Amosando publicacións coa etiqueta SILLEDA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SILLEDA. Amosar todas as publicacións

Silleda arranxa dous viais na parroquia de Escuadro

Silleda, 27/08/2016 - O Concello de Silleda, a través do departamento de Obras e Servizos, que dirixe Klaus Brey, está a arranxar dous viais na parroquia de Escuadro. Trátase da pista que une os lugares de Cascaxide e Sar e da situada na aldea de Sestelo.

Silleda realiza obras de mantemento nos campos de fútbol de Laro e Lamela

Silelda, 26/08/2016 - O Concello de Silleda a través do departamento de Deportes, que dirixe Ana Luisa González Costa, está a realizar traballos de conservación e mantemento nos campos de fútbol de herba natural, tarefas que se se acometen en colaboración coa Deputación de Pontevedra.

A VI Festa do Tractor de Silleda contará cun roteiro de clásicos o domingo 11 de setembro

Silleda, 26/08/2016 - Silleda volve acoller unha nova edición da ruta de tractores clásicos, organizada dende a Asociación Galega de Maquinaria Agrícola Clásica. A cita será o vindeiro domingo día 11 de setembro e comezará sobre as 10:30 coa concentración de tractores clásicos xunto á ferveza do Toxa, na parroquia de Pazos. 

Adxudicadas á empresa Endenor as obras de mellora do equipamento no auditorio Manuel Dopazo

Silleda, 25/08/2016 - A Xunta de Goberno Local de Silleda acordou adxudicar á empresa Endenor Construcción, Mantemento e Servicios S.L. o proxecto de mellora do Auditorio Manuel Dopazo, na Bandeira.

Silleda pecha un acordo con Espina y Delfín para saldar a débeda pendente

Silleda, 24/08/2016 - O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, vén de convocar unha nova sesión da Mesa da Auga, órgano na que ademais dos grupos municipais están representandos distintos colectivos do municipio.

O Esmorga Folk protagonista do programa festivo do venres na Bandeira

Silleda, 19/08/2016 - O coñecido como prado de Valladares acolle hoxe venres unha nova edición do Esmorga Folk, unha das citas máis veteranas en Galicia coa música tradicional.

Torneo solidario de fútbol este domingo en Silleda

Silleda, 18/08/2016 - O vindeiro domingo día 28 disputarase no campo de Os Mularedos, en Lamela, unha nova edición do torneo solidario no que participan os 4 equipos de fútbol do municipio silledense: S.D. Silleda, CF Laro, S.D Bandeira e Lamela C.F.

O Bandeirock Solidario abre mañá o cartel festivo da Empanada na Bandeira

Silleda, 07/08/2016 -  Logo da celebración do campionato de canicas da S.D Bandeira que terá lugar hoxe no campo da Gandareira (21:30 horas) a localidade da Bandeira vistese de festa coa empanada como grande protagonista.

Silleda abre o prazo para solicitar as becas para transporte e compra de libros e material escolar

Silleda, 13/08/2016 - A Xunta de Goberno Local de Silleda aprobou o pasado mércores a proposta da concelleira de Educación e Benestar Social, Pili Peón, das bases que regulan a concesión de becas para o transporte, destinados a universitarios/as e estudantes de ciclos formativos que cursen estudos oficiais en algún dos Campus e/ou institucións da Comunidade Autónoma.

Bandeira, en Silleda, acollerá un Campionato de canicas e un Open Internacional de Petanca

Silleda, 12/08/2016 - Os xogos tradicionais tamén teñen cabida, como xa ven sendo habitual, nas festas de Bandeira. Así, a Sociedade Deportiva Bandeira, adiántase un día ao comezo das festas e organiza o mércores día 17, ás 21:30 horas un campionato de canicas no campo de A Gandareira.

Silleda pon a punto os centros educativos para o inicio do curso

Silleda, 11/08/2016 - O Concello de Silleda continúa estes días realizando tarefas de mellora e acondicionamento nos centros educativos do municipio, de cara á posta a punto para o inicio do curso escolar o vindeiro mes de setembro.

O mosteiro de Carboeiro celebra unha nova xornada de portas abertas

Silleda, 10/08/2016 - A entrada ao mosteiro de Carboeiro volverá a ser gratuíta no día de hoxe,  festividade de San Lourenzo, patrón do cenobio. Así o recolle a ordenanza que regula o acceso ao mosteiro, xunto coas xornadas do 18 de maio (Día Internacional dos Museos) e o 25 de xullo (Día de Galicia).

A Xunta concede ao Concello de Silleda un Obradoiro de Emprego

Silleda, 09/08/2016 - O Concello de Silleda vén de recibir por parte da Xunta de Galicia o visto bo para a realización dun Obradoiro de Emprego. Baixo o título “Semente de Pedra”, o proxecto aprobado contará con dúas especialidades: colocación de pedra natural e xardinería e restauración da paisaxe, con 10 alumnos/as-traballadores-as por cada un deles, é dicir, 20 en total.

Silleda recibe o nomeamento de Manuel Quintáns Queiruga como secretario

Silleda, 04/08/2016 - O Concello de Silleda recibiu por parte da Dirección Xeral da Administración Local, o nomeamento de Manuel Quintáns Queiruga como Secretario titular en comisión de Servizos, efectuado con data do 1 de agosto.

Silleda aprema a unha ducia de propietarios para que limpen os solares

Silleda, 03/08/2016 - O goberno municipal de Silleda acaba de remitir unha misiva a 12 propietarios dun total de 13 solares sitos en Silleda e na Bandeira lembrándolle as súas obrigas na limpeza e mantemento dos terreos.

A Rúa do Agro de Silleda xa conta cun sentido único de circulación

Silleda, 30/07/2016 - No día de onte remataron os traballos de remodelación da circulación na Rúa do Agro de Silleda, co pintado e a sinalización da mesma.

A Consellería de Sanidade asumirá a xestión dos dous centros de saúde de Silleda

Silleda, 28/07/2016 - O alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, firmou o convenio de cesión dos dous centros de saúde do municipio, que pasarán á xestión da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

A unidade de inspección dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios recala en Bandeira e Silleda o xoves 28

Silleda, 26/07/2016 - A unidade móbil para a inspección obrigatoria dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios remata a rolda de inspeccións polo municipio coa visita a Bandeira e Silleda o vindeiro xoves, día 28 de xullo. 

O Mosteiro de Carboeiro permanecerá aberto o próximo luns día 25

Silleda, 20/07/2016 - O Mosteiro de Carboeiro abrirá as súas portas o vindeiro luns 25 de xullo. Aínda que os luns ao longo de todo o ano o enclave permanece pechado como norma, o próximo 25 estará aberto con motivo da festividade do Día de Galicia, e tal e como o dita a ordenanza reguladora da taxa por entrada e visita ao mosteiro. 

Silleda recepciona un tractor e dúas desbrozadoras

Silleda, 20/07/2016 - O Concello de Silleda ven de recepcionar o tractor e as dúas desbrozadoras de brazo mercadas á empresa Agromaquinaria Silleda, S.L., tralo contrato negociado a tal efecto.