta cita que segundo indica “pretende ofrecer unha ampla variedade de estilos musicais”. Ademais, Lidia explica que un dos obxectivos desta iniciativa “é facerlle ver a xente que a musica tradicional galega non só é tocar a pandeireta ou a gaita, senón que tamén hai moitos outros estilos como o folk”. 

Grupo de pandeireteiras As Maianas
O colectivo Val da Maía naceu no ano 2007, ao abeiro dun grupo de mozas que compartían o seu gusto pola música galega e que se deron a coñecer como As Maianas. Despois de formar parte do Obradoiro Municipal de Música e Baile Tradicional do Concello de Ames durante varios anos, decidiron crear esta asociación. Ademais de Lidia Gallas, As Maianas son Inés, Ainhoa, Cruz, Irene e Ruth.

Este sexteto amesán recibiu o premio do xurado no concurso Vas sacar nota, organizado por Radio Galega no ano 2012. Na edición de 2013 volveron a participar nesta iniciativa co pasodobre Vaite co vento e quedaron entre os dez primeiros grupos no premio outorgado polo público, unha posición que conservaron na edición de 2014 do mesmo programa radiofónico, interpretando a canción Sabes?.

Ames - IV Cea solidaria do programa Vacacións en Paz

O Concello de Ames colabora na cuarta edición da cea solidaria do programa Vacacións en Paz, que organiza a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. A xuntanza terá lugar hoxe sábado, ás 21:30 horas, no restaurante Paz Nogueira de Santiago. Está confirmada a presenza de máis dun cento de persoas, entre os que se atopan o alcalde de Ames, Santiago Amor, e a concelleira de Xuventude, Ana Ruso. 

Os fondos recadados a través desta iniciativa destinaranse integramente a financiar os billetes de avión dos nenos e nenas saharauís que serán acollidos en Galicia este verán. O ano pasado foron un total de 15 os rapaces acollidos por familias de Ames, Brión e Santiago. O colectivo pretende aumentar a cifra este ano.

Para asistir á cea aínda se pode contactar con Esther Ybarra, portavoz na zona da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, chamando ao número de teléfono 609 76 49 45. Preto dunha vintena de empresas colaboran nesta xornada cedendo diferentes produtos que se sortearán entre os posuidores das rifas que se venderán na cea.

Programa solidario
Este programa preséntase nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estancia agradable e humanamente rica aos nenos e nenas saharauís. Trátase de ofrecerlles a estes cativos, que naceron nun clima de guerra, a posibilidade de coñecer outros xeitos de vida, de maneira que iso contribúa, a súa formación. 

A colaboración e a achega económica que realizan os concellos é moi importante, pero ademais a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí pretende recadar a maior cantidade de diñeiro posible nesta cea co obxectivo de que sexan moitos os nenos e nenas que poidan vir a Galicia durante este verán e pasar unhas vacacións en paz.

USC - Vivaldi e Bach este domingo coa Orquestra do Espazo de Cámara da USC e o Coro GliAppassionati

A Orquestra do Espazo de Cámara da USC dirixida por Mario Diz e o Coro GliAppassionati de Vigo dirixido por Nuria Lorenzo ofrecerán este domingo 15 un concerto no que interpretarán o Gloria RV 589 de Antonio Vivaldi e o Magnificat BWV 243 de Johann Sebastian Bach.

Actuarán como solistas as sopranos Mª Carmen Subrido e Laura Guerrero, a mezzosopranoNuria Lorenzo, o tenor Juan Abalde e o barítono Alfonso Castro. A actuación será ás 19.30 horas na Igrexa da Universidade. A entradaé libre ata completar o aforo.

Brión - Ábrese o ciclo Teatro... e punto

O centro social polivalente de Brión acollerá hoxe sábado 14 de marzo a función inaugural de “Teatro… e punto”, un ciclo organizado polo Concello de Brión que ao longo dos meses de marzo, abril, maio, outubro, novembro e decembro traerá a Brión o mellor teatro afeccionado feito en Galicia. 

Doce actuacións que terán lugar a razón de dúas mensuais: o segundo e o cuarto sábados de cada mes, no centro Social Polivalente de Pedrouzos (Brión) e no Teleclube de Ons., respectivamente. En todos os casos, as actuacións terán lugar ás 20.30 horas e a entrada será totalmente de balde para todos os asistentes, ata completar o aforo do polivalente ou do teleclube de Ons.

A primeira representación correrá a cargo de “Badius” (Baio), compañía que presenta a obra “Frankenstein”, unha divertida adaptación do clásico que Mel Brooks dirixida para o cine e con efectos visuais de fabricación propia que de seguro sorprenderán aos brioneses. Trátase, pois, dunha aposta polo humor dunha compañía con máis de 30 anos de experiencia sobre os escenarios galegos.

O sábado 28 de marzo, o grupo de teatro “A Pombiña” (Narón) achegarase ata o Teleclube parroquial de Ons coa función “O xardín dos pobres”. Escrita e dirixida por Betty Couce, o público de Ons poderá disfrutar dunha comedia dunha hora de duración apta para todos os públicos. A representación comezará ás 20:30 horas, con entrada de balde para todos os asistentes ata completar aforo.

Oroso - Convite os artistas do municipio para unha exposición con artistas portugueses

O Concello de Oroso convida aos artistas do municipio a participar nunha exposición con pintores portugueses, que terá lugar no auditorio do centro cultural Fernando Casas e Novoa entre o 8 e o 29 de maio, coincidindo coa Festa da Troita. “Queremos que esta exposición sexa un escaparate para artistas de Galicia e Portugal e, ao mesmo tempo, que sexa unha boa ocasión para fomentar o encontro entre artistas dos dous países e unha plataforma para que a Asociación da Amizade e das Artes Galego Portuguesa poida buscar novos lazos de amizade”, explica o concelleiro de Cultura e coordinador da Festa da Troita, Antonio Leira.

A exposición terá un número de 30 obras, dun tamaño máximo de 1x1 metros cada unha. Xa está confirmada a presenza de 5 artistas portugueses. O chamamento do Concello de Oroso está dirixido a todos os artistas do municipio que estean interesados en participar nesta iniciativa, que deberán confirmar o seu interese antes do 17 de abril e enviar ao correo biblioteca@concellooroso.com unha fotografía da peza e un breve curriculum. As obras que vaian participar na exposición deberán entregarse antes do 7 de maio.

Ademais de participar nesta exposición, que se inaugurará o 8 de maio coincidindo coa Festa da Troita, os artistas comprométense a participar na iniciativa “Arte na rúa”, que terá lugar o sábado 9 de maio. “Queremos que durante esa xornada os artistas saquen a súa arte ás rúas de Sigüeiro, xa que os artistas estarían traballando nas rúa, en contacto cos milleiros de persoas que nos visitan con motivo da Festa da Troita”, sinala Antonio Leira. Unhas obras que pasarían a formar parte do arquivo do Concello de Oroso.

Santiago - Programación cultural da fin de semana

Esta fin de semana a programación cultural será moi completa xa que teremos en total sete citas co teatro, a música, os contos e o humor. A xornada de sábado comezará no Auditorio de Galicia ás 18.00 onde poderemos escoltar ao violinista Ara Malikian dentro do ciclo Infantil&Familiar. Despois, ás 20.30h e no Teatro Principal, será o turno do ciclo Sons’15 que nos ofrece a presentación do novo disco de Coanhadeira, ‘Bicos con luvas’. Á mesma hora, 20.30h, no Salón Teatro temos a estrea absoluta de ‘Xardín Suspenso’ dentro do Bono de Teatro Galego e xa ás 21.30h na Sala Capitol e dentro do Compostela Rock estarán Freedonia co seu último traballo, ‘Dignity and Freedom’. Na xornada do domingo, ás 18.00h no Salón Teatro, unha nova función de ‘Xardín Suspenso’; ás 19.00h na Zona C, proposta do Festival de Narración Oral Atlántica e ás 20.30h no Auditorio Abanca, Miki Nadal presenta a súa ‘Mikipedia’ dentro de Falabaratos.

Ara Malikian presenta ‘15’. Sábado ás 18.00h no Auditorio de Galicia

Brillante e expresivo, cun estilo propio e orixinal forxado a partir das súas orixes e vivencias, Ara Malikian é un persoeiro singular na escena musical actual. Agora, Ara Malikian celebra o seu décimo quinto aniversario en España cun concerto que ten para el un significado especial e no que inclúe o mellor destes 15 anos de intensa actividade. A idea central de 15 segue a ser, coma sempre, achegar a música clásica a todos os públicos… O repertorio do concerto está baseado en obras clásicas, composicións propias e adaptacións para orquestra de música popular do século XX.

O prezo da entrada é de 16 euros e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h), en entradas.abanca.com, no 902 434 443 ou no despacho de billetes do Auditorio de Galicia o día do espectáculo desde as 16.30h.

‘Xardín Suspenso’ no Bono de Teatro Galego. Sábado 20.30h e domingo 18.00h no Salón Teatro

Cándido Pazó dirixe ‘Xardín Suspenso’, a nova proposta do Centro Dramático Galego. Unha historia de amor. Un amor non correspondido ao que se entrega Lucía, unha arquitecta nova que investiu todas as enerxías na construción dun depurado xardín sen plantas. Ao mesmo tempo, é unha navalla certeira (de cociña) dirixida ao corazón das verdades que adoitamos dar por adquiridas e das aparencias que non ousamos deixar de vestir cada vez que saímos de casa. Abel Neves axita as relacións familiares e o micro-cosmos no que se sostén a nosa (in)felicidade. E confróntanos co poder das palabras simples, palabras que xorden case sen nos decatar e que á mínima fenda poden converterse en coitelos letais.

Haberá función sábado ás 20.30 e domingo ás 18.00 e volverá repetirse función os seguintes venres, sábado e domingo do mes de marzo. As entradas teñen un prezo de 10 euros (5 euros domingo, día do espectador) e ademais entran dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués. Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a sábado de 18.00 a 21.00h), ou no salón Teatro os días de representación desde dúas horas antes de que comece a función.

Coanhadeira presenta ‘Bicos con luvas’ en Sons’15. Sábado ás 20.30h no Teatro Principal

Nalgúns lugares de Galicia, as coañadeiras eran aquelas mulleres responsables de varrer os restos do cereal logo das duras xornadas da malla. Tamén recibían ese nome as vasoiras que empregaban e, no fondo, o grupo Coanhadeira naceu en 2006 con ese mesmo espírito de recollida e vive entregada a amosar aqueles “restos” musicais conservados até os nosos días a través da tradición oral. Con 'Bicos con luvas', pretenden realizar unha nova achega á música feita en Galicia, facer bailable calquera lugar e ateigar os escenarios dun poder percusivo, de letras sorprendentes e atmosferas sutís co selo de calidade propio de Coanhadeira.

As entradas para este concerto teñen un prezo de 5 euros anticipada e 7 o día do evento. Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro principal (aberto de 18.00 a 21.00h)

Freedonia no Compostela Rock. Sábado ás 21.30h na Sala Capitol

Freedonia é soul. Unha banda con dez músicos que malgastan forza e sentimento no escenario. Caracterízase polo seu potente directo, o que os levou a contar co apoio incondicional do público desde o principio. Un público que abarrota os seus concertos, e que fai que se esgoten as entradas case sempre que tocan: Joy Eslava, Razzmatazz, Malandar, Caracol, Círculo de Bellas Artes, El Sol, Cultura Inquieta, Imaginafunk, Gran Teatro de Cáceres…; son algúns dos sitios por onde deixaron o seu selo. Presentan o seu último traballo ‘Dignity and Freedom’

As entradas para o concerto poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h) en A Reixa Tenda, en Ticketea e na Sala Capitol. O prezo é de 12 euros anticipada e 15 euros o día do concerto.

Yoshi Hioki no Festival de Narración Oral Atlántica. Domingo ás 19.00h na Zona C

Contos chegados do afastado Xapón que, como as súas pinturas, reflicten o espírito desta cultura.Yoshi Hioki sinte como complementarias as súas actividades narrativas e pictóricas: "Neve, chuvia e unha flor de camelia... Os contos xaponeses son pinturas feitas polas palabras e o silencio. Pinturas que reflictan a alegría e a tristeza da vida mesma".

A entrada ten un prezo de 6 euros. Pode mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (de martes a sábado de 18.00 a 21.00h) o una Zona C o día do espectáculo.

Miki Nadal en Falabaratos. Domingo ás 20.30h no Auditorio Abanca

Despois de moito investigar e consultar en manuais clásicos e internet, "Mikipedia" nace da necesidade de crear unha nova enciclopedia virtual máis próxima á xente, sen termos técnicos difíciles e moito máis comprensible para o home do montón e o que está tirado no sofá. Por suposto, todo desde o punto de vista do humor e do pragmatismo. Miki Nadal comezou a súa traxectoria xunto a Pepe Navarro, pero a súa consolidación como humorista deuse a partir de 1999, cando empezou a traballar no lembrado programa El Informal. A partir de entón, traballou noutros programas televisivos como La corriente alterna, El show de Flo, El club de la comedia, Cafetería Manhattan , Sé lo que hicisteis... e Zapeando.

As entradas poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (de martes a sábado de 18.00 a 21.00h), en entradas.abanca.com, no 902 434 443 ou no Auditorio Abanca o día do espectáculo desde as 18.30h. O prezo é de 15 euros (13€ no anfiteatro 2) en anticipada e 17 euros (15€ no anfiteatro 2) o día do evento.

Axenda e tempo do venres 13 de marzo - Música, contos, teatro, exposicións

Santiago - Zona C - Paus + Coelho Radioactivo

Ames - Mofa e Befa - Bobas & Galegas

Teo - presentación dun libro sobre a feira de San Martiño de Francos

Brión - Juan Moreno Badía - Vistas o campo

Santiago - Área Central - feira caravaning

Santiago - Festival Atlántica

Santiago - Auditorio de Galicia - Real Filharmonía

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Ames - Berros e olladas (ata o 24 de marzo)

Santiago - Fundación Granell - A inquietante beleza (ata o 5 de abril)

Santiago - USC - Miscela Vitrea (ata o 11 de abril)

Santiago - Fundación Granell - Miradas que falan (ata o 15 de marzo)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Ames - Mofa e Befa achegan á Casa da Cultura de Bertamiráns Bobas & Galegas

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle mañá venres, ás 21:00 horas, a representación de Bobas & Galegas, un espectáculo de Mofa e Befa dirixido por Quico Cadaval. As entradas teñen un prezo de 5 euros para os maiores de 12 anos e os que posúan carné de estudante ou sexan maiores de 65 anos terán un desconto do 50%. Poden reservarse ata o propio día da función ás 14:00 horas, a través do enderezo electrónico cultura.milladoiro@concellodeames.org ou no teléfono 981 53 59 40.

Bobas & Galegas é unha comedia para adultos protagonizada por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira. Os dous son comediantes de investigación que xa levantaron escandalosos casos de corrupción política, marxinación social, trauma infantil, crise económica, actividades mafiosas e mesmo tratan as infidelidades ou asuntos como a dieta equilibrada. Pero agora a súa vítima é o inocente teatro clásico español. As comedias da honra e o amor, os dramas relixiosos ou o luxo festivo das antigas compañías teatrais de farsantes pasará polas mans deste par de personaxes. 

Así son Mofa e Befa no Século de Ouro que, aproveitando o seu acento, fanse pasar por criados galegos para gañar a simpatía do público. Foron detidos e durante a súa estancia no cárcere adquiriron unha enfermidade de transmisión textual que lles obriga a falar en verso. E ¿cales son as súas armas? Dous fouces de segador que cortan por igual os trigos e os tópicos. Poden transformarse en anxos ou demos, en cabaleiros ou bufóns, en bobas ou galegas… todo con tal de acadar os seus fins

Ordes - Conciliación de Semana Santa

O Concello de Ordes manterá aberto ata o vindeiro 25 de marzo o prazo para inscribirse nas actividades de conciliación de Semana Santa. Durante os días 30 e 31 de marzo, 1 e 2 de abril os nenos e nenas que participen poderán desfrutar e aprender con obradoiros, xogos e saídas dende as 9 ata as 14 horas. Con iso preténdese axudar e facilitar a conciliación da vida laboral e familiar na época de vacacións escolares.

Para poder participar deberase entregar o formulario que poderán conseguir no mesmo Concello, acompañado dunha fotocopia do DNI do menor ou do libro de familia e da tarxeta sanitaria, ademais dun xustificante médico asinado no caso de padecer algunha doenza. Tamén é preciso estar escolarizados en educación infantil ou primaria no curso 2014-15. Dende o Concello tamén se baralla a posibilidade de establecer un servizo de transporte gratuíto para a rapazada das parroquias en función do número de persoas inscritas.

Dado que o número de prazas é limitado a asignación destas será concedida por rigorosa orde de inscrición. Para obter calquera información adicional os interesados poden dirixirse ao departamento de Educación situado no primeiro andar do Concello ou ben chamar ao 981680002, extensión 4.

Psoe Ames - Mesa redonda sobre comercio e autónomos

A xornada de Comercio e Autónomos: situación e propostas terá lugar o vindeiro venres día 13 de marzo no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Ao acto están convidados todos os emprendedores de Ames, en concreto, os pequenos comerciantes e autónomos que forman parte do tecido empresarial amesá.

“Queremos unha mesa redonda en positivo”, afirma o candidato socialista, José Miñones, e engade: “interésanos coñecer de primeira man os problemas e dificultades polas que está a atravesar o comercio e os autónomos da zona pero sobre todo, queremos coñecer as alternativas e as distintas propostas que eles barallan para dar un novo impulso aos nosos emprendedores”.

“A nosa idea é estudiar estas propostas co fin de traducilas en accións e medidas concretas que poidamos levar a cabo dende a administración”, sinala o grupo socialista. 

Neste sentido, os socialistas de Ames lembran que en abril do ano pasado xa presentaron una moción na que propoñían que o Concello de Ames instase ao Goberno do Estado a reconsiderar a aplicación do tipo xeral do IVE do 21% aos servizos dos salóns de peiteado, volvendo á aplicación do tipo reducido do IVE do 10%. 

“De todos é sabido que os pequenos negocios que se están abrir e que se manteñen en Ames están formados por autónomos que contratan a un ou dous empregados para ofrecer un mellor servizo aos seus clientes. Dende o ano 2008 os pequenos empresarios están va sufrir unha subida intensa dos seus impostos e están vendo como baixan as ventas e os rendementos nos seus negocios, por iso cremos que é necesario escoitar as súas demandas e as súas propostas para buscar solucións que melloren a situación dos comercios e autónomos amesáns”, sentencia, Miñones.

Estas xornadas sobre comercio enmárcanse no programa de actividades que nos últimos anos está a desenvolver o Grupo Socialista de Ames. Nestes momentos, xa están a preparar un acto sobre impostos e taxas que se celebrará no Milladoiro.

USC - O Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores repartirá máis de 7.000 euros en premios

A viabilidade do proxecto; o grao de innovación do produto, proceso ou servizo, o volume de emprego proxectado; o carácter multidisciplinar do equipo; a consideración das políticas de igualdade e a relación ou interese coa lingua galega son os criterios que se terán en conta na concesión dos premios correspondentes ao décimo quinto Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC. Esta iniciativa do programa de creación de empresas da USC, Uniemprende, busca impulsar a creación de empresas innovadoras promovidas por estudantes, titulados e tituladas e persoal investigador, así como a innovación empresarial e a xeración de emprego.

O concurso diríxese a estudantes e titulados/as de calquera das universidades galegas e dos centros asociados da UNED en Galicia en calquera área de coñecemento que, de xeito individual ou en equipos, teñan un proxecto empresarial innovador con potencialidade para converterse nunha empresa. Tamén se poderán presentar doutores ou doutoras, así como doutorandos/as, persoal de investigación e alumnado de terceiro ciclo que estea preparando unha tesiña ou que desenvolvan actividades investigadoras en calquera centro de investigación galego. Ademais, a convocatoria está igualmente aberta a empresas xa constituídas ao longo de 2014 e durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o inicio desta convocatoria.

O prazo de presentación estará aberto ata o día 7 de abril. Outorgaranse catro premio: un de base tecnolóxica, dotado con 2.000 euros e ata 24.000 euros de financiamento mediante préstamos participativo; un na modalidade de empresa xove e outro na de muller emprendedora, dotados con 2.000 euros cada un, e un cuarto na modalidade Promoción da lingua galega, que suporá unha achega económica de 1.000 euros. As persoas interesadas poden ampliar a información sobre este convocatoria na web www.uniemprende.es.

Cidadáns Negreira - O coordinador da agrupación critica que o prazo de pagamento de facturas “ se sitúa nos 126 días no cuarto trimestre do 2014”.

O coordinador da agrupación de Cidadáns (C’s) de Negreira, José Manuel López, alertou que “o municipio volve liderar o Periodo Medio de Pagamento (PMP) na Coruña”. “os dato que chegan do Ministerio de Economía e Facenda son alarmantes e poñen o concello nunha situación crítica, con risco de intervención das contas municipaies”, afirmou..

“Acábanse de recoñecer ademáis 569.000 euros de facturas sin contabilizar do ano 2014, que pasan a restar dito importe do orzamento do 2015”, denunciou José Manuel López. Por elo, asegura que os cidadáns pasaron “da preocupación o estado de alarma” e calificou de “temeraria e insostible” a xestión económica do actual equipo de goberno.

ANPA IES Cacheiras - Contacontos en inglés

Hoxe venres, de 9 a 13:30, no IES de Cacheiras vai haber unha actividade de contacontos en inglés á que asistirá o alumnado de 3º, 4º ESO e 1º e 2º BACH repartido en cinco sesións como noutra vía de axuda na tarefa de aprendizaxe do idioma.

Contaremos coa presenza de Tim Bowley, un gran narrador británico con máis de 20 anos de experiencia que ten percorrido Europa e América enfeitizando ao público coas súas historias. O seu repertorio abrangue historias de tradición oral de distintas culturas do mundo: lendas do Rei Artur, contos de fadas europeos, historias celtas, relatos dos indios americanos, contos Sufís e de orixe Zen… fiando con elas un tecido irresistible de maxia e comedia. Ademais como escritor ten libros para todas as idades en editoriais como Kalandraka, OQO, Raíces e Palabras del Candil. Neste caso ven formando dúo artístico acompañado pola narradora e tradutora Charo Pita. Ámbolos dous levan traballando con éxito en actividades de narración e animación lectora dende o ano 2006 sendo esta unha das súas últimas actuacións.

Santiago - Recreios: noite portuguesa con Paus e Coelho Radioactivo

A banda lisboeta Paus actuará en Santiago de Compostela nun concerto, organizado por Desconcierto Cultural en colaboración co Concello de Santiago, dentro do ciclo Compostela Rock. Será mañá, venres 13 ás 21.00h na Zona C nun concerto no que, baixo o nome ‘Recreios: músicas emerxentes alén da raia”, estarán tamén Coelho Radioactivo. As entradas teñen un prezo de 10 euros anticipada e 13 euros o día do concerto e poden mercarse no desapcho de billetes do Teatro Principal, na Reixa Tenda, en Ticketea e o día do concerto na propia Zona C.

Paus é un grupo que combina unha música próxima ao hardcore, xunto con psicodelia e ritmos tropicais. O recurso da dobre batería, como trazo definidor, converte os seus directos nun espectáculo ao que xa recorreron en importantes festivais internacionais. Fichados por El Segell do Primavera Sound, este novo grupo xa teloneou a bandas tan prestixiosas como Radiohead ou Caribou e percorreu EEUU nunha extensa xira. A súa combinación de ritmos festivos e bailables, con formulacións avant garde, fan que esta banda se poda relacionar con conxuntos como Delorean, especialmente na súa última etapa. A amálgama de percusións e baixo sobre os que se deslizan uns teclados etéreos, converte a Paus nunha cita imprescindible que fará crebar o xeo do final do inverno compostelán.

Paus terán como artista invitado a un compatriota, Coelho Radiactivo, unha proposta cun carácter máis intimista cuxa delicada e suxerente voz serán o contrapunto perfecto á exuberancia dos lisboetas. João Sousa, o nome propio que se esconde tras o pseudónimo Coelho Radioactivo, procede de Aveiro e caracterízase polo seu folk experimental no que con frecuencia se axuda de pedais de loops e cacharraría do máis variada.Entre os seus principais referentes, atópanse grandes nomes como Bob Dylan, Tom Waits ou Leonard Cohen. Esta base doctrinal norteamericana aderézaa con intervencións electrónicas, ritmos de cabaret e circenses, e uns arranxos minuciosos que parecen achegarnos, en ocasións, á tradición musical da Europa do leste. En Compostela presentará “Canções Mortas” (Gentle Records, 2014), da que xa se pode escoitar o single Sangue.

Teo - o concello edita un libro sobre a memoria da feira do San Martiño de Francos

O Concello de Teo edita un libro sobre a memoria da feira cabalar do San Martiño en Francos. Esta edición, que recolle unha parte de memoria oral e outra de notas históricas, preséntase mañá na escola de Francos ás 20:00 horas. Cada asistente recibirá un exemplar da publicación. 

O acto contará coa presenza dos participantes na mesa redonda sobre a feira nas décadas dos anos 30 e 40, celebrada en novembro do 2014 en Francos María Calo, Antonio Castro e José María Fariña. Esta conversa transcribiuse integramente e aparece recollida no libro. Estes veciños estarán acompañados do concelleiro de Participación Veciñal e tamén veciño da zona, Ignacio Iglesias. 

Esta edición ademais recolle unha parte de notas históricas, grazas ao traballo de Mercedes Vázquez Bertomeu, doutora en Historia. Nesta parte faise unha análise e recuperación histórica de elementos relacionados coa feira cabalar de Francos que vai dende a orixe, o lugar de celebración ou as implicacións económicas para a zona. 

O acto pecharase coa actuación do grupo Puntada sen fío.

Brión - Juan Moreno Badía presenta hoxe venres a exposición “Vistas ao campo”

O artista plástico Juan Moreno Badía presentará hoxe venres en Brión a exposición “Vistas ó campo”, una escolma de imaxes inspiradas en boa parte na paisaxe brionesa e que poderá visitarse na sala municipal de exposicións de Brión ata o vindeiro 10 de abril. Unha mostra que será inaugurada polo propio autor e polo alcalde de Brión, Xosé Luís García, nun acto aberto á veciñanza que terá lugar hoxe venres 13 de marzo, ás 20:30 horas, na sala de exposicións municipal.

Moreno Badía é unha persoa moi vencellada a Brión, onde exerceu durante 15 anos o seu oficio de arquitecto técnico no Departamento de Urbanismo do Concello de Brión. Mais a vinculación de Juan Moreno coa arte vén incluso de máis atrás, pois leva participando ou organizado exposicións dende 1968. De feito, as súas anteriores exposicións en Brión foron das máis concorridas, chegando incluso a superar os 150 asistentes na inauguración da mostra “O peite de Ena” en abril de 2008.

En “Vistas ó campo” presenta obras elaboradas no estudo sobre imaxes que recolleu en diferentes lugares, en boa parte de Brión. Paisaxes interpretadas dende un punto de vista moi persoal, pero dotadas dunha propiedade común que as fai próximas a quen as observa. Porque como el mesmo nos comenta: “a súa interpretación é persoal, a súa propiedade común, pertence a esa contorna sobre a que a nosa diferente visión coincide”.

Nado na Coruña en 1945, dende 1968 dedícase á pintura artística con exposicións individuais en distintas cidades galegas, Madrid, Nueva York, Oslo ou París. Como aparellador, ten levado a cabo proxectos como a restauración da Capela de San Isidro en Madrid (Premio Europa Nostra 1991 e Concello de Madrid 1990), restauración do Pazo Provincial de Feiras, Exposicións Comerciais e Convencións de Jerez da Frontera, Cádiz (Premio nacional de obra de fábrica de ladrillo 1988-1991), a restauración das Murallas de Melilla ou da Fundación Torrente Ballester de Santiago, entre outras.

Oroso - Novo encontro do alcalde cos veciños

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, celebrará hoxe venres 13 de marzo unha nova edición do “Encontro co alcalde”, que nesta ocasión terá como protagonistas aos veciños e veciñas de Sigüeiro. Un encontro que terá lugar ás 20:00 horas no salón de actos do centro cultural Fernando Casas e Novoa.

Este será o segundo encontro coa veciñanza de Sigüeiro, despois do celebrado en marzo de 2014 e que reuniu a máis de medio cento de veciños. Como en todos os “Encontros co alcalde”, o acto comezará cunha primeira intervención de Manuel Mirás, que fará unha breve presentación da súa xestión á fronte da Alcaldía, explicará os proxectos que ten en mente acometer en Sigüeiro e dará conta do cumprimento dos compromisos adquiridos coa veciñanza en marzo de 2014, como a reurbanización da rúa do Tambre, a posta en marcha no novo colexio ou a instalación de xogos acuáticos na piscina municipal. 

Acto seguido, serán os veciños e veciñas asistentes quen tomarán a palabra para resolver as súas dúbidas ou plantexar as súas peticións directamente ao alcalde orosán, que dará cumprida resposta a cada participante. Durante a sesión de 2014, esas peticións xiraron en torno a catro temas: información sobre a situación dos colexios, limpeza viaria (defecación de mascotas), melloras na piscina e incremento da presenza policial.

BNG Compostela - Presentación da candidatura (inclue listaxe completa)

O BNG - Asembleas Abertas comezou en Santiago de Compostela a rolda de presentacións das candidaturas para as eleccións municipais de 2015. En palabras do portavoz nacional Xavier Vence, o Bloque preséntase co aval dunha experiencia de goberno que ten dado a Santiago de Compostela “os seus mellores momentos como cidade”. “Esta candidatura ten experiencia, ten solvencia, ten ideas e ten proxecto para devolverlle á cidade o que foi e, ademais, conta cun grupo de homes e mulleres que senten Santiago e que, aínda sen ter o carné do Bloque, apostan por esta candidatura para derrotar o PP”, afirmou.

Deste xeito, Vence salientou a “pluralidade” da candidatura, “fiel reflexo” do que é a propia cidade de Compostela, integrada por persoas que teñen loitado por un Santiago mellor desde o colectivos sociais e veciñais, homes e mulleres do mundo da cultura, do deporte e do tecido económico local; “persoas que, sen ter o carné do BNG, apostan polo proxecto de BNG-Asembleas Abertas para liderar a derrota do PP o 24 de maio e pasar a páxina negra destes catro anos de despropósitos e de parálise”.

Subliñou ademais a importancia das eleccións municipais do 24 de maio como “o primeiro chanzo para mudar o actual réxime”, a oportunidade da cidadanía para desaloxar do poder a política de recortes de servizos públicos e sociais, de liberdades e de dereitos que impón o PP.

Unha candidatura para facer avanzar Compostela

Rubén Cela presentou o equipo de persoas que cualificou como “decisivo para rematar co peor goberno da etapa democrática de Santiago de Compostela” e que lle vai pór fin a “catro anos negros” que supuxeron un “retroceso brutal” nos avances da cidade.

O candidato avanzou as liñas que marcarán o modelo de cidade e a folla de ruta do nacionalismo na capital de Galiza, “porque esta candidatura non é para pasar páxina”, é para comezar a escribir un novo libro “onde se poña fronte á corrupción, limpeza e honestidade; fronte ao escurantismo e malas prácticas, transparencia e paredes de cristal”, explicou.

Propuxo tamén fronte á arrogancia e autoritarismo, diálogo e participación veciñal real; fronte á especulación urbanística amparada desde o Concello, outro modelo de vivenda pública, de urbanismo e de mobilidade; fronte aos recortes e a súa falsa austeridade, investimentos produtivos e políticas sociais que non confundan caridade con xustiza social. Referiuse ademais ás privatizacións e ao desmantelamento de servizos básicos e propuxo “máis e mellor sector público” e contra a “incapacidade manifesta e pésima xestión do día a día”, en referencia ao PP, ofreceu “traballo rigoroso e serio”.

Contra a censura e o apagón cultural

Rubén Cela fixo especial fincapé contra “a censura e o apagón cultural” e así avogou por “máis e mellor creación, apoio á nosa lingua e cultura, incluída a música ao vivo como unha riqueza e un elemento propio da identidade de Compostela”. Tivo tamén palabras contra o “localismo estéril e inútil” e ofreceu unha visión “desde a capital desta nación para facer avanzar Compostela e tamén o conxunto do país”, “porque Galiza non se pode entender sen Santiago e a cidade non se pode reconstruír sen Galiza”.

O acto contou coa participación do escritor Suso de Toro, quen criticou o PP por “irresponsábel” ao presentar a lista “que sumiu no caos a cidade”, en contraposición ao BNG que “tomou sempre a cidade en serio, que foi e está a ser unha candidatura responsábel e preocupada polas reivindicacións da veciñanza”. Así, afirmou que brinda o seu apoio a esta candidatura e non ás dos “partidos madrileños", “porque queremos que Galiza exista como país en por si e que sexa unha capital aberta para todos os galegos e galegas”.

Pola súa parte, a número 2 Goretti Sanmartín, advertiu que o BNG “sente noxo da podremia institucional que aturamos neste mandato, que rexeita radicalmente a dilapidación de cartos públicos, a falta de planificación dun goberno non elixido pola cidadanía que está ausente agás para o seu interese persoal e a especulación”.

No acto actuou a cantante Alba María e foi conducido por Suso de Toro e pola concelleira Elvira Cienfuegos, quen deron paso ás intervencións de diversas persoas que conforman a candidatura do BNG-Asembleas Abertas.

LISTA BNG-ASEMBLEAS ABERTAS SANTIAGO DE COMPOSTELA

Ademais de Rubén Cela (1), licenciado en Economía e actual portavoz municipal, forman parte Goretti Sanmartín (2), doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa e activista do movemento feminista; Rafael Vilar (3), escritor e traballador na CIG, ademais de concelleiro; Concha de la Fuente (4 independente), ex-presidenta da asociación veciñal “A Xuntanza” de San Pedro e traballadora da Radio Galega; Lois Calvelo (5), ex-presidente da asociación veciñal do Castiñeiriño e activista do movemento veciñal; e Pilar Lueiro (6), profesora de lingua galega e traballadora no grupo municipal.

Tamén forman parte da lista Odilo González (7), enxeñeiro informático, membro de Suevia Fútbol Gaélico; Marta Domínguez (8), traballadora dunha planta de reciclaxe e activista da Plataforma de afectados/as polas participacións preferentes; Xosé Lois Mouriño (9), músico e artesán de instrumentos tradicionais; Lucía Carreira (10), presidenta da Asociación Cultural-Musical Solfa e ex-vicepresidenta da Federación Galega de Bandas de Música Populares.

Seguen Salvador Martí (11), hostaleiro do bar Abrente e presidente da Asociación de Hostalería Solidaria; Manuel Domínguez (12), presidente da Agrupación de Emigrantes Retornados; e Margarida Ledo (13), catedrática de Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias da Información da USC e directora do Observatorio do Audiovisual Galego.

No seguinte tramo van Xabier Baldomir (14, independente), director do CEIP Santiago Apóstol; Tania González (15), pedagoga, emprendedora, traballou na escola do CHUS e é profesora de Brincadeira; Jonatan Barral (16, independente) estudante de Ciencias da Comunicación, practica hípica e é medalla de bronce no campionato de España paraecuestre; Lorena Tarrío (17) realizou ciclos superiores de Nutrición e Laboratorio e actualmente prepara oposicións ao Sergas.

Continúan Fernando García Tobío (18, independente), economista e traballador na Oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación; Belén Varela (19, independente) estudante de psicoloxía e música na banda Solfa; Gabriel López (20), labrego e forma parte da Mesa Nacional da Fruga; Isabelle Kerdudo (21), profesora da Escola Oficial de Idiomas e activista polos dereitos dos animais en Abeiro e Adega; Jakson René Rodrigues (22), doutorando en Turismo e traballa de xestor de internacionalización; Sabela Mouriz (23, independente), activista feminista; Xosé Manuel Casaleiro (24), director do CEIP Pío XII; e Elvira Cienfuegos (25), concelleira e catedrática de Bioloxía e Xeoloxía no Instituto Xelmírez II.

Compostela Aberta - Declaracións de Martiño Noriega

O actual alcalde de Teo, Martiño Noriega, presentouse onte a súa candidatura a alcalde nas primarias da plataforma Compostela Aberta; trátase da única candidatura presentada para ese posto.
Con ese motivo Martiño Noriega fixo unhas declaracións diante da que fora a casa de Ánxel Casal, o último alcalde republicano que tivo a cidade.
Esta é a declaración completa 

Axenda e tempo do xoves 12 de marzo - Feiras, libros, catas, música, exposicións

Santiago - Zona C - White Bats

Santiago - USC - Gratifeira

Santiago - Auditorio de Galicia - Aba Taano

Santiago - Borriquita de Belem - Alvaro Vieito

Santiago - Casa das Crechas - cata de viños e libros

Santiago - Consello da Cultura - presentación discográfica María do Ceo

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Ames - Berros e olladas (ata o 24 de marzo)

Santiago - Fundación Granell - A inquietante beleza (ata o 5 de abril)

Santiago - USC - Miscela Vitrea (ata o 11 de abril)

Santiago - Fundación Granell - Miradas que falan (ata o 15 de marzo)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Psoe Ames - Solicitude de pleno extraordinario ou xunta de portavoces

Os Socialistas de Ames veñen de presentar un escrito no Rexistro municipal no que lle reiteran ao alcalde a súa solicitude de que convoque a unha xuntanza aos portavoces municipais e aos representantes dos concelleiros e concelleiras non adscritos para que o alcalde explique a situación pola que está a atravesar o Goberno municipal de Ames, como se vai a reorganizar este durante os próximos meses de mandato e como e de que maneira van a afectar esta situacións aos veciños e veciñas.

Os Socialistas manifestan a súa sorpresa porque despois de transcorrida unha semana dos graves feitos acontecidos no Goberno municipal, onde nun goberno xa de por si reducido, dimitiron a primeira tenente de alcalde e o segundo tenente de alcalde e portavoz do Grupo Popular, o alcalde non se dignase a dar ningún tipo de explicación e menosprece de ese xeito tan censurable aos demais grupos e concelleiros e concelleiras da oposición.

Lembran os representantes do PSdeG que é a obriga do alcalde cumprir e respectar unhas regras básicas de funcionamento institucional e a súa prepotencia lévano a non respectar estas normas. “Ames viviu a semana pasada a crise institucional máis grave da súa historia, e o alcalde decide intentar tapar esa situación marxinando á oposición e negándolle as pertinentes explicacións sobre o acontecido”, declara o portavoz socialista e candidato á alcaldía, José Miñones. Por iso, e ante este menosprezo, os socialistas danlle de prazo esta semana ao alcalde para que convoque unha xuntanza de portavoces, e afirman no seu escrito, que de non facelo solicitarán a convocatoria dun pleno extraordinario para falar, debater e coñecer a realidade de todo o acontecido durante a semana negra de Ames.

“As formas e modos de Santiago Amor como alcalde pertencen a outras épocas e outros séculos xa pasados, e palabras como transparencia, participación, información, consenso ou talante non forman parte nin do seu vocabulario nin do seu proceder diario”, afirma José Miñones, e continua dicindo que “gobernar é saber escoitar e falar cos veciños e veciñas, e non agacharse e buscar sempre escusas”

Touro - Recuperación do entorno da ponte de Remesquide

Os Concellos de Touro, na provincia da Coruña, e Vila de Cruces, na de Pontevedra, solicitaron unha axuda para a recuperación paisaxística do entorno de Ponte Remesquide, na beira do río Ulla. Os dous concellos fixeron unha solicitude conxunta a través do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2015, que xestiona Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Touro e Vila de Cruces, concellos dun lado e outro do río Ulla, pretenden restaurar e rehabilitar xuntos un entorno natural dun elevado valor patrimonial, cultural e social e ubicado na Rede Natura. O importe total previsto para investir é de 86.169 euros. E o Fondo de Compensación Ambiental, de confirmarse a subvención, aportaría unos 67.000 euros.

Ponte Remesquide é unha zona de moito interese. Os dous concellos pretenden convertir esa zona nun atractivo natural. E por iso están decididos a promover a súa conservación, reposición e restauración. Ponte Remesquide comunica dous concellos (Touro e Vila de Cruces) e dúas provincias (A Coruña e Pontevedra). Antigamente os veciños, para comunicarse, utilizaban unha ponte, hoxe en desuso, pola que atravesaban persoas, animais e mercadurías. Contaba con pilas de pedra no río unidas por travesas de madeira. A ponte deixou de usarse dende que ao seu lado foi construida unha nova ponte para a circulación de vehículos e persoas. A nova ponte data do ano 1985.

Os Concellos de Touro e Val do Dubra pretenden poñer en valor a vella ponte e restaurala, para o disfrute dos veciños e veciñas dun lado e outro do río. Tamén será restaurado o entorno do río, con zonas de recreo. Alí rematan rutas de sendeirismo destes concellos e a zona é visitada durante todo ano por sendeiristas e amantes da natureza.

Por outra banda, os 19 consellos bañados polas augas do río Ulla xa traballan no deseño da nova edición do programa de promoción turística e da natureza ‘Goza do Ulla 2015’. Esta semana mantiveron encontros para poñer en marcha o programa, que comenzará no mes de abril e rematerá en outubro.

CSIC - Presentado o comic divulgativo sobre o solo

Con motivo del Año Internacional de los Suelos 2015 la Delegación de la Sociedad Española de la Ciencia del Suelo (SECS) en Galicia y el Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) han promovido la edición en español de un cómic divulgativo sobre el suelo, recurso no renovable.

También se ha realizado una tirada de 2.000 ejemplares del cómic en gallego con la colaboración el Concello de Santiago. Estos ejemplares se distribuirán principalmente en centros de enseñanza y bibliotecas escolares de Galicia.

El cómic, que se concibe como un recurso didáctico, busca a través de 20 páginas y en torno a 60 viñetas concienciar acerca de la problemática medioambiental del suelo y la necesidad de su protección. Se dirige tanto al público infantil como al público general y al alumnado de todos los niveles educativos.

Tanto la edición en español como en gallego están disponibles en formato digital y se pueden descargar libremente en las páginas web de las entidades promotoras.

La presentación ha tenido lugar en Santiago de Compostela con la presencia por parte del CSIC de Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, coordinador institucional del CSIC en Galicia y Montserrat Díaz Raviña, científica del CSIC en el IIAG y presidenta de la Delegación de la SECS en Galicia; por parte del Consello da Cultura Galega de Francisco Díaz Fierros, vicepresidente y co-autor del cómic; por parte del

del Ayuntamiento de Santiago de Compostela de María Antón Vilasánchez, concejala de Cultura y Patrimonio del Ayuntamiento de Santiago de Compostela; en representación de los autores del cómic

María Pilar Jiménez Aleixandre, profesora en la Facultad de Ciencias de la Educación de la USC y Francisco Bueno Capeáns, autor de las ilustraciones.

USC - Gratifeira en Ciencias da Educación, un espazo para ampliar a vida útil dos obxectos

¿Quen non ten na súa vivenda unha morea de cousas que, estando en perfecto estado, ocupan os recunchos máis afastados dos armarios, dos caixóns ou se almacenan no faiado, cousas que terían aínda unha longa vida útil se estivesen noutras mans? Partindo desta realidade, o grupo de investigación SEPA(Pedagoxía Social e Educación Ambiental) da USC e o grupo de traballo A Eira do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia organizan hoxe xoves 12 unha gratifeira, un espazo no que ampliar a vida útil dos obxectos, doándoos e intercambiándoos para que outras persoas poidan dar conta deles poñendo así en práctica un hábito sustentable.

A gratifeira, enmarcada no Proxecto SEPA en Transición, terá lugar no edificio central da Facultade de Ciencias da Educación do Campus Vida (a carón da cafetaría) das 10.00 ás 19.00 horas. Xunto a ela ás 12:30 na Aula Martín Sarmiento haberá unha charla sobre os impactos socioambientais da roupa e presentarase o Proxecto LATITUDE, unha empresa pioneira no mundo da moda que acaba de nacer co obxectivo de contribuír á reindustrialización do sector téxtil galego a través do valor engadido da sustentabilidade.

Mercado de troco
Libros, CDs, DVDs, material informático, útiles de cociña, instrumentos musicais, revistas, bolsas e bolsos, útiles de viaxe, obxectos decorativos ou roupa. A gratifeira require unha reflexión previa sobre o que valoramos e o que non do que xa posuímos; diminúe a produción de residuos e o impacto do transporte e, sobre todo, habilita un espazo para achegar ás persoas e crear sinerxías na nosa comunidade máis inmediata.

Oroso - Firma de convenios cos clubs deportivos do concello

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de Deportes, Luís Rey, asinaron convenios de colaboración con representantes de todas as entidades deportivas do municipio e dos distintos deportes que se practican no municipio: fútbol (ED Xuventude Oroso, Sigüeiro FC e Oroso Fútbol Sala), tenis de mesa (Oroso Tenis de Mesa e Tenis de Mesa Espedregada), ciclismo (Tambre Bike), béisbol (Club Leones), Patinaxe (Club Patín Oroso), taekwon-do (Taekwon-do ITF Oroso), golf (Tambre Pitch & Putt), ximnasia (Ximnasia Oroso) e baile (Club Deportivo Alecrín).

Mirás destacou que o obxectivo destes acordos “é rematar todos xuntos na mesma dirección” para continuar agrandando a presenza do deporte na sociedade de Oroso e a promoción que supón para o municipio ter as distintas entidades en múltiples competicións. O alcalde explicou que nos últimos anos o deporte deu no municipio “un salto cualitativo e cuantitativo nos últimos anos”, por ser un dos vinte concellos coa poboación máis xoven de Galicia e por unha variedade de disciplinas deportivas cada vez maior. 

Con todo, Mirás Franqueira manifestou que “non estamos á altura de todas as demandas porque afortunadamente os clubs van por diante de nós coa práctica do deporte e téñennos gratamente agobiados para dotalos de infraestruturas e servizos suficientes”. O rexedor destacou que o orzamento que o Concello destina aos deportes medra pero é limitado, polo que tamén advirte que “as empresas deberían volcarse un pouco máis coa cultura e o deporte”.

No acto de firma dos convenios participaron José Ferro, do Sigüeiro FC e da ED Xuventude Oroso; Valeri Malov, do Oroso Tenis de Mesa; Nuria Castro, do club Tenis de Mesa Espedregada; Fernando Abad, do club ciclista Tambre Bike; María Fernández, do club Ximnasia Oroso; Franklin Salas, do Club Leones; Iria Martínez, do Club Patín Oroso; Ignacio Pereiro, do Oroso Fútbol Sala; José Muñiz, do club deportivo Alecrín; Ramón Castiñeira, do Taekwon-do ITF Oroso; e Víctor Rodríguez, do Tambre Pitch & Putt.